You are on page 1of 7

O XORNAL DE NUBARIS Venres, 9 de marzo do 2018

NUBA CELEBRA CON NÓS A


SEMANA DA PRENSA
Chegou a Semana da Prensa á nosa aula e con ela aprendemos o
importante que é ter acceso ás noticias e á
información a través dos xornais, de
internet, da radio e da televisión.

Comprobamos de primeira man como son


as noticias nos diferentes medios, polo que
escoitamos a radio, vimos a tv e buscamos
noticias en internet.

A nos amiga Nuba estivo mirando con nós como é un xornal, como se
fai e quen son as persoas encargadas de facelo. Cantas cousas
aprendemos!

3 ANOS A 2
O XORNAL DE NUBARIS Venres, 9 de marzo do 2018

UNHA VISITA EXTRAÑA NO


NOSO CENTRO
Eran as once da noite e Moli dispoñíase a ir durmir,
pero escoitou un ruído que proviña do baño. Decidiu
saír da aula e ir na súa procura. Parouse na aula de tres
anos para comprobar se Nuba estaba alí, pero xa
marchara.

Chegou ao baño e mirou


detrás de tódalas portas e
xusto detrás da última
había alguén chorando.
Petou na porta esperando
que lle abrisen e logo dun
pouco apareceu unha
monstra. Esta estaba moi
triste porque non tiña
amigos e amigas para
xogar. A partir dese día, Moli ten unha nova amiga coa que xoga
tódalas noites cando vós vos ides a durmir.

4 ANOS B 3
O XORNAL DE NUBARIS Venres, 9 de marzo do 2018

AFUNDE O BARCO NO QUE


VIAXA ARIS

A Aris gústalle moito viaxar, sobre todo ir en barco. Polo que un día
decidiu coller un e realizar unha longa viaxe para coñecer o mundo.
Co que non contaba é que o barco estivese avariado e acabase
afundindo no medio do océano.

Aris decidiu tirarse pola borda antes de que afundise e comezar a


nadar. Nadou e nadou ata que chegou a unha praia, tan cansada estaba
que se quedou durmida na area.

Espertouna Next, que estaba por alí para ir traballar a un museo de


Historia. Aris decidiu acompañalo e así traballar xuntos.

5 ANOS A 4
O XORNAL DE NUBARIS Venres, 9 de marzo do 2018

O DÍA DA MULLER
TRABALLADORA
Os nenos e nenas da aula de 4 anos A, estamos moi implicados na
celebración do día da Muller Traballadora. Estivemos pensando e
valorando no importante que son as mulleres para todos e todas.

Manifestamos que teñen dereito a estar en igualdade de condicións


que os homes, facendo as mesmas cousas e cobrando o mesmo soldo.

Debuxamos algunhas profesións onde hai mulleres que fan moi ben o
seu traballo e nos fan sentir moi a gusto. Mirade que ben nos
quedaron!

PUBLICIDADE 5
4 ANOS A
O XORNAL DE NUBARIS Venres, 9 de marzo do 2018

FRIDA KALHO
Despois de moitas viaxes en barco,
coñecendo novos lugares e visitando
diferentes países, a nosa amiga Aris
tróuxonos unha estupenda pintora que
coñeceu en México.

Esta pintora chámase Frida Kalho, unha


muller exemplar que loitou contra varias
enfermidades que a fixeron sufrir moito,
pero aínda así desfrutaba da vida e facía uns estupendos cadros,
recoñecidos no mundo enteiro.

Os nenos de 5 anos B quixemos facerlle unha


grande homenaxe, debuxando un dos seus cadros
que máis nos impactou "La columna rota". Neste
cadro, Frida reflexa a dor que sente despois de
operarse. Dita dor está representada por
numerosos cravos que aparecen por todo o seu
corpo e polas bágoas caendo dos seus ollos.

5 ANOS B 6
O XORNAL DE NUBARIS Venres, 9 de marzo do 2018

NEXT E NUBA NO
SUPERMERCADO
A Next veulle a fame e díxolle a Nuba se apoñían a facer no xantar.
Entre os dous decidiron facer sopa e
ensalada, pero na despensa non tiñan nada
e marcharon ao supermercado.

Alí colleron o carriño e comezaron a meter


cousas. Pillaron unha barra de pan, un
paquete de fideos, tomates, leituga,
cenorias e zume de piña. Dirixíronse á
caixa para pagar, pero non tiñan cartos, polo que tiveron que deixar
alí a compra.

Marcharon para a casa da avoa en Nubaris e


contáronlle o que lles pasou, a avoa deulles 40€
para poder pagar todo. Next e Nuba déronlle as
grazas e marcharon moi contentos para buscar
as cousas ao supermercado.

Na casiña, fixeron unha deliciosa sopa, que


acompañaron dunha estupenda ensalada. Que rico estaba todo!

3 ANOS B 7

You might also like