You are on page 1of 7

PATRIMONIO ARQUEOLXICO E SENTIDO DE LUGAR

ALBERTO NEZ MARTNEZ 47373812E PATRIMONIO ARQUEOLXICO E SOCIEDADE

PATRIMONIO ARQUEOLXICO E SENTIDO DE LUGAR

Parece evidente a existencia dunha relacin inherente entre o espazo, ou territorio, e o patrimonio arqueolxico. As, neste pequeno traballo trataremos de expoer, moi someramente, como a conceptualizacin dos lugares e do espazo por parte das sociedades antigas vai intervir na creacin destes elementos e como a variacin ao longo do tempo, en canto aos sentidos e valores que as poboacins lle conceden aos lugares, vai ser un factor determinante que marcar a relacin entre a sociedade actual e os bens patrimoniais de caracter arqueolxico.

Se se quere entender a xnese de calquer ben de tipo arqueolxico debemos ter en conta o vnculo que existe entre o lugar ou espazo no que se insire e a sociedade que o creou. Esta conexin entre os xacementos e o locus so podemos entendela desentraando como se crea a conceptualizacin da paisaxe por parte do colectivo. Para iso debemos comezar definido o propio concepto de lugar. Dende un punto de vista espacial, un lugar onde un elemento pode ser localizado ou colocado, cunhas caractersticas naturais moi concretas que o definen, o cal non se pode entender nunca sen a participacin dun obxeto perceptor, un individuo ou un colectivo social, que o caracterice e conceptualice. A sensacin derivada das caractersticas naturais do lugar no individuo o que se denomina Genius Loci ou alma do lugar e pode producir neste unha sensacin de atractivo (topofilia) ou de rexeitamento (topofobia). Esta relacin entre a sociedade e o espazo, no que un vai a determinar a vida do outro, o que se denomina habitar ou pertencer (dwiling)1. Cando un home habita, sitase simultneamente nun espazo e exponse a certo carcter ambiental. As das funcins psicolxicas involucradas na conformacin deste proceso, pdense denominar orientacin e identificacin. Para adquirir races existenciais o home debe poder orientarse; ten que saber onde est. Tamn debe poder identificarse co entorno, precisa saber como que est en certo
1

NORBERG-SCHULZ, CH: Towards a Phenomenology of Architecture. Michigan (1980)

Pxs. 18 32. Disponible online en: http://es.scribd.com/doc/46338375/Genius-Loci-Towards-aPhenomenology-of-Architecture

lugar. Con isto somos capaces de sacar en claro que o individuo capta a esencia do lugar, delimtao como forma de crear a sa imaxen mental do espazo e adptase s sas caractersticas naturais como forma de sobrevivir. As pois, para entender como o ser humano vai determinar a sa propia vida para/con o locus, debemos abordar as das funcins psicolxicas que van intervir na creacin da conciencia habitacional e no sentido de lugar.

En primeiro lugar analizaremos o problema da orientacin. Para isto precisamos acudir s teoras do urbanista Kevin Lynch sobre os diversos medios estruturais creados polas sociedades (nodo, camio, distrito, etc) para a construcin dunha imaxe ambiental. As, afirma que2:

Unha imaxe ambiental eficaz confire ao seu poseedor unha forte sensacin de seguridade emotiva. O terror a perderse ven da necesidade dun organismo mvil de orientarse no seu entorno.

Como vemos, a orientacin provoca un sentimento de seguridade. Polo tanto, a inseguridade que crea o sentirse perdido un factor que ira en contra do feito de habitar. Esta calidade ambiental que protexer ao individuo, Lynch vaina denominar imaxinabilidade e isto implica as formas, as cores ou a ordenacin que facilitan facer imaxes mentais do entorno vivamente identificadas, poderosamente estruturadas. Con isto, tal e como di Norberg-Schulz, o que estara afirmando sera que os elementos que constiten a estrutura espacial son compoentes concretos con carcter e significado. Tendo en conta todo isto podemos pois entender como na antiguidade, os suxeitos perciban as caractersticas naturais do locus e delimitbano como unha forma de crear puntos focais concretos cos que estruturar unha imaxen ambiental para orientarse, e as sentirse seguros, no espazo no que se asentan. Reflexo desta creacin dun plano mental de orientacin a creacin da microtoponimia en base a certas caractersticas naturais ou antrpicas que definen a paisaxe.

Trataremos agora do problema da identificacin co entorno. unha concepcin psicolxica complexa, pois se o poemos en relacin coa cuestin da orientacin, un

LYNCH, K: La imagen de la ciudad. Barcelona (2008) Px. 5.

pode ubicarse nun lugar sen sentir a mis mnima identificacin con el; dicir, sen sentirse coma na casa. De igual modo un pode sentir esa empata sen estar familiarizado coa estrutura espacial do locus. A identificacin dase no momento en que o individuo experimenta o espazo e as sas caractersticas naturais concretas e, tendo en conta como stas van a condicionar a sa vida, decide asentarse definitivamente nese lugar. dicir, mimetizarse co espazo prodcese cando o suxeito percibe o genius loci (alma do lugar) e chega a un acordo con el polo cal un vai determinar a vida do outro. Desta conexin co espazo, vaise derivar o sentimiento de pertenza, o que supon a xnese do sentido de lugar; da identificacin social territorial e o posicionamento da colectividade frente a outras forneas. Un sentido dado a un lugar, a unha terra transformaa nun territorio, institeo. O territorio o resultado dun lugar cun sentido dado e afianzado; dicir, validado por outras persoas, por unha masa crtica de persoas que estn dispostas a aceptar dita definicin do lugar, a facer seu o discurso sobre un lugar en cuestin. Para entender como se xesta este valor debemos acudir teora sobre a memoria colectiva do socilogo francs Maurice Halbswachs na que di o seguinte3: Lorsque un groupe est insr dans une partie de lespace, il la transforme a son image, mais en mme temps, il se plie et sadapte des ehoses matrielles qui lui rsistent. Il senferme dans le cadre quil a construit. Limage du milieu extrieur et des rapports stables quil entretient avec lui passe au premier plan de lide quil se fait de luimme.

Caando un grupo se atopa inmerso nunha parte do espazo, transformaa sa imaxe, pero vez somtese e adptase a cousas materiais que se lle resisten. Encrrase no marco que construiu. A imaxe do entorno exterior e das relacins estables que manten con el pasa ao primero plano da idea que se forma de s mesmo.

Vemos pois que a memoria colectiva vai ser a que transforme o espazo, pero esta mutacin sempre estar condicionada polos elementos naturais do lugar que van
3

HALBWASCHS, M: La memoria colectiva. Zaragoza (2004). Px. 133. Disponible online en:

http://es.scribd.com/doc/36199740/Halbwachs-Maurice-La-Memoria-Colectiva

contrastar esta accin. As mesmo, esta relacin co espazo vai ser a que determine a imaxe que o grupo se configurar de si mesmo. Esta pois a maior mostra dese dilogo inter-condicionante entre o individuo e a paisaxe, producndose as un mimetismo entre ambos e que, en ltimo trmino, segundo diversos urbanistas4, estara plasmado a travs da arquitectura. Son pois os xacementos arqueolxicos unha representacin fsica dos elementos orientativos que configuraron a paisaxe e a imaxen abiental das sociedades antigas e, as mesmo, desta inter-relacin entre o espazo e os individuos; e en ltimo caso da idea que eles mismos tees del e do sentido que lle den a ese territorio. A pesar de que agora mesmo poda parecer que estamos falando dun fenmeno a escala moi reducida e puramente local, podemos observar esta forma de conceptualizacin do espazo e de imprimir de sentido aos elementos inmobles como forma de entender o territorio en escalas mis amplas de caracter comarcal a puramente global 5; pero tendo en conta que esta ltima dimensin non se pode entender sen o fenmeno estatal e a actual situacin de globalizacin mundial. Voltando de novo ao mbito estrictamente local, debemos entender que ao longo do tempo e fruto da dinmica histrica, as sociedades van confluindo e desenrrolando un mesmo territorio e integrando no seu espazo fsico e simblico as pegadas das sociedades precendentes dentro das das funcins psicolxicas que interveen na creacin dunha conciencia de pertenza a un lugar; a orientacin e a identificacin. Pero os valores e sentidos que as comunidades locais lle imprimen a certos lugares poden vir condicionadas ou entrar en conflito coa forma de entender ese espazo por parte das sociedades forneas, os intereses econmicos ou os poderes polticos. As, ao longo da historia podemos ver como un mesmo elemento susceptible de patrimonializacin ten unha diferente consideracin entre os individuos locais, a administracin e os poderes econmicos e como por calquera de cada unha destas partes da sociedade se van artellando en torno a este ben diversos sensos do lugar en funcin dos intereses e filiacins psicolxicas de cada un deles con ese espazo.

ROSSI, A: La arquitectura de la ciudad. Barcelona (1979). Px. 157. POTE, M: Introduccin al urbanismo: la evolucin de las ciudades y la leccin de la antigedad .

Barcelona (2011). Pxs. 226.


5

ROSE, G.: Place and identity: a sense of place. En A Place in the world? Places, cultures and globalization. Oxford (1995). Px. 89 96.

Polo tanto podemos afirmar, tendo en conta o anteriormente dito, que a discusin en torno ao patrimonio arqueolxico, e en ltimo caso en torno ao sentido de lugar est facendo referencia a esa tensin contempornea existente entre o local e o global.

Xa para rematar, facer unha pequena reflexin en torno a como variou esta forma de creacin dos sentidos dos lugares que explicaran, en certa medida, ou aportaran argumentos para poder entender a situacin actual e o sentido que a sociedade actual lle confire aos xacementos patrimoniais. Mentres que antes a arquitectura (e, como vimos, os xacementos arqueolxicos) era o reflexo fsico da concepcin e relacin da sociedade co lugar co que se identifica, na sociedade actual, a atencin da urbanstica e das polticas territoriais e patrimoniais cntranse fundamentalmente na utilidade prctica e o que se desenrrola en si mesmo o sistema de orientacin, creando imaxes ambientais funcionais, onde a valorizacin e a identificacin se deixa ao azar. Como resultado, a verdadeira conceptualizacin do espazo, e en definitiva, o que podemos denominar a verdadeira forma de habitar (dwelling) nun sentido psicolxico, substituuse por la alienacin. Xustamente un dos feitos polos que se chegou a esta situacin porque se considera sociedade como un ente que non est necesariamente ligado a un lugar dado. Durante moito tempo, o home moderno cra que a ciencia e a tecnoloxa liberrano dunha dependencia directa dos lugares. As mesmo, o sistema econmico actual e os poderes polticos a todos os niveis (local ou internacional) incrementan esta situacin, fomentndoa ao non respectar as formas de entender o territorio por parte da poboacin, atendendo exclusivamente aos seus intereses; e ao fomentar a non ligacin e a non concienciacin da poboacin co seu espazo e a sa historia, a travs de polticas agresivas contra o seu patrimonio mis directo ou inclusive impoendo certos sentidos e valores aos lugares, para deformar a idea e o simbolismo que o colectivo ten sobre estos espazos. O que se defende aqu non un tipo de determinismo ambiental. S se trata de recoecer o feito de que o home unha parte integral do ambiente, e que se chega a olvidarse deste papel e da sa relacin coa paisaxe e todos os elementos naturais e antrpicos que conforman ese palipsesto no que se insire, s pode levar alienacin humana imperante actualmente, pola que non se identifique e defenda o seu lugar e, en definitiva, o seu patrimonio.

You might also like