You are on page 1of 2

BASES DO CONCURSO DE PANCARTAS

“A CORUÑA MÓVESE CO GALEGO”

CORRELINGUA A CORUÑA 2009

BASES DO CONCURSO DE PANCARTAS


Colabora o Concello da Coruña, Concellaría de Normalización Lingüística

“A CORUÑA MÓVESE CO GALEGO” 2ª EDICIÓN

CORRELINGUA A CORUÑA 2009

1.Poden participar todos os alumnos e alumnas dos centros inscritos nos


Correlingua 2009 na comarca da Coruña.

2. A participación no concurso será EN GRUPO.

3. As pancartas deben ter un tema que estea de acordo cos OBXECTIVOS


xenéricos do Correlingua::

a. Propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar


as accións en prol dela.

b. Sensibilizar a sociedade, a través da mocidade, da importancia do uso da


lingua.

c. Asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e


interdisciplinares.

4. As pancartas deben ter relación co lema da edición do Correlingua 2008:


“En galego. Pásao”.

5. Valorarase a mensaxe, a orixinalidade e o deseño da pancarta.

6. Os centros deberán formalizar a inscrición neste concurso enviando un


correo electrónico a correlingua@correlingua.org antes do 7 de maio. As
inscricións deberán ter como mínimo os seguintes datos: Concurso de
pancartas Correlingua A Coruña 2009, centro e número dos integrantes do
grupo. Se participan varias pancartas dun mesmo centro deberán ter un
número que as diferencie claramente para facilitar a decisión do xurado.

7. O xurado estará composto pola Comisión Organizadora. A decisión do


xurado será inapelábel.

8. O premio para a pancarta gañadora consistirá en 5 reprodutores MP4. O


resto de pancartas recibirán agasallos da organización do correlingua: libros,
mochilas, pins...

Ademais, o centro gañador lerá o manifesto da seguinte edición do Correlingua


na comarca da Coruña. (Lectura que será compartida con outro centro se
resulta gañador do manifesto un instituto da comarca da Coruña).

9.- Os traballos premiados poderán ser reproducidos en campañas


publicitarias e divulgativas do Correlingua. Para estes efectos os autores
cederán os dereitos de reprodución á organización do Correlingua.

10. A participación neste concurso supón a aceptación das presentes bases.

You might also like