You are on page 1of 17

Página 1 de 17

ÍNDICE
CONTIDOS.................................... Páxina

Introdución ....................................................2
Situación xeográfica de Abegondo ................3
Variedades de pesca en Abegondo ................6
Distintos métodos de pesca .........................11
Esquema equipo-métodos-cebos .................14
Horarios de pesca ........................................15
Xornadas inhábiles ......................................15
Casas expedidoras de permisos ...................15
Anexo .........................................................16

Página 2 de 17
Como todos sabedes Abegondo é un concello da provincia
da Coruña sitúase a 23 km ao sueste da capital provincial.
A altitude media sitúase nos 198 m., pero o punto máis elevado
atópase no Castro Maior con 477,80 m.
Recóllense 1.169 mm./ano de precipitacións, e a
temperatura media é de 12'3º C.

O Barcés, Gobia e Mero son os ríos principais do concello.


En Abegondo está o encoro de Abegondo-Cecebre que abastece
de auga potable á cidade da Coruña. Este encoro no río Mero
ocupa unhas 275 Ha e unha pequena parte del abrangue os
concellos de Betanzos, Cambre e Carral. Construíuse no val
conformado pola confluencia do Barcés e o Mero, val de relevo
suave. Conforma un hábitat no que destaca a presenza de gran
variedade de aves migratorias. Abegondo está formado por
dezanove parroquias:

1. Abegondo 11. Mabegondo


2. Cabanas 12. Meangos
3. Cerneda 13. Montouto
4. Cos 14. Orto
5. Crendes 15. Presedo
6. Cullergondo 16. Sarandons
7. Figueroa 17. Vilacoba
8. Folgoso 18. Víos
9. Leiro 19. Vizoño
10. Limiñón

Página 3 de 17
Pero hoxe non estamos aquí para falar da estrutura xerográfica de
Abegondo. Vouvos intentar levar polos ríos, encoros e demais puntos
fluviais do meu concello e así dalos a coñecer para que vexades que poden
ser sen dúbida lugar de encontro de amigos e veciños. E para os amantes
da pesca e a aqueles que lles guste explorar seguro que polo menos vailles
resultar curioso e logo de ver esta pequena exposición máis de un espero
que decida coller os aparellos e decidir pasar una xornada aquí no concello
de Abegondo. Se non tiveras a sorte de lograr ningunha captura, non te
preocupes non tes porque marchar co bandullo baleiro,aquí temos varios
restaurantes onde che poderán ofrecer as súas mellores especialidades en
carnes e pescados.

En Abegondo podemos encontrarlo rio Mero que nace en Cesuras


gracias os regatos Tormes, Brates e Vilarensal. Drena os concellos de
Cesuras, Oza dos rios, Abegondo, Cambre, Betanzos, Oleiros e Culleredo.

O río Barcés que nace en Cerceda, a su recorrido por Abegondo pasa


por las parroquias de Sarandons, Figueroa, Mabegondo e acaba no encoro
de Abegondo-Cecebre.

O río Gobia, anque mais pequeno cos anteriores, non por iso menos
importante. Este río recorre as parroquias de Montouto, Cabanas, Cerneda,
Abegondo. No mapa podemos ver os recorridos dos ríos que pasan polo
concello. O Gobia acaba por morrer no Mero, e estes dous xunto co Barcés
finalizan no encoro de Abegondo-Cecebre. Un punto tamén de interese
para os aficionados a pesca e a presa do Beche, situada en Vizoño. Esta
presa é de recente construción, fíxose ca idea de cubrir as necesidades de
auga dos veciños.

Presa Beche-Abegondo
Página 4 de 17
Neste mapa pódense apreciar os distintos rios o seu paso polo
concello.

Como vedes todos eles acaban por desembocar no encoro de


Abegondo.Este embalse foi empezado a construir no ano 1973 rematándose
a súa obra ó redor do 1976, fíxose ca idea de cubrir as necesidades de auga
dos veciños da Coruña e parte da área metropolitana.Ocupa a confluencia
dos ríos Mero e Barcés e asolaga o que antano eran terras de cultivo e
bosques de ribeira.Tras a súa entrada en funcionamento, a vexetación foi
colonizando paulatinamente as súas beiras. A súa superficie total abrangue
preto de 363 hectáreas que son habitat de numerosas especies animais e
vexetais. Espadanas, xuncos e moitas outras plantas acuáticas colonizaron
as zonas máis someiras, creando así o hábitat perfecto para o
establecemento primeiro de pequenos invertebrados e posteriormente de
anfibios e aves. Hoxe en día converteuse no fogar de multitude de patos,
garzas, corvos mariños, somorgullos pequenos ou demos negros. Algunhas
destas especies aliméntanse de peixes e outras da vexetación sumerxida.
Cada outono e primavera o encoro acolle pequenos e grandes grupos de
aves migratorias. Entre abril e maio chéganse a concentrar sobre el
milleiros de andoriñas e andoriñóns que van camiño do norte de Europa,
non sendo difícil atopar a máis dun falcón pequeño tentando cazalas.

Página 5 de 17
VARIEDADES DE PESCA EN
ABEGONDO
Podemos encontrar distintas clases de peixe dos que cabe destacar a
troita, reo estes como especies autóctonas e por outro lado carpas, black
bass ou tamén chamado lubina negra, escalos todos eles da familia dos
ciprínidos e cangrexo vermello americano estas son especies foráneas
introducidas nas nosas augas e o certo que aquí encóntranse coma na casa.
As especies que viñeron doutros países pouco a pouco van abarcando mais
espazo e destrúen as especies autóctonas que temos pois aliméntanse delas.

A continuación imos ver algunhas das características destes


animais.

Troita, familia dos salmónidos, este peixe é de auga doce e pode


chegar a medir ó redor de sesenta centímetros e pesar dous kilos. Existe a
troita prateada que é mais difícil de atopar e a troita arcoiris , esta é a mais
perseguida. Aquí podemos apreciar as dúas variedades:

TROITA ARCOIRIS DO RIO MERO O SEU PASO POR ABEGONDO

Aquí apreciamos as manchas de cor rosado que caracterizan esta


especie.
Página 6 de 17
TROITA PRATEADA DO ENCORO DE ABEGONDO

Vemos cómo resalta a súa cor prateada con tonalidades mais grises.

Página 7 de 17
Escalo, da familia dos ciprínidos este peixe
era moi abundante nos ríos de Galicia. Pode
alcanzar os vintecinco centímetros. Hoxe en día non
é moi perseguido polos aficionados, polo seu baixo
valor gastronómico.

Escalos do encoro de Abegondo-Cecebre.


Non existe limite de medidas nas capturas

Reo, este peixe é da familia da troita, pode alcanzar hasta oitenta


centímetros e pesar de tres a catro kilos. Sobre o reo temos varias
hipóteses, din que no mar só navega polas costas e logo volve o río onde
pasa a maior parte da súa vida. Diferenciándose do seu primo o salmón que
vive no mar e só ven os ríos para desovar.

Página 8 de 17
Black Bass esta especie é unha das mais
devoradoras que temos nos nosos embalses. Pode
chegar a medir de 30 a 45 centímetros e pesar
como máximo de 3 a 4 kilos. Cada día gaña máis
adeptos creando asociacións de pescadores que só
perseguen estes exemplares.
Black bass, encoro Abegondo

Carpa, tamén da familia dos ciprínidos é unha especie que se


alimenta de todo . Esta clase de peixe deixase ver máis nos encoros.

Boga, mais alargada que a carpa e as súas escamas son mais


pequenas e brandas, de cor prateada pode alcanzar ata dous ou tres kilos.

Página 9 de 17
Cangrexo americano , especie procedente de Norte América de aí o
seu nome. A súa colonización empezou máis o sur de España pero agora xa
leva moitos anos entre nos. É un dos animais mais voraces que se alimenta
tanto de ovos, peixes coma tamén de vexetais. Reprodúcese con moita
rapidez. Os destrozos que causa son importantes tanto no mundo animal
como no vexetal. A súa intrusión foi debido a que se pensou que podería
ser un produto de alto valor culinario e económico, nada mais lonxe da
realidade pois é , dende o meu punto de vista, unha praga difícil de
erradicar.

Pódemos ver exemplares destes animais nas trillas do Mero ó seu


paso por Crendes, no lugar chamado muíño de Macenda, e tamén nas
beiras do encoro Abegondo. Cando mellor se poden ver é cando os niveis
da auga baixan quedando ó descuberto os furocos das femias onde se
reproducen.

Cangrexo vermello americano

Nas beiras dos encoros é moi frecuente encontrar estas especies, que son
sen dúbida o prato forte de numerosas aves que habitan no entorno.

Página 10 de 17
METODOS DE PESCA

Existen múltiples métodos de pesca, según sexa de auga doce ou


salada, polo lugar onde se queira pescar; dende as trillas dos ríos ou na
beira do mar; pois como é de imaxinar non é o mesmo ir río arriba con un
badeador que pescar dende un barco no medio do mar, por todo isto imos
ver algúns xeitos moi distintos de pesca. En xeral non hai ningún método
eficaz que garantize a captura dunha especie determinada nun tipo de auga
en un momento dado, pois iso depende de cada pescador , do que a el mais
lle guste utilizar ou co que mellor maña se de. A intención de este apartado
e sinxelamente dar a coñecer algunhas das distintas artes que existen.

Pesca en auga doce, existen moitas e variadas especies de auga doce, de


aí que se inventasen diferentes tipos de métodos para realizar as capturas.

1) Pesca con señuelo: el señuelo ou tamén chamado cebo artificial


consiste nunha imitación da presa dunha especie en particular. O
obxectivo da pesca con señuelo é capturar especies depredadoras
mediante o método de lanzar e recuperar os cebos artificiais. No
mercado podemos encontrar numerosos tipos de señuelo como por
exemplo:
a) os spinners, son artefactos formados por un corpo con
formas e perfiles varios, unha paleta xiratoria con un anzol
triple;
b) as cucharillas, forman unha figura similar a dos peixes, e
están convados de tal forma que o ser recuperados, producen un
movemento ondulatorio que recorda o que fan os peixes.
As cucharillas dáselles diversos acabados, con deseños
moi divertidos e cores vivas.Debido o seu peso lixeiro as
veces é necesario colocar pequenos chumbos sopor do sedal para
podelas lanzar a certas distancias, isto fai que afonden máis rápido,
polo que será preciso compensar ca velocidade de recuperación.
c) Os jigs, estes señuelos son anzois os que se lles añadiu un corpo
dalgún material, xa sexa flotante ou pesado. Os jigs o seren
Página 11 de 17
arrastrados para logo soltalos, producen un movemento
ondulatorio vertical ( cara arriba e cara abaixo), son
moi efectivos en augas con correntes moderadas e
mansas.
d) Popers, este señuelo imita os movementos dos pequenos peixes
comendo na superficie da auga, para conseguir este efecto o pescador
débelle dar golpes de punta da caña con intermitencias; é o máis
atractivo na pesca deportiva, xa que o
peixe ten que atrapalo na superficie e
isto causa unha gran emoción.
e) Plugs, estes imitan peixes e outros animais, tanto
acuáticos como terrestres. No mercado existen
infinidade deles, os máis coñecidos son os
chamados rapalas que xa se identifican con ese
nome.
2) Pesca con cebos: Na auga doce case toda a pesca con cebos naturais ou
preparados lévase a cabo mediante equipos de flotador ou de fondo.
Os flotadores son, sen lugar a dúbidas os instrumentos mais sensibles
que existen para detectar unha picada, e de feito, practicamente calquera
especie de auga doce pode ser capturada con algunha forma de aparello
de flotador.
Existen dous tipos básicos de flotadores: os que se atan o sedal por riba
e por abaixo e que se utilizan basicamente na pesca de río, e os que se
atan polo extremo de abaixo, que se poden usar tanto en augas paradas
como en movidas.
Na pesca a fondo, os cebos sitúanse no fondo do río ou encoro como o
seu nome indica, anulados mediante un ou varios pesos atados o sedal.
Anque non é tan sensible como a pesca con flotador, a pesca a fondo é a
mellor forma de acercar os cebos os peixes que se alimentan polo fondo,
e a menudo, é mais efectivo que a pesca con flotador, por exemplo,
cando se pesca en ríos de correntes rápidas ou nas mansas.

Pesca a miñoca.

Página 12 de 17
3) Pesca coup: (Pesca a espera) Unha das particularidades da pesca coup é
que non se utiliza o carrete coma no resto das modalidades; o sedal átase
o extremo da caña, sexa directamente ou ben mediante un anaco de
goma elástica. Como non temos sedal, o control do equipo é moi
preciso. O pescador séntase nun punto e permanece aí á espera de que
algún peixe se acerque. A pesca ó coup é unha das formas mais antigas
que existen, e as varas que utilizaban xa en séculos antes de que se
inventara o carrete.
Hoxe en día inda se usan as varas de caña tradicionais, pero a
introducción de fibra de vidro nos anos sesenta revolucionou a
tecnoloxía desta modalidade. Mais adiante, foron reemplazadas polas
cañas de fibra de carbono, tanto telescópicas como enchufables, que son
extremadamente lixeiras e fortes, así como fáciles de suxeitar, pese a
que poden medir hasta 17 m.
As cañas de coup úsanse sempre xunto con boias, existen grande
variedade destes flotadores de coup reducidos e altamente sensibles que
reflexan hasta a mais imperceptible das picadas.
4) Pesca á mosca: Pódese pescar gran cantidade de especies con moscas
artificiais, pero a maioría das presas de auga doce na pesca de mosca
pertencen á familia dos salmónidos e dos black bass. As principais
categorías de moscas artificiais corresponden a moscas secas, moscas
afogadas e ninfas. As moscas secas sitúanse na superficie da auga,
mentres que as ninfas e moscas afogadas mergúllanse. A pesca a mosca
seca é posiblemente a forma visual mais emocionante de pescar a troita
e o salmón, pero o seu uso está limitado os meses cálidos do ano, cando
os peixes se alimentan de insectos na superficie ou nas súas
proximidades.
Unha das principais habilidades necesarias para triunfar nesta
modalidade de pesca é ter a capacidade de saber lanzar ben, con técnica
en calquera dos diferentes estilos co fin de poder adaptarse os diferentes
estados do tempo e as condicións da auga.

Página 13 de 17
Esquema relación equipos con métodos e distintos cebos
Pesca señuelos Pesca cebos Pesca coup Pesca mosca
3 m acción media
Lanzado de 2,1 a Flotador de 3,7m Fibra carbono
Caña 2,7 metros Fondo 3 m 5e7m
*Tambor fixo o Carrete lixeiro
multiplicador sedal 6/7 con
Carrete pequeno Bobina fixa Non leva 46m reserva
Flotantes ,
1,36 kg.mono Mono, de 227 a densidades
flotador; 2,7 Kg. 340 para neutra,
3,6 a 4,54 kg. Mono pesca peixes afundimento
Sedal Mono. fondo pequenos medio rápido.
Acabados en
pala, talla 16 a
26 peixe
Tallas 12 a 26 pequeno; talla
flotador; tallas 2 10 a 16 mais Non levan só os
Azúelos triples a 12 fondo grandes das moscas
Rede de malla
fina con mango
Aparellos de Rede plegable, largo e ríxido Trueiros normal
cobro luvas rede telescópico. ou plegable
Cucharillas, Larvas, masillas
cucharas doces, pan,
ondulantes e gusanos, Larvas, pan, Moscas secas,
Cebos peixes artificiais *cañamones. gusanos *ninfas,

1. Cañamones: son sementes variadas


2. Ninfas: Insecto que ha pasado del estado de larva e prepara a súa última metamorfoses.
3. Tambor: Parte del carrete.
4. Aparellos de cobro: son aqueles cos que recollemos as capturas. Exemplo ( rede, trueiro, etc.)

Imáxenes dos distintos aparellos de cobro


Trueiro rede trueiro telescópico luvas para pesca

Página 14 de 17
HORARIOS DE PESCA
Só se poderá practicar a pesca no período comprendido entre unha hora antes
da saída do sol e unha hora despois da posta.
As horas oficiais serán establecidas na páxina WEB de MeteoGalicia
(http://meteogalicia.es/galego/predicción/orto/orto.asp) debéndose tomar como
referencia a localidade máis próxima ao punto onde se estea pescando. Dez
minutos antes do comezo e dez minutos despois da finalización da xornada de
pesca todos os aparellos e engados deberán estar recollidos e, se é o caso, as
canas pregadas.

XORNADAS INHÁBILES

Serán inhábiles para a pesca os luns, agás festivos nacionais ou autonómicos.


Nos coutos de pesca serán tamén inhábiles os xoves, agás festivos nacionais
ou autonómicos.
Nos tramos do río Navia compartidos con Asturias serán inhábiles os xoves,
agás festivos nacionais.
Nas zonas de desembocadura e mais nos encoros nos que se autoriza a pesca
de ciprínidos e perca negra durante todos o ano , serán hábiles todos os días
da semana para a captura de especies distintas dos salmónidos.

CASAS EXPEDIDORAS DE PERMISOS


COUTO EXPEDIDORA ENDEREZO LUGAR TELEFONO

Abegondo Casa Manolo 22-Mabegondo Abegondo 981673006

Cecebre Casa Alfredo Canal,23 Cecebre 981676065

BORRADOR trab. finde\PDFS TRABALLO\FolletoPesca10.pdf

Página 15 de 17
Anexo
Para a realización deste traballo obtívose información dos distintos
puntos de interese:
Sitios web:
www.xunta.es medio rural-conservación- pesca fluvial.
www.pescamediterraneo2.com
www.granaventura.com
www.anaban.org.do baixo Miño
www.cormoran.eu ( especialistas tendas de pesca deportiva)

Libros:
Enciclopedia de la pesca, Ed. Blume . Aula da Natureza de Abegondo
Guía Terra das Mariñas.
Guía Informativa “Pesca fluvial en Galicia 2010”
Revistas
Solo pesca
Pescamar
Fotografías cedidas por Iván e Inés Rodríguez Cañás
Correos electrónicos:

Mar, 11 mayo, 2010 13:51


Re: Abegondo
De: Aula da Natureza Abegondo
<aulanaturaleza@ayuntamientoabegondo.com>
Ver contacto
Para:Pilar cañás capelas <pknas5@yahoo.es>

Bos días:

Disculpe a tardanza en responderlle ó seu primer mensaxe.

Actualmente estoy recabando a información solicitada por vostede.

En breve ireilla remitindo.

Un saúdo
Mª CArmen- Técnica de Medio Ambiente de Abegondo

Página 16 de 17
> Hola diríxome a vos de novo coa confianza de que me poidades mandar
todo
> tipo de información acerca dos puntos de interese do noso concello onde
> se poida pasar unha xornada de pesca e todo o relacionado co tema.
> Agradecendo a vosa colaboración nun traballo que estou levando a cabo.
> Saudos, unha veciña de Crendes.....
>
> Pilar Cañás

Página 17 de 17

You might also like