You are on page 1of 2

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do

Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o


seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa A
ADOPCIÓN DE MEDIDAS DE AUSTERIDADE ANTE A CRISIS ECONÓMICA, coa
seguinte

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A inestabilidade financeira internacional, a crise do petróleo, a caída do sector da


construcción, entre outras razóns, arrastrou o noso país a unha situación
económica delicada e difícil, dentro dun contexto internacional, a que hai que facer
fronte con coraxe e decisión.

O Goberno de España foi un dos primeiros Gobernos Europeos en intervir ante a


crise económica. O noso país encaixou mellor que outros a mala situación da
economía internacional. Temos que contribuír a facer fronte a crise económica
adoptando medidas satisfactorias y preparando o noso país para saír fortalecidos
desta situación momentánea.

A situación de crise superarémola con tenacidade e co esforzo de todos, implicando


tamén a tódalas Administracións Públicas. Os Gobernos Locais, poden contribuír nos
próximos meses, desde os seus propios recursos e presupostos, a cumprir co
obxectivo da austeridade orzamentaria. En definitiva, queremos, dende as
posibilidades existentes no Concello da Pobra do Caramiñal adoptar medidas reais
que sirvan para frear as dificultades que atravesa a nosa economía, sen que a
factura a paguen os cidadáns, promovendo un PLAN DE AUSTERIDADE
MUNICIPAL.

E por elo, que solicitamos que o Pleno adopte os seguintes

ACORDOS:

1. O Concello da Pobra do Caramiñal conxelará os soldos correspondentes ao


alcalde e concelleiro con dedicación exclusiva, no exercicio do ano 2009.

2. Da mesma maneira se conxelarán as partidas orzamentarias relacionadas


cas dietas dos cargos electos por asistencia a plenos, comisións de goberno,
comisións informativas. O mesmo tempo conxelaranse os soldos
correspondentes os cargos de confianza política.

3. O Concello da Pobra do Caramiñal, conxelará o presuposto Municipal


correspondinte o capítulo 2 de Gastos Correntes no próximo exercicio do ano
2009 con respecto ao presupostado no presente exercicio. Para elo o equipo
de Goberno Municipal comprometese a realizar un reaxuste orzamentario
nas diferentes partidas do capítulo.

4. O Concello da Pobra do Caramiñal, conxelará as partidas orzamentarias


correspondentes ó funcionamento dos Grupos Políticos Municipais no
exercicio do ano 2009 con respecto ao presupostado no presente ano.

En Pobra do Caramiñal, a 08 de setembro de 2008.

Asdo..- Mª Teresa García Guillán

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL.

You might also like