You are on page 1of 44

anotacins

sobre literatura e filosofa


n 2, novembro de 2013

Rebeca Baceiredo

Das identidades alternas


s alternativas:
sar dos corpos programados
Euseino?

Anotacins 2

Anotacins sobre literatura e filosofa


n 2, novembro de 2013
Das identidades alternas s alternativas:
sar dos corpos programados

anotacins
sobre literatura e filosofa
n 2, novembro de 2013

Rebeca Baceiredo

Das identidades alternas


s alternativas:
sar dos corpos programados

Euseino?

Primeira edicin en PDF, novembro de 2013


issn 2340-8537
PublicAcin non vEnAl

Edicin
beatriz Fraga camen
Euseino? Editores
vigo, Galicia

http://euseinoeditores.wordpress.com

A todas as non normativas,


que sofren a violencia do Nomos
e, por riba, o seu repudio

o rximE DE normA hEtErosExuAl


E As rElAcins DE PoDEr

un grupo de corpos relacionados entre si pode constitur un grupo social. o grupo social organiza os corpos para a sa permanencia como grupo, organzaos
como corpos produtivos. Para iso, mrcaos. Ao marcalos concdelles unha morph. Progrmaos. Prodceos. rexstraos. o modo especfico de rexistro o
socius. o modo mis bsico de determinar a forma
deses corpos-suxeitos o xnero. o xnero a inscricin , o concepto ontolxico primitivo que reforza na
linguaxe unha divisin dos seres en sexos (Wittig 2,
103).
Polo tanto, a linguaxe, as normas gramaticais,
ademais da organizacin en funcins dos corpos, son

12

AnotAcins sobrE litErAturA E FilosoFA, n 2

as que tamn van conformando e reproducindo os


xneros. dicir, establcese un nomos, unha normatividade, un modo simblico ortodoxo polo que os
corpos asumen a materia e as reciben un nome, que
o que lle dara, como recorda butler (3, 111) citando
a lacan , integridade ao obxecto. As, por este nomos,
que a lei do pai, hai homes e mulleres destinados a
reproducin social e perpetuacin desa norma.
tanto homes como mulleres somos, logo, froito desas
relacins. E como toda relacin, a non ser que se establezan os dispositivos ticos axeitados para evitalo,
foucaultianamente, relacin de poder. isto , constitumonos como tales a partir desas relacins canalizadas e non todos os corpos-suxeito, egos afincados
neses corpos, ocupan os mesmos espazos xerrquicos.
esa producin de subxectividade, destinada a
razns instrumentais e en profunda disonancia
cunha horizontalidade metafsica, pola cal se determina o xeito no que cada unha non s o que ,
en funcin do nome que lle recae a ese modo estipulado. a lei do pai a que fixa, segundo a metafsica
clsica representativa, transcendente, un modelo
e as copias ilextimas. o ser e o non ser. dicir, hai
algo que , que ten identidade, e outro algo que se

DAs iDEntiDADEs AltErnAs s AltErnAtivAs

13

forma como complemento, reaccin ou negatividade


a iso que . unha diferenza negativa que se separa do
ser, que non se asume como expresin de vida lextima na sa propia singularidade. dicir, o non ser
tradcese nunha identidade subalterna. hai un numeno, o que por riba das continxencias, e est, por
outra banda, o continxente, o fenmeno, palpable,
o que simplemente existe por e para ser visto, observado, utilizado.
Polo tanto, nun rxime de norma heterosexual,
patriarcal, que establece o neutro como masculino, a
muller vai ser o non representado, o impensable,
mentres que o home o humano, o concibible
(butler 3, 90). o xnero, vemos, non s designa,
tamn cualifica, pois non s remite a unha realidade
externa, nomendoa constite esa realidade, determinando os seus parmetros existenciais. o rxime
establecido a partir de institucins culturais, como
suxeitos de enunciacin, e do propio corpo social,
como suxeito de enunciado. dicir, o aparato cultural, orixinado para activar as forzas e reapropiado
por forzas que converteron a cultura en reactiva, o que
determina os enunciados que conformarn os suxeitos que repetirn eses enunciados e reproducirn as

14

AnotAcins sobrE litErAturA E FilosoFA, n 2

visibilidades. Por iso non se nace muller e si se chega


a selo, por un proceso de culturizacin adquirido que
nos afasta do libre desenvolvemento das singularidades e nos suxeita ao xnero.
sabemos que a linguaxe non inocente, sabemos que nos excede e domina, e na sa iterabilidade
recae o seu poder, pois permite ignorar os poderes
que xeran esa lei que xera suxeitos: non que haxa
poder, que hai unha actuacin reiterada que se fai
poder en virtude da sa persistencia e inestabilidade
(butler 3,28). lembramos que para as esposas-concubinas da Lanterna roxa, o filme de Zhang Yimou, a lei
non era visible, non se exhiba na praza, coma as cidads, pola contra, unha lei tcita, s explicitada nos
seus posibles efectos. o poder non o exerce directamente o amo, porn, provoca a materializacin de
todas as relacins de poder que se derivan desa lei,
mesmo as que reproducen, sa vez, os oprimidos,
en relacin a outros suxeitos oprimidos (e digo suxeitos, logo, incardinacin do poder, non corpo nin
personalidade), como adoita acontecer. nesoutro
suxeito mis oprimido xogan os factores de inclusin
e exclusin (xnero, raza, clase) e tal nocin de iterabilidade para o establecemento e perpetuacin do

DAs iDEntiDADEs AltErnAs s AltErnAtivAs

15

poder (apliquemos isto ao nivel micro e tamn ao


macro).
isto , pola repeticin constrese como poder,
pero por esa repeticin tamn se fan fisuras, por iso
semella s unha miraxe neurtica. A autoridade exectase, polo tanto, a partir dun diferimento perpetuo,
sobre un acto repetido sobre o que a lei paterna adquire a lexitimacin e se remite, ademais, cara a un pasado ou cara a unha orixe irrecuperable (impensable),
dicir, establece a sa universalidade e necesidade
negando calquera posibilidade de ser doutro xeito.
non existiron outros socius nos que o papel feminino
fose preponderante ou ocupase o mesmo espazo de
poder que o masculino? non existiron outros socius
cunha distribucin horizontal do poder, non existiron socius sen oprimidas nin oprimidos? chiscndolle o ollo a barthes, debemos entender que se fan
confundir, talvez intencionadamente, a natureza e a
historia.
moi frecuente, iso si, que os sistemas de opresin se baseen en esencialismos bioloxicistas sobre os
que articular categoras obxectivas que establezan un
determinado orde de cousas: a esencia anticipa a existencia, o nomeno anticipa o fenmeno, logo, o fen-

16

AnotAcins sobrE litErAturA E FilosoFA, n 2

meno excle a posibilidade de pensar as relacins de


poder que abrangue o concepto muller. non estrao, todo sistema de poder elabora os seus discursos
para sosterse, discursos compostos por categoras que,
diciamos, non designan senn que cualifican e cualifican oprimindo. Apuntaba marx na Ideoloxa alemana, os individuos da clase ou da estirpe dominante
tamn estn alienados, pero obteen beneficios
obvios desa alienacin, as que poden levala sen tanto
sufrimento.
Entn, unha muller que ? un corpo con xenitais designados como femininos? , con Wittig, unha
construcin de norma heterosexual e patriarcal da
que debemos liscar e buscarnos nun novo poder de
autodefinicin, como ben souberon facer as mulleres
negras (especialmente nos gloriosos anos de subversin)*. nelas estudouse a intereseccin de distintos
sistemas de opresin (xnero, raza, clase) exercndose
sobre os corpos: o resultado unha exhibicin ao
poder que se multiplica exponencialmente.
logo, unha muller non un corpo cun determinado rexistro hormonal (se que un sistema efectivo
* As clsicas Davis e hill (121 e 269).

DAs iDEntiDADEs AltErnAs s AltErnAtivAs

17

para soster a rxida disposicin dicotmica dos corpos


en sexos) e con vulva: unha construcin cultural,
aplicada sobre certos corpos, coa que se desprega todo
un sistema programado de funcins, logo, de hbitos,
de formas de existencia.
dicir, unha muller un tipo de corpo ou a categora opresiva xerada polo rxime de norma heterosexual e patriarcal, como pensaba Wittig? Asumir a
categora impdenos emanciparnos desa realidade e
achganos ao sustento bioloxicista, esencialista, desa
categora, na que se sostn o mito da muller, a feminidade como universal? mais atopar outras categoras
coas que facer unha autopoiese pode volver someternos a un rxime de control que, se non as crea, se
apropia das que nacen fra do pensamento hexemnico e as resignifica.
De todos os xeitos, para atopar novas categoras
que recaian sobre identidades emancipadas do rexistro e da codificacin do socius, sobre identidades sen
suxeito estable, hai que entender primeiro que o xnero se constre como performatividade, como representacin, como mascarada. E, precisamente, o
suxeito estable sobre o que recae o risco de terxiversacin, de resignificacin, de reapropiacin (butler 2,

18

AnotAcins sobrE litErAturA E FilosoFA, n 2

51). Aconsella: preciso, polo tanto, sar da esixencia


poltica da representacin.
se vimos como o concepto de muller reca cada
vez mis, e as atopamos obvias e nada gratas diferenzas entre o que poda ser unha muller no 1982 e no
2008, por exemplo, cando a diferenza entre a masculinidade e a feminidade se acenta e levar pantalns
ou o pelo curto un look masculino, mentres que o
feminino se achega, sen tregua, s virxes de aldea, que
pasa coa frustracin das identidades falidas, daqueles
que non son capaces de atoparse como ser nese espectro de categoras cada vez mis estreitas e reaccionarias? Que sucede se esa natureza fantasmtica do
simblico que nos obriga a sexualizarnos non funciona no campo do real? un drama, di butler (2, 134).
un drama porque o individuo non pode operar coas
categoras psicolxicas do eu, hora de pensarse
como identidade substancial, e non ten categoras
para explicarse, entenderse, vivirse, fra desa estabilizacin artificial que fixa os lmites da intelixibilidade
simblica. E ben sabemos que, en xeral, os individuos
tenden a pertencer ao espazo material e psquico do
nomos, dese nomos imposto polo amo, para sobrevivir. independentemente de que os individuos afec-

DAs iDEntiDADEs AltErnAs s AltErnAtivAs

19

tados tendan a desenvolver mis ou menos a moral


de escravo, os individuos, especialmente as mulleres
ou calquera outra minora (porque os escravos non
deben ousar rebelarse e que algn o faga actitude
de risco) que non se subordina norma, van ser repudiados e, sobre todo, no campo do xnero, dificilmente van poder viabilizar as sas posibilidades psquicas,
afectivas e sexuais.
como a lei que regula estas categoras a do
pai, o significante, o suxeito de enunciacin, recaer
no Falo, mentres que o outro ser suxeito de enunciado. como o home, en principio, quen ten o Falo,
pode construr a sa identidade mediante o seu reflexo, porque o amo; pola contra, o escravo, a muller,
que non ten Falo, porque o Falo, non ten identidade que construr, mis que a partir do outro-suxeito,
do home, que o significante. Dir Deleuze, con
humor, que quen pose o Falo obviamente non son
os homes... De a o temor sexualidade das mulleres,
pois permtelles posur o Falo. As se foi reprimindo
e controlando os corpos, a medida que a divindade
paleoltica, deusa nai, natureza, fertilidade, potencia,
ao parecer, se masculinizaba (vid. baring e cashford),
coma nos conta a historia de heliogbalo. A medida

20

AnotAcins sobrE litErAturA E FilosoFA, n 2

que se impua, como en todos os exercicios de poder,


unha superestrutura, para soster a nova infraestrutura
de propiedade privada e diferenciacin de clase. unha
estrutura de poder que lle resta poder relixioso e, as,
poltico s mulleres (lembremos rapidamente s sacerdotisas e aquela sexualidade que , cando menos, non
mercantilizada... Porque o sexo non era ao principio
causal, un significante nico e universal, senn que
o desexo o que previo...).
o significante do desexo da muller non o atopa
esta en si mesma, senn que ten que recorrer ao amo.
As, a norma cultural goberna materialmente os corpos e as hai corpos que importan e corpos que non,
segundo se adapten norma (butler 3, 39). ora ben,
hai corpos que importan por si mesmos e corpos que
importan s en funcin do outro, intercambiables
(enunciado que latexa no clsico as mulleres non se
acaban).
Polo tanto, un dos conflitos do feminismo foi
escoller o seu suxeito. muller non vale, por corresponder ao rxime de norma heterosexual? Entn, formamos unha subxectividade feminina lesbiana, tamn
ao xeito de Kristeva, para estar fra da norma e anda
as asumirnos como suxeitos do noso corpo e do noso

DAs iDEntiDADEs AltErnAs s AltErnAtivAs

21

desexo, un Falo lesbiano que sexa, non un rgano


potencialmente erecto, senn un desprazamento da
hexemona simblica da heteronormatividade, pois
as mulleres s poden formar parte do contrato social
en tanto que deixen de ser mulleres (Wittig 2, 71)?
ou deixamos que nos acompaen todos os individuos oprimidos polo rxime patriarcal de norma heterosexual, que sern todos os que non sexan machos
brancos occidentais de subxectivacin burguesa ou
non? butler (3, 42) presenta un escrpulo: o poder
o que equipara ou o que fai anlogos o racismo, a
homofobia e a misoxinia, tendo, en realidade, cada
proceso de opresin, construcins especficas. Ata que
punto lcito que nos apropiemos de todo o Afora?
sabemos que os estudios realizados tendo en conta a
raza e a clase como factores non exclen, non compartimentan a opresin, senn que realizan interseccins que a multiplican exponencialmente (hill, 269).
logo, cada un ten procesos xenealxicos distintos e
distintas apropiacins histricas, pero todos teen
algo en comn: ser subxectividades alternas.

22

AnotAcins sobrE litErAturA E FilosoFA, n 2

rEGrEsins contEmPornEAs: A EsPosA E A PutA

logo, a lei paterna constre o corpo feminino


vez que intenta controlalo, socavalo, isto , a lei paterna constre o corpo feminino a partir dun aparato
simblico que se fundamenta no rexeitamento do
corpo das mulleres, o que por exemplo explica os sistemas de reclusin dos corpos femininos ou a opresin directa sa mobilidade con determinada
vestimenta (lembremos, por segunda vez, as mulleres
concubinas da Lanterna roxa, o filme de Zhang Yimou).
Ao corpo das mulleres ordnaselle taparse ou espirse,
pero sempre negndoo. non s por aquela lei que lle
pretende restar visibilidade por ser fonte de problemas
(pecado), senn por aquela que esixe unha hipervisibilizacin, por ser fonte monetaria. nun polo e noutro, a represin a que xera o obxecto que se vai
rexeitar. Que sucede? Que sabemos que a represin do
desexo non o elimina, como analizaba Foucault, pola
contra, este mecanismo de represin, prohibitivo, ten
un efecto xerador. De a que se dera e se dea unha ficticia liberacin sexual, emancipadora. De a, tamn,
que se siga exercendo un double bind en relacin ao
sexo no mundo contemporneo (sustentado por certo,

DAs iDEntiDADEs AltErnAs s AltErnAtivAs

23

na dicotoma muller para o matrimonio, muller para


o sexo): non se normaliza o sexo, pero se exacerban os
estmulos sexuais, de xeito que a industria do sexo non
pode mis que crecer. A mercantilizacin dos corpos
asmese con normalidade, tamn entre adolescentes,
segundo recentes estudios, de forma que a prostitucin
vista de maneira idealizada, dicir, obviando a trata
internacional de mulleres.
A formacin de discurso defnese binariamente,
tamn en relacin ao sexo, de xeito que temos dicotomas directamente relacionadas coas institucins, isto
, coas praxes de poder que sustentan ese discurso. As
temos, dende a teora mdica, o normal e o enfermo,
o salvador e o pecador dende as crenzas relixiosas e o
legal e o ilegal dende a regulacin estatal (hill, 130).
A dicotoma sostn todo o sistema metafsico occidental clsico e incle, as, a distincin entre a muller
para o matrimonio e a muller para o sexo. Esta distincin operativa cando se pon en marcha a propiedade
privada e se emprega a sexualidade da muller, o seu
control, como instrumento dese poder. A estrutura
familiar que se xera , logo, para manter a reproducin social na sa infraestrutura e na sa superestrutura. o papel das mulleres-esposas est perfectamente

24

AnotAcins sobrE litErAturA E FilosoFA, n 2

claro. Elas encrganse, ademais, dos coidados. Pero


tamn aparecen as prostitutas, co fin de encargarse
doutro tipo de coidados. mis as escravas. As, como
Aristteles di, as mulleres son os obxectos de valor que
fan a vida digna de ser vivida, claramente escravas. Do
pobre, di. tamn do rico. Anda que, unha vez mis,
non o mesmo ser esposa, prostituta ou concubina
de varns de clase alta que de clase baixa, pois os factores de exclusin multiplican exponencialmente a
opresin, diciamos...: as hetairas podan ser as mulleres mis libres ou, polo menos, cultivadas; non tanto
as prostitutas dos barrios baixos... En todos os casos, a
manutencin da muller depende dos varns e sabemos que a dependencia fsica do amo a que nos obriga a ser escravos. Escravas. As, aplicando a lei da moral
de escravo, aplicando os microfascismos, as mulleres
de distintas condicins loitaban entre elas: as esposas
non soportaban a liberdade das hetairas e as hetairas
non soportaban a condicin privilexiada das esposas,
que tian a sa manutencin solucionada ata a morte
(aspecto que, en realidade, non sempre se daba: en
Grecia, por exemplo, o marido e, no caso da sa
morte, os propios fillos, dispuan de potestade para
botar a nai da casa paterna), mentres que elas tian

DAs iDEntiDADEs AltErnAs s AltErnAtivAs

25

que aforrar para a vellez... todo este sistema de macro


e micropoderes aparece perfectamente reflectido no
filme de mizoguchi A ra da vergoa (1956).
Por iso, no clmax de despropsitos patriarcais
contra unha muller sempre aparece un puta como
insulto: a puta , claro, escrava, tamn , mais nestes
casos a que non se axusta definicin de muller de
ben, a puta a que non se subordina norma. Polo
tanto, que sucede cando unha das vtimas se apropia
do insulto, nun momento dado? Que se apropia do
enunciado e o emite con conciencia, logo, pasa a ser
suxeito de enunciacin, isto , renuncia ao seu papel
de escravo ao pasar a autodefinirse. beatriz Preciado
entende que isto se concatena con ou nace dunha lxica de empoderamento do suxeito que, insiste, muda
o papel do suxeito de enunciacin e o sentido da propia enunciacin. Dse, polo tanto, nese intre, unha
resignificacin que empodera a quen o di: si, son
unha muller que non se somete ta norma.
De todos os xeitos, a lxica dominante a asimilacin da prostitucin ou da pornografa como modelos de sexualidade e, mesmo, afectivos. Pero, para todas
as mulleres, unha vez mis, a clase e a raza xogan un
papel importante: cando dende os medios de comu-

26

AnotAcins sobrE litErAturA E FilosoFA, n 2

nicacin se transmiten enunciados e visibilidades que


acusan de hipersexualizacin, ou fan fincap neses
cdigos, das negras, das latinas e das chavs (clase obreira desclasada, expulsada cara ao lumpen), en xeral,
estn a asentar a falta de nomos das que quedan Fra,
fronte s mulleres de ben, a saber, caucsicas de clases
medias altas e altas. E quen o fai? Quen o suxeito de
enunciacin a? os medios dunha clase media-alta e
alta masculina.
En parte, pdese relacionar ben co que expn,
precisamente, Preciado en Pornotopa: o modelo de
masculinidade contemporneo revsase na dcada
de 1960 con toda a industria, naquel momento incipiente, de Playboy. Ao macho non se lle pide, xa, que
sexa o esposo entregado familia, como, insistimos,
instrumento de reproducin social, senn que se converte nun solteiro de ouro. nun voyeaur que observa
e dispn dos obxectos valiosos que son os corpos das
mulleres. valiosos para o seu pracer. El suxeito; as
mulleres, as observadas e palpadas, son obxectos. Eses
obxectos non deben mostrar intelixencia nin, sequera,
un pice de interioridade (outra vez: non se lles permite ser suxeitos!), resta puntos no seu cometido...
o que hai detrs desta producin de subxectividade

DAs iDEntiDADEs AltErnAs s AltErnAtivAs

27

un aparato econmico que move billns ao ano en


materia de mercado do sexo. vez, non pode mis
que actualizar en cada un dos individuos masculinos
a pertenza comunidade de machos aos que lles lcito facer o intercambio atvico de mulleres, lembrando
a lvi-strauss, pois son os obxectos ou instrumentos
que fan a vida mis grata (e que non deben supor retesas na comunidade de varns). Deben estar dispostas
e sorrintes, ser as perfectas escravas. o enunciado,
insisto, evidente e segue a estar latente: as mulleres
son intercambiables. Porque non son suxeitos. se
algunha non se somete regulacin (para poder ser),
ser tachada de perversa, malvada, e en calquera caso,
desprazada a esa zona conceptual moi presente anda,
tamn, onde as mulleres seguen estando ligadas
besta, ao caos, des-orde (e por iso son sempre sospeitosas).
todo o que recae fra da norma sospeitoso.
todas as mulleres que abertamente desacatan o
nomos imposto son, mis ou menos virulentamente
perseguidas. ora ben, todas as mulleres, vemos, quedan fra do ficticio contrato social e s mediante a
autopoiese e a autodefinicin fra del poden constiturse como suxeitos. todas as mulleres son, logo,

28

AnotAcins sobrE litErAturA E FilosoFA, n 2

potencialmente sospeitosas. Por iso, sen ningn


tipo de pudor nin escndalo do grupo social que
por cuxas bocas falan os enunciados, escoitamos,
fronte a violencia de xnero, a algun que coece a
unha muller que exerce violencia sobre a sa parella e,
se non, sabemos, que moitas das denuncias son falsas
(un 0,0096 % segundo a Fiscala xeral do Estado).
sospeitosas, sempre, durante toda a longa historia
do patriarcado, por situarse no Afora. Do mesmo xeito
que o anomal que nos presentan Deleuze e Guattari
(249), a saber, aquela posicin que marca o linde do
grupo. Pode ser un membro do mesmo grupo, doutra
especie ou mesmo todos os membros, coma no caso
dalgns insectos, que mudan a posicin ciclicamente,
de modo que marcan e observan ao grupo dende a sa
fronteira. As, nos grupos humanos, o papel do anomal
recaera nas bruxas (e bruxos). mulleres que contian
nas sas mans un coecemento ancestral, mdico,
moitas veces, por causa da sa funcin social especfica
destinada aos coidados, insistimos, e actualizando
aquela relacin ancestral coa natureza, non romntica,
senn prctica e espiritual, en tanto que non deixa de
ser o recoecemento de Dionisio. mulleres perseguidas para impor unha formacin de discurso cientfica,

DAs iDEntiDADEs AltErnAs s AltErnAtivAs

29

iso si, ateigada de valoracins morais sustentadas na


misoxinia mis radical, como se explicitaba no clsico
bestseller dos sculos xvi e xvii O martelo das bruxas
(1486): que outra cousa a muller senn a inimiga
da amizade, a pena ineludible, o mal necesario, a tentacin natural, a calamidade desexable, o perigo
domstico, o prexuzo deleitoso, o mal da natureza pintado con boa cor. Pero, ao carn das valoracins procedentes do medo perda do Falo, estaba aquilo que
redobraba a molestia: un defecto natural nelas non
querer ser gobernadas. E o camio estaba pautado:
iamos cara o capitalismo e precisbanse outros coecementos e outro control sobre eles e sobre os corpos.
todos. As que castigos exemplarizantes para todo
aquel que non comungase coa chegada do Angelus
novus, coa forma excelsa de Apolo, que cobre e asfixia,
e Dionisio, formas de nen que matan a vida.
Do mesmo xeito, detrs das novas acometidas
para reimplantar o papel convencional da muller,
esposa abnegada do fogar e entregada aos fillos e ao
marido, hai intereses da mquina econmica. toda a
lexislacin conservadora que pretende anormalizar as
disposicins afectivas e sexuais fra do rxime heterosexual ou anular o aborto (do mesmo xeito que se posi-

30

AnotAcins sobrE litErAturA E FilosoFA, n 2

cionaban as forzas conservadoras alems da dcada de


1930) pretende instaurar a represin sexual porque,
vemos, se acenta a sexualizacin, co que se obteen
abondosos beneficios, e tamn porque funciona como
asentamento da represin social xeral, como indicaba
Wilhem reich. cando reduces a existencia das mulleres traballadoras ou de clase baixa ao seu papel reprodutor, ateigas de angustia e culpabilidade sexual, as,
reprimindo a sexualidade desposes as mulleres do
control do seu corpo e as encadeas de novo familia
autoritaria, ademais de encadear todas esas familias
aos mecanismos de supervivencia (reich, 57 e Wittig,
26), co que tes masa de escravos abondo para seguir
tendo escravos, xa adoutrinados como tales. temos,
chavs ou os esquecidos de buuel, condenados a sobrevivir nun campo minado. Este parece ser o plan para
un pas ao que determinan perecer na periferia: nun
Estado onde se destre o emprego cualificado, que
destinado a ser fonte de man escrava, parece moi eficaz
o fascismo clsico.
Entn, neste neofascismo, combinado co tradicional, temos unha sobrecodificacin baseada nun
bioloxicismo ou esencialismo que reduce os corpos aos
corpos programados. dicir, reproducin e ao coi-

DAs iDEntiDADEs AltErnAs s AltErnAtivAs

31

dado (de todo tipo) no caso das mulleres, mentres que


sobre os homes seguira recaendo a parte activa da xestin familiar e social. o capitalismo fascista reterritorializa os corpos e os significantes con cdigos doutros
rximes sociais, combinando isto con tal hipersexualizacin que, no caso das mulleres, reforza o seu papel
pasivo nese dispositivo, papel pasivo que non deixa
por iso de permitir que cada un deses individuos funcione como unidade de producin (no mercado sexual
ou no seo mesmo do nomos mis decente...). Pura
teora neoliberal. corpos produtivos xestionados,
explotados pola mafia. mais, en realidade, ao capitalismo, sustentado na propiedade privada, non lle interesa a emancipacin da muller, unicamente que a
precise como man de obra ou para atala directa e individualmente mquina do consumo, segundo os
mapas sociais e econmicos.

A xEstin DA violEnciA

Escandalizbase Wittig ao ver a mulleres excepcionais desculpndose por expresarse, por ser, por apare-

32

AnotAcins sobrE litErAturA E FilosoFA, n 2

cer mesmo na esfera pblica. Pois o poder, a autoridade, por suposto tamn a moral, deben pertencer aos
individuos machos. igualmente, fronte a calquera tipo
de agresin social (violencia domstica, en calquera
das sas expresins), tenden a articular a sa experiencia en torno ao sentimento de culpa (merzoo) e ao
desexo de autoaniquilacin (Quero morrer). Por que
se tende a isto? Que mecanismo opera para que isto
suceda sistematicamente? os mecanismos culturais
semellan claros. ora ben, os psicolxicos consisten
nun superego que non s regula, senn que tortura o
propio suxeito por medio da neurose.
hai unha producin de subxectividade masculina e outra feminina (en xeral, subordinada primeira, ou por derivacin dela). se, grosso modo, vivimos
unha sociedade enferma de analfabetismo conceptual
e emocional, o emocional mis grave no caso dos
varns. dicir, non se educa para que as persoas sexan
capaces de organizar a sa experiencia emocional
racionalmente e, as, a expoan ao outro, de xeito que
se poida establecer un proceso comunicativo bsico.
mais, se as femias son educadas para a autoinculpacin, para a subordinacin, para ser unha boa rapaza,
o xeito que teen os varns o seu malestar interno a

DAs iDEntiDADEs AltErnAs s AltErnAtivAs

33

travs de expresins pouco articuladas e xeralmente


violentas cara ao outro. cara outra. os varns son
ensinados a proxectar a sa violencia cara a fra, rebotan a violencia social. Estn lexitimados para iso.
no caso das mulleres, o dispositivo cultural xerara
un dispositivo psicolxico que a leva a introxectala, a
reprimila, de xeito que no superego, esa violencia reforzara a culpa (instrumento social para adoutrinar os
individuos, sempre recorda a butler mis nietzscheana)
por distanciarse, o seu eu real, do eu ideal que lles ensinan que teen que ser ou ao que tender. As, a violencia social revertida e atopada de novo en forma de
neurose, de angustia. Por iso as mulleres tenden a responsabilizarse, desculparse, autoculparse, etc., e tamn
a reprochar, en lugar de sar do bucle.
ben certo que algunhas xeracins de varns contaron cunha producin de subxectividade mis suave,
menos preto das convencins mis atvicas da masculinidade, e os seus mecanismos se poden achegar, en
principio, mis aos cdigos tradicionalmente ofrecidos
s mulleres (ou cos que as mulleres son construdas).
Pero a violencia que recae sobre o propio suxeito, exercida por el mesmo, pode ser tamn desprazada, isto ,
expulsada de novo cara a fra, que o horizonte lex-

34

AnotAcins sobrE litErAturA E FilosoFA, n 2

timo da violencia dun varn que tampouco capaz de


articular as sas emocins verbalmente, racionalmente. Por iso, a violencia de xnero, nestes casos, non se
d nun sentido evidente ou clsico de dominacin:
probablemente exista un double bind nestas masculinidades, s que se lles esixe a fortaleza primitiva e, vez,
unha sensibilidade atrofiada historicamente, uns cdigos tradicionalmente dirixidos cara o feminino. As
que estes individuos non a asimilan e/ou non asumen
o modelo que se lle impn, pero que funciona, efectiva, igualmente: teen un problema hora de interiorizar ou non o modelo de masculinidade que a
sociedade lles demanda, polo menos aparentemente.
As que a violencia, nestes caso, dse pola impotencia
que se atopa neses varns para interpretar a masculinidade mis dura, sen que por iso prescindan dela,
que a exercern sobre o suxeito, dicimos, mis dbil e
prximo. se ese suxeito mis dbil coincide cunha personalidade mis forte, ou mis carismtica e exitosa, a
violencia exercida, pola lxica dos microfascismos, ser
maior, porque en realidade o suxeito que oprime
quere ese poder que non capaz de exercer noutros
contextos. isto , admira o poder noutros e vez dlle
medo a debilidade que iso implica (Adorno, 208).

DAs iDEntiDADEs AltErnAs s AltErnAtivAs

35

ora ben, na medida en que eu emprego instrumentos masculinos de dominacin, sern ben vistos
se dispositivo de poder se establece cara abaixo, pois
cos microfascismos vistos e admitidos a cadea de escravos se sostn soa. mais, se cara aos de arriba, machos
brancos heterosexuais de subxectivacin burguesa, iso
non se perdoa. na medida en que eu me resista a esa
violencia ou a esa dominacin, serei humillada (coma
o resto) e, ademais, repudiada, aniquilada. Por outra
banda, dse unha cuestin tica: que facer coa violencia recibida? como descodificala en tanto que
tnatos e, polo tanto unha sobrecodificacin e contraefectuala? isto , como facer dela outra cousa? se
non a reboto, se non a sobrecodifico en neurose, como
se reverte, nese mesmo entorno violento, cara a outro
espazo?

conclusin: FrA Dos corPos ProGrAmADos

Descoecemos se unha sublimacin clsica factible sempre: respirar profundo, reivindicar o esquecemento nietzscheano ou directamente dar golpes a un

36

AnotAcins sobrE litErAturA E FilosoFA, n 2

punching ball pode estar ben. mais a cuestin debe ser


formulada en termos de muda de paradigma para que,
na relacin bidireccional que existe entre o suxeito e a
realidade, a superacin deste esquema se poida efectivamente dar.
segundo butler (1993: 196), a emancipacin non
debe darse fra da lei, pois supora tamn a emancipacin do opresor en nome do oprimido. Ela pensa
que ten que efectuarse nas contradicins que se dan
dentro desa lei, para non volver a un perigoso pasado
natural e si poder ir, pola contra, cara un futuro aberto de posibilidades culturais. As, butler entende que
se roza o transxnero, que se evidencian os conflitos,
mediante a combinacin non ortodoxa dos atrezzos
para masculinidades e feminidades convencionais,
pois todo eu mscara.
dicir, por unha banda, o patriarcado non s produce, como rxime (material e) semitico, subxectividades masculinas, senn tamn as femininas, como
derivacin da inicial, da identidade. As mulleres,
vimos, non producen a subxectividade no Afora,
despois da doma, o que supora unha resistencia
dominacin, senn no nomos. Esta producin de
subxectividade feminina obviamente patriarcal e est

DAs iDEntiDADEs AltErnAs s AltErnAtivAs

37

programada para reproducir o sistema a travs do seo


familiar (e as observamos como as oprimidas son oprimidas por reproducir os esquemas de poder). Quen
asume e reproduce esta subxectivacin pertence ao
grupo de mulleres denominadas decentes, boas, ou
propias, dicir, esposas, fillas e nais. As outras son
alleas. As , alleas tanto como poden ao nomos.
Ademais, a frrea clasificacin da realidade
mediante categoras, en xeral, e dos xneros ou, mellor
dicir xa, das identidades, favorece o control dos corpos
(e das mentes, claro). As, todas as zonas de variacin
ou todo o in-between ou toda a transidentidade ou
todo o queer unha conceptualizacin perfecta para
fuxir desa norma constrinxente, para fuxir das inscricins sociais que dirixen os investimentos libidinais
para a sa utilidade cultural, poltica e econmica.
Entendo, polo tanto, que o becoming-woman deleuziano unha opcin ptima hora de pensar unha
descomposicin do suxeito (como montura do poder)
e hora de facilitar un permanente devir fra da
norma heterosexual patriarcal, cara a outro espazo
molecular. Poden evidenciarse as coagulacins do
poder co xogo dos significantes, como recomenda
butler, ou simplemente deixndoas atrs (sabendo que

38

AnotAcins sobrE litErAturA E FilosoFA, n 2

se susceptible, sempre, de ser afectado de novo por


estas) e simplemente facer a viaxe ontolxica atravesando os contidos, hibridndoos, xerando e celebrando as clebres vodas contra natura, sando dos corpos
programados, facendo arranxos novos, probando
novas subxectivacins mnimas, que permitan ir formando parte dos Acontecementos. As que, neste sentido, a resistencia ten que ser parida por cada
individuo, perforando as estratificacins, moendo o
territorio, lugar de pasaxe, devindo, empregando a
enerxa retida nos cdigos: empregar o vento ao noso
favor, e non desgastar a propia enerxa rillando os
muros.

biblioGrAFA citADA

Adorno, theodor W.
Estudios sociolgicos II, vol. 1, Ediciones Akal,
madrid, 2008 (1975).
baring, Anne e cashford, Jules
El mito de la diosa. Evolucin de una imagen, Ediciones
siruela, madrid, 2005 (1991).
butler, Judith
1. Mecanismos psquicos del poder, Ediciones ctedra,
madrid, 2011 (1997).
2. El gnero en disputa, Paids, barcelona, 2007
(1990).
3. Cuerpos que importan, Paids, barcelona, 2002
(1993).

40

AnotAcins sobrE litErAturA E FilosoFA, n 2

Davis, Angela
Women, Race and Class, random house, nova
York, 1981.
Deleuze, Gilles e Guattari, Flix
Mil mesetas. Capitalismo y esquizofrenia, Pre-textos,
valencia, 2006 (1980).
hill collins, Patricia
The Black Feminist Thought, routledge, londres,
nova York, 2000 (1990).
nigianni, chrysanthi e storr, merl (ed.)
Deleuze and queer theory, Edinburgh university
Press, Edimburgo, 2009.
Preciado, beatriz
1. Manifiesto contra-sexual, Editorial opera Prima,
madrid, 2002.
2. Testo yonki, Editorial Espasa-calpe, madrid,
2008.
3. Pornotopa, Editorial Anagrama, barcelona, 2010.
reich, Wilhem
Psicologa de masas del fascismo, Editorial Ayuso,
madrid, 1972 (1933).

DAs iDEntiDADEs AltErnAs s AltErnAtivAs

41

Wittig, monique
1. El cuerpo lesbiano, Pre-textos, valencia, 1973.
2. El pensamiento heterosexual, Egales, barcelona, 2006
(1977).

EDicin non vEnAl


issn 2340-8537

You might also like