You are on page 1of 14

GRUPO NÓS

Por:
Xairo Antelo Romero
INTRODUCCIÓN
• O grupo Nós foi un colectivo de
intelectuais ourensáns que lle deu á
cultura galega unha altura intelectual que
xamais tivera, principalmente no que se
refire á renovación da prosa e do ensaio,
así como ao seu cosmopolitismo.
UN POUCO DE HISTORIA
• O 20 de outubro de 1920
nace na cidade de Ourense
a revista Nós.
• A revista Nós estaría
conformada principalmente,
no seu inicio, polos integrantes
do cenáculo ourensán (Vicente Risco, Ramón
Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas) e
mais Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Posteriormente, a revista verá chegar novos
autores.
• A peripecia ideolóxica dos homes do
grupo Nós aparece excelentemente
reflectida na novela de Ramón Otero
Pedrayo Arredor de Si(1930) e no ensaio
de Vicente Risco Nós, os Inadaptados
(1930). Os escritores deste grupo (agás
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao)
parten dunha total falta de apego polas
súas raíces, derivado da busca do
cosmopolitismo.
• Mais, conforme avanza o tempo, a partir de
experiencias que funcionarán a modo de catarse,
caerán na conta da importancia da cultura propia,
posto que esta é a que distingue uns individuos dos
outros (conciben o enxebrismo como o propio ser de
Galiza). Por isto, chegarán á conclusión de que só se
pode ser universal partindo do propio. Derivado
disto, todos eles aceptarán o galeguismo como
doutrina ideolóxica.
OBXECTIVOS
• Os homes da Xeración Nós despois dunha viaxe
polo mundo da cultura europea do seu tempo e
á busca de temas exóticos descobren abraiados
que Galicia e a súa xente constitúen a máis
apaixonante aventura intelectual, este
descobremento do seu país levara a Risco,
Otero e Cuevillas a un traballo en equipo a prol
do estudio, desenrolo e dignificación da
realidade galega, conectándoa directamente con
Europa nun afán de modernización e de
superación do aillamento rural da literatura
galega.
• Conxugarán enxebrismo e europeización da
cultura galega.
Estes obxetivos poderíanse sintetizar no seguinte:
Sentimento de ter unha tarefa que cumplir, crear
para sempre a cultura galega. É a primeira vez na
historia da literatura galega que atopamos un
grupo que propón colectivamente organiza-la
restauración da cultura galega, creando órganos
de expresión propia e participando nas loitas pola
defensa do idioma.
Vicente Risco
• Vicente Martínez Risco y Agüero, nado en
Ourense o 1 de outubro de 1884 e finado o 30
de abril de 1963, foi un intelectual galego do
século XX, membro da xeración Nós e
considerado un dos meirandes teóricos do
nacionalismo galego.
• Constitúe unha das figuras máis importantes e
complexas da historia da literatura galega.
Home procedente dunha familia acomodada,
dun grande nivel cultural, cuxa aportación á
literatura galega asentou as bases do
nacionalismo galego e da nova narrativa galega
Ramón Otero Pedrayo
• Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense
o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma
cidade o 10 de abril de 1976, foi un
escritor e intelectual galego, membro da
Xeración Nós.
Florentino López Cuevillas
• Florentino López Alonso-Cuevillas,
nado en Ourense o 14 de novembro de
1886 e finado na mesma cidade o 30 de
xullo de 1958, está considerado o Pai da
arqueoloxía científica galega. Pertenceu,
así mesmo, á Xeración Nós. Foi soterrado
no cemiterio de San Francisco.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
• Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é
único membro do Grupo Nós que non
parte dunha desvinculación total da
cultura galega. Alfonso Daniel Rodríguez
Castelao, nado en Rianxo o 30 de xaneiro
de 1886 e finado no exilio, en Bos Aires, o
7 de xaneiro de 1950, está considerado o
Pai do nacionalismo galego.
O GALEGUISMO
• O galeguismo é unha
ideoloxíapolítica de tipo
nacionalista que ten
como obxectivo
a defensa de Galiza
mediante a creación
de institucións propias.
BIBLIOGRAFÍA
• Galipedia
• Galeguistas.blogspot.com
OPINIÓN DO AUTOR
• Eu , como galego que son , comparto
case todas as ideas deste grupo.

You might also like