You are on page 1of 4

4 Recensions

10/5/02

08:48

Pgina 255

Recensins

Ttulo:
Autor:
Editorial:
Nm. pp.:
Tamao:

O libro que nestes momentos me


propoo presentar obra dun profesor
e escritor ingls que ten unha gran
preocupacin, non s polo afondamento e reflexin nos temas filosficos
senn tamn pola sa difusin. Quizais
por isto editor dunha recompilacin
de artigos e ensaios titulada Philosophy:
Basic Readings (Londres, 1999).
Inmersos xa no desenvolvemento
da LOXSE, con mis coecementos e
experiencia nos aspectos positivos e
negativos que o seu desenvolvemento
implica, un sentir comn, polo que se
observa e se escoita, que, polo menos
en canto Filosofa se refire, nos atopamos con bastantes dificultades para
conseguir que os nosos alumnos a consideren como unha actividade atraente
e gratificante que lles pode axudar a
manter un certo interese polos
problemas vitais e incluso favorece-la
aprendizaxe doutras materias.
Este libro, baixo o ttulo de Filosofa bsica, pdese considerar un texto
orientado como material de lectura
para os alumnos de Bacharelato que,
nestes momentos, se deben iniciar na
exposicin dos temas filosficos, ler e

255

Filosofa bsica
Nigel Warburton
Ctedra, Madrid, 2001
205
18 x 11

despois expoe-las interrogantes na


clase para poder aclarar e discuti-los
seus argumentos.
fomenta-la lectura de libros,
neste caso filosficos sinxelos e fciles
de comprender, estamos favorecendo,
en primeiro lugar, a reflexin individual sobre temas que, por escabrosos,
anda que sexan moi interesantes, con
frecuencia evitamos.
O acto de pensar, como todo feito
intelectual, necesita da exercitacin e
lectura primeiro e, despois, a discusin
na clase a mellor axuda para que as
actividades lectivas de Filosofa sexan
un reclamo, tanto nos alumnos do
Bacharelato de Humanidades, como no
tecnolxico, biosanitario e artstico. A
Filosofa e o seu mtodo son tiles para
moitas situacins da vida, para o
desenvolvemento das capacidades
intelectuais e para os oficios.
O propio autor ofrece unhas pautas de cmo realiza-la lectura desta
obra. A primeira regra ser activo,
dicir, non recibir sen mis a exposicin
dos diferentes temas, as respostas que
se expoen para resolve-los problemas
filosficos. Trtase, pola contra, de ir

Revista Galega do Ensino-ISSN: 1133-911X- Nm. 35 - Maio 2002

4 Recensions

256

10/5/02

08:48

Pgina 256

Recensins

cuestionando, abrir un dilogo entre o


que se di no libro e o que se lle ocorre
lector (aqu se impone el realizar la
lectura con un cuaderno y un bolgrafo
e ir anotando; leer un libro de Filosofa
no es igual que leer una novela).
Realizar unha lectura activa e
atenta non significa memoriza-las cuestins e os argumentos que as fundamentan. Require que o suxeito, a medida que vai lendo, cuestione os
argumentos expostos. A lectura filosfica mesmo tempo que dilogo co
autor debe ser unha lectura dialctica
que, desde o propio coecemento e
opinin, vai discutindo mentalmente
os temas para incorpora-las cuestins,
propostas e solucins bagaxe mental
do lector.
Se a lectura se realiza con esta
dinmica este libro pode ser til para
os estudiantes que se inician na Filosofa. O autor, ademais, ofrcelles outros
posibles materiais sobre distintos
temas filosficos.
Finalmente, dentro da metodoloxa axeitada para se enfrontar con este
texto, o autor indica que, tralo primeiro
contacto, conveniente volver sobre
aqueles temas que espertaron maior
interese en cada suxeito.
A obra est dividida en sete captulos que tratan cada unha das grandes
cuestins filosficas: o problema de
Deus, o Ben e o Mal, a Poltica, o
Mundo exterior, a Ciencia, a Mente e a
Arte.

N. Warburton acomete os diferentes temas que vai expoer cunha gran


claridade e precisin. Comeza a sa
exposicin cunha interrogante: Existe
Deus? A partir de a caben distintas respostas. O importante ir argumentando cada unha delas.
Neste tema fai un percorrido
longo da Historia da Filosofa. Analiza
o positivo ou convincente de cada
argumento e os puntos de vista contrarios para favorecer as o acto persoal de
pensar qu o mis interesante do quefacer filosfico. Concle o captulo
suxerindo unhas lecturas de obras
escollidas que se interesan por este
tema.
No captulo segundo fai a seguinte pregunta: En que se diferencia o
obrar ben do obrar mal? Trtase dunha
cuestin bsica da Filosofa moral. O
autor mergllase neste dilema desde
un escepticismo acorde co sentir de
Nietzsche, xa plasmado no seu libro
Mis al do ben e do mal. Sen embargo,
fiel seu esquema de exposicin, fai un
percorrido polas doutrinas do deber, as
doutrinas da virtude e o consecuencialismo. A partir deste marco tericoreferencial o seu texto deriva cara a
casos prcticos expoendo a situacin
da eutanasia, e vai propoendo as respostas que se desprenden de cada
unha destas teoras. Concle este captulo cunha explicacin do por qu das
relacins entre tica-Metatica. Desta
maneira, axuda o lector a facer un repaso do naturalismo tico, o relativismo e
o emotivismo.

Revista Galega do Ensino-ISSN: 1133-911X- Nm. 35 - Maio 2002

4 Recensions

10/5/02

08:48

Pgina 257

Recensins

O captulo terceiro ten como tema


bsico a poltica. Curiosamente, aqu as
interrogantes que se abren son varias.
A Filosofa poltica abarca unha serie
de problemas relacionados coa Economa, a tica, a Ciencia poltica, a Historia, etc.
longo desta interrelacionada
cuestin, neste apartado vai degraendo
unha serie de conceptos como a liberdade, a igualdade, a democracia, a obediencia ou a desobediencia civil. Todos
estes problemas fundamentais na Filosofa poltica implican, no fondo, as
relacins entre individuo e Estado.
Busca-lo seu equilibrio interesante.
O tema do mundo, a realidade
que nos circunda e o seu coecemento
obxecto do seguinte apartado (captulo cuarto). As preguntas bsicas que
discute co lector son as que seguen:
Que o mundo? Existe algo distinto
do noso eu? As cousas son porque
algun as pensa ou posible que existan sen que ningun as observe?
Todas estas interrogantes son
estudiadas e analizadas a partir das
distintas teoras da percepcin. A travs dalgunhas destas teoras, a constante intentar comprende-lo mundo e
a nosa relacin con el.
Aborda-la forma cientfica de
coecer, e mis no momento actual de
gran desenvolvemento cientfico, a
pregunta central do captulo quinto,
onde se interroga sobre a ciencia en
xeral e a prctica da investigacin cientfica en particular. As pxinas dedicadas a esta problemtica cntranse en

257

explicar cmo a travs da perspectiva


cientfica non se afirma nin se nega
nada se antes non se realizou unha
investigacin e os resultados son sometidos a unha anlise minuciosa e comprobados. O autor explica con detalle o
mtodo de induccin e o concepto falsacionista da ciencia. Trtase de revisalo tema da relacin entre Filosofa e
Ciencia.
As cuestins conectadas Filosofa da mente e a Psicoloxa trtanse no
sexto apartado. Das materias distintas
pero relacionadas. A Psicoloxa estudia
a conducta do home e o seu pensamento desde a observacin, e a Filosofa
ocpase da anlise dos conceptos.
Esta relacin corpo-mente abordada a travs do debate sobre o dualismo, o fisicalismo e o problema das
outras mentes. Todos eles son aspectos
fundamentais da Filosofa da mente.
Finalmente, no ltimo captulo,
ocpase da arte. As persoas imos
cine, teatro, lemos poesa, novela,
visitamos museos, etc. Tamn escoitamos msica e con frecuencia nos preguntamos que a arte? en que consiste?
Trtase dunha cuestin bsica en
toda reflexin filosfica porque pertence da a da. A estas actividades e preguntas mis correntes e comns na
vida diaria o autor responde desenvolvendo as distintas teoras presentes na
Filosofa da arte: teora do aire de familia, teora da forma significativa, a teora idealista e a teora institucionalista.

Revista Galega do Ensino-ISSN: 1133-911X- Nm. 35 - Maio 2002

4 Recensions

258

10/5/02

08:48

Pgina 258

Recensins

Neste tema o que autor lle interesa deixar claro que moi aconsellable que tamn nesta materia se respecte
o rigor filosfico e a claridade da argumentacin. Como nos problemas tratados anteriormente, a sa exposicin
concle coa recomendacin dunha serie
de libros sobre a Esttica, Filosofa da
Arte, Filosofa da Literatura. Temas moi
interesantes e con frecuencia obviados
nos libros de texto de Filosofa.
En sntese, estamos ante unha
obra breve que, de forma sinxela, e con
gran rigor metodolxico, e sobre todo
cun gran sentido da ensinanza da Filosofa e os seus temas actuais, lle permite lector unha aproximacin s
nocins filosficas bsicas e necesarias

para entende-la maiora dos textos


sobre esta materia.
Por este motivo, e polo seu rigor
didctico, unha obra que pode estar
presente nas nosas bibliotecas e servirnos de gua e axuda a profesores e
alumnos para asumir con seriedade a
formacin filosfica bsica que se lle
esixe a toda persoa, mis al da especializacin acadmica ou da profesin
e actividade que vaia desempear no
futuro.

Mara del Carmen Garca Snchez


Instituto Rosala de Castro
Santiago de Compostela

Revista Galega do Ensino-ISSN: 1133-911X- Nm. 35 - Maio 2002

You might also like