You are on page 1of 8

4. O nacemento do ensaio.

Prensa e revistas literarias entre 1916-1936

1. Introdución
Na constitución dun sistema literario son fundamentais tres aspectos:
1) Publicacións periódicas.
2) Ensaio e crítica.
3) Teatro.
Así, na Época Nós non podemos falar da existencia dun sistema literario
propiamente dito porque non se daba unha produción normalizada (non había
escritores profesionais nin editoras con ánimo de lucro). Porén, comezan a
desenvolverse os tres aspectos anteriores, polo que podemos dicir que había un proto-
sistema literario e cultural.

2. Publicacións periódicas (1916 – 1936)


2.1.En Galiza
En Galiza destaca o amplo número de xornais e revistas publicados nesta
etapa, nos que son visibles os avances en canto ás ilustracións en moitos casos, nas
que xa non se aprecia o ruralismo e realismo dominantes no século XIX.
Algunhas das publicacións periódicas máis importantes son:
Publicación Data Lugar Características máis improtantes
- Ilustracións de Castelao, aínda con estética
Vida
1909 Vigo ruralizante.
gallega - Boa fotografía.
- Ilustracións mininalistas e esencialistas.
- En castelán pero con artigos en galego.
La Centuria 1906 Ourense - Temas filosóficos.
- Publicación de Preludio a toda estética futura de
Risco en 6 dos seus 7 números.
- Retoma A Nosa Terra que se publicara entre 1906 e
1908, que agora pasa a ser un xornal monolingüe
en galego e o voceiro das Irmandades da Fala.
A Nosa Terra 1916
- Publicación de ensaios políticos e ideolóxicos.
- Ilustracións semellantes ás de O tío Marcos da
Portela.
El Noroeste:
suplemento 1917 - Publica en 1919 Do caso que lle aconteceu ao
dr. Alveiros de Risco.
¡Terra a Nosa!
Aurora 1918 Vilalba
- Fundada por Risco e con redacción no seu domicilio
da rúa da Paz.
- Foi o boletín cultural máis importante de Galiza no
momento.
- Monolingüe en galego
- Publicación de ensaios históricos, arqueolóxicos,
1920 – etnográficos, literarios...
Nós Ourense
1936
- Recepción de literatura foránea (europea).
- Coa chegada ao poder de Primo de Rivera en 1923
interrompe a súa actividade durante dous anos.
- Ilustracións de Castelao, xa non tan ruralizantes
coma as de Vida gallega, senón máis achegadas ao
expresionismo e ao simbolismo.
- Publicación de artigos ensaísticos.
- Colaboracións de Risco e Basilio Álvarez, entre
La zarpa 1921 Ourense
outros.
- En castelán, pero con artigos en galego.
Alborada 1922 Pontevedra - Revista de monografías na que publican, por
1 Literatura Galega
das Irmandades da Fala á Guerra Civil
2007/2008
USC
4. O nacemento do ensaio. Prensa e revistas literarias entre 1916-1936

exemplo, Losada Diéguez ou Cabanillas.


- Importancia das ilustracións.
Revista Casa - Revista de vangarda.
América – 1922 A Coruña - En castelán.
Galicia - Precedente de Alfar.

Alfar 1923 A Coruña - Revista vangardista.


- Ilustracións non ruralistas.
- En castelán.
- Dirixida por Valentín Paz Andrade durante algún
Galicia 1922 Vigo
tempo.
- Colabora co nacionalismo.
- Despraza a anterior.

El Pueblo - É o xornal máis importante para achegar á Época


1924 Vigo Nós, xa que acolle textos dos persoeiros máis
Gallego
importantes de Galiza (Dieste, Otero Pedrayo...) e
do Estado.
- Revista de arte con ilustracións renovadoras.
Ronsel 1924 Lugo - Acolle textos de Manuel Antonio, Correa Calderón
ou Luís Pimentel, entre outros.
Mariñana 1925 Sada
La comarca 1927 Ribadeo
Cristal 1932 Pontevedra
Resol 1932 Santiago
Yunque 1932 Lugo - Foi dirixida por Ánxel Fole.
Guieiro 1935 Ourense - Revista da esquerda independentista.
- Publicada en Mondariz, un importante centro de
cultura no momento xa que o propietario do
Mondariz 1915 Mondariz balneario, Henrique Peinador, puxo as súas
instalacións e o seu capital ao dispor dos homes da
Época Nós.
Pan - Publicación madrileña promovida por Rafael Dieste
(Poetas andantes y 1925 Madrid e Eduardo Dieste.
navegantes) - En castelán.

2.2.Na emigración

Publicación Data Lugar Características máis improtantes


Aires da 1908 Bos Aires
miña
1892 A Habana
terra
Almanaque 1898 Bos Aires
gallego 1909 A Habana
1897 –
Follas Novas A Habana
1908
Nova Galicia 1905 A Habana
1910 A Habana
Suevia
1916 Bos Aires - Publica poemas de Manuel Antonio.
1919 –
Acción gallega Bos Aires
1925
A fouce 1916 Bos Aires - Publicación da esquerda independentista.
Domen 1920 Bos Aires
Eco de Galicia 1919 Bos Aires / A Habana
1924 –
Céltiga Bos Aires - Dirixida por Blanco Amor.
1932
- Monolingüe en galego.
- Dirixida por Blanco Amor.
Terra 1923 Bos Aires
- É unha especie de continuadora da
revista Nós na emigración.

2 Literatura Galega
das Irmandades da Fala á Guerra Civil
2007/2008
USC
4. O nacemento do ensaio. Prensa e revistas literarias entre 1916-1936

3. Ensaio
3.1.Definición do xénero
A definición do xénero do ensaio non é doada, xa que hai moitos tipos de
texto próximos e os límites entre eles son difusos. Con todo, podemos considerar que
o ensaio se caracteriza por:
1) ser unha reflexión analítica, crítica e persoal sobre temas de diverso tipo
(filosofía, historia, xeografía, literatura...);
2) non chegar ao rigor científico dun tratado, é dicir, sen incluír notas a pé de
páxina nin referencias bibliográficas;
3) ter unha dimensión estética, a ambición de agradar o lector.

3.2.Formato

3.3.Temas tratados

3 Literatura Galega
das Irmandades da Fala á Guerra Civil
2007/2008
USC
4. O nacemento do ensaio. Prensa e revistas literarias entre 1916-1936

3.4.Etapas

3.5.Textos ensaísticos

A) Aproximación ao ensaio
Neste momento aparecen textos centrados en cuestións filosóficas e
estéticas (Teoría quase transcendental da velocidade de Antón Losada Diéguez, nº 2
da revista Nós) que aínda non podemos considerar ensaio propiamente dito, pero que
se aproximan moito a el. Son textos que teñen como obxectivo principal definir as
características propias da alma galega, entre as que está o lirismo e a lingua,
considerada a portadora do espírito do pobo (volkgeist1).
Desta aproximación ao ensaio destaca:

1
Herder.
4 Literatura Galega
das Irmandades da Fala á Guerra Civil
2007/2008
USC
4. O nacemento do ensaio. Prensa e revistas literarias entre 1916-1936

1) O chamamento á creación de institucións que promovan a actividade


artística, como podía ser un Museo de Arte Galega.
2) A pretensión de orientar os artistas para que expresen os trazos identitarios
do pobo galego na súa obra.
3) A Exposición Nós (A Coruña, 1920), que foi acompañada de conferencias de:
a) Castelao: Humorismo, debuxo e caricatura, na que se trata o humorismo
como trazo diferenciador.
b) Risco: Arte nova, na que traba a cuestión do humorismo e a etnoestética.
c) Xoán Vicente Viqueira: Divagacións engebristas, na que lles pide aos
artistas que usen os conceptos de lirismo e enxebrismo para lograr a
sintonía co pobo
4) Creación do Seminario de Estudos Galegos (1923), institución fundada por
universitarios coma Filgueira Valverde, Bouza Brey ou Lois Tobío. Está
dividido en diferentes departamentos e produce traballos científicos que
serían publicados na revista Nós, en A Nosa Terra e nos Arquivos do
Seminario de Estudos Galegos (revista bilingüe editada por Lar desde 1927).
Con todo, esta non é prosa ensaística propiamente dita, xa que se achega máis
á científica.
5) Temáticas coma:
a) Sentimento da terra: Sentimento da terra na raza galega de Risco e
artigos de Leandro Carré Alvarellos.
b) Concepto de enxebre, que neste momento se intenta afastar do matiz
ruralizante que adquirira no século XIX, mais non se consegue.
6) Seguimento das vangardas, aínda que Risco rexeitou o Futurismo e o
Cubismo e Castelao tamén rexeitou o Cubismo (O cubismo, revista Nós; O
galeguismo na arte, 1930)

A) Ensaio propiamente dito


1) Florentino López Cuevillas:
Dos nosos tempos (1920, nº 1 da revista Nós): evolución cara ao
galeguismo da súa xeración.
Complexo de inferioridade (1933, A Nosa Terra).
Cando nasceu a cidade de Ourense (1934, revista Nós).
2) Vicente Risco:
Nós, os inadaptados (1933), reflexión sobre a conversión ao galeguismo
dos membros da súa xeración, aos que denomina anormais por
supernormais.
O sentimento da terra na raza galega.
Sección Prosas de Risco (1921 – 1923) no xornal La Zarpa (1921 – 1926)
de Ourense, que fora fundado por Basilio Álvarez.
3) Otero Pedrayo: ten unha vocación ensaística consciente e a súa prosa carece
de sistematicidade, xa que está guiada pola intuición.
Morte e resurrección (1932): é un dos escasos ensaios publicados en
formato de libro. Nel Otero Pedrayo afonda na esencia do ser galego, que a
través da intuición consegue a comuñón cósmica coa paisaxe. Así, chega a
definir a humanidade galega como bergsoniana.
Ensayo histórico sobre la cultura gallega (1935): obra escrita en castelán
para a colección de temas galegos da Compañía iberoamericana de
5 Literatura Galega
das Irmandades da Fala á Guerra Civil
2007/2008
USC
4. O nacemento do ensaio. Prensa e revistas literarias entre 1916-1936

publicaciones de Madrid, que foi suspendida antes de publicala. A obra serí


publicada máis tarde na editorial Nós e aparecería en galego en 1982 en
Galaxia. É unha síntese interpretativa da historia e cultura galegas.
Ensaios sobre a paisaxe: Encol da aldeia (Nós, 1922), onde contrapón a
paisaxe castelá e a galega (granítica).
Experiencias persoais: Pelerinaxes, meditación sobre a filosofía do camiño,
a vida das xentes e a paisaxe a partir dunha viaxe a pé con Risco e Ben Cho
Shey (Xosé Ramón Fernández Oxea) a San Andrés de Teixido.
Outros: Ensaios encol do tempo de hoxe; Occitania e Atlántida.
4) Dieste: destacan os seus artigos nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego,
publicados no volume Antre a terra e o ceo. Prosas de mocedade, 1925 –
1927. Caracterízase por:
Estilo depurado e condensado.
Temática: lingua, enxebrismo, lembranza da infancia, reflexións sobre a
propia xeración (“A nosa xeración”; “Arelas”).

4. Crítica literaria
A crítica como mediadora fundamentais entre os produtos literarios e os
seus lectores é necesaria nun sistema normalizado. No caso galego, a crítica literaria
comeza a producirse ao final da Época Nós, xa que estamos nun momento no que,
coma no século XIX, é máis necesario conformar un patrimonio textual en galego ca
un canon. Así, ata o ano 1931 non atopamos crítica propiamente dita, senón gabanzas
das obras só polo feito de estaren escritas en galego.

4.1. Textos informativos


Desde 1916 os xornais e revistas adoitaban ter seccións dedicadas ás
novidades literarias, que se limitaban a darlles benvida a todas as achegas que se
producían, sen unha crítica rigorosa destinada a establecer un canon. Deste momento
destacan:

1) Publicacións:
a) A Nosa Terra, da que destacan seccións coma Follas Novas. Crítica de
libros, Novos libros, Bibliografías ou Lecturas. Estas seccións limitábanse a
dar conta da aparición de novas obras.
b) Nós, revista na que podemos atopar textos simplemente informativos e
outros máis críticos. Entre os primeiros destacan as seccións:
■ Os homes, os feitos, as verbas, unha sección de noticias culturais na que
se incluían referencias a revistas galegas e estranxeiras. Moitas destas
recensións están sen asinar ou asinadas con iniciais, pero non é difícil
recoñecer os autores (Otero Pedrayo, Bouza Brey, Risco, Carvalho
Calero, Aquilino Iglesia Alvariño...)
■ Outras seccións nas que participaron:
Risco, quen gaba obras coma A romeiría de Xelmírez de Otero
Pedrayo, Os dous de sempre de Castelao ou Os evanxeos da risa
absoluta (teatro experimental, folkdrama) de Antón Villar Ponte.
6 Literatura Galega
das Irmandades da Fala á Guerra Civil
2007/2008
USC
4. O nacemento do ensaio. Prensa e revistas literarias entre 1916-1936

Aquilino Iglesia Alvariño, quen comenta obras de Carvalho Calero.


Carvalho Calero (asina como R. C. C.), que comenta En catro
tempos (1932) de Blanco Amor, de quen di que é un poeta modernista;
tamén comenta Codeseira de Crecente Vega e algunha obra de F.
Delgado Gurriarán.
c) O Tío Marcos da Portela.
d) Galicia.
e) El Pueblo Gallego.

2) O interese polo teatro:


a) Comezan a aparecer textos máis achegados á crítica en A Nosa Terra, O
Tío Marcos da Portela ou La Zarpa. Este interese polo teatro vén dado por
ser un importante medio para chegar directamente ao público. Neste senso
destaca o artigo “A moderna orientación do teatro galego” de Leandro
Carré Alvarellos (A Nosa Terra, 1923), no que se critica a excesiva
gabanza a todo o que se produce en galego.
b) Temos noticias de numerosas estreas: Coros e Danzas, Conservatorio
Nazonal de Arte Galego (fundado en 1919), Escola Dramática Galega.

4.2. Textos críticos propiamente ditos


Ao final da Época Nós comeza a aparecer a crítica literaria propiamente
dita, especialmente da man dos membros da Xeración da República (os membros da
Xeración Nós limítanse a animar a que se escriba en galego) que senten a necesidade
de seleccionar e establecer un canon.

Moitos dos textos críticos que comezan a producirse desde 1931


podémolos atopar na revista Nós e son da autoría de:
1) Carré Alvarellos, quen reflexiona sobre a novela galega en artigos coma:
a) Encol da novela galega (1926), onde reflexiona sobre as dúas tendencias
que observa na novela galega: a ruralista e a universalista. Propón a
creación de novelas de ambiente e personaxes urbanos (debeulles dar
estas mesmas orientacións aos autores das novelas da colección Lar).
b) O romance galego (1935): cita as novelas producidas desde 1928 e fai
referencias á súa calidade.

2) Carvalho Calero, quen realiza crítica literaria centrada fundamentalmente na


poesía. Del destacan artigos coma:
a) Ollada encol da poesía lírica galega contemporánea (1931), onde di que a
crítica do momento ten a eiva de gabar excesivamente as obras coa
finalidade de darlles azos aos autores para que escriban en galego. Ademais,
a amizade entre os que escribían en galego favorecía isto.
b) Balance e inventario na nosa literatura (1932).
c) A xeneración de Risco, destacando as figuras de Risco, Cabanillas, Noriega
Varela e Victoriano Taibo como poetas, a Otero Pedrayo como prosista e a
Castelao como artista. É dicir, Carvalho Calero comeza a elaborar un
canon.
3) Fernández del Riego:

7 Literatura Galega
das Irmandades da Fala á Guerra Civil
2007/2008
USC
4. O nacemento do ensaio. Prensa e revistas literarias entre 1916-1936

a) Índice cultural e artístico do Renacimento galego (1933): visión


panorámica da literatura, e das artes en xeral, destacando as figuras de
Cunqueiro, Aquilino Iglesia Alvariño, Bouza Brey e A. María de las Casas.
b) Esquema da nova poesía galega (1935): reclama que se produza máis
crítica e dá as liñas fundamentais da poesía dos anos 20 e 30.

8 Literatura Galega
das Irmandades da Fala á Guerra Civil
2007/2008
USC

You might also like