You are on page 1of 9

LIBRERÍA CENTRAL LIBRERA

Calle Dolores 2
15402 Ferrol A Coruña La Coruña Tfno 981 35 27 19 Móvil 638 59 39 80
centrallibrera@telefonica.net
http://www.centrallibrera.com

Tabajo publicado en el número 5 de Papeis Ártabros, en el que


Juan J. Burgoa da a conocer un interesante privilegio concedido a Ferrol en la villa
de Toro por el infante Don Sancho el año 1283.

UNHA CARTA REAL DE CONFIRMACIÓN DOS


PRIVILEXIOS DE FERROL DO ANO 1283 NO ARQUIVO
DA CASA DE ALBA
Juan J. Burgoa

A cidade de Ferrol, situada ao Noroeste de Galicia, constitúe hoxe a cabeceira dunha


comarca que se configura como unha unidade xeográfica dentro do territorio abarcado
polo histórico Golfo Ártabro, comprendendo practicamente a comarca natural da ría de
Ferrol e a conca do seu principal tributario, o río Grande de Xuvia, estendéndose cara ao
norte por unha escarpada costa aberta ao Atlántico que chega ata Cedeira e baixando cara
ao sur polas suaves ribeiras da ría de Ares e Betanzos.

Na época medieval a comarca da Terra e Mar de Ferrol tivo unha intensa actividade
monacal, sendo o lugar de influencia de diversos mosteiros, uns asentados na propia
comarca: San Martiño de Xuvia, San Salvador de Pedroso e Santa Catarina de
Montefaro, outros na comarca do Eume: San Xoán de Caaveiro e Santa María de
Monfero e, xa máis arredado, na Terra de Melide, o de Santa María de Sobrado dos
Monxes, ademais do propio convento de San Francisco dentro da vila de Ferrol. Todos
eles tiñan grandes intereses na propia vila e o territorio circundante, administrando os
recursos dentro dunha economía de xestión da produción (especialmente agropecuaria e
pesqueira) que era habitual nas vilas galegas altomedievais. Ademais de estar protexidos
por membros das diferentes familias reais, estes mosteiros estiveron baixo o patrocinio
das dúas principais liñaxes que señorearon a zona: os Froilaz-Traba na Alta Idade
Media e os Andrade, máis tarde unidos aos Lemos, no período baixomedieval.

Aínda que escritores e historiadores como Camacho Literas, Souto Vizoso e Vázquez
Rey citan a existencia en datas moi temperás dunha freguesía ou pequeno núcleo de
poboación que xa levaba o nome de Ferrol nos respectivos anos 847, 930 e 970,
aludindo nos seus diferentes traballos ás sucesivas visitas levadas a cabo polo arcebispo
de Vienne, San Rosendo e o Conde Santo Osorio Gutiérrez, realmente a primeira
mención documentada do nome de Ferrol na Idade Media aparece nunha escritura
pertencente ao mosteiro de San Martiño de Xuvia, publicada por Domingo Díaz de
Robles e, máis tarde, por Montero Díaz. Trátase dun documento, datado o 30 de Maio
de 1087, vendendo parte da igrexa de Santa María do Villar, onde, ao dar os límites da
venda, se rexistra o nome da freguesía de “Santo Iuliano de Ferrol”.

No que se refire ao núcleo urbano que se formou inicialmente en Ferrol sobre un


antigo asentamento humano, dentro do lento proceso de repoboación e creación destes
núcleos que tivo lugar en Galicia desde o século XI, non hai constancia de que a vila de
Ferrol naquela época estivese baixo o dominio territorial directo de ningún señorío
nobiliario. Segundo os historiadores, ata o último terzo do século XIV no que pasou a
depender do férreo señorío dos Andrade, Ferrol foi unha antiga vila de reguengo
(“propia del rei”) dotada de diversos privilexios reais, aínda que ningún deles cita de
xeito específico a concesión de “carta-puebla” algunha.

Leandro de Saralegui na súa obra “Efemérides ferrolanas (Apuntes para la historia de


Ferrol y sus cercanías)” (1904) aventura que o 1 de Agosto de 1020 foi a temperá data
na que o Fuero de León se fai “extensivo al Concejo de Ferrol y todo el Reino de
Galicia”, segundo rexistra o título VIII do Concilio de Coyanza (a actual localidade de
Valencia de Don Juan), presidido polo rei Fernando I o ano 1050, dato que
posteriormente foi referendado por Vázquez Rey, segundo deixou escrito nos papeis
inéditos do seu arquivo.

Pola súa parte, Carré Aldao escribe na “Geografía general del Reino de Galicia”
(1936) que Alfonso VII o Emperador concedeu a Ferrol os seus primeiros foros arredor
do ano 1140, mentres que Nicolás Fort no seu traballo “Los fueros de Ferrol” (1901)
adxudica estes privilexios a unha data sen precisar dentro do reinado de Alfonso VII,
entre os anos 1126 e 1157, xustificada pola presenza de mariños ferroláns nos buques da
armada galega organizada o ano 1130 polo bispo Gelmírez.

Máis concluínte semella o dato fornecido por Enrique Cal Pardo na súa publicación
“El monasterio de San Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos” (1984), acerca do
pergameo orixinal que contén a carta fundacional do mosteiro de Pedroso. O citado
historiador deduce, á vista deste documento notarial que se conserva desde o século
XIV, que a fundación do devandito mosteiro débese datar no 30 de Xuño do ano 1111,
data na que aparece a “villa de Ferrol” nomeada nun documento por primeira vez.

Cumpre tamén lembrar que diversos estudosos da Terra e Mar de Ferrol, caso de
Carneiro Rey – Rodríguez Vázquez na súa obra conxunta “Historia de Mugardos”
(2004), citan que existen testemuñas de peregrinacións xacobeas por vía marítima con
destino no porto de Ferrol desde datas moi temperás da Idade Media. Menciónanse,
entre outras, a chegada o ano 1114 de cinco naves con peregrinos procedentes de
Portsmouth (con parada en diversos portos franceses e cantábricos españois) e outra
expedición a Ferrol de seis navíos que partiu de Londres o ano 1198. Estas viaxes están
documentadas nos arquivos das universidades de Oxford e Cambridge e recollidas na
publicación de Antoine de Saint James “Les expeditions martimes a Compostelle”
(1808).

Seguindo un certo orde cronolóxico, outro dato de interese e o que aparece no


“Diccionario Geográfico-Estadístico-Histórico de España y sus posesiones de Ultramar”
(1843) de Pascual Madoz. Nas páxinas referidas a Ferrol escríbese que á primeira
noticia que se atopa da vila, xa con este nome, aparece nun documento datado o ano
1214, no que Pedro, bispo de Mondoñedo, autoriza a Fernando Veremundiz que empeñe
certas posesións que tiña en Ferrol.

De gran interese é a información proporcionada por Vaamonde Lores na obra “Ferrol y


Puentedeume. Escrituras referentes a propiedades adquiridas por el monasterio de
Sobrado en dichos partidos durante los siglos XII, XIII y XIV” (1909). No seu traballo
Vaamonde Lores reproduce varias escrituras correspondentes aos anos 1223 e 1226 que
aparecen asinadas por Rodericus Gundisalviz e Vermudus Pelagii “Alcaldes de Ferrol”,
Johan Pérez “Notario do Rey en Ferrol” e Petrus Martini “iudice de Ferrol”. Estes datos
permiten asegurar ao autor que xa desde principios do século XIII Ferrol era unha vila
de certa importancia, que, ademais dos devanditos cargos públicos, incluso “tenía rúas o
sea calles pobladas de casas a uno y otro lado”.

Xa con referencia ás cartas reais ou documentos específicos de concesión de foros e


privilexios á vila ferrolá, segundo a “Historia y descripción de la ciudad y departamento
naval de Ferrol” (1858) de Montero Aróstegui, Ferrol pertenceu desde tempos moi
temperáns á Coroa, aínda que o autor non precisa as datas, escribindo que desde o
século XIII tivo concedidos os seguintes privilexios reais:

15 de Abril do ano 1250. Dado en Valladolid por Fernando III o Santo, documento onde
se lle nomea “concejo de Ferrol”.
5 de Agosto do ano 1270. Dado en Burgos por Alfonso X o Sabio, confirmando o
privilexio anterior.
22 de Xaneiro do ano 1283 (era de 1321). Dado en Toro polo Infante don Sancho,
futuro Sancho IV o Bravo, confirmando todos os foros, liberdades e franquezas
concedidos polos dous anteriores.

Aínda que segundo a información dispoñible Fernando III e Alfonso X foron os reis
que concederon os primeiros foros a Ferrol, o gran valedor da vila ferrolá no século XIII
foi o rei Sancho IV o Bravo, casado con María de Molina, un monarca que tivo unha
estreita relación con Galicia. Cumpre significar que peregrinou a Santiago para visitar a
tumba do Apóstolo o ano 1286, despois de pacificar o seu reino tralas contendas
libradas cos musulmáns e logo de rematar as loitas sostidas coa nobreza que apoiaba
como herdeiros do trono aos fillos do seu irmán Fernando de la Cerda, fillo primoxénito
de Alfonso X o Santo, falecido de xeito prematuro.

Un pouco máis tarde que Montero Aróstegui, outro historiador ferrolán, Benito
Vicetto, no tomo V da súa “Historia de Galicia” (1872) confirmou a existencia destes
tres privilexios. No que atinxe ao primeiro, salienta que Fernando III outorgou na
devandito ano 1250 ao concello da vila de Ferrol o dereito de que “ningún merino
entrase a merinear en ella, ni en su coto, a no ser el Adelantado mayor de Galicia”. Con
referencia ao segundo informa simplemente que Alfonso X confirmou o anterior
privilexio na citada data do 1270. Con respecto a ámbolos dous documentos, Vicetto fai
unha chamada a pé de páxina indicando que se atopan no “Archivo Municipal del
Ferrol. Legajo de privilegios”.

Con respecto ao documento obxecto deste traballo, na mesma publicación Benito


Vicetto escribe que o rei Sancho IV expediu o 22 de Xaneiro de 1283 en Toro unha
carta real na que non só confirmábanse os foros, costumes, liberdades e privilexios
concedidos por Alfonso X e Fernando III, pai e avó de don Sancho, ao “concejo de
Ferrol” senón tamén os outorgados por “todos los otros reyes e del emperador que
fueron antes en España”. Benito Vicetto acompaña a transcrición completa deste
documento na devandita publicación.

No que se refire aos historiadores recentes, Francisco J. Pérez Rodriguez, autor do


Capítulo II. Ferrol na Idade Media, da “Historia de Ferrol” (1998), tralo detido análise
de diversos documentos medievais, considera ao ano 1200 como data estimada da
fundación de Ferrol, dentro do contexto da política fundacional de vilas no litoral do
norte de Galicia levado a cabo por Alfonso IX. Na mesma obra Pérez Rodríguez da
conta dos tres privilexios anteriormente citados, aínda que sen indicar o lugar onde
poderían estar arquivados.

Aínda que nesa época Ferrol era una entidade de poboación de tamaño medio, segundo
o informado na obra “Cortes de los antiguos reinos de León y de Castilla” (1893),
publicada por Manuel Colmeiro, nas Cortes de Xerez do ano 1268 concedeuse á vila
ferrolá un importante privilexio polo rei Alfonso X o Sabio, ao establecer un primeiro
ordenamento aduaneiro dos portos da Coroa de Castela, autorizando ao da vila ferrolá
para a carga e descarga de mercadorías, xunto con outros portos galegos entre os que
salientan Ribadeo, Viveiro, Cedeira, A Coruña, Padrón, Noia, Pontevedra e Baiona.

Como pon de relevo Juan A Rodríguez-Villasante na súa documentada publicación


“Los puertos de Ferrol y San Ciprián: su historia hasta la última expansión
contemporánea” (2001), desde o século XIII Ferrol non só estaba recoñecida como una
vila de dedicación pesqueira de certa entidade senón que o porto da Cruz e, máis tarde, o
de Curuxeiras estaban abertos ao comercio das naves mercantes que procedían do mar
Báltico, Flandes e Italia, mentres que a súa protexida ría, incluíndo os portos de Neda e
Mugardos, era o lugar de chegada dun regular número de peregrinos xacobeos
procedentes de Inglaterra, Irlanda e Norte de Europa.

Outra historiadora actual, María Jesús Vázquez, na súa obra “Ferrol e a comarca
ferrolá na Idade Media” (2001), tras facer un minucioso estudo da actividade dos
mosteiros medievais e a súa influencia na comarca, adxudica os primeiros privilexios de
Ferrol como vila de reguengo ao monarca Alfonso IX que reinou no tránsito do século
XII ao XIII. Na mesma obra informa tamén da existencia do documento de
confirmación de privilexios firmado polo infante Don Sancho o 22 de Xaneiro de 1283,
dando a coñecer o importante dato que o pergameo orixinal do mesmo se atopa no
Arquivo da Casa de Alba, transcribindo o citado documento aínda que semella de xeito
incompleto.

Con respecto á documentación conservada no Arquivo Municipal de Ferrol, referida a


estes privilexios reais que acabamos de citar, tan só consérvanse unha “Nota de los
fueros municipales otorgadas a esta villa y la de la Graña”, gardada na Caixa 908,
expediente 1, do dito Arquivo. Na devandita nota, manuscrita e sen data, infórmase que
existe no Arquivo Municipal unha “copia simple escrita en papel” do privilexio de 22
de Xaneiro de 1283, dado en Toro polo Infante don Sancho, indicando tamén que a
devandita copia “concuerda con el registro que está asentado en el Libro número tres de
las Confirmaciones de D. Enrique IV”, obrante no Arquivo Xeral de Simancas. Non
obstante, non fomos quen de atopar a mencionada copia simple no arquivo ferrolán.

A información fornecida por María Jesús Vázquez no senso de que o citado


documento se atopaba gardado, coa sinatura de referencia C-21-08 (bandexa 3), no
Arquivo da Casa de Alba, no Palacio de Liria da rúa Princesa de Madrid, fixo que
escribíramos ao mencionado Arquivo en solicitude dunha copia do mesmo. Temos que
agradecer a pronta remisión dunha reprodución fotográfica do devandito documento que
se inclúe neste traballo, aínda que, segundo nos informaron, non dispoñían da
correspondente transcrición.

Como anexo deste traballo acompáñase a transcrición completa deste documento feita
o ano 1872 por Benito Vicetto. Agradecemos a Carmen Porta, Directora da Biblioteca
Municipal de Ferrol, a revisión desta interesante documentación que no seu día
puxemos a súa disposición.

Transcrición do texto da carta real de confirmación de privilexios, concedida a


Ferrol polo infante Don Sancho o ano 1283, reproducido por Benito Vicetto nas
páxinas 242 e 243 do tomo V da súa “Historia de Galicia” (ano 1872).

“Sepan cuantos este privilegio vieren como yo infante don Sancho fijo mayor é
heredero del muy noble don Alfonso por la gracia de Dios, rey de Castilla, de León, de
Toledo, de Galicia, de Sevilla, de Córdoba, de Murcia, de Jaen, del Algarve, en uno con
la infanta doña María mi mujer. Por facer bien é merced al concejo de Ferrol dovos, é
otorgovos, e confirmovos para siempre jamás todos vuestros fueros, é usos, é
costumbres, é libertades, é franquezas, é privilegios, é cartas que hobisteis en el tiempo
del rey don Alfonso mío visabuelo, é del rey don Fernando mío abuelo, é de todos los
otros reyes, é del emperador que fueron antes en España; é otro sí, del rey don Alfonso
mío padre, aquellos de que vos más pagaredes á todos en uno é á cada uno de vos por sí,
é juro á Dios é a Santa María, é prometo á buena fé de vos los guarde; é demas fagonos
pleito homenage que nunca vos pase contra estas cosas sobredichas nin contra ninguna
dellas, nin consienta a ninguno que vos pare contra ellas é que pare connosco, é vos
ayude con el cuerpo é con todo mio poder, así como contra el rey como contra todos los
otros del mundo que vos quisieren parar en cualquier manera contra vuestros fueros, é
usos, é costumbres, é libertades, é franquezas, é privilegios, é cartas; é si por aventura
yo infante don Sancho non guardase todo esto, ó vos fuere contra ello, e vos non
ayudase contra quien quier que vos estas cosas sobredichas ó cada una dellas que
quisiere pasar ó menguar en alguna manera, vos diciéndomelo ó enviándomelo decir por
corte ó en otro lugar cualquier que yo sea, é non vos lo enmendare cuanto en aquella
cosa que vos menguare, mandovos que vos amparedes é vos defendades tambien del rey
como de mi, como de todos los otros que despues de mi vinieren, á tener é guardar
vuestros fueros, é usos, é costumbres, é libertades, é franquezas, é privilegios, é cartas,
según sobredicho es, é que non valades por ello menos vos ni aquellos que despues de
vos vinieren. E otrosi, tengo por bien é mando que si por ventura carta desaforada
alguna saliere de mi casa, que la vean aquellos que estuvieren por jueces o por alcaldes
en vuestro lugar; é si fallaren que es contra vuestro fuero, que pongan todo aquello que
la carta mandare con recaudo segun vuestro fuero, en guisa que cuando me fuere
mostrado, que se pueda cumplir la justicia, é aquello que fuere en fuero é en derecho: é
de esto vos doy este privilegio sellado con el mio sello de plomo.
Fecho en Toro veinte é dos días de Enero, era de mil é trescientos é vente é un anos.-D.
Martino obispo de Calahorra é de la Calzada la mando facer.- Yo Gil Dominguez de
Astorga la escribí.- Obispo de Calahorra.- Juan Martinez.”

BIBLIOGRAFÍA
Aracil Rodríguez, C. de - Burgoa Fernández, J.J. El escudo de armas de Ferrol de la
Ilustración. FerrolAnálisis, número 21. Ferrol, 2006.

Burgoa Fernández, J.J. Cento cincuenta anos da historia de Ferrol. Foros, títulos e
privilexios. Anuario Brigantino, número 30. Betanzos, 2007.

Burgoa Fernández, J.J. El expediente de incorporación de Ferrol a la Corona. El Real


Decreto de 21 de septiembre de 1733 (no prelo).

Cal Pardo, E. El monasterio de San Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos. A


Coruña, 1984.

Camacho Lliteras, J.L. Contribución al estudio sobre el origen del patronazgo de San
Julián en la ciudad de Ferrol. Concepción Arenal, número 14. Ferrol, Agosto de 1986.

Carré Aldao, E. Los antiguos fueros del Ferrol. Céltiga, número 157. Buenos Aires,
1931.

Carré Aldao, E. “Ferrol”. En Geografía General del Reino de Galicia. Barcelona, 1936.

Colmeiro, M. (Ed.). Cortes de los antiguos reinos de León y de Castilla. Madrid, 1893.

Díaz de Robles, D. Donación de 30 de Mayo de 1087 del monasterio de Jubia. Anuario


Ferrolano para 1904.

Fort Roldán, N. Los Fueros de Ferrol. Anuario Ferrolano para 1901.

Madoz. P, “Ferrol”. En Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus


posesiones de Ultramar. Madrid, 1843.

Montero Aróstegui, J. Historia y descripción de la ciudad y departamento naval de


Ferrol. Madrid, 1859.

Montero Díaz, S. La colección diplomática de San Martín de Jubia (977-1199).


Santiago, 1935

Pérez Rodríguez, F.J. “Ferrol na Idade Media”. En Historia de Ferrol. A Coruña, 1998.

Rodríguez-Villasante Prieto, Juan A. Los puertos de Ferrol y San Ciprián: su historia


hasta la última expansión contemporánea. Ferrol, 2001.

Saralegui y Medina, L. de Efemérides ferrolanas (Apuntes para la historia de Ferrol y


sus cercanías). Ferrol, 1904.

Souto Vizoso, A, Efemérides Eclesiales de Ferrol. Serie de artigos publicados no xornal


Ferrol Diario. Setembro a Novembro de 1974.
Vázquez López, M.J. Ferrol e a comarca ferrolá na Idade Media. Do século X ao XVI.
Ferrol, 2001.

Vaamonde Lores, C. Ferrol y Puentedeume. Escrituras referentes a propiedades


adquiridas por el monasterio de Sobrado en dichos partidos durante los siglos XII, XIII
y XIV. A Coruña, 1909.

Vicetto Pérez, B. Historia de Galicia. Tomo V. Ferrol, 1872.

Arquivo Antonio Vázquez Rey. Tomo II. Comarca. Carpetas Ferrol D e H. Biblioteca
Municipal de Neda.

Arquivo da Casa de Alba. Palacio de Liria. Madrid. Referencia C-21-08 (bandexa 3).

Arquivo Municipal de Ferrol. Caixa 748. Disposicións e Reais Ordes.

Ilustración. Carta real de confimación de privilexios, concedida a Ferrol polo


infante Don Sancho. Toro, 22 de Xaneiro do ano 1283 (era de 1321). Arquivo da
Casa de Alba.

Na mesma publicación:

PAPEIS ÁRTABROS 5
Revista
Centro Ártabro de Estudios
2009

LA FRAGATA ASTURIAS Escuela Naval Flotante - Juan Escrigas Rodríguez


MATÍAS USERO A la sombra del olvido - Mario Valdivieso Mateo

Contradicción, coherencia y compromiso de un cura gallego - María Luisa Tezanos Gandarillas

Os arquivos privados da nosa historia: os papeis de José de Fano Díaz - Eliseo Fernández

Fachos, vigías, velas y atalayas, desde el Cabo de Ortegal a la Ría de Corme - José López Hermida

Pepito Arriola. Un apunte a súa biografía - Rosa Méndez Fonte

Saleando pola ría de Ferrol - Bernardo Máiz Vázquez

Patrimonio arqueolóxico castreso de Mugardos: modelo teórico para promover o seu uso didáctico e social -
Juan A. Carneiro Rey e Emilio Ramil González

Unha Carta Real de confirmación dos privilexios de Ferrol do ano 1283, no arquivo da Casa de Alba - Juan J.
Burgoa

La huella gallega en Cuba - Jaime López Fernández Caramelo

177 páxinas

22x17 cms

COMPRAR – MERCAR - BUY 12 € KAUFEN

Otras publicaciones interesantes:


Artículos Relacionados

NAUFRAGIOS Y ACCIDENTES DE BUQUES DE GUERRA FERROL 21,00€

BUQUES DA ARMADA ESPAÑOLA DO SÉCULO XX, de Alejandro Anca Alamilo 18,00€

HISTORIA DEL CUERPO DE MAQUINISTAS DE LA ARMADA Autor: Carlos Bonaplata Requeijo. 26,00€

50 BARCOS ESPAÑOLES, de Marcelino González 20,00€

Historias de Ferrol en guerra (1936-1939), Lucas Molina Franco y Rafael A. Permuy López 15,00€

NAUFRAGIOS Y COMENTARIOS Autor: Alvar Núñez Cabeza de Vaca. Edición: Roberto Ferrando Pérez.
18,00€

MI QUERIDA HIJA HILDEGART Autora: Carmen Domingo 20,00€

ESCALA EN EL ATLÁNTICO Autor: Juan Carlos Díaz Lorenzo 60,00€

LIBRERÍA CENTRAL LIBRERA


Calle Dolores 2
15402 Ferrol A Coruña La Coruña Tfno 981 35 27 19 Móvil 638 59 39 80
centrallibrera@telefonica.net
http://www.centrallibrera.com

You might also like