You are on page 1of 5

DO PLANO ESPECIAL DE PROTECCION E REFORMA

INTERIOR DO CASCO VELLO DE LUGO


CONCEPTOS PREVIOS.
O Plano Especial de Proteccin e Reforma Interior unha coecida figura do planeamento, de moita tradicin
no urbanismo espaol. Foi especialmente pensada para os cascos vellos das nosas cidades, onde a densidade e
calidade do tecido edificatorio fan necesario un planeamento especfico, que estableza un control mis estricto
do crecemento e que facilite solucins s graves carencias de dotacins que presentan estas zonas.

O proceso de degradacin e descomposicin que ameaza a unha parte substancial do casco histrico de Lugo e
a presencia duns Bens de Interese Cultural (muralla, catedral, etc.) que forman parte indisoluble da escena
urbana local e son referencia cultural que sobarda os cativos lmites de Lugo e Galicia 1, fan anda mis urxente
esa necesidade para rematar co caos actual e planificar con criterios rigorosos o futuro desta parte emblemtica
da cidade.

Nas lias que seguen intentaremos analizar polo mido os aspectos mis salientables do PEPRI sometido a
informacin pblica, nomeadamente os relativos sa delimitacin, ordenacin e proteccin.

DA DELIMITACIN DO MBITO DE APLICACIN DO PEPRI


Anda que sexa un pouco tarde, cmpre falar demoradamente dos lmites do PEPRI, aspecto no que o equipo
redactor non tn responsabilidade, por ser unha determinacin imposta polo Plano Xeral de Ordenacin
Urbana.

O mbito de aplicacin do Plano Especial est acoutado por unha lia paralela muralla, que abrangue
escasamente as parcelas que dan fronte ronda. Nun proceso ininterrumpido desde os anos 60, estas parcelas
ven substitu-la sa edificacin annima, popular e respectuosa co monumento, por unha construccin
pseudotradicional que pretende disimular un excesivo aumento de volume (figura 1). Desaparecidas case
totalmente as famosas vistas do entorno louvadas por literatos e visitantes, alteradas as mltiples visins sobre
a cidade histrica, o futuro dese paseo privilexiado sobre a cidade que a muralla, pasar por ser unha "especie
de pasarela elevada sobre un mar de coches y camiones o entre dos pantallas edificadas cuya altura lo rebasa,
rebanando perspectivas, achatando las 'vistas', hasta convertirlas en los tersos y aburridos paramentos de la
nueva arquitectura de consumo"2. A lxica desta delimitacin non hai que buscala, por tanto, no afn protector
do patrimonio dos nosos gobernantes, senn mis ben na reduccin do "impacto ambiental" que todo
mecanismo regulador comporta.

DA ORDENACIN PROPOSTA POLO PEPRI


A avaliacin xeral da ordenacin proposta positiva, exceptuando a resolucin de determinadas unidades de
intervencin que comentaremos mis adiante.

A heteroxeneidade do tecido edificatorio que existe dentro do casco vello, froito das distintas colonizacins do
espacio intramuros longo da historia, est ben recollida na regulacin normativa, mediante tres ordenanzas
bsicas referidas a outros tantos sistemas de implantacin:
- Burgo medieval, que comprende a zona mis antiga da cidade: catedral, Tinera, Ra Nova, Campo
Castelo, San Pedro,
- Ensanche deciminnico, aplicable no sector de crecemento asociado sculo pasado: Ra de San Marcos,
da Raa, Santo Domingo, Praza Maior, Progreso, ...
- Ensanche recente, vencellado s ltimas actuacins urbanas no casco: Ra Montevideo, ra de Quiroga
Ballesteros, ra de San Froiln, ...

O emprego de parmetros como as tipoloxas edificatorias e o parcelario permiten un control mis efectivo do
proceso edificatorio, fuxindo do fachadismo e asumindo novas concepcins arquitectnicas na renovacin do
parque inmobiliario. Outro aspecto positivo recollido no documento a supeditacin da ordenacin proposta s
resultados das prospeccins arqueolxicas previas.

1
A campaa para outorgarlle muralla a categora de Patrimonio da Humanidade d unha idea desa realidade.
2
. Ramn Lpez de Lucio, "Las murallas de Lugo y las operaciones limpieza", Ciudad y Territorio, Madrid, 1976
A introduccin do uso residencial como preferente e a promocin de polticas de rehabilitacin integradas por
tdalas administracins afectadas e os usuarios fan supoer unha xestin difcil pero positiva para a
conservacin do patrimonio edificado e para a recuperacin dunha escena urbana mis vital e incardinada na
realidade social da cidade.

Os aspectos mis discutibles da ordenacin proposta neste Plano son: por unha parte os relativos categora de
"fora de ordenacin" coa que se califican varios edificios e da que se ignora a transcendencia prctica, real, que
poda ter; por outra parte a resolucin de determinadas Unidades de Intervencin, das que comentarei tres para
non facer demasiado farragosa esta exposicin:
- Unidade de Intervencin no. 2, nomeada do Mercantil: No avance apareca unha dotacin deportiva,
substituda no documento actual por unha zona verde, que non se xustifica doadamente, tendo en conta a
carencia de espacios deportivos pblicos nesta parte da cidade. O deseo da edificacin proxectada moi
voluntarista, de difcil resolucin prctica (figura 2)

Unidade de Intervencin no. 7, nomeada do Carril dos Fornos: Tamn nesta unidade hai un retroceso respecto
do avance. A solucin anterior (figura 3) consista en das bandas edificadas paralelas trazado viario
tradicional e formalizadas mediante bloques abertos, conforme co criterio comn de tdalas operacins de nova
implantacin nos espacios vacantes. Era un esquema coherente coa ideoloxa urbanstica que propugnaba o
Plano, estableca unha relacin de respecto coas traseiras da Ra Nova sen configurar unha maz,
permeabilizando o acceso seu travs sen impedi-la sucesin de perspectivas que anda hoxe se contemplan. A
actual solucin (figura 4) expn unha figura pechada que ignora o entorno, transformando en residuais os
espacios colindantes e dando lugar a unha forma urbana sen antecedentes en Lugo, cun criterio de
implantacin contradictorio co exposto no Plano, tanto no captulo de intencins como na resolucin doutras
unidades de intervencin. E a unidade con maior edificabilidade, concentrada incrementada especialmente na
Unidade de Xestin 7A, onde se sita a devandita praza.
- Unidade de Intervencin no. 9, nomeada do Museo: O carcter forzado que presenta a solucin proposta
o mis criticable (figura 5). A construccin do fronte edificado orixina graves problemas nas traseiras da
Ra Nova. Non se xustifica pola Ampliacin do Museo Provincial.

DO CATLOGO DO PATRIMONIO E A SA PROTECCIN.


O censo do parque inmobiliario moi extenso, ben documentado, con inclusins ou exclusins matizables,
pero en xeral ben resolto. Os niveis de proteccin establecidos polo Plano son catro:
- Nivel 1: Reservado s edificios monumentais, onde s se permiten obras de restauracin ou readaptacin
parcial.
- Nivel 2: Para edificios singulares de valor arquitectnico global, onde se incluiran tdolos pazos barrocos
(excepto algunha significativa ausencia coma o Pazo do Marqus de Ombreiro). Admtense obras de
readaptacin conservando a estructura orixinal e elementos importantes da sa configuracin tipolxica.
- Nivel 3: Para edificios singulares de valor ambiental. Neste ninvel permtense obras de readaptacin como
as descritas no anterior nivel e obras de reestructuracin parcial.
- Nivel 4: Reservado para edificios de interere dentro do contexto da cultura arquitectnica tradicional, no
que estaran includos moitos dos edificios annimos que realmente estn definindo coa sa ubcua
presencia o carcter dos espacio urbanos. As obras permitidas son tanto a readaptacin definida
anteriormente coma a reestructuracin completa do interior.

DO ESQUEMA VIARIO E O TRFICO.


O esquema viario non presenta modificacins substanciais do existente ags nas zonas vacantes onde se crean
novas ras. A promocin do trafico peatonal a todo o casco transforma o uso do seu viario, reservando para o
trfico rodado un eixo Oeste-Leste a travs da ra Montevideo, praza de San Domingos e Xeneral Franco. O
resto queda vinculado a servicio de garaxes ou trfico ocasional relacionado co reparto de mercadoras ou o
transporte pblico. O funcionamento real presenta varias dificultades intrnsecas, con independencia do celo
que poan os nosos gardas urbanos: Hai unha contradiccin entre a pretensin, comentada polo redactores, de
evita-lo uso do viario do casco vello para atravesa-la cidade e a realidade que se lles presenta s vehculos
procedentes da parte oeste da cidade (Fonte dos Ranchos, residencia sanitaria, etc), obrigados a facelo polo
cambio de sentido de circulacin na Ronda. Os aparcamentos intramuros favorecen a penetracin no recinto
intramuros, non sera mellor dispoer de pequenos aparcamentos disuasorios na periferia do casco e
distribudos uniformemente?

CODA E APNDICE NOTICIOSO


As boas intencins que ten este Plano Especial de Proteccin e Reforma Interior do Casco Vello de Lugo, con
tdalas matizacins reseadas, non son suficientes se non hai vontade poltica de aplicalo e xestionalo. O seu
longo parto, anda non rematado, e as malas noticias que acompaan a redaccin deste artigo 3 non son
precisamente bos agoiros.

As malas noticias citadas son as que dan conta da recente -e polmica- aprobacin en Pleno da instalacin do
recinto feiral nas beiras do Mio, ignorando s voces da cidadana pedindo un uso recreativo e mis rendible
socialmente, ignorando as espectativas econmicas da cidade, ignorando a sa integracin no entorno e, sobre
todo, ignorando o propio Mio.

3
Este texto escribiuse durante o mes de febreiro do presente ano.
COMENTARIOS PARA O PROGRAMA A CHAVE DA TVG
ESTADO ACTUAL DA CIDADE DE LUGO. BALANCE DO SEU URBANISMO
As tres grandes carencias doadamente observables na clase poltica local, nos rganos motores do crecemento
urbano 4son en escala decrecente:
- Falta de ideas sobre as relacins cidade-territorio.
- Falta de ideas global de cidade.
- Falta de ideas sobre que facer cos temas urbansticos diferenciais de Lugo: ro, muralla e restos
arqueolxicos.

CARENCIA DE IDEAS SOBRE AS RELACINS CIDADE-TERRITORIO


Non hai unha idea formada sobre que queremos que sexa Lugo no contexto inmediato de Galicia ou no
contexto mis amplo do noroeste da pennsula ibrica ou no global da Unin Europea.

Qu especialidade imos asumir?, qu relacins imos manter coas cidades inmediatas, de competencia, de
complementaridade?

Tense en conta as variables xeogrficas e territoriais falar ou planificar qu queremos para Lugo? a sa
situacin como elemento determinante no seu futuro?

Estn as infraestruturas planificadas para asumir ese rol de vertebrador das relacins da cidade co territorio
ou nacen con propsitos alleos s intereses de Lugo ou seu crecimento harmnico e centrado en si mesma?

Falta por ver que potencialidades desenvolve o Plano Estratxico.

CARENCIA DE IDEA GLOBAL DE CIDADE


Non hai unha idea formada sobre o deseo interno da cidade que provn das carencias apuntadas
anteriormente. A falta dunha idea clara sobre os usos e actividades que queremos que sexan determinantes no
futuro de Lugo da lugar a un urbanismo voluntarista que s da resposta necesidade de crecemento derivada
da construccin de vivendas.

Ulas dotacins de solo industrial doado e ben comunicado, insertado correctamente na trama urbana? Sera
interesante dispor de mis dun polgono?

Onde e como se dispoen as dotacins xerais da cidade? qu relacins establecemos co campus universitario
para que sexa un polo de desenvolvemento social e econmico de toda a cidade?

Cmo se organiza o trnsito e a mobilidade interna? Seguimos mantendo unha organizacin concntrica que
provoca grandes presins sobre o casco vello.

Cmo se organiza internamente a cidade para facer fronte de maneira uniforme s necesidades de tdolos seus
habitantes?

Cmo se organiza internamente o Concello para dar resposta xil e capacitada tcnicamente s demandas
crecentes de solucins para todos estes problemas? para cando a xerencia de urbanismo?

FALTA DE IDEA NO TEMAS DIFERENCIAIS E NOS DETALLES


Os grandes temas urbansticos especficos de Lugo son tres: o ro, a muralla e os restos arqueolxicos,
colocados por orde de escala.

O primeiro lvanos s primeiras preguntas sobre a relacin da cidade co territorio. Como relaciona-lo ro coa
cidade? Nunca ser unha relacin a escala urbana senn territorial, portanto o tratamento ten que ser non-
urbanizador. A realidade actual o contrario coa introduccin de grandes reas comerciais que dan as costas
ro e prefiren o trato co eixo viario da N-VI antes que co ro. Habera que transforma-lo carcter dese vial para
que non competira con el, que fora un complemento.

4
E na sociedade en suma.
O segundo introdcenos no segundo grupo de preguntas, cal o papel que queremos para a muralla en Lugo?
Un paseo elevado entre fachadas de catro ou cinco alturas e separado delas por un fluxo circulatorio intenso?,
as vistas de fondo de cadro flamenco que citaba Murgua onde quedan?

O terceiro lvanos s cuestins de detalle que comporta un casco urbano coma o de Lugo, con unha
importancia histrica que parece que s nos gustara que tivese nos libros e non baixo terra. lcito enterrar
sobre unha grosa soleira de formign os numerosos restos arqueolxicos aproveitando a pavimentacin de todo
o casco? Cmo incorporar cidade nova estes restos? Hai que penalizar s propietarios e promotores coas
cargas das escavacins e conservacins? Pensa a administracin que iso crea conciencia do valor dos restos?
Falta axilidade na resposta e capacidade tcnica. Para cando unha oficina de rehabilitacin ben dotada? Vale o
exemplo de Santiago.

You might also like