You are on page 1of 7

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

ENCARGADOS/AS:..........................................................

INFANTIL 3-4 ANOS

EQUILIBRAMOS UN GLOBO: por parellas e un globo cada parella


deberán desprazarse polo espacio indicado (o traxeto marcarémolo con

conos) suxeitando o globo coas frontes de ambos sen que caia ao chan. A

primeira parella que realice o traxeto sen que caia ou estoupe o globo será a

gañadora. O xogo dará comezo despois de escoitar unha sinal (pandeiro).

Material: 1 globo por cada parella.

Pandeiro.

NOTA: OS GLOBOS REPARTIRÉMOLOS E INCHÁREMOLOS NÓS.

INFANTIL 4 – 5 ANOS

EQUILIBRAMOS UN GLOBO: por parellas e un globo cada parella deberán

desprazarse polo espacio indicado (o traxeto marcarémolo con conos)

suxeitando o globo coas frontes de ambos sen que caia ao chan. A primeira

parella que realice o traxeto sen que caia ou estoupe o globo será a

gañadora. O xogo dará comezo despois de escoitar unha sinal (pandeiro).

Material: 1 globo por cada parella.

Pandeiro.

NOTA: OS GLOBOS REPARTIRÉMOLOS E INCHÁREMOLOS NÓS.

Luns, 22 de xuño de 2009


XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

ENCARGADOS/AS:..........................................................

1º CURSO
“O OVO ESCACHADO”: Individualmente cada neno/a terá unha culler
e unha pelota de pimpon que fará de ovo. O xogo consiste en que cada

neno/a deberá percorrer o traxeto indicado ( serve o mesmo recorrido que

para infantil) co ovo colocado enriba da culler.

O xogo comeza despois de escoitar unha sinal (pandeiro).

O neno/a que faga antes o percorrido sen que lle caia o ovo ao chan será o

gañador/a.

MATERIAL: 1 culler e unha pelota de pimpom por cada neno/a.

Pandeiro.

NOTA: se o ovo cae ao longo do traxeto deberán volver a empezar.

Luns, 22 de xuño de 2009


XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

ENCARGADOS/AS:..........................................................

2º CURSO
“CARREIRA DE SACOS”: O grupo clase distribuido en dúas hileras. O
primerio de cada hilera terá un saco e meteráse nel para recorrer unha

distancia (serve o mesmo recorrido que para infantil e 1º curso), despois de

escoitar unha sinal (pandeiro). O percorrido será de ida e volta. Cando

rematen os primeiros chegarán e daránlle o relevo aos segundos e así

sucesivamente. A hilera que remate antes será a gañadora.

MATERIAL: 2 sacos.

Pandeiro.

Luns, 22 de xuño de 2009


XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

ENCARGADOS/AS:..........................................................

3º CURSO
AS CADEIRAS MUSICAIS: todo o grupo clase colocado arredor dos
aros (colocaránse tantos aros como nenos/as haxa nese grupo menos 1

Exemplo: se hai 15 nenos/as colocaránse 14) deberán bailar arredor deles

ao son sa música mentras soe, cando a música pare todos/as deberán

meterse dentro dun aro. O neno/a que quede sen aro quedará fóra de xogo.

A continuación quitaremos outro aro e así sucesivamente ata que queden

dous nenos/as en un só aro. O xogador/a que finalmente se quede dentro do

útimo aro será o/a gañador/a.

MATERIAL: 14 aros. Radio CD e música.

Luns, 22 de xuño de 2009


XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

ENCARGADOS/AS:..........................................................

4º CURSO

“CARREIRAS DE ZANCOS”: cada neno/a con dous zancos deberán


percorrer o traxeto indicado (con conos) mantendo o equilibrio neles e sen

caerse.

MATERIAL: 2 zancos por xogador/a

NOTA: aquel/a xogador/a que se caia dos zancos deberá voltar a liña de

comenzo. O primeiro/a xogador/a que realice o traxeto e chegue a liña de

meta será o gañador/a.

Como non hai zancos para poder facer o percorrido todos xuntos

dividiremos o grupo clase en dous grupos de máis ou menos os mesmo nº

de compoñentes.

Luns, 22 de xuño de 2009


XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

ENCARGADOS/AS:..........................................................

5º CURSO

“ZORREGADA CO CINTO”: Todo o grupo-clase sentados formando un


círculo, agás un/ha que dará voltas ao seu redor, levando un cinto (xornal

dobrado) na súa man. Cando queira deixarao detrás dalguén e correrá para

dar 3 voltas completas e sentarse no sitio que quedou libre, procurando non

levar golpes co “cinto”. Unha vez que se empeza a correr nunha dirección

non se pode variar.

MATERIAL: un xornal dobrado.

NOTA: aquel que sexa golpeado co cinto antes de rematar as tres voltas
completas quedará fóra de xogo.

Luns, 22 de xuño de 2009


XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

ENCARGADOS/AS:..........................................................

6º CURSO

“O BAILE DA VASOIRA”: Todo o grupo-clase distribuido por todo o


espazo bailarán ao son da música e ao mesmo tempo pasaránse unha vasoira
duns a outros mentras soe a música. Cando pare a música o que teña a
vasoira na man quedará fóra de xogo.

NOTAS: - A vasoira pasarase a todos/as.


- Non vale estar todos/as xuntos senon distribuidos por todo o
espazo bailando.
- O encargado de poñer a música terá os ollos vendados, contará
ata vinte e deterá a música e así sucesivamente ata que só
quede un xogador/a sen a vasoira. Éste/a será o/a gañador.

Esperamos que o pasarades ben e desexarvos unha boas vacacións de verán.

Luns, 22 de xuño de 2009

You might also like