You are on page 1of 30

Mª LUZ FEAL VILLAVERDE

As Fragas do Eume

1) INTRODUCCIÓN
a. HISTORIA DAS FRAGAS
b. ¿QUÉ SON AS FRAGAS?

2) SITUACIÓN
a. CONCELLOS LIMÍTROFES
b. MAPAS XEOGRÁFICOS

3) AS FRAGAS
a. LUZ, SOLO E AUGA
b. A VIDA NO BOSQUE:
i. FLORA
ii. LIQUES E BRIÓNS
iii. FIEITOS
iv. FAUNA

4) O RÍO EUME
a. LENDA DO RÍO EUME
b. NACEMENTO, RECORRIDO
c. ESPECIES QUE HABITAN

5) OS HOMES ENTRE AS ÁRBORES


a. MOSTEIRO DE CAAVEIRO
b. MOSTEIRO DE MONFERO

6) EUMETURISMO
a. ARREDORES DA FRAGA : ¿QUE VER?
b. COMER
c. DORMIR
d. ACTIVIDADES QUE REALIZAR

7) A FRAGA É ÚNICA. PERIGOS E COIDADOS

2
As Fragas do Eume

INTRODUCCIÓN
As Fragas do Eume, son un lugar extraordinario. Son as fragas costeiras mellor
conservadas de Europa, e un dos escasísimos bosques do seu tipo do continente.
Albergan numerosas especies animais e vexetais ameazadas, algunhas reliquias, así
como os ecos dunha extraordinaria historia que toma singular brío na época medieval.

En Galicia chamámoslles fragas ás zonas de bosque espesas, ó interior das cales


a luz chega sempre velada pola enramada. Perduran así a humidade, a frescura,

a temperatura case constante, e, sobre todo a vida. Nas fragas cobran vida miles de
formas diferentes, cada una delas peza imprescindible dun ecosistema tan fráxil como
pertinaz e lonxevo.
E así, como desde sempre, atopamos estes lugares proclives á maxia e ó
misterio, á meditación e ás lendas. E integrámolos na nosa cultura.

a) HISTORIA DAS FRAGAS DO EUME


A paisaxe das Fragas é a obra resultante dun traballo milenario levado a cabo
con paciencia por diversos factores ambientais e humanos.

Ó longo de millóns de anos o clima actuou sobre a paisaxe e condicionou a


presenza da vexetación.

O noso continente, foi no seu remoto pasado, como Galicia, un inmenso e


interminable bosque. Hoxe tan só sobreviven unhas cantas masas forestais ben
conservadas. Todas elas, excepto unhas poucas, están lonxe da costa, nas montañas.
Foi precisamente no litoral onde máis nos concentrámo-los humanos e onde máis
explotámo-los recursos naturais de todo tipo, transformando o medio ó noso antollo.

Foron declaradas como Parque Natural, o 30 de xullo do ano 1997.

3
As Fragas do Eume

b) ¿QUÉ SON AS FRAGAS?


O término “fraga” abarca, na linguaxe popular galega, varios tipos de bosques.
Todos eles pertencen ós denominados bosques atlánticos caducifolios europeos:
carballeiras de varias especies, faiedos, bidueirais ou bosques de freixos e abeleiras.

En Galicia, os botánicos distinguen varios tipos de fragas. Cobren ou cubriron os


solos da maior parte do noso país desde as beiras do mar ata os 1.500 m das montañas
orientais.

Segundo as condicións de clima, chan ou altitude de cada zona, a árbore


dominante pode ser o carballo, ou o cerquiño. Con eles conviven outras especies como
castiñeiros, bidueiros, acivros, espiños, loureiros, érbedos, pereiras ou sobreiras.

As Fragas son bosques atlánticos, condicionados pola presenza do océano. Son


ecosistemas especiais, únicos. A vexetación está adaptada a unhas condicións máis
cálidas e húmidas cós bosques naturais máis de terra a dentro. A penas teñen período
de seca estival.

As Fragas do Eume son o máis importante bosque atlántico costeiro que se


conserva en Europa. Para encontrar outro bosque semellante debemos ir, por exemplo,
ata o de Killarney, no sur de Irlanda.

Perduran no seu interior numerosas especies de fieitos, testemuñas do clima de


entón. Tamén especies mediterráneas, como érbedos e sobreiras, encontraron refuxio
no cálido canón costeiro do Eume.

Pero, as Fragas do Eume son moito máis que algo respetado polo paso do
tempo. Son o último refuxio dunha impresionante comunidade de seres vivos, única na
súa diversidade. Aquí conviven xuntos e en perfecta harmonía seres tan fascinantes
como o lobo, a lontra, as sobreiras, o salmón, o reo…e por suposto, nós, os humanos.

2) SITUACIÓN
a) CONCELLOS LIMÍTROFES
As Fragas do Eume esténdese por 9.125 hectáreas de ladeiras e cordilleiras que
acompañan ó río Eume ó seu paso pola provincia de A Coruña.

O seu límite oriental é a Serra da Loba, na cadea dorsal galega. Ó oeste, as


Fragas esténdense ata moi pouco antes da desembocadura do río Eume en
Pontedeume. Todo o seu territorio encádrese na comarca do Eume, que limita ó norte
coa comarca de Ferrolterra e ó sur coa das Mariñas.

4
As Fragas do Eume

Son cinco os concellos que comparten este espazo natural: As Pontes de García
Rodríguez, Monfero, A Capela, Cabanas e Pontedeume.

Acceso:
Definíronse catro entradas ou portais de acceso ó espazo natural:
O itinerario polo portal de Caaveiro discorre pola estrada lc-151 dende
Pontedeume ata as proximidades de Caaveiro; trátase dun traxecto polo fondo do
val rodeado de bosques.
Pódese chegar ata o mosteiro cruzando a ponte colgante de cal grande na
mesma lc-151 e camiñar río arriba pola "ruta dos encomendeiros".
Dende As Neves accédese ó portal da Capela, que nos conduce polo canón do
Eume nun percorrido de gran beleza ata conectar co portal de Monfero no mesmo
mosteiro.
Paralelamente pódese realizar este mesmo percorrido a pé utilizando o gr-50
(ruta de sendeirismo).

5
As Fragas do Eume

3) AS FRAGAS
A paisaxe vexetal é sempre algo vivo, en constante evolución. Cambia coas
estacións, pero tamén coas eras. A vexetación das terras do Eume sufriu importantes
modificacións nos últimos 11.000 anos.

Unhas especies foron substituíndo a outras. Sen embargo, algunhas delas como
certas clases de fieitos que habitan na fraga, sobreviviron ó longo de millóns de anos,
protexidos por unhas condicións moi especiais que se deron en moi poucos lugares de
Europa.

Na era terciaria o clima de Galicia era subtropical, cálido e húmido. No resto da


península predominaba un clima subdesértico. A vexetación era verde e exuberante,
formada por especies hoxe tan exóticas como palmeiras, ailantos, cipreses, sequoias ou
lentiscos.

No cuaternario, as glaciacións da época maniféstanse en Galicia como


alternancia entre épocas chuviosas e cálidas e outras frías e secas nas que predominou
a estepa de gramíneas e a tundra de piñeiros, bidueiros e queiroas. Numerosas
especies acharon refuxio en Galicia fronte ós períodos glaciares.

Na actualidade, unha variación máis cálida do clima fai evolucionala vexetación


cara a bosques de carballos, abeleiras, tileiros e olmos, diminuíndo a presenza de
piñeiros e bidueiros. A arboreda diminúe, debido tamén a aparición das prácticas
agrícolas humanas.

6
As Fragas do Eume

a) LUZ, SOLO E AUGA


Estas son as tres columnas sobre as que se levanta o complexo ecosistema das
fragas. Dela sérvense as plantas e as árbores para alimentarse e construíla súa propia
estrutura: troncos, follas, froitos…dos que despois se alimentarán os animais.
As fragas son tan ricas en vida porque tamén o son en iluminación, humidade e
fertilidade da terra que ocupa

LUZ
O sol pon a enerxía lumínica que as plantas e árbores utilizan a través da
fotosíntese. A súa presenza ou ausencia condiciona a distribución dos vexetais. Algúns
só crecen onde o sol incide directamente; outros precisan de ladeiras en sombra.

SOLO

Aínda que algúns liques e pequenas plantas como brións ou fieitos poden
sobrevivir sobre rochas, a maioría das plantas necesitan dunha capa de terra na que
botar raíces. E son as propias plantas as que, axudadas pola auga e por outros factores,
van formando esta terra ó longo do tempo. Nela están os minerais dos que se nutren,
ademais do CO2 do aire.

O solo é a base da existencia do bosque. Nel desenvólvese unha gran actividade


biolóxica, que é a penas perceptible para nós, pero fundamental para o ecosistema.

AUGA

7
As Fragas do Eume

Para as plantas é o vehículo polo que circulan os alimentos desde a raíz ata que
se evapora a nivel das follas. Sen auga, a fotosíntese sería imposible. Os recantos máis
ricos do parque natural son aqueles nos que a presenza de auga é abundante.

b) A VIDA NO BOSQUE

i) FLORA

O groso da flora representada no parque natural responde a uns condicionantes


climáticos.

As fragas son as selvas galegas. Se a rentes do chan os protagonistas son os


fieitos, os brións e as pequenas flores, a uns metros de altura son as ramas, formando
unha maraña na que se desenvolve unha vida especial, rodeada de follas de diferentes
formas, flores ás veces case indistinguibles e froitos de todo tipo.

As árbores forman un labirinto tridimensional que se estende desde as raíces


ata os 20 ou 30 metros de altura dalgúns carballos.

A árbore dominante nas fragas do Eume é o carballo. Xunto a el conviven outros


moitas especies. Algunhas crean formacións localmente numerosas.

Os bidueiros colonizan as terras máis difíciles pola pobreza do seu solo ou pola
súa inclinación, enriquecéndoas e estendendo así o bosque. As súas follas amarelas e
as cascas brancas dos seus troncos destacan na paisaxe invernal.

Os ameneiros, os freixos e salgueiros forman un bosque dentro do bosque, ó


crearen nas ribeiras do río un espazo especialmente fresco, sombreado e rico.

8
As Fragas do Eume

Outras especies aparecen máis illadamente,

pero contribúen de forma fundamental á diversidade natural do bosque. Como os


érbedos, que dan os seus encarnados e delicados froitos comestibles, ou a sobreira,
coa súa característica e engurrada cortiza.

O castiñeiro, a abeleira, o olmo, a pereira brava, ou o sanguiño, son outras


especies que contribúen á diversidade natural do bosque.

Tamén teñen moita importancia as flores e os froitos. As flores das árbores da


fraga non sempre son facilmente distinguibles, senón que a maior parte das ocasións
serán pequenas e pouco aparentes. E os froitos máis frecuentes da fraga non só se
dedicarán a producir novas árbores, senón que farán as delicias da fauna vexetariana:
castañas, abelás, landras…

ii) LIQUES E BRIÓNS


Os liques son singulares organismos orixinados tras unha asociación coñecida
como simbiose, establecida entre fungo e unha alga para conseguir un beneficio
común. Xuntos son capaces de colonizar ambientes nos que dificilmente poderían
sobrevivir por separado e nos que a penas encontran competencia.

Nas Fragas, encóntranse a metade das especies de brións e liques de Galicia. Algunhas
delas só existen aquí.

Pódense encontrar xunto ás fontes, nos regatos e arroios, coa súa característica
forma aplanada e apiñada sobre as rochas.

Os liques e os brións conviven en proximidade, gozando dos ambientes de


sombra e humidade.

Os brións adoptan formas máis complexas e variadas, semellando diminutas


arboriñas e bosques liliputianos.

9
As Fragas do Eume

iii) FIEITOS
As Fragas albergan 28 especies de

fieitos, 7 das cales son reliquias. Destas, 6 están catalogadas como ameazadas, e
esixen a maior protección.

Son auténticas xoias vivas, testemuñas dun remoto pasado. Aquí, algunhas
especies de fieitos teñen as súas mellores poboacións. Estes fieitos son reliquias da
flora subtropical que cubría o contorno Mediterráneo no período terciario, entre hai 65
e 1.6 millóns de anos.

iv) FAUNA
Miles de millóns de criaturas de case tódalas formas e tamaños imaxinables,
teñen unha actividade diaria case frenética, que consiste en achar alimento, evitar
converterse nel e sobre todo, ter familia.

A inmensa maioría dos animais que habitan na Fraga son diminutos, pero
extraordinariamente numerosos. Os de gran tamaño son máis escasos. Aquí manteñen
prósperas poboacións algunhas especies seriamente ameazadas a nivel global.

INVERTEBRADOS

Habitan distintos tipos de arañas ( argiope, lobo…etc), escaravellos, lesmas,


vacalouras ou cabaliños do demo.

10
As Fragas do Eume

ANFIBIOS E REPTILES

O interior das Fragas é un ambiente ideal para que prosperen

as comunidades de anfibios. Estes animais gustan dos lugares frescos e húmidos que
favorecen o seu ciclo vital, xa que gran parte da súa vida transcorre na auga.

Nas Fragas viven doce das quince especies de anfibios que hai en Galicia. Cinco
delas son exclusivas do noroeste peninsular.

Para atopar unha destas criaturas haberá que buscar nas zonas máis secas, nas
que dispoñan dun lugar no que tomar tranquilamente o sol. Por iso son máis
abundantes nas zonas de mato ( que son menos húmidas).

Entre as especies que habitan destacan a ra patilonga, o sapiño troiteiro, o


lagarto das silvas, o escáncer común ou a lagartixa da serra.

E como non, a salamántiga galega que é unha especie

case única e exclusiva dos bosques galegos.

AVES

As Fragas tamén voan. Fano coas ás das aves que viven nela. E cantan. Coa
sinfonía que estes animais regalan a cotío.

Viven no labirinto que forman as ramas das árbores, por iso non son de gran
tamaño.

Habitan xuntos dende os ferreiriños comúns, o

tordo galego, o bufo real, o peto real, o falcón peregrino…ect.

11
As Fragas do Eume

Tamén están os pequenos paxaros, que viven entre as ramas das árbores,
lonxe dos depredadores: o paporrubio, a escribenda riscada ou o cardeal.

MAMÍFEROS

A presenza de animais mamíferos nas Fragas depende de que atopen


suficientes presas para cubri-la súa alimentación,así como refuxios axeitados. Todos
eles pasan o día agachados nas súas tobeiras, agardando que chegue a noite para
saír a cazar.

Nas Fragas viven 41 especies de mamíferos.

Especies como a martaraña, o raposo, o leirón, o gato bravo, a garduña, o


morcego de ferradura, algarias, furóns, teixugos…etc.

Nas zonas altas do parque, onde os bosques son substituídos por


matogueiras, habitan o corzo, o xabaril e a lebre. Incluso algún cervo chegou a
reproducirse dentro do espazo natural.

4) O RÍO EUME
O río Eume é o verdadeiro eixe do parque natural. A súa auga axudou de forma
definitiva a esculpi-lo canón e á súa beira medraron os bosques.

Na súa viaxe ata o mar, diferentes arroios van engrandecendo a este río. E todas
estas augas encaixónanse nun val granítico, convertendo a paisaxe e a vexetación en
arte.

12
As Fragas do Eume

Dende a Serra do Xistral ata Pontedeume, o río imprime as súas características


en toda a comarca, aínda que é no contorno das fragas onde se manifesta con toda a
súa forza e toda a súa beleza.

a) A LENDA DO RÍO EUME


Conta a lenda, que…

“Cando Deus creou os ríos, mandou nacer tres xuntos na Serra do Xistral.
Aínda que as fontes manan do mesmo lugar, foron abocados cara a distintas ladeiras e
recibiron a promesa de que cada ano tería un home aquel que primeiro chegase ó mar.

Deulles categorías divinas e chamoulles, con resonancias gregas, Eume ó da


rampla de poñente, que debía fertiliza-la terra das Pontes; e Landro ó da vertente
norte, ,

13
As Fragas do Eume

que tería que fecunda-las

carballeiras e facerlles producir landras; e Masma ó da faldra de raiante, que crearía coa
súa chegada ó mar as marismas. Xusto despois de naceren, acordaron descansar un
pouco no camiño, pacto que só cumpriu o Eume. Ó decatarse da traizón dos
compañeiros, enfurecido, acelerou a súa marcha pola Capela e Caaveiro,formando vales
e saltos e logrou chegar primeiro. Quedando os outros dous relegado a simples afluentes.
Por iso tódolos anos afoga unha persoa nas súas augas”.

b) NACEMENTO E RECORRIDO

O río Eume nace na Serra do Xistral, na parroquia de Balsa, no concello lugués


de Muras, a uns 1000 m de altura. Ten unha lonxitude aproximada de 80 km.
Desemboca na Ría de Ares, en Pontedeume.

Recorre os concellos de Abadín, Muras, Vilalba, Xermade, As Pontes, A Capela,


Monfero, Cabanas e Pontedeume.

No seu percorrido atravesa dous encoros:

O da Ribeira, no concello das Pontes, cunha capacidade de 33 millóns de m3


de auga.

E o do Eume, entre os concellos de As Pontes e a Capela, cunha capacidade


de 123 millóns de m3 de auga.

A comezos do 2008, comezouse a desviar unha porcentaxe do seu caudal,


para encher a nova lagoa que se está a construír na antiga mina de lignito das
Pontes.
Na súa marxe dereita, polas terras das Pontes, corren os seus afluentes
Maciñeira e Ponte de Pedra, de 11 km de longo. E na esquerda, o Frai Bermuz de º0
km, e San Bartolomé, de 8 km.

14
As Fragas do Eume

c) ESPECIES QUE HABITAN


Nas augas do Eume bule a vida. É a realidade que se observa en cada gota
que flúe na rápida corrente, nos fondos, nas rochas e nas beiras.

Os protagonistas son os peixes. O reo e a troita, son os que fan do Couto de


Pesca de Ombre un dos máis concorridos de Galicia.

O reo non é unha especie diferente da troita, senón unha misteriosa forma
migratoria desta. Nacen no río sen diferenza algunha das troitas, e durante dous
ou tres anos viven nel, ata que na primavera senten a atracción do mar. Algúns
volven novamente ó río, ó final do verán, coa súa nova librea prateada, que será a
que as distinga das troitas. Durante o inverno buscarán os máis abrigados e
pedregosos fondos para reproducirse. Outros prefiren atrasa-la súa volta ó río
durante varios anos, pero sempre acaban volvendo á casa, onde se reproducirán
como mínimo un ou dous anos, e, nalgúns casos, incluso, máis.

Pero quedan aínda moitas dúbidas por resolver, e os investigadores seguen


a estudar sobre se os reos e as troitas e se reproducen entre si, se regresan sempre
ó mesmo río, para que baixan ó mar ou para que voltan ó río.

5) OS HOMES ENTRE AS ÁRBORES


O profundo encaixamento do río Eume e as dificultades das comunicacións
terrestres non facilitaron o asentamento humano nas Fragas.

Sen embargo, ó abandonalas, encontrámonos cun relevo que descende


suavemente ata o mar. Nesta outra zona si aparecen vestixios dende a Prehistoria.

A cultura castrexa, pertencente á Idade de Ferro, deixou na comarca e no


contorno das Fragas, un bó número de castros: son coñecidos os torques de
Centroña (Castrelo), e o castro das Modias en San Martiño do Porto (Cabanas).

Da pegada dos romanos hai constancia na costa, onde se poden encontrar


pontes romanas, algunha vía secundaria que unía Lugo con Ferrol.

Da época do cristianismo hai restos de sarcófagos, e a actual configuración


das freguesías.

A presenza musulmán, é certamente efémera, resólvese nunha serie de


mitos e na utilización de topónimos co termo mouro.

Na época dos señoríos, a feudalización será protagonizada polos mosteiros.


En 1270, Afonso X funda a pobra de Pontedeume, poucos anos antes que a das
Pontes de García Rodríguez.

15
As Fragas do Eume

Sillobres, Atániz e Andrade son mílites, escudeiros, cabaleiros e


prestameiros, que concentran propiedades, doan e se fan enterrar nos mosteiros
de Monfero e Caaveiro.

Anos despois , as vilas de Pontedeume e das Pontes pasan a mans de García


Rodríguez de Valcárcel e Fernán Pérez de Andrade III, chamado o Bo.

a) MOSTEIRO DE CAAVEIRO

A dificultade de acceder á fraga, que propiciaba o seu illamento, foi precisamente a


característica buscada por unha serie de eremitas para fundar, a finais do século IX,
o mosteiro de S. Xoán Bautista, na vila de Calavario, nome que deriva da presenza
de rochas graníticas intrusivas, identificadas en latín tardío coa raíz calav.
Na segunda metade do século XI, en tempos do abade Tedón, de bieito
convértese en mosteiro de cóengos regulares de santo Agostiño. Non chegou a ter
máis de nove habitantes, número que se reduciu a seis na Idade Moderna, aínda
que sempre acolleu a todas aquelas persoas que buscaron retiro ou a posibilidade
de levar unha vida santa no illamento na fraga.

É o caso de S. Rosendo(907-977), que non deixou de premia-lo mosteiro con


algunha doazón, ou do bispo mindoniense Pedro, retirado en Caaveiro entre 1112 e
1125, onde morreu e foi enterrado, responsable do primeiro privilexio real de
Afonso VII ó mosteiro e da súa conversión en colexiata.

16
As Fragas do Eume

Como outros moitos mosteiros, ó longo dos séculos XI, XII e XIII recibe
doazóns particulares, entre elas, as das familias Traba e Andrade, e con sucesivos
privilexios reais.

Entre 1220 e 1259, etapa na que conclúe a expansión e chega o momento


dos foros, estivo á fronte do mosteiro o prior don Martín Rodríguez, quen
conseguiu a ampliación do couto ata a ponte sobre o río Eume, mandou realiza-lo
cartulario que chegou ata nós, e potenciou o recordo de san Rosendo, de tal
maneira que as reliquias do santo que hoxe se gardan na Catedral de Santiago, son
desta época.

No século XIV, o mosteiro cae baixo a encomenda dos Andrade. Superada a


crise baixomedieval, Caaveiro non desaparece, ó contrario que moitos outros
mosteiros de cóengos regulares. Pero seguir existindo vai ter un custo moi alto; os
priores deixarán de vivir no mosteiro, e vivirán nos pazos da comarca. O cargo de
prior convértese nunha prebenda concedida polo rei, e o mosteiro secularízase. Sen
embargo, a existencia da vida monástica prolongase ate o 1762.

17
As Fragas do Eume

No 1800 suprímese a colexiata aínda que a estrutura económica do señorío,


baixo o goberno dun caseiro e un administrador, mantense ate a desamortización.

Tras unha serie de poxas, Pío García Espinosa, veciño de Pontedeume, faise
coas propiedades e edificios próximos ó mosteiro. Entre 1891 e 1896, Pío acomete
a restauración do mosteiro. E aínda que respecta parte da arquitectura inicial do
inmoble, tamén derruba e reedifica optando por unha imitación radical das formas
románicas.

18
As Fragas do Eume

Á morte do Pío, Caaveiro pasa ós seus descendentes. En 1971 é declarado


conxunto histórico- artístico, e no 1975, monumento de interese provincial.

No ano 1986 apróbase o documento de expropiación que converte ó


mosteiro e os seus arredores en propiedade da Deputación da Coruña. Nos últimos
anos, ésta levou a cabo unha reconstrución e rehabilitación moi importantes, que
serven para ver ó mosteiro de Caaveiro no seu máximo explendor.

Existe unha liña de bus gratuíta, que sae cada media hora dende a explanada
de información das Fragas do Eume, que leva ós visitantes ata ó pé do mosteiro. Alí
hai visitas guiadas, nas que se pode aprender un pouco da historia que entraña este
mosteiro de Caaveiro.

19
As Fragas do Eume

b) MOSTEIRO DE MONFERO

Aínda que non conte coa importacia do mosteiro de Caaveiro, cabe tamén
destacar ó mosteiro de Sta. María de Monfero, xa que parte das Fragas do Eume se
atopan dentro do que foi o Couto de Sta. María de Monfero.

Este mosteiro foi fundado no 1134 baixo o mandato de San Bieito, baixo o
reinado de Afonso VII, para pasar logo á xurisdicción da Orden do Císter no 1147. A
súa vida monástica prolongouse ata a exclaustración do 1835. É un bó exemplo do
desenvolvemento arquitectónico que acadaron os mosteiros cistercienses na Idade
Moderna.

Posúe unha igrexa barroca, comezada a construír no 1622, e tres claustros .


Ten unha única nave con pranta de cruz latina. A fachada destaca polo axedrezado
dos sillares, na que alternan cadros de granito e pizarra.

Na actualidade diversos traballos de rehabilitación poñen de manifesto a


beleza do mosteiro.

6) EUMETURISMO
a) ARREDORES DA FRAGA: ¿ QUE VER?
Como xa comentamos anteriormente, son cinco os concellos que delimitan
ás Fragas do Eume. E cada un deles é único, aportando á comarca características
especiais.

20
As Fragas do Eume

CABANAS

É un concello pequeno, que coa chegada do verán medra de forma


asombrosa, especialmente na zona costeira.

Isto é así grazas ó principal interese turístico do concello, o maginífico areal da


Magdalena, punto de lecer da burguesía da comarca durante os últimos cen anos.
Desa época queda unha morea de vivendas de diferentes estilos e épocas, mais non
é o único encanto do concello, porque ó oeste nacen as fragas, os ríos e os paseos.

Mais non é todo beiramar. Contra o leste do concello, Cabanas faise fermosa,
inzada de paisaxes para camiñar ou para contemplar desde os miradores.

 Que ver:

O Pazo de Rioboo

As praias de Chamoso ou de Río Castro, ademáis do extenso areal da


Magdalena.

O Castro de Eirís

O Pazo de Fraián e a Igrexa de San Martiño.

A CAPELA

É un concello fomidable para poder observar a gran variedade de paisaxes


que reúne esta comarca. Pechada ó norte pola Serra de Forgoselo, vai descendend
ata o val do Eume por unha ampla chaira de campos de labor adicados á
alimentación do gando vacún.

21
As Fragas do Eume

Antigamente gozou de gran relevancia pola importancia económica e


política do mosteiro de Caaveiro, agora en ruínas, ó que se baixa ás Fragas do
Eume.

As paisaxes, a frondosidade da vexetación, a agradable camiñada e a visión


das ruínas do mosteiro entre as árbores son unha experiencia inesquecible.

 Que ver:

O mosteiro de Caaveiro.

A Capela das Neves, que lle da nome ó concello.

Os muíños do Sesín e do Teixido, dende os que se pode baixar á central


hidroeléctrica, mirador de impresionante beleza.

A Serra do Forgoselo.

A rapa das bestas, festa e traballo gandeiro que se celebra na Serra do


Forgoselo.

MONFERO

É un concello moi montañoso. No centro álzase o monte Pendella, con 712


metros de altitude, dende o que se pode ver unha fermoda panorámica das
Mariñas, de Ferrol á Coruña. Pero o máis relevante son sen dúbida algunha, as
paisaxes que crea o río Eume ó seu curso : as Fragas.

 Que ver:

O mosteiro de Sta. María.

A ponte medieval do Dez, sobre o Frei Bermúdez. Tamén a ponte de San Paio
ou a ponte Lambruxo.

Romaría da Nosa Señora da Cela, no mosteiro. É sona da Virxe, curar


apoplexías e salvar de naufraxios.

PONTEDEUME

A labor que levaron a cabo os señores de Andrade e o arcebispo, converte


a Pontedeume nunha xoia arquitéctonica. É imposible falar dela e non falar dos
Andrade.

22
As Fragas do Eume

Por iso se non é posible entende-la historia da comarca na que se enclavan


as fragas prescindindo da historia de Caaveiro, tampouco ó é sen unha historia
paralela dos Andrade e de Pontedeume. A casa nobiliaria máis importante do
norte de Galicia no Medievo, tivo o seu berce en Pontedeume.

Pontedeume ten aproximadamente uns 8.500 habitantes, pero esta cifra


medra nunha porcentaxe bastante considerable coa chegada do verán.

Na visita a este concello pódese respirar a cada palmo a historia nas súas
rúas, dende a praza Real ata a praza do Conde… respira-lo olor a mar, alí onde o
Eume desemboca… respira-la vida que esta vila transmite.

 Que ver:

O torreón dos Andrade, no corazón da vila, único resto do grandioso pazo.

Os xardíns de Lombardero.

O mercado municipal.

O feirón que se celebra tódolos sábados e durante todo o día.

A ponte de pedra, construida por Fernán Pérez de Andrade, que une


Pontedeume e Cabanas.

O Castelo de Andrade, do que se divisan impresionantes vistas da Ría de


Ares.

A igrexia de Santiago, do século XVI, e tamén a igrexia das Virtudes.

23
As Fragas do Eume

A igrexa de San Miguel de Breamo, do século XII, situada no monte co


mesmo nome, e ó que se vai de romaría dúas veces ó ano.

AS PONTES

Este concello ten a contorna de tres espazos naturais de máxima


importancia, a forza da minería, a historia, a arte e os métodos de recuperación do
solo falan das Pontes como dun obxectivo turístico de primeira maginitude.

A explotación das minas de lignito a grande escala comezou no ano 1942, e


especialmente no 1976, coa instalación da central térmica de Endesa, un dos
edificios máis grandes de Galicia e a chimenea máis alta de Europa.

No ano 1376, Henique II de Castela concedíalle o señorío da vila das Pontes


ao cabaleiro García Rodríguez de Valcárcel. Desa época quedan restos no barrio
vello e nas pontes medievais que lle deron nome.

 Que ver:

As pontes medievais.

O macizo do Forgoselo.

O monte Caxado.

As áreas recreativas do Caneiro e de Vilarbó.

 GRÁFICA DE POBOACIÓN ( IGE :2009)

b) COMER

PONTEDEUME

 Restaurante La Ría
 Restaurante Brasilia
 Restaurante Compostela
 Restaurante Los Molinos
 Restaurante Andarubel
 Restaurante A Pitanza

24
As Fragas do Eume

CABANAS

 Restaurante Muíño de Trigo


 Restaurante La Solana

MONFERO

 Cantina Casa Pepe


 Cantina O Francés
 Cantina Capellán
 Restaurante Taybe

CAPELA

 Casa Toñita
 Casa Peizás
 Parrillada Riboira
 La Palma

AS PONTES

 Xantar
 Restaurante 5 Jotas
 Restaurante Fornos

VILARMAIOR

 Cantina O tres
 Casa Garabana

c) DURMIR

CASAS RURAIS:

 Casa A Lagoa
 Pazo da Cruz
 Castelo Andrade
 Casa Castoar
 Casa Don Bernardo
 Casa Lourán
 Casa Roca

25
As Fragas do Eume

 Casa Grande Fontao


 Casa Outeiro
 Graña da Acea
 Muíño do Castelo
 Casa Pousadoira
 Casa Piñeiro
 O Lugar de Trieiro
 Casas do Campo

ALBERGUES:

 Albergue do Barreiro
 Albergue Ecoturismo Alvarella

HOSTAIS:

 Hostal Toñita II
 Hostal Silva
 Hostal Allegue
 Hostal O Cruceiro
 Hostal Norte
 Hostal Delfino

d) ACTIVIDADES A REALIZAR

Nos arredores das Fragas, hai un montón de diferentes actividades que


realizar:

 Escola Equitación Vilarmaior :


Esta empresa de turismo activo organiza rutas a cabalo guiadas por
un especialista titulado en turismo ecuestre dende 20 € hora.

 FIRRETE Aventura :
Este club de piragüismo de Pontedeume organiza rutas en piragua
para aficionados pola ría de Ares y tamén o tramo final da baixada do
Eume. Calquer persoa, tras unas nocións elementais, pode embarcar
sen problemas e aventurarse a realizar estas rutas.
Tamén ofrecen rutas de senderismo pola Fraga do Eume en distintos
tramos de singular beleza,coa pretensión engadida de mostra-los
valiosos valores naturais do territorio, con especial atención ós
representantes endémicos da nosa fauna e flora.

 Fraga do Eume Club Deportivo:


Este club de Monfero organiza rutas de kayak combinadas e de
senderismo nalgunhas das zonas máis fermosas das "Fragas do
Eume".Facilitan o material elemental necesario para esta actividad, e

26
As Fragas do Eume

unha barca auxiliar vixía ós grupos durante todo o recorrido. As


rutas poden ser de dúas horas, medio día ou un día enteiro.
Es club está aberto en fins de semana dende abril ata outubro.

 Monfero Rural:
Esta empresa, que proximamente abrirá un Hotel da Natureza, en el
que poñerá a disposición dos seus clientes diversas actividades:
Hípica, senderismo e un Parque de Aventura.
Actualmente está funcionando o Parque de Aventura, que consta de
10 torres de ata 12 metros de altura, con 15 pasos a superar.

 Alvarella Ecoturismo:
Esta empresa, que conta cun establecemento de Turismo Rural e un
albergue, ofrece ós seus clientes diversas actividades: algunhas
concertadas con empresas da zona, e outras organizadas pola propia
empresa. Hípica, senderismo, vela, ...
As opcións que ofrece a empresa céntranse fundamentalmente en
actividades de ocio na natureza e de educación ambiental.

 Tamén está a Casa do Mel, da asociación galega de apicultura, que ofrece


nas súas instalacións exposicións, degustación e venta dos seus produtos
O parque eólico de Sotavento, ofrece visitas a todo aquel que teña
intereses ou inquietudes sobre as enerxías renovables.

27
As Fragas do Eume

7) A FRAGA É ÚNICA. PERIGOS E COIDADOS.

Ó longo de todas estas páxinas, vimos comentando o importante que son as


Fragas do Eume, por ser un ecosistema único en Europa, pola cantidade de
encantos e segredos que garda, pola vida que ten no seu interior.

Por todos estes motivos, é de vital importancia axudar a mantela facendo


todo o posible, para conservala e coidala.

Cando un esté visitando a Fraga debe ter en conta unha serie de normas,
que farán posible así a súa conservación:

 Modera-la velocidade do vehículo cando estea dentro do espazo natural.


Facelo sempre polas estradas.
 Planificar con antelación a visita, e equiparse convenientemente.
 Arrincar flores e plantas, pode poñer en perigo especies singulares.
 O lume pon en perigo a vida no parque.
 Non está permitida a acampada libre, nin pasar a noite en caravanas.
 Deposita-lo lixo nos contenedores.
 Utiliza-las zonas recreativas.

Pero sobre todo, todo…

DISFRUTE DE ESTE PARQUE, PORQUE É ÚNICO.

28
As Fragas do Eume

ANEXOS:

ANIMAIS DA FRAGA:

http://www.mma.es/portal/secciones/biodiversidad/rednatura2000/rednatura_espana/lic/l
ic_galicia.htm

TURISMO NAS FRAGAS:

www.eumeturismo.org/

Centro de Información das Fragas do Eume

INFORMACIÓN:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Fragas_do_Eume

http://www.concellodacapela.es/espanol/turismo_monasterio_caaveiro.htm

http://www.arteguias.com/monasterio/monasterio-caaveiro.htm

http://gl.wikipedia.org/wiki/Mosteiro_de_San_Xo%C3%A1n_de_Caaveiro

http://www.ige.eu/web/index.jsp?paxina=001&idioma=gl

FOTOS:

Xesús Feal Villaverde

CORREOS ELECTRÓNICOS
Información das Fragas do Eume
DE: malú malula (gugaku007@live.com)
Enviado: miércoles, 12 de mayo de 2010 9:58:25
Para: fragas.eume@xunta.es

Estimad@ Sr/Sra:

Estamos a realizar o traballo de final de curso no IES AS MARIÑAS, en BETANZOS, e o tema


elexido é sobre as Fragas do Eume.
Agradecería calquera información que me puidese facilitar, para completa-lo e defini-lo. Así
como páxinas de interese.
Á espera das súas noticias, reciba un cordial saúdo.

Mª LUZ FEAL VILLAVERDE


1º ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

29
As Fragas do Eume

Información das Fragas do Eume


De: malú malula (gugaku007@live.com)
Enviado: lunes, 03 de mayo de 2010 9:19:31
Para: servizossociaispontedeume@yahoo.es
Estamos a realizar un traballo de final de curso, e decidimos facelo sobre as Fragas do
Eume.
Sería de moita axuda se nos puideran falicitar dende o Concello de Pontedeume: lugares de
contacto, links ou calquera outra información que nos poida axudar a realiza-lo.
Esperando a súa resposta, reciban un cordial saludo,

Mªluz Feal,
Alumna de 1º CS de Admins. e finanzas do IES AS MARIÑAS, BETANZOS

30

You might also like