You are on page 1of 7

APRENDO A ... ANALIZAR UNHA ESCULTURA. PAUTAS PARA A ANLISE DUNHA ESCULTURA. 1. Descripcin: aspectos tcnicos. 1.1.

Tipo de escultura. As esculturas son exentas (tamn chamadas de vulto redondo), cando poden ser contempladas desde todos os ngulos, ou relevos, cando estn realizadas sobre unha superfice plana (friso, frontn, chapitel, columna , tmpano ...), de forma que as figuras sobresaen (se sobresaen moito, falamos de altorrelevo, se o fan pouco, baixorrelevo). 1.2. Material e tcnica. Poden empregarse materiais moi diversos: madeira, pedra, metal, etc. En canto tcnica, cada material trabllase dunha forma diferente. A madeira tllase, polo tanto, ser tallado; o barro, modelado; a pedra ou o mrmore, esculpido; o bronce, fundido ... 1.3. Acabado e policroma. A escultura pode presentar unha superfice lisa ou rugosa. Tamn nos pode proporcionar sensacin de blandura ou de dureza (mrbido ou terso). Ademais, pode estar policromada ou non. 1.4. Forma. A obra pode ser figurativa ou abstracta. Se figurativa pode ser naturalista, e estar representada con detalle ou de forma esquemtica. Pode ser realista se nos transmite a sensacin de que moi fiel ao que se representa, ou ben, idealizada cando o representado ou retratado est idealizado nos seus rasgos. As, por exemplo, a escultura grega representa un ideal de beleza, mentres que os retratos romanos tenden a ser realistas. 1.5. Volume. A escultura trimensional, e por isto comporta un volume. Sen embargo, o volume nun relevo vese reducido suxeccin ao marco arquitectnico. Os relevos non crean espazo arredor, co que non presenta mis que un s punto de vista cara ao espectador (frontalidade). Pero tamn atopamos frontalidade nas esculturas monumentais exipcias. Pola contra, podemos atopar esculturas que ofrecen multiplicidade de puntos de vista e potencian a sa volumetra. Tamn pode mostar o espazo interno, ocos. O vaco, o oco, valorado e forma parte da escultura.

No relevo tamn podemos atender creacin de profundidade espacial a travs da perspectiva. Na arte romana vmolo na Ara Pacis, podemos falar un relevo pictrcio porque a travs de diferentes planos suxrese a idea de espazo. Donatello lgrao a travs do schiacciato. 1.6. Composicin e movemento. A composicin a distribucin dos volumes da figura ou das diferentes figuras. Poden ser simtricas ou asimtricas. Pechadas (a escultura recllese sobre si mesma) ou abertas (brese cara o exterior, potenciando desta forma o movemento). Composicin en diagonal, piramidal ... As figuras poden aparecer en repouso ou en movemento. Poden parecernos hierticas e rxidas como as esculturas dos farans exipcios (con total ausencia de movemento e moi rxidas na sa postura) ou, no lado oposto, dinmicas (moitas veces emprganse composicins en diagonal para potenciar a idea de dinamismo, ou ben, composicins helicoidais na que o torso xira e o corpo parece trazar unha espiral sobre si mesmo). Unha solucin moi usada no Renacemento o contraposto: que ver a oposicin harmnica das diversas partes do corpo humano, unha delas en movemento ou en tensin, e a sa simtrica en repouso. Na arte contempornea tamn atopamos o movemento real na escultura coa arte cintica. 2. Comentario: aspectos sociais e histricos. 2.1. Identificacin. Hai que intentar descubrir o nome da escultura, o seu autor e a poca que pertence. 2.2. Tema e caractersticas. Temos que describir o tema que se representa ( retrato, tema relixioso, mitolxico, alegora, ...), o nmero de figuras que aparecen e cal a sa actitude (se estn de p, sentadas, escuestres -a cabalo-, falando entre si, orante, xacente, ...). Podemos falar da anatoma, das proporcins (creacin dun canon de proporcins, seguindo unha relacin matemtica) ou ben, distorsin das figuras (alargamento, ...), das roupas, os plegues. 2.3. Contexto histrico. Para rematar, debemos relacionar a obra co momento en que se crea. Os adornos, o tema representado, etc., pdennos proporcionar informacin sobre o momento histrico ao que pertence a obra. Neste apartado podemos falar non s do contexto histrico meramente dito, senn tamn do social e da valoracin do artista naquela poca.

ANLISE DUNHA OBRA: O DAVID DE DONATELLO. 1. Descripcin: aspectos tcnicos. unha estatua de vulto redondo, concebida para ser contemplada desde mltiples puntos de vista. Est realizada en bronce. A tcnica empregada foi a fundicin. O bronce ao igual que o mrmore foron os materias mis empregados no Renacemento, imitando s esculturas gregas. O acabado pulimentado no corpo de David resalta a sa anatoma e sensualidade. O traballo de cincelado resalta a decoracin da armamenta de Goliat. Non vai policromado. unha obra figurativa, David est representado seguindo un ideal de beleza, mentres a cabeza de Goliat recrase con realismo. A figura est en repouso pero non unha composicin hiertica e rxida. A composicin est moi estudada. Aparece a solucin clsica do contraposto. A perna dereita soporta o peso do corpo livin, mentres a esquerda descansa sobre a cabeza do derrotado xigante, Goliat. perna en descanso contrapnselle o brazo esquerdo que o rapaz apoia na cadeira. Nesta basculacin da cadeira discernimos a curva praxiteliana empregada por Praxteles na sculo IV a.C (Escultura grega). Dlle sensualidade anatoma do pastor. As e todo, a espada que sostn na man dereita coa que acaba de cortar a cabeza de Goliat, a pedra que garda na outra man e a ollada satisfeita, reflexiva e complacente dan idea da sa coraxe e valenta. A figura segue un canon de proporcins. A harmona, a medida, a orde, a proporcin volven a ser fundamentais na escultura, ao igual que o foran na escultura clsica. O tema un tema bblico, Goliat, un xigante da cidade filistea de Gat, desafiou aos israelitas a que enviasen o seu representante para loitar contra el; o resultado da pelexa decidira a victoria no enfrontamento entre ambos os dous pobos. David, un pastor de Beln, ofreceuse a representar aos israelitas. David matou ao seu adversario lanzando unha pedra e despois cortoulle a cabeza. O David de Donatello vai ms al dunha simple escenificacin do relato bblico. Para interpretar correctamente esta escultura, hai que decatarse da presencia do sombreiro florentino e o helmo con visor e s de Goliat, un claro referente aos duques de Miln, que reiteradamente amezaron e fustrigaron cidade de Florencia. As pois, a capital toscana encrnase David e Miln, en Goliat.

2. Comentario: aspectos sociais e histricos. A obra o David de Donatello. Donato di Niccol di Betto Bardi, coecido como Donatello, un dos escultores mis importantes do Quattrocento italiano.O Quattrocento foi a etapa de indagacin e experimentacin da nova linguaxe artstica e tivo en Florencia o seu foco mis importante. Donatello aprendeu a tcnica da escultura en bronce traballando s ordes de Ghiberti nas portas do baptisterio de Florencia. Colaborou con Brunelleschi, con

quen foi a Roma para estudar os monumentos da Antigedade clsica. O David unha das esculturas mis importantes do primeiro Renacemento. Por unha banda, a primeira vez desde a Antigidade que un escultor se atreve a crear un espido tridimensional de tamao natural e, por outra, o inicio da lita do artista para liberarse do marco arquitectnico e das sas limitacins. Foi realizado entre 1444-1446. Estivo situado no patio do Palazzo Mdici-Ricardi en tempos de Cosme de Mdici. A obra un dos fitos mis importantes na escultura do primeiro Renacemento. O Renacemento un movemento artstico que aparece en Italia a comezos do sculo XV e se prolonga ata finais do sculo XVI. O contexto histrico, poltico e social no que se encadra vn marcado por unha organizacin poltica en cidades-estados. Italia non era un Estado unificado politicamente, senn un conxunto de territorios independentes, que en moitos casos se organziaban como cidades-estado, cunha vida urbana moi activa. Tal era o caso de Florencia baixo o goberno dos Mdicis, ou Miln baixo o control dos Visconti ou dos Sforza. En Italia mantase viva a tradicin da Antigidade clsica. O recordo do esplendor da antiga Roma, e os numerosos restos materiais conservados dela por todas partes, mantivo sempre viva a memoria dun pasado digno de admiracin que se pretenda superar e, incluso, superar. Ao longo da Baixa Idade Media moitas cidades italianas experimentaron un espectacular crecemento econmico, basado na industria e a sa actividade como intermediarios comerciais no Mediterrneo. Emerxeu as unha poderosa e rica burguesa mercantil que pronto se convertira, como no caso dos Mdicis, en grandes mecenas da arte e da cultura. Tamn, a nova mentalidade humanista foi determinante. Fronte ao teocentrismo medieval rexurde o antropocentrismo. O home, como na Antigedade clsica, converteuse na medida de todas as cousas (inters pola figura humana, edificios a escala humana, confianza na razn humana e na experimentacin como fonte de coecemento). Isto non implicaba un rexeitamento do relixioso, senn unha revalorizacin da razn humana fronte o teocentrismo medieval. Neste sentido, tamn se tentou conciliar o pensamento antigo co cristianismo. Os mitos pagns e a filosofa antiga, segundo a nova mentalidade non tian por que oporse ao espritu cristi, senn que o podan complementar perfectamente. Por exemplo, Platn buscaba a perfeccin moral do home igual que a relixin cristi. Con este nimo, fundouse en Florencia a Academia Neoplatnica, cuxo prposito final era precisamente a conciliacin do pensamento platnico e o cristianismo. As, podemos comprender mellor esta escultura. Recupranse os modelos clsicos. Os ns empregados nas esculturas clsicas para representar aos deuses e deusas gregos, pasa a ser empregado nun heroe bblico. Os referentes formais a Praxteles son claros, tal e como fixemos referencia no comentario da obra. Por outra parte, aspirbase a acadar a beleza formal, en contraposicin coa tradicin medieval, supeditada mensaxe relixiosa.

En canto aos artistas e clientes tamn se producen cambios con respecto poca medieval. tradicional nobreza e o clero incorporouse tamn a rica burguesa das cidades italianas. Estendeuse a prctica do mecenazgo. A imitacin de Mecenas, amigo do emperador Augusto, moitos prncipes, nobres e burgueses desta poca adicaron, por un afn de prestixio persoal (a arte e a cultura outorgaban pretixio aos seus promotores), un gran esforzo ao fomento da arte e da cultura, mantendo nos seus crculos aos mis afamados artistas e intelectuais e financiando as sas obras. Neste sentido destacaron os Mdicis, que gobernaron en Florencia durante o sculo XV. En canto aos artistas, loitaron por diferenciarse socialmente dos artesns, cos que tradicionalmentes eran identificados. Ata entn, considerrase as artes plsticas (arquitectura, pintura e escultura) como artes mecnicas, xa que implicaban un traballo manual, que se consideraba pouco digno; en cambio, si goazaban de prestixio as artes liberais, que integraban o programa de estudos medievais: o trivium (Gramtica, Dialctica e Retrica) e quadrivium (Xeometra, Aritmtica, Astronoma e Msica). Os artistas do Renacemento reivindicaron a natureza intelectual da sa arte e isto explica en parte a abundancia de tratados sobre teora artstica que se escribiron, demostrando as a necesidade de coecementos matemticos e cientficos de todo tipo para a realizacin da obra arte. Finalmente, foron acandando o seu obxectivo, polo que o Renacemento marca o comezo do ascenso individual do artista na sociedade.

You might also like