You are on page 1of 2

XOGOS TRADICIONAIS

Mariola: Trátase de debuxar no chan unha serie de casas, lanzar a pedra a


unha delas e ir saltando á pata coxa para recollela, sen pisar as liñas. O trazado
pode ter ata nove casiñas.

Brilé: É un xogo colectivo de pelota. A clase dividida en dous equipos. Cada un


dos equipos sitúase nas liñas extremas, sendo a liña central a destinada ao
lanzamento da pelota. Colocados cada equipo na liña correspondente, un dos
xogadores vai cara á liña central, e tendo a posesión do balón, lanza con forza
contra algún dos xogadores do equipo contrario coa intención de facer branco
nel.

Chapas: É un xogo de habilidade no que é preciso debuxar no chan un camiño


en forma de serpe con cordas. Os nenos deberán percorrer todo o camiño coas
chapas sen tocar os extremos.

Canicas: Trázanse dous círculos, un para determinar a posición do lanzador e


outro onde se encontran as canicas-bolas (igual cantidade para cada
participante). Cada xogador tira unha canica –bola coa intención de acertar
nalgunha das do interior do círculo. Se o consegue para a ser súa.

Turra-soga: O grupo-clase divídese en dous equipos. O obxectivo é que un


equipo tire pola corda máis que o outro, facendo que este pise a liña central.

O pano: Para este xogo precísase un pano. Xoga un número impar de


xogadores, xa que participan dous equipos co mesmo número de compoñentes e
un xogador que fai de xuíz. Cada equipo terá un capitán que lles asignará a cada
un dos seus compoñentes un número, incluíndose el mesmo. O xogo consiste en
que cando o xuíz diga un número, aqueles compoñentes de cada equipo que
teñan ese número sairán, e un deles intentará coller o pano. O que colle o pano
intentará levalo ata o seu equipo sen que sexa atrapado polo compoñente do
outro equipo.
Tirar a raia: Consiste en que cada neno/a terá unha chapa e lanzará dita
chapa o máis preto á liña de meta.

You might also like