You are on page 1of 1

ANÁLISE DAFO

A primeira cadena de comida rápida en aplicar unha estratexia eficaz


fronte a Mc Donalds foi Burger King. A forza de Mc Donalds era a
hamburguesa, a súa uniformidade, rápida preparación, e baixo custo.
O seu principal produto, o Big Mac, servíase nunca fila que avanzaba
rapidamente, xa que a liña de montaxe do Mac fora deseñada
expresamente para ese produto. Cal era o problema? Que, se se
desexaba algo especial, había que esperar noutra fila moito máis
lenta, mentres un cociñeiro se facía lío no interior para intentar
compracer aos “caprichosos” clientes que non querían un Big Mac.
A principios dos anos setenta, Burguer King ideou unha estratexia
para explotar este aspecto. “Pídaa ao seu gusto”,dicían os anuncios,
“sen pepinillos, sen condimento, como vostede queira”. A publicidade
de Burguer King garantía que un non sufría un trato marxinal se
quería algo especial. Foi así como o incremento nas ventas non se
fixo esperar. A campaña “PIDAA AO SEU GUSTO”, diferenciou
eficazmente ás dúas cadeas.

REALIZA UN COMPLETO ANÁLISE DAFO da situación dende o punto de


vista de Burguer King. Podes guiarte polas seguintes preguntas:

• Cal era a fortaleza e ao mesmo tempo a debilidade de Mc


Donalds?
• En terminos Dafo, que supuxo esto para Burguer King?
• Por que non reaccionou Mc Donalds cando veu o éxito de
Burguer King?

You might also like