You are on page 1of 2

GRUPO MUNICIPAL

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello


da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu
debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a
solicitude de construír unha depuradora para o polígono industrial da Tomada.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O Goberno de España volveu a confiar nos concellos aprobando con data 23 de


outubro de 2009 o Real Decreto-Lei polo que se crea o fondo Estatal para o
Emprego e a Sostenibilidade Local, dotado con 5.000 millóns de euros e destinado
como a súa propia denominación indica, a financiar inversións realizadas polos
Concellos que sexan xeradoras de emprego a corto prazo, así como actuacións de
competencia municipal que contribuían a sostenibilidade económica, social e
ambiental.

Tendo en conta que a Pobra do Caramiñal correspóndelle un total de 1.073.938


euros e con elo o goberno de José Luís Rodríguez Zapatero da un notable impulso
ás políticas que promovan o desenrolo sostible, dende o punto de vista
medioambiental, co fin de seguir avanzando na protección do noso mellor
patrimonio natural.

O equipo de goberno da Pobra, é incapaz de tomar medidas por mor dos continuos
vertidos de orixe industrial que denunciamos reiteradamente. Non se contempla un
plan de saneamento que é imprescindible para solucionar a problemática sanitaria e
medioambiental que implican os permanentes vertidos de orixe industrial a ría de
Arousa.

Conscientes do desastre medioambiental, así como da nula conciencia ecolóxica


mostrada polo goberno municipal, que permite que o río Morto se tiña de cores, se
queimen colleitas, se prexudique aos mariscadores, mexilloeiros, os socialistas
propoñemos a construcción dunha depuradora para o polígono industrial da
Tomada.

Esta construcción cambiaría radicalmente a relación co entorno, pois


solucionaríanse os problemas de adecuación ambiental e o polígono industrial
pasaría a converterse nese bo veciño que tódalas empresas do polígono deberían
chegar a ser.

No ano 2000, fíxose unha inversión de 3,6 millóns de euros (600 millóns de pts)
para substituír a antiga depuradora que quedou colapsada polos residuos
industriais. En previsión de que esta depuradora non corra a mesma sorte que a
anterior, debido a permisividade que demostran os responsables municipais o longo
de máis de 10 anos de goberno e co fin de optimizar e liberar a carga que soporta
na actualidade é polo cal facemos esta proposta.

A actual EDAR, situada na Ponte de San Antonio, ten unhas balsas de decantación
na que na superficie soamente ten que haber auga, sen residuos, pero acontece
que moitas veces estas balsas están cheas de espuma branca, cubertas cun manto
de graxa ou con residuos sólidos en suspensión (restos de pota, calamar, túnidos,
...).
Coméntannos os expertos, que de seguir ca mesma tolerancia mostrada ata o de
agora pode haber un risco de consecuencias desastrosas para a ría. Se houbera
unha avaría terían que abrir as comportas, o cal quere dicir que a contaminación
estaría asegurada para as augas do noso litoral.

Que menos que o goberno local da Pobra fixera este esforzo, xa que indicaba a
vontade decidida de non mirar para outro lado, tal e como ven sucedendo, dando
facilidades ás empresas para que liberen os seus residuos, porque ó grupo
municipal socialista nos preocupa o benestar das empresas para que sexan
xeradoras de emprego e riqueza.

Por todo elo, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes

ACORDOS:

1º.- Que o equipo de goberno da Pobra do Caramiñal faga as xestións necesarias


para ubicar unha depuradora no recinto industrial da Tomada.

2º.- Que se proceda a construcción dunha depuradora no polígono industrial da


Tomada, podendo ser impulsada polo fondo Estatal para o emprego e a
Sostenibilidade Local xa que está encadrada no obxecto e finalidade do mesmo.

Pobra do Caramiñal, a 15 de novembro de 2009

Asdo..- Mª Teresa García Guillán

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL.

You might also like