You are on page 1of 282

C623-2008

01
02

Obxectivos
Obxectivos desta unidade:
Como pedir ou dar información persoal
Como describir persoas
Como expresar gustos e sentimentos
Como valorar persoas

Coñecemento do código
Adxectivos e substantivos relacionados co físico e co carácter
Verbo GUSTAR e outros que funcionan igual
Frases interrogativas con onde, por que, que, quen...
Frases interrogativas indirectas
Colocación dos pronomes persoais átonos
O condicional: algúns usos
Acentuación nas interrogativas
03

Actividade introdutoria
Ligamos na clase
1. Rosa e Angélica buscan novas amizades, deixaron os seus datos nunha
páxina web, matriculáronse nun novo curso... Nas fichas perdeuse informa-
ción, pero a conversa pódeche axudar a completalas.
04

2. Enche a túa ficha persoal e despois comenta cos teus compañeiros e compañeiras as seguintes cuestións: cres que ligarán? Quen
che cae mellor a ti? Con quen te levarías ben e por que?

“Eu levaríame ben con Rosa porque a min


tamén me gustan os animais”.

“Pois a min non me cae ben porque é moi desordenada“.

Agora ti:
Eu levaríame ben con __________________________ porque ________________________________
Creo que a Rosa lle gusta _________________________ porque _______________________________
Eu...

Gramática e Léxico
Prácticas guiadas

POSPRETÉRITO

Fórmase co infinitivo máis as terminacións ía / ías / ía / (eu) levaríame


iamos / iades / ían (ti) levaríaste OLLO!
(el, ela, vostede) levaríase FACER
ANDAR VARRER PARTIR (nós) levariámonos* faría
andaría varrería partiría (vós) levariádesvos farías
andarías varrerías partirías (eles, elas, vostedes) levaríanse faría
andaría varrería partiría fariamos
andariamos varreriamos partiriamos *Pérdese o –s da forma verbal ao fariades
andariades varreriades partiriades ir seguido do pronome da mesma farían
andarían varrerían partirían persoa.
05

VERBO GUSTAR

GÚSTAME + INFINITIVO (gústame tocar a gaita) Verbos frecuentes que funcionan como
SUBSTANTIVO EN SINGULAR (gústalle a cociña italiana) GUSTAR e que levan os mesmos pronomes:
GÚSTANME+ SUBSTANTIVO EN PLURAL (gústanche os deportes de risco) Caer ben/mal
Encantar
(a min) GÚSTAME Emocionar
(a ti) GÚSTACHE Molestar
(a el, ela, vostede) GÚSTALLE Preocupar moito/pouco
(a nós) GÚSTANOS Interesar moito/nada
(a vós) GÚSTAVOS Poñer nervioso/triste
(a eles, elas, vostedes) GÚSTALLES Dar risa/medo/pena

1. Escribe varias frases usando un elemento de cada columna.

A min cae mal che as películas de terror


A vós dan medo nos ir de compras
A Luís e a Pedro gustan vos o terrorismo
A ti interesa lles a informática
A Ramón preocupa lle Pedro
A Rosa e a min divirte me as viaxes

1. _______________________________________________________
2. _______________________________________________________
3. _______________________________________________________
4. _______________________________________________________
5. _______________________________________________________
6. _______________________________________________________
7. _______________________________________________________
8. _______________________________________________________
06

2. Coñecémonos.
A Vas coñecer os teus compañeiros e compañeiras de curso, para iso vaslles facer algunhas preguntas. No cuestionario aparece
unha nova forma verbal, o presente de subxuntivo, podes consultar o cadro para axudarte.

PRESENTE DE SUBXUNTIVO
falar - fale ler - lea -AR -ER -IR
poder - poida preferir - prefira cante beba viva
gustar - guste ser - sexa cantes bebas vivas
tocar - toque ter - teña cante beba viva
casar - case celebrar - celebre cantemos bebamos vivamos
cantedes bebades vivades
canten beban vivan

Rosa, Angélica e Xaime están no teu curso de galego. Xa sabes algo deles, agora debes atopar outras persoas da clase que
cumpran estes requisitos. Cantas máis persoas atopes, mellor. Non lle podes facer máis de 4 preguntas á mesma persoa.
Nos cadros tes exemplos, fíxate nas partículas interrogativas. Cando atopes a persoa que cumpra os requisitos correspon-
dentes, escribe o seu nome na columna da dereita.

Presentarse e presentar a outros

Busco alguén que... Nome do teu compañeiro ou da túa compañeira

1. celebre o aniversario o mesmo mes ca min


2. non sexa galego/a Angélica, Xaime
3. teña un irmán Rosa
4. fale máis de dous idiomas
5. case nos próximos seis meses
6. teña fillos/as
7. lea dous libros cada mes
8. sexa seguidor/a do Deportivo da Coruña
9. sexa vexetariano/a
10. non lle guste o marisco
11. viva no centro da cidade
07

Busco alguén que... Nome do teu compañeiro ou da túa compañeira

12. prefira a cervexa ao viño


13. toque algún instrumento musical Xaime
14.cante unha canción en galego
15. a súa cor preferida sexa a azul
16. lle guste a música galega
17. poida contar un chiste en galego
18. lle guste o cine Rosa, Angélica, Xaime
19. teña unha tatuaxe
20. saiba arranxar un electrodoméstico

INTERROGATIVAS DIRECTAS
B Preséntalle ao resto do grupo as persoas que atopaches.
COMO te chamas?
CANTOS idiomas falas?
ONDE vives?
“Esta é ..., é galego/a e ten catro irmáns,
QUE tipo de cine che gusta?
que se chaman...”.
CAL é a túa cor preferida?

INTERROGATIVAS INDIRECTAS

Gustaríame saber ONDE vives


Quería saber CANDO é o teu aniversario
Queriamos saber SE tes fillos
Quería saber SE vas casar axiña
08

3. Pasámoslles a transcrición da audición da actividade introdutoria. Marca os pronomes persoais e di onde están situados con
respecto ao verbo e por que.

COLOCACIÓN DO PRONOME PERSOAL ÁTONO NA FRASE

Posposto ao verbo Anteposto ao verbo


• Nas frases afirmativas • Nas frases negativas
Chámome Rosa. Non me gusta o fútbol.
• Nas frases interrogativas
Como te chamas?
• Nas frases exclamativas
Quen me dera!
• Nas frases dependentes doutras, introducidas por conxuncións que, porque,
como, xa que...
Non me cae ben porque non lle gustan os deportes.

4. Estes pronomes perdéronse. Axúdalles a atopar o seu sitio.

lles vos

nos
lle
lle
me

A Sara .................... molesta ................... a xente que fuma.


A meus pais .................... dá ................... medo viaxar en avión.
A min ................... gusta ................... a xente alegre.
Á miña veciña e a min ................... encanta ..................... a paella.
A Xoán non .................... cae ................... ben María.
A Luís e a ti .................... gusta ................... o teatro.
09

5. Buscamos os desaparecidos.
É inverno. Perdéronse os pais de Fernando. Angélica está desesperada, xa que é ela quen se encarga de coidalos. Rosa, que
tamén os coñece, pídevos que lle botedes unha man para atopalos.

A Pedídelles a Angélica e a Rosa información sobre os desaparecidos:


Dúas das alumnas poderán facer de Angélica e Rosa, poñeranse de acordo primeiro para saber como son os desaparecidos.

Como se chama a señora que desapareceu? Cantos anos ten?


Canto mide/pesa? Como leva o pelo?
Ten sinais na cara? O señor, leva bigote?
Como vai vestido? ...

Estas fichas co vocabulario poden ser útiles:

aco/a, gordo/a,
: guap o/a, feo/a ,delgado/a, fr
Corpo rrigudo/a,
lto/a, rexo/a, alto/a, baixo/a, ba Nariz: afiado, aquilino,
forte, esve chato, ganchudo, grand
e,
pequeno, recachado, rec
corpulento. de pel.
to, saínte, torto.
m oren o/ a, pá lido/a, branco/a Ollos: claros, escuros, az
uis, verdes, castaños, gri
Cor da pel: staño claro, ses, negros,
en o/ a, lo ur o/ a, roxo/a, negro, ca grandes, pequenos, redon
or dos, xuntos, separados, fu
Cor do pelo: m ndidos, saltóns,
do, brillante. birollo, chosco.
cincento, tingui
castaño escuro, ,liso, crecho,
pe lo : ab un da nte, mesto, raro Cellas: poboadas, finas,
xuntas.
Forma e tipo de do, enguedellado
, cola
o, so lto, re co lli Pernas: canchés, trenco,
curt tolleito.
ondulado, longo, ia ao medio,
tr en za , pe rr uc a, raia ao lado, ra Carácter: covarde, teimu
de cabalo, moño, lla, sen afeitar, pa
tillas. do/a, riseiro/a, nervioso/a
, alegre, triste,
te , ba rb a, pe ri simpático/a, sociable, tú
, bigo zaro/a, falador,faladora,
calvo/a, entradas calado/a, valente,
optimista, comprometido
alongada. /a, progresista, conservad
Cara: redonda, ci catriz, pencas, lu
nares, or, conservadora.
s, en gu rr as , Roupa: abrigo, cazadora,
: olleira zamarra, camisa, gravata,
Sinais na cara xersei, saia,
as. vestido, pantalóns, chaq
ueta, chuvasqueiro, gaba
manchas, verrug (carnosos, rdina.
de , pe qu en a, redonda, labios Calzado: botas, zapatill
as, zapatos, zocos.
Boca: gran ntes, con/sen
eitos, fino s, gr osos), con/sen de Complementos: sombrei
ro, gorra, pucha, viseira,
estr pano da cabeza,
a. pano do pescozo, bufan
da, gorro, bolso, mochila
dentadura postiz , caxato, luvas,
lentes, paraugas.
10

B Facede unha ficha de cada un.

....................................
o/ a: .... .... .... .... .... .... ........................................
cid
Datos do/a desapare
.........................
Idade: ............................
..........................
Peso: ............................
................................
Estatura: .................... ..................................
.... .... .... .... .... .... .... .... .... ........................................
........
Corpo: ........................
......................................
Cor da pel: ................
...................................
Cor do pelo: ................ .... .... ........................................
....................
.... .... .... .... .... .... ....
: ................
Forma e tipo de pelo .....................................
.... .... .... .... .... .... .... .... .... ........................................
....
Cara: ............................ ................
.... .... .... .... .... .... .... .... .... ........................................
Sinais: ........
..............................
: .... .... .... .... .... .... .... .... ........................................
Boca ...............
.... .... .... .... .... .... .... .... .... ........................................
Labios: ........
.............................
: .... .... .... .... .... .... .... .... ........................................
Nariz ..................
.... .... .... .... .... .... .... .... .... ........................................
Ollos: ........
.............................
.... .... .... .... .... ........................................
Cella s: .... .... .... .........................
.... .... .... .... .... .... .... .... .... ........................................
................
Pernas: ........................ .... .... .... .... .... ........................................
.........
.... .... .... ....
................................
Carácter: .................... .... ........................................
.........................
.... .... .... .... .... .... .... ....
................
Roupa: ........................ .... .... .... .... ........................................
..........
.... .... .... .... ....
............................
Calzado: ........................ .... ........................................
.......................
.... .... .... .... .... .... .... ....
................
Complementos: ........

C Facede un cartel para pegar polas rúas cos datos dos desaparecidos.
11

Ortografía

ACENTUACIÓN NAS INTERROGATIVAS DIRECTAS E INDIRECTAS

Cal, cando, canto, como, onde, que e quen non se acentúan en interrogativas
e exclamativas directas:
Como te chamas? Cando é o teu aniversario? REPARA na acentuación:
Cantos fillos tes? Que cedo chegastes! levaría
levarías
Tampouco se acentúan as formas do interrogativo e exclamativo cando intro- levarían
ducen interrogativas indirectas: levariamos e non levaríamos
Pregúntalle onde vive. Pregúntalle cal prefire. levariades e non levaríades

Agás cando é preciso para evitar posibles anfiboloxías (palabras que poden ter
máis dun sentido):
Dille qué queres/dille que queres.
Xa sabes cánto lle custou/xa sabes canto lle custou.

1. Fíxate cando usaches o pospretérito no exercicio 2 de “Ligamos na clase” e comproba que acentuaches ben.

2. Máis adiante, no exercicio 8, de “Entrevista a unha persoa famosa”


terás que usar o pospretérito outra vez. Ollo cos acentos!
12

Galego en acción
Entrevista unha persoa famosa
1. Coñeces as persoas das fotografías?

2. Imos ler unha entrevista feita a unha destas persoas. Cal das fotografías pode ser a da persoa entrevistada? Discúteo cos teus
compañeiros e compañeiras.

Antón Reixa Cristina Pato Manuel Rivas


13

3. Pero un virus entrou no ordenador e borrou as preguntas, podes reconstruílas?

(Título) ________________________________________________ ENTREVISTA

Pregunta: _______________________________________________________________________
Resposta: Nunca podes decidir sobre que vas escribir... A situación na que se escribe sempre marca a obra.
P: _____________________________________________________________________________
R: Para min resulta máis fácil escribir na aldea.
P: _____________________________________________________________________________
R: Non me interesa falar dun feito histórico, cando é como se produciu unha guerra. Non quero falar do
amor como se fala nun anuncio publicitario, o que quero é encarnar eses sentimentos e concretalos.
P: ___________________________________________________________________________
R: Penso que é un dos labores máis bonitos que pode levar adiante a literatura, o de recuperar o
sentido destas palabras, de darlles un sentido.
P: ______________________________________________________________________
R: Creo que todos os xornalistas somos escritores. O xornalismo ten moito en común coa
literatura e temos moitos exemplos na literatura galega nos que estas dúas facetas están
presentes: Curros Enríquez, Castelao, Álvaro Cunqueiro... son exemplos de harmonía e de
mestura.
P: ______________________________________________________________
R: A min gústame moitísimo o cine, é unha arte que está moi vencellada á literatura.
Hai moitos casos en que detrás dunha película hai unha novela. Paréceme unha
aventura moi interesante. No caso do conto A lingua das bolboretas eu tiña unha
moi boa relación co director José Luis Cuerda e co guionista Rafael Azcona.
P: _______________________________________________________
R: Eu sempre publico primeiro en galego. A miña experiencia coas
traducións foi moi positiva e alentadora.
P: _____________________________________________________________________________
R: Na actualidade, hai un aspecto novo e esperanzador que non existiu noutros momentos da literatura
en Galicia: o público, un público que abraza a os seus escritores. Isto é moi importante para a cultura,
sobre todo de cara a un futuro.
P: _____________________________________________________________________________
R: O obxectivo final é crear, facer cousas novas, remover a terra para que nela poidan seguir medrando
as letras galegas.

(Adaptación dunha entrevista en www.culturagalega.org 20/04/01)


14

4. Podes poñerlle título á entrevista?

5. Coñeces a persoa entrevistada e a súa obra?

6. Segundo o que di o entrevistado, escolle catro adxectivos que definan o seu carácter.

7. Angélica quere saber como son fisicamente Antón Reixa e Cristina Pato, mira as fotos e descríbeos.

8. Das catro persoas famosas anteriores, con quen te levarías ben? Por que?
Con cal deles farías isto? Con cal non? Explica por que.

traballar
viaxar a unha illa deserta
ter un fillo
ir ao cine
falar de política
ir a un concerto
facer unha película
casar
tocar o piano

9. Faille as mesmas preguntas a un compañeiro. Cón-


talle despois ao resto da clase o que máis che chamou
a atención.
15

Contido sociocultural
Os maiores e a internet
A Antes de ler o texto, comenta co teu compañeiro ou compañeira as seguintes cuestións:
- Que cres que debe ser o máis difícil para os maiores no uso da internet.
- Que temas cres que poden ser do seu interese na internet.

Cada vez son máis os nosos anciáns que se asoman ao mundo da internet
e á sociedade do coñecemento. Un ámbito que lles pode achegar moitas
máis vantaxes das que podemos pensar nun comezo.

Aos maiores interésalles a internet e o mundo relacionado coas tecnoloxías


da información e da comunicación (TIC), teñen unha gran capacidade de
aprendizaxe e moita gana de aprender todo o que se refire ás novas tecno-
loxías. Participan en cursos de iniciación á informática, aprenden rápido a
manexar o ordenador, o rato, o teclado, así como os correos electrónicos
e a videoconferencia. Os maiores danlles un enfoque práctico a estes co-
ñecementos.

“O que máis buscan son webs sobre saúde, para consultar algúns problemas
que lles poden preocupar. Logo, en xeral, gústalles moito viaxar a través de
páxinas culturais, museos e cousas semellantes”, afirma José Carlos Millán
Calenti, catedrático que dirixe o Grupo de Investigación en Xerontoloxía
da Universidade da Coruña e autor do libro Os maiores e internet. Outros
navegan por vicio, coma María Amelia López Soliño, autora de “amis95.
blogspot.com”, unha bitácora na que, grazas á transcrición que fai o seu neto, conta as súas lembranzas, afeccións e ideas; ou
Julio Mancebo Moreiras que, con 64 anos, mantén “A miña Baiuca”, unha bitácora onde vai facendo memoria, unha por unha,
de todas as casas da súa aldea.

Hai aínda un elevado descoñecemento das novas tecnoloxías e unha certa resistencia a empregar o ordenador por medo a
estragalo por parte dos maiores. Os usuarios da terceira idade necesitan ligazóns intuitivas e moi claras e prefiren imaxes nidias
e de calidade. >>
16

As TIC poden achegar toda unha serie de posibilidades que prometen mudar
moitos dos tópicos da terceira idade. Un dos empregos máis habituais dos
ordenadores para anciáns en residencias e centros semellantes son os pro-
gramas informáticos que permiten desenvolver a memoria e os reflexos. É
nesta liña onde se desenvolven os traballos do Grupo de Xerontoloxía rela-
cionados con estas tecnoloxías.

A última iniciativa deste grupo de investigación é a Telexerontoloxía. O


proxecto incide nas posibilidades que as TIC achegan para mellorar a calida-
de de vida da xente de idade e mais a asistencia aos anciáns. Algúns servizos
teñen como destinatarios finais os membros da terceira idade, pero a maior
parte do proxecto vai dirixido a aquelas persoas que os teñen ao seu cargo.
Localización de usuarios, teleconsultas médicas, desenvolvemento de tera-
pias grupais a distancia... son algunhas das propostas.

É de prever, para un futuro próximo, unha maior implicación das persoas de


máis idade coas novas tecnoloxías. Nestes momentos, a xente nova non pode
vivir sen as novas tecnoloxías e emprégaas a diario, os maiores do futuro
serán esta xente nova e estarán moi afeitos ás novas tecnoloxías. E xa non vai ser estraño facer videoconferencias cos avós.

A inclusión dixital e o emprego das TIC para mellorar a calidade de vida é unha das propostas básicas que se inclúen no plan
E-europe 2010 da Unión Europea para difundir estas tecnoloxías.

(Adaptación de www.culturagalega.org Santiago. Redacción. 14/02/2007)

B Agora, coa información que tes, escribe un anuncio para animar os maiores dun centro social do teu barrio ou vila a facer un
curso sobre internet.
17

Repaso
Que che suxiren estas palabras?

CARA PELO

CARÁCTER GUSTOS

Compara os teus resultados cos de varios compañeiros. Coincidides?


18

Porfolio
Elaboramos un cuestionario para coñecer mellor os compañeiros e as compañeiras
1. Decidimos, en grupo, cales son os temas máis importantes para coñecer a xente.
A min gustaríame saber que tipo de deportes practican os nosos compañeiros.
Pois eu creo que é mellor saber se hai máis xente solteira ou casada...
Eu preguntaríalles que comen.

2. Formulamos, individualmente, preguntas concretas.

3. Agora, en grupo, eliximos as mellores preguntas e facemos o cuestionario.


Eu creo que sería mellor escoller esta pregunta porque a min a outra paréceme moi agresiva.
Pois eu odio ese tipo de preguntas.

4. Completamos a ficha de cuestionario.

5. Cada un faille a entrevista a outro compañeiro.

6. Presentámoslle o entrevistado ao resto da clase.


19

Que sei facer?


Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Dar e pedir información sobre persoas.

Describir a personalidade e o aspecto físico


dunha persoa.

Falar de sentimentos e relacións persoais.

Usar os verbos reflexivos e pronominais para


falar de sentimentos e relacións persoais.

Que palabras desta unidade quero recordar?


Que cuestións gramaticais me parecen máis
complicadas?
Que actividade me foi de maior axuda?
Cal non me gustou? Por que?
Participei suficientemente na clase?
Que podo mellorar?
20

Transcrición do audio
1. Actividade introdutoria.

ROSA: Ola Angélica! Como che vai?


ANGÉLICA: Ben, ti que tal?
ROSA: Non hai queixa, agora que empeza o curso espero coñecer xente nova, odio pasar o día limpando a casa, isto de tra-
ballar pola noite... E ti? Por fin animácheste a vir!
ANGÉLICA: Si, a ver se así consigo entender mellor os velliños cos que traballo, encántame falar con eles, pero ás veces non
os entendo moi ben.
ROSA: Pois eu quero desconectar un pouco da vida familiar, ao meu irmán, a Pedro, só lle interesa o fútbol e navegar pola
internet. Pasa as tardes mirando os partidos na televisión.
ANGÉLICA: A min gústame o cine, podemos quedar unha tarde.
ROSA: De acordo. Aí vén Xaime, a ver que vos presento.
XAIME: Boas! Que cedo chegastes!
ROSA: Ola Xaime, esta é Angélica, é venezolana, pero xa leva un ano en Galicia, quere aprender ben o galego e tamén a tocar
a gaita.
XAIME: Moito gusto, eu nacín en Madrid, pero os meus pais son galegos e agora vivo aquí con eles.
ANGÉLICA: Encantada.
ROSA: Angélica coida os pais de Fernando.
XAIME: Que Fernando?
ROSA: O meu veciño, o moreno de pelo longo, que leva sempre unha cola de cabalo, o que ten dous cans, non sabes?
XAIME: Si, hai moito que non o vexo, desde que empecei co grupo afasteime un pouco, pero vexo que ti non lle quitas ollo.
ROSA: Xaime toca a gaita, pódete aprender.
XAIME: Si, normalmente érgome cedo para ensaiar, pero hoxe pegáronseme as sabas. Por certo, esta fin de semana hai un
concerto de Cristina Pato, se queres vir...
ANGÉLICA: Quen me dera! Gustaríame moito. Non a coñezo, como é?
ROSA: Vaia, e eu que vos quería propoñer a última película de Antón Reixa.
ANGÉLICA: Quen é Antón Reixa?
01
02

Obxectivos
Obxectivos desta unidade:
Falar de sensacións e dificultades na aprendizaxe de linguas
Relatar experiencias na aprendizaxe de linguas
Como pedir e dar información sobre cursos de lingua
Como responder a cuestionarios sobre cursos de lingua

Coñecemento do código
Pretérito de indicativo
Resúltame fácil / difícil / cústame/ prefiro +infinitivo
Preguntas na clase
Deletrear
Ditongos
03

Actividade introdutoria
1. A Escola Lingua con Lingua anímate a estudar galego con nós, mesmo se vives fóra de Galicia.
Vas escoitar unha audición onde se fala da aprendizaxe do galego. Intenta responder a algunha das preguntas que nela se fan.

2. Le a información dos Cursos de Verán da Escola Lingua con lingua, despois cubre a tarxeta de inscrición.

CURSOS DE VERÁN DE LINGUA E CULTURA GALEGAS PARA Actividades do curso


ESTRANXEIROS (1-24 XULLO 2008) O fin primordial do Curso será dar ao estudante a oportunidade de famil-
ORGANIZA: ESCOLA LINGUA CON LINGUA iarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galicia. Amais
COLABORA: XUNTA DE GALICIA das clases teóricas e prácticas de lingua galega, están programadas lec-
Directora: Sabela Fortes Andrade cións sobre a literatura, historia, xeografía, arte etc., de Galicia, así como
excursións e visitas aos lugares de principal interese cultural e paisaxístico
O territorio e os falantes de Galicia.
O galego é a lingua propia de Galicia, un territorio situado ao NO da
Niveis:
Península Ibérica. O galego é falado nas catro provincias que compoñen
- Elemental, de iniciación á lingua galega. Para aqueles alumnos que
esta comunidade autónoma, así como por habitantes dos territorios
desexen introducirse no coñecemento desta lingua.
limítrofes das provincias de Asturias, León e Zamora. Dos case 3.000.000
- Medio, destinado aos alumnos que xa cursaron o elemental, ou que
de habitantes, hai máis de 2.000.000 que falan habitualmente o galego,
posúan un coñecemento básico do idioma. Poderáselles realizar un
aos que cómpre engadir case 1.000.000 de emigrantes dispersos por toda
test.
a Europa occidental, os EE.UU. e América do Sur, En Galicia tamén se fala o
español, que durante séculos foi a única lingua oficial do Estado español. - Un curso superior de Filoloxía Galega.
Na actualidade as dúas linguas son coñecidas pola inmensa maioría da
poboación galega, e o galego, lingua maioritaria, atópase nun proceso Santiago de Compostela
bastante adiantado de normalización. Santiago de Compostela é a capital de Galicia, e atópase situado aproxi-
madamente no centro do seu territorio.
A situación legal da lingua galega O monumento por antonomasia da cidade é a súa catedral. O Pórtico da
- O galego é lingua propia de Galicia. Gloria, a fachada das Praterías, a do Obradoiro, sobresaen dentro do conx-
- O galego é lingua oficial na Comunidade Autónoma de Galicia, unto, así como as prazas que a rodean.
xunto ao español. A disposición medieval da poboación vella está aínda ben diferenciada da
- Os poderes públicos teñen o deber de favorecer o coñecemento e zona moderna na que se produciu un crecemento da cidade.
utilización do galego. Santiago ten comunicacións co resto de Galicia, tanto por estrada coma
- Todos os cidadáns galegos teñen o dereito de coñecer e de em- por ferrocarril. As praias máis próximas atópanse a uns trinta minutos en
pregar o galego en todos os ámbitos da vida pública. automóbil da cidade.

- O ensino do galego e do español é obrigatorio en todos os


centros escolares.
04

Viaxe e aloxamento TARXETA DE INSCRICIÓN


nal, a dez quilómetros da cidade. Ten
Santiago ten un aeroporto internacio
rid, e coa fronteira francesa de lrún- FOTO
enlaces ferroviarios diarios con Mad . APELIDOS:
rid, hai ademais autobuses a Santiago
Hendaya. Desde Irún, e desde Mad de NOME:
taría dos Curs os facil ita unha lista
Sen ningún compromiso, a secre DATA DE NACEMENTO:
casa s parti culares a aque les alumnos que a soliciten.
pensións e NACIONALIDADE:
tidade) Nº:
PASAPORTE (ou Documento de Iden
Inscrición e recepción esixe ENDEREZO:
as que o desexen. Unicamente se
Poderanse inscribir todas as perso uen á NIVEL:
cha e a cota de inscr ición cheg
ter cumpridos 18 anos, e que a fi ELEMENTAL MEDIO SUPERIOR
1 de maio .
Secretaria dos Cursos antes do día DATA:
a
200 euro s , e nel están incluídos o dereito
O importe da matrícula é de
s, certificados, etc.
clases, material didáctico, excursión Sinatura,
epto de inscrición antes do 1 de maio
Deste importe, débese enviar en conc o
0050 2686 92249432 0203 do Banc
40 euros, á conta núm. IBAN ES96 a, 54,
T:BSCHES MMX XX), r. Cald ererí
Santander Central Hispano (Cód. SWIF
Com post ela, face ndo cons tar “Curso de galego” e o nome do
Santiago de a
pagaranse ao presentarse na Secretarí
remitente. Os 160 euros restantes
1 de maio de 2008 a:
dos Cursos, en Santiago. Esta tarxeta debe chegar antes do
Secretaría do Curso. O seu enderezo
é: para estranxeiros
A recepción de alumnos farase na Secretaría de Cursos de Galego
Secretaría de Cursos de Galego
para estranxeiros Escola Lingua con Lingua
Escola Lingua con lingua Praza Cervantes, 4
Praza Cervantes, 4 E-15703 Santiago de Compostela
r-
entaria diríxanse a este mesmo ende
15703 Santiago de Compostela Para calquera información complem
(España) ezo, ou ao teléfono 981 564 200.
débese marcar o: 34-981-564200.
Para chamadas de fóra de España
escoladeveran.com
E-mail: cursos.linguaconlingua@
Fax: 34-981 -564201
05

Gramática e Léxico
Prácticas guiadas

1. As túas experiencias nas clases de idiomas


A Responde a este cuestionario sobre as túas experiencias nas clases de idiomas:
1. Sinala o que máis che axudou (ou che axuda) a aprender nas túas clases de idiomas:
Falar e debater temas en parellas ou en grupos
Ler textos e responder a preguntas
Traducir textos
Escoitar unha gravación e responder a preguntas
Escoitar ao profesor
Escribir textos breves ou sinxelos (mensaxe, postais...)
Escribir textos máis complexos (redaccións, cartas...)
Facer exercicios gramaticais
Facer xogos coa gramática, o vocabulario, etc.
Practicar a pronunciación
Facer deberes e corrixilos
___________________________
___________________________

2. Sinala qué preferiches (ou prefires) facer na clase (C) e qué fóra da clase (F):
( ) Ler
( ) Escribir
( ) Falar
( ) Escoitar gravacións
( ) Facer exercicios de gramática
( ) Facer exercicios de pronunciación
( ) Memorizar listas de vocabulario
( ) Aprender regras de gramática
( ) Buscar palabras novas no dicionario
( ) _____________________________
( ) _____________________________
06

3. Normalmente, como preferiches (ou prefires) traballar na clase? (Sinala unha ou varias opcións).
Só/ soa
En parellas
En pequenos grupos
Co profesor

4. Como te sentiches (ou te sentes) cando, na clase, falabas a lingua que estudabas (falas a lingua que estudas)? (Sinala
unha ou varias opcións).
Bastante seguro/a de min mesmo/a
Un pouco incómodo/a
Como un/unha neno/a pequeno/a
Sentín/sinto un pouco de vergonza
Non sentín/sinto nada especial

5. Que foi (é), para ti, o máis fácil do galego e doutras linguas que estudaches (estudas)?
__________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________

6. Que foi (é) o que máis che custou (custa) facer en galego? Sinálao.
Aprender a gramática
Pronunciar ben (o x ou nh)
Falar con fluidez
Recordar o vocabulario
Comprender conversacións
Escribir correctamente
Ler textos complexos
_______________________________
________________________________
07

7. Que é o que máis che gustou das túas anteriores clases doutras linguas (ou desta)?
__________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________

8. E o que menos?
__________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________

B Compara as respostas coas de dous compañeiros.


Exemplos:
- A min non me gustou traballar só na clase, porque creo que
era importante falar galego e practicar.
- Xa, pero ás veces necesitamos traballar individualmente para
reflexionar e pensar ben as cousas.
- Si, e tamén para memorizar palabras, aprender regras gra-
maticais...

- A min resultoume fácil falar en galego.


- Pois a min o que máis me custou foi empezar a falar.
- Eu creo que escoitar audicións foi moi útil.
08

2. Fixeches un curso de galego ou doutra lingua en Galicia ou fóra?


A Que cousas valoraches especialmente do centro de estudo ao que decidiches ir? Sinálaas por orde de importancia.

O número de horas de cada curso e o horario


Os distintos niveis de galego que se impartían
A metodoloxía dos cursos
O número de alumnos por aula
A formación dos profesores
Os exames de nivel
A certificación que se obtiña a final do curso
Os prezos dos cursos
As instalacións con que contaba a escola (biblioteca, sala de recursos...)
As actividades complementarias que ofertaba a escola (excursións, actividades culturais...)
Os certificados de calidade que ofertaba a escola
O tipo de aloxamento que ofertaba a escola
A oferta cultural e de ocio da cidade na que se atopaba a escola
A temperatura media da cidade onde estaba a escola
Outros .................................................
................................................................
................................................................
................................................................
................................................................

B Compara os resultados cos do teu compañeiro.


Exemplos:
- Eu busquei unha cidade con praia.
- Para min foi máis importante saber os prezos dos curso.
09

PRETÉRITO DE INDICATIVO DOS VERBOS REGULARES

ANDAR APRENDER ESCRIBIR


andei aprendín escribín OLLO!
andaches aprendiches escribiches
andou aprendeu escribiu Lembra que o pretérito de andar
andamos aprendemos escribimos en galego é regular.
andastes aprendestes escribistes
andaron aprenderon escribiron

PRETÉRITO DE INDICATIVO DALGÚNS VERBOS IRREGULARES

DICIR ESTAR IR - SER LER PODER


dixen estiven fun lin puiden
dixeches estiveches fuches liches puideches
dixo estivo foi leu puido
dixemos estivemos fomos lemos puidemos
dixestes estivestes fostes lestes puidestes
dixeron estiveron foron leron puideron

QUERER TER TRAER VER VIR


quixen tiven trouxen vin Vin
quixeches tiveches trouxeches viches viñeches
quixo tivo trouxo viu veu
quixemos tivemos trouxemos vimos viñemos
quixestes tivestes trouxestes vistes viñestes
quixeron tiveron trouxeron viron viñeron
10

3. Completa usando verbos dos recadros en pretérito de indicativo.

ler estudar poder


ser facer

andar atopar
empez ter
ar
comprar
ir ver
estar viaxar
volver

a) - Onde ........................ o ano pasado?


- ...................... en Londres pero a mediados de ano .................. a Galicia.
b) ...................... en París algunha vez?
- Si, o ano pasado ..................... por toda Europa.
c) - .................. o último libro de Teresa Moure?
- Non, aínda non o ................. .
d) - Eu ................ todos os exercicios deste tema, creo que os de gramática ................... os máis difíciles.
e) A semana pasada .................. buscando información para facer un curso por Internet.
f) Fernando e mais eu ............................ matricularnos por teléfono.
g) ............... a nova serie da televisión galega?
– Non, onte .................. ao cine.
h) ........................... moitos problemas para localizar o profesor?
- Non, ................. o seu teléfono na guía do estudante.

4. Transforma o texto de Sempre en Galiza de Castelao pasando os verbos ao pretérito.

Algúns homes –galegos tamén- andan a falaren dun idioma universal, único para toda a nosa especie [...] Mais eu
dígolles que a variedade de idiomas, coa súa variedade de culturas, é o signo distintivo da nosa especie, o que nos fai
superiores aos animais. Velaí vai a demostración: un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un cabalo
das Pampas arxentinas rincha igual que un cabalo de Bretaña. E sabedes por que? Porque os pobres animais aínda
están no idioma universal.
11

5. Na clase usamos unha serie de expresións para comunicarnos e para falar da propia lingua.
Fíxate no caderno de Rosa:

Na clase de galego

En que páxina está iso? En que exer-


cicio/parágrafo/liña?
Que quere dicir “axóuxere”?
É correcto dicir “andei”?
“Dicionario” escríbese cun “c” ou con
dous?
Como dixeches, “parexa” ou “parella”?
Vieiros escríbese con uve de “Vigo” ou
con be de “Burela”?
Podes repetir, por favor? Non o en-
tendín ben.
Iso paréceme moi importante.

Fai ti a túa propia ficha coas expresións que necesites.


12

Fonética
1. Lembras os enderezos das páxinas Web que escoitaches na Actividade Introdutoria (exercicio 1)? Dítallos ao teu compañeiro ou
á túa compañeira.
Exemplos:
- Cal era o enderezo da páxina de Vieiros?
- Creo que é hache te te pe dous puntos barra barra tres uves dobres...

Volve escoitar a audición para comprobar que son correctos.

DITONGOS, TRITONGOS E HIATOS

Dúas ou tres vogais xuntas forman ditongo ou tritongo, de forma que se pronuncian nunha soa sílaba.
exercicio (e-xer-ci-cio) queixo (quei-xo)
pouco (pou-co) familia (fa-mi-lia)
estudei (es-tu-dei) viaxe (via-xe)
partiu (par-tiu) escribiu (es-cri-biu)
andou (an-dou) adecuou (a-de-cuou)

Non se considera ditongo a unión de dúas vogais abertas.


aldea (al-dea) cheo (cheo)

Cando o acento recae na vogal pechada, rómpese o ditongo e prodúcese un hiato.


María (Ma-rí-a) país (pa-ís)

Cando temos iu ou ui, se é tónico o segundo prodúcese un hiato.


miúdo (mi-ú-do) xuízo (xu-í-zo)
viúvo (vi-ú-vo) ruído (ru-í-do)

2. Escoita e escribe as palabras que levan ditongo, despois márcao.


13

Galego en acción
1. Le o seguinte texto e contesta as preguntas:
Cal cres que era a motivación da autora para estudar inglés?
Por que cres que esta persoa fracasou sempre que tentou aprender inglés?
Con algunha das linguas que estudaches pasouche algo parecido á autora do texto?

((...).) O meu santo dáme polas mañás clase de inglés. A min, que fracasei en
todas as academias, tamén con profesores particulares. Tiven nativos (cada
un do seu lugar de nacemento): unha de Minesota, dous de Londres e unha
de Cuenca. Os estranxeiros quedaron moi contentos, ensineilles a manexar-
se perfectamente en castelán, concretamente aos dous ingleses, que eran
gais, ensineilles a xerga de ambiente para que gozasen ao máximo. A de
Minesota fixo moi boas migas cos meus sogros, que estaban pasando unha
tempada na casa. Había tardes en que, como eu saía ás miñas cousas, ela
pasaba a hora de clase con eles e, tan ricamente, dábanlle de merendar e
ela dicía que ben se comía en España e os meus sogros que nunca imaxi-
naran que os estranxeiros podían ser tan boas persoas. Coa de Cuenca, a
esa non lle tiven que ensinar español, pero tiven que hospedala na miña
casa uns días porque a pobre quedou na rúa. Dábame pena que volvese a
Cuenca como unha fracasada.

(...) De academias nin me fales. Nunha ocasión, nunha clase puxéronme de parella con Afonso, o torpe da clase. Fa-
ciamos representacións para desinhibirnos. Unha vez, Afonso e mais eu tiñamos que facer coma que iamos nunha
barca de remos e falar do tempo meteorolóxico. Pasamos todo o traxecto remando, sen falar. O profesor dixo que non
cio
entenderamos o concepto do exercicio.

Elvira Lindo: El mundo es un pañuelo. Tinto de verano (II)


(Madrid, 2002, Aguilar, páx. 123 [texto adaptado])
14

Contido sociocultural
1. Le estes titulares do xornal Vieiros.

28 de xuño de 2007

Novo Decreto para o ensino.


28 de xuño de 2007 Despois do consenso... a
O 50% das materias en galego.
guerra lingüística
As críticas que esta semana lanzou un
Apróbase o Decreto
partido político contra a maior presenza
de promoción do ga- do galego nas escolas poden abrir unha
lego no ensino nova batalla política.

O Consello da Xunta aprobou


este xoves o decreto que de-
senvolve a Lei de normali-
zación lingüística, polo cal 2 de xullo de 2007
o alumnado ten que rematar
cada tramo educativo coa Di que os nenos non poderán falar español cos mestres.
mesma competencia oral e es-
crita en ambas as dúas linguas
Un partido político afirma que o de-
oficiais. creto do galego servirá para “impor
ideoloxía” nas aulas
O seu portavoz denuncia que a nova norma “ra-
cha con 25 anos de consenso sobre o bilingüismo
harmónico”.

2. Crea ti un titular de prensa sobre o ensino do galego.


15

3. O profesor reparte estas fichas entre os alumnos:

A metade das materias no ensino en galego?


Opinións adaptadas de La Voz de Galicia (2/07/2007).

É necesario poñer
o 50% có 100%. o galego ao mesm
Dá o mesmo que poñan castelán e para iso o nivel có
uir impartindo as non pode ser só na
Os profesores van seg ten que ser en todo escola
fixeron ata agora. s os ámbitos. Teñe
clases en castelán como os xornais, os med n que ser
den e os nenos o icamentos, as rece
Pásanse a lei por onde po manuais de instruc itas, os
é o libro por se ións… Os que din
único que teñen en galego fenden as dúas lin
guas, nunca os vin
que de-
cente)
ven a inspección. (Un do os informes médic
os en galego… (X
pedindo
oán)

Temos complexos
Todos os habitantes de Finlandia, Nor por expresarnos en
uega, etc. galego. Alguén pa-
saben falar perfectamente inglés. Pero
non se lles rece que si. Cada
ocorre pensar en abandonar a súa ling O galego e o castelán son igual de ofi-
ua propia. quen acompléxase
O idioma de uso normal en todos ciais dende o punto de vista legal, pero
os ámbitos é do que quere, uns
o propio do país, non o inglés (e non o feito é que o galego sempre foi con-
me parece por ser baixiños...
que lles vaia tan mal así). Está ben siderado unha lingua vulgar, familiar
saber inglés E outros falan cas-
e castelán pero o idioma propio de e de segunda categoría. Non podemos
Galicia é o telán, por que lles
galego (Xosé) deixar que a nosa lingua se perda, así parece máis fino?
que temos que garantir que os nenos a (Xosé)
aprendan e a empreguen, polo menos
tanto coma o castelán (Xosé Antón)

Se comparamos unha lingua cunha nai… Miña nai non


é rica, pero é a miña nai e quérolle máis ca a ninguén no
go é im-
mundo. Ao lado hai outra señora, poderosa, rica.... En
r a m et ad e da s materias en gale
Impa rti castelán
fin, o caso é que non é a miña nai, que lle imos facer,
ne m ba rg an te , impartilas todas en
poñe r, é parte da
a quén elixiriades? Está claro que á nai biolóxica. Pois
im po sic ió n! !!? ??????? O galego
non é respectala...
ben, se non entendedes que a lingua é coma unha nai, se
ltu ra e de be riamos mantela e
nosa cu as máis se
nunca nolo transmitiron, dificilmente imos entender por
as es tá n pa ra comunicarse, cant
As lin gu r e negarse
qué debatemos isto agora. O único xeito de cambiar as
el lo r.. . O qu e non se debe face
fale n m castelán fal-
tornas está na escola. Logo, que se ensine en Galego!!!
ha ... Eu ca ndo estou con un
a us ar un lo castelán..
(Xurxo)
qu e no n fa la ni n entende galego, fa
ante uís)
r máis linguas... (L
Oxalá puidese fala

Le a ficha que che entregou o profesor. Estás de acordo co que di? Exponlle a túa postura ao resto da clase.
Exemplo:
- Claro que a lingua é coma unha nai, pero tamén os fillos adoptados lles queren ás súas nais.
16

Repaso
1. Completa usando verbos dos recadros en pretérito de indicativo.

ir
nacer
estudar march
aprender (3) ar

funcionar falar
comprar

............................ inglés no colexio pero non ........................ case nada. ........................... libros, cds e vídeos para estudar na casa
pero non ............................. . O ano pasado ................................ dous meses a Irlanda e alí .............................. moito.

......................... en Baracaldo, despois .......................... con meus pais a Barcelona. .......................... traballando nun hotel en París,
así que tamén .............................. un pouco de francés.

2. Escribe cinco razóns polas que che interesou (ou/e interesa) estudar galego.
__________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________
17

3. Para que usaches (usas ou vas usar) o galego? Marca unha ou varias respostas.

Para conversar con amigos ou familiares


Para viaxar
Para ler xornais e revistas
Para ler documentos e textos profesionais
Para ler literatura
Para ver a TVG
Para navegar por páxinas de Internet en galego
Para escribir correos electrónicos, cartas e outros documentos no meu traballo
Para escribir a amigos
Para facer exames
Outros...
18

Porfolio
1. Con cales destes estudantes te identificas máis? Marca o que teñas en común con eles.

Bu
Buscuscscoo a algu
algu
al guénénn parra fa faceer unn in-
n-
tteerrccaam
mbi
b o galegale
ga lego
lego
go-iingglééss.. Viv víín
n
enn Lonnddrress porrqu que os os meeu us pa
paiss
eem
mig igraaran
ran al
ra alí,
í, per
í, e o agor
aaggor
ora voolv
l e-
e-
moss a G
mo Gaalilici
ciia e qquuer
eroro faalaar me
mell
llor
orr Asunto: clases de galego
estaa lingu
es in
ngguua ma
m raabi b lllos
osa.
osa a. Data: 27/06/07
De: rosagarciap@yuhoo.es
Quer
Qu
Q ueerres
es quuee chehe axxuude
de co in
nggllés
és? Para: cursos.linguaconlingua@escoladeveran.com
Chámam
Ch áám
mamame!
John
Jo hnnynnyy. Telé
Telééff.. 9811 54226113
Te Sra. Directora:
Diríxome a vostede porque desexo matricularme
nun curso de galego. Fun uns meses a clases deste
idioma pero tiven que deixalo por motivos laborais.
Estou especialmente interesada en cursos con tra-
ballo gramatical e tradución.
Agradecereille que me envíe toda a información sobre
os cursos que imparten.

Atentamente,
Laura Esteban Santomé

2. Escribe ti un texto similar co teu perfil, os teus desexos e necesidades.

3. Contéstalle a Laura Esteban cos datos que tes do folleto da Escola Lingua con Lingua (Actividade introdutoria, exercicio 2).
19

Que sei facer?


Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Falar de sensacións e dificultades na aprendizaxe


das linguas.

Relatar experiencias na aprendizaxe das linguas.

Solicitar aclaracións ante dificultade de com-


prensión.

Responder a cuestionarios sobre a experiencia


nas clases de lingua.

Pedir e dar información sobre cursos de galego.

Que palabras desta unidade quero recordar?


Que cuestións gramaticais me parecen máis complicadas?
Que actividade me foi de maior axuda?
Cal non me gustou? Por que?
Participei suficientemente na clase?
Que podo mellorar?
20

Transcrición do audio
1. Actividade introdutoria: Ven aprender galego xa!

O galego é unha lingua románica, polo que se xa sabes algunha outra como castelán, catalán, italiano, portugués...terás moito
camiño andado: axiña, se pos ben o oído, serás quen de entender perfectamente o fundamental. En caso de dúbidas, pregunta
sen medo seguro que che axudarán amablemente. Son moitos os estudantes que levan pasado pola nosa Escola sen teren
problemas.

O galego pódeche abrir as portas de calquera outra das linguas románicas. Dámosche a oportunidade de aprender asemade
o castelán e o galego, e esta última, ademais, pode introducirte no portugués debido á súa similitude. Co galego podes ache-
garte a países e persoas que nin pensaras.

Se vives fóra de Galicia podes irte afacendo á nosa lingua!


• Escoitaches a Radio Galega? Podes facelo en Internet: http://www.crtvg.es
• Miraches a Televisión de Galicia vía satélite ou en Internet ? Faino en http://www.crtvg.es
• Liches prensa dixital en galego?, podes ler prensa dixital como o portal Vieiros http://www.vieiros.com
• Asistiches a algún curso de galego que se imparte no teu país? Pódeste informar en http://edu.xunta.es
• Fixeches algún curso virtual de galego? Podes seguir un en http://e-galego.cesga.es/
• Liches os clásicos universais en galego? Podes facelo en http://bivir.com
• Estudaches a literatura galega? Faino a través da Biblioteca Virtual Galega: http://bvg.udc.es/
• Usaches algún vocabulario galego-inglés? Podes consultar un en http://galego.org.vocabulario.html

Se todo isto non te convence ou non é suficiente, ven facer un curso con nós:
• Matricúlate xa nos Cursos de lingua e cultura galega no verán, organizados pola nosa Escola Lingua con Lingua
de Santiago de Compostela: http://www.usc.es/gl/cursos/cur_galextran.jsp

2. Fonética.
lingua pais país Cesáreo ferreiro secretaria
secretaría viúva Cunqueiro prexuízo mariñeiro trouxo
puideron Rosalía historia Galicia noite Dieste
01
02

Obxectivos

Obxectivos desta unidade:


Como propoñer, aceptar, rexeitar invitacións e propostas
Como desculparse por algo e reaccionar ante unha desculpa
Como expresar a necesidade ou o desexo de facer algo
Como expresar gustos, teimas
Como describir e valorar espectáculos, festas
Como repartir tarefas

Coñecemento do código
Adxectivos para valorar
Substantivos relacionados co lecer
Comidas e bebidas nas festas
Roupa de festa
Léxico do mundo do espectáculo: cine, tele
Recursos para propoñer, aceptar e rexeitar
Presentes irregulares e presentes con alternancia vocálica
Oracións subordinadas causais
Expresións de frecuencia
Vogais abertas e pechadas
03

Actividade introdutoria

1. Escoita estas conversas e responde estas preguntas:


- Que queren facer Luís e Paco o venres pola noite?
- Con quen queda Rosa o venres, a que hora e para que?
- Que fai Laura que non responde ao teléfono?
- Onde vai ir Laura a fin de semana?

2. Escoita outra vez e completa na táboa as preguntas e respostas da conversa que manteñen Rosa e Luís.

SUXESTIÓNS RESPOSTAS
................................. para tomar uns viños? Vale, pero .....................................................
Nós quedamos para ...................................? De .......................................
A que ..............................? Paréceche ben ........................................
Onde .............................? Pois ............................................
Que tal .......................................? Moi ben ................................................
04

Gramática e Léxico
Prácticas guiadas

1. Os nosos famosos

A Relaciona estes personaxes coas fotos. A que se dedican ou dedicaron?


1. Ana Kiro 4. Laxeiro 7. Luís Tosar
2. Afonso R. Castelao 5. Óscar Pereiro 8. Andrés do Barro
3. Morris 6. Mercedes Peón 9. Fernando Vázquez

B Que sabes deles? A cal prefires e por que? Escribe dúas frases para cada un e cóntallo ao resto da clase.
- Eu coñezo a Ana Kiro, é cantante, sigo todos os seus concertos. Gústame porque ten moi boa voz.
- E non dormes ao escoitala?
05

PRESENTES IRREGULARES PRESENTES CON ALTERNANCIA VOCÁLICA

COÑECER SAÍR LER TRAER SEGUIR DURMIR PREFERIR


coñezo saio leo traio sigo durmo prefiro
coñeces saes les traes segues dormes prefires
coñece sae le trae segue dorme prefire
coñecemos saímos lemos traemos seguimos durmimos preferimos
coñecedes saídes ledes traedes seguides durmides preferides
coñecen saen len traen seguen dormen prefiren

2. Verbos
Completa usando verbos dos seguintes recadros en presente de indicativo.

durmir (x2) ver conseguir


sentir (x2)
conducir

preferir facer

lucir
coñecer (x2) saír

a) Que .............................................. cando rematas un bo libro?


- ....................................... un baleiro moi grande.
b) .............................................. ben despois de ver unha película de terror.
– Si, ............................................. toda a noite e non me espertan nin os ronquidos do meu marido.
c) Que ............................................... despois de cear?
- Esta noite non ......................................., ................................................. a miña serie preferida na televisión.
d) ............................................. a Amenábar?
- En persoa non o ............................................ pero xa me gustaría, admiro moito o seu cine.
e) Pedro sempre .......................................... que lle fagan un desconto nas entradas para o teatro.
f) Esa artista no escenario ................................................ coma unha estrela.
g) Eu nunca ................................................ cando vou de viños, ..................................... deixar o coche na casa.
06

3. Tempo de lecer
A Ordena estas actividades de lecer segundo as túas preferencias:

Lectura Cine Música Deporte Internet

B Busca dous ou tres compañeiros que prefiren a mesma actividade de ocio que ti marcaches en primeiro lugar. Con axuda das
seguintes preguntas, descubre máis cousas en común con eles sobre esa actividade.
Lectura
Que tipo de libros che gusta ler?
Cal é o teu escritor favorito?
Cal é a última novela ou o último libro que liches? Gustouche?
...

Música
Que tipo de música escoitas?
Onde adoitas escoitar música? Por que?
Cales son os teus cantantes ou grupos favoritos?
Cal é o último CD que compraches? Como é?
...

Cine
Que tipo de películas che gusta ver?
Prefires o cine ou ver as películas na casa? Por que?
Cal é o teu director favorito? E o teu actor ou actriz preferido?
Cal é a última película que viches? Que che pareceu?
...

Deporte
A que deporte es afeccionado? Cales practicas?
Onde e con quen fas deporte?
Admiras ou segues a algún equipo ou deportista?
07

Cal é o último partido ou a última competición que viches?


...

Internet
Que clase de sitios web visitas cando navegas na internet?
Coñeces algún sitio especialmente recomendable?
Participas en chats con frecuencia? Tes algún bo amigo que coñeciches no chat?
Baixas programas da internet? Cales e para que?
...

Exemplos:
- Que tipo de libros che gusta ler?
- Gústame moito a novela negra, e a ti?
- Eu prefiro a poesía. Cal é o teu escritor favorito?

- Vou á piscina porque nadar é moi bo para estar en forma.


- Pois eu prefiro xogar ao fútbol, xa que non é tan aburrido coma un deporte individual.

EXPRESAR CAUSA E XUSTIFICARSE

Para preguntar a causa dunha acción, un suceso,..., usamos:


Por que?
Por que escoitas sempre música clásica?
Como?
Como non te animaches a vir ao concerto?

Para responder podemos usar:


porque, xa que, como
Vou nadar porque me relaxa
Quedou calada, xa que non soubo que responder
Como non me chamaches, marchei eu soa

é que (cando buscamos xustificarnos)


É que non tiven tempo
08

Valorar e describir un espectáculo ou un Xéneros de cine, televisión


produto cultural É unha comedia/É un drama
Viches O lapis do carpinteiro? unha película (novela) romántica/histórica/policial
- Si, está moi ben. unha película
- Si, gustoume moitísimo. de acción
- Si, encantoume. do oeste
- Si, é unha marabilla de aventuras
- Si, non me gustou porque é moi triste de terror
de ciencia ficción

Vocabulario relacionado con novelas, películas,


series Tipos de programas de televisión
o título un informativo
o/a personaxe un documental
o/a protagonista unha película
o argumento unha serie
a sinopse unha telenovela
a trama/a acción un concurso
o director un programa de deporte/de música/de entrevistas/de debate
o autor un programa infantil

4. A miúdo
A Con que frecuencia fas estas cousas? Usa expresións de frecuencia como:
Sempre, todos os días, os sábados, a miúdo, ás veces, case nunca, xamais...

ir ao cine cociñar para os amigos


ir ao fútbol ir cear a un bo restaurante
ir a un concerto viaxar en tren
ir ao teatro nadar
ir a exposicións de arte ir á praia
ir a unha festa gastronómica pasear só polo monte
09

xogar ás cartas quedar só na casa a fin de semana


quedar con amigos visitar a familia

- Case nunca cociño para os amigos, prefiro invitalos a un bo restaurante.

B Cando fixeches esas cousas por última vez? Valora a experiencia.


- A última vez que fixen un cocido para os meus colegas foi un fracaso, os garavanzos quedaron duros, desde aquela
prefiro quedar con eles de viños.

5. De festa rachada
A Ides organizar unha festa para o resto da clase. Con tres compañeiros ou compañeiras decide o tipo de festa, o lugar, a data
e a hora.
- Que tal se facemos unha festa dos anos 70?
- Vale, e todos teñen que levar roupa desa época.

B Escribide a invitación para os vosos compañeiros e poñédea no taboleiro para que se apunten os interesados.
10

C Organizade a festa tendo en conta quen serán os asistentes. Distribuíde as tarefas entre os membros do equipo. Elaborade
tamén a lista da compra de cousas para a festa.
- Van vir dez persoas, así que temos que comprar bastante comida e bebida.
- Eu encárgome de ir ao supermercado, se vós facedes a lista da compra.
- Vale, necesitamos: botellas de viño, refrescos de laranxa e de limón...

- Quen trae a música dos anos 70?

Propoñer algo Rexeitar unha invitación


Apetéceche...? Síntoo, é que...
Queres...? Non podo, porque teño que...
Que che parece se...? Gustaríame, pero...
Por que non...? - Gustaríame quedar contigo, pero hoxe teño que
Que tal se...? rematar este artigo.
- Que che parece se quedamos mañá pola noite?
Repartir tarefas
Aceptar unha invitación Quen se ocupa de...?
Vale. Eu encárgome de...
Si, como non. É mellor se...
Claro que si. - Ti ocúpaste de enviar as invitacións.
- Queres vir tomar uns viños?
- Si, como non. Comidas e bebidas para unha festa
Unhas tapas de tortilla
Decoración Unhas patacas fritidas
Copas Pratos de plástico Unha empanada de xoubas
Uns globos Unhas candeas Queixo e xamón
Serpentinas Unhas olivas
Uns refrescos
Roupa para festas Unhas botellas de viño branco
Unha máscara Unha chaqueta Unha botella de cava
Unha gravata Un traxe Unha torta de mazá
Un vestido longo Uns zapatos de tacón Uns pasteis
11

6. Benvidos á festa de Aldeavella


A Esta é a programación das festas na nosa vila.
Lédea e facede unha nota de prensa para enviar ao xornal e outra para enviar á radio.

Festa dos chícharos en Aldeavella


Sábado 14 de xullo Domingo 15 de xullo
Pola mañá: Pola mañá:
11.00 Pasacalle a cargo do grupo de gaitas Fol 11.00 Pasacalle a cargo da banda municipal de
con fol. Aldeavella Fervellasverzas.
12.00 Apertura do recinto feiral e degustación 12.00 Apertura do recinto feiral e degustación
de chícharos... con arroz, con xurelos, con pa- de produtos típicos.
tacas... 13.00 Pregón a cargo de Xosé Santomé.

Pola tarde: Pola tarde:


19.30 Inauguración da área recreativa da praia 19.00 Sesión de contacontos a cargo de Os
fluvial. máis sabios de Aldeavella.
20.00 Representación teatral na Casa da Cul- 20.00 Actuación do grupo folk, do grupo de
tura do grupo de teatro Ándaslle con ela. cantareiras e do grupo de baile da asociación
cultural Aldeavella.
Pola noite:
22.00 Actuación do grupo musical Tocacon- Pola noite:
nosco. 22.00 Actuación da orquestra Ven bailar Car-
miña.
24.00 Sesión de fogos artificiais.

B Deseñade o cartel das festas do vosa vila ou cidade. Valen festas gastronómicas!
12

Fonética
2. Abertas e pechadas.
Escoita estas frases e marca o timbre das vogais dos verbos.

- Dormes ou non dormes no cine?


FONÉTICA
- Xulio non consegue nunca chegar a tempo a unha cita.
- Cando sae de esmorga sempre bebe cervexa. SEGUIR DURMIR
- Segues xogando ao fútbol? –Non, agora xogo ás cartas. sigo durmo
segues ɛ dormes ɔ
segue ɛ dorme ɔ
seguimos durmimos
seguides durmides
seguen ɛ dormen ɔ
13

Galego en acción

Cine en galego
1. Le estas fichas.

Sempre Xonxa

Sinopse: Xonxa, Pancho e Birutas medran xun-


tos. Na adolescencia Birutas emigra a América
e por dez anos non dá noticias, ata que vol-
ve á aldea presumindo co seu fermoso traxe e
bo coche, pensando que Xonxa o agarda. Pero
Xonxa e Pancho casaron hai tres anos e teñen
unha filla. Birutas convence a Pancho para que
vaia a América mirarlle polos seus negocios.
Pancho confía nel e marchan xuntos, pero Bi- Rosa dos ventos
rutas faino embarcar só, volve á aldea e viola a
Xonxa antes de marchar para América. Ao cabo Sinopse: o home de Rosa non volverá. Le-
duns meses Pancho volve só e enfermo, despois vouno o mar. Ela busca consolo nos recor-
contará que Birutas o enganara e denunciara. dos, pero descobre que non son abondo para
Pancho vaise recuperando e volve á vida nor- calmar o baleiro de tantos anos de soidade.
mal. Birutas regresa á vila para morrer. O mar é a clave na vida destas persoas, tan-
Xénero e duración: drama/114’ to para os que están, como para os que xa
Dirección: Chano Piñeiro non.
Ano: 1988 Xénero e duración: drama/18’
Elenco: Uxía Blanco (Xonxa), Miguel Insua (Bi- Dirección: Jairo Iglesias
rutas), Xabier R. Lourido (Pancho), Roberto Cas- Elenco: Miguel Borines, María Castro, Fer-
teleiro (Caladiño), Roberto Vidal Bolaño (don nando Morán.
Xosé Luís, o mestre), Rodrigo Roel (don Camilo,
o cura).
14

A lingua das bolboretas

O bosque animado Sinopse: Moncho convive co seu irmán Andrés,


duns quince anos, mancebo de botica e apren-
Sinopse: todos os días o Sr. diz de saxofonista; Ramón, o seu pai, xastre,
D’Abondo e o seu fiel criado republicano moderado e tímido; e Rosa, muller
Rosendo atravesan a fraga piadosa que axuda ao seu marido e coida dos
de Cecebre. Ás veces, o desconfiado servente ex- fillos. Andrés, o maior, vai ser contratado por
clama: “Parece que estivese animado o bosque unha charanga para que os acompañe polas
enteiro!”. Así é, xa que, cando os humanos se verbenas e romarías co seu saxo. Na de Santa
afastan, a natureza transfórmase e amosa todo Marta de Lombás vai atopar un amor imposi-
o seu esplendor, mentres árbores e animais viven ble que lle fará pasar, nunha noite de néboa e
en alegre e feliz harmonía. Non obstante, a man maxia, de ser un aprendiz non demasiado efi-
do home, que todo o altera, traerá ao bosque a caz do seu instrumento, a tocalo como o máis
desorde e a infidelidade. As toupas comezarán a virtuoso executante. Coa chegada da primave-
desaparecer, as árbores xa non cantarán, os gatos ra, Don Gregorio saca as clases ao campo. Pro-
revelaranse contra o home e as moscas dedica- meteralles a uns nenos ilusionados que, se lle
ranse a amolar máis do habitual. A toupa Fura- mandan a tempo un microscopio que lle pro-
croios, a gata Morriña, o rato Piorno e a árbore meteran no Ministerio de Instrución Pública,
Carballo, entre outros habitantes da fraga, xun- poderán ver as partículas máis pequenas ou os
taranse para solucionar os problemas e levar de diminutos órganos dos insectos como a lingua
novo a harmonía ao... Bosque Animado. das bolboretas. O microscopio chegará tarde.
Conta as aventuras dos habitantes dunha fraga Ninguén o utilizará. O día 18 de xullo de 1936
galega. Baséase na novela homónima de Wen- todo se rompe. Trunfa o levantamento militar.
ceslao Fernández Flórez. Baseada en tres contos de “Que me queres
Xénero e duración: animación 3 D/89’ amor”, de Manuel Rivas.
Dirección: Manolo Gómez e Ángel de la Cruz Xénero e duración: drama/95’
Producción: Dygra Films Dirección: José Luís Cuerda
Ano: 2001 Ano: 1999
Elenco: señores D’Abondo, Rosendo, Furacroios, Elenco: Fernando Fernán Gómez, Manuel Lo-
Morriña, Piorno, Carballo. zano, Uxía Blanco, Gonzalo Martín Uriarte,
Alexis de Los Santos.
15

2. Viches estas películas? Se as viches, cal che gustou máis e por que?
Se non as viches, cal che gustaría ver e por que?
- Eu vin La lengua de las mariposas, en castelán, pero xa hai tempo e non me acordo moito, só do final, así que non me
importaría volver vela en galego.

3. Despois da visualización da película (escollemos unha das catro, dependendo das respostas do alumnado), fai a crítica da obra
por escrito.

Contido sociocultural
1. Le o texto e describe a foto.

A rapa das bestas de Sabucedo


Rapa das bestas, unha tradición centenaria
A rapa das bestas de Sabucedo, no concello da Estrada, enfronta, dende hai centos de anos, dúas forzas da natureza: home e
cabalo. Os cabalos salvaxes desta terra xúntanse para ser rapados polos aloitadores da aldea. Miles de visitantes son testemu-
ñas deste rito anual na primeira fin de semana de xullo.

Traballo para os mozos da aldea, pero tamén para os visitan-


tes que acoden á cita. Os días dedícanse á rapa das bestas. Ás
noites aínda quedan forzas para gozar da comida, do viño e
da música.

Rapa das bestas, o monte


Cara ás sete da mañá empréndese a marcha; os veciños de
Sabucedo, acompañados de moitos visitantes que os axudarán
á baixa, soben aos montes. Os participantes poden deleitarse
cunha paisaxe chea de regatos, grandes penedos e sendeiros
onde pasar un bo día ao carón das bestas.
16

Localizada cada grea, rodéase, apertando o cerco, ata conseguir encamiñalas na dirección prevista, para logo conducilas ata
a valgada do Peón, onde se reúnen todas as greas. Despois de picar algo, e xa calmados os ánimos, retómase a marcha cara
a Sabucedo.

Rapa das bestas, o curro


O traballo no curro é o acto máis espectacular, pero tamén o máis perigoso.

É o xeito de realizalo o que diferenza a Rapa de Sabucedo do resto das feitas en toda Galicia, por non se utilizar máis armas có
propio corpo e a forza do aloitador, unha loita corpo a corpo. Unha forma de actuar que se herdou de xeración en xeración:
dous aloitadores van á cabeza e un ao rabo. Un salta enriba da besta e cabalga sobre ela. O que vaia ao rabo debe desequilibrar
o animal. A besta pode quedar de pé ou ser derribada dependendo da súa forza. Cando queda inmobilizada, córtanse as crinas,
que os cativos gardan. Este traballo apréndese desde novo, posto que son os rapaces quen inician o curro collendo os poldriños
para separalos. O rapaz pequeno iníciase simbolicamente na mocidade.

O que acontece no curro non é doado de transmitir, o aloitador busca a súa propia identidade e autoafirmación. No curro só
se rapan os cabalos e as eguas do Santo, xa que o resto son particulares, e serán os seus donos os que o luns nos seus propios
acurramentos fagan as tarefas oportunas. Celébranse tres curros, o primeiro sábado de xullo arredor das 19:00 h, o domingo
ás 12:00 h e o luns sobre as 12:30 h.

Os aloitadores non son un grupo profesional ou contratado a soldo, así descártase calquera interese de tipo particular ou
persoal. Ata hai poucos anos, o papel da muller era secundario en canto ao curro se refire. Hoxe son varias as mozas que se
atreven a aloitar. No ano 1936, por mor da Guerra Civil, foron as mulleres as que raparon as bestas nun potro coa axuda dos
rapaces o dos máis vellos. É algo que as avoas de Sabucedo contan aínda hoxe con moito orgullo. Se queredes entender a rapa
esta!
só existe unha maneira: ir a Sabucedo o día da festa!

(Documento adaptado de www.rapadasbestas.es)

Aloitador: loitador, mozo da aldea que rapa as bestas.


A Baixa: condución das bestas desde o monte ata o curro.
Grea: conxunto de gando, eguas e cabalos coas súas crías que se crían en liberdade.
Crina: conxunto de pelos longos e fortes que teñen algúns animais na parte superior do pescozo e no rabo, como o cabalo.
Acurramento: curro, lugar cercado onde se encerran os cabalos que viven en liberdade para lles cortar as crinas, marcar as crías etc.
17

2. Que che parece este tipo de festa?

3. Poden participar as mulleres na Rapa das Bestas de Sabucedo?

4. Participaches ti algunha vez? Como e por que?

5. Coñeces outros sitios onde se celebre a Rapa das Bestas?

Modelo Actividade Celga


1. Saímos?
Escoita a Carme e a Antonio falando sobre a programación da televisión e responde as seguintes preguntas.
1) Hai algún concurso esta noite?
_____________________________________________________________________________________

2) A que hora se pode ver un documental?


_____________________________________________________________________________________

3) Por que non van poder ver a serie das viúvas?


_____________________________________________________________________________________

4) En que canle lle gusta a Antonio ver as noticias?


_____________________________________________________________________________________

5)Hai algunha película divertida esta noite?


_____________________________________________________________________________________
18

6) Cando é o partido de fútbol?


_____________________________________________________________________________________

2. As películas da nosa clase


Cales son as películas que máis che gustaron? Completa estas dúas fichas coa información. Leas na clase, os teus compañeiros
terán que adiviñar de que película se trata.

Director: _______________________________________________________
Personaxes principais: ____________________________________________
_______________________________________________________________
Personaxes secundarios: __________________________________________
_______________________________________________________________
De que trata: ___________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________

Director: _______________________________________________________
Personaxes principais: ____________________________________________
_______________________________________________________________
Personaxes secundarios: __________________________________________
_______________________________________________________________
De que trata: ___________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________

- È unha comedia moi boa de Almodóvar. Conta a historia dunha parella de actores de dobraxe que rompen a súa relación.
A situación complícase cando chega á casa da moza unha amiga que foxe da policía...
- Mujeres al borde de un ataque de nervios!
19

Repaso
1. Nestas conversas perdeuse información, intenta completalas cos termos dos cadros.

2. Despois comproba coa audición que son correctas.

3. En parellas intentade representar os diálogos, podedes cambiar o texto dando outras escusas.
A Conversa entre Xesús e Clara.

É que porque como vale e por que

XESÚS: _________________ chegas tan tarde?


CLARA: _________________ tiven que acompañar a Mercedes e a Arturo no meu co-
che.
XESÚS: ___________________________ non marcharon a pé co cerca que viven?
CLARA: Ela atopouse mal na festa, por iso a tiven que levar á casa.
XESÚS: E logo o mozo, non podía?
CLARA: ________________________ el bebera unhas copas de máis.
XESÚS: E non me podías chamar para avisar que chegabas tan tarde?
CLARA: _________________, tes razón, para a próxima chamarei.
20

B Conversa entre Lucía e Andrés.

perfecto queres que estupendo vale e se facemos


preferiría é que quedamos que che parece que tipo de
apetéceche aburrido que podemos facer daquela podemos ir

LUCÍA: Andrés, __________________________ esta tarde?


ANDRÉS: _______________ ir ao cine?
LUCÍA: ____________________ algo diferente? Teño aquí a carteleira e hai cousas moi interesantes. Mira este espectáculo
de danza.
ANDRÉS: __________________ danza é?
LUCÍA: É ballet clásico.
ANDRÉS: Non, ___________ algo distinto, iso é moi _________________.
LUCÍA: ________________________ ao teatro.
ANDRÉS: ____________ comeza moi cedo e hoxe teño que quedar ata tarde na oficina.
LUCÍA: ____________ se imos ao concerto de Susana Seivane, é na praia e non empeza ata as 11?
ANDRÉS: Moito mellor, creo que poderá estar ben.
LUCÍA: Entón _________________ ás 10? Darás saído a esa hora?
ANDRÉS: A ver... Non, case mellor ás 10.30.
LUCÍA: Ben, darei unha volta antes.
ANDRÉS: ____________, paréceme ben
LUCÍA: ______________ pase recollerte ao traballo?
ANDRÉS: _______________.
LUCÍA: E aínda nos dá tempo a tomar algo antes.
ANDRÉS: Iso paréceme ________________!
LUCÍA: Entón ás 10 espérote abaixo.
ANDRÉS: Ai, acabo de lembrar que esta noite quedei cos do equipo para ver o partido na taberna, é a final!
LUCÍA: Vaia, e para iso tesme media hora enredada facendo plans!
21

Porfolio
De zoca en zoca e tiro porque me toca!
1. Imos xogar falando de cousas relacionadas co lecer. Regras do xogo da zoca:
- Xogamos catro ou cinco persoas. Necesitamos o taboleiro, un dado e fichas (ou moedas).
- Cada participante tira o dado e move á casa correspondente. Terá que falar uns trinta segundos sobre o tema que aparece
na cela ou cumprir a instrución que se pide.
- Cando un que cae na zoca ten que pasar unha quenda sen xogar.

Onde pasaches as A túa Recomenda Un deporte que


últimas vacacións? música un libro. practicas.
preferida.

Un programa O teu actor Vivín unha Chatear ou falar por


de TV que preferido. aventura... teléfono?
detestas.

Recomenda un O último libro que Un país que che O programa da TV


restaurante. liches. interese. que máis
che gusta.

Canta unha Invita un A túa actriz


Cine ou
canción. compañeiro preferida.
teatro.
a ir ao
fútbol.

Recomenda Comida Un tipo de


unha caseira ou música que Unha
película. comida non che festa
rápida. gusta nada. típica.

Como che Unha película


Invita un O teu
gusta inesquecible.
compañeiro domingo
divertirte. ideal.
contigo á praia.
22

Que sei facer?

Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Propoñer, aceptar, rexeitar invitacións e propos-


tas

Expresar gustos, teimas

Expresar necesidade ou desexo de facer algo

Describir e valorar espectáculos

Que palabras desta unidade quero recordar?


Que cuestións gramaticais me parecen máis complicadas?
Que actividade me foi de maior axuda?
Cal non me gustou? Por que?
Participei suficientemente na clase?
Que podo mellorar?
23

Transcrición do audio
1. Actividade introdutoria.
[Conversa telefónica entre Rosa e Luís]
ROSA: Ola Luís, que tal?
LUÍS: Ben, por fin hoxe é venres!
ROSA: Quedamos entón para tomar uns viños?
LUÍS: Vale, pero ten que ser pola tarde porque ás dez xa quedei con Paco para ir ao cine. Queres acompañarnos?
ROSA: Pois non sei, porque medio quedara con Laura para ir ao teatro e non sei se xa comprou as entradas. Chámoa e
dígocho. Que ides ver?
LUÍS: Botan Rosa dos ventos no Principal, unha curtametraxe galega que acaban de estrear esta semana, a ver se conse-
guimos entradas. Dixéronme que era moi boa.
ROSA: Pois non sei se Laura se animará, éche tan rara!
LUÍS: Se di que si, chámame axiña e vexo se podo conseguir entradas para os catro.
ROSA: Vale, vale, a ver onde a atopo a estas horas.
LUÍS: De momento nós quedamos para os viños, ou?
ROSA: De acordo.
LUÍS: A que hora?
ROSA: Paréceche ben ás oito?
LUÍS: Perfecto.
ROSA: Onde nos vemos?
LUÍS: Pois ti dirás.
ROSA: Que tal diante do Gaivotiña?, que poñen unhas tapas de lamber os dedos.
LUÍS: Moi ben, alí estarei, co larpeiro que eu son...

[Conversa telefónica entre Rosa e Laura]


ROSA: Que fas?, levo media hora chamando e non colles o teléfono!
LAURA: Durmo!!!! Que me espera unha fin de semana de traballo.
ROSA: E logo?
LAURA: Esqueciches que é a festa en Aldeavella, é a festa de máis sona da comarca, pero a min vaime tocar cazolear.
ROSA: Perdoa, non me acordaba. Pero é mañá, non?
LAURA: Si, pero como non durma hoxe, mañá non vou poder.
24

ROSA: E non compraches as entradas para o teatro?


LAURA: Ai, aínda non! Que cabeza a miña!
ROSA: Pois se prefires ir ao cine chamo a Luís e dígolle...

2. Modelo actividade Celga


Saímos?
ANTONIO: Queres que vaiamos ao cine?
CARME: Esta tarde non me apetece saír. Que che parece se quedamos na casa vendo a tele?
ANTONIO: Non sei, porque a programación non me parece nada interesante.
CARME: A que hora poñen ese concurso tan divertido?
ANTONIO: Cifras e Letras? Moi cedo. Ás catro da tarde. Eu prefiro ver un bo documental.
CARME: Mira, hai un sobre as Rías Baixas ás seis da tarde. E esta noite podemos ver o capítulo seguinte da serie das
viúvas.
ANTONIO: Xa non a poñen. Quitárona hai quince días. Esta noite a única posibilidade é ver as noticias da 2, e despois botan
unha comedia na TVG.
CARME: Cal?
ANTONIO: Esta casa é unha ruína. Debe ser divertida
CARME: Non prefires ver o partido esta noite?
ANTONIO: Hoxe non hai partido. É mañá, por iso pensaba que sería mellor saír cear fóra.

3. Repaso
[Conversa entre Xesús e Clara]
XESÚS: Como chegas tan tarde?
CLARA: Porque tiven que acompañar a Mercedes e a Arturo no meu coche.
XESÚS: E por que non marcharon a pé co cerca que viven?
CLARA: Ela atopouse mal na festa, por iso a tiven que levar á casa.
XESÚS: E logo o mozo, non podía?
CLARA: É que el bebera unhas copas de máis.
XESÚS: E non me podías chamar para avisar que chegabas tan tarde?
CLARA: Vale, tes razón, para a próxima chamarei.
25

[Conversa entre Lucía e Andrés]


LUCÍA: Andrés, que podemos facer esta tarde?
ANDRÉS: Apetéceche ir ao cine?
LUCÍA: E se facemos algo diferente? Teño aquí a carteleira e hai cousas moi interesantes. Mira este espectáculo de danza.
ANDRÉS: Que tipo de danza é?
LUCÍA: É ballet clásico.
ANDRÉS: Non, preferiría algo distinto, iso é moi aburrido.
LUCÍA: Daquela podemos ir ao teatro.
ANDRÉS: É que comeza moi cedo e hoxe teño que quedar ata tarde na oficina.
LUCÍA: Que che parece se imos ao concerto de Susana Seivane, é na praia e non empeza ata as 11?
ANDRÉS: Moito mellor, creo que poderá estar ben.
LUCÍA: Entón quedamos ás 10? Darás saído a esa hora?
ANDRÉS: A ver... Non, case mellor ás 10.30.
LUCÍA: Ben, darei unha volta antes.
ANDRÉS: Vale, paréceme ben.
LUCÍA: Queres que pase recollerte ao traballo?
ANDRÉS: Perfecto.
LUCÍA: E aínda nos dá tempo a tomar algo antes.
ANDRÉS: Iso paréceme estupendo!
LUCÍA: Entón ás 10 espérote abaixo.
ANDRÉS: Ai, acabo de lembrar que esta noite quedei cos do equipo para ver o partido na taberna, é a final!
LUCÍA: Vaia, e para iso tesme media hora enredada facendo plans!
01
02

Obxectivos

Obxectivos desta unidade:


Como describir lugares
Como relatar viaxes
Como falar de comidas e bebidas
Como desenvolverse nun restaurante, hotel...
Como pedir un servizo de forma educada

Coñecemento do código
Perífrases verbais
Presente de subxuntivo
Oracións de relativo
Léxico do turismo e das viaxes
Léxico de comidas e bebidas
Entoación afirmativa e interrogativa
03

Actividade introdutoria
Vas oír unha conversa entre dous mozos nun aeroporto. Escoita o que din. Fíxate que aparecen estruturas verbais novas, es capaz
de cubrir os ocos?

EDUARDO: Non, non te preocupes, e ti, levas


______________________ moito tempo?
BEATRIZ: Estiven ___________________ pero despois
penseino mellor e agardeite.
EDUARDO: Vaia, vexo que segues ___________________
coma sempre.
BEATRIZ: Se traes fame ou sede podemos
__________________ algo antes de coller o coche.
EDUARDO: Non, non, sigo ______________________
dieta, así que non me convén comer moito, senón cando
volva...
BEATRIZ: Acabas de _____________________ e xa estás
______________________ de volver!

BEATRIZ: E non se che fixo longa a viaxe?


EDUARDO: Non, estiven _________________ e despois
estivemos _________________ un par de películas e co-
mendo, ata durmín un pouco.
BEATRIZ: Pois logo _____________________ indo, que na
casa estante ___________________ coma auga de maio.
EDUARDO: Imos, non terás un cigarro?
BEATRIZ: Pero ti...
EDUARDO: Si, xa sei, deixei de ________________, pero
en Bos Aires, ____________________ o vicio.
04

Gramática e Léxico
Prácticas guiadas

1. En parellas, lede a transcrición da “Actividade introdutoria”, está ao final da unidade. Fixádevos nas perífrases e intentade com-
pletar os cadros.

VERBO PRINCIPAL PREPOSICIÓN/ INFINITIVO, XERUN- EXEMPLO


CONXUNCIÓN DIO OU PARTICIPIO

levar
estar para marchar estar para marchar
seguir
ir
seguir
acabar
ir
estar
deixar
ter

PERÍFRASES (1)
Unha perífrase é unha combinación de dous verbos, un en forma persoal e o outro en forma non persoal
(infinitivo, xerundio ou participio), ás veces unidos por unha preposición ou por unha conxunción. O ver-
bo principal toma un novo significado.

Perífrases temporais
Indican futuridade:
IR+INF Foi buscar o seu amigo ao aeroporto.
* Ollo! En galego sen preposición A.
05

PERÍFRASES (2)

Perífrases modais
a) Indican obriga:
HABER+QUE+INF. Hai que poñer o cinto ao subir ao coche.
TER+QUE/DE+INF. Temos que ir con xeito.
DEBER+(DE)+INF. Debes ir unha hora antes de que saia o voo.

b) Indican probabilidade:
PODER+INF. Crin que poderías ser máis valente.

Perífrases imperfectivas
a) Expresan unha acción non realizada, pero que estivo a piques de chegar ao seu termo. O verbo
auxiliar aparece sempre en pasado.
ESTAR A/PARA+INFINITIVO Estiven para marchar.

b) Acción en desenvolvemento:
ESTAR +XER. ou A+INF. Están esperando por ti ou Están a esperar por ti.
LEVAR+ XER ou A+INF. Levo esperando unha hora ou Levo a esperar unha hora.
SEGUIR+ XER ou A+INF. Segues xogando ou Segues a xogar.

Perífrases perfectivas
Indica que a acción xa rematou:
ACABAR/REMATAR DE+INF. Acabas de chegar e xa pensas en volver.

Perífrases reiterativas
Indican unha acción repetida:
VOLVER+INF. Non volverei falar do asunto. * Ollo! Non leva preposición A.
TER+PARTICIPIO Mira que cho teño repetido!

Perífrases terminativas
Indican a acción no seu remate:
ACABAR POR+INF. Acabou por perdoarlle.
06

COLOCACIÓN DO PRONOME

Lembra que na Unidade 1 falamos da colocación do pronome persoal átono. Fíxate agora na
colocación do pronome nas perífrases:
Heino de facer = Hei de facelo = Hei de o facer
Non o hei de facer.

2. Que barullo!
A Escribe polo menos seis frases usando un elemento de cada columna.
Laura segue casar ás gargalladas
As alumnas deixou de dicirlle a cabalo
María e Antón acabou por rir mañá
Xulia botáronse a esperando a verdade
Os rapaces van montar por ti
Luís están xogando ao tenis

1. ____________________________________________________________________
2. ____________________________________________________________________
3. ____________________________________________________________________
4. ____________________________________________________________________
5. ____________________________________________________________________
6. ____________________________________________________________________

B Podes construír outras seis frases que conteñan perífrases. Lembra os exemplos anteriores.

1. ____________________________________________________________________
2. ____________________________________________________________________
3. ____________________________________________________________________
4. ____________________________________________________________________
5. ____________________________________________________________________
6. ____________________________________________________________________
07

3. Completa o texto coas palabras do recadro.

aeroporto (2) voo(2) equipaxe(2) avión pasaportes


atraso asentos viaxe embarque
cintos pasaxeiros (2) despegará piloto

Se imos facer unha _____________ en _________________ temos que ir ao ________________ polo menos
dúas horas antes de que saia o noso _______________.
O primeiro que temos que facer é facturar a nosa ______________ para que nos dean a tarxeta de ______________.
Despois temos que pasar polo control de _________________.
Na zona do __________________ na que só poden estar os ____________________ hai moitas tendas libres de
impostos nas que podemos facer compras.
Se o noso ______________ non ten _________________, poderemos embarcar á hora prevista.
Cando esteamos no avión teremos que buscar os nosos _________________ e colocar a ________________ de
man no maleteiro. Un sinal indicará o momento no que temos que abrochar os _______________ de seguridade.
Axiña, o avión _________________ e o ________________ daralles a benvida a todos os ________________.

4. Vacacións pola internet.

PRESENTE DE SUBXUNTIVO

-AR -ER -IR IRREGULARES


cante beba viva haber - haxa
cantes bebas vivas ser - sexa
cante beba viva estar - estea
cantemos bebamos vivamos ter - teña
cantedes bebades vivades ir - vaia
canten beban vivan poder - poida
poñer - poña
08

Escribes un anuncio na internet, que lle pides ao propietario?

Para pasar a fin de ano, desexo alugar unha Para pasar a semana do 15 de agosto, busco un
casiña: apartamento:
que teña tres cuartos. que estea en primeira liña da praia.
que (dispoñer ) ___________ de calefacción. que dispoña de aire acondicionado.
que (estar) ____________ preto de Pedrafita. que (ter) _____________ dous cuartos.
que (ter) _____________ bos accesos. que a zona (ser) _____________ tranquila.
que non (custar) ______________ máis de que se (poder) _____________ aparcar cerca.
___________. que se (permitir) ____________ o pago con
que _________________. tarxeta.
que non (custar) _____________ máis de 600
euros.
que __________________.

Para pasar a Semana Santa, quero alugar unha casa:


que teña catro cuartos.
que (dispoñer) _______________ de bicicletas.
que (haber) _______________ río preto.
que se (poder) _________________ cociñar.
que (estar) _________________ ben comunicada co aeroporto de Vigo.
que non (custar) __________________ máis de 1.000 euros.
que ________________________.

Lembra que o anteceidente (neste caso, casa e apartamento)


é descoñecido, por iso usamos o presente de subxuntivo:
Vivo nunha casa que ten un cuarto de baño.
Busco unha casa que teña dous cuartos de baño.
9

5. Durmir fóra
A En parellas, interpretade os seguintes textos.

a) Por teléfono:
RECEP.: Hotel Albarín. Bos días, aténdeo Silvia, dígame?
CLIENTE: Ola, bos días. Sería posible reservar un cuarto para esta fin de semana?, por favor.
RECEP.: Si, como non. Individual ou dobre?
CLIENTE: Individual, por favor.
RECEP.: Para cantas noites?
CLIENTE: Para venres e sábado.
RECEP.: Con baño ou con ducha?
CLIENTE: Con baño. Canto custa?
RECEP.: 70 euros, incluído o almorzo
CLIENTE: E podo pagar con tarxeta de crédito?
RECEP.: Si, por suposto. Podería dicirme o seu nome?
CLIENTE: Si, claro, Adrián García.
RECEP.: Moi ben, reservámoslle o cuarto ata as 8, se chega máis
tarde, por favor, chámenos.
CLIENTE: Vale, moitas grazas, non se preocupe.

b) Na recepción dun albergue:


CLIENTE: Ola, boas tardes!
RECEP.: Boas tardes. En que podo axudalo?
CLIENTE: Mira, poderías deixarnos algunhas mantas máis para
o noso cuarto? Parece que vai ir frío pola noite.
RECEP.: Claro que si, cantas necesitades?
CLIENTE: Un par, unha para cada cama.
RECEP.: Agora mesmo.
CLIENTE: Graciñas. Ata logo!
RECEP.: Ata logo!
10

Pedir un servizo de forma adecuada


Formal
Importaríalle...? Respostas
Sería posible...? Si, como non.
Sería tan amable de...? Si, agora mesmo.
Por suposto.
Informal Claro que si.
Importaríache...? Síntoo, pero...
Poderías...?

B Practicade en parellas, segundo os exemplos anteriores, interpretando un o papel de cliente e outro o de recepcionista.

a) Por teléfono:
Tipo de cuarto: dobre, individual, con cama supletoria, de matrimonio.
Duración da estancia: unha noite, dúas noites, unha semana, catro ou cinco días.
Esixencias especiais: con baño e teléfono, interior, con vistas á praia, almorzo na habitación.

b) Na recepción dun albergue:


- Faltan toallas.
- Hai unha lámpada fundida.
- Queres que te esperten ás 6.
- O aire acondicionado está a tope e tes frío.

C Escribide un fax e/ou un correo electrónico solicitando un cuarto nun hotel para pasar unha fin de semana coa vosa parella.
11

6. De cea
Escoita e completa a grella.

FLORA ROBERTO ANTONIO

BEBIDA

PRIMEIRO

SEGUNDO

SOBREMESA

7. Imos xantar
A Esta era a carta do restaurante que tiñan os vosos compañeiros Flora, Antonio e Roberto. Agora mirádea vós, en grupos de
catro, elixide os vosos menús, tendo en conta que:
- un está seguindo un réxime baixo en calorías.
- un só leva 30 euros.
- un é vexetariano.
.: MESÓN COME CASTAÑA :.
- un é un lambón.
Entremeses e ensaladas Caldos, sopas e arroces
Xamón ......................................... 7,00 € Caldo galego................................. 4,00 €
Chourizo do país ......................... 5,00 € Caldo de castañas......................... 4,50 €
Empanada de bacallau ............... 5,20 € Sopa de pescado............................3,50 €
Empanada de xoubas .................. 5,00 € Sopa de marisco............................ 4,30 €
Ensalada caseira (leituga,
Arroz con lumbrigante............... 30,00 €
tomate, cebola) ............................ 3,50 € (2 persoas)
Ensalada mariñeira (leituga,
tomate, cangrexo, gambas) .......... 4,00 €
Ensalada Come Castaña (leituga,
tomate, millo, castañas) .............. 4,00 €
Croquetas da avoa ...................... 4,00 €
12

.: MESÓN COME CASTAÑA :.

Verduras, revoltos e tortillas Mariscos e peixes


Feixóns guisados ......................... 3,80 € Lagostinos á prancha ................ 10,00 €
Chícharos con xamón ...................4,40 € Vieiras ao forno .......................... 5,00 €
(a unidade)
Revolto de cogomelos .................. 4,50 €
Mexillóns á mariñeira ................. 6,00 €
Revolto de algas .......................... 5,00 €
Berberechos ao vapor ...................4,20 €
Revolto de grelos ......................... 4,50 €
Luras á prancha .......................... 4,80 €
Revolto de espárragos ................. 4,80 €
Polbo á feira ................................ 8,50 €
Tortilla de patacas ...................... 4,00 €
Polbo Casa Castaña .................. 10,00 €
Tortilla da casa (pementos,
Troitas do Ulla ............................6,20 €
chourizo, chícharos e queixo) ....... 5,50 €
Pescada cocida ............................ 8,00 €
Peixe sapo en salsa mariñeira .....10,00 €

.: MESÓN COME CASTAÑA :.

Carnes Sobremesas
Raxo con pementos ..................... 4,50 € Froita do tempo .......................... 3,00 €
Zorza con patacas ...................... 4,30 € Flan caseiro ................................ 3,20 €
Polo ao loureiro .......................... 6,40 € Torta de queixo e amorodos ........ 3,30 €
Chourizos ao viño ....................... 6,00 € Torta de Santiago ....................... 3,60 €
Solombo á grella ........................ 10,80 € Torta de castañas ....................... 3,70 €
Rabo de touro ............................. 8,50 € Filloas ........................................ 3,70 €
Año asado ................................. 11,20 € Queixo ........................................ 3,00 €
Coello ao ourego .......................... 7,90 €
13

.: MESÓN COME CASTAÑA :.

Bebidas
Albariño Tentempé .................... 10,00 €
Ribeiro Verde .............................. 6,00 €
Cervexa ....................................... 2,00 €
Refresco ...................................... 2,00 €
Auga ........................................... 2,00 €
Licor café ................................... 2,00 €
Licor de abelá ............................ 2,00 €
Queimada .................................. 10,00 €
(4 persoas)

B Despois de elixir os menús, pedídellos ao camareiro, que será un de vós.


Camareiro: - Que desexa tomar?
-Para empezar, ensalada Come Castaña e, despois, un revolto de grelos.
Compañeira: -Pero ti non eras vexetariano?
- Si, pero os ovos podo tomalos!
14

Fonética

ENTOACIÓN INTERROGATIVA

Podemos distinguir dous tipos de entoación interrogativa:


a) Preguntas absolutas. Teñen un final ascendente. Nalgunhas zonas (ría de Vigo) esta entoación
presenta unha forte elevación.
Imos cear?
Queres acompañarnos?

b) Preguntas pronominais. Teñen un final descendente. Empezan cun pronome interrogativo.


Cando te vas?
Onde está o hotel?

1. Escoita e sinala a opción correcta.


1. Queres viño?
Queres viño.
2. Foi longa a viaxe?
Foi longa a viaxe.
3. Queres vir cear?
Queres vir cear.
4. Gústache viaxar só?
Gústache viaxar só.
5. Podo pagar con tarxeta?
Podo pagar con tarxeta.
15

Galego en acción

De viaxe
1. Na revista Viaxa con nosoutros publicouse este cuestionario. Queres saber que tipo de viaxeiro es? Marca a opción coa que máis
te identificas.

Como che gusta viaxar? 6. Durante as vacacións,


1. Cando vou de viaxe, a) non desconecto, sempre estou pensando no que
a) nunca sei que levar, ponme moi nervioso preparar as terei que facer á volta
maletas b) ás veces acórdome do traballo, pero non moito
b) gústame levar un pouco de todo, polo que poida pasar c) moléstame pensar no traballo, esquézome de todo
c) odio ter que facer as maletas; levo só o necesario
7. Prefiro viaxar...
2. Sempre levo... a) con todo organizado por unha axencia e cun guía
a) un pixama e un paraugas turístico
b) unha guía e unha cámara de fotos b) co voo e hotel reservado
c) un saco de durmir e un caderno c) pola miña conta e sen reservas

3. Cando estou de vacacións, 8. Normalmente viaxo...


a) sufro se non vexo todo o que hai nun lugar a) coa familia
b) interésanme os monumentos e os museos, pero non b) coa parella
necesito velo todo c) só ou con amigos
c) o que máis me divirte é pasear polas rúas e ver como
vive a xente 9. Compro...
a) demasiado e volvo á casa cun montón de cousas
4. Cando vou de vacacións, que non preciso
a) odio os lugares onde chove e vai frío b) regalos, encántame comprar recordos típicos dos
b) intento viaxar cando vai bo tempo sitios aos que viaxo
c) non me importa o clima c) algo que non vou atopar no meu país ou cidade

5. Respecto á comida: 10. Se me interesa unha viaxe


a) son un pouco delicado para comer e só como os a) o prezo non me importa
pratos que coñezo b) intento aforrar durante o ano para as vacacións
b) intento comer os pratos do lugar, pero non como c) planifico as vacacións en función do orzamento
cousas raras
c) encántame probar pratos novos do sitio onde estou Resultados >>
16

Resultados
Maioría de respostas A: Seguro que viaxas para relaxarte e descansar?
Lembra que as vacacións tamén serven para desconectar!
Maioría de respostas B: Es bo viaxeiro. Dáslle moita importancia á
comodidade, pero adáptaste a todo tipo de situacións.
Maioría de respostas C: Comes o mundo! Es un auténtico viaxeiro que
goza de todas as novas experiencias. Coidado coa aventura.

2. Le as solucións. Identifícaste cos resultados do test?

3. Comenta os resultados do cuestionario con dous compañeiros. Con quen tes máis cousas en común á hora de viaxar?
- Eu nunca sei que meter na maleta.
- Pois eu meto demasiada roupa.
- Eu viaxo con moi pouca roupa.
17

Contido sociocultural
1. Le o texto.

Eu escríboche para comunicarche a morte de teu irmán, pero tamén porque necesito desafogarme [...] Aforrarei relatarche
as penalidades que tivemos que sufrir ata chegar ás afastadas costas de Marrocos [...] xa non debiamos estar moi lonxe da
costa cando a barca envorcou [...] O día que abandonei Málaga todo me asustaba [...] O primeiro día viaxei ata Madrid [...]
logrei apañar un [autobús] a Burgos [...] non sei se a canseira ou a miña obsesión por ocultarme fixo que me enganase de
liña, de xeito que, unhas horas despois, aparecín en León [...] foi alí onde coñecín a Jean Pierre [...] que estivera vivindo no
Senegal, era un francés de Concarneau que viña camiñando desde Francia. Esa foi a primeira vez que oín falar do Camiño
de Santiago [...] Jean Pierre non tardou nada en me preguntar se era unha inmigrante ilegal. Logo díxome que o Camiño de
Santiago era o lugar máis seguro para que unha clandestina preñada coma min se agachase ata o inminente momento do
parto [...] as miñas roupas senegalesas permitíronme ocultar o embarazo con facilidade [...] E a través daquel camiño des-
cubrín tamén a terra onde agora vivo, Galicia, un lugar que aínda me parece estraño, poboado de fantasmas. As engurras
do camiño intérnanse en Galicia, coma unha néboa [...] en canto se pisa, calquera persoa se decata de que esta terra, hostil
aos emigrantes coma o resto de Europa, se desangra lentamente. O máis doloroso deste camiño que te vai introducindo
nas súas entrañas é a ausencia de nenos. Ninguén berra, ninguén enreda, ninguén corrica, ninguén brinca entre os canas-
tros das casas [...] Agora vivo aquí, nesta terra ferida, sen nenos, onde precisamente vin traer un cativo. O meu fillo naceu,
xa en terras galegas, no Camiño de Santiago. El veu ao mundo nunha vila alta e venteada [...] á que chaman Portomarín.

Adaptación de Ilegal, Cartas de amor de Fran Alonso, Xerais, 2006

2. Fixeches o Camiño de Santiago?

3. Atopácheste con peregrinos coma a protagonista da carta?

4. Como describe a protagonista o Camiño de Santiago? Estás de acordo con ela?

5. Cres que a protagonista quedará a vivir en Galicia?


18

Modelo Actividade CELGA


De aventura
O teu compañeiro quere ir de viaxe, pero non sabe a onde. Recoméndalle un destino tendo en conta as viaxes que xa fixo e o que
máis lle gustou e o que menos.
A Pregunta e completa a ficha.

Países visitados: ............................... O máis caro: ..................................


.......................................................... ................................................
......................................................... O país onde comiches mellor:
..........................................................
O máis bonito: .............................. Tipo de aloxamento preferido:
................................................. ..........................................................
O máis emocionante: ................... Medio de transporte preferido:
................................................. ..........................................................
O máis interesante: ...................... Actividades favoritas: ....................
................................................. ..........................................................
O máis divertido: .......................... ..........................................................
................................................. ..........................................................
O máis aburrido: .......................... ................................................
.................................................

- Cal é o lugar máis ____________________ que visitaches?


- Que é o que máis che gustou?
- Onde te aloxaches?

- O lugar máis ____________________ que visitei foi ________________________.


19

B Cal destas viaxes lle recomendarías ao teu compañeiro? Por que?

Br asil
Descubr a a b
ele
Río de Xaneir za incompar able de
o,
Br asilia, o rit a modernidade de
m
vador e as esp o e a xente de Sal-
e
Fortaleza nun ctaculares pr aias de
ha
12 días. Aloxa viaxe inesquecible de
m
e despr aza m ento en hoteis de luxo
ent
meir a clase). os en avión (pri-

Italia e a
a o p a ís d a arte, ond
Benvido úa
a c u lt u ra ofrecen a s
historia e ra-
a c o lle d o ra . Primeira pa
cara máis alí
o rr e e C atedral). De
da: Pisa (T dral
b ú s a F lo rencia (Cate
en auto cano
e d a a rt e ), Roma e Vati
e cidad liseo,
á C a p e la Sistina, Co
(visitas Ve-
e E s p a ñ a e Panteon),
Praza d nais
is it a e n b a rca polos ca
necia (v nto en
p o la c id a d e). Aloxame
e a pé
albergues.
20

Cuba
illa, a
Coñece a maxia desta
, a súa
súa xente acolledora
xe. Dez
música, a súa paisa
e Santia-
días entre A Habana
sas par-
go. Aloxamento en ca
ticulares.
Transporte local.

i c a n t i n e nte,
Bélx zón do co adición
O cora e unen a tr ir euro-
onde s ga co porv Bruxas,
flamenisitas a s. Unha
peo.V e Bruxela rear coa
Gante xe para sabo s mello-
paisa e co gusto: a chocola-
vista rvexas e os .
res ce is saborosos
tes má

Eu recomendaríache ___________________ porque ________________________________________________.


21

Repaso
1. Marchaches de vacacións e o teu compañeiro de piso aínda queda uns días, pero é moi despistado. Déixalle unha nota para que
non haxa sorpresas á volta.

Manolo, acaban de chamarme e teño que marchar correndo. Por


favor, lembra:
- Hai que pagar o alugamento.
- Tes que cerrar o gas.
- Tes que .........................................................................
- Tes que .........................................................................
- Debes regar as plantas.
- Debes de .....................................................................
- Hai que ........................................................................
Venme ver cando queiras! Bicos,
Aurora

2. Queres comprar un coche. Que lle pides?


- Que teña potencia.
- Que sexa cómodo.
- Que (custar) ______________________________.
- Que (ir) ______________________________.
- Que (estar) ______________________________.
- Que non (perder) ______________________________.
- Que (dispoñer de) ______________________________.
- ____________________________________________________.
- ____________________________________________________.
22

Porfolio
Imos cociñar
1. Filloas.

Ingredientes para catro persoas:


6 ovos
medio quilo de fariña
un litro de leite
un litro de caldo de polo
un anaco de touciño
sal

Preparación:
Aquí tes a receita das filloas, pero está desordenada, intenta ordenala e descubrir como se cociña.

a) Untar cun anaquiño de touciño unha tixola.

b) Ir incorporando a fariña ata que se mesture todo ben.

c) Cando calle e se doure un pouco, darlle a volta para que se doure polo outro lado.

d) Deixar repousar.

e) Esparexerlle un pouco azucre por riba (tamén se lle pode botar mel, canela...).

f) Poñer na tixola a mestura para que cubra o fondo.

g) Bater nun recipiente grande os ovos co leite e o caldo, engadir un pouquiño sal.

h) Repetir ata que se remate o preparado.


23

2. Responde.
A Cal é a túa receita preferida?
__________________________________________________________________________________________

Que ingredientes leva?


__________________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________________

Como se fai?
__________________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________________

B Despois de escribila, explícallela aos teus compañeiros.


24

Que sei facer?

Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Describir lugares

Relatar viaxes

Falar de comidas e bebidas

Desenvolverme en hoteis e restaurantes

Usar perífrases verbais

Usar o presente de subxuntivo nas relativas

Que palabras desta unidade quero recordar?


Que cuestións gramaticais me parecen máis complicadas?
Que actividade me foi de maior axuda?
Cal non me gustou? Por que?
Participei suficientemente na clase?
Que podo mellorar?
25

Transcrición do audio
1. Actividade introdutoria.

BEATRIZ: Ola! Benvido!


EDUARDO: Ola, xa estou aquí!
BEATRIZ: Que tal? Que tal a viaxe?
EDUARDO: Ben, moi ben.
BEATRIZ: Estarás canso?
EDUARDO: Non, non te preocupes, e ti, levas esperando moito tempo?
BEATRIZ: Estiven para marchar, pero despois penseino mellor e agardeite.
EDUARDO: Vaia, vexo que segues a xogar coma sempre.
BEATRIZ: Se traes fame ou sede podemos ir tomar algo antes de coller o coche.
EDUARDO: Non, non, sigo facendo dieta, así que non me convén comer moito, senón cando volva...
BEATRIZ: Acabas de chegar e xa estás falando de volver!
EDUARDO: Era unha broma, muller.
BEATRIZ: E non se che fixo longa a viaxe?
EDUARDO: Non, estiven lendo e despois estivemos vendo un par de películas e comendo, ata durmín un pouco.
BEATRIZ: Pois logo imos indo, que na casa estante esperando cos brazos abertos.
EDUARDO: Imos, non terás un cigarro?
BEATRIZ: Pero ti...
EDUARDO: Si, deixei de fumar, pero en Bos Aires, volvín coller o vicio
BEATRIZ: Sería a soidade!
EDUARDO: Sería.
BEATRIZ: Veña, imos, aínda temos que pasar polo caixeiro...
26

2. Gramática e léxico.
De cea.

Camareira: Ola, boas noites, que van tomar?


Flora: A ver, decidistes xa?
Roberto: Eu quero caldo galego de primeiro e año asado de segundo.
Flora: E ti, Antonio?
Antonio: A min tráiame sopa de marisco de primeiro e...
Camareira: Síntoo moito, pero terminóusenos a sopa de marisco. Se quere temos sopa de peixe, caldo de castañas...
Antonio: Non, entón non tomo sopa. Tráiame unha ensalada caseira e peixe sapo.
Camareira: E para vostede, señora?
Flora: Pode dicirme que leva a ensalada Come Castaña?
Camareira: Pois lévalle leituga, tomate, millo e castañas.
Flora: Entón tráiame esa ensalada e, de segundo..., coello ao ourego.
Camareira: Moi ben. Que van tomar para beber?
Antonio: Vós preferides tinto coa carne, non?
Flora: Si, si, mellor.
Antonio: Entón tráianos unha botella de viño tinto e unha copa de branco. Tamén unha botella de auga sen gas, por fa-
vor.

*****************

Camareira: Desexan algo de sobremesa?


Flora: Eu quero filloas se poden ser con mel.
Camareira: Por suposto, señora, e os señores?
Roberto: Pois eu vou tomar torta de castañas.
Antonio: Que hai de froita?
Camareira: Temos cereixas, laranxas, pexegos, amorodos e ameixas.
Antonio: Ben, entón tráiame cereixas, por favor.
01
02

Obxectivos

Obxectivos desta unidade:


Como preguntar e responder sobre o estado físico e anímico
Como demandar aclaracións ou repeticións ante dificultades de comprensión
Como explicar síntomas dunha enfermidade
Como falar do coidado corporal
Como dar consellos e facer recomendacións

Coñecemento do código
Imperativo afirmativo e negativo
Perífrases verbais
Léxico sobre estados de saúde
Léxico sobre as partes do corpo
Léxico de enfermidades
Léxico relacionado co coidado corporal
A acentuación
03

Actividade introdutoria
1. Unha persoa chama a un centro de saúde. Escoita a audición e contesta estas preguntas:

Para que chama por teléfono a paciente?

Que debe levar a paciente ao centro de saúde?

A que hora lle deron cita?

Onde está a sala das análises?

En que condicións debe ir a paciente ao centro de saúde?


04

Gramática e léxico
Prácticas guiadas

IMPERATIVO
Afirmativo
-AR -ER -IR
(TI) traballa come abre
(VÓS) traballade comede abride
(VOSTEDE) traballe coma abra
(VOSTEDES) traballen coman abran

Negativo
-AR -ER -IR
(TI) non traballes non comas non abras
(VÓS) non traballedes non comades non abrades
(VOSTEDE) non traballe non coma non abra
(VOSTEDES) non traballen non coman non abran

IRREGULARES
Afirmativo
TI VOS VOSTEDE Lembra que no IM-
+ - + + - PERATIVO, para as formas de
poñer pon non poñas poñede poña non poña cortesía (VOSTEDE, VOSTEDES)
vir ven non veñas vide veña non veña e as formas negativas usamos
ter ten non teñas tede teña non teña o presente de subxuntivo.
saír sae non saias saíde saia non saia
dicir di non digas dicide diga non diga
facer fai non fagas facede faga non faga
ir vai non vaias ide vaia non vaia
ser sé non sexas sede sexa non sexa
05

1. De consellos.
A Dálles consellos aos teus compañeiros que che din... (un con imperativo afirmativo e outro con imperativo negativo). Primeiro
escríbeos e despois díllelos.
- Estou engordando moito e iso que case non como nada.
_________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________
- A miña veciña pon a televisión altísima pola noite!
_________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________
- Dóeme moito a gorxa, pero con este traballo que teño non podo estar calada.
_________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________
- Canso moito ao subir escaleiras.
_________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________
- O meu fillo non che me come nada ben.
_________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________

B En parellas. O teu compañeiro escolle un dos seguintes temas e ti aconsellaralo para que consiga o seu propósito en cada un
destes casos. Podes usar os imperativos ou as perífrases.
LEMBRA

Para empezar ben o día Lembra as perífrases que indican obriga que
Para non mollarse cando chove vimos na unidade 4:
Para aforrar HABER+QUE+INF
Para ser un bo deportista Hai que poñer o cinto ao subir ao coche.
Para conseguir o amor da vida
Para ser bo estudante de galego TER+QUE/DE+INF
Para ser feliz Ten que ir en xaxún.

Para empezar ben o día, tes que poñer o espertador sempre DEBER+(DE)+INF
á mesma hora, canta na ducha, toma un bo almorzo, non leas Debes deixar de fumar.
o xornal mentres almorzas...
06

2. O corpo humano.
Sinala coa axuda do compañeiro as partes do corpo e os órganos internos nas imaxes:

os ollos o nariz
a boca a cabeza
a fronte o queixelo
o pescozo o oído
a gorxa os ombreiros
o cóbado as costas
os cadrís o corazón
os riles o estómago
a barriga o brazo
a man os dedos
o van as cadeiras
a perna o xeonllo
o nocello o pé

3. Coñeces estas enfermidades?


Elixe unha que coñezas e describe os síntomas: que hai que facer e que non se debe facer. Os teus compañeiros teñen que
adiviñar cal é.

Doenzas Síntomas Lesións ou trastornos


anxinas calafrío cólico cambra cefalea
arrefriado desmaio escordadura croque diarrea
apendicite febre hemorraxia ferida gran
asma inchazón lumbago indixestión tirizó
cancro maniotas proído vexiga
diabete sarabullo vómito
hepatite
varicela - Dóeche a cabeza e tes febre. Tes vexigas e proído. É contaxioso. Non te podes rascar.
sarampelo - A varicela!
07

Fonética

1. Escoita as seguintes palabras e marca a sílaba acentuada no gráfico. Observa que hai un cadrado para cada sílaba.

xarope alerxia termómetro


febre hospital doutor
análise insolación aspirina

2. Pronuncia as palabras do exercicio anterior prestándolle atención ao gráfico.

3. Clasifica as palabras do exercicio 1 na seguinte táboa.

AGUDAS GRAVES ESDRÚXULAS

Na pronuncia destas palabras, Na pronuncia destas palabras, Na pronuncia destas palabras,


a forza de entoación está na a forza de entoación está na a forza de entoación está na
última sílaba, ao final da pa- penúltima sílaba, a anterior á antepenúltima sílaba, a ante-
labra. última. rior á penúltima.
08

Galego en acción

1. En parellas, un fai de médico/a e o outro de enfermo/a. Escollede unha das seguintes fichas, contádelle ao médico o que vos pasa
ou pasou e el terá que darvos un consello. Lembrade os imperativos e as perífrases de obriga!

2. Representade o diálogo ante a clase.


Enfermos Médicos
ter febre gripe: tomar aspirinas/vitamina C/xarope para a
estar acatarrado tose
tusir febre: tomar antibióticos
ter dor de cabeza
ter dor de gorxa indixestión: comer pouco durante uns días, non
tomar graxas, tomar macela despois das comidas
ter dor de estómago e non tomar alcohol
vomitar despois de comer
estar mareado problemas do ril: beber moita auga, gardar re-
pouso (quedar un par de días na cama), tomar
doer os cadrís analxésicos para a dor, facer unhas análises
ter dor de barriga
ter problemas para facer pis traumatismo: poñer xeo sobre o pé, poñer unha
pomada analxésica, descanso co pé erguido, non
caer na estrada esta mañá moverse nuns días
inchárselle un pé
doer moito ao movelo

- Doutor, non me atopo moi ben.


- Que lle pasa?
- Dóeme moito o estómago e estou mareado....
...
- Non tome graxas...
09

Contido sociocultural
1. Antes de ler o texto fala co teu compañeiro:
- A que che soa “pé de león”?
- Coñeces algunha herba que sirva para curar?

2. Le o texto e contesta as preguntas:

Do Libro de mulleres de Hélène Jans


Herba chamada pé de león (Alchemilla xanthochlora)
A que chaman pé de león é unha herba, máis ca planta, de poderosas raíces, que so-
porta unha rosetiña de follas terrestres onde adoita resgardarse unha pinga de auga
de chuvia ou de rosada (...) Esa pinga ten propiedades máxicas: con non máis de
cinco pingas restitúese a fortaleza que debe repoñerse tras a perda dun ser querido.
Asemade, as persoas que beban desas pingas con regularidade serán vehementes,
decididas, seguras no dicir e no actuar, e tremendamente vigorosas (...) O pé de león
é unha planta boa e de efectos moi saudables(...) As follas do pé de león deben reco-
llerse cando vai bo tempo e secar á sombra (...) Fanse infusións con catro culleradas
por cada cunha de auga fervendo e, logo de deixala repousar un anaco, usarase
para aliviar as cambras ou para estimular os riles. Tamén as mulleres encinta deben
tomar ata tres cuncas ao día durante as catro semanas anteriores ao parto para así
facilitalo, que o pé de león amolece as carnes e faille algo de traballo ao tempo. E
como o extracto de pé de león, seco e moído, favorece a suor e os intercambios de
fluxo, vou intentar usalo para os apáticos, os indecisos ou pouco vigorosos, doenzas estas que se dan con maior frecuencia nos
homes ca nas mulleres, porque aqueles non intercambian fluxos con natura como estas fan cada mes (...) Para os apáticos pode
probarse a mesturar unha parte de roseira brava, dúas de hibisco, un petisco de casca de laranxa amarga relada, uns bagos de
sabugueiro e mais unha man de menta. A tal infusión debe tomarse con ganas, adozada con mel e procurarase aspirar o seu
aroma tanto coma o seu sabor, que por todos os sentidos nos veñen as ganas de amar a vida e de enfrontarmos a aflición.

Adaptación de Herba moura de Teresa Moure, Xerais, 2005, páx. 20-21


10

Usaches algunha vez o pé de león? Para que se toma, segundo o texto anterior?
______________________________________________________________________________________
______________________________________________________________________________________

Usas outras herbas medicinais?


______________________________________________________________________________________
______________________________________________________________________________________

Coñeces outros remedios caseiros? Cales?


______________________________________________________________________________________
______________________________________________________________________________________

Que opinas da medicina tradicional?


______________________________________________________________________________________
______________________________________________________________________________________

3. Unha receita sobre algunha herba medicinal ou remedio caseiro.


11

Modelo actividade Celga


Saúde e ordenadores.
Para traballar en parellas

Ficha para o alumno A:


1. Pasas moitas horas diante do ordenador? Marca cunha cruz se tes ou tiveches algunha destas molestias:
Dor de cabeza Dor de costas Tremor nos dedos
Dor de pescozo Dor de ombreiros Molestias nos pulsos
Ollos irritados Dor nos brazos Tensión en xeral

2. Explícalle ao teu compañeiro as molestias que tes ou que tiveches. El recomendarache algúns exercicios.

3. O teu compañeiro dirache que molestias ten el. Explícalle cal é a postura ideal fronte ao ordenador e como
ten que sentar.

O monitor non pode estar a menos de 15 cm dos ollos.

A parte superior do monitor debe estar á altura dos ollos.

Mirar o monitor coa cabeza dereita e o queixelo cara a dentro.

Apoiar as costas na cadeira.

Ter as mans á altura do cóbado e manter os ombreiros relaxados.

Manter as cadeiras nun ángulo de 90 graos.

Dobrar os xeonllos nun ángulo de 90 graos.

Apoiar os pés no chan.


12

Ficha para o alumno B:


1. Pasas moitas horas diante do ordenador? Marca cunha cruz se tes ou tiveches algunha destas molestias:
Dor de cabeza Dor de costas Tremor nos dedos
Dor de pescozo Dor de ombreiros Molestias nos pulsos
Ollos irritados Dor nos brazos Tensión en xeral

2. O teu compañeiro dirache que molestias ten ou tivo. Le estes textos e recoméndalle algún exercicio.

Ollos
- Pechar os ollos con forza e logo abrilos. Repetir varias veces
- Fixar uns segundos a vista nun obxecto que estea a poucos metros de distancia.

Pescozo
- Xirar a cabeza amodo cara a un lado e permanecer así uns segundos. Xirar a cabeza cara ao outro lado e
manter. Repetir varias veces.

Ombreiros
- Levar os ombreiros cara a adiante facendo un movemento circular. Despois facer o mesmo movemento en
sentido contrario.

Costas e van
-Coas mans sobre o van e os pés separados, levar as cadeiras
lentamente cara a adiante e os ombreiros un pouco cara a atrás.
Manterse nesa postura uns segundos.

Mans
- Estirar e separar ben os dedos durante uns segundos, despois
pechar o puño. Repetir varias veces.
- Xuntar as mans e subilas á altura do queixelo, cos dedos
estendidos e separados.
- Baixar as mans lentamente e separalas. Repetir varias veces.

3. Explícalle ao teu compañeiro as molestias que tes ou que tiveches. El recomendarache algúns exercicios.
13

Repaso
1. Para protexerse da calor
Neste folleto para protexerse contra a calor faltan algúns verbos. Engádeos usando imperativos afirmativos e negativos.

protexerse pedir consumir saír aumentar


beber evitar (x3) refrescarse ducharse
chamar esforzarse permanecer (x2) cubrir vestirse

__
__té
___P_ro a_
x_ e___ da calor!
s_ __ __ __ __ __ __ ___ facer deporte
. Non se
lorosas do día. __ sombra.
__ __ __ _ á rú a nas horas máis ca n qu e sa ír __ __ ___________ á
- Non ______ moita calor. Se te eira de cores clar
os.
__ __ __ __ de m asiado cando faga ___ con roupa lix
______ e __ __ __ __ __
ro ou cunha gorra
__ __ a ca beza cun sombrei máis fresca.
- ____ __ __
po si bl e de nt ro da casa na parte
aior tempo
___ durante o m n panos húmidos
.
- ____________ a ou __ __ ___________ co
te durant e o dí
__ frecuentemen
- ____________ non sinta sede.
e co n fre cu encia aínda que to azucre e
__ __ __ __ __ _ bastante au ga
be bi da s co n ca feína ou con moi
- __ as
______________
__ __ __ __ _ na da de alcohol. __
- Non ______
masiado fríos. o consumo de
beber líquidos de st ió n le nt a. __ _____________
xe
copiosas e de di
__ __ __ __ as comidas quentes,
- ____ __
froitas e verduras
. osto pola calor.
ou a un ve ci ño se se nota indisp
rente
_ axuda a un pa do seu Concello
.
- ____________ ao s Servizos Sociais
__ __ __ __ __
nguén preto, ____
- Se non ten a ni
14

2. O doutor fala.
A Escoita con atención o que di o doutor.

De que enfermidade está falando o doutor?


________________________________________________________________________________________

Cales son os seus síntomas?


________________________________________________________________________________________

É unha enfermidade grave?


________________________________________________________________________________________
________________________________________________________________________________________

B Escoita outra vez a audición e escribe algúns consellos para combater


a enfermidade.
15

Porfolio
O frío
Nos exercicios anteriores, tiñades varias recomendacións para previr os efectos da calor e a gripe. Elaborade agora un folleto con
recomendacións para previr os efectos do frío.
A Facede unha lista co vocabulario que ides necesitar. Buscade imaxes para o voso folleto.

B Describide o problema. Elaborade unha lista de recomendacións para combatelo ou evitalo.


Exemplos:
Use varias capas de roupa.
Protexa os oídos, cara, mans e os pés en tempo moi frío.

Pensade un slogan.

C Presentádellelo oralmente aos vosos compañeiros.


16

Que sei facer?

Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Preguntar e responder sobre o estado físico e


anímico

Explicar síntomas dunha enfermidade

Falar do coidado corporal

Dar consellos e facer recomendacións

Que palabras desta unidade quero recordar?


Que cuestións gramaticais me parecen máis complicadas?
Que actividade me foi de maior axuda?
Cal non me gustou? Por que?
Participei suficientemente na clase?
Que podo mellorar?
17

Transcrición do audio
1. Actividade introdutoria.

RECEPCIONISTA: Centro de Saúde Pontiñas, dígame?


PACIENTE: Bos días, quería pedir cita para facer unhas análises.
RECEPCIONISTA: Moi ben, ten vostede o volante do seu médico de cabeceira?
PACIENTE: Si, si que o teño.
RECEPCIONISTA: Tome nota, por favor: o próximo luns ás 8:45, na sala 3 do primeiro andar.
PACIENTE: Onde está a sala 3?
RECEPCIONISTA: Entre pola porta lateral, suba á primeira planta e xire á esquerda, a sala 3 está ao final do corredor.
PACIENTE: Moitas grazas.
RECEPCIONISTA: Non esqueza que antes da facer as análises ten que presentar o volante en recepción.
PACIENTE: Moi ben.
RECEPCIONISTA: Lembre tamén que ten que vir en xaxún.
PACIENTE: Perdón?
RECEPCIONISTA: Non coma nin beba nada antes de vir pincharse.
PACIENTE: Ah, si, graciñas.
RECEPCIONISTA: Dígame o seu nome, por favor.
PACIENTE: Sagrario López Martiño.
RECEPCIONISTA: Entón o luns ás 8:45 e traia o volante.
PACIENTE: Vale, moitas grazas
RECEPCIONISTA: Ata logo.
PACIENTE: Adeus.
18

2. Repaso.
Escoita o que di o doutor.

No programa de hoxe imos falar da gripe, dos seus síntomas, de como combatela e como previla.

A gripe é unha enfermidade respiratoria causada por un virus. Cando temos gripe temos febre, dor muscular
e dor de cabeza e unha sensación de debilidade e malestar xeral. Estes son os seus síntomas máis claros, aín-
da que ás veces tamén se manifesta con tose, esbirros, conxestión nasal e somnolencia. Non se trata dunha
enfermidade grave, pero si incómoda porque debemos estar varios días na cama, e é a causa máis importante
de baixa laboral.

Algunhas recomendacións para poder combatela. Cando sintas algún deses síntomas acude ao médico para
que realice o diagnóstico correcto e che proporcione o tratamento específico. Só un médico pode determinar
que medicinas son as máis adecuadas para cada paciente. Automedicarse non é bo. Consume grandes can-
tidades de líquidos, como zumes, bebidas quentes e evita saír da casa. Que non te colla o frío! Se te sentes
canso, aproveita para durmir.
01
02

Obxectivos
Obxectivos desta unidade:
Como describir obxectos e aparellos en relación coa súa utilidade e funcionamento
Como expresar opinións
Como relatar experiencias

Coñecemento do código
Léxico sobre obxectos de uso cotián
Léxico da tecnoloxía
Léxico de xogos e xoguetes
Copretérito
A comparación
Acentuación II
03

Actividade introdutoria
Escoita esta nena que fala cos seus avós.
Cal é a temática da conversa?

Coñeces os xogos ou xoguetes dos que se fala na audición?

Coñeces outros xogos tradicionais?

Con que xogabas de neno/a?


04

Gramática e léxico
Prácticas guiadas

COPRETÉRITO
O copretérito úsase para:
- Falar de hábitos e costumes no pasado.
De rapaz xogaba á billarda.

- Describir situacións no pasado: circunstancias referidas a un momento do pasado.


Cando era pequena e xogaba na praza, un día caín.

- Comparar o pasado co presente.


Antes fumaba, agora xa non fumo.

1. Que será unha cousiña, cousa.

Que será unha cousiña Que será unha cousiña, Anda e non ten patas, Que será unha cousiña,
cousa, cinco bois e a cousa, meter o duro come e non ten boca, cousa, unha rea de “se-
chavella, e terra branca dentro do brando, que toda a comida lle ñoritas”, cando mexa
e semente negra? será aquilo que queda parece pouca. unha, mexan todas.
e a tinta colgando? O muíño

Os dedos, a pluma, o papel Os pendentes As tellas

A Sabes algunha adiviña? Propónllela aos teus compañeiros a ver se atinan de que se trata.

B Intenta crear algunha cun obxecto moderno. Os teus compañeiros terán que adiviñar que é.
05

Describir obxectos
FORMA MATERIAL USOS PROPIEDADES
é alto/a é de tea serve para pódese comer
baixo/a coiro úsase para dobrar
alongado/a pel emprégase en rachar
estreito/a plástico non se pode comer
ancho/a madeira dobrar
redondo/a ferro rachar
cadrado/a aceiro
cristal
papel

2. Inventos.
En parellas.
Alumno A.
Elixe cinco destes obxectos ou cousas e escribe unha frase que os describa e que reflicta como estes inventos cambiaron a
vida da xente. O teu compañeiro terá que adiviñar de que invento se trata.

ordenador o lume papel tarxeta de crédito neveira


avión radio o garfo xabón as lentes

- Pode ser de madeira, de aceiro, é alongado. Hai moitos anos a xente comía coas mans, agora usa este utensilio.
- O garfo.

________________________________________________________________________________________
________________________________________________________________________________________
________________________________________________________________________________________
________________________________________________________________________________________
________________________________________________________________________________________
06

Alumno B.
Elixe cinco destes obxectos ou cousas e escribe unha frase que os describa e que reflicta como estes inventos cambiaron a
vida da xente. O teu compañeiro terá que adiviñar de que invento se trata.

internet bolígrafo teléfono diñeiro coche


televisión xornal o plástico a roda a cremalleira

- Ten rodas e consome abondo. Antes a maioría da xente movíase a pé ou a cabalo, agora chégase axiña a todas as
partes con el.
-O coche.

________________________________________________________________________________________
________________________________________________________________________________________
________________________________________________________________________________________
________________________________________________________________________________________
________________________________________________________________________________________

3. O mundo da informática.
Asocia estes termos cos debuxos:

1. impresora
2. teclado
3. cámara web
4. CD-rom
5. rato
6. disquete
7. alfombriña
8. táboa
9. lapis (pen drive)
10. monitor
07

O COMPARATIVO

A expresión comparativa fórmana dous elementos:


1. o primeiro: un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade
(tan, máis, menos).
2. o segundo: as partículas que/ca/do que ou coma/como máis o elemento co que se realiza a comparación.

- Comparativas de superioridade ou inferioridade: ca, que ou do que (se a segunda parte é un verbo)
traballa máis ca antes
é máis listo ca/que un allo
fala máis do que debe

- Comparativas de igualdade: como ou coma


estaba tan namorado coma min
é tan bo xogador como/coma o seu irmán

Úsase ca ou coma cando o segundo elemento da comparación é un pronome persoal (min, ti, el/ela, nós, vós, eles/
elas):
é máis alta ca min
é tan intelixente coma el

A partícula ca contrae co artigo:

o a os as
ca có cá cós cás

Agora estudo máis có ano pasado.


O avión é máis rápido có coche.

Cando ca vai seguido da preposición a non se fai contracción


Téñolle máis medo a el ca a ela.
08

COMPARATIVOS IRREGULARES

maior/meirande (grande)
menor (pequeno)
mellor (bo)
peor (malo)
superior (alto)
inferior (baixo)

4. Pasado e presente.
Con que frases te identificas? Coméntao cos teus compañeiros. Engade un par.
1. Antes traballaba menos ca agora.
2. De pequeno/a non me gustaba o peixe, agora tómoo tres veces á semana.
3. Antes tomaba café pola mañá, agora tomo té.
4. Hai anos lía o xornal en papel, agora léoo na internet.
5. Cando tiña quince anos non saía nunca polas noites, agora saio as fins de semana.
6. Antes erguíame ás oito da mañá, agora érgome antes.
7. De pequeno vivía no campo, agora vivo na cidade.
8. Cando era novo/a era máis tranquilo/a.
9. Antes fumaba e agora deixei o tabaco.
10. Antes xogaba ao tenis e agora xa non xogo.
11. ........................................................
12. ........................................................

- Antes era máis tranquilo ca agora.


- A min pásame o mesmo, agora estou máis nervioso ca antes, traballo demasiado.
09

En que ocasións recibías regalos cando eras pequeno? Que che regalaban? Que reciben agora os rapaces? Cando? Escribe cinco
frases.
- A min sempre me regalaban bonecas o día do meu santo. Non chegaba Papa Noel, eran os Reis Magos os que nos traían
regalos: unha bicicleta, un tren eléctrico...

___________________________________________________________________________________
___________________________________________________________________________________
___________________________________________________________________________________
___________________________________________________________________________________
___________________________________________________________________________________

5. A volta ao cole.
Lembras o primeiro día da “volta ao cole”? Escribe un texto de 20 liñas (unhas 200 palabras) no que expliques como te sentías.

Compárao coa volta ao traballo despois das vacacións.

Antes, cando era pequeno, o día da volta ao cole sentíame


__________________.
Estaba moi _______________ porque ______________
______________________.
Agora, cando volvo ao traballo despois das vacacións
_______________________.
10

Fonética

1. Escoita estas palabras e clasifícaas na táboa.

AGUDAS GRAVES ESDRÚXULAS

televisión móbil teléfono


internet rato

2. Pronuncia en voz alta as palabras da táboa.

3. Podes extraer algunha regra para a aparición do til? Relaciona a seguinte información:

a) Palabras agudas Levan til cando non rematan en –n, -s nin en vogal (móbil)

b) Palabras graves Levan til sempre (teléfono)

c) Palabras esdrúxulas Levan til cando rematan en –n, -s ou vogal (televisión)


11

Galego en acción

1. Mira estas imaxes.

20/06/1975 18/08/1998 25/03/2000

2. Comenta co teu compañeiro ou compañeira de que cres que se acorda Inés?

- Creo que se acorda de cando era pequena e xogaba no seu bambán, daquela tiña 6 anos e vivía cos seus pais e cos seus
avós na aldea, era unha nena moi feliz.

3. E ti? Tes algún recordo daqueles anos? Onde estabas? Que facías? Vivías mellor ca agora?

4. Escríbelle unha carta a un amigo da infancia ou xuventude (unhas 20 liñas) lembrando aqueles anos (os veráns, as festas, o
primeiro amor...).
12

Contido sociocultural
1. Lede o seguinte texto.

Inventores

Un controlador de velocidade para automóbiles e unha cuberta auto-


mática de piscinas gañan o Premio Galicia Innovación Junior.

O lucense Efrén López Ferreiro, na categoría de 16 a 18 anos, e a com-


postelá Rosalía Gómez Lasheras, na de 12 a 15 anos, son os gañadores
da V Edición do Premio Galicia Innovación Junior, convocado pola Con-
sellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. O seu esforzo
premiarase con cámaras fotográficas, reprodutores dixitais de música
ou ordenadores portátiles.

O traballo polo que foi premiado Efrén López consiste nun “sistema
radiotransmisor de limitacións de velocidade viaria”. O sistema está
deseñado para todo tipo de condutores, sexan noveis, expertos ou profesionais, e está pensado para evitar distraccións ou
perda de atención ao volante.

O segundo premio recaeu en Almudena Novoa polo traballo titulado “CSI: cinto de seguridade intelixente”. O invento supón
unha mellora –a través dun sinal acústico- con respecto aos sistemas que se utilizan actualmente para llas lembrar aos usua-
rios dun coche que poñan o cinto.

Na categoría dos máis novos, gañou Rosalía Gómez cun sistema de cuberta automática para piscinas. Unha solución para
protexer da chuvia a auga de piscinas. Un sistema incorporado á piscina desprega unha cuberta sobre esta en canto detecta
que está chovendo.

O segundo premio foi parar a Pablo Loureiro que presentou o invento dun depósito para aproveitar a auga da chuvia en viven-
das unifamiliares. A proposta parte da idea de non desperdiciar a auga que cae no tellado, recolléndoa para despois utilizala
>>
13

en cisternas e sistemas de regadío.

Entre os gañadores dos accésits na categoría de 16 a 18 anos están, entre outros, Francisco Alonso cunha debulladora de es-
pigas e Efrén López cun sistema de antibloqueo para goteiros sanitarios.

Entre os gañadores dos accésits na categoría de 12 a 15 anos figuran: Álvaro Rodríguez, cunha alarma antirroubo para mo-
chilas: sistema que avisa cando se abre a cremalleira dunha mochila mediante unha alarma sonora e un dispositivo vibrador.
E M.ª Goretti Balsa e Leticia Cortiñas co Pipaplus: sistema que incorpora ás bolsas de pipas un dispositivo que serve para botar
as cascas sen manchar o chan.

Adaptación de Galicia-Hoxe.com, 23/06/2007

2. Cal dos inventos do texto que acabas de ler che parece máis interesante? Por que?

3. Que premios recibirán os inventores?

4. Inventaches ti algo algunha vez?

5. Podes describirlles o teu invento aos teus compañeiros para que adiviñen de que se trata e para que serve?

6. Recibiches algún premio polo invento? Que?

7. Cal cres que foi o mellor invento da historia? Por que?


14

Modelo actividade Celga


A educación antes e agora.
1. Comenta co teu compañeiro.
a) Antes no ensino usábase máis a memoria ca agora?
b) Antes os estudantes razoaban máis ca agora?
c) Había máis participación antes nas clases?
d) Os profesores eran máis estritos antes?
e) Antes os alumnos respectaban máis os profesores e os compañeiros ca agora?
f) Que opinas das escolas mixtas? E das aulas interculturais?

2. Escoita estes profesores que falan sobre o ensino de antes e o de agora.

3. Que opinas ti? Paréceche que o ensino era mellor antes ca agora? Por que?

4. Escribe sobre a túa escola un texto dunhas 20 liñas:


tipo de escola
como eran os profesores
cal eran as materias preferidas
gustábache ir...
15

Repaso
1. Escoita a Raquel e a Sara.

A Que cousas cambiaron na vida de Raquel? Escríbeas.

B Compara as respostas coas do teu compañeiro.

C E na túa vida? Cambiaron moitas cousas? Escríbeo.

2. Pregúntalle ao teu compañeiro ou compañeira sobre a súa infancia. Podes usar as ideas do cadro.

programas/televisión
con quen/compartir cuarto
deportes/practicar
comidas/gustar
música/escoitar os pais
pai/ter coche
amigos/xogar na rúa
...

- Cando eras pequeno, tiñas televisión na túa casa? Que programas vías?
16

Porfolio
É mellor ca
1. Busca compañeiros que teñan os teus mesmos gustos (serie A ou B). Elixide varios termos ou elementos da mesma serie.

A B
campo cidade
comida caseira pratos preparados
café leite con cacao
carne vexetariano
familia tradicional novas relacións
xogos populares: papaventos, novas tecnoloxías: internet,
billarda,bambán... vídeo xogos...

-Gústache máis o campo cá cidade?

2. Cada membro do grupo escribe polo menos unha frase defendendo o seu termo e comparándoo co outro da outra serie.

- Xogar cun papaventos polo campo ou pola praia é mellor ca pasar horas diante dunha videoconsola, porque é máis san
e divertido que estar toda a tarde sentado.

3. En cada grupo elíxense as mellores frases.

4. Posta en común co resto da clase.


17

Que sei facer?

Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Describir obxectos e aparellos en relación coa


súa utilidade e funcionamento

Comparar

Expresar opinións

Relatar experiencias

Que palabras desta unidade quero recordar?


Que cuestións gramaticais me parecen máis complicadas?
Que actividade me foi de maior axuda?
Cal non me gustou? Por que?
Participei suficientemente na clase?
Que podo mellorar?
18

Transcrición do audio
1. Actividade introdutoria.

NENA: Avoa, e cando eras nena, a que xogabas?


AVOA: Ai, filliña, daquela non tiñamos tanto tempo coma agora, había que traballar moito.
NENA: Pero algún xoguete terías, ou?
AVOA: Si, faciamos bonecas coas espigas de millo e peiteabámolas. Tamén xogabamos cos outros rapaces á roda, ao arrin-
catenabos, e á raia pequena.
AVÓ: E nós xogabamos á pelota, aínda me lembro da primeira! Era de trapos, e que ben corría! Despois, un día, chegou o
padriño da feira cunha de goma, ata que bateu nun croio e furou. Tamén xogabamos á billarda e ao marco.
NENA: Á que?
AVÓ: Á billarda. Xogábase con dous paus, o que lanzara o pau pequeno máis lonxe gañaba.
NENA: E como se xogaba ao marco?
AVÓ: Pois era moi fácil, había que poñer unha pedra chantada no chan e íanselle tirando outras a unha distancia duns
cinco ou seis metros ata tirala.
NENA: Daquela non iades á discoteca. E as festas?
AVOA: Ai, as festas! Aquelas si que eran festas! A última era o San Miguel en Cibreiro.
AVÓ: Non, muller, aínda quedaba o San Lucas en Santa Cristina, e a que non atopara mozo naquela xa non o atopaba en
todo o ano. Había que esperar ata a Pascua en Vilasión.
AVOA: Tes razón. E as festas eran de día, ao escurecer xa se volvía para a casa, que non che había luz eléctrica. E non coma
agora que volvedes co día entrado. E levabamos os zapatos na man para non luxalos, que podía haber lama no camiño!
NENA: E nos pés?
AVOA: Uns zoquiños.
AVÓ: Pero pasar pasabámolo ben. Cando viña o tempo da esfolla xuntabámonos todos os veciños, unha noite na casa duns,
outra na doutros, non coma agora cada un na súa diante da televisión ou do ordenador.
AVOA: Si, e a fiar. Xuntabámonos nunha corte ás noitiñas, as mulleres fiabamos, os homes contaban contos, un saía cunha
cántiga, outro botáballe outra a desafío e xa estaba armada a troula.
NENA: E cando descansabades?
AVOA: Os domingos, ese día non se podía fiar nin tecer nin calcetar, que seica toleaban as ovellas.
NENA: E botades de menos aqueles tempos?
AVOA: E como non os imos botar! Eramos máis novos e tiñamos máis saúde ca agora, aínda que traballar tamén che había
19

que traballar máis e máis duro. Agora con tanta máquina xa non se traballa tanto coma antes.
AVÓ: Pero o peor foi despois, veu a guerra e moitos tivemos que marchar e as mulleres tiveron que encargarse da casa,
dos fillos e da facenda.
AVOA: Si, niso é mellor non pensar.

2. Fonética e ortografía.
Escoita estas palabras e clasifícaas na táboa.

teléfono rede autobús


móbil xabón fácil
televisión ciclomotor impresora
rato vídeo lapis
internet carácter bolígrafo
tesoiras xornal inglés
culler imaxe téxtil
parábola avión ordenador
balón café educación
cámara electrónica cántiga
tixola xoguete mamá

3. Modelo actividade Celga.


A educación antes e agora.

PACO: Liches o artigo de onte do xornal sobre educación?


ANA: Si, pero non estou de acordo con todo o que dixeron. Eu creo que a educación que reciben os nosos fillos hoxe é
mellor cá de antes. Antes só se usaba a memoria e os alumnos non aprendían a razoar.
PACO: Pero agora o gran problema é que os rapaces non poñen interese nos estudos e non respectan o profesor. Non pres-
tan atención nas clases e así non aprenden nada.
ANA: Eu creo que antes a relación cos profesores era moito peor. Os profesores eran moi estritos e non facilitaban a co-
municación co alumno. Ademais, estabamos separados rapaces e rapazas e iso non é bo para a vida onde todos estamos
xuntos.
PACO: Si, pero a atención na clase e o silencio eran moito maiores e iso facilitaba a aprendizaxe.
20

ANA: Eu non creo que iso fora aprender: non podías participar nin facer preguntas e moitos quedaban polo camiño.
PACO: Agora as escolas son mixtas, pero tamén se perden moitos alumnos, porque cando un alumno non pon interese polo
que está aprendendo non ten solución.
ANA: Eu creo que o importante é convencer o alumno de que ten que aprender para buscar un lugar na vida e facilitarlle o
traballo para seguir camiñando, pero se el non se esforza por estudar, o sistema non vai poder facer nada por el.

4. Regalo.
Escoita a Raquel e a Sara.

SARA: Raquel, véxote moi ben, que boa cara tes!


RAQUEL: Si, ultimamente cóidome moito máis.
SARA: Pois non sei que fas, pero estás estupenda.
RAQUEL: Non foi fácil, pero agora estou mellor. Xa non como nos restaurantes coma antes, agora só como na casa: peixe,
verduras, froita...
SARA: E non tomas carne?
RAQUEL: Si, pero cocida ou á prancha. Ademais antes fumaba e agora deixeino... E fago moito deporte, vou nadar tres
veces á semana.
SARA: E que tal no traballo?
RAQUEL: Moito mellor, aínda que traballo menos. Antes non saía da oficina, agora só estou o necesario.
SARA: E xa non levas traballo para a casa?
RAQUEL: Nin falar! Na casa aproveito para ler, déitome cedo e érgome de mellor humor. Antes durmía moi pouco...
01
02

Obxectivos
Obxectivos desta unidade:
Como relatar accións e circunstancias pasadas
Como dar e pedir información sobre sucesos
Como informar de actividades no pasado consideradas no seu punto de partida
Como reaccionar ante un relato

Coñecemento do código
Léxico de sentimentos e estados de ánimo
Léxico relacionado co mundo laboral
Pretérito, copretérito e antepretérito de indicativo
Contraste entre pasados
Acento diacrítico
03

Actividade introdutoria
Angélica e Rosa son dúas amigas que xa vimos na unidade 1.
Angélica coida os pais de Fernando. Un día Angélica chama por teléfono moi preocupada e nerviosa á súa amiga Rosa. Minutos
máis tarde, as dúas amigas están na casa de Fernando.

Por que cres que Angélica chama a Rosa?

Que puido acontecer?

Pasaríalles algo aos pais de Fernando?

Despois de facer as túas hipóteses, escoita a audición e responde as preguntas.


04

Gramática e léxico
Prácticas guiadas
Lembra o pretérito de indicativo (unidade 2) e o copretérito (unidade 6).

ANTEPRETÉRITO DE INDICATIVO
-AR -ER -IR
andara bebera vivira
andaras beberas viviras
andara bebera vivira
andaramos beberamos viviramos
andarades beberades vivirades
andaran beberan viviran

CONTRASTE PRETÉRITO/COPRETÉRITO
O pretérito presenta a información como un acontecemento. Expresa unha acción desenvolvida no pasado.
Fun á tenda, comprei froita.

O copretérito ou imperfecto presenta a información como unha circunstancia que envolve outro acontecemento. Sinala
unha coincidencia temporal no pasado con respecto a un referente situado tamén no pasado.
Estaban os dous na casa, soou o teléfono e saíron axiña.

CONTRASTE COPRETÉRITO/ANTEPRETÉRITO
Co copretérito evocamos circunstancias simultáneas.
Saín por froita e eles estaban moi tranquilos.

Co antepretérito evocamos circunstancias anteriores. Serve para facer referencia a circunstancias e a accións pasadas,
anteriores a outro feito pasado.
Cando volvín xa desapareceran.
05

1. Completa a historia co tempo de pasado axeitado (pretérito, copretérito, antepretérito).

asinar tocar estar (2) chegar presentarse


recuperar atopar ver recoller
preguntarlle dicir entrar chamar abrir ter

Cando ________________ á casa e _____________ a porta deime conta axiña, ___________________


todo revolto: os caixóns estaban fóra do seu sitio, non ________________ o xoieiro nin o meu ordenador
persoal, así que pensei que _______________ uns ladróns. _____________ a policía e non _____________
nin _______________ nada esperando a que apareceran. _________________ en quince minutos. Can-
do chegaron os axentes _________________ onde ________________ eu e se lle _______________
a alguén que ía estar fóra. Tamén quixeron saber se ______________ algún sospeitoso ao redor da casa.
_______________ a declaración e quedaron en avisarme se _______________ noticias e _______________
o roubado.
06

2. Como cres que reaccionan estas persoas ante o relato? Completa os diálogos.
- Saín un momento facer a compra e cando volvín xa desapareceran!
- ___________________? Miraches ben na casa? Non estarán no xardín Reaccionar ante un relato
ou na horta? Expresar interese
Que pasou?
- Bos días, Fernando! Temos un problema! Como foi?
- ________________? Que facedes as dúas aquí? Non tiñades que estar Expresar incredulidade ou dúbida
estudando! De verdade?
En serio?
- Unha vez viaxando por Francia, unha amiga e mais eu equivocámonos Expresar satisfacción ou felicidade
de tren e aparecemos noutra cidade. Que ben!
- ___________________? Que marabilla!
Expresar coincidencia
- Coñecín o meu noivo nun aeroporto. Que casualidade!
- ________________! Eu tamén. Expresar tristeza
Que pena!
- Sabes que a Torre de Hércules foi candidata a ser declarada Patrimonio Que mágoa!
da Humanidade pola Unesco?
- __________________. Pois eu non sabía nada.
07

3. Currículo, entrevista persoal e ofertas de traballo.


En parellas.
A Escribe o teu currículo. Despois explícallo ao teu compañeiro.

CURRICULUM VITAE
Datos persoais
Nome e apelidos:
Enderezo
Data e lugar de nacemento
Estado civil
Teléfono:
Correo electrónico:
Formación
Experiencia profesional
Idiomas
Outros

- Nacín o _________________ de ____________ en _____________________________.


- Estudei ________________ de ___________ a ___________.
- Traballei en __________________ ata ___________.
- Un ano despois _______________.
- Hai un ano/un mes/unha semana ___________________.
...
08

B O teu compañeiro, entrevistador dunha axencia de traballo temporal, prepara por escrito a entrevista e faicha.

- En que ano rematou a carreira?


- Por que estudou...?
- Estivo algunha vez en...?
- Traballou en algo relacionado coa súa titulación?
- Cal dos traballos anteriores lle gustou máis/menos? Por que?
- Viuse nalgunha situación desagradable no traballo? Como saíu dela?
...

C Están dispoñibles estas ofertas de traballo. Axudante/a de cociña


Cales son adecuadas para o teu compañeiro ou compañeira? Proponlle algunha. para A Coruña
Realizará tarefas de limpeza
Coidador/a de nenos para A Estrada e lavado de pratos, ademais
Para traballar no coidado de dous nenos a
Asesor/a comercial para Viveiro
de recoller a cociña dun
Realizará tarefas administrativas e
xornada parcial, pola tarde, en horario de restaurante. Ofrecen día libre
comerciais nunha inmobiliaria. Ne-
16:30 a 19:30 horas, de luns a xoves. Nece- os luns, ademais de martes e
cesario carné de conducir e vehículo
saria experiencia no posto. mércores pola noite. Entre 20
propio, coñecementos a nivel alto de
Chamar polas tardes ao 986 544321 e 50 anos. Xornada completa
galego e de informática. Entre 23 e
en quenda partida.
40 anos.
Para contactar:www.em-
Contactar:www.emprego.com. Oferta
Profesor/a de contabilidade para prego.com. Oferta nº 964366
nº 964155
Vilagarcía
Impartirá un curso de contabilidade
informatizada, dentro dun programa de Condutor/a de autobús
Operario/a de granxa
formación continua para traballadores. Empresa dedicada ao transporte de viaxeiros
vacún para Meira
Necesaria experiencia como docente por estrada precisa condutor/a para liñas
Realizará o coidado e atención
ademais de coñecementos de Contaplus. regulares pola provincia da Coruña. Valórase
dunha granxa, levando a cabo
Horario de 15:30 a 16:30 horas. experiencia. Imprescindible carné de condu-
tarefas de mantemento das
Para contactar: www.emprego.com. Oferta cir D. Incorporación inmediata.
instalacións e o coidado dos
nº 999888 Para contactar: www.emprego.com. Oferta
animais. Ofrecen contrato de
nº 989098
tres meses con posibilidades
de pasar a indefinido. Xornada
En Lalín precísase axente de enquisas completa con dous días libres
Realizará enquisas domiciliarias por todo o concello. Necesaria titulación mínima de Bacha- á semana. Entre 18 e 50 anos.
relato, permiso de conducir tipo B e vehículo propio para desprazarse ao lugar de traballo. Contactar no 982 334455
Contactar chamando ao 986 342122
09

- Pode vostede traballar como/de ......... porque ......

D Cambiade os papeis, entrevistador e entrevistado.

4. Mundo laboral.
A Le o seguinte texto.

Bo ambiente no traballo

No mundo empresarial actual, cada vez máis competitivo, un equipo motivado é esencial para obter bos resultados.

Moitas son as técnicas que utilizan os directivos para manter un bo am-


biente de traballo nunha empresa: contar cunha boa política retributiva;
isto é, ofrecer un salario xusto, que a nómina sexa un incentivo para atraer
os bos candidatos, tratar ben ao persoal ou fomentar as súas iniciativas.

A eficacia da empresa é outro punto decisivo, os provedores agradecen


que os seus distribuidores, e viceversa, teñan a documentación e a conta-
bilidade en orde: facturas claras ou albarás correctos facilítanlle ao cliente
a rapidez nas xestións comerciais.

Hai empresas que non valoran os esforzos dos seus traballadores. Implan-
tan unha flexibilidade de horarios á medida do xefe. Outras insisten en
practicar unha política de portas pechadas; é dicir, os cargos directivos
manteñen as distancias e impiden a comunicación.

Motivar os empregados e facelos sentir a gusto na empresa reflectirase nunha mellor e maior calidade do traballo producido.
10

B Estas palabras están relacionadas co mundo da empresa. Algunhas refírense a persoas ou entidades e outras a documentos
escritos. Agrúpaas.

factura traballador candidato nómina entrevistador


recibo provedor contrato cliente albará distribuidor

Persoas ou entidades Documentos


_______________________________ _______________________________
_______________________________ _______________________________
_______________________________ _______________________________
_______________________________ _______________________________
_______________________________ _______________________________
_______________________________ _______________________________

C Aquí tes as definicións dalgunhas das palabras anteriores. A que palabras se refiren?

a) É o papel oficial que recibe o traballador cando lle pagan o soldo:

b) É un documento que lle entrega un traballador a unha empresa cando está enfermo:

c) É unha empresa que lles vende e comercializa produtos a outras empresas:

d) É un documento que indica o importe que hai que pagar por un produto ou servizo:

e) É unha empresa ou persoa que lle subministra produtos a unha empresa:


11

Fonética
O ACENTO DIACRÍTICO (1)

Utilízase para distinguir dúas palabras que teñen a mesma forma na escrita, pero que se diferencian porque
a vogal tónica ten distinto timbre ou porque unha palabra é tónica e a outra átona (póla/pola, dá/da).

Pónselle sempre acento gráfico á palabra que ten vogal aberta ou á que é tónica. Así:

á (a + a artigo; subst.) a (artigo; pron.; prep.)


ás (a + as artigo; subst.) as (artigo; pron.)
bóla (‘esfera’) bola (peza de pan)
cá (ca + a) ca (conx.)
cás (ca + as) cas (prep.)
chá (‘plana’) cha (che + a)
chás (‘planas’) chas (che + as)
có (ca + o) co (con + o)
cós (ca + os; subst.) cos (con + os)
cómpre (‘é mester’) compre (‘merque’)
cómpren (‘son mester’) compren (‘merquen’)
dá (pres. e imp. de dar) da (de + a)
dás (pres. de dar) das (de + as)
dó (‘compaixón’) do (de + o)
é (pres. de ser) e (conx.)
fóra (adv.) fora (antepret. de ser e ir)
má (‘ruín’) ma (me + a)
más (‘ruíns’) mas (me + as)
máis (adv. e pron.) mais (conx.)
nó (subst.) no (en + o)
nós (pron. tónico; pl. de nó) nos (pron. átono; en + os)
ó (a + o) o (artigo; pron.)
12

O ACENTO DIACRÍTICO (2)

ós (a + os) os (artigo; pron.)


óso (do corpo) oso (animal)
pé (parte do corpo) pe (letra)
póla (‘rama’) pola (‘galiña’; por + a)
pór (‘poñer’) por (prep.)
présa (‘apuro’) presa (‘prendida’; ‘presada’)
sé (‘sede eclesiástica’; imp. de ser) se (conx.; pron.)
só (adv. e adx.) so (prep.)
té (‘infusión’) te (pron.; letra)
vén (pres. de vir) ven (pres. de ver; imp. de vir)
vés (pres. de vir) ves (pres. de ver)
vós (pron. tónico) vos (pron. átono)

Escoita e acentúa.
13

Galego en acción

Faltan da súa casa


Cando desapareceron a señora Carme e o señor Eduardo, Angélica chamou a súa amiga Rosa. As dúas mozas foron xuntas avisar a
Fernando, o fillo dos velliños que coidaba Angélica. El chamou os familiares e despois a policía. Horas máis tarde, a policía iniciou
as súas investigacións, sabendo que os señores Fontes xa desapareceran outras veces, naquelas ocasións, atopáranos ao cabo de
pouco tempo. A primeira hipótese que barallou a policía foi a de que se desorientaran, xa que ambos tiñas problemas de falta de
memoria. Descartaron así un secuestro ou unha fuga voluntaria. Enviaron axentes á casa dos desaparecidos e estes tomáronlles
declaración aos seus familiares e á persoa que os coidaba.

1. Cales cres que foron as preguntas que o inspector de policía lle fixo a Angélica?
Escribe posibles preguntas da policía e respostas da coidadora.

2. Despois, co teu compañeiro ou compañeira, representa oralmente o interrogatorio.


- Cando foi a última vez que viu os señores Fontes?
- Onde estaba vostede no momento da desaparición?

3. Como cres que rematou a historia? Formula as túas hipóteses.


- Os señores Fontes estaban na estación de autobuses comprando uns billetes para Fonsagrada, a súa aldea natal.
- Atopáronos inconscientes no cemiterio.
- Volveron á casa despois de dous días, sans e salvos, sen saber onde estiveran.
- Nunca máis se soubo deles...

_________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________

4. Inventa outro final por escrito (unhas 20 liñas), despois coméntao co resto da clase e veremos quen é máis orixinal.
14

Contido sociocultural
Empresarios famosos
En parellas. Un alumno ten o texto A e o compañeiro ou compañeira o texto B.

TEXTO A
Le o texto, cóntalle ao teu compañeiro de quen fala, pero sen darlle o nome; o teu compañeiro farache preguntas para descu-
bride que personaxe se trata. Practicade os pasados. Non podes usar palabras claves como Zara, Inditex...

Amancio Ortega, Inditex


Amancio Ortega, o fundador e presidente do imperio téxtil Zara, é un dos ho-
mes máis ricos de España e a oitava persoa máis rica do mundo.

A firma Zara naceu en 1963 coa apertura da súa primeira fábrica e en 1975
inaugurou a primeira tenda na Coruña. Na actualidade, está nas principais áreas
comerciais das cidades máis importantes de Europa, América e Asia.

Amancio Ortega naceu en León en 1936 e chegou á Coruña de neno. Empezou a traballar de rapaz. Aos 14 anos, entrou como
repartidor nunha camisería e despois contratárono nunha mercería. Alí adquiriu coñecementos básicos sobre tecidos e xur-
diron ideas para o seu primeiro negocio: batas. Fabricounas cos menos custos, distribuíunas e vendeunas directamente. Esta
idea foi a orixe de Zara. En 1985, creouse o grupo Inditex para acoller as distintas empresas da confección e a distribución que
posúe. Ademais do negocio téxtil, Ortega diversificou a súa iniciativa empresarial cara a outros sectores industriais, como o
inmobiliario, o financeiro, os concesionarios de automóbiles ou a xestión de fondos de investimento.

Tivo un único fillo varón, Marcos, que naceu cunha grave discapacidade e o empresario, xunto coa súa muller daquela, promo-
veron a creación da Fundación Paideia, unha institución de integración de discapacitados. Separouse en 1986 e despois volveu
casar coa que foi a súa secretaria durante anos. Con esta tivo unha filla, Marta, que se perfila como sucesora á fronte do grupo
empresarial. No ano 2001, creou a Fundación Amancio Ortega, institución privada sen fin de lucro que promove actividades
no campo da cultura, a investigación, a educación e a ciencia
ciencia.

Texto adaptado de http://www.elmundo.es/magazine/m30/textos/zara1.html e http://es.wikipedia.org/wiki/Amancio_Ortega


15

TEXTO B
Le o texto, cóntalle ao teu compañeiro de quen fala, pero sen darlle o nome; o teu compañeiro farache preguntas para descu-
brir de que personaxe se trata. Practicade os pasados. Non podes usar palabras claves como chef, xefe de cociña...

Toñi Vicente, Restauradora


Toñi Vicente, primeira chef galega en gañar unha estrela Michelín, milita na alta res-
tauración.

Naceu en Tomiño, Pontevedra, no ano 53. Toñi Vicente cociñou para Felipe González,
François Mitterrand, Margaret Thatcher… Recibiu, entre outros galardóns, o premio na-
cional á mellor xefa de cociña.

- Empezou vostede a familiarizarse coa cociña na súa infancia?


- Pois si. Eu nacín nunha familia de cociñeiros, os meus pais xa tiñan restaurante. A miña nai criouse nunha abadía, que era
onde realmente se facía unha cociña elaborada e culta. Os monxes eran os únicos que viaxaban e había transmisión de coñe-
cementos.

- Así que de pequena enredaba entre


os pucheiros.
- Non sei se me deixaban enredar moi-
to. Pero eu penso que iso vai creando un
pouso.

- Despois de súa nai, que outros mes-


tres tivo?
- Cando me emancipei e montei restauran-
te en Vigo, sentín o tremendo peso da res-
ponsabilidade. É algo que case te afunde.
Eu tiña unha base, pero decatábame de que
necesitaba ver outras cociñas. Viaxei moito,
informeime moito… Busquei, por dicilo dal-
gunha maneira, o meu soporte.
16

- E sabía o que estaba buscando? Sabía cara a onde ía?


- Si, eu penso que si. Eu parto dunha cociña moi moi tradicional, pero necesitaba experimentar unha evolución. Penso que
sempre tiven moi claro o que quería. Os comezos foron difíciles, porque en Galicia a cociña é o que máis lentamente evolu-
ciona. Hai 20 anos, a xente rexeitaba as miñas ensaladas “marinadas”. Despois de todo, isto é un negocio e tes que gañar cartos.
Pero eu tíñao tan claro que sabía que ese era o camiño e que tiña que triunfar.

- O que vostede buscaba non existía en Galicia?


- Non. A miña nai coidaba moito as cousas, presentábaas moi ben. Eu recordo que nos meus comezos facía unhas nécoras
recheas, unha receita tradicional que xa facía miña nai, e chamábanme “cociñeira afrancesada”.

- Arrastrou sempre esa etiqueta: afrancesada?


- Penso que agora xa non, pero si nos principios. No momento en que presentabas algo cun pouco de coidado, xa parecía que
non tiña que ver coa nosa terra. E eu penso que iso non é verdade. En Galicia o que máis dano lle fixo á cociña é a boa materia
mo
prima que temos.

Texto adaptado de galiciagastronomica.com

Le o texto, cóntalle ao teu compañeiro de quen fala, pero sen darlle o nome; o teu compañeiro farache preguntas para descubrir
de que personaxe se trata. Practicade os pasados. Non podes usar palabras claves como Zara, Inditex...

Onde naceu?
Tivo fillos?
Recibiu algún premio?
...
17

Modelo actividade Celga


Vaia susto!
A Que problemas se poden presentar nunha estación de autobuses ou de tren? E nun aeroporto?

B Roubáronche ou perdiches algunha vez o DNI ou o pasaporte? E un billete de avión?


Seguro que tes unha anécdota interesante, cóntallela aos teus compañeiros.

C Escoita o que lles pasou a Xoán e a Andrés.

D Responde:
Xoán e Andrés chegaron a tempo ao aeroporto?

Que fixeron antes de facturar?

Que lle pasou a Andrés?

Cando se decatou Xoán do que lle acontecera a Andrés?


18

Repaso
Sucesos
En grupos de catro:
1. Pensade unha noticia de actualidade que ocorrera na vosa vila ou cidade ou no mundo e que
todos poidan coñecer.

2. Escribide a historia e dade algún dato falso.

3. Lede a noticia en voz alta.

4. O resto da clase ten que adiviñar onde está o erro.

Oficios e profesións
1. Na sección de “Ofertas de traballo” do exercicio 3 de gramática e léxico aparecen algúns nomes de oficios e profesións. Pensade
outros.

2. Un alumno di un nome dun oficio ou profesión e o compañeiro do lado ten que dicir outro relacionado co anterior. Se pasan
máis de cinco segundos sen contestar, comeza outro alumno con outro nome ou verbo e pode cambiar de temática.
- Agricultor, campesiño, gandeiro...
- Construír, edificar, pintar...

3. Reparade nos oficios e profesións que acabades de mencionar ou nos vosos reais. Que teñen de bo? e de malo?, por que?
O bo de ser profesor é que coñeces moita xente interesante e o malo é que non te fas millonario.
O mellor de ser... é que... e o peor é que...
As vantaxes de ser xefe de... son que... e os inconvenientes son que...
19

Porfolio
Lembras?

Cando foi? Onde Que Con quen Lembras como


Que pasou? estabas? tempo ía? estabas? ías vestido/a?

Un día feliz O 30 de agos- Daquela eu vi- Ía moi bo Co meu marido Levaba o vestido
to: casei vía en Roma tempo e os invitados noiva

Un día especial na túa nenez

Un día de boa sorte

Un día de mala sorte

Namorácheste por primeira


vez

Un día que decidiches algo


importante

A última vez que pasaches


moita vergonza

A última vez que pasaches


moito medo
20

Que sei facer?

Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Relatar accións e circunstancias pasadas

Dar e pedir información sobre sucesos pasados

Informar de actividades no pasado consideradas


no seu punto de partida

Reaccionar ante un relato

Usar os distintos tempos verbais en pasado

Que palabras desta unidade quero recordar?


Que cuestións gramaticais me parecen máis complicadas?
Que actividade me foi de maior axuda?
Cal non me gustou? Por que?
Participei suficientemente na clase?
Que podo mellorar?
21

Transcrición do audio
1. Actividade introdutoria.
Angélica e Rosa falan por teléfono.

ANGÉLICA: Rosa, estou desesperada, non atopo a señora Carme nin o señor Eduardo. Saín un momento facer a compra e
cando volvín xa desapareceran!
ROSA: En serio? Miraches ben na casa? Non estarán no xardín ou na horta?
ANGÉLICA: Revisei todo, ata mirei nos armarios e debaixo da cama.
ROSA: E sabes se levaron algo con eles?
ANGÉLICA: Creo que non, non noto que falte nada.
ROSA: Pois haberá que chamar a policía.
ANGÉLICA: Eu pensaba avisar o fillo antes, podes acompañarme á súa casa?, prefiro dicirllo en persoa a avisalo por telé-
fono.
ROSA: Claro, en dous minutos estou aí e imos.
ANGÉLICA: Graciñas, agárdote.

Angélica e Rosa van á casa de Fernado.

ANGÉLICA: Bos días, Fernando! Temos un problema!


FERNANDO: Que pasou? Que facedes as dúas aquí? Non tiñades que estar estudando!
ANGÉLICA: Non sei onde están teus pais! Saín un momento e cando volvín á casa, non había ninguén.
ROSA: Non viñeron aquí, verdade?
FERNANDO: Non, meu Deus, xa é a terceira vez que desaparecen.
ANGÉLICA: Eu só os deixei dez minutos mentres saín por froita e eles estaban moi tranquilos vendo a televisión.
ROSA: Tranquilos, seguro que están na alameda ou na igrexa.
ANGÉLICA: Onde foran das outras veces que escaparon?
FERNANDO: Unha vez apareceron na casa de miña prima Sabela, outra estaban na igrexa.
ROSA: Non vos preocupedes, non andarán moi lonxe.
FERNANDO: Será mellor avisar a policía canto antes, e vou chamar tamén os meus primos por se están alí. Angélica ti vai
para a casa por se volven.
22

ROSA: Eu podo ir mirar á igrexa e pasar pola alameda a ver se están alí.
FERNANDO: Vale, moitas grazas. Vou chamar...

2. Fonética e ortografía.
Escoita e acentúa.

Gústame máis o café có té.


Tropezou nunha póla da cerdeira e caeu de fociños.
Baixou do autobús con tanta présa que rompeu un óso do pé dereito.
Vés ou non vés con nós ao fútbol?, despois lévote eu á túa casa.
Non dá pé con bóla, e iso que llo expliquei ben aí fóra.
Cómpre que compres dúas bolas e un quilo de fariña.
É máis alto ca ti e menos cá súa irmá.
Sempre che enviaba unha cesta por Nadal, pero desde que se foi para a Terra Chá non cha volveu mandar.
A vós quen vos invitou a esta festa?
Pedinche que me fixeses a compra e non ma fixeches. Es ben má!

3. Modelo actividade Celga.


Vaia susto!

Chegamos ao aeroporto con tempo, colleramos o primeiro tren da mañá para non ter problemas. Así que como aínda non
estaban abertos os mostradores para facturar, fomos á cafetería tomar algo. Unha hora máis tarde, o meu amigo facturou
a maleta e á porta do control da policía despedinme del. Esperei aínda un cacho, ata que vin pola pantalla que os viaxeiros
do voo I0752 estaban embarcando. Collín o tren de volta e regresei á casa lembrando aqueles días xuntos.

E el case queda en terra!

Só ao día seguinte souben o que ocorrera realmente.

Perdera o billete de camiño á porta de embarque, tivera que dar media volta e buscar por todo o aeroporto ata o mostrador
de facturación, pero ninguén atopara nada. Desesperado intentou convencer as azafatas do seu caso, pero non o deixaban
entrar no avión. Cando só faltaba un minuto para o despegue, chegou unha azafata co billete. Por fin puido volver á casa
23

sen problema; iso si, cun bo susto no corpo.

E eu tan tranquilo de camiño á casa.


01
02

Obxectivos
Obxectivos desta unidade:
Como solicitar información sobre servizos
Como protestar e reclamar por un servizo
Como presentar unha queixa ou unha reclamación

Coñecemento do código
Os pronomes persoais átonos
Léxico de establecementos, produtos e servizos
A telefonía
A vivenda
Acentuación (repaso)
03

Actividade introdutoria
Problemas coa tecnoloxía
Escoita a audición e contesta as preguntas.

Por que chama o cliente?

Está o produto en garantía?

Que debe facer o cliente co produto?

Como avisarán o cliente e cando?

Tiveches ti que reclamar por algún produto?


Cóntallo ao teu compañeiro e despois intentade representar unha reclamación telefónica ante a clase.
04

Gramática e léxico
Prácticas guiadas
1. Le o seguinte texto co teu compañeiro. Podedes representar xuntos este diálogo.
No texto aparecen varios pronomes átonos de terceira persoa e combinacións deles. Marcádeos.

- Onte tiven que chamar a Atención ao Cliente.


- E logo que che pasou?
- O MP3 xa non funciona, compréillelo aos rapaces da tenda da esquina hai un par de meses, dixéronme que era
dunha boa marca e vendéronmo a bo prezo, pero agora vou devolvérllelo.
- E non terá amaño?
- En Atención ao Cliente dixéronme que llo enviase ao servizo técnico para que o mirasen.
- Pois será o mellor.
- Non sei, eu prefería que mo cambiasen por outro novo.
- Ti verás o que fas, pero se che recomendaron enviárllelo primeiro aos do Servizo Técnico para ver de reparalo,
eu faríalles caso.
- Non sei, xa estou un pouco farto destes aparellos. O ano pasado foi a cámara de vídeo, regaláranola miña irmá
pola voda e durou ben pouco, primeiro mandámosllela para que a amañasen, ao pouco devolvéronnola reparada,
pero aos dous meses tiven que pedir que nola cambiasen.
- Vaia, parece que non tes moita sorte coa tecnoloxía!
- Non mo lembres!

PRONOMES ÁTONOS

ACUSATIVO
DATIVO O A OS AS
ME mo ma mos mas
CHE cho cha chos chas
LLE llo lla llos llas
NOS nolo nola nolos nolas
VOS volo vola volos volas
LLES llelo llela llelos llelas
05

2. O teu compañeiro é un pedichón, pero hoxe non se atopa moi ben e pídeche que lle botes unha man. Contéstalle por escrito.
Repara no cadro dos pronomes e non te esquezas deles!
- Podes pasarme o libro?
- Si, agora cho paso.

- Podes facerme unhas fotocopias?


- Si, agora mesmo...

Podes levarlle o coche á miña irmá?


- _____________________________________________

Podes enviarme estas cartas?


- _____________________________________________

Podes reservarnos unha mesa para min e a miña moza para esta noite?
- _____________________________________________

Podes subirme o pan?


- _____________________________________________

Podes levarlles estas invitacións a Xoán e a Pepa?


- _____________________________________________

3. Completa os seguintes anuncios cos pronomes persoais de terceira persoa que falten. Ollo coas combinacións!

Compre a nosa roupa pola internet. Nós enviarémos________ en menos de 48 horas. Vostede próbaa e ten outras 48 horas
para devolvér_______. Na nosa tenda virtual atopará todas as marcas, estilos e os prezos máis baixos do mercado.

Aquí tes o televisor dos teus soños. Píde_____ aos Reis Magos este ano. Traeran______ xunto cunha mesa xiratoria gratis!

Os teus fillos poderán estudar connosco sen moverse! O profesor, levámos______ á casa! Os libros, entregámos______ de
balde xunto cun agasallo!

Pase as vacacións da súa vida á nosa beira! Confíe no noso bo facer. Á volta agradecerá______!
06

4. Xestións no banco.
En parellas:
A Lede o seguinte texto. Un fará de cliente e outro de empregado do banco.

EMPREGADO: Bos días. Que desexa?


CLIENTE: Bos días. Quería facer unha transferencia bancaria.
EMPREGADO: Pódeme deixar o seu DNI, por favor?
CLIENTE: Si, tome.
EMPREGADO: A nome de quen desexa facela?
CLIENTE: MOSAMO LUGO, SA.
EMPREGADO: Ten os datos bancarios onde quere facer o ingreso?
CLIENTE: Si. É o 0184 1248 110020198000
EMPREGADO: Por que importe?
CLIENTE: 20.000 euros.
EMPREGADO: Moi ben. Sabe que isto ten unha comisión de 35 euros.
CLIENTE: Tanto! Non, non sabía.
EMPREGADO: Si, sentímolo pero é un custo proporcional ao importe.
CLIENTE: Vaia, pois para outra terei que pagar en efectivo!
EMPREGADO: Que desexa que poñamos en concepto?
CLIENTE: Compra de coche Matrícula 666DWSZ.
EMPREGADO: Asine aquí, por favor.
CLIENTE: Aí ten.
EMPREGADO: Tome o seu recibo e moitas grazas.
CLIENTE: De nada e bos días.
EMPREGADO: Bos días.
07

B Practica co teu compañeiro seguindo o modelo anterior. Aquí tedes algunha situación, podedes imaxinarvos outras:

- Protestas porque che cobraron unha elevada comisión por un servizo.

- Desexas retirar unha suma importante de diñeiro en efectivo, pero no banco póñenche problemas.

- O empregado do banco quere convencerte para que asegures o coche na súa compañía de seguros, pero paréceche bas-
tante caro.

- O empregado quere que contrates unha nova tarxeta de crédito.

Para pedir información


Gustaríame recibir información sobre.
Estou interesado en... e quería información sobre.

Para presentar unha reclamación ou queixa


Quería presentar unha reclamación por...
Escribo para lamentar o meu descontento por...
08

Fonética
En parellas
1.
Alumno A: lelle todas estas palabras ao teu compañeiro. Insiste na sílaba tónica (acentuada).

alí latín algún comúns móbil gústalles


carácter raíña aínda súa difícil
gráfico cómodo oír tónico río paixón

Alumno B: todas estas palabras se escriben con til. Escoita atentamente o teu compañeiro e coloca os tiles.

comuns gustalles raiña oir


rio ali latin comodo
paixon sua tonico algun
caracter ainda grafico dificil
mobil
09

2.
Alumno B: lelle todas estas palabras ao teu compañeiro. Insiste na sílaba tónica (acentuada).

mazá irmán árbore cadrís tónico castelán


león saía acentúo dúas autobús
xuízo saúde ría iniciación fácil facémolo

Alumno A: todas estas palabras se escriben con til. Escoita atentamente o teu compañeiro e coloca os tiles.

autobus castelan xuizo saia


irman ria arbore iniciacion
facemolo duas tonico acentuo
maza facil leon cadris
saude
10

Galego en acción
Atención ao Cliente
1.
A Le esta carta.
Antón Varela
Rúa do Paseo, 22, 1.º A
34011 Xinzo de Limia
Dpto. de Comunicación TELEFONIÑO
Avda. Bos Aires 13
34000 Ourense
Xinzo de Limia, 8 de novembro de 2007
Estimados señores:

Diríxome a vostedes para expresarlles o meu descontento polo novo servizo de atención telefó-
nica ao cliente.

Hai varios anos que utilizo os servizos telefónicos de información de TELEFONIÑO. Antes chama-
ba ao número 100 e, despois de esperar un momento, falaba directamente cun empregado da
compañía que me atendía amablemente e resolvía as miñas consultas. Por desgraza, agora teño
que falar cun contestador automático que me obriga a seguir unhas instrucións interminables
e que moitas veces non me ofrece a solución que preciso. Xa non existen operadores na súa
compañía?

Comprendo que hai que adaptarse ás novas tecnoloxías, pero a min o servizo totalmente auto-
matizado non me gusta nin responde ás miñas necesidades. Como cliente, desexo manifestarlles
a miña queixa por este servizo.

Espero que solucionen este problema. Do contrario, terei que cambiar de compañía.

Atentamente,
Antón Varela
11

B Estás de acordo co cliente? Pasouche algo parecido?


Que medidas cres que debe tomar a compañía para non perder os clientes?

2. Contéstalle a Antón (unhas 200 palabras) e intenta ofrecerlle unha solución adecuada.

TELEFONIÑO
Avda. Bos Aires 13
34000 Ourense
Antón Varela
Rúa do Paseo, 22, 1.º A
34011 Xinzo de Limia

Ourense, 15 de novembro de 2007


Distinguido Sr. Varela:

Recibimos a súa carta e lamentamos moito...

Pedímoslle desculpas polas molestias ocasionadas e desexamos poder seguir téndoo


como cliente durante moito tempo.

Un cordial saúdo.

Ana Pascual
Xefa do Departamento de Comunicación
12

Contido sociocultural
Le o texto.
Alugar piso
... O Antón, malia ao seu traballo e o seu coche alucinante, segue vivindo cos pais. Non é sorprendente, claro, é difícil conseguir
unha casa con piscina, así, nos primeiros de traballar (...).

Ao principio, cando comecei a buscar o piso, dicíame que era para ter algo de “intimidade” (a palabra máxica) con Antón. Pero
curiosamente non lle dixen nada. Nin a el nin a miña mai. A ninguén. Nin unha palabra da miña busca. Decidino en silencio,
como a das almorrás. Collín o xornal e fixen uns cálculos. Decidín que o tomaría con calma. Buscaría un piso onde máis me
gustase, onda o parque, lonxe da casa dos meus pais, lonxe tamén da de Antón (...).

Vexo un anuncio interesante no xornal de hoxe, que estou revisando antes de comezar a tarde na calma da miña mesa. Collo
o teléfono e cometo a infracción máis habitual da poboación activa: utilizar o traballo para resolver asuntos persoais.

- Boas, chamaba polo anuncio do piso de alugueiro.


- Si, dígame, quere pasar a velo?
- Gustaríame, si. Cando podería ser?
- Ten tempo hoxe pola tarde?
- Podería entre as sete e as oito.
- Estupendo, daquela vémonos ás sete na entrada. Sabe onde é a rúa?
- Si, grazas.

Procuro non facerme ilusións. Cos pisos pasa sempre igual. Unha pensa, ai, é accesible, está na zona que me gusta... e logo
descobre que é un cortello que cae a cachos, ou que non ten lavadora ou cousas desas. En fin, xa veremos (...).

- Subimos ao piso?
- Claro!

(...) É un oitavo. O piso da última planta. Acendemos a luz das escaleiras. A muller, Rosa, fedella nas chaves. Primeiro a fecha-
dura de enriba e logo a de embaixo.
13

- Seguro que ten todo un algo de po, pero non se preocupe que se lle interesa mando limpalo.
- Tranquila.

E nesas ábrese a porta. E a luz da tarde dáme na cara. Hai unha ventá enorme na sala de estar. Oio que Rosa me indica que a
cociña está á miña esquerda, é pequeniña pero moi ben aproveitada, coa súa lavadora, a neveira e a cociña eléctrica co seu
forno. Na sala de estar, ademais da ventá, que me fascina, hai un sofá e un moble con estantes. Paso pola porta que deixa atrás
a sala de estar, para entrar ao cuarto e vexo entón algo que me encanta. Ademais da cama e dunha mesa, hai un mexedor. Un
mexedor! (...).

- O mexedor é un aparello vello; se non o quere pódemo subir ao faiado –dime Rosa. Está de broma?
- Non!, para nada. Paréceme estupendo (...) acabo de imaxinarme sentada nel [no mexedor] calcetando. E esa simple idea
xa me deu a medida diso que chaman fogar. Dáme igual que o resto estea pelado e que as ventás non sexan dobres e
vaia entrar ruído da rúa. Dáme igual que a cociña sexa pequena e a lavadora vella.

Ademais, no cuarto hai tamén unha terraza (...).

- Cando podería entrar?

Só quedan un par de asuntos prácticos que resolver.

Adaptado de María Reimóndez, O club da calceta, Edicións Xerais de Galicia, 2006, pp. 110-111, 117-118

Alugaches piso algunha vez por teléfono? E por Internet?

Prefires alugar a través de axencia inmobiliaria? Por que?

Atopaches cousas innecesarias ou faltaban cousas imprescindibles nalgún piso que alugaches?

Tiveches algún problema co contrato de alugamento ou co propietario do piso? Como os resolviches?

Tes algún piso para alugar? Como cres que será máis fácil?, poñendo o anuncio na internet ou a través de coñecidos?
14

Modelo actividade Celga


Non é ouro todo o que reloce
A Le a nota que che deixou o teu compañeiro de piso. Apetéceche acompañalo?

Xabier, boas novas!


Queres vir comigo esquiar en no-
vembro? Invítanos a empresa Viaxe
Connosco. É xenial! Un ha f in de
semana par a rac har coa rutina! Le a
carta e dime.
Simón
15

B Agora le a carta que a empresa Viaxe Connosco lle enviou a Simón e despois contesta as preguntas.

Viaxe Connosco
Vacacións en Multipropiedade
Cantón Grande, 1
15003 A Coruña
Estimado amigo:

Temos o gusto de comunicarlle que foi seleccionado pola empresa Viaxe Connosco Vacacións en Mul-
tipropiedade para pasar unha fin de semana en Baqueira-Beret nos apartamentos da empresa coñecidos
co nome de BrancaNeve.
A viaxe é para vostede e para outra persoa que elixa como acompañante. Inclúe aloxamento en réxime
de media pensión. A saída realizarase desde A Coruña o venres 16 de novembro deste ano ás 20.00
horas e o regreso está previsto para o domingo 18, con chegada a Alvedro ás 23.00 horas.
A viaxe e o aloxamento son totalmente gratuítos. Non ten que pagar nada. É unha xentileza da empresa
Viaxe Connosco Vacacións en Multipropiedade, que quere invitar a persoas como vostede a coñecer os
produtos e servizos da nosa empresa. Para o mesmo, organizáronse reunións nos apartamentos Branca-
Neve para a tarde do sábado e a mañá do domingo.*
Esperamos a confirmación da súa asistencia que pode facer chamando directamente ao teléfono 902
677889, e aproveitamos a ocasión para enviarlle un cordial saúdo.

María Cortiñas
Directora de Vendas

* As reunións son de asistencia obrigatoria. De non acudir a elas, o cliente correrá cos gastos da viaxe.

a) Cres que o teu compañeiro interpretou ben a carta? Por que?

b) Cres que na viaxe que vos propoñen teredes tempo para esquiar e gozar da neve? Por que?
16

C Le a seguinte información.

Ofrecer viaxes gratis, facer regalos de libros, de vaixelas, de aparellos para perder peso... son
estratexias publicitarias de moitas empresas de vacacións en multipropiedade. Ollo! Non é ouro
todo o que reloce!
Se recibe vostede unha carta ou unha chamada telefónica na que se lle avisa de que lle correspondeu un rega-
lo inesperado, en principio, desconfíe, xa que se pode tratar dunha estafa. Moitas empresas de apartamentos
en multipropiedade usan esta estratexia para captar clientes. Fanlle o regalo que anuncian, pero a cambio terá
que asistir a reunións interminables sobre os seus produtos. No caso das viaxes, invitarano a pasar unha fin
de semana cos gastos pagados, pero terá que pasar horas e horas escoitando encantadores comerciais que
intentarán convencelo de que a solución aos seus problemas está en que compre un apartamento en réxime
de multipropiedade; isto é, que o compre con outras persoas que non coñece e que a cambio terá o dereito
de utilizar o apartamento uns días determinados ao ano. Aconsellámoslle que só acepte eses regalos no caso
de que realmente estea interesado nos produtos que ofrece a empresa. Do contrario, a viaxe pode resultar un
pesadelo.

D Escríbelle unha mensaxe ao teu amigo:


Explícalle o contido da carta que recibiu e o que teriades que facer en Baqueira-Beret no caso de irdes.

Fállalle da estratexia publicitaria que está utilizando a empresa que lle enviou a carta, ten en conta o texto que acabas de
ler.

Simón, ir contigo a Baqueira-Beret sería marabilloso, pero creo que liches moi rápido a carta... En realidade, nela inví-
tante a ir pero...
17

Repaso
1. Completa cos pronomes persoais. Non esquezas as contraccións.

- Que son todos eses regalos?


- Este é un reloxo, comprei_______ a Pepe, leva moito tempo agardando por el.
- Dentro desta caixa hai un teléfono, regálo_____ á miña sogra para que nos chame cando queira.
- Estas son unhas chaquetas, comprei______ aos xemelos, a ver se lles serven.
- Alí teño uns doces, levarei_________ a meus pais que son moi larpeiros.
- Aquí hai unhas botellas de viño, regalarei_________ a meus tíos, que son grandes bebedores.
- E este paquete é para ti, se queres xa ________ dou agora.

2. Que che suxiren estas palabras?

ALUGUER CLIENTE

PRODUTO ESTAFA
18

Porfolio
1. Xunto co teu compañeiro, vas presentar unha reclamación ao Instituto Galego de Consumo. Escollede un dos seguintes motivos
ou imaxinade outro:
Atraso na entrega dun produto que comprastes pola internet.

Está ocupado o cuarto do hotel que tiñades reservado.

Cobráronvos unha consumición a un prezo maior do que aparece na carta.

Entras nun edificio público e caes porque o chan está acabado de fregar e non estaba sinalizado.

O bar de abaixo da túa casa non está insonorizado e non respecta o horario municipal de peche.

A túa compañía de seguros denégache a cobertura dun sinistro porque alega que está fóra das garantías da póliza.

Perdéronvos as maletas na estación de ferrocarril.

Outros…

A Lede ben as instrucións para cubrir a folla de reclamación.


19

B Cubride a folla de reclamación.

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO


XUNTA DE GALICIA
Consellería de Innovación e Industria

FOLLA DE RECLAMACIÓN
Antes de cubrir a folla, lea atentamente as instrucións do reverso

1. ...................................................................................................................................................................................................................
(Lugar dos feitos, día e hora)

2. ...................................................................................................................................................................................................................
(RECLAMANTE) (DNI/Pasaporte )

Enderezo
........................................................................................................................................................................................................
(Rúa/praza/Código postal ) (Teléfono)
........................................................................................................................................................................................................
(Localidade) (Provincia)

3. RECLAMACIÓN
........................................................................................................................................................................................................................
........................................................................................................................................................................................................................
........................................................................................................................................................................................................................
........................................................................................................................................................................................................................
........................................................................................................................................................................................................................

4. ....................................................................................................................................................................................................................
(Xustificantes)
20

5. Pedimento:
........................................................................................................................................................................................................................
........................................................................................................................................................................................................................
........................................................................................................................................................................................................................
........................................................................................................................................................................................................................
.........................................................................................................................................................................................................................

........................................................................................................................................................................................................
(Nome do establecemento)
........................................................................................................................................................................................................
(Rúa/praza) (Localidade) (Provincia)

ALEGACIÓNS: ............................................................................................................................................................................................
........................................................................................................................................................................................................................
........................................................................................................................................................................................................................
........................................................................................................................................................................................................................

En _________________________, o __________ de _______________ de _________.

(sinatura)

1. Folla branca orixinal: para ser enviada ao Servizo Provincial de Consumo polo reclamante.
2. Folla verde: para o reclamante.
3. Folla amarela: para o reclamado.
21

INSTRUCIÓNS PARA CUBRIR A FOLLA DE RECLAMACIÓN


Servizo Provincial de Consumo de Lugo
Rolda da Muralla, 222 - 27000
Telf.: 982 220033

1.- Lugar dos feitos, día e hora


Indicar a data na que se orixinou o problema, sinalando hora, día, mes e ano. Tamén se deberá indicar o
lugar dos feitos reclamados (establecemento comercial, domicilio particular de tratarse dun servizo a do-
micilio etc.).

2. RECLAMANTE
Deberase indicar o nome completo do reclamante, incluíndo os dous primeiros apelidos, número do DNI
ou pasaporte e o enderezo onde poder recibir calquera comunicación (importante cubrir todos os datos do
impreso e indicar o país de non ser este España).

3. RECLAMACIÓN
Precisar o máis claramente posible o feito sucedido, especificando se se tratou dunha falla de entrega do
produto, falla de presentación do servizo solicitado, atraso na prestación ou entrega.

4. XUSTIFICANTES
Xunto coa folla de reclamación, é necesario achegar cantos xustificantes, facturas, xustificantes, orza-
mento, contratos, ofertas publicitarias etc., poida ter, para unha mellor determinación dos feitos e poder
precisar responsabilidades.

5. PEDIMENTO
Indicarase claramente o que se pretende obter coa reclamación (reparación do produto ou do servizo, de-
volución de todo/parte do prezo aboado, anulación/rescisión do contrato, execución da garantía etc.).

Advertencia: de acordo coa Lei 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e a súa normativa de
desenvolvemento, advírteselle ao solicitante da existencia dun ficheiro automatizado e infórmaselle da posibilidade de exercitar os
dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; e é responsable do ficheiro o Instituto Galego de Consumo.
22

Que sei facer?

Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Solicitar información sobre servizos

Protestar e reclamar por un servizo

Presentar unha queixa ou unha reclamación

Usar pronomes persoais de terceira persoa

Que palabras desta unidade quero recordar?


Que cuestións gramaticais me parecen máis complicadas?
Que actividade me foi de maior axuda?
Cal non me gustou? Por que?
Participei suficientemente na clase?
Que podo mellorar?
23

Transcrición do audio
1. Actividade introdutoria.

- Servizo de Atención ao Cliente, dígame?


- Bos días, quería presentar unha reclamación.
- Si, dígame, de que se trata?
- Un MP3 que funciona mal.
- Cal é o problema?
- Que aos dez minutos de telo aceso, apágase só.
- O produto está en garantía? Canto tempo hai que o comprou?
- Si, está en garantía, compreino hai dous meses.
- Desde cando presenta este problema?
- Desde hai quince días máis ou menos.
- Comprouno nun centro autorizado?
- Si, si.
- Pois ten que envialo ao Servizo Técnico. Ten o enderezo?
- Si, téñoo aquí.
- Conserva a embalaxe orixinal?
- Pois..., si, si que a teño.
- Entón envíe o aparato dentro da embalaxe e engada os seus datos persoais, enderezo e teléfono de contacto.
- Moi ben.
- Nunha semana poñeranse en contacto telefónico con vostede.
- Moitas grazas.
- Grazas por contactar co noso servizo.
01
02

Obxectivos
Obxectivos desta unidade:
Como falar do futuro e facer hipóteses
Como expresar opinións sobre acontecementos futuros

Coñecemento do código
O futuro
Formas hipotéticas
Subordinadas temporais
A publicidade
b/v; s/x
03

Actividade introdutoria
Conversa entre dous amigos.
1. Antes da audición:
Nestes últimos tempos, o móbil parece un produto imprescindible.
E ti, tes un ou varios?

Úsalo con moita frecuencia?

Canto che custan as chamadas por minuto?

Paréceche o kit para o coche algo útil?

2. Escoita a conversa de Xesús e Pilar.

3. Despois da audición, pregúntalle ao teu compañeiro/a:


Como definen o produto do que falan?

A Xesús parécelle caro ou barato ese produto?

Que vantaxes ten compralo axiña?


04

Gramática e léxico
Prácticas guiadas

FUTURO DE INDICATIVO

-AR -ER -IR OLLO!


andarei beberei vivirei Repara en que, en varias
andarás beberás vivirás persoas, futuro e ante-
andará beberá vivirá pretérito se diferéncian
andaremos beberemos viviremos só polo acento:
andaredes beberedes viviredes andará/andara
andarán beberán vivirán andarán/andaran

PARA EXPRESAR FUTURO

Usamos o futuro para facer referencia a accións futuras sen marcar a súa relación co momento presente:
Mañá choverá e baixarán as temperaturas.

Usamos a perífrase IR+infinitivo cando a acción se presenta como unha intención, proxecto ou previsión:
O ano que vén voume matricular en Dereito.

Usamos o presente de indicativo:


Cando falamos de algo cíclico:
Este mes o 13 é martes.

Para sinalar que se trata dunha decisión ou dun compromiso:


Deberías ir a un ximnasio.
Mañá mesmo empezo un curso.

Para asegurar ou prometer algo:


Pódeme facer unha fotocopia?
Agora mesmo lla fago.
05

1. Imaxina que te elixiron alcalde da túa vila ou cidade. Que medidas tomarías? Elixe entre estas ou outras e escríbelles unha de-
claración aos teus cidadáns:

- baixar os impostos municipais


- baixar os prezos do transporte
- construír vivendas baratas e concederlle axudas á xuventude
- construír máis hospitais
- construír máis garderías
- prohibir o tráfico de coches polo centro da cidade ou vila
- crear carrís para bicicletas
- animar a vida cultural da vila ou da cidade
- ofrecer máis actividades para mozos e anciáns
- mellorar o sistema de reciclaxe do lixo
- plantar máis árbores e ampliar as zonas verdes
- pechar as industrias contaminantes
- construír...
- pechar...
- prohibir...
- mellorar...
- OUTRAS

Queridos cidadáns e cidadás:

Quero agradecervos por terme elixido alcalde. Hoxe empeza unha nova época para todos. Durante os próxi-
mos catro anos, baixarei os impostos municipais...

...
06

2. Que cousas cres que cambiarán dentro de dez anos? Completa as frases usando os seguintes verbos:

viaxar obrigar curarse substituír(2) respectar


funcionar existir descender estar(2) desaparecer (2)

- ___________________
Desaparecerán as sucursais e as oficinas bancarias.
- As tarxetas de crédito ___________________ case por completo ao diñeiro en efectivo.
- As enerxías alternativas ____________________ completamente as enerxías tradicionais.
- _________________ a outras galaxias.
- ________________ os libros en soporte de papel.
- A publicidade do tabaco _________________ prohibida en todo o mundo.
- Os seres humanos _________________ máis a natureza.
- _________________ todas as enfermidades.
- As empresas multinacionais __________________ os seus traballadores a realizar exercicios de relaxación, antes de
empezar a xornada laboral.
- A clonación humana ____________________ permitida na maioría dos países.
- Só __________________ produtos modificados xeneticamente.
- Os coches __________________ con gasolina de alcohol e/ou con enerxía solar.
- __________________ o número de accidentes de tráfico.
07

PARA FORMULAR HIPÓTESES

Usamos o futuro para manifestar a probabilidade no presente:


Sabela terá 18 anos.
Que farán estes mozos á porta da cervexería?
Estarán esperando para entrar.

Usamos o pospretérito para indicar a probabilidade ou aproximación con relación ao pasado:


Cando a coñecín andaría polos 50 anos.

Outras maneiras de formular hipóteses probables ou posibles, referidas ao presente, pasado ou futuro:
Quizais + indicativo / subxuntivo
Quizais chove esta tarde. (+ probable)
Quizais chova mañá. (- probable)

Ao mellor + indicativo
Ao mellor vou esta tarde ao cine.

Seguro que + indicativo


Seguro que mañá chove.

Igual + indicativo
Igual chove mañá.

Supoño que + indicativo (algo parécenos moi probable, pero non temos probas)
Supoño que mañá vai chover.

Espero que + subxuntivo (desexamos que suceda un acontecemento futuro)


Espero que constrúan un novo hospital.

Para descartar unha hipótese:


Non creo que + subxuntivo
Non creo que gañe as eleccións.
08

3. Formulade hipóteses pensando nestas situacións, aquí tedes algunha proposta, inventade outras.

a) Sara díxoche que ía estar toda a tarde na casa, levas media hora intentando chamala pero non responde.
Teléfono mal colgado. Está na ducha.
Está durmindo. ...
- Que lle pasará a Sara, que levo media hora chamando e non contesta?
- Terá mal colgado o teléfono.
- Ao mellor está na ducha.
- Estará durmindo e non oirá o teléfono.

b) Son as 10.30 e o bus das 10 aínda non pasou.


Houbo un accidente no centro e hai atasco. Pinchou unha roda.
Quedou sen gasolina. ...

c) O teu xefe, moi formal e responsable, aínda non chegou á oficina e xa son as dez.
Está enfermo. Quedou durmido.
Perdeu o autobús. ...

d) Ides ver unha película na casa do teu amigo, pero o vídeo non funciona.
A cinta está estragada. O vídeo non está enchufado.
O vídeo está avariado. ...

e) Atopas un amigo pola rúa, saúdalo pero el non responde ao saúdo.


Non te ve. Está enfadado contigo.
Vai cavilando nas súas cousas. ...

f) Chegas á clase de galego á hora, pero non hai ninguén.


É unha broma. É festa local.
Hai folga. ...
09

4. Comenta co teu compañeiro as opinións sobre os temas do exercicio 2.


A Estades de acordo? Por que?
- Quizais no futuro desaparezan as oficinas bancarias.
- Eu non creo que desaparezan as sucursais nin as oficinas bancarias, porque...

B Que outras cousas cres que cambiarán no futuro?


A fame... O clima...
O paro... A desigualdade de xénero...
A natalidade... Os nacionalismos...

5.
A Entrevista o teu compañeiro sobre como imaxina o seu futuro. Para responder, podedes usar distintos graos de seguridade con
quizais, ao mellor, igual, supoño que, espero que, creo que, non creo que...
Casar / non casar.
Ter fillos / non ter fillos.
Vivir no mesmo país / vivir en países diferentes.
Vivir no campo / vivir na aldea.
Traballar na empresa pública / non traballar na empresa pública.
Aprender outras linguas / non aprender outras linguas.
Ser famoso / non ser famoso.
Ser millonario / non ser millonario.
Atopar o amor da súa vida / non atopar o amor da súa vida.
Chegar a cen anos / non chegar a cen anos.

- Casarás algún día?


- Non, non creo que case nunca.

B Se a resposta que che dá o teu compañeiro é positiva, pídelle CANDO + subxuntivo úsase para referirse a unha
que che diga cando fará esas cousas. acción futura, relacionada con outra acción ou estado
- Casarás algún día? futuros:
- Si, casarei cando remate a carreira. Cando remate a clase, iremos tomar algo.
10

C Cres que o teu compañeiro é optimista? Coméntao co resto da clase.

6. Campaña de tráfico.
A Escoita estes mozos que falan da última campaña para previr accidentes de tráfico.

B Comenta co teu compañeiro ou compañeira se estás de acordo con Lucía ou con Marcos.
Cres que as campañas de prevención de accidentes de tráfico deben ser agresivas? Por que?

Cres que se debe usar o humor para chegar mellor ao público?

Que opinas sobre as imaxes de accidentes reais?

C En grupos de catro, intentade crear unha campaña para previr os accidentes de tráfico. Pensade:
Título ou slogan.

Información que ides dar e ideas para convencer os condutores.

Soporte: anuncio de prensa, un folleto, unha carta comercial, unha cuña de radio, un anuncio de televisión, un banner.

D Presentádelle a campaña ao resto da clase. Cal vos convenceu máis?


11

Ortografía
1. Estas palabras perderon as consoantes b ou v, intenta atopalas, despois compara as respostas co teu compañeiro.

__oda automó__il __erza a__ogado


gra__ata __aleiro __asoira bol__oreta
__arrer mó__il gra__ar pol__o
__ermello ri__eira Xa__ier Este__o
gara__anzo a__ó cara__ chu__asco
tre__o mara__illa

2. Estas outras palabras perderon as consoantes s ou x, intenta atopalas, despois compara as respostas co teu compañeiro.

e__trañar __a__tre e__tender e__pléndido


e__pontaneo e__tran__eiro e__plendor e__i__ente
e__actitude e__premer
12

Galego en acción
1. Le este anuncio. Cales dos seguintes adxectivos se poderían utilizar para facer máis atractivo o produto que se anuncia?

práctico/a cómodo/a barato/a bonito/a completo/a rápido/a


económico/a eficaz manexable novo/a usado/a

Bicicleta de montaña
Ver foto
Vendo bicicleta de montaña Mondraker.
Ano 2005. Cor negra.
Cambio Shimano deore, pedais automáticos, cornos no guiador.
Suspensión traseira regulable.
Freos acabados de cambiar, zapatas novas.
Moi cómoda e lixeira.

Perfecto estado, case nova, moi pouco usada.


Achego folla con ficha técnica.

Prezo: 250 euros (nova custa máis do dobre).

Pago contra reembolso ao recibir o produto.

Para contacto: Miguel, 608442211.

2. Pensa en obxectos que hai nos distintos cuartos da túa casa que poderías vender:
Cociña: neveira...
Baño:
Comedor:
Dormitorio:
Garaxe:
Rocho:
13

3. Pensa agora en catro características para definir ese obxecto da túa casa que che gustaría vender.

4. Escribe un anuncio para vender ese obxecto en Internet. Segue estes consellos:
Elixe un bo título para o anuncio.
Fai unha descrición clara e atractiva.
Indica o prezo.
Indica como queres recibir o pago.

___________________________
Ver foto
______________________________________________________________
______________________________________________________________
______________________________________________________________
______________________________________________________________
______________________________________________________________
____________________________________________________________.

______________________________________________________________
____________________________________________________________.

Prezo: _________________________________.
14

Contido sociocultural
1. Le o conto da leiteira.
O conto da leiteira
Unha leiteira ía camiñando feliz cara á feira cunha ola de leite na cabeza. A medida que se ía achegando á vila, a súa dita
aumentaba. Por que? Porque a leiteira camiñaba acompañada polos seus pensamentos e na súa mente imaxinaba un fermoso
futuro.

“Si –pensaba-. Cando chegue á feira atoparei axiña comprador para este riquísimo leite. E ha de pagarmo a bo prezo, que ben
o vale. En canto me paguen, alí mesmo comprarei unha cesta de ovos. Levareina á casa e, desa cesta de ovos, lograrei sacar,
aí pola primavera, un cento de pitos polo menos, volverei á feira e, cando os venda, comprarei un porquiño. Si, un porquiño
pequeno e ben feito. Xa me encargarei eu de cebalo ben con landras e castañas! Medrará e engordará axiña. E cando medre,
levareino á feira. Ese bo porco ben valerá uns cartiños. En canto me paguen, comprarei unha vaca. Unha vaca... e un becerro!
Ai, que gusto ver o becerriño brincando na miña corte!”.

E ao imaxinar isto, botou unha gargallada, ao tempo que daba un brinco.


Ai, canta penuria seguiu á súa ledicia! Ao botar o brinco, caeulle da cabeza
a ola e escachou en mil anacos. A pobre leiteira mirou aflixida como a terra
tragaba o leite. Xa non habería pitiños, nin porco, nin vaca, nin becerro.
Todas as súas ilusións perdéranse para sempre, xunto coa ola escachada e o
miño.
leite derramado polo camiño.

Texto adaptado da fábula de J. M. Samaniego.

2. Coñecías o conto? Pasouche algunha vez algo parecido?


15

3. Fortunato é un mozo licenciado en medicina, moi soñador e moi optimista. Hoxe preséntase a unha entrevista de traballo. In-
tenta continuar a súa historia co teu compañeiro.

Entrevistaranme e seguro que me darán o traballo. Cando empece a traballar, verán que son un gran médico. Subi-
ranme o soldo axiña e nomearanme xefe... Cando me nomeen xefe... Cando... Cando...

4. Lédelle as historias ao resto da clase.


16

Modelo actividade Celga


Planificas o teu futuro?
1. Completa e responde este cuestionario.

2. Despois faillo ao teu compañeiro.

3. Comparade os resultados. Quen planifica máis o seu futuro?

4. Dependendo dos resultados acadados, escribe un breve texto sobre a personalidade do teu compañeiro. El terá que facer o
mesmo sobre a túa.

Tes previsto algún cambio na túa vida nas próximas semanas ou nos próximos meses?
a) Non teño nin idea, quizais...
b) Non, non quero facer plans.
c) Si, a semana que vén vou...

Quedarás na cidade en verán?


a) Quen sabe, xa decidirei cando...
b) Si, cando falte menos tempo...
c) Non, irei á praia coma todos os anos.

Irás ao ximnasio este mes?


a) Non sei, igual...
b) Non, non vou nunca.
c) Si, mañá mesmo...
17

Irás ver o Celta-Racing de Ferrol o domingo?


a) Quen sabe, cando...
b) Si, decidireino cando...
c) Non, non, eu non son de fútbol.

Sairás de viños o venres pola noite?


a) Vai ti saber!, supoño que...
b) Cando...
c) Si, si, xa quedei cos colegas.

Que poñerás mañá para ir ao traballo?


a) Quen sabe, quizais...
b) Cando vexa que día vai...
c) O primeiro que saque do armario.

Farás outro curso de galego?


a) Non che sei, ao mellor...
b) Cando remate este curso...
c) Si, quero acadar todos os niveis.

Maioría de respostas:
A - Creo que non es unha persoa...
B - Es...
C - O que tes que facer é...
18

Repaso
1. Que farán os científicos en Valencia? Se queres sabelo, enche os ocos cos verbos en futuro.

aprobar estar(2) debater pasar converter conter


ser(2) deber sintetizar elaborar ter asistir

Os científicos da ONU elaboran en Valencia unha folla de ruta contra o cambio climático

12 de novembro de 2007
Vale
Valencia ________________ a capital mundial do clima durante
esta semana. Un transcendental cumio do Panel Intergoberna-
mental do Cambio Climático (IPCC) da ONU ______________
desde hoxe cerca de 3.000 folios de informes científicos
producidos desde 2001. ________________ en só 30 folios
antes do sábado, e o documento ____________________ na
folla de ruta para loitar a escala global contra o quentamento.

Máis de 600 representantes gobernamentais de 130 paí-


ses, apoiados polos científicos designados por cada país,
_______________ un documento destinado especificamente
aos gobernantes de todo o mundo, que ________________
as liñas mestras da mellor forma de actuar fronte ao cambio climático. Por primeira vez, un secretario xeral da ONU
_________________ á presentación do documento.

O resumo que se _______________ en Valencia __________________ un peso fundamental nas negociacións do Cumio do
Clima que comeza en Bali do 2 ao 14 de decembro. Alí está previsto acordar as bases da fase seguinte do actual Protocolo de
Quioto a partir de 2012.

De acordo cos tres documentos de síntese aprobados polo IPCC ao longo de 2007 sobre os tres aspectos básicos da ciencia cli-
mática –a base científica física; impactos, adaptación e vulnerabilidade e mitigación do cambio climático–, «o cambio climático é
19

inequívoco», o quentamento «é irreversible» e situarase nun abano de subidas de entre 1,8oC e 6,4oC ao longo deste século.

Pese a que o fenómeno está en plena expansión e é irrefreable, o IPCC considera que se pode actuar para que a subida do termó-
metro non supere os 2oC. Para iso, habería que ir substituíndo os combustibles fósiles por enerxías renovables. Estes cambios
enerxéticos suporían custos do 0,1% do PIB mundial ata 2030.
Os cinco días de sesións _________________ a porta pechada no Museo das Ciencias Príncipe Felipe de Valencia. Os relatores
__________________ ir aprobando un tras outro e, por unanimidade, os parágrafos do borrador xa preparado. Cada liña e cada
palabra _____________________ por unha gran pantalla da sala Arquerías antes de que se lles dea o visto bo dos 130 países
presentes, entre eles EE UU, China, Rusia, UE, Xapón e os países emerxentes.

España conta con dous autores no IV Informe, que __________________ presentes nas sesións desta semana: José Manuel
Moreno, catedrático de Ecoloxía da Universidade de Castilla-La Mancha, que coordinou o capítulo oito, relativo a Europa; e
María José Sanz, do Centro de Estudos Ambientais de Valencia, como autora líder do capítulo nove, dedicado a bosques.

Na delegación española __________________, a ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, o secretario xeral do Cambio
Climático, Arturo Gonzalo Aizpiri, a directora xeral do Cambio Climático, Teresa Ribera e a directora da Oficina de Cambio
Climático, Concepción Martínez.

Texto adaptado de http://www.noticias-ciencia.com/.

2. Que opinas ti sobre o cambio climático?


Canto e como cres que poderá afectarnos o cambio climático no futuro?

Se queres saber máis, visita: http://www.greenfacts.org/es/cambio-climatico.


20

Porfolio
1. En grupos.
A Deseñade un anuncio publicitario sobre un produto de tecnoloxía para un programa radiofónico.
- Nome e slogan.
- Información que dará o anuncio:
Servizos que ofrecerá.
Formas de pago e facilidades.
Posibles descontos (mozos, terceira idade, socios...).
- Forma do anuncio: entrevista, historieta, voz en off...
- Ideas para convencer os radiooíntes.

B Representade os anuncios. Cal é o mellor?


21

Que sei facer?

Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Falar do futuro e facer hipóteses

Expresar opinións sobre acontecementos futuros

Situar unha acción no futuro usando “cando +


subxuntivo”

Presentar unha campaña publicitaria

Que palabras desta unidade quero recordar?


Que cuestións gramaticais me parecen máis complicadas?
Que actividade me foi de maior axuda?
Cal non me gustou? Por que?
Participei suficientemente na clase?
Que podo mellorar?
22

Transcrición do audio
1. Actividade introdutoria. Conversa de Xesús e Pilar.

XESÚS: Vaia, Pilar, xa vexo que tes un móbil novo...


PILAR: Si, é o meu novo móbil 999.
XESÚS: Gústame moito o deseño. E para que precisas ese lapis?
PILAR: É un dispositivo apuntador, para que poidas debuxar sobre fotos sacadas coa cámara. O último en telefonía móbil!
XESÚS: Xa vexo, xa. E con ese lapis podes modificar as fotos, engadirlles debuxos ou texto ás imaxes que sacas co telé-
fono?
PILAR: Por suposto. E ademais podes conectar o teu teléfono móbil á televisión para ver as fotos.
XESÚS: Non lle falta nada de nada...
PILAR: Pois iso non é todo. Inclúe melodías polifónicas de 40 tons. Escoita.
XESÚS: Custaríache un ollo da cara! Eses modelos tan modernos son moi caros...
PILAR: Pois non creas. Era unha oferta de lanzamento, creo que aínda non rematou. Só por 99 euros!
XESÚS: Pensei que era máis caro!
PILAR: E ademais, se compras o móbil este mes, poderás facer chamadas nacionais por un céntimo o minuto.
XESÚS: Non o podo crer! Estás segura que non se trata dunha estafa?
PILAR: Si, así dicía no contrato que asinei.
XESÚS: Pois co meu móbil pago vinte céntimos o minuto...
PILAR: Veña, anímate, que aínda hai máis. Se compras nos próximos dez días, regálanche os auriculares, unha bolsa de
transporte e o kit universal para o automóbil. Ei, Xesús, onde vas con tanta présa?
XESÚS: Non quero quedar sen o novo móbil 999! Abur!
PILAR: Pero non iamos tomar algo xuntos? Se sei non che conto nada ata mañá.

2. Gramática e léxico. Uns mozos falan da última campaña para previr accidentes de tráfico.

LUCÍA: Viches a última campaña de Tráfico sobre os accidentes na estrada?


MARCOS: Refíreste á da distancia de seguridade?
LUCÍA: Si, a esa. Eu creo que as imaxes son demasiado agresivas... Non che parece? É todo un pouco esaxerado.
23

MARCOS: Pois eu creo que non. A xente non fai caso de nada se non ve imaxes crúas e reais.
LUCÍA: Eu penso que hai outras maneiras máis suaves para tratar o tema.
MARCOS: Si? Dime?
LUCÍA: Non che sei, algo máis divertido, con humor, vin unha campaña en Internet moi boa e sen chisca de sangue.
MARCOS: Eu creo que con iso non se pode xogar, é moi serio.
LUCÍA: Xa sei que é un tema moi serio e tamén que son imaxes reais, pero véxoas moi fortes.
MARCOS: Pois para iso as poñen... Para que a xente reaccione... No anuncio vese ben claro que, por non manter a distancia
de seguridade, se provoca un accidente en cadea.
LUCÍA: Si, claro, vese... pero é horrible...
MARCOS: Pois máis horrible é a morte ou quedar nunha cadeira de rodas.
01
02

Obxectivos
Obxectivos desta unidade:
Como pedir consellos e recomendacións
Como ofrecer consellos e recomendacións
Analizar comportamentos e situacións
Expresar condicións
Expresar desexo e esperanza

Coñecemento do código
Persoais con subxuntivo
Subordinadas condicionais
Expresións para aconsellar, recomendar
Recoñecemento de sons consonánticos h/; c/cc
Relacións humanas
As rebaixas
03

Actividade introdutoria
1. Escoita esta conversa entre dous mozos.

2. Que consellos lle dá María a Lucas?

Cres que Lucas sairá con María? En que condicións?

3. E ti? Sairías con Lucas se...


04

Gramática e léxico
Prácticas guiadas

PRETÉRITO IMPERFECTO DE SUBXUNTIVO

-AR -ER -IR OLLO!


andase bebese vivise O pretérito imper-
andases bebeses vivises fecto de subxunti-
andase bebese vivise vo indica unha acción
andásemos bebésemos vivísemos irreal –dependente dun
andásedes bebésedes vivísedes referente pasado, pre-
andasen bebesen vivisen sente ou futuro- que se
produce simultánea ou
posteriormente á outra.

EXPRESAR CONDICIÓNS

Para expresar condicións que nos parecen posibles no presente e/ou no futuro usamos:
Oración condicional Principal
Se + Presente de indicativo Presente de indicativo / Futuro / Imperativo

Se teño tempo, vou contigo ao cine.


Se chove, quedarei na casa.
Se estás mal, non saias.

Para expresar condicións que nos parecen irreais ou improbables no presente e/ou no futuro usamos:
Oración condicional Principal
Se + Imperfecto de subxuntivo Condicional / Imperativo

Se tivese máis tempo, aprendería a tocar a gaita.


Se non chegases ás catro, chámame.
05

1. En que circunstancias farías estas cousas?


Tirarte vestido a unha piscina.
Tiraríame coa roupa posta a unha piscina se vise que alguén está afogando.

Ir vivir ao estranxeiro.
Subir enriba dunha mesa.
Chamar á Policía ou á Garda Civil.
Gastar todos os aforros.
Rapar a cabeza.
Saír correndo da escola.

2. Que farías se...?


Pregúntalle ao teu compañeiro e que el che pregunte a ti.
- Que farías se perdeses a tarxeta de crédito?
- Chamaría inmediatamente ao banco para que a anulasen.

Tócache o Gordo da lotería de Nadal.


Atópaste nun restaurante e, á hora de pagar, ves que non levas cartos.
Estás no estranxeiro e róubanche o bolso con todos os documentos.
Atópaste só nunha illa deserta.
Paseando pola rúa atopas o teu actor/actriz favorito/a.
Es un personaxe moi famoso.
Atopas no tren un maletín con cen mil euros.
No aeroporto de París dáste de conta de que perdiches o billete de volta.
Gobernas o mundo por un día.
Falas galego perfectamente.
06

EXPRESAR DESEXO E ESPERANZA

Para expresar desexo ou esperanza acostumamos OLLO!


a usar: Usamos a construción con infinitivo cando temos
Espero que + presente de subxuntivo o mesmo suxeito real:
Espero que teñas sorte. Gustaríame visitar a miña avoa.
A min eu
Gustaríame que + pretérito de subxuntivo
Gustaríame que non foses tan tímido. Usamos a construción con pretérito de subxun-
tivo cando temos suxeitos reais diferentes:
Oxalá + presente de subxuntivo (exprésase Gustaríame que ti visitases a miña avoa.
un desexo que ten probabilidade de realizarse) A min ti
Oxalá mañá gañe o Deportivo!

Oxalá + pretérito de subxuntivo (exprésase


un desexo que ten poucas ou ningunha posibili-
dade de realizarse)
Oxalá hoxe fose domingo!

3. Que che gustaría pedir se tiveses unha variña máxica? Expresa desexos xerais e persoais. Coméntaos cos teus compañeiros
O mundo
Gustaríame que rematase a fame no mundo.
Este verán espero que os meus pais me deixen ir a África de cooperante humanitario. Oxalá poida ir!

A casa A cidade
A saúde O traballo
A sociedade O futuro
Os transportes A familia
O diñeiro As vacacións
07

CONSELLOS E VALORACIÓNS

Usamos a construción con infinitivo cando o consello que damos é xeral e non o
diriximos a ninguén en particular:
Adxectivo Infinitivo
É necesario estudar moito para aprobar.
Paréceme importante chegar cedo a clase.

Usamos a construción QUE + subxuntivo cando nos referimos a un suxeito con-


creto:
Adxectivo Que + Subxuntivo
É necesario que estudes moito para aprobar o curso.
Paréceme importante que chegues cedo a clase.

4.
A Que consellos che parecen máis apropiados para unha primeira cita real despois dun coñecemento virtual?

1. É importante que sexas ti mesmo/a, non te disfraces.

2. É aconsellable que vaias limpo/a, aseado/a e sexas puntual.

3. É mellor que non fales do pasado.

4. É útil falar de asuntos persoais, pero con delicadeza.

5. Non é necesario que lle contes todo sobre as túas citas anteriores.

6. É recomendable que quededes nun sitio público e coñecido, nun terreo de ninguén.

7. É mellor non dicirlle que che gusta, espera a que outra persoa fale primeiro.
08

B En parellas, escollede un destes temas e escribide algúns consellos prácticos:

Consellos para saír dunha depresión.

Consellos para levarse ben cos veciños.

Consellos para ter éxito nunha entrevista de traballo.

Consellos para atopar mozo/a.

Consellos para comprar unha casa e non arruinarse.

Consellos para sacar á primeira o carné de conducir.

Consellos para ser feliz nunha relación de parella.

Consellos para manter un bo ambiente na clase.

C Lédelle algúns consellos ao resto da clase, entre todos elixiredes os mellores.


09

Ortografía
1. Algunhas destas palabras perderon a consoante h- Pónllela ás que a precisen, despois compara as respostas co teu compañeiro.

__ome __inchar __ermida ___ombro


__irmá __armonía __orfo ve__ículo
__orta __óso __erba __ovo
___aver __ola pro__ibir __umidade
__aí

2. Estas outras palabras perderon as consoantes –c- ou –cc-, intenta atopalas e despois compara as respostas co teu compa-
ñeiro.

calefa__ión xurisdi__ión di__ionario confe__ión


infe__ión produ__ión corre__ión contradi__ión
condu__ión rea__ión tradu__ión inxe__ión
cole__ión destru__ión contra___ión distra__ión
reprodu__ión
10

Galego en acción
O noso consultorio responde
1. Que fas cando tes un problema?
- Chamo a un amigo.
- Non llo digo a ninguén.
- Escribo a unha revista.
- Cóntollelo a meus pais, á miña parella.
- Falo co meu avó.
...

2. Escoita as mensaxes que se gardaron no contestador automático do noso consultorio e responde:

a) Como se sente o mozo da primeira mensaxe?


Que consellos lle podes dar?

b) Por que se enfadou a muller da segunda mensaxe?


Por que non quere cortar a relación?
Que farías ti no seu caso?

3. E ti? Tiveches dúbidas en canto aos estudos ou ás relacións persoais?


Cal foi o mellor consello que che deron?
11

Contido sociocultural
1. Le este texto sobre a avoa blogueira.
A avoa blogueira de Muxía gaña o BOB á mellor bitácora en español
‘Aos meus 95’

María Amelia, a avoa blogueira de Muxía, é a gañadora deste ano do premio


BOB á mellor bitácora en español. Aos seus 95 anos, é unha das blogueiras
máis anciás do mundo, e a bitácora dende a que amosa as súas lembranzas
e a súa visión do mundo conquistou este ano un dos premios internacio-
nais de blogues da Deutsche Welle.

A bitácora da avoa de Muxía foi seleccionada por un xurado de entre unha


lista con dez candidatos que foran votados previamente polos internautas.
O xurado destacou do blogue “o impulso que supón para outras persoas
maiores para entrar neste medio de comunicación”.

O blogue de María Amelia botou a andar o pasado 23 de decembro, o mesmo día que cumpría 95 anos. Segundo relata na
bitácora, “o meu neto como é cutre regaloume un blogue”. Dende daquela, a avoa dita e o neto teclea e o ritmo de actualiza-
ción é constante, igual que o ritmo ao que medran os seguidores desta avoa da blogosfera. Despois de saír como a blogueira
máis anciá en numerosos medios de comunicación, a popularidade desta muxiá foi en ascenso e a súa bitácora bate marcas
de comentarios e visitas dende todos os recantos do mundo
mundo.

Texto adaptado de http://www.xeracion.com (19/11/2007)


.
12

2. Le tamén este fragmento do blogue de María Amelia.

O qque se sabe con este Internet, o que se aprende (...) Para que queredes poñer cousas feas tendo cousas tan bonitas. E non
tacos, insultos... Que gañades con insultar? (...) A min gústame Internet e eu esas palabras non as vexo. Nin as quero ver. Pero
podedes aprender moitas cousas. Fíxate, eu agora coñecín nacións que non pisara na miña vida. E xa sei como viven, que po-
lítica teñen, que relixión, que idioma falan...

E despois, se queredes saber onde están os países, poñedes os mapas todos, que eu, ás veces, escríbenme e quero saber que país
é, e anda, un mapa. E así vaise instruíndo un. Si, podedes aprender moito.

E vós, neniños de 13, 14, 15, 18, 22, estádesme escribindo, que vos conte, que vos conte... se tedes Internet, Internet fálavos
de todo. Mira, na miña vellez, non sabedes as cousas que eu aprendín de Internet... E iso que hoxe estou esgotada porque foi
moito (...) Moitas entrevistas e, claro, a min non me gusta dicir que non (...) Tamén me ofrecían unhas cousas para gañar eu.
Iso que significa? Non. Eu non me puxen nisto de Internet para gañar. Para ter amigos e falar, tres ou catro ou cinco ou seis.
Pero agora son miless e mil
miles...

Texto adaptado de http://amis95.blogspot.com/ (21/11/2007)

3. Que consellos dá a autora do blogue nesta páxina?

Daríaslle algún consello a María Amelia, por gañar o premio BOB.

Que farías ti se gañases un premio?

Escribiches en Internet algunha vez para aconsellar a alguén?


13

Modelo actividade Celga


1. Antes de ler o texto, pensa que fas ti nestas ocasións e pregúntalle ao teu compañeiro:

a) Que fas cando a principios de mes tes diñeiro de sobra?

b) Que fas se che tocan uns cartiños na lotería?

c) Que fas cando estás deprimido?

d) Que fas se paseas por unha zona comercial e levas contigo a tarxeta de crédito?

2. Le o texto.
Mesma calidade a menor prezo
Rebaixas
Convén planificar ben as compras e saber cando chegou o momento de deixar de mercar. Resulta difícil resistirse ás rebaixas,
especialmente nunhas datas nas que todo son reclamos para caer na tentación da compra, pero hai que evitar un consumo
descontrolado e sen planificar para que o peto non se resinta. As rebaixas, ben aproveitadas, pódennos servir tamén para ad-
quirir, con importantes descontos, produtos que doutro xeito resultan inalcanzables. Para evitar desfeitas, convén planificar
ben as compras e saber cando chegou o momento de deixar de mercar.

Planifique a compra
• Faga unha lista dos artigos que realmente precisa e fixe a cantidade máxima que quere gastar. Teña en conta as ne-
cesidades do seu fogar (enxoval, electrodomésticos...), as persoais e as familiares (roupa, calzado, complementos...). Evitará
gastar máis da conta e adquirir cousas que axiña deixará de usar.
• Non se deixe levar polas présas. O apuro e os empurróns dos primeiros días das rebaixas pódeno levar a mercar de xeito
impulsivo. Compare prezos en varios establecementos.
• Lembre que as rebaixas non poden ter unha duración inferior aos quince días nin superior aos dous meses e
que os produtos que se ofertan en rebaixas deben estar durante un mes, como mínimo, expostos nas tendas. Desconfíe dos
establecementos que cambian os artigos dos seus escaparates para as rebaixas.
14

Igual produto e garantías


• As rebaixas deben contar coas mesmas garantías e coas mesmas políticas para cambios e devolucións –sempre e
cando non se usase o produto- cós artigos adquiridos antes deste período.
• Os produtos rebaixados deben ofrecer igual calidade a menor prezo. Deben ser artigos de tempada e en perfectas
condicións. Rexeite os artigos que non indiquen as debidas condicións sanitarias, os que se atopan en mal estado ou os que
incumpran as medidas de seguridade.
• É obrigatorio que nas etiquetas apareza o dobre prezo (o antigo e o rebaixado) ou ben a porcentaxe de rebaixa
(adóitase aplicar un desconto mínimo do 20% sobre o prezo de tempada alta e, xeralmente, o desconto aumenta progre-
sivamente).
• Asegúrese de que a etiquetaxe é correcta e lexible en galego, castelán ou outra lingua oficial do Estado. No caso da
roupa, a etiqueta debe incluír instrucións sobre como lavala e pasarlle o ferro e informar dos materiais de confección e dos
datos da empresa fabricante (co país de manufactura).

Devolucións, arranxos, tarxetas...


• Se un establecemento admite devolucións durante toda a tempada, tamén deberá facelo en época de rebaixas. De non
ser así, deberá advertilo explicitamente (mediante letreiros, por exemplo).
• No caso de amaños de pezas (acurtar a perneira ou as mangas, estreitar a cintura...) acontece o mesmo. Se son gratuítos
durante a tempada pero se cobran en época de rebaixas, o establecemento tamén o deberá advertir.
• Os establecementos que admiten o pagamento con tarxetas de crédito durante o resto do ano están obrigados a
admitilos tamén en época de rebaixas, sen recarga sobre o prezo.

Mesmos dereitos
• Garde sempre o tícket da compra. A súa presentación é imprescindible á hora de efectuar calquera cambio ou devo-
lución.
• Se merca un electrodoméstico, esixa que lle dean o mesmo período de garantía que ten o artigo co seu prezo normal.
Comprobe que toda a documentación está selada e en regra.
• En rebaixas, os consumidores temos os mesmos dereitos ca en calquera outro momento. Se cre que algún comercio
non respectou os seus dereitos como consumidor, esixa a folla de reclamacións e intente resolver o problema de xeito ami-
gable. Tamén se pode dirixir á Oficina Municipal de Información ao Consumidor, ao Servizo de Consumo da súa comunidade
autónoma ou a calquera asociación de consumidores.

Texto adaptado de http://revista.consumer.es/web/ga/


15

3. En parellas.
A Pregúntalle ao teu compañeiro:
a) No texto aconséllanche ir ás rebaixas os primeiros días e a correr?

b) Canto pode durar o período de rebaixas?

c) Que pasa cos produtos de tempadas pasadas?

d) Podes cambiar ou devolver un produto rebaixado? Que necesitas presentar no establecemento?

b) Que debe aparecer nas etiquetas dos produtos rebaixados?

d) Que podes facer en período de rebaixas se comprases un produto defectuoso?

B Agora respóndelle ao teu compañeiro:


a) Segundo o texto, por que pode ser beneficioso comprar nas rebaixas?

b) Que se aconsella ante as aglomeracións?

c) Pódenche arranxar unha peza de roupa en época de rebaixas?

d) Con que formas de pago podes contar durante as rebaixas?

e) Se comprases un produto en época de rebaixas, que garantías terías?

4. O teu compañeiro de piso chega á casa moi contento por comprar un traxe nas rebaixas e ti descobres que ten un defecto. Entre
os dous, decidides facer unha reclamación por escrito. (Lembra que na unidade 8 tes un modelo de folla de reclamación). Tamén
podedes empregar como argumentos os datos que aparecen no texto que acabades de ler.
16

Repaso
1. Que lles desexas ou aconsellas a...
Ana é moi tímida e fala pouco coa xente.
Gustaríame que Ana fose máis extravertida e que falase un pouco máis.

Laura ve moito a tele e está pouco cos seus amigos.


_________________________________________________________________.

Xoán é un egoísta e non pensa nada nos demais.


_________________________________________________________________.

Sabela caeu polas escaleiras e rompeu unha perna.


_________________________________________________________________.

Os teus pais teñen poucos días de vacacións e non poden ir á praia.


_________________________________________________________________.

Carme espertou esta mañá con dor de moas.


_________________________________________________________________.

O teu marido traballa moito e volve moi tarde á casa.


_________________________________________________________________.

Ricardo é moi preguiceiro, non estuda case nada.


_________________________________________________________________.

A María roubáronlle o bolso no autobús esta mañá.


_________________________________________________________________.
17

2.
A Completa cos verbos no tempo axeitado e faille as preguntas ao teu compañeiro e toma nota das súas respostas. Invertede os
papeis.

Que farías se...


a) ______________ (gañar) 50 millóns de euros na lotería?

b) ______________ (ter) que cambiar de profesión?

c) ______________ a relación coa túa parella (ir) ______________ mal?

d) ______________ (ter) moito tempo libre?

e) ______________ (ser) presidente dunha gran multinacional?

f) ______________ (suspender) un exame moi importante?

g) ______________ (perder) o traballo e ______________ (quedar) sen diñeiro?

B Como cres que é o teu compañeiro?

Daríaslle algún consello?

E el que opina de ti?


18

Porfolio
1. Le estes textos e sinala en cada un deles os catro consellos que che parecen máis importantes.

Manual do traballador perfecto Manual do xefe perfecto

1. Coida o teu aspecto e o do teu posto de tra- 1. Dirixe o traballo con firmeza, pero non a
ballo. berros.
2. Sé puntual. 2. Respecta os teus empregados.
3. Aproveita ao máximo o tempo no traballo. 3. Lembra que as reprimendas son contrapro-
4. Distingue entre a crítica razoada e ser nega- ducentes.
tivo por sistema. 4. Non te apropies do éxito dos teus subordi-
5. Toma iniciativas, pero pide axuda cando a nados.
necesites. 5. Transmite os teus coñecementos.
6. Mantén bo ambiente de traballo tanto no 6. Respecta a vida privada e a intimidade dos
persoal coma no profesional. que traballan contigo.
7. Coida o material de traballo. 7. Fai que os teus empregados se sintan como
8. Non sexas arribista. parte dun equipo.
9. Preocúpate pola túa formación. 8. Non perdas os nervios.
10. Non lle fagas a pelota ao xefe. 9. Eloxia en público e corrixe en privado.
10. Non esquezas a cesta de Nadal.

2. Compara as túas opinións coas do teu compañeiro/a e elixide os mellores consellos de cada texto.
Eu creo que é moi importante que o xefe respecte os seus empregados...

3. En grupos, escribide un manual para unha destas relacións:


profesor / alumno perfecto
noivo/a perfecto/a ou marido perfecto / muller perfecta
fillo/a perfecto/a / pais perfectos
19

Que sei facer?

Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Pedir e ofrecer consellos e recomendacións

Analizar comportamentos e situacións

Expresar condicións

Expresar desexo e esperanza

Usar o pretérito de subxuntivo

Que palabras desta unidade quero recordar?


Que cuestións gramaticais me parecen máis complicadas?
Que actividade me foi de maior axuda?
Cal non me gustou? Por que?
Participei suficientemente na clase?
Que podo mellorar?
20

Transcrición do audio
1. Actividade introdutoria. Conversa entre dous mozos.

LUCAS: Se chama Raquel, dille que non estou.


MARÍA: E logo, que che pasou con ela?
LUCAS: Nada, pero hoxe non quero falar.
MARÍA: E se chamase Luísa?
LUCAS: Non creo que chame pero, se chamase Luísa, falaría encantado con ela.
MARÍA: Ah, que pillabán, para unhas estás e para outras non!
LUCAS: Eu teño os meus motivos.
MARÍA: Pois se queres un consello, é mellor que esteas para todas ou para ningunha, non vaia ser que te collan nunha
mentira.
LUCAS: Non estou hoxe para moitos consellos.
MARÍA: Pois é necesario que medres un pouco, que xa non es ningún neno.
LUCAS: Xa sei, xa sei, tes razón.
MARÍA: E gustaríame que saíses algunha vez con Raquel, é boa moza e a min cáeme moi ben.
LUCAS: Pensareino, pero hoxe se chama, mellor dille que aínda non cheguei.
MARÍA: Vale, ríndome.
LUCAS: Se non me chamase ningunha, sairía contigo...
MARÍA: Ja, ja, ja...

2. Galego en acción. Mensaxes que se gardaron no contestador automático do consultorio.

Non sei que estudar. Cando era neno soñaba con ser arquitecto, imaxinaba a miña cidade con edificios novos, centros
modernos... Deime conta de que era moi creativo, así que decidín estudar arquitectura. Pero agora teño as miñas dúbidas,
cando vexo un médico penso en estudar medicina e outras veces dáme gana de estudar informática porque me interesan
os ordenadores. Necesito un consello. Moitas grazas.
21

Hai un mes enfadeime co meu mozo porque me parecía moi egoísta. Deixei de chamalo e non respondo ás súas chamadas.
Hai uns días chamoume el para quedar e tomar algo e eu díxenlle que non podía ir ese día e púxenlle unha escusa. O caso é
que non sei que facer porque é unha persoa á que eu quería moito, pero non se preocupaba moito polos meus problemas.
Non estou segura de querer continuar esa relación. Por outro lado, dáme pena cortar unha relación de tantos anos. Que
fago?
01
02

Obxectivos
Obxectivos desta unidade:
Como referir informacións, propostas e peticións formuladas por outras persoas
Como escribir cartas e mensaxes

Coñecemento do código
Construción do estilo indirecto
Fórmulas de correspondencia
Cartas e correos electrónicos
Maiúsculas e minúsculas
03

Actividade introdutoria

Ricardo e Paula son compañeiros de piso. Cando chega Ricardo á casa, Paula dálle unha mensaxe e algúns consellos.
Escoita e responde:

Por que está Uxía enfadada?

Deixoulle algún recado Uxía a Paula?

Sabe Paula o prezo do curso de natación?

Quen pode informar a Ricardo sobre o prezo do curso?

Irá Paula ao curso de natación?

E ti? Perdiches algunha oportunidade por non escoitar unha mensaxe a tempo?
04

Gramática e léxico
Prácticas guiadas

ESTILO INDIRECTO
Úsase para referir ou contar frases pronunciadas por alguén.

Se se transmite unha información, úsase QUE+indicativo:


Paula: Non podo ir á piscina.
Paula di que non pode ir á piscina.

Se se transmite unha orde, consello ou petición, úsase QUE+subxuntivo:


Uxía: Vai axiña informarte sobre os cursos!
Uxía di que vaias axiña informarte sobre os cursos.

Se o verbo introdutor está en pretérito imperfecto ou indefinido, a oración de estilo indirecto leva o verbo
en pretérito imperfecto de subxuntivo:
Pedro: Anda amodo.
Pedro díxolle que andase amodo.

Se se transmite unha pregunta úsase o indicativo (introducido por se, que, onde, cando, por que,
canto...):
Raquel: Gústache ler?
Onde compraches eses libros?
Raquel preguntoume se me gustaba ler.
Preguntoume onde comprara estes libros.
05

1. Recados.
Os empregados da túa oficina saen tomar café, quedas ti, que es o/a secretario/a, para responder ao teléfono.
Escoita e transmítelles os recados que recibiches.

Recado para Carlos Taboada


Chamou a súa mai
Dixo que a chamase antes da tarde que é moi urxente

Recado para ___________________________________________________


Chamou ______________________________________________________
Dixo que ______________________________________________________

Recado para ___________________________________________________


Chamou ______________________________________________________
Dixo que ______________________________________________________

Recado para ___________________________________________________


Chamou ______________________________________________________
Dixo que ______________________________________________________

Recado para ___________________________________________________


Chamou ______________________________________________________
Dixo que ______________________________________________________
06

2. Notas.
A Le estas mensaxes.
Cal cres que é a situación e o propósito de cada unha delas?

Importaríall
e non aparca
Rafa: o seu coche r
a para o tan pegado a
Non queda comid meu? o
gato!
Teño serios pr
rte do oblemas para
Deixei a miña pa poder entrar
ugamento no meu!
diñeiro para o al
no salón. Grazas
go.
Vémonos o domin
Xoán

Papá: Vou á cama e mamá


despacho
di que che pregunte a ti. Xabier, sube ao
valle os
Podo durmir mañá na casa do director e lé
es.
de Ana? últimos inform

Xela É urxente.

Gloria

B Escolle dúas das mensaxes anteriores e cóntalle ao teu compañeiro o contido destas. El terá que facer o mesmo coas dúas
restantes.
07

C Redacta notas cos seguintes datos:

1. Sara lémbralle ao seu marido Rafael que non se esqueza de sacar diñeiro do banco para pagar o alugamento,
porque o caseiro pasa cobrar ás 8 da tarde.

2. O presidente da comunidade de veciños convócaos a unha reunión urxente porque houbo unha rotura nos
radiadores das últimas plantas e cómpre revisar con urxencia todos os pisos. Terán que deixarlles as chaves aos
porteiros.

3. Precisas con urxencia un libro que lle prestaches ao teu compañeiro de piso, ao que non podes ver durante toda
a semana por horarios de traballo.

3. Cartas.

CARTA PERSOAL

I. Encabezamento:
Lugar e data.
Saúdo.

II. Contido ou corpo:


Mensaxe que se quere transmitir, asunto da carta.

III. Pé ou final:
Despedida.
Sinatura (sempre á man).

P.D. (posdata) ou nota para engadir algo tras a sinatura.


08

A Marca na seguinte carta persoal os puntos desta.

Bos Aires, 7 de decembro de 2007

Querida avoa:

Escríboche desde Bos Aires a onde cheguei hai unha semana.


A viaxe foi boa, aínda que un pouco longa. No aeroporto estábanme esperando Sara e Manuel. É unha
cidade preciosa, tiñan razón os tíos cando falaban dela. Onte estiven ceando no Centro Gallego e
a acollida foi fantástica.
Aquí estamos gozando dun verán caloroso pero lévase ben, non pases ti moito frío aí e cóidate moito.

Un biquiño moi moi grande da túa neta,


Carme

P.D. Se ves a Rosa dille que me escriba.

FÓRMULAS NA CORRESPONDENCIA
ENCABEZAMENTO DESPEDIDA
Estilo familiar, para amigos Querido Pepe: Bicos
e coñecidos Querido/a amigo/a: Unha forte aperta
Ola María! Recordos a...
Benquerido/a amigo/a: Sempre teu/túa

Estilo cordial, para coñeci- Estimado colega: Cos mellores desexos


dos ou descoñecidos Apreciado/a amigo/a: Un cordial saúdo
Respectable señor/a: Afectuosamente
Saúdos a...

Estilo distante, para Distinguido cliente: Saúdao atentamente


descoñecidos Moi señor meu: Sen outro particular
Queda ao seu dispor
09

B Le esta carta.

Querida Tareixa:

Desculpa que só che escriba unhas liñas apresuradas e non unha carta máis extensa, como segura-
mente agardarías. Hache estrañar que non che conte nada das miñas andainas durante as últimas
semanas, pero corre máis présa o que che quero dicir. Ben sabes que es a única persoa do mundo na que
podo confiar enteiramente; por iso recorro a ti agora, para facerche dúas peticións [...]

A primeira petición é que, por nada do mundo, abras o sobre que acompaña esta nota [...]

A miña segunda petición vaiche estrañar, pero ben sabes que non cha faría se non o considerase ne-
cesario. Se ves que, unha semana despois de recibires esta carta, eu aínda non me puxen en contacto
telefónico contigo, escríbelle ao inspector Soutullo á Comisaría Central de Vigo. Cóntalle que es a
miña irmá e entrégalle o sobre que che mando [...] Pídoche que non abras o sobre, pero non che podo
impedir que, se chegas a verte obrigada a entregarllo a Soutullo, ti tamén coñezas o seu contido.
[...] Quizais daquela entendas por que, nestas horas finais, a angustia e o medo volven percorrer
incesantemente todo o meu corpo.

Adeus, querida irmá. Recibe a aperta máis forte do mundo, e oxalá non sexa a derradeira que nos
deamos.
Xabier

Texto adaptado de Agustín Fernández, Cartas de inverno, Edicións Xerais, 2007, pp. 13-16

Imaxina que es Tareixa. Pasou unha semana e Xabier non te chamou.


Escríbelle unha carta ao inspector Soutullo:
Coida a forma: presentación, motivo da carta, despedida.
Solicita información que precises: cita para atoparvos, recado do teu irmán...
10

CARTA COMERCIAL

I. Encabezamento:
1. Nome e enderezo do remitente
(na parte superior esquerda, ou impreso no papel, na cabeceira)

2. Nome e enderezo do destinatario


(na parte superior dereita)

3. Lugar e data
(se vai impreso na cabeceira non hai que repetilo)

4. Asunto ou referencia

5. Fórmula de cortesía

II. Contido ou corpo:


Exposición do asunto, xestións que se van realizar...

III. Pé ou final:
Despedida.
Sinatura (sempre á man e con selo da empresa).

P.D. (postdata) ou nota para engadir algo tras a sinatura.


11

IMPRENTA ESCRIBEMÁIS
Preguntoiro 223
15075 Santiago de Compostela Nome e enderezo do
remitente.
Tel.: 981 30035662

PAPELERÍA TINTEIRO
Paseo Marítimo, 50
36600 Cambados Nome e enderezo do
Pontevedra
destinatario.

Asunto ou referencia.
Referencia: NLR/CA

Lugar e data.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2007

Fórmula de cortesía.
Distinguidos clientes:

O motivo da nosa carta é lembrarlles que ata a data de hoxe non fixeron efectivo o pago
da factura n.º 444, que tiña que efectuarse por transferencia bancaria. Estamos seguros de
que este atraso se debe a un erro involuntario do seu Departamento de Contabilidade.
Contido ou corpo.

Esperamos que ingresen o importe o antes posible. Non dubiden en poñerse en contacto
con nós para calquera cuestión. Se cando reciban esta carta xa efectuaron o pago, rogá-
moslles que non a teñan en consideración.

Quedamos á espera das súas noticias.

Despedida.
Atentamente,

Miguel Vilariño
Sinatura e cargo.
Xerente
12

C O teu fillo estivo trebellando no ordenador. Intenta recompoñer a carta comercial que ti escribiras antes.

MODAS Á ÚLTIMA
Praza de España, 10
27500 Lugo
Tel.: 982 1003322

Estimada señora Aguirre:

Rogamos especifiquen todo o que se refire aos prazos de entrega e formas de pago.

Sr. Francisca Aguirre


DESEÑO GRÁFICO, S.A.
Avda. da Burgas, 100
29005 Ourense

Asunto: petición de catálogo, prezos e condicións

Agradeceríalle que nos enviase, coa maior brevidade posible, un catálogo detallado coa lista de pre-
zos dos seus servizos de deseño gráfico. Temos a intención de renovar o noso material de papelería,
destinado á correspondencia cos nosos clientes e estamos estudando a posibilidade de encargarlles a
realización dun novo logotipo.

Xefa de Marketing

Pilar Reboiro

Esperando as súas noticias, aproveitamos a ocasión para saudalos atentamente.

Lugo, 3 de decembro de 2007


13

4. Mensaxes de móbil.
A Le as seguintes normas para mensaxes de teléfono móbil:

Normas básicas de mensaxes de móbil


Non hai artigos
Non hai tiles
A sílaba es- de inicio de palabra é s-
A conxunción que é q

B Envíalle estas mensaxes codificadas ao teu compañeiro, el terá que descifralas e responderche.

Stou n1 reunión d trbllo. Nn vou cear. Bmons dspos n bar d abaix? Manuel

Akb d atrrar. Bxote en 15 mn. Susana

Pdrias cmprar pan q sqcin e nn hai?

C Entendiches ti as súas respostas?


14

5. Correos electrónicos.

A Le as seguintes informacións sobre o documental Fronteiras.

O festival de cinema Cineuropa de Santiago de Compostela, que este ano


celebra a súa XXI edición, incluirá Fronteiras, de Rubén Pardiñas, na súa pro-
gramación. Do 6 de novembro ao 3 de decembro, poderás ver en Santiago
case cen películas: os principais premios e filmes dos diferentes festivais in-
ternacionais celebrados ao longo desta tempada. A proxección de Fronteiras
terá lugar o martes 27 de novembro ás 20:00 horas, no auditorio da Aula
Sociocultural Caixa Galicia (rúa Carreira do Conde, 18) Prezo: 3 euros.

Texto adaptado de http://fronteiras.blog.com/


15

O documental, escrito e dirixido por Rubén Pardiñas, trata sobre as fronteiras sociolingüísticas de Galicia no
Eo-Navia (Asturias), O Bierzo (León), As Portelas (Zamora) e Portugal. Aparecen declaracións de políticos, de
escritores e filólogos.

O filme inclúe entrevistas aos habitantes de vilas e aldeas como Vilafranca do Bierzo (León), Ibias (Asturias) ou
Castro Laboreiro (Portugal).

A cuestión central que Fronteiras presenta é que aínda que as fronteiras administrativas xa están fixadas e
poucos as discuten, os límites culturais son difusos e están no centro do debate, tanto para os intelectuais
como para a xente que vive entre dúas terras.

Texto adaptado de http://cineuropa.compostelacultura.org/

B Escríbelle un correo electrónico ao teu compañeiro invitándoo a ver o documental contigo. Lembra as fórmulas na correspon-
dencia que vimos antes.

C O teu compañeiro enviarache outro correo electrónico ou un sms coa resposta.


16

Ortografía
MAIÚSCULAS E MINÚSCULAS

Escríbese inicial maiúscula nos seguintes casos:


a) Ao comezo do escrito, despois de punto e seguido, de punto e á parte e doutros signos (admiración,
interrogación e puntos suspensivos) cando equivalen a punto.

b) Nos nomes propios e alcumes: Lucía, Monterroso, o Milfollas.


O artigo inicial dos nomes das localidades escríbese con maiúscula: A Coruña.
Pero os das rexións non: a Mancha.

c) Nas formas abreviadas de tratamento: Dra., Dr., D.ª, Vde.

d) Na primeira palabra dos títulos de obras literarias e artísticas: Follas novas. Os títulos das publicacións
periódicas: A Nosa Terra, Galicia Hoxe.

e) En todos os substantivos e adxectivos dos nomes de institucións, organismos, empresas e outras enti-
dades formalmente constituídas: Xunta de Galicia, Consello da Cultura Galega.
As siglas escríbense normalmente en caracteres maiúsculos: ONU, DOG.

OLLO! As maiúsculas tamén levan acento gráfico.

Escríbese con minúscula:


a) Os nomes dos meses, as estacións do ano, os días da semana: marzo, primavera, sábado.

b) Os xentilicios: cidade coruñesa.

c) As medidas, completas ou abreviadas: 5 metros, 5 m.

d) Os tratamentos cando non van escritos con abreviaturas: señor, don, ilustrísimo señor.
17

Entrou un virus no ordenador e confundíronse maiúsculas e minúsculas. Intenta solucionar o problema.

persoal da consellería de cultura fomentará a protección do camiño de santiago

o camiño de santiago é un dos principais bens do patrimonio cultural gale-


go. para garantir a súa conservación e protección, A consellería de cultura e
Deporte organizará charlas para mellorar o coñecemento das súas Normas de
protección naqueles concellos polos que pasa o camiño de santiago francés.

o director xeral de patrimonio cultural, felipe arias, Presentou hoxe na casa


de cultura de sarria o programa destas xornadas xunto coa subdirectora de
protección da cidade e camiños de santiago, teresa nieto; E o alcalde da vila e
presidente da mancomunidade de municipios galegos do camiño francés, claudio garrido [...].

as charlas van ser impartidas por arquitectas da dirección xeral de patrimonio cultural nos concellos de sarria, samos, monte-
rroso, paradela, portomarín, melide, palas De rei, pedrafita, arzúa, triacastela e o pino.

Texto adaptado de http://www.galicia-hoxe.com - 28/11/2007


.
18

Galego en acción
Carta formal
1. Imaxina que es un guía turístico e que tes que levar un grupo de turistas visitar o Museo do Pobo Galego.
Antes de ir, escríbelle unha carta ou correo electrónico ao museo para organizar a visita dun grupo de 15 persoas

a) Solicita información sobre:


Horarios
Prezo para grupos e posibles descontos
Aparcadoiro cerca do museo
Exposicións
Uso de cámaras de foto e vídeo

b) Organiza a carta
Presentación
Explica cal é o motivo da carta
Solicita a información que necesitas (horarios, prezo...)
Despedida
19

Contido sociocultural
A correspondencia na literatura
Na literatura aparecen reflectidas as formas de correspondencia, pasamos das cartas manuscritas ao uso das novas tecnoloxías.
Lede este texto, fixádevos cando foi escrito.

Leliño, amigo:

Aínda que xa hai tres anos que te fuches, penso que debes lembrarte de min. Ou non? Cavila un chisco; remexe na
chola. Son Toño de Loureiro, o Peilao. Xa caíches? (Ese alcume de Peilao, séntame coma un baloco, pero dígocho para
que te decates axiña de quen son).

Pois é. O Balbino xa sabes que anda a servir dende que lle arreou un croiazo ao Manolito. É un rapaz caviloso e de
poucas falas. Hai algúns días veu á casa. Eu atopeino na beira do río e estivemos un anaco dándolle ao peteiro. Fa-
loume de ti. Díxome que vos escribides e amosoume dúas cartas túas, por certo moi paveras niso que dis do entroido
toleirón do Brasil.

Dende que me atopei co Balbino ándame a proer unha idea no miolo. A idea de que ti e mais eu nos escribamos
tamén. Balbino deume o teu enderezo e aquí estou coa primeira carta.

Anda, non recúes. Escríbeme. Eu fareino seguido, contándoche un feito de cousas de por aquí.

Apertas,

Toño.

Texto adaptado de Xosé Neira Vilas, Cartas a Lelo, Ed. Castro, 1978 (3ª ed.), p. 9-10 (1ª ed. 1971)
20

Que prefires ti á hora de escribirlle a alguén? Pregúntalle ao teu compañeiro e comentádeo co resto da clase.

En que ocasións escribes unha carta á man?

Cando mandas un correo electrónico? E un sms?

Deixas mensaxes á man?

Chateas?
21

Modelo actividade Celga


Lingua de amor
1. En internet atopaches unha declaración e información sobre o concurso Lingua de amor, pero houbo un erro informático e só
tes a metade da información.

A Le a información que aparece na páxina web e fíxate nas bases do concurso.

ALUMNO A

Lingua de amor

Presentación
Concurso de mensaxes na rede: Declaracións de amor en galego. O amor na túa lingua.

Con motivo do Día das Letras Galegas e o Día Internacional da Internet, presentámosvos este concurso que interrelaciona
as novas tecnoloxías e a lingua galega.

Pretendemos vincular as mozas e mozos de Galicia co seu idioma e incrementar a percepción do galego como unha lingua
que é útil para as actividades de lecer e momentos de diversión, o galego ábreche as portas á hora de coñecer xente, facer
amigos e, por que non?, tamén para formar parellas!

Un dos obxectivos do concurso é conquistar novos ámbitos de uso para o galego: internet, o correo electrónico ou os chats
son espazos de comunicación nos que os mozos e mozas empregan o castelán como lingua habitual. Pretendemos con este
concurso dinamizar o uso da lingua galega entre os máis novos.

Outro obxectivo é relacionar o galego coas formas de diversión xuvenil e potenciar os seus valores como unha lingua
próxima, útil e moderna. A normalización da lingua galega en moitas ocasións céntrase en contextos institucionais que non
chegan á mocidade dun xeito atractivo.

Bases
1. O concurso Lingua de amor consiste na elaboración dunha mensaxe que conteña unha declaración de amor en lingua
galega.
2. Este concurso organízao o Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística.
3. Poderán participar todos os mozos e mozas de entre 14 e 34 anos.
4. Todas as declaracións de amor que se envíen deberán estar escritas en lingua galega.
5. A temática das mensaxes será amorosa e poderán estar escritas en prosa ou en verso.
22

ALUMNO B

6. Terase en conta o grao de elaboración e a orixinalidade. Todas as declaracións deberán ser inéditas.
7. A extensión máxima da mensaxe é de 500 caracteres, incluídos os espazos en branco. As mensaxes que excedan
esta extensión quedarán fóra do concurso.
8. As declaracións de amor que participen neste concurso deberán redactarse, xunto cos datos persoais dos concursan-
tes, no formulario que aparece na seguinte páxina.
9. Establecerase un máximo de dúas mensaxes por concursante.
10. A data límite para o envío das declaracións é o 14 de maio de 2008. As mensaxes que se reciban despois deste día
non entrarán no concurso.
11. O xurado do concurso estará composto polo presidente do CXG, a secretaria do Consello da Cultura Galega, dous
representantes de empresas colaboradoras e o técnico do Servizo de Normalización Lingüística.
12. Os resultados faranse públicos o 19 de maio de 2008 na web do Consello www.cxg.org. Contactarase cos gañadores
a través do teléfono.
13. Haberá unha entrega de premios o sábado 24 de maio de 2008 ás 18:00 na sede do Consello da Cultura Galega.
14. Os premios serán os seguintes:

1.º Videocámara Mini DV Simisung VPD333 + lote de libros en galego


2.º Cámara Sonio PSDCN999 + lote de libros en galego
3.º MP4 Green:Sens 1888 + lote de libros en galego

15. Todos os/as participantes recibirán un agasallo por cortesía da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
16. A organización do concurso poderá desbotar aquelas mensaxes de carácter discriminatorio ou ofensivo.
17. A organización resérvase o dereito de modificar e interpretar as normas deste concurso, sempre e cando sexa nece-
sario para o seu bo desenvolvemento.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística do Consello da Xuventude de Galicia.


Colaboran: Consello da Cultura Galega, Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, TekhnoWeb Electrodomés-
ticos, Librería Lemosmáis.

Texto adaptado de http://www.cxg.org/linguadeamor

B Intenta co teu compañeiro obter toda a información necesaria sobre o concurso. Facédevos as preguntas necesarias.

En que consiste o concurso? Quen organiza o concurso?


Quen pode participar? Como deben ser as mensaxes?
Cantas mensaxes podo enviar? Cando é a data límite?
Que premios hai?
23

2. Entre os dous intentade crear unha mensaxe para participar no concurso. Aquí tedes a gañadora do ano pasado.

Por seres ti
Polos zumes de laranxa e pomelo que me fas cada mañá. Por
deixarme que poña a Morrissey 26 horas ao día. Por non te rires da
miña manía de poñer sempre o mesmo calcetín no mesmo pé. Por
aturar as miñas arroutadas cun sorriso. Polos bicos que curan a
resaca. Por seres o que máis me gusta de min. Porque non cho dixen
no seu momento. Quérote.

Rebeca Silva, Gañadora do 1.º premio, 2007

Lingua de amor

Nome:

Apelidos:

Idade:

DNI:

Enderezo:

CP:

Concello:

Correo electrónico:

Móbil:

Declaración de amor:
24

Repaso
1. En parellas. Aquí tedes algunhas mensaxes de móbil.

Alumno A. Escolle dúas mensaxes para enviarlle ao teu compañeiro, el terá que reescribilas e responderche.

Alumno B. Escolle outras dúas mensaxes para enviarlle ao teu compañeiro, a el correspóndelle descifralas e responderche.

Qdams sta tarde pro cine?


Onde te mets? Contsta. Bks
Xq nn qdams maña ?
Spero k chegars ben. Xq nn chams? Coidte.

2. Co teu compañeiro, inventade novas mensaxes, enviádeas e respondédeas.

3. Onte falaches con estas persoas. Cóntalle ao teu compañeiro que che dixeron.

OLALLA: “Tes algo que facer mañá domingo?


Pepe e mais eu imos facer unha festa para
celebrar que cambiamos de casa, non faltes!”.
Sra. ROSA: “Como lle vai a Marta?
Segue saíndo con Gabriel?”.

CARME: “Apunteime a un curso de Pilates e estou encantada“.

GONZALO: “Devólveme o libro de matemáticas,


necesítoo para rematar o traballo esta fin de
semana“.

Onte vin a Olalla, díxome que fose o domingo á súa nova casa, que fan unha festa.
25

Porfolio
Es un adicto a internet?
1. É o teu compañeiro un adicto a internet?
Faille preguntas e toma nota das súas respostas.

1. Desde cando usas internet?


Uso internet desde que...

2. Cantas horas ao día estás conectado a internet?


________________________________________________________

3. Conéctaste pola mañá, pola tarde ou pola noite?


________________________________________________________

4. Desde cando usas o correo electrónico?


________________________________________________________

5. Compras por internet? Desde cando?


________________________________________________________

6. Canto tempo hai que chateas?


________________________________________________________

7. Con que frecuencia les o periódico en internet?


________________________________________________________
26

2. Tendo en conta as respostas do teu compañeiro, cal destes provedores de internet lle recomendas? Por que?

Galillú

lúe a co-
A tarifa plana básica inc
ites e du- 3RRR
nexión gratuíta polas no
a un prezo Ofrece un paq
rante as fins de semana uet
horarias por 30 e sen restricións
de 20 euros ao mes. eu
euros ao mes p ros ao mes, e 50
or alta do serv
instalación. Incl iz
úe caixas de co o e
20 megas para rreo e
páxinas persoais
.

Liña1000
co-
h a t a ri fa plana con e-
Ofrece u n
ít a p o la s noites. Pód .
tu o
nexión gra esde calquera teléfon
e r d
se acced .
es 15 euros
Prezo ao m

Eu recoméndoche que contrates...

3. Cóntalle ao resto da clase a relación do teu compañeiro con internet e que provedor lle recomendaches.

O meu compañeiro díxome que usaba internet desde primeiro de bacharelato.


Eu recomendeille que contratase...
27

Que sei facer?

Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Referir informacións, propostas e peticións for-


muladas por outras persoas

Escribir cartas, notas e mensaxes

Escribir mensaxes de correo electrónico e de


móbil

Usar maiúsculas e minúsculas

Que palabras desta unidade quero recordar?


Que cuestións gramaticais me parecen máis complicadas?
Que actividade me foi de maior axuda?
Cal non me gustou? Por que?
Participei suficientemente na clase?
Que podo mellorar?
28

Transcrición do audio
1. Actividade introdutoria. Ricardo chega á casa e Paula dálle unha mensaxe e algúns consellos.

RICARDO: Ola, Paula.


PAULA: Que hai, Ricardo. Oes, hai media hora que te chamou Uxía...
RICARDO: Perdoa, que dixeches?
PAULA: Que hai media hora que te chamou Uxía, estaba bastante enfadada. Di que non sabe para que queres o móbil se
nunca o tes aceso.
RICARDO: Ten razón, pero esta vez non o tiña apagado, é que se me acabara a batería.
PAULA: Si, pero creo que non é a primeira vez que che pasa, non?
RICARDO: Veña, non empeces ti tamén. Que? Deixouche algún recado para min?
PAULA: Si, díxome que aínda quedaban algunhas prazas libres para o curso de natación e que, se queres matricularte, que
pases esta tarde sen falta pola piscina.
RICARDO: Moi ben, graciñas. E díxoche canto custaba o curso?
PAULA: Si, dixo, pero había distintos prezos segundo os horarios e os niveis e non me lembro moi ben.
RICARDO: Vale, graciñas, intentarei falar con ela canto antes.
PAULA: Ah! Díxome tamén que se non conseguías localizala que chamases a Fernando que tamén se vai apuntar e que te
podería informar ben de todo.
RICARDO: De acordo, chamareino agora. E a ti, non che apetece nadar un pouco?
PAULA: Ganas non me faltan, pero neste momento non podo, teño que rematar un traballo antes de fin de ano e non me
sobra un minuto.
RICARDO: Pois un pouco de deporte faríache o traballo menos pesado.
PAULA: Si, tamén Uxía intentou convencerme para que me apuntase, pero...
29

2. Gramática e léxico. Recados.

Diálogo 1
MULLER: Ola, bos días. Pódeme poñer con Carlos Taboada, por favor?
SECRETARIO/A: Non está. Saíu un momento. Quere deixarlle algún recado?
MULLER: Si. Mire, son a súa mai. Dígalle que me chame antes da tarde, que é moi urxente.
SECRETARIO/A: Moi ben, de acordo. Adeus.
MULLER: Adeus, moitas grazas.

Diálogo 2
HOME: Bos días. Podería falar coa señora Patao, por favor?
SECRETARIO/A: Si, de parte de quen, por favor?
HOME: Son Xabier Suárez, da Axencia GALIPES.
SECRETARIO/A: Pois mire, hai un momentiño que saíu. Quere deixarlle algún recado?
HOME: Non, non importa. Dígalle só que chamei e que o intentarei máis tarde.
SECRETARIO/A: Moi ben, xa llo digo en canto chegue.
HOME: Moitas grazas e bos días.

Diálogo 3
MOZO: Ola. Quería falar con Froilán Santos, por favor.
SECRETARIO/A: Pois xusto acaba de saír. Volverá dentro dun momento.
MOZO: E podo deixarlle un recado?
SECRETARIO/A: Por suposto! Dime.
MOZO: Que chamou Andrés para dicirlle que vaia el buscar a moto, que eu non podo.
SECRETARIO/A: Moi ben. Algo máis?
MOZO: Non, é todo. Graciñas.

Diálogo 4
MULLER: Ola, bos días. Podería falar co señor Codesido?
SECRETARIO/A: Neste momento non está. De parte de quen?
MULLER: De Pilar Santomé, da Imprenta. E tardará moito en volver?
SECRETARIO/A: Non, non creo que tarde máis de dez minutos. Quere que lle diga algo?
MULLER: Pois si, por favor, dígalle que o chamei e que me chame canto antes á oficina.
30

SECRETARIO/A: Moi ben. Déixeme o seu número de teléfono, por favor?


MULLER: Debería telo, pero doullo por se acaso. Tome nota: 981 4443300.

Diálogo 5
HOME: Ola, son Antón.
SECRETARIO/A: Ola, que tal?
HOME: Ben, ben, e ti?
SECRETARIO/A: Non me queixo. Dime.
HOME: Dislle á miña muller que se poña, por favor?
SECRETARIO/A: É que acaba de saír tomar un café cos outros.
HOME: Ah, vale. Entón dille que non se esqueza de pasar esta tarde pola gardería, que eu non podo.
SECRETARIO/A: Moi ben. Direillo, non te preocupes.
01
02

Obxectivos
Obxectivos desta unidade:
Como dar e pedir información con distintos graos de seguridade
Como discutir información
Como transmitir desexos
Como expresar solidariedade

Coñecemento do código
SE reflexividade, impersonalidade, involuntariedade
A voz pasiva
Postais e tarxetas
Fórmulas para pedir e dar información
Signos de puntuación
Xeografía
Tradicións e costumes
03

Actividade introdutoria

1. Imaxina que vas cambiar de traballo e que tes que dar un discurso de despedida. Que dirías e que omitirías nesa situación?
Coméntao co teu compañeiro ou coa túa compañeira.

1. Desexarlles boa sorte aos teus compañeiros. 7. Xustificar por que abandonas o traballo.
2. Expresar alegría polo novo traballo. 8. Contar un chiste.
3. Lembrar unha anécdota. 9. Animar os teus compañeiros a buscar outro traballo.
4. Desculparte polos posibles erros cometidos. 10. Agradecer o regalo que recibiches dos compañeiros.
5. Agradecer a presenza dos teus colegas. 11. Criticar unha persoa do traballo.
6. Agradecer o bo trato recibido no traballo.

2. Angélica, a quen coñeciches na primeira unidade, vai deixar o seu traballo e a cidade. Está celebrando a despedida cos compa-
ñeiros do curso. Escóitaa e marca que cousas da lista anterior fai no seu discurso e en que orde as di.
04

Gramática e léxico
Prácticas guiadas

REFLEXIVIDADE DALGÚNS VERBOS


O pronome reflexivo funciona como complemento directo e, cando este complemento xa vai expreso, non
se poden usar os verbos reflexivamente:
Lava as mans/Lávase (pero non Lávase as mans)
Queimou un dedo/Queimouse

1. Adoitan ser reflexivos verbos que indican vida interior ou movemento: erguerse, inclinarse, encollerse,
deitarse, lembrarse, queixarse.
Érguese ás 8 todos os días. (Pero Ergue a cesta á cabeza sen problemas)
Lembrouse do meu aniversario.

2. Os verbos que indican cambio de estado adoitan non ser reflexivos: baixar, caer, marchar, calar, casar,
morrer, espertar, parar, quedar, subir.
Caeu na fonte.
Subiu á cerdeira.

3. Algúns verbos implican un matiz determinado se se conxugan co pronome reflexivo:


Estarse: permanecer.
Estate quieta e non te movas mentres eu non volva!
Quedarse: perder o sentido, morrer.
Deu un suspiro e quedóuselle nos brazos.

4. Verbos que cambian o significado: afogar/afogarse; parecer/parecerse.


Parece parvo./Parécese moito á súa mai.

5. Verbos que só se poden construír coa forma reflexiva: atreverse, dignarse, suicidarse, arrepentirse, in-
mutarse.
Non se dignou a mirarme.
Nin se inmutou cando soubo a noticia.
05

1. Elimina a forma verbal que non sexa correcta.

1. Subiu/subiuse á pereira e caeuse/caeu desde o alto.


2. Lavouse/lavou a cabeza esta mañá.
3. Antonio ergue/érguese tarde todos os domingos.
4. Sempre lembra/se lembra de ti.
5. Afogáronse/afogaron dous mariñeiros no naufraxio do martes pasado.
6. Ana casa/cásase o 30 de agosto.
7. Arrepentiuse/arrepentiu do que dixera.
8. Afeitouse/afeitou a barba para saír.
9. Caeulle/caéuselle o libro das mans.
10. Ese rapaz atreve/atrévese a calquera cousa.

VERBOS QUE EXPRESAN UNHA TRANSFORMACIÓN: POÑERSE, VOLVERSE, FACERSE


Usamos:
- Poñerse para expresar cambios espontáneos e non permanentes no estado de ánimo.
Púxose moi triste ao saber que suspendera o exame.

- Volverse para expresar cambios de carácter, personalidade e comportamento.


Desde que o roubaron volveuse moi desconfiado.

- Facerse para expresar evolución persoal, profesional ou social.


Fíxose rico da noite para a mañá.
06

2. Poñerse, volverse ou facerse?


Estas persoas sufriron diversos cambios. Para descubrilos, terás que completar as frases cos verbos axeitados.

Antonio __________________ tolo cando perdeu o traballo.


Xoán __________________ moi gordo ao deixar de fumar.
Sara desde que cumpriu 18 anos __________________ insoportable.
Despois da experiencia do Prestige, Carme __________________ máis solidaria.
María estaba moi triste porque rompera co mozo, pero onte volveuna chamar e __________________ moi contenta.
Cristina era moi sociable, pero desde que cambiou de traballo __________________ moi antipática.
Despois da súa viaxe á Ribeira Sacra, __________________ un experto en viños.
07

SE IMPERSOAIS

Procesos que ocorren sen intervención das persoas:


Danse clases de latín e grego.
Na aldea vívese ben e cómese san.

SE INVOLUNTARIEDADE

Procesos que lle ocorren a alguén sen a súa vontade: OLLO!


Estragóuseme o ordenador. En galego non son correctos: *caéu-
Queimóuseme a pota que tiña ao lume. seme ao chan e *rompéuseme.

A PASIVA

Voz pasiva
Fórmase co verbo ser e o participio, que aparece co mesmo xénero e número có suxeito pasivo.
Úsase especialmente nos textos periodísticos e históricos.

Estrutura activa
Os veciños viron o atracador na rúa do Franco.
O director presentou o informe.

Estrutura pasiva
O atracador foi visto polos veciños na rúa do Franco.
O informe foi presentado polo director.

Pasiva con SE
A pasiva impersoal ou pasiva reflexa é a construción máis frecuente. O verbo está en terceira
persoa de singular ou plural, concertando co suxeito paciente e o axente non se expresa:
Aínda non se identificaron todos os corpos.
Véndese piso.
Prémese un botón.
08

3. Le o seguinte artigo. Perdéronse algunhas formas en pasiva. Intenta recuperalas, os verbos son:

escoller considerar elixir recoñecer(2)

Premios da Edición 2007

Made in Galiza, mellor libro do ano


A obra de Sechu Sende, editada por Galaxia, recibiu o premio ao mellor libro do ano. O único que
queda é o amor (Xerais), de Agustín Fernández Paz, ________________ mellor libro infantil e
xuvenil, mentres que Anxos Sumai ________________ como a mellor autora do 2007.

A Noite da Edición, organizada na Coruña pola Asociación Galega de Editores, elixiu as obras máis
destacadas do 2007 no país. Sempre en Galiza (Galaxia), de Sechu Sende, ________________
como mellor libro do ano (Premio Ánxel Casal), superando os outros dous candidatos, De provincia a nación. Historia do
galeguismo político, de Xusto Beramendi, e Para que serve a Historia de Galicia?, de José Carlos Bermejo Barrera.

En canto ao Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil, o gañador foi O único que queda é o amor de Agustín
Fernández Paz, ficando como finalistas Minimaladas de Carlos López e Xela volveuse vampira! de Fina Casalderrey. Pola
súa banda, Anxos Sumai ________________ como a mellor autora do ano, que obtivo máis votos ca Agustín Fernández
Paz, Pepe Carreiro e Suso de Toro.

Premios á tradución, á ilustración e á promoción editorial


Xavier Senín gañou o Premio Lois Tobío ao mellor libro traducido, con A Odisea, editado por Rodeira. Mentres, Baía Edi-
cións fíxose co premio Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado por Guía de mamíferos de Galicia, ilustrado por Carlos
Silvar. Finalmente, o Salón do Libro de Pontevedra ________________ o labor de promoción editorial máis sobresaliente
2007, por diante do programa da Radio Galega As Quimbambas, do suplemento literario de Tempos Novos “Pretexta” e
da sección de Cultura do Galicia Hoxe.

A Noite da Edición, na que estiveron presentes diversas autoridades, serviu tamén para homenaxear, na epígafre de “Edi-
ción histórica” os editores de A Nosa Terra, La Voz de Galicia e Alvarellos Editora.

Texto adaptado de http://www.vieiros.com/ - 14/12/2007


09

COMPARTIR ALEGRÍA E TRISTEZA, SOLIDARIEDADE

Para transmitir desexos de felicidade, usamos fórmulas como:


Moitas felicidades! Feliz aniversario!
Que pases un bo día! Deséxovos toda a felicidade!
Bo Nadal! Feliz ano!
En hora boa polo teu traballo! Parabéns!

Para expresar solidariedade a outra persoa con motivo dun suceso triste, usamos:
Síntoo moito. Acompáñote/o no sentimento.
Permítame transmitirlle o meu máis sincero pesar.
Lamento...

Para desexar unha pronta recuperación:


Espero que te recuperes pronto! Que te mellores axiña!

Para brindar:
Por María!
Saúde!

Para agradecer:
Moitas grazas. Moi agradecido.
Non tiñas por que comprar nada.

Para desculparse por algo:


Quero desculparme contigo por... Sinto moito que...
Perdón!

Para despedir a alguén:


Que che vaia moi ben no teu novo traballo! Botarémoste de menos!

Para invitar a alguén:


Queres vir á miña festa de aniversario?
10

4. Que lles dirías a estas persoas nestas circunstancias?

1. _________________________________________________________
_________________________________________________________

2. _________________________________________________________
_________________________________________________________

3. _________________________________________________________
_________________________________________________________

4. _________________________________________________________
_________________________________________________________

5. _________________________________________________________
_________________________________________________________
11

5. Escribe un texto de felicitación ou solidariedade para cada unha destas tarxetas:


12

PEDIR E DAR INFORMACIÓN (1)

1. Para pedir información usamos:


- Preguntas sen partícula interrogativa: Sabe/s se...?
Sabes se Chantada está na provincia de Lugo?

- Preguntas con partícula interrogativa: Sabes cal/cando/quen/que/como...?


Sabes onde está Chantada?

- Preguntas con partícula interrogativa e preposición: Sabes de onde...?, Sabes desde can-
do...?
Sabes de onde saen os catamaráns?

2. Para lembrar usamos:


- Fórmulas como: Lembras...?, Acórdaste de...?
Lembras a páxina de turismo?

3. Graos de seguridade:
- Cal é...?, Eu diría que..., Debe de ser...
Que viño se produce nesta comarca?
Debe de ser...

- Estás seguro/a?
Non estou moi seguro/a.
Si, segurísimo/a.

- Para pedir confirmación: Verdade?, Non si?


Nesa zona hai moitas adegas, verdade/non si?
Si, creo que si..
13

PEDIR E DAR INFORMACIÓN (2)

4. Para mostrar desacordo usamos:


Chantada está na provincia de Ourense.
Non, Chantada, non.
Non, que va, está en Lugo.
En Ourense?, non creo.

- Para insistir
Que si, que si.
Que non, que non, que estás trabucado.
Dígoche que...

5. Descubrir os propios erros:


Chantada está en Lugo.
Si, si, é certo.
Non me acordaba. Tes razón.
Ah, si, eu cría que...

6. Viaxe de fin de curso á Ribeira Sacra


A Preparamos a viaxe.
Dividimos a clase en grupos. Cada grupo programará a súa viaxe.

a) Pregúntalles aos compañeiros do teu grupo se saben algo da zona.


Lembra e usa as fórmulas para pedir e dar información.

- Sabes que mosteiros hai por esta zona?


- Creo que alí está o Mosteiro de San Pedro de Rocas, que é o máis antigo e orixinal
de Galicia.
- Estás seguro?
14

b) Busca o resto da información que precises en enciclopedias, libros de turismo, en internet ou pregúntalle ao profesor.

- Sabes onde buscar información en internet?


- Podes mirar en http://www.turgalicia.es/
- Ou mellor vai a http://www.ribeirasacra.org/

Para planificar ben a viaxe serache útil seguir este esquema:


Como chegar e desprazarvos?
Horario de catamaráns, apertura de mosteiros...

Que tempo fará?

Onde aloxarse?
Turismo rural, hoteis e pensións...

Onde comer?
Restaurantes, adegas...

Que ver?
Lugares de interese e patrimonio: Canóns do Sil, mosteiros...
Natureza: fauna e flora.

Que comprar?
Artesanía e produtos típicos.
15

B O plan de cada grupo.


Cada grupo explícalle ao resto da clase a súa viaxe particular. O cadro pode servir de axuda.

O noso plan é ir a ____________________________________________________


saír o día __________________ e volver o día __________________

Levaremos paraugas, abrigo, __________________________________________

Queremos aloxarnos en _____________________________________________


pasar un día/x días en ______________________________________

Preferimos visitar/estar en ___________________________________________


xantar en _______________________________________________

Aproveitaremos para comprar ________________________________________________

porque a nós gústanos/interésanos moito __________________________________________


16

Ortografía
SIGNOS DE PUNTUACIÓN (1)

1. O punto. Indica a fin das oracións. Hai tres tipos:


Punto e seguido: separa as oracións dun parágrafo.
Punto e á parte: separa os parágrafos dun texto.
Punto e final: sinala o remate dun texto.
Ponse punto ao final das abreviaturas, omítese nas siglas e nos símbolos:
Sr., D., m (metro), DOG

2. Os signos de interrogación. Escríbense ao final dun enunciado que expresa unha pregunta:
Como te chamas?

3. Os signos de exclamación. Escríbense ao final de enunciados que expresan alegría, enfado, sorpresa:
Vaia medo!

* Para facilitar a lectura e evitar ambigüidades, os signos de interrogación e exclamación ta-


mén se poden usar no inicio dos enunciados.

4. Os puntos suspensivos. Indican o final dun enunciado que queda incompleto:


Día de todo...
Poden indicar dúbida, temor ou sorpresa: Eu... non sei que facer.

5. A coma indica unha pausa interna. Úsase para:


- separar os elementos dunha enumeración:
Merquei libros, discos e revistas.
- sinalar a omisión dunha forma verbal:
Anxo é electricista; Xesús, carpinteiro.
- separar o vocativo do resto da frase:
Dime, Ana, que che parece?
17

SIGNOS DE PUNTUACIÓN (2)

- separar as expresións tipo: é dicir, isto é, en fin, polo tanto, ademais...:


Se fas o que che pido, é dicir, que volvas axiña, déixote saír.
- marcar incisos ou aclaracións:
O 25 de xullo, Día da Patria, é festivo.

6. O punto e coma. Separa os membros dunha enumeración, cando algún deles xa contén comas:
Pensou que non ía dar feito un traballo tan longo, tan complicado; pero ao final conseguiuno.

7. Os dous puntos. Poden indicar unha pausa interna e úsanse:


- diante dunha enumeración explicativa:
Cando empece a ferver, engade: patacas, fabas, chourizos...
- tras a fórmula de saúdo das cartas:
Benquerido amigo:
- despois de fórmulas tipo: expón, solicita... nos documentos administrativos.
Poden indicar unha cita, úsanse para reproducir as palabras de alguén:
O xefe dixo: xa podemos empezar.

OLLO! Tras os dous puntos e, á parte, úsase inicial maiúscula:


Querida Rosa:
Aproveito a carta para...

A Xunta de Galicia DISPÓN:


Que na data de hoxe...

8. As comiñas. Indican unha cita. Encerran as palabras literais dunha persoa.


“A Galicia de hoxe é herdeira do voso traballo”, salientou o presidente.

9. A raia. Introduce as palabras das persoas que interveñen nun diálogo ou separa as anotacións que inter-
cala o narrador, tamén se usa para marcar incisos ou aclaracións.
_Bos días, María _ dixo Sabela.

Ramón _o curmán de David_ é futbolista.


18

SIGNOS DE PUNTUACIÓN (3)

10. A paréntese. Marca incisos ou aclaracións.


O INE (Instituto Nacional de Estatística) está analizando os datos.

11. O guión. Marca a división de palabras.


- Divide as palabras en final de liña.
OLLO!
Non se poden separar as vogais en ditongo: quei-/xo, lin-/gua
Non se poden dividir os grupos consonánticos: pro-/blema, ins-/titución
Non se poden dividir os dígrafos (nh, qu, rr, lle, ch): ningu-/nha, ma-/chado
Non se debe deixar unha vogal soa ao final ou ao principio de liña: oí-/do
- Separa palabras (dicionario alemán-galego), sílabas (a-ca-dé-mi-co), números (1990-2000)
- Separa a segunda forma do artigo.
19

1. No seguinte artigo lerás unha entrevista a Marisa Núñez. Faltan moitos signos de puntuación: puntos, comas, puntos e comas,
signos de interrogación, comiñas, parénteses... Xunto co teu compañeiro, intenta localizar todos os que cres que deben estar.

PREMIO INTERNACIONAL DE LITERATURA INFANTIL


Marisa Núñez Cos nenos non te enganas se lles gusta un conto sábelo

A autora converteuse o domingo na primeira autora da Península en


gañar o Premio Internacional de Literatura Infantil da Fundación ‘Es-
pace Enfants’, co libro Chocolata.

Chocolata toma o seu baño diario na lagoa un día escoita que na


cidade hai unha casa de baños e sae de viaxe coa intención de pro-
bala e quen é Chocolata Chocolata é unha hipopótama á que lle gusta
enlamarse. Marisa Núñez converteuse o domingo na primeira autora
da Península en gañar o Premio Internacional do Libro Infantil Espace
Enfants co seu libro Chocolata ilustrado pola austríaca Helga Bansch e
publicado pola editorial galega Oqo en galego castelán catalán inglés
francés e portugués nacida en Sarria, Marisa leva vinte anos traballando como mestra de educación infantil esta mañá
recibiu no colexio moitísimas felicitacións de antigos alumnos agora algo máis grandiños e de seus pais.

Vieiros: Sorprendida polo premio Sabías que o teu libro competía ou foi cousa da editorial
Marisa Núñez: Comunicáronme que gañara uns días antes de facelo público pero si no momento fiquei bastante sor-
prendida. Sobre todo polo que dis porque nin sabía que a editorial presentara o libro. Creo que foi o ano pasado en Bolonia,
que os membros da organización do premio foron por cada stand pedíndolles aos editores que presentaran as obras

Pero a noticia é moi importante, non A primeira vez que un libro escrito na Península gaña o premio
Si é a primeira vez e é moi importante porque isto permitiranos estar aínda máis presentes a nivel internacional, nas feiras
do sector. E estou moi contenta tamén polo carácter do premio por quen o outorga a Fondation Espace Enfants

Cantos anos teñen os teus alumnos


Son mestra de infantil dou todo o ciclo entre 3 e 5 anos.
20

O feito de darlles clase aos meniños inflúe moito no que escribes


Cos nenos non te enganas se lles gusta un conto gústalles e sábelo e se non lles gusta tamén o sabes. Con eles sabes se
un conto funciona

Quen é Chocolata?
É unha hipopótama en realidade iso sábese pola ilustracións, os personaxes no texto teñen perfís humanos que se está a
bañar na súa lagoa e escoita que hai unha casa de baños na cidade. Como lle gusta moito a auga e enlamarse de aí o de
Chocolata vai e coñece a urbe. Merca moitas cousas e ao volver á casa desfaise de todo o que mercou decatándose do que
de verdade é importante e desprendéndose do que non necesita

Chocolata está traducido a oito linguas. A literatura infantil é universal


Os contos teñen que ser universais si despois os nenos aprópianse e fanos seus aprendendo deles sobre o mundo sobre a
interculturalidade

A que cres que se debe o éxito que colleita a literatura infantil galega en todo o mundo
Agora hai máis ambición literaria e estase facendo un esforzo por editar álbums de calidade e por traballar con xente moi
boa xente de todo o mundo. Cando iso se consegue facer un libro de calidade o éxito está asegurado.

Pensas abandonar o ensino nalgún momento?


Creo que non como moito nalgún momento tomarei un descansiño é importante non perder nunca de vista o receptor e
recuperar a mirada da infancia aos nenos pódeselles falar de calquera de que calquera tema só hai que coñecer o códi-
go.

Texto adaptado de http://www.vieiros.com - 19/11/2007


21

Galego en acción
Un concurso sobre cultura galega
1. Trata de responder estas preguntas.
Compara e discute as respostas co teu compañeiro ou coa túa compañeira.

1. Tres escritores:
2. Dous cantantes:
3. Un pintor:
4. Unha gaiteira:
5. Un político:
6. Un prato típico:
7. Un museo:
8. O título dunha novela:
9. Unha película de animación:
10. Un viño:
11. Unha editorial:
12. Un cociñeiro famoso:
13. Un programa cultural da radio ou da televisión galega:
14. Quen é Tamar Novas? Un escritor ou un actor?:
15. Quen dirixiu Hotel Tívoli?:
16. Cal é o símbolo dos peregrinos?:
17. Un lugar onde se celebre a rapa das bestas:
18. Un portal de internet onde poidas ler as noticias sobre Galicia e o mundo:
19. Foi a Torre de Hércules declarada patrimonio da Humanidade pola Unesco?:
20. Agustín Fernández Paz é un gaiteiro ou un escritor?:
21. Quen preside actualmente o Goberno galego?:
22. Cal é o prefixo telefónico para chamar a Ourense?:
23. En que parte de Galicia está Muxía?:
22

Que se sabe de Galicia?


2. Traballamos en grupos e preparamos o noso concurso:

Cada grupo elabora un novo cuestionario (10 preguntas) para os outros equipos. Pódese preguntar sobre xeografía, econo-
mía, arte e cultura, personaxes famosos, costumes, lingua...

Entrégaselle unha copia do cuestionario coas solucións ao profesor.

Danse 10 minutos para buscar as solucións.

Un representante de cada grupo le as preguntas e dá as respostas.

O profesor di se son correctas ou non. Se un grupo non sabe algunha resposta, poden responder os outros grupos.

Gaña o grupo que acerte máis preguntas.


23

Contido sociocultural
A matanza do porco
1. Le os seguintes textos.

A MATANZA DO PORCO
A matanza é unha manifestación cultural e social representativa dun modo
de vida. A matanza e a vendima son, hoxe, as únicas actividades comunita-
rias que quedan para relacionar a familiares, veciños próximos e amigos.

A través da matanza refórzanse os lazos de solidariedade e axuda, hai tempo


para traballar, brincar, conversar, rexoubar e comer, mágoa que o despo-
boamento rural e a aparición da chamada comida rápida están a acabar con
este ritual.

A matanza é a fin da etapa de cría e ceba do porco e o comezo dunhas reservas das que vai botar man o campesiño
para a súa alimentación ao longo do ano. O proceso iníciase coa cría do animal que se leva a cabo fundamentalmen-
te nas granxas durante os tres primeiros meses de vida e logo cébase na casa ou mércase xa cebado cando acada
arredor dos 100 quilos de peso. O inicio das matanzas vén marcado polo San Martiño, festividade que se celebra o 11
de novembro e que foi recollido no refraneiro popular da seguinte maneira: a todo porco lle chega o seu San Mar-
tiño, que á parte de fixar a época da matanza ten unha segunda intención. Hoxe o refrán utilízase só coa segunda
intención, pois o cambio climático atrasou as matanzas ata a época de xeadas e frío que se produce mediado o mes
de decembro[...].

O cría de porcos experimentou nos últimos 30 anos grandes transformacións. Xeneralizouse a explotación en granxas
e abandonouse a cría nas casas. Introducíronse novas razas para mellorar a rendibilidade no crecemento e na pro-
dutividade que fixeron desaparecer practicamente a raza autóctona do porco celta. Abandonouse a alimentación
por verzas, landras, castañas, millo e, a partir do Real decreto 20/02/95, prohibiuse a matanza tradicional para evitar
o sufrimento do animal.

Benxamín
Texto adaptado de http://boards5.melodysoft.com/ - 7/12/2007
24

Parécelle ben que se prohiba a matanza tradicional de porcos en Galicia?

A lei 32/2007 para o coidado dos animais entrou en vigor o sábado 8 de decembro, cando media Galicia celebra unha
liturxia que sofre os embates da modernidade, pero que aínda conserva un notable arraigamento cultural: a matanza
do porco. Un dos preceptos que establece esta lei é a obrigatoriedade do atordamento previo no sacrificio dos ani-
mais de produción, algo que xa era preceptivo, pero que, por vez primeira, conta cunha norma de rango suficiente
como para tipificar claramente as infraccións e establecer un réxime sancionador. A consecuencia é que sacrificar un
porco sen aparvalo previamente suporá unha infracción leve da lei e poderá ser sancionado con multas de ata 600
euros. Parécelle ben que se prohiba a matanza tradicional de porcos en Galicia?

Paréceme terrible que se siga matando o porco de forma tradicional, facendo do sangue e da dor unha festa
que celebrar. Debería evitarse o sufrimento que este pobre animal padece. Lidia

Eu entendo que nos guste o porco, pero de aí a que se lle faga sufrir dun xeito tan inhumano... somos máis
animais que os propios animais! Ztara

A matanza do porco, como calquera outra, paréceme unha crueldade innecesaria, máis aínda se non se
aparva o animal previamente e se diso se fai espectáculo. Cristina

Textos adaptados de http://www.lavozdegalicia.es 2/12/2007

Ninguén pensa no sufrimento dos touros na praza... desde logo que é moito peor e máis agónica, non credes? Eu
síntoo polo porco, pero gústame comer as frebas, os callos, a costela, o cocido e poder reunirme cos meus veciños
unha vez ao ano para compartir unha ata de chourizos e en moitas vilas é a festa que queda, é a festa que hai.

Marisa

Texto adaptado de http://boards5.melodysoft.com/ - 9/12/2007


25

Que opinas sobre a matanza tradicional dos porcos en Galicia? Pregúntalles aos teus compañeiros.

Estades de acordo coas opinións anteriores? Que vos parece a mensaxe de Marisa?

Festas tradicionais
2. Os magostos, o Entroido, os maios ou os reis aínda se celebran en moitas partes de Galicia, pero outras festas, coma o fiadeiro,
perdéronse.
Participades neste tipo de celebracións? Como?

Comentádeo na clase.
26

Modelo actividade Celga


1. Le estes dous textos sobre o ensino.

O Informe PISA sitúa o ensino galego entre os seis mellores do Estado

A Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico (OCDE) realiza periodicamente un informe (o PISA) que
mide a capacidade dos estudantes de 15 anos para enfrontarse á vida cotiá. Un documento que goza de gran prestixio e
cuxos últimos resultados foron avanzados na revista Maxisterio. O informe evidencia que o sistema educativo español non
mellora (está de 26 na listaxe mundial) e que dentro do Estado hai grandes diferenzas. Entre as comunidades mellor situadas
está Castela e León, a Rioxa e Aragón. Galicia obtén 505 puntos, o que a sitúa sexta en España, por diante do nivel dos suecos
e dos daneses. Malia que descende dous postos no conxunto estatal, consegue catro puntos máis ca no informe anterior.

Texto adaptado de http://www.culturagalega.org - 29/11/2007


27

Participación dun estudante no chat do portal de ensino Magisnet o día que se publicou o Informe Pisa 2007

Estimados lectores: Son un estudante cubano que estuda en España. Cando cheguei a este país as miñas expectativas na
orde educativa eran grandes, por moitas razóns que non vou mencionar. Sorpresa me causou, ao interactuar coa comunida-
de estudantil e docente, o baixo rigor, o baixo nivel de análise dos estudantes, os cales parecen amanuenses empedernidos
copiando o que di o profesor na aula, sen deterse a levantar a cabeza nin a emitir un criterio a favor ou en contra dos
expostos na aula polo profesor. Sorprendeume, e dígoo con todo o respecto do mundo, a falta de iniciativa académica dos
alumnos, que asisten á universidade para aprobar, non para aprender ou, mellor dito, para crear competencias para o futuro
profesional. No meu país, sumido nun control estatal total, ensináronme a estudar, a esforzarme para poder obter os meus
obxectivos, os que me propuxen ao entrar na universidade. Creo que ningún país serio que se respecte pode soportar a im-
plantación de leis en cada lexislatura, é unha tolería que terá consecuencias evidentes. Non esquezamos que a secundaria
básica é un nivel importante e decisivo para poder soster os niveis superiores de ensino. Saúdos.

Mateo López (Salamanca) 29/11/2007


Texto adaptado da mensaxe publicada polo autor en http://www.magisnet.com

2. Como cres que está o ensino galego hoxe?

Cres que era mellor hai anos, na túa nenez, xuventude?

Cres que se pode mellorar? Como?

Que consellos lles darías aos políticos, aos profesores, aos pais e aos alumnos en xeral?

3. Redacta un informe sobre o ensino no curso de galego que estás a piques de rematar.
28

Repaso
1. A voltas cos SE.
Marca os SE que atopes nas seguintes frases. Son marca de reflexividade, impersonalidade, da pasiva...? Coméntao co teu com-
pañeiro.

_Perdoe, pode repetir, non se oe ben.


_Prohíbese o uso de cámara fotográfica.
_Bórdanse sabas de liño á man.
_O detido suicidouse.
_Mércase e véndese ouro.
_Alúganse coches.
_Arrepentiuse do que fixera.
_Impártense clases de piano.
_Avarióuselle a cámara de vídeo.
_Que se sabe de Galicia polo mundo?
_As castañas vendéronse moi ben na última feira.

2. O baúl dos recordos.


Ao longo destas unidades falamos de...
Lembras por que destacan estes galegos famosos? Fai as asociacións necesarias e comenta o que lembres deles co teu compa-
ñeiro ou coa túa compañeira

Toñi Vicente Jairo Iglesias Castelao Fran Alonso


restauradora Sempre en Galiza Rosa dos ventos
Herba moura Sempre Xonxa Cartas de amor Óscar Pereiro
Luís Tosar Chano Piñeiro gaiteira Teresa Moure
actor ciclismo Manuel Rivas
Cristina Pato Que me queres amor
29

Porfolio
O discurso do último día da clase
1. En parellas ou en pequenos grupos, tedes que preparar un pequeno discurso de despedida para lerlles aos vosos compañeiros.
Antes, preparade un borrador. Podedes incluír:
- Opinión sobre o curso.
- Anécdotas que lembrades.
- Dificultades.
- Progresos durante o curso.
- Bos desexos.
- Agradecementos.
- Desculpas.
- Outros.

2. Cada parella diríxese ao grupo e le o seu discurso. A clase decide cal foi o:
1. Máis divertido.
2. Máis simpático.
3. Máis orixinal.
4. Máis triste.
5. Máis optimista.
6. Máis emotivo.
30

Que sei facer?

Son capaz de... BEN REGULAR MAL

Dar e pedir información con distintos graos de


seguridade

Discutir información

Usar o SE como marca de reflexividade, imper-


sonalidade, involuntariedade

Usar construcións pasivas

Escribir postais e tarxetas

Usar os signos de puntuación

Que palabras desta unidade quero recordar?


Que cuestións gramaticais me parecen máis complicadas?
Que actividade me foi de maior axuda?
Cal non me gustou? Por que?
Participei suficientemente na clase?
Que podo mellorar?
31

Transcrición do audio
1. Actividade introdutoria. Angélica vai deixar o seu traballo e a cidade, e está celebrando a despedida cos compañeiros do curso.

ANGÉLICA: Ben... moitas grazas por ter vido todos á cea, así podo despedirme de todos. Graciñas por este regalo
tan bonito, pero non tiñades que comprar nada. Con este teléfono estarei sempre localizable e asegúrovos que vos
chamarei. E... e, sobre todo, graciñas por todas as cousas tan bonitas que me dixestes...
A min tamén me dá pena marchar, pero..., xa sabedes, non podo estar moito tempo no mesmo sitio... De verdade que...
non sei como agradecervos a paciencia que tivestes comigo...
Lembrades o día que se perderon os señores, todos me botastes unha man, non o esquecerei nunca...

Quero pedirvos desculpas polas molestias que vos causei no curso, sobre todo ao principio, pola miña inexperiencia.
Pero, grazas a vós e á vosa comprensión, aprendín moitas, moitas cousas.
Gustaríame que todos tivésedes un recordo de min tan bo coma o que eu teño de vós e, por suposto, encantaríame
que me viñésedes facer algunha visita...

Ben, o dito, grazas por todo... Que teñades todos moita sorte!

COMPAÑEIROS: Saúde! Por ti! Sorte! Moita sorte!

You might also like