You are on page 1of 11

Dirección Xeral de Formación Profesional e

Ensinanzas Especiais

Material para a preparación


de probas a distancia
Grao Medio
Proba Sociocultural
Parte da proba Xeografía, historia e sociedade
Unidade didáctica 2. A poboación
Actividade 2. Movementos de poboación: movementos
naturais e movementos migratorios
Autores Grupo de traballo de desenvolvemento de
material para a preparación das probas de
acceso
Nome do arquivo UD02_A02_A.poboación.doc

Páxina 1 de 11
Índice

1. Ficha técnica.......................................................................................................................3
1.1 Título.................................................................................................................................. 3
1.2 Obxectivos.......................................................................................................................... 3
1.3 Contidos............................................................................................................................. 3
1.3.1 Contidos conceptuais......................................................................................................... 3
1.4 Aspectos metodolóxicos.....................................................................................................3
1.5 Descrición do que se vai aprender.....................................................................................3
2. Descrición da actividade.....................................................................................................4
2.1 Introdución.......................................................................................................................... 4
1.6 Tarefas................................................................................................................................ 5
1.6.1 Tarefa 1: A taxa de natalidade............................................................................................6
Autoavaliación.......................................................................................................... 6
1.6.2 Tarefa 2: A taxa de mortalidade..........................................................................................6
Autoavaliación.......................................................................................................... 7
1.6.3 Tarefa 3: Crecemento natural ou vexetativo.......................................................................7
Autoavaliación.......................................................................................................... 7
1.6.4 Tarefa 4: As migracións...................................................................................................... 7
Autoavaliación.......................................................................................................... 8
1.6.5 Tarefa 5: Outros parámetros demográficos........................................................................8
Autoavaliación.......................................................................................................... 9
1.6.6 Tarefa 6: As actividades económicas da poboación.........................................................10
Autoavaliación........................................................................................................ 10
3. Materiais............................................................................................................................11
3.1 Textos de apoio ou de referencia......................................................................................11

Páxina 2 de 11
1. Ficha técnica
1.1 Título
 A poboación do mundo.
 Movementos de poboación: movementos naturais e movementos migratorios.
 UD02_A02_A.poboación.doc

1.2 Obxectivos
 Coñecer e utilizar os modelos do crecemento demográfico e o coñecemento da
distribución da poboación en Galicia, en España e no mundo.
 Analizar algúns exemplos representativos das tendencias migratorias e dos problemas de
superpoboación e avellentamento no mundo actual.

1.3 Contidos
1.3.1 Contidos conceptuais
 A poboación: evolución e distribución.
 Os movementos migratorios: o caso galego.

1.4 Aspectos metodolóxicos


 Tipo da actividade: a distancia, de aprendizaxe e individual.
 Temporalización: 50 minutos.
– Tarefas 1 a 4:10 minutos cada unha.
– Tarefas 5 e 6: 5 minutos cada unha.
 Recursos:
– Materiais: pódese consultar calquera texto da área de Ciencias sociais, xeografía e
historia correspondente aos cursos segundo e terceiro de ESO. Recomendamos os
textos titulados “Xeografía e Historia” de Santillana-Obradoiro; no caso do segundo
curso, as unidades didácticas 1, 2, 8 e 9, e para o terceiro as unidades didácticas 9,10 e
16.

1.5 Descrición do que se vai aprender


Como xa viu na actividade anterior, a poboación non se mantén inmóbil. Está en continuo
cambio, crece ou decrece porque as persoas nacen, morren e se trasladan dun lugar a outro.
Para sabermos cantos nenos e cantas nenas nacen, cantas persoas morren e cantos homes e
mulleres cambian de residencia, realizamos uns sinxelos cálculos matemáticos que nos
permiten analizar os cambios que se producen ano tras ano e relacionar os datos duns
territorios cos dos outros.

Páxina 3 de 11
2. Descrición da actividade
2.1 Introdución
Comezaremos a actividade estudando os movementos de poboación, que se dividen en dous
grandes grupos: os movementos naturais e os movementos migratorios.
Os movementos naturais son consecuencia dos acontecementos naturais do ser humano:
o nacemento e a defunción.
Os movementos migratorios resultan dos traslados de poboación dun lugar a outro, e
modifican o resultado dos movementos naturais.
Os movementos naturais da poboación exprésanse na natalidade, na mortalidade e na
consideración da diferenza entre ambas, que é o que chamamos “crecemento natural da
poboación”.

 Nas tarefas 1 e 2 terá que calcular as taxas de natalidade e mortalidade entre os dunha
serie de países, dos que lle proporcionamos os datos. Debe lembrar que a taxa de
natalidade relaciona o número de nacidos coa poboación total dun territorio, e a taxa de
mortalidade relaciona o número de mortos coa poboación total dun país ou territorio.
Estas taxas exprésanse en tantos por mil (‰). A partir dos datos das tarefas 1 e 2 poderá
comprender o concepto de crecemento natural da poboación, que é a diferenza entre a
taxa de natalidade e a de mortalidade. Este dato exprésase en tantos por cento (%).

 Para completar a información e realizar a tarefa 1 pode recorrer ao texto de apoio titulado
“Xeografía e Historia”, da editorial Santillana-Obradoiro, 3º curso de ESO, unidade
didáctica 9, páxinas 144 e 145.

 Para completar a información e realizar a tarefa 2 pode recorrer ao texto de apoio titulado
“Xeografía e Historia”, da editorial Santillana-Obradoiro, 3º curso de ESO, unidade
didáctica 9, páxinas 146 e 147.

 Na tarefa 3 terá que calcular o crecemento natural das respectivas poboacións;


achegámoslle tamén uns criterios para que poida valorar os resultados obtidos en cada
caso.

 Nas páxinas do texto de apoio de “Xeografía e Historia” da editorial Santillana-


Obradoiro, 3º curso de ESO, unidade didáctica 9, páxinas 146 e 147, terá indicacións
complementarias.
O feito da migración comporta dous movementos de poboación: a emigración e a
inmigración. Este aumento ou esta diminución da poboación implica un novo concepto, o de
“crecemento real da poboación”. Como pode imaxinar, este concepto explica que a

Páxina 4 de 11
poboación dun territorio non só crece ou decrece polas persoas que nacen e morren, senón
que tamén ten en conta as persoas que marchan e as que chegan a ese territorio.

 Na tarefa 4 terá que calcular o saldo migratorio, ou diferenza existente entre a cantidade
de poboación entrante (inmigración) e a saínte (emigración). No caso que lle propomos e,
tamén, coñecendo o crecemento natural da dita poboación, deberá calcular o seu
correspondente crecemento real

 Consulte as páxinas 150 e 151 do texto de apoio citado anteriormente.

Tamén veremos que hai outros datos demográficos que son dignos de ter en conta para
estudar unha poboación. A “mortalidade infantil” é a cantidade de nenos e nenas que morren
antes de cumprir un ano. A “esperanza de vida ao nacer” dunha persoa son os anos que se
supón que viviría unha persoa dun determinado territorio. Estes datos varían moito dun país
a outro e dinnos moitas cousas acerca do grao de desenvolvemento económico e social
dunha sociedade.

 Neste senso, na tarefa 5 terá que calcular a taxa de mortalidade infantil dunha serie de
países cos datos que lle achegamos. Tendo en conta a esperanza de vida, a renda per
cápita e os demais criterios que lle presentamos de cada un deles, deberá valorar eses
datos e compor unha idea da situación socioeconómica deses países. Pode consultar o
texto de apoio da editorial Santillana-Obradoiro de 3º de ESO, na unidade 9, nas páxinas
146 e 152..

 Para a realización desta tarefa atopará a información necesaria nas páxinas 144 a 147 do
libro da editorial Santillana-Obradoiro, 3º curso de ESO, na unidade didáctica 9.

 Por último, na tarefa 6, prestarémoslle tamén atención ás actividades económicas dunha


poboación e clasificarémolas en grupos segundo a súa natureza.

 Na tarefa 6, en primeiro lugar exporá a comprensión dos conceptos de poboación activa e


inactiva, e a clasificación das persoas polas actividades económicas nas que traballa; na
segunda parte clasificará unha serie de profesións no sector primario, secundario ou
terciario. A información para realizar a tarefa 6 atoparaa nos textos de apoio da editorial
Santillana-Obradoiro, 3º curso de ESO, unidade didáctica 10, páxinas 166 e 167.

1.6 Tarefas
 Tarefa 1: A taxa de natalidade
 Tarefa 2: A taxa de mortalidade
 Tarefa 3: Crecemento natural ou vexetativo
 Tarefa 4: As migracións
 Tarefa 5: Outros parámetros demográficos
 Tarefa 6: As actividades económicas da poboación

Páxina 5 de 11
1.6.1 Tarefa 1: A taxa de natalidade
 Calcule a taxa de natalidade dos seguintes países segundo os datos achegador. Lembre
que a taxa de natalidade se calcula aplicando a seguinte fórmula:

Taxa de natalidade = Número de nacidos nun ano x 1.000


nº de habitantes

 Tamén deberá clasificar a taxa resultante neses países, en alta (A), media (M) ou baixa
(B), segundo o seguinte criterio:
– Alta: máis de 25‰.
– Media: entre 25‰ e 15‰.
– Baixa: menos de 15‰.

País Nacementos Poboación


Bangladesh 3.417.000 127,5 millóns
Ruanda 338.000 7,9 millóns
Irán 2.073.000 61,5 millóns
EEUU 3.972.000 270,2 millóns
Reino Unido 739.000 59,1 millóns

Autoavaliación
 Bangladesh = 26,8‰ (A); Ruanda = 42,8‰ (A), Irán = 33,7‰ (A); EEUU = 14,7‰ (B);
Reino Unido = 12,5‰ (B).

1.6.2 Tarefa 2: A taxa de mortalidade


 Calcule a taxa de mortalidade dos seguintes países segundo os datos aportados. Lembre
que a fórmula que debe utilizar é a seguinte:
Taxa de mortalidade = Número de mortos nun ano x 1.000
nº de habitantes

País Falecementos Poboación


Bangladesh 1.555.000 127,5 millóns
Ruanda 156.000 7,9 millóns
Irán 405.900 61,5 millóns
EEUU 2.377.760 270,2 millóns
Reino Unido 604.190 59,1 millóns

 Novamente, deberá clasificar a taxa resultante neses países en alta (A), media (M) ou
baixa (B), segundo o seguinte criterio:
– Alta: máis de 15‰.
– Media: entre 15‰ e 10‰.

Páxina 6 de 11
– Baixa: menos de 10‰

Autoavaliación
 Bangladesh = 12,2‰ (M); Ruanda = 19,7‰ (A); Irán = 6,6‰ (B); EEUU = 8,8‰ (B);
Reino Unido = 10,2‰ (no límite entre baixa e media: non é estraño, senón unha
consecuencia do avellentamento da poboación nos países desenvolvidos).

1.6.3 Tarefa 3: Crecemento natural ou vexetativo


 Nesta tarefa debe calcular o crecemento natural ou vexetativo utilizando os datos das
tarefas 1 e 2, e aplicando a seguinte fórmula:
Crecemento vexetativo = taxa de natalidade - taxa de mortalidade
Debe ter en conta que o resultado acadado virá expresado en tantos por mil (‰) e hai que
pasalo a tantos por cento (%), que é como se expresa o crecemento natural. Para iso deberá
dividir o resultado final entre 10.

 Doutra banda, os resultados obtidos deben ser valorados atendendo ao seguinte criterio:
– Crecemento natural alto = maior do 2% (A).
– Crecemento natural medio = entre 1% e 2% (M).
– Crecemento natural baixo = menor do 1% (B).

Bangladesh
Ruanda
Irán
EEUU
Reino Unido

Autoavaliación
 Bangladesh = 1,4% (M); Ruanda = 2,3% (A); Irán = 2,7% (A); EEUU = 0,6% (B); Reino
Unido = 0,23% (B).

1.6.4 Tarefa 4: As migracións


Tendo en conta que “migración” é o desprazamento de efectivos poboacionais dende o seu
lugar de orixe ata outro, distinguimos “emigración”, que é a poboación que abandona un
territorio (polo xeral, o seu punto de orixe), e “inmigración”, que é a poboación que chega a
un territorio que a acolle procedente doutro lugar.
A raíz do anterior, pódese calcular o saldo migratorio utilizando a seguinte fórmula:
Saldo migratorio = inmigrantes – emigrantes
O resultado pode ser positivo (hai máis inmigrantes que emigrantes), negativo (hai máis
emigrantes que inmigrantes) ou cero (hai o mesmo número de emigrantes que de
inmigrantes)

Páxina 7 de 11
 Consideremos un territorio onde nun ano chega unha cantidade de inmigrantes de 35.000
persoas, entanto que saen 15.800 do mesmo territorio con destino a outros países (xa que
logo, son emigrantes). Debe calcular o saldo migratorio.
Tamén cabe considerar o crecemento real da poboación, que se obtén aplicando a
seguinte fórmula:
Crecemento real = crecemento natural ± saldo migratorio

Para calcular o crecemento real da poboación, retomando o exemplo anterior, debemos


coñecer o dato numérico do crecemento natural. Este dato tiñámolo nunha porcentaxe, que
agora debemos pasar a unha cifra absoluta, o que se calcula dun xeito ben doado coñecendo
a cifra total de poboación. No noso caso son 21.200 persoas.
Dato necesario: crecemento natural = 21.200 persoas.
 Calcule o saldo migratorio e o crecemento.
Autoavaliación
Saldo migratorio = 35.000 – 15.800 = 19.200 persoas positivo.
Crecemento real = 21.200 + 19.200 = 40.400 persoas.

1.6.5 Tarefa 5: Outros parámetros demográficos


Con esta tarefa pretendemos que complete o panorama dos indicadores demográficos máis
alá dos movementos naturais e migratorios. A finalidade é que poida comprender a
complexidade do estudo das situacións demográficas. É interesante que reflexione acerca da
grande cantidade de variables para ter en conta nelas.
Os conceptos obxecto de estudo son os seguintes:

Taxa de mortalidade infantil = falecidos menores dun ano x 1.000


nacidos vivos no ano

Esperanza de vida = anos que espera vivir un individuo dunha poboación determinada.

Propomos o seguinte conxunto de países, achegamos os datos referidos a ambos os dous


parámetros e engadimos a renda per cápita como indicativo do panorama socioeconómico
de cada un deles.

Ano 2003 Mortalidade infantil Esperanza de vida Renda per cápita


Liberia 150 ‰ 42 700 $
Kenya 78 ‰ 51 1.000 $
España 3.7 ‰ 79 21.200 $
Alemaña 4.1 ‰ 78 27.000 $
India 64 ‰ 62 2.650 $
Xapón 3‰ 82 27.400 $
Brasil 33 ‰ 71 7.450 $
Bolivia 54 ‰ 63 2.400 $

Para que poida interpretar mellor os datos contidos nesta táboa, ofrecémoslle a seguinte

Páxina 8 de 11
clasificación:

Mortalidade infantil
Alta: máis do 35‰.
Media alta: entre 20‰ e 35‰.
Media baixa: entre 10‰ e 20‰.
Baixa: menos de 10‰.

Esperanza de vida
Alta: máis de 70 anos.
Media:entre 60 e 70 anos.
Baixa: menos de 60 anos.

Renda per cápita


Alta: máis de 18.000 USD
Media: entre 6.000 e 18.000 USD
Baixa: menos de 6.000 USD.

Á vista destes datos, ten que reflexionar acerca do carácter dos indicativos
socioeconómicos que teñen estes dous parámetros demográficos.
 Como primeira parte da tarefa debe agrupar aqueles países que teñan uns datos
semellantes.
 En segundo lugar debe apreciar se existe correlación entre alta mortalidade infantil e curta
esperanza de vida e, seguidamente, elixir entre os catro enunciados que hai deseguido os
dous que considere máis acertados en relación á elevada mortalidade infantil nalgúns dos
países (para facelo pode consultar no texto da editorial Santillana de 3º de ESO as
páxinas 146 e 152 da unidade didáctica 9).
a) Trátase de países, en xeral, subdesenvolvidos, con deficiencias sanitarias e hixiénicas,
e a poboación infantil é especialmente sensible a estas carencias
b) A mortalidade infantil é semellante á taxa de mortalidade e, xa que logo, non require
explicación especial ningunha.
c) A elevada mortalidade infantil non impide o crecemento rápido da poboación, xa que
se ve compensado por unha elevada natalidade.
d) Non hai diferenzas significativas entre a mortalidade infantil dos países
desenvolvidos e a dos países subdesenvolvidos.
Autoavaliación
Teñen datos semellantes Liberia e Kenya, os dous países africanos, xa que neste continente
se dan as máis elevadas cifras de mortaldade infantil e as máis curtas de esperanza de vida
( países subdesenvolvidos). Coinciden tamén España, Alemaña e Xapón, todos eles países
desenvolvidos con escasa mortalidade infantil e longa esperanza de vida. India e Bolivia
tamén teñen datos parellos, algo máis positivos que os dos países africanos, pero con
parámetros de mortalidade infantil aínda moi elevados, propios de países subdesenvolvidos.
Por último cómpre destacar o caso de Brasil, cunha situación intermedia entre os países

Páxina 9 de 11
subdesenvolvidos e os desenvolvidos, o que reafirma o seu estatus de país en vías de
desenvolvemento.
Concluíndo: existe correlación entre alta mortalidade infantil, curta esperanza de vida e
escasa renda per cápita.
Dos catro enunciados propostos son correctos a) e c).

1.6.6 Tarefa 6: As actividades económicas da poboación


A poboación divídese en dous grandes grupos: “poboación activa” e “poboación inactiva”
ou pasiva.
Considérase poboación activa aquela que traballa, ou está en disposición de traballar
nunha actividade económica remunerada. Pola súa banda, a poboación inactiva componse
de todos aquelas persoas que dependen economicamente dos anteriores (nenos, amas de
casa, xubilados, etc.).
Á súa vez, as actividades que desenvolven os que compoñen a poboación activa pódense
clasificarse en tres sectores de actividade económica:
– Sector primario: forman este sector as actividades de produción de materias primas e
intégrano as actividades da agricultura, da gandaría, da pesca, da silvicultura e da
explotación forestal.
– Sector secundario: fórmano as actividades que transforman a materia prima, e
compóñeno basicamente as tarefas relacionadas coa industria e a construción. A
minaría poderase atopar tanto no sector primario como no secundario, xa que algúns
autores consideran que a extracción mineira precisa un proceso industrial.
– Sector terciario: son as actividades do transporte e a comercialización dos produtos, e
tamén engloba todas aquelas tarefas que non se podan encadrar nos outros dous
sectores.

 Medirá a súa comprensión do exposto con anterioridade completando o seguinte texto:


Coñecemos como poboación ........................... aquela que exerce ou pode exercer unha
actividade .................. A poboación .................... está integrada por aqueles individuos que
dependen .............................. dos anteriores. As actividades distínguense en ...............
grupos: sector primario, que é o que produce a .................... .....................; sector secundario,
que a ...................................., e sector terciario, que é o que a transporta e a ..........................
e, en xeral, engloba todas aquelas............................ que non estean comprendidas en ningún
dos outros dous sectores.

 Deseguido, propómoslle unha serie de profesións ou actividades para que as encadre


correctamente no sector correspondente: agricultor – ministra de agricultura – profesor –
soldadora dun taller – dependente dunha zapatería – conserxe – pescador – avogada –
médico – albanel.
Autoavaliación
 Chamamos poboación activa aquela que exerce ou pode exercer unha actividade
remunerada. A poboación pasiva está integrada por aqueles individuos que dependen
economicamente dos anteriores. As actividades distínguense en tres grupos: sector
primario, que é o que produce a materia prima; sector secundario, que a transforma, e

Páxina 10 de 11
sector terciario que é o que a transporta e a comercializa e, en xeral, engloba todas
aquelas actividades que non estean comprendidas en ningún dos outros dous sectores.

 SECTOR I: agricultor e pescador


SECTOR II: soldadora e albanel
SECTOR III: ministra de agricultura, profesor, dependente, conserxe, avogada, médico.

3. Materiais
3.1 Textos de apoio ou de referencia
Pódese utilizar calquera texto da área de Ciencias sociais, xeografía e historia de segundo e
terceiro cursos de ESO. Recomendamos os textos titulados “Xeografía e Historia” de
Santillana-Obradoiro: no caso de 2º de ESO, as unidades didácticas 1, 2, 8 e 9; para 3º de
ESO, as unidades didácticas 9, 10 e 16.

Páxina 11 de 11

You might also like