You are on page 1of 9

RECEITAS CON CASTAÑAS

CREMA DE CASTAÑAS.
INGREDIENTES:

25 castañas peladas e cocidas


250 gr. de azucre
1 cucharadiña de manteiga

ELABORA CIÓN: Quentar o litro de leite coas 25 castañas peladas e cocidas, engadir
os 250 gr.de azucre e a cucharadiña de manteiga. Deixar uns minutos ó lume.
Batir e deixar enfriar. Esperar un día e saborear esta riquísima receita.

MARMELADA DE CASTAÑAS.
1.Quitarlles a cáscara, poñelas nunha pota, cubrilas con auga fría, quentalas fervendo
lixeiramente durante 15 minutos.
2. Apartar a pota do lume, pero deixar as castañas na auga. Sacalas para quitarlle a
teliña; pero nunca sacar máis de dúas ou tres á vez co fin de evitar que esa pel fina, ó
enfriar, quede pegada ao froito.Pesar.
3- Poñer as castañas peladas nun caldeiro, cubrilas con auga quente. Cocelas con pouco
lume durante 20 minutos. A partir de que empece a ferver, sacalas da auga, escurri-las e
tirar a auga.
4- Pesar unha cantidade de azucre igual ó peso das castañas.Poñer ese azucre no
caldeiro agora baleiro cun cuarto de litro de auga e unha vaina de vainilla por
quilo.Cocer ata chegar ó ”punto de pequeno perlado”.
5- Mentres tanto, pasar as castañas polo pasa purés. De seguido, verter ese puré no
almíbar. Deixar cocer durante 30 minutos despois de empezar a ferver,remexendo moi a
miúdo, pois o puré pégase moi doado ó fondo do caldeiro. Quitar a vainilla.
6- Envasar en botes.

María Primoy Cuenca. 3º de Primaria.


BISCOITO DE CASTAÑAS.
INGREDIENTES:

150 gramos de fariña


150 gramos de azucre
4 ovos
100 gramos de castañas en po
50 gramos de manteiga líquida
1 culler de auga
1 culler de ralladura de limón
1 culler de levadura en po
Un cuarto litro de crema pasteleira
500 gramos de puré de castañas
50 gramos de manteiga

ELABORACIÓN:

Bátense os ovos co azucre e a ralladura de limón e cando estean a punto de relevo (moi
cremosos) engádese a fariña, remexida coas castañas en po e a levadura. E, por último, a
manteiga líquida.
Vértese nun molde de forno engrasada con manteiga, e ponse a forno moderado de 12 a
15 minutos.
Reméxese a crema pasteleira co puré de castañas e a manteiga ata que forme unha
crema fina.
Pártese o biscoito pola metade e rellénase coa crema.
Sériese nunca fonte alongada sobre papel absorvente.

Paula Deive Martínez. 3º de Primaria.


CREMA DE CASTAÑAS.

INGREDIENTES:

500 gramos de castañas


Medio litro de nata montada
4 claras de ovo
4 culleres de azucre
200 gramos de chocolate
4 culleres de auga
4 culleres de leite

ELABORACIÓN:

Pelar as castañas, cocelas e facer con elas un puré, mesturándoas co leite. Engadirlle a
metade da nata montada e as claras batidas a punto de neve, e mesturar co azucre.
Incorporalo todo con moito coidado para que non se baixe.
Poñelo todo nunca fonte redonda. Darlle forma dun montículo e metelo na neveira para
que se poña duro.
Rallar o chocolate e poñelo ó baño María. Cando se forme unha pasta, vertelo sobre a
crema de castañas e adornar a beira da fonte co resto da nata montada.

Paula Deive Martínez. 3º de Primaria.


PASTEL DE CASTAÑAS.

INGREDIENTES:

1 quilo de castañas
1 culler de manteiga
100 grs. de azucre
4 xemas de ovo
½ vaso de leite
1 culler de maicena
Sal

ELABORACIÓN:

Lávanse as castañas e cócense sen pelar en auga fervendo cun pellizquiño de sal.Unha
vez cocidas pélanse e machácanse.
Nun cazo ponse o leite a cocer coa manteiga e o azucre. Déixase ferver uns tres minutos
a fogo lento. Pasado este tempo, engádense as xemas e a maicena, removendo todo ben,
para que quede todo ben mesturado. Deixase cocer outros 2 minutos, sen deixar de
remover cunha culler de madeira.
Métese ó forno uns minutos para que acabe de callarse. Unha vez frío, desmóldase e
sérvese.

Lara Gómez Pérez. 3º de Primaria.


BÓLAS DE CASTAÑAS.

INGREDIENTES:

½ kg de castañas peladas
100 grs de azucre
¼ litro de leite
¼ l de auga
75 grs de manteiga
3 xemas de ovo
Un pouco de vainilla en po

Para rebozar:

2 ovos
Pan raiado
Aceite para fritir

ELABORACIÓN:

-Cócense as castañas con leite, auga e vainilla ata que estean tenras.(1 hora)
-Mestúrase ata conseguir un puré.
-Engádese o azucre, as xemas do ovo e a manteiga. Reméxese todo.
-Quentamos a masa ata endurecela un pouco.
_Estendese nunha superficie lisa ata que arrefríe.
_Unha vez fría, fanse bólas e rebózanse con ovo batido e pan rallado.
_Fritir con abundante aceite quente, escorrer e servir.

Aitor Rodríguez Faraldo. 3º de Primaria.


TARTA DE CASTAÑAS CON NOZ.

INGREDIENTES:

Fondo de hoxaldre
500 grs de castañas
250 grs de noces
50 grs de fariña
100 grs de azucre
3 ovos
100 grs de nata líquida
50 grs de manteiga
1 copa de oruxo

Para adornar: noz picada e merengue.

ELABORACIÓN:

Poñer nunha tarteira un fondo con hoxaldre e enchelo con: os ovos batidos e o azucre, a
fariña, a copa de oruxo a manteiga e a nata.Coce-las castañas ata que queden brandas e
bater co anterior, engadíndolle as noces troceadas.
Cocer 20 minutos. Decorar coa noz picada e co merengue.

Diana Caruncho Souto. 3º de Primaria.


TARTA DE NADAL DE CASTAÑAS E
CHOCOLATE.

INGREDIENTES:
Biscoito: 4 ovos grandes
125 g de azucre
100 g de fariña
3 g de améndoas en po
1 cucharadiña de levadura en po
Almíbar:
150 g de azucre
250 cc de auga
1 copa de ron

RECHEO:
800 g de crema de castañas
200 g de manteiga
4 culleres de ron
150 g de chocolate fondant
250 cc de nata líquida
2 culleres de azucre

ELABORACIÓN:
1_Preparar primeiro o biscoito, batendo as xemas co azucre ata que formen relieve.
Monta-las claras a punto de neve e remexelas coa crema de xemas con moita suavidade.
2_Engadir a fariña tamizada e remexela coa levadura, logo a améndoa en po,
procurando traballalo o menos posible.
3_Untar un molde duns 22 cm. de diámetro, forrar o fondo e untar, encher co preparado
do biscoito.
4_Introducir no forno prequentado a 180º C, uns 30 minutos. Desmoldalo e arrefriar
sobre rexilla.
5_Recheo: Fundir ó baño María o chocolate. Bater non bol a manteiga ata que teña
punto de pomada, engadir en varias veces a crema de castañas; aromatizar co ron,
incorporar ó final o chocolate fundido. Traballar co batedor de man ata conseguir unha
crema homoxénea.
6_Preparar o almíbar co azucre e a auga, cocer 10 minutos. Engadir ron. Deixar arrefriar
un pouco.
7_Monta-la nata co azucre. Abrir o biscoito formando tres capas, bañar a primeira capa
con almíbar, estender unha capa da crema de castañas e chocolate previamente
preparada; colocar outra capa de biscoito, bañar con almíbar e rechear coa nata
montada; tapar coa última capa de biscoito e bañar tamén co almíbar.
8_Cando estexa ben recomposto, unta-los laterais coa espátula, cubrir ben coa crema.
9_Mentres, reservar na neveira a crema restante para que endureza.Logo poñela na
manga pasteleira, con boquilla fina e lisa, e cubri-la superficie do pastel formando
“fideos”. Rodea-lo borde cuns adornos de nata, utilizando a boquilla rizada na manga
pasteleira.Remata-la decoración con algún adorno de nadal.
María Vázquez Varela. 3º de Primaria.

You might also like