You are on page 1of 9

OPOSICIÓN AUDICIÓN E LINGUAXE.

EXAME LEXISLACIÓN

ORDE 6 OUTUBRO 1995. ORDE 31 DE OUTUBRO 1996. DECRETO 120/1998. ORDE 27


DECEMBRO 2002. ORDE 20 FEBREIRO 2004 E DECRETO 229/2011
ORDE 6 OUTUBRO DE 1995: ACI
1º.- Con que alumnos levarán a cabo Adaptacións Curriculares e con que finalidade?

En EI, EP e ESO, poderanse levar a cabo adaptacións curriculares co alumnado con necesidades educativas especiais
ou con altas capacidades tanto polas dificultades de aprendizaxe amosadas como polas súas características
excepcionais, coa finalidade de que podan conseguir o máximo desenvolvemento dentro das súas capacidades.

2º.- É precisa a autorización dos pais para realizar unha ACI?

Non é precisa unha autorización dos pais para realizar unha ACI. A familia será informada por parte do centro escolar
de que se vai a levar a cabo dita medida.

(Respecto as medidas extraordinarias únicamente, sería precisa a súa autorización no caso de unha flexibilización. E no
caso do dictame de escolarización, sería precisa a súa opinión firmada).

3º.- Principais diferenzas entre Reforzo Educativo e ACI.

-O RE non require necesariamente de medidas extraordinarias nin necesita de autorización para ser levada a
cabo; polo contrario, as ACI si precisan da autorización da inspección educativa correspondente.

-O RE está indicado para alumnos que podan seguir o proceso ordinario de ensino-aprendizaxe tan só
modificando os elementos non prescriptivos do currículum, mentres que nas ACI realízanse modificacións
(supresións, reducións, ampliacións,..) dos elementos prescriptivos do currículo, é dicir, os obxectivos, os
contidos e os criterios de avaliación.

-O RE elabórao o mestre que imparte a área ou a materia na que o alumno necesita a medida de reforzo, co
previo coñecemento do titor e a notificación á familia e o equipo directivo. Por outro lado, as ACI deséñaas o
mestre que imparte a área ao alumno xunto a colaboración do departamento didáctico e co asesoramento do
responsable da orientación educativa do centro ou do EOE do sector e coa cooperación de calquera outro
profesional que participe na atención a dito alumno.

-O RE será levado a cabo no contexto escolar ordinario e polo profesor que imparte a materia ao alumno, coa
posible colaboración de outros profesionais si iso fose necesario; aínda que nunca se poderá dar unha
substitución do mestre habitual.

-As medidas do RE reflictiranse no expediente académico do alumno como reforzo educativo e faranse constar
con un comentario no informe correspondente as familias; pero no historial académico (antigo libro de
escolaridade) non figurarán. Polo contrario la ACI, si que se reflictirá como tal no expediente académico, no
informe para a familia e tamén no historial académico.

-A ACI terá unha duración mínima de un ciclo educativo e revisarase polo menos unha vez ao final de cada
curso.

4º.- Enumera os elementos non prescriptivos do currículo.

Os elementos non prescriptivos do currículo son: a secuencia de contidos, as formas e instrumentos de avaliación, a
organización da aula, os agrupamentos do alumnado, actividades e todo o incluído no ámbito da metodoloxía.

5º.- Pode colaborar outro profesor en medidas de reforzo educativo ou é responsabilidade exclusivamente
do titor ou profesor de área?

OPOSICIÓN 2014 Página 1


OPOSICIÓN AUDICIÓN E LINGUAXE. EXAME LEXISLACIÓN

O RE levarase a cabo no contexto escolar ordinario e polo mestre do alumno que imparte a área ou materia, coa
colaboración, no seu caso de outros profesionais (membros de departamento ou profesorado con dispoñibilidade
horaria). Esta colaboración non poderá sustituir en ningún caso a actuación habitual do mestre.

6º.- O currículo de referencia dunha ACI ten que ser obrigatoriamente doutro ciclo ou pode ser o do ciclo
no que está escolarizado o alumno?

Pode ser do ciclo no que está escolarizado o alumno (pode ser anterior, do mesmo ciclo ou posterior), xa que nunha
ACI modifícanse algún dos elementos prescriptivos do currículo para así atender as necesidades educativas dun
alumno.

7º.- A quen debe informar o titor de que está realizando un RE?

O RE elabórao o profesor que imparte o área ou a materia na que o alumno necesita a medida de reforzo, co
coñecemento do titor. E o titor debe comunicarllo ao equipo directivo, ao Departamento de Orientación e a familia de
dito alumno.

8º.- Define ACI.

É unha medida extraordinaria de atención a diversidade ao alumnado con neae. Son as modificacións de un ou de
máis elementos prescriptivos do currículo, como son os obxectivos, os contidos, as competencias básicas e os criterios
de avaliación, para atender as necesidades educativas de un alumno motivadas tanto por unha determinada dificultade
persoal como polas súas capacidades excepcionais.

9º.- Que medidas é preciso levar a cabo antes de propor unha ACI?

É preciso esgotar todas as opcións todas as medidas ordinarias de intervención educativa antes de plantexarse
levarse a cabo unha ACI (como é o RE).

Ademais, hai que ter en conta que para levar a cabo unha ACI precisase a autorización da inspección educativa
correspondente.

10º.- Explica o proceso de elaboración dunha ACI.

0. O titor detecta unhas necesidades nun alumno; póñense en marcha todas as posibles medidas ordinarias de
atención a diversidade que neste caso, non van a dar resultado; polo que se pon en contacto co DO e solicita unha
valoración.

1. Os centros deben realizar unha avaliación diagnóstica na que se recollerán datos relevantes sobre a situación
socio-familiar do alumno e sobre o seu proceso de aprendizaxe, aportados tanto polo equipo equipo educativo
responsable do alumno, como polo orientador do centro, si existe, o equipo psicopedagóxico de apoio ou calquera
outro profesional que este a participar na atención de dito alumno. E despois o orientador redactará o informe
psicopedagóxico no que se aconsellará a elaboración ou non dunha ACI.

2. Os centros realizarán unha reunión de toma de decisións coordinada polo xefe de estudos á que asistirán o titor,
xefe do departamento de orientación, profesorado de apoio e os mestres que imparten as áreas ou materias que se
consideran obxecto de ACI. Nesta reunión e de forma consensuada decidirase a pertinencia da ACI, así como aqueles
elementos do currículo que deben ser modificados. Se non se realiza unha ACI, poñeranse en marcha medidas
ordinarias de atención á diversidade.

3. O titor e o profesor da área correspondente en colaboración con DO, elaborarán a adaptación do currículo de
referencia nas áreas ou materias acordadas, segundo o establecido na presente orde. Mandase a Inspección Educativa
para valorar que está ben planificada e elaborada. E unha vez aprobada, notificarase o documento ao equipo directivo e
este a súa vez á familia e ao departamento.

4. Os datos obtidos na avaliación diagnóstica, reflictiranse nun documento de adaptación curricular no cal se
consignará a información relativa a:

OPOSICIÓN 2014 Página 2


OPOSICIÓN AUDICIÓN E LINGUAXE. EXAME LEXISLACIÓN

-datos persoais do alumno -datos físicos e de saúde


-datos psicosociais máis relevantes -datos do entorno sociofamiliar
-datos do entorno escolar -datos pedagóxicos
-profesionais participantes
11º.- Onde se rexistra?
A ACI rexistrase no expediente académico e no historial académico.

12º.- Diferenza entre os criterios de avaliación e os criterios de promoción.

Os criterios de promoción, indícannos se un alumno acadou as capacidades ou competencias necesarias para


promocionar ao ciclo ou etapa seguinte. Estes criterios de promoción veñen especificados nas programación didácticas
dos ciclos (nas concrecións curriculares).

Os criterios de avaliación, son un indicador ou referencia que nos deixará claro o que eu vou a avaliar; fai referencia
aos distintos elementos curriculares. Estes criterios veñen recollidos na programacións do ciclo (nas concrecións
curriculares) e nas unidades didácticas.

13º.- Que aspectos reflectiranse no documento de Adaptación Curricular?

Recollerase a información relativa aos seguintes aspectos:

-datos persoais do alumno -datos físicos e de saúde


-datos psicosociais máis relevantes -datos do entorno sociofamiliar
-datos do entorno escolar -profesionais participantes
-datos pedagóxicos (obxectivos, contidos, competencias básicas, criterios de avaliación e recursos)
14º.- Cada canto tempo ten que revisarse unha ACI?
As adaptacións curriculares revisaranse periodicamente, polo menos unha vez ao final de cada curso. E unha vez ao
trimestre en Educación Infantil.

15º.- Cando un alumno non promociona, que medidas é preciso tomar?

Cando un alumno non promociona e polo tanto permanece un ano máis nun ciclo ou nun curso, deberá seguir
medidas de reforzo ou adaptacións curriculares, de modo que en ningún caso se reproduzan as condicións educativas
que presumiblemente provocaron os desaxustes detectados no alumno.

ORDE 20 FEBREIRO 2004: INMIGRANTES


1º.- Que nenos poderán ser obxecto das medidas previstas na orden? Cita as súas principais características.

Os alumnos que teñan unha idade comprendida entre os 3 anos e o límite de escolarización obrigatoria e que
procedan do estranxeiro, e que tras unha avaliación reúna algunha das necesidades educativas seguintes:

-descoñecemento de dúas linguas oficiais da nosa Comunidade Autónoma


-desfase curricular de dous ou máis cursos, con respecto ao que lle corresponde por idade
-presentar graves dificultades de adaptación ao medio escolar debido a razóns sociais ou culturais
2º.- Como se levará a cabo a avaliación inicial o alumno? De quen é competencia?

Levarase a cabo con carácter xeral e prioritario no momento da incorporación ao sistema educativo, e de ser o
caso lles corresponde aos Departamentos de Orientación a realización da avaliación psicopedaxógica
correspondente. A continuación escolarízanse asignandoselles un titor e un grupo, unha vez xa valorado.

OPOSICIÓN 2014 Página 3


OPOSICIÓN AUDICIÓN E LINGUAXE. EXAME LEXISLACIÓN

3º.-De que especialidade será o profesorado de apoio que atenda a estes alumnos?

O profesorado de apoio poderá pertencer a calquera dos corpos e especialidades con dispoñibilidade horaria
da ensinanza primaria ou secundaria. En secundaria, prioritariamente encargaranse os profesionais dos
departamentos.

4º.- En que documentos deben estar recollidas estas medidas de atención á diversidade?

No Proxecto Educativo, no Plan Xeral de Atención á Diversidade, no Plan de Acción Titorial e no Plan de Orientación
(no cal se inclúen Plan de Acción Titorial, Plan Xeral de Atención á Diversidade e Plan de Orientación académico e
profesional)

5º.- Que medidas concretas de atención a este tipo de alumnado se deseñarán nos centros escolares?

As medidas de atención para este alumnado incluirán, ademais da acción titorial, as establecidas para a atención á
diversidade e en particular, as seguintes para a atención ás necesidades educativas específicas:

a) De tipo curricular:
-reforzo educativo -adaptacións curriculares -flexibilizacións de idade
b) De tipo organizativo:
-grupos de adquisición das linguas -grupos de adaptación da competencia curricular
6º.- É necesaria a autorización da familia para que un alumno pertenza a algún destes agrupamentos?

Para que un alumno poda pertencer a estes agrupamentos só será necesario que a súa familia sexa
previamente informada, non se precisa a súa autorización.

7º.- Cal será o tempo máximo no que un alumno poderá pertencer a un grupo de adquisición de linguas?

Poderá formar parte de este grupo por un tempo máximo dun trimestre, si ben a inspección educativa poderá
autorizar a ampliación excepcional de este período.

8º.- En que etapas se poderán desenvolver estes programas de adquisición de linguas?

Poderanse desenvolver na Educación Primaria e na Educación Secundaria Obrigatoria, e excepcionalmente, no


último curso da Educación Infantil.

9º.- Como se organizarán estes grupos: por niveles, por ciclos, por idades,...?

O alumnado que forme parte dun grupo de adquisición de linguas deberá pertencer a unha mesma etapa
educativa, sen necesidade de que estea escolarizado no mesmo curso ou ciclo.

10º.- En que materias como mínimo o alumnado deberá permanecer co seu grupo de referencia?

Educación física e educación artística  EP;


Educación física, música e educación plástica e visual, así como en titoría en  ESO
11º.- Que medidas adicionais se levarán a cabo con estes nenos no último curso de EI e no 1º ciclo de EP?

Ademais das actividades específicas que se podan desenvolver no grupo de adquisición das linguas, tamén se
levarán a cabo na aula ordinaria actividades de apoio ao aprendizaxe da lingua.

12º.- Características básicas dos grupos de competencia curricular.

Trátase de agrupamentos flexibles que terán por finalidade, a través dunha atención individualizada, o
progreso na súa competencia curricular, de modo que se posibilite a plena incorporación nas actividades de
aprendizaxe pertencentes ao curso no que se atopa escolarizado. Levarase a cabo na mesma etapa educativa.
OPOSICIÓN 2014 Página 4
OPOSICIÓN AUDICIÓN E LINGUAXE. EXAME LEXISLACIÓN

Sairán nun horario máximo de permanencia: 8 períodos en EP e 10 períodos en ESO.

13º.- En que etapas, ciclos, niveis,... se desenvolverán os grupos de competencia curricular?

Só se poderán desenvolver no segundo e terceiro ciclo de EP e na ESO.

14º.- En que períodos estarán os neno nestes grupos?

A permanenza nestes grupos levarase a cabo nunha fracción da xornada escolar, coincidindo coas materias de
carácter instrumental. O alumnado deberá pertencer a unha mesma etapa educativa sen necesidade de que
pertenza ao mesmo curso ou ciclo.

Sairán nun horario máximo de permanencia: 8 períodos en EP e 10 períodos en ESO.

15º.- De quén será a responsabilidade de emitir as calificacións deste alumnado?

Corresponde ao profesorado do grupo ordinario, tendo en conta a información proporcionada polo


profesorado que intervén nos grupos de adaptación da competencia curricular. A decisión última é a do titor pero
debe considerar ao resto do profesorado do alumnado.

DECRETO 229/2011 do 7 DECEMBRO: ATENCIÓN NEE


1º.- Que entendemos por “medidas de atención a diversidade”? Onde se recollen?

Medidas de atención á diversidade son aquelas actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar
unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado. Estas medidas son xerais para todo o alumnado do
centro. Estas medidas clasifícanse en ordinarias e extraordinarias e están recollidas no Plan Xeral de Atención á
Diversidade e nas concrecións anuais de dito plan.

2º.- Enumera as medidas ordinarias de atención a diversidade.

-adecuación da estrutura organizativa do centro (horarios, agrupamentos, espazos) e da organización e xestión da aula
ás características do alumnado.
-adecuación das programacións didácticas ao contorno e ao alumnado.
-metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais, aprendizaxe por
proxectos e outras que promovan a inclusión.
-adaptación dos tempos e instrumentos ou procedementos de avaliación.
-aulas de atención educativo e convivencia e medidas e actuacións destinadas á mellora da convivencia.
-desdobramentos de grupo.
-reforzo educativo e apoio do profesorado con dispoñibilidade horaria.
-programas de enriquecemento curricular.
-programas de reforzo nas áreas instrumentais básicas.
-programas de recuperación.
-programas específicos personalizados.
-programas de habilidades sociais.
3º.- Que se consideran “medidas extraordinarias de atención a diversidade”?

Son aquelas dirixidas a dar resposta ás necesidades educativas do alumnado con necesidade específica de apoio
educativo que poden requirir modificacións significativas do currículo ordinario e/ou supoñer cambios esenciais no
ámbito organizativo, así como, de ser o caso, nos elementos de acceso ao currículo ou na modalidade de escolarización.
Aplicaranse unha vez esgotadas as de carácter ordinario ou por resultaren estas insuficientes.

OPOSICIÓN 2014 Página 5


OPOSICIÓN AUDICIÓN E LINGUAXE. EXAME LEXISLACIÓN

4º.- Que autorizacións son precisas para aplicar medidas extraordinarias?

Será necesaria a autorización da dirección do centro educativo, do Servizo de Inspección Educativa, da xefatura
territorial ou da dirección xeral que proceda, e, se é o caso, informe xustificativo do correspondente Servizo de
Orientación. E autorización por parte das familias no caso da flexibilización.

5º.- Enumera as medidas extraordinarias de atención a diversidade.

-adaptacións curriculares
-agrupamentos flexibles.
-apoio do profesorado especialista en PT e/ou en AL
-flexibilización da duración do período de escolarización.
-programas de diversificación curricular.
-programas de cualificación profesional inicial.
-atención educativa ao alumnado que, por circunstancias diversas, presenta dificultades para unha asistencia
continuada a un centro educativo.
-grupos de adquisición das linguas.
-grupos de adaptación da competencia curricular.
6º.- Que é o Plan Xeral de Atención a Diversidade?

É o documento no que se articula a atención á diversidade (LOE). Neste plan concrétanse todas as actuacións e
medidas de atención á diversidade que un centro educativo deseña e desenvolve para adecuar a resposta educativa ás
necesidades da totalidade do seu alumnado.

7º.- Quen elabora este Plan?

Os Departamentos de Orientación serán os responsables de elaborar de acordo coas directrices da Comisión de


Coordinación Pedagóxica e as achegas dos departamentos e/ou equipos de ciclo, a proposta do Plan Xeral de Atención
á Diversidade, que trasladarán ao equipo directivo.

8º.- Quen o aproba e onde se rexistra?

Será aprobado polo consello escolar, por proposta do claustro do profesorado; e rexistrase no Proxecto Educativo.

9º.- Quen é o responsable do seu desenvolvemento, seguimento e avaliación?

O equipo directivo será o responsable do desenvolvemento, seguimento e avaliación do PXAD.

10º.- Que é a “concreción anual do Plan Xeral de Atención a Diversidade”?

A comezo de cada curso escolar, os Departamentos de Orientación dos centros elaborarán a proposta da concreción
anual do Plan Xeral de Atención á Diversidade, que debe formar parte da Programación Xeral Anual.

O documento no cal se planifican, organizan e concretan todas as medidas de atención á diversidade para un curso
escolar adecuándoo a todas as necesidades e aos recursos con que se contan neste curso en concreto.

O equipo directivo incorporará a concreción anual do Plan Xeral de Atención á Diversidade á programación xeral
anual, e velará polo seu cumprimento, avaliación e memoria.

11º.- Que aspectos inclúe o Plan Xeral de Atención a Diversidade?

-xustificación baseada no contexto.


-identificación e valoración das necesidades.

OPOSICIÓN 2014 Página 6


OPOSICIÓN AUDICIÓN E LINGUAXE. EXAME LEXISLACIÓN

-determinación dos obxectivos.


-descrición das actuacións, medidas e/ou programas para a atención á diversidade.
-determinación dos criterios para a organización e distribución dos recursos e a aplicación das medidas propostas.
-concreción das actuacións dos distintos profesionais en relación coas medidas deseñadas para o centro.
-mecanismos de coordinación e colaboración internos, así como con outras etapas educativas e cos centros adscritos
ou de adscrición.
-canles de colaboración coas nais, pais ou titores e titoras legais do alumnado e cos diferentes servizos externos ao
centro.
-protocolos para a solicitude e/ou autorización das medidas extraordinarias.
-procesos de seguimento, avaliación e mellora do plan.
12º.- Qué é a “memoria do Plan Xeral de Atención a Diversidade”?

Ao final de cada curso, de acordo cos datos do proceso de seguimento e avaliación, o DO de cada centro elaborará a
correspondente memoria do Plan Xeral de Atención á Diversidade, e establecerá, de ser o caso, as pertinentes
propostas de mellora. Esta memoria incorporarase á memoria do DO e en consecuencia, á memoria anual do centro.

É unha especie de avaliación sobre grado de consecución dos obxectivos plantexados nun inicio do curso escolar, e se
fan propostas de mellora para o curso seguinte.

13º.- Modalidades de escolarización.

-A escolarización en centros ordinarios, en que se poderán crear ou autorizar unidades de educación especial.
Igualmente, determinados centros ordinarios poderán ser habilitados, pola consellería con competencias en materia de
educación, como centros de escolarización preferente.

-A escolarización en centros de educación especial.

-A escolarización combinada entre un centro ordinario e un centro de educación especial. Para os efectos de
escolarización, as unidades de educación especial nos centros ordinarios terán a consideración de centros de educación
especial.

14º.- Cada canto tempo se revisa unha modalidade de escolarización diferente a ordinaria?

A escolarización do alumnado nunha modalidade diferente da ordinaria estará sometida a un proceso de revisión
periódica por parte da xefatura do DO correspondente, que será trimestral en EI e, cando menos, anual nas demais
ensinanzas. Cando a partir de esa revisión, se conclúa que é necesario un cambio na modalidade de escolarización,
solicitarase á xefatura territorial correspondente, quen resolverá.

15º.- Escolarización en centros ordinarios. Aspectos máis relevantes.

-Os centros ordinarios constitúen o referente básico para os efectos da escolarización.

-A escolarización en EI poderá, excepcionalmente, aumentarse ou reducirse nun ano respecto do establecido con
carácter xeral, en función, respectivamente, das necesidades educativas especiais ou das altas capacidades do
alumnado. Non se poderá permanecer en EI máis alá do ano natural en que se cumpran os 7 anos, nin comezar a EP
antes do ano natural en que se cumpran 5 anos.

-Cando en EI se opte pola permanencia dun alumno con necesidades educativas especiais un ano máis no primeiro
ciclo, a súa incorporación ao segundo ciclo realizarase ao primeiro curso dese ciclo, aínda que non se axuste ás
condicións de idade requiridas con carácter xeral. Este alumnado poderá optar á reserva de prazas establecida con
carácter xeral para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo que se escolariza no primeiro curso do
segundo ciclo de EI.

OPOSICIÓN 2014 Página 7


OPOSICIÓN AUDICIÓN E LINGUAXE. EXAME LEXISLACIÓN

-A escolarización en EP poderá, excepcionalmente, aumentarse ou reducirse nun ano respecto do establecido con
carácter xeral, en función, respectivamente, das necesidades educativas especiais ou das altas capacidades do
alumnado. En ningún caso se poderá permanecer en EP máis alá do ano natural en que se cumpran os 15 anos, nin
comezar a ESO antes do ano en que se cumpran 10 anos.

-A escolarización en ESO poderá, excepcionalmente, aumentarse ou reducirse nun ano respecto do establecido con
carácter xeral, en función das necesidades educativas especiais ou das altas capacidades do alumnado,
respectivamente. En ningún caso se poderá permanecer en ESO máis aló dos 19 anos, agás en unidades ou centros de
educación especial, que se poderá prolongar ata os 21 anos de idade.

16º.- Que é un centro de escolarización preferente e que particularidade ten a escolarización nel?

Trátase de centros ordinarios habilitados como centros de escolarización preferente, que se dotan de recursos
materiais e humanos necesarios para cubrir unha determinada discapacidade nunha zona xeográfica; debido a que de
este modo a Administración educativa consigue economizar de algún modo, xa que unifica recursos de difícil
xeneralización e de alto custo económico concentrándoos nun centro e centralizando a todo o alumnado dunha zona
xeográfica. Os nenos con esta determinada discapacidade van a ter preferencia na matrícula nestes centros pero
ademais deberían escolarizarse con un ditame de escolarización

É habitual atopar centros de escolarización preferente para alumnado con discapacitados motóricos, por exemplo;
polo que terían máis dotación respecto a: fisioterapeutas, máis profesorado de apoio, máis rampas, baños
adaptados,.....

17º.- De quen é competencia a escolarización en centros de educación especial e con que documento debe
contar?

Corresponde á Xefatura Territorial e deberá contar co ditame de escolarización emitido polos servizos de Orientación,
co informe do Servizo de Inspección Educativa e coa manifestación por escrito da vontade das nais, pais ou titores
legais.

18º.- Particularidades na ensinanza nos centros de educación especial.

O alumnado escolarizado a tempo completo nun centro de educación especial poderá prolongar a súa escolarización
un terceiro ano en EP e un cuarto en ESO, nos termos establecidos pola consellería con competencias en materia de
educación en respectando o límite de 21 anos para a permanencia do alumnado nos centros de educación especial,
cumpridos no ano natural en que finaliza o curso escolar.

As ensinanzas nestes centros abordará unha educación básica obrigatoria e unha formación profesional adaptada e
de transición á vida adulta. Esta educación básica, terá unha duración mínima de 10 anos e centrarase no
desenvolvemento dos obxectivos e competencias básicas no grao en que as características persoais do alumnado o
posibiliten. A formación profesional adaptada estará encamiñada á adquisición de competencias profesionais e das
habilidades da vida diaria que lle permitan ao alumnado desenvolverse coa máxima autonomía posible. Esta formación,
de ser o caso, poderá ter efectos de acreditación das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema
Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.

19º.- Que quere dicir que os centros de educación especial poderán constituírse como centros de recursos
específicos?

Os centros de educación especial poderán constituírse como centros de recursos específicos, poñendo á disposición
dos centros ordinarios os materiais e recursos de que dispoñen, centralizando os recursos máis especializados e
exercendo os labores de asesoramento e atención ambulatoria (ben o profesorado do centro de EE vai ao centro
ordinario, ou ben os nenos dun centro ordinario acude a un centro EE en horario non lectivo para recibir unha atención
especializada) que se determinen. Fomentarán o intercambio de experiencias e a difusión de boas prácticas docentes.

20º.- Diferenzas entre absentismo, abandono escolar temperán e desescolarización.

OPOSICIÓN 2014 Página 8


OPOSICIÓN AUDICIÓN E LINGUAXE. EXAME LEXISLACIÓN

-Absentismo: ausencia ao centro escolar sen causa debidamente xustificada do alumnado en idade de escolarización
obrigatoria. Esta ausencia ao centro suporá, cando menos, un dez por cento (10%) do horario lectivo mensual.

-Abandono escolar temperán: situación daquel alumnado que, podendo seguir escolarizado por idade (entre os 16 e
ata os 18 anos), abandona o sistema educativo sen a obtención da titulación correspondente.

-Desescolarización: situación en que persoas en idade de escolarización obrigatoria non se atopan matriculadas en
ningún centro educativo.

21º.- Que actuación levarán a cabo os centros educativos para evitar e previr estas situacións?

Os centros educativos establecerán nas súas normas de organización e funcionamento, os procedementos para a
aplicación dos citados protocolos, e recollerán as seguintes actuacións ante situacións de desescolarización, absentismo
e/ou abandono escolar temperán:

-control e rexistro das incidencias na asistencia do alumnado aos centros escolares


-información ás nais, pais ou titores legais do alumnado e intervención ante a detección de casos.
-se procede, traslado da información á Inspección Educativa e a Servizos Sociais, pola dirección do centro.
22º.- Que é a atención educativa hospitalaria? Distintos tipos.

A atención educativa hospitalaria terá por finalidade a continuidade do proceso formativo do alumnado que curse
ensinanzas de réxime xeral en modalidade presencial en centros sostidos con fondos públicos e que, por prescrición
facultativa, debido a enfermidade ou lesión, non poida asistir con regularidade ao centro por un período prolongado de
tempo.

Será destinatario de atención educativa hospitalaria o alumnado que deba permanecer ingresado nun centro
hospitalario, a tempo completo ou en hospitalización de día, dalgunha das seguintes situacións:

-longa hospitalización: máis de trinta días


-media hospitalización: entre 15 e 30 días
-curta hospitalización: menos de 15 días
O alumnado de longa e media hospitalización recibirá atención educativa en coordinación co centro de orixe,
mentres que o de curta hospitalización poderá realizar no centro hospitalario actividades educativas de carácter xeral.

23º.- Como se garantirá a escolarización do alumnado pertencente a familias itinerantes

A consellería facilitará a escolarización deste alumnado nos centros do contorno onde itinere a súa familia ou
representantes legais, nas condicións establecidas con carácter xeral para todo o alumnado e coas medidas de atención
á diversidade que procedan, co fin de garantir a continuidade do seu proceso de aprendizaxe.

O cambio, por razóns de itinerancia, dun centro educativo ao outro realizaranse segundo o establecido para os
traslados de centro, polo que o centro de orixe deberá facilitar ao centro de destino, logo de petición deste, a
información pertinente.

OPOSICIÓN 2014 Página 9

You might also like