You are on page 1of 2

Cervo, 30 de OUTUBRO de 2018

Ola de novo, amigas e amigos!

Menudo outubro cargado de emocións que tivemos!! Fomos COLEXIO DE ACOLLIDA e


tivemos con nós a un montón de alumnos e alumnas de diferentes países, xunto coas súas profes.
De todos eles aprendimos moitas cousas e foi unha gran experiencia, non vos parece?
Ademais inauguramos a biblioteca nova!! E tivemos a sorte de contar cun gran dramaturgo como é
FRANCISCO PIÑEIRO que veu ensinarnos moitas cousas sobre o TEATRO!
Foi un mes ESPECTACULAR!! E estou ORGULLOSÍSIMA DE CADA UN DE VÓS E DO VOSO
SABER FACER E ESTAR!
Pero agora…Estades preparados para comezar coas actividades dos meses de novembro e
decembro? Ala imos!
NOVEMBRO É O MES DA CIENCIA EN GALEGO!
Este ano continuamos co PROXECTO ESCORNABOT e o MOVEMENTO MAKER no noso cole e
tamén queremos volver a colaborar con IGACIENCIA na celebración do DÍA DA CIENCIA EN
GALEGO! Este ano incidiremos no COÑECEMENTO MATEMÁTICO!
Por isto, durante os recreos da biblioteca teredes os RECREOS DE CIENCIA, nos que
poderedes vir investigar sobre persoeiros como ARQUÍMEDES, o MESTRE MATEO, MARÍA
WONENBURGER e a MEDALLA FIELDS, que se compara cos coñecidos premios Nóbel, pero no
eido matemático.
Teremos preparado un saboroso PUCA QUERE SABER… sobre estes temas para que podades
facer unha interesante CAZA DO TESOURO en grupos cooperativos internivel. Recordade
apuntarvos, para participar, na cortiza de BIBLIOCERVO.
Eu estarei moi feliz de contar coa vosa axuda para emprender esta aventura e ademais gañaredes
unha estreliña!
Ademais nas clases, teredes que facer outras actividades que vos vou propór, moi atentos/as:
 Cada nivel de Infantil e Primaria construirá un pequeniño proxecto tecnolóxico con base
matemática ou profundará sobre un coñecemento concreto desta área que despois deberá
transmitir aos demais na posta en común que realizaremos o día 30 de novembro. A posta en
común pode ser diversa, só tedes que deixar voar a vosa imaxinación!
 Aproveitaremos esta posta en común para que o alumnado de quinto e sexto de Primaria, que
xa estarán de volta da súa aventura na SEMANA STEM, nos expliquen que é iso dos
coñecementos STEM/STEAM, que aprenderon durante ese tempo e que nos ensinen todo o
que alí experimentaron e construiron. Ata van montarnos unha EXPOSICIÓN CIENTÍFICA!
QUE EMOCIÓN!

 RECORDADE QUE A POSTA EN COMÚN, na BIBLIOTECA, será o 30 de novembro!


Tamén no mes de novembro celebraremos as nosas XORNADAS DE FORMACIÓN DE
USUARIOS E XORNADAS ESCORNABÓTICAS, onde o Equipo de Biblioteca, axudado polo
alumnado de 4º Primaria (ITI) por quendas; vos recordará as normas de uso da nosa biblioteca, o
sistema de organización dos recursos, o respecto dos dereitos de autoría, o funcionamento e
programación dos Escornabots e moitos outros aspectos imprescindibles para ser uns usuarios
eficientes e responsables da nosa biblio. Xa vos informarán as vosas titoras de cando tedes esta
actividade, ide preparándovos!
Despois chega DECEMBRO, o noso tempo de Nadal!
Neste mes, axudados das vosas titoras, xa comezaredes a profundar máis sobre diferentes
aspectos relacionados co TEATRO dentro das diferentes áreas ( Lingua Galega, Castelá ou
Inglés). Aspectos tales como os guións teatrais, a descrición das personaxes, a expresión oral, o
movemento corporal…preparándovos para mostrar o voso produto final ao resto da comunidade
educativa na semana do 8 ao 12 de abril. Inicialmente ía ser na semana do 27 de marzo,
coincidindo co Día do Teatro, pero dado que parte de vós estaredes en Lituania; crin convinte
retrasalo un pouco. Parécevos ben?
Recordade que na biblio tedes un montón de libros sobre teatro ao voso dispór!
Outras datas que deberedes recordar e ter en conta durante esta tempada son as seguintes:
O 20 de novembro na que se conmemora o Día Universal da Infancia, o 25 de novembro na
que se conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o 10 de decembro na que
se conmemora o “Día da Declaración dos DDHH” e o 3 de decembro, Día Internacional da
Discapacidade.
Con motivo de todas estas conmemoracións teremos unha exposición na biblioteca sobre os
VALORES UNIVERSAIS, do mesmo xeito que contaremos cunha sobre CIENCIA, TECNOLOXÍA,
ENXEÑERÍA E MATEMÁTICAS.
Ademáis o EDLG sorprenderanos con varias actividades arredor destas datas que vos acabo de
comentar! Estade ben atentos!
Por outra banda, tamén neste mes de decembro o alumnado de 5º e 6º de Primaria terá a
oportunidade de profundar sobre a enfermidade do ALZHEIMER, grazas á colaboración da
Asociación AFÁN de Burela.
Xa último día do trimestre, 21 de decembro, contaremos cunha celebración grazas á FUNDACIÓN
EU SON, que virá a darnos un concerto e a agasallarnos moita ILUSIÓN.
Antes de rematar quero recordarlles aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º que intentarei comezar o
CLUB DE LECTURA deste ano no mes de xaneiro. Xa podedes ir pensando en si vos queredes
apuntar! Adiántovos que este ano leremos OBRAS TEATRAIS! Logo vos direi máis!
Xa sei que esta carta é un pouco longa pero é que traballades tanto e facedes tantas cousas
bonitas que eu sempre ando a matinar algún novo invento para compartir con vós!
E quen sabe… igual ainda temos algunha sorpresiña máis antes de que chegue o NADAL!

Sodes fantásticos e quérovos un montón! PUCA

You might also like