You are on page 1of 1

Ola a todos/as

Somos un grupo de persoas que está a traballar en ENDL de diferentes centros de Ensino da zona de
Santiago que nos xuntamos para falarmos de como podemos afrontar a nova situación canto á normalización
da nosa lingua. Dado que as cousas van mudar, e parece que non para ben, consideramos que é necesario
transmitirlle á sociedade e ao novo goberno o que pensamos ao respecto dos cambios anunciados. Por iso
vos convocamos a unha reunión que se celebrará o vindeiro sábado 28 de marzo ás 16.30 da tarde no
Instituto Galego de Información (IGI) (San Marcos, Estrada do Aeroporto, ao pasar o Hotel Apóstol
Santiago). O obxectivo da reunión é o seguinte:

• Avaliarmos a posibilidade de facermos pública a nosa posición canto ao Decreto 124/2007, que se
quere derrogar. Levaremos un texto base para consensuarmos antes de mandalo aos medios. Sería
un texto de carácter técnico, como normalizadores que somos, e para nada incompatible con outros
posicionamentos que poidan facer outras organizacións sociais e políticas que fagan algo ao
respecto.
• Pensarmos na posibilidade de crearmos unha Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e
Dinamización Lingüística para actuar colectivamente a prol da nosa lingua tanto a nivel particular,
nos nosos centros, como en xeral, na sociedade.

Por favor, comunicádelle esta convocatoria a todos cantos membros dos ENDL coñezades, e que polos
motivos que foren non leron esta información. Agardamos contar coa vosa asistencia para entre todos poder
traballar para conseguir obxectivos normalizadores.

Por favor, confirmade asistencia, se é posíble, enviando un correo a miguel.louzao@gmail.com

Igualmente, se non podedes asistir e estades interesados/as en recibir información do que nesa
xuntanza se acorde, enviade igualmente un correo a miguel.louzao@gmail.com

Román Cerqueiro Landín


Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
CPI Aurelio M. Rey García

Miguel Louzao (IES Coroso-Ribeira)


Valentina Formoso (IES Félix Muriel- Rianxo)
Román Cerqueiro (CPI Aurelio M. Rei García-Cuntis)
Xesús Mosquera (CRA de Santa Comba)
Luís Aldegunde (CPI de Rois)
Sara Paz (CPI da Baña)
Pilar Buela (IES de Valga)
Gracia Sanctorum (IES Pintor Colmeiro-Silleda)
Sechu Sende (IES Marco do Camballón-Vila de Cruces)
Daniel Asorei (CPI de Touro)
Ana Rial (IES Aquis Celenis de Caldas de Reis)
Xoán Constenla (CPI de Portas)

You might also like