You are on page 1of 1

COMUNICADO DA CIG SOBRE AS

MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS POLOS


SINDICATOS ASINANTES

Ante as mobilizacións e folgas convocadas polos sindicatos asinantes do Convenio e


Acordo Xeral (CCOO, UGT, CSIF, S.L.) para os vindeiros meses de novembro e
decembro a C.I.G. ten que dicir o seguinte:

1. Estes sindicatos en ningún momento buscaron a UNIDADE SINDICAL de cara


a estas convocatorias de mobilizacións e paros,pois en ningun momento se
puxeron en contacto coa CIG. lembrade que é a SEGUNDA FORZA SINDICAL
na Galiza. Isto fainos pensar que estes sindicatos non buscan realmente
conseguir os obxectivos que anuncian, se non máis ben facerse un lavado de
cara para afrontar as vindeiras eleccións sindicais.

2. Que, esta forma de manipularnos aos traballadores non é nova por parte de
estes sindicatos, repítenllo de forma cíclica cada vez que se aproximan as
eleccións sindicais. Lembremos as últimas eleccións sindicais celebradas en
decembro do ano 2015; no mes de maio concretamente o día 4 convocaron unha
folga por: un novo Convenio, reconquistar dereitos, suba salarial etc, despois
convocaron paros parciais e mobilizacións formando a famosa MAREA POSTAL,
pero todas estas reivindicacións remataron unha vez acabadas as eleccións
sindicais, dende aquelas desapareceron ata de agora que volven as eleccións.

3. Que, temos que recordarlle a estes sindicatos que cando falan no seus panfletos
sobre:

SALARIO: Que non se acordaron nestes NOVE ANOS de Convenio de xuntarse coa
Empresa para revisar o prezo do combustible. Que asinaron uns descontos
desmesurados para o persoal laboral cando está de baixa por IT (a partir do 4 día de
baixa perden os tramos de todo un trimestre máis o CPA) Que asinaron unha suba
ridícula de 1.75% para este ano por debaixo IPC e por enriba o persoal laboral aínda
non a cobrou. Etc.

EMPREGO: Nos últimos 10 anos perdéronse ao redor de 15 mil postos de traballo en


Correos, Que o pouco emprego que se crea moito é precario de media xornada en
ATC e Axente Clasificación. Que os recargos son o pan de cada día nas carterias.

DEREITOS: Un exemplo moi clariño en Correos non temos nin sequera dereito para ir
ao médico porque non ven recollido no Convenio e Acordo Xeral, sempre temos que
estar á boa vontade do Xefe de turno, grazas a firma destes sindicatos.

¡¡QUE FIXERON NESTES NOVE ANOS NAS MESAS DE EMPREGO!!


ESTES SINDICATOS NON TE DEFENDEN – VIVEN DE TI

http://cigcorreosgaliza.blogspot.com/

You might also like