You are on page 1of 3

Podemos Galicia inicia o diálogo para reforzar a proposta

electoral ampla e de maiorías, que continúe o camiño da


unidade popular en Galicia nas vindeiras eleccións xerais

Compostela, 16 de febreiro de 2019.- As eleccións xerais do 28 de abril esixen de nós seguir a


sumar forzas reimpulsando o camiño da ferramenta que de resposta electoral as demandas de
tantas e se situe ao servizo das maiorias sociais de Galicia significando, de novo, un freno as
políticas de dereita, neste caso da dereita mais extrema e conservadora.

Hai tres anos construímos unha alternativa plural para recuperar a democracia, defender o público,
salvagardar o Estado do Benestar, reverter os recortes e rescatar a soberanía popular. Unha
alternativa de coalición e suma que fixo que Galicia tivera unha potencia de representación,
visibilidade e capacidade de interlocución política inédita ata o momento para o noso pais.

Hoxe volven convocar unha eleccións ás Cortes Xerais coa ameaza da extrema dereita ás portas.
O dereitos das mulleres, o autogoberno, o Estado do Benestar, a diversidade, as liberdades, os
dereitos humanos máis básicos, volven estar en perigo.

Ante esta situación desde Podemos Galicia iniciamos o diálogo entre as tres forzas que nos
xuntamos en 2015 para impulsar, en concordancia coas mareas muncipalistas, a coalición
electoral que levou a voz de máis de 400.000 galegas e galegos ao Congreso e ao Senado. Un
diálogo aberto a axentes políticos, cidadáns e sociais, para continuar a traxectoria de compromiso
coa cidadanía galega.

Durante esta lexislatura o grupo da Marea no Congreso -xurdido como froito da coalición das tres
forzas- foi quen de situar os problemas da xente na axenda pública do Estado e alcanzar algúns
dos logros máis relevantes das últimas décadas. A subida a 900€ do Salario Mínimo
Interprofesional ou a revalorización das pensións son un exemplo de incorporación dunha nova
axenda social que beneficia a millóns de persoas.

Desde Podemos Galicia analizamos e valoramos de forma moi positiva o traballo feito ate aqui. E
sabemos cal é o camiño a continuar. Iniciativa política apegada aos problemas reais da xente, da
cidadanía galega, teñan a forma que teñan: igualdade, dereitos LGTBI, Alcoa, industria, naval,
municipalismo, financiación territorial, loita contra a precariedade, rías, dependencia, ferrocarril,
pesca, cultura, leite, Long Hope, memoria democrática, Meirás.. Continuar a situar as demandas
das maiorias sociais de Galicia no debate da acción de goberno e nas cuestións que importan
para a vida da xente.

Podemos Galicia inicia polo tanto o diálogo cos aliados cos que vimos construíndo ferramentas de
maiorias no noso pais para, en paralelo ao diálogo nos órganos do propio partido e coas nosas
bases, xunto aos axentes sociais e cidadáns da Galicia máis dinámica e transformadora definir a
ferramenta coa que continuar e reforzar o traballo que traslada a voz e as demandas das galegas
e os galegos ao Congreso e ao Senado.
Anova inicia un proceso de diálogo político para reforzar a
Unidade Popular en Galiza
Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2019.- As eleccións xerais do 28 de abril
convócanos a sumar forzas para frear a deriva autoritaria impulsada polas forzas políticas
ultraconservadoras. Un deriva autoritaria alentada pola tríade reaccionaria de PP, Ciudadanos e
Vox que se fixeron co goberno de Andalucía e queren facerse co control do Goberno do Estado
para limitar dereitos sociais e democráticos fundamentais poñendo en risco a convivencia
democrática. Unha política retrógrada á que se presta como cara amable o presidente da Xunta
Alberto Núñez Feijóo.

Cómpre activar, política e socialmente, unha maioría cidadá que derrotar o programa da
austeridade neoliberal e a tentación de limitar das liberdades e recentralizar o Estado que anima
ao bloque reaccionario que lideran Casado, Rivera e Abascal. Os dereitos e liberdades
conquistados tras anos e anos de loita atópanse en perigo. Non estamos diante dunha cita
electoral calquera. O seu resultado determinará unha solución autoritaria ou democrática para
superar a crise de Réxime do 78 que deixou á luz o 15-M e o dereito a decidir en Cataluña o 1-O.

Temos unha responsabilidade enorme con todos aqueles cidadáns e cidadás que aspiran a ter un
instrumento político para as maiorías sociais da Galiza que non se resignan. Imos dar
continuidade ao camiño da Unidade Popular que iniciaron AGE, as mareas municipalistas e o
Acordo de Mazarelos que subscribimos Anova, Esquerda Unida e Podemos, e a Asemblea de Vigo
como aposta pola ruptura democrática, a defensa dos dereitos sociais e das liberades individuais e
nacionais de Galicia.

Anova inicia o diálogo político cos aliados cos que vimos compartindo espazo, xunto con axentes
cidadáns e sociais, para definir a alternativa coa que concorrer aos vindeiros comicios estatais.
ESQUERDA UNIDA APOSTA POR RESCUPERAR A UNIDADE POPULAR EN
GALICIA

Compostela 16 de febreiro de 2019. Ante o vindeiro proceso de eleccións xerais os


sectores da poboación máis agredidos durante os últimos dez anos e polos que
traballamos nos últimos anos dende o Congreso, precisan unha proposta clara dende a
óptica da esquerda que rache cunhas condicións que condenan ás persoas
traballadoras, maiores e novas á pobreza e á emigración.

A risco do ascenso da dereita que ameaza con profundar aínda máis no recorte de
dereitos laborais e sociais e constitúe un claro elemento reaccionario para os dereitos
das mulleres merece das forzas de esquerda unha resposta contundente, que dea
continuidade ao traballo que iniciamos no 2015 no Congreso.

Esquerda Unida comenza xa os contactos cos espazos políticos cos que leva
traballando xa dende a creación de AGE, coas candidaturas municipalistas artífices de
grandes avances da consolidación da unidade popular e na cidadanía e o tecido social
de esquerda para que Galicia sexa tamén un muro de contención da triple alianza das
dereitas que amenaza cun programa ultra neste proceso electoral.

Esquerda Unida considera especialmente importante artellar ese proceso de


refundación da unidade popular en Galicia para que o espazo sirva realmente como
motor tamén dos espazos municipalistas porque seguimos a considerar que
esencialmente foron os que abriron unha fenda nese muro que o réxime se apresurou
a levantar para garantir que a saída da crise fose nun marco claramente de
recomposición capitalista.

O documento “O municipalismo no proceso de Unidade Popular e rebelión


democrática”, aprobado polo Consello Nacional de Esquerda Unida o 27 de decembro
de 2014, enmarcou as eleccións locais nun ciclo electoral que continuaba nos comicios
xerais (2015 e 2016) e se prolongaría ate as eleccións autonómicas de 2016, e
describía o momento como “unha oportunidade única para disputar a hexemonía ás
oligarquías locais, para construir poder popular, para amosar na práctica outras formas
de facer política e para constituir os gobernos locais nunha sorte de Xuntas
Constituíntes de cara ao novo proceso que debe abrirse despois das eleccións xerais”.
Ese obxectivo sigue sendo absolutamente central para a proposta política de Esquerda
Unida.

Nese sentido, Esquerda Unida aposta claramente polo diálogo fraterno coas outras
forzas de esquerda coas que demos luz á confluencia dos anteriores procesos e á
intelixencia e pluralidade das diversas propostas locais nas que participamos para
sacar adiante unha proposta que, unha vez máis dende Galicia, pule por defender ás
mulleres, aos nosos maiores e á clase traballadora agredida.

O adianto das eleccións ao parlamento, xunto co escenario das eleccións municipais


de 2019, obriga a definir e concretar a actuación política de EU que para nós non pode
ser outra que recuperar o descrito na declaración de Mazarelos e ser quen de darlle
contido ás expresións de pluralidade, proposta alternativa e capacidade política.

You might also like