You are on page 1of 104

BIBLIOTECA Do PROFESORado Primaria

Aprendizaxe
eficaz

Técnicas de estudo
e preparación
de exames
Guía de Aprendizaxe eficaz. Técnicas de estudo
e preparación de exames é unha obra colectiva
concibida, creada e realizada no Departamento
de Primaria de Santillana Educación, S. L./Edicións
Obradoiro, S. L., baixo a dirección de Antonio Brandi
Fernández e Ana María Guerra Cañizo.

TEXTO
Rosa Isabel García de Blas
Arancha Méndez Pérez

EDICIÓN
Lola Núñez (edición executiva)
Arancha Méndez

DIRECCIÓN DO PROXECTO
Mercedes Rubio Cordovés

DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL


DE PRIMARIA
Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero
Índice
Presentación................................. 5
Técnicas de estudo..................... 7
Técnicas para seleccionar
a información.................................. 9
Subliñar........................................ 9
• Modelos de actividades.............. 14
Inferir as ideas principais........... 20
• Modelos de actividades.............. 22
Técnicas para sintetizar
a información.................................. 24
Resumir....................................... 24
• Modelos de actividades.............. 30
Organizar graficamente
a información: esquemas
e táboas........................................ 36
• Modelos de actividades.............. 43
Presentación de traballos...... 49
• Buscar información..................... 51
• Elaborar traballos escritos........... 57
• Presentar exposicións orais........ 61
Preparación de exames.......... 65
• Repasar contidos........................ 68
• Repasar procedementos............. 75
• Reflexionar sobre
a propia aprendizaxe................... 81
• Preparar diferentes
 tipos de exames......................... 85
Presentación
Aprendizaxe eficaz
O programa de Aprendizaxe eficaz ten como obxectivo preparar os alumnos
para enfrontarse a unha gran variedade de tarefas, escolares ou non, con
creatividade e eficacia.

O proxecto ten dous enfoques ben diferenciados en función dos niveis:

• Nos primeiros cursos de Primaria, aborda as habilidades básicas –atención,


memoria e razoamento– e as dificultades de aprendizaxe; ademais, inclúe
no 3.º curso algunhas técnicas básicas de estudo e de preparación
de exames adaptadas ao nivel.

• A partir de 4.º curso, o traballo está moito máis centrado no adestramento


nas técnicas de estudo e na posta en práctica das competencias necesarias
para enfrontarse con éxito ao proceso de aprendizaxe.

O programa de Aprendizaxe eficaz pon á disposición dos profesores


os seguintes materiais:

• Unha guía didáctica para 1.º, 2.º e 3.º de Educación Primaria que contén
unha rigorosa análise das dificultades de aprendizaxe e das habilidades
básicas que deben desenvolver os nenos e as nenas destas idades, así
como suxestións para incluír estas técnicas nas tarefas cotiás da aula.

• Cadernos de 1.º, 2.º e 3.º de Primaria onde se ofrecen fichas para a práctica
de diversos aspectos do programa.

• Unha guía didáctica para 4.º, 5.º e 6.º de Educación Primaria


cun desenvolvemento das técnicas de traballo e estudo adecuadas
ao nivel, ilustradas con exemplos da posta en práctica destas técnicas
nas actividades de cada día.

Este material contribuirá decisivamente a que os alumnos adquiran


as competencias necesarias para abordar as súas aprendizaxes con éxito
e axudaraos a poñer esas competencias en práctica de xeito eficiente
en diferentes ámbitos da súa vida.

5
Técnicas de estudo

7
As técnicas de estudo
As técnicas de estudo que se ofrecen neste bloque proporcionan un grande
apoio ao profesorado e ao alumnado para a realización das diversas tarefas
que se levan a cabo na aula.

• Para o profesorado son unha guía sistemática e exhaustiva cunha gran


cantidade de recursos que o axudarán a orientar os alumnos e mais
as alumnas no estudo.

• Para o alumnado proporcionan unha gran variedade de actividades


de práctica, baseadas nos libros de texto, que os adestrarán para alcanzar
maior eficacia e autonomía nas diversas tarefas que deben realizar.

O material ten unha estrutura simple e rigorosa que facilita utilizalo e contribúe
a que as actividades e suxestións se poidan aplicar de forma continua
na aula. As epígrafes que contén son:

• Técnicas para seleccionar a información. Conducen os alumnos a que


distingan a información relevante da que é accesoria, permítelles enfocar
as aprendizaxes e estruturar os coñecementos. As técnicas máis adecuadas
para conseguir estes obxectivos son: subliñar (palabras, oracións ou partes
do texto, etc., segundo o obxectivo da aprendizaxe) e inferir as ideas
principais (para anticipar, completar un todo, extraer conclusións, etc.).

• Técnicas para sintetizar a información. Unha vez que se elixiron as ideas


fundamentais, é importante organizalas de xeito que sexa fácil aprendelas
e relacionalas coas aprendizaxes previas. Nesta liña, as dúas estratexias que
ofrecemos son: resumir, para recoller as ideas esenciais e eliminar os contidos
accesorios, co que esta técnica está moi relacionada coa do subliñado;
e organizar graficamente a información, en esquemas e táboas, para que
as ideas que se teñen que aprender queden estruturadas mediante imaxes
que sexan fáciles de recordar e teñan unha gran carga de contido significativo.

O uso destas técnicas proporcionará un camiño para que os alumnos,


ao longo dos cursos 4.º, 5.º e 6.º de Educación Primaria, avancen de forma
segura na adquisición das diversas competencias educativas.

8 Técnicas de estudo
  Técnicas para seleccionar a información
Subliñar Subliñar
desenvolve:
• A atención. 1. En que consiste subliñar
• A concentración.
• A capacidade Subliñar implica detectar aquilo que resulta importante dentro
de análise. dun texto. Pero impórtanos sempre o mesmo?
Dependendo dos obxectivos que persigamos, podemos realizar distintos
tipos de subliñado. É posible que só pretendamos localizar uns datos;
talvez busquemos a idea esencial e as ideas secundarias; ou pode ser
que queiramos examinar o texto polo miúdo.
Segundo o obxectivo que nos propoñamos, resultará pertinente subliñar
máis ou menos cantidade de texto.

2. Para que subliñamos

• Subliñamos palabras clave para xerar marcadores mentais.


Este tipo de subliñado resulta de especial utilidade para aprender
conceptos e para explicar despois o seu significado.

Na dixestión participan varias partes do aparello dixestivo:


• Na boca, os alimentos esmiúzanse cos dentes e mestúranse coa saliva, producida
polas glándulas salivais. Así, fórmase o bolo alimenticio.

Aproveite este tipo de subliñado para elaborar esquemas.

• dentes
• boca bolo alimenticio
• glándulas salivais
Dixestión • …
• …

O material • Subliñamos partes do texto para identificar as ideas principais.


necesario
Este tipo de subliñado resulta útil para estudar un tema e despois
• Un libro en
que non importe desenvolvelo.
marcar (ou unha
fotocopia).
Na dixestión participan varias partes do aparello dixestivo:
• Un lapis e
unha goma, para • Na boca, os alimentos esmiúzanse cos dentes e mestúranse coa saliva, producida
poder rectificar. polas glándulas salivais. Así, fórmase o bolo alimenticio.

Aproveite este tipo de subliñado para redactar resumos.

3. Estratexias: Subliñar palabras clave

Ao subliñar palabras clave, os alumnos están distinguindo os termos


importantes dos que non o son. É dicir, están identificando os conceptos
fundamentais que se encontran no texto.

Técnicas de estudo 9
As primeiras veces que os alumnos fagan exercicios de subliñado
necesitarán axuda. É frecuente que tendan a subliñar demasiado
e poida que os desconcerte distinguir se hai que subliñar «palabras
soltas» ou hai que subliñar «partes enteiras» do texto.
Realice as primeiras actividades de xeito moi dirixido; iso tranquilizaraos.
Incorpore exercicios de subliñado como práctica habitual e observará
que os alumnos gañarán paulatinamente en destreza.

Cando se ten que subliñar?


• A primeira vez que se le o texto. Non
• A segunda vez que se le o texto, cando se comprende
o contido. Si

Como saber se se subliñaron as palabras clave dun texto?


O que se subliña debe ter unidade de sentido. Pero é posible que
aos alumnos deste nivel aínda lles custe entender este concepto.
Por iso, resulta práctico pedirlles que subliñen as palabras
Os volcáns
que responden preguntas coma estas:
A lava ascende
por un con­duto, • Cales son as fases da Lúa?
a cheminea
volcánica, e sae • Con que unidades medimos o tempo?
ao exterior por
• Que características teñen os marsupiais?
un orificio, o cráter.
Ademais de lava, e comprobar despois que se contestan cos termos subliñados.
os volcáns
expulsan gases Observe que esa mesma pregunta de comprobación é a que previamente
e fragmentos
motiva a actividade de subliñado. Por exemplo:
de rocha. Todos
estes materiais • Subliña as fases da Lúa.
vanse acumulando
arredor do cráter • Subliña as unidades de medida de tempo.
e dan orixe ao cono
volcánico. • Subliña as características dos marsupiais.

Pregunta
E por último, observe tamén que esa pregunta abrangue a información
de comprobación do tema:
• Que partes ten • Fases da Lúa.
un volcán?
• Unidades de medida de tempo.
Resposta
• Características dos marsupiais.
• A cheminea
volcánica. Só se subliñan substantivos, adxectivos e verbos?
• O cráter.
• O cono volcánico. Os termos que se adoitan subliñar con maior frecuencia son palabras
cunha forte carga semántica: substantivos, adxectivos e verbos,
que proporcionan o esqueleto informativo dun texto.
Pero, en determinados casos, pode ser necesario subliñar adverbios que
son imprescindibles para indicar circunstancias relevantes. Por exemplo:

Titanic [...] unha viaxe [...] soamente

10 Técnicas de estudo
Á hora chuvias abundantes [...] Aínda así [...] escaso caudal
de corrixir
Diga en voz alta
o que vostede Leitos secos [...] porque [...] chuvias estacionais
subliñaría, para
que eles poidan
comparar o E en textos secuenciais pode ser inevitable destacar os marcadores
que fixeron.
Indíquelles que
temporais:
deben rectificar,
pero intente que inverno [...] sementeira verán [...] seitura
borren e corrixan
só aquilo que
realmente resulte
pertinente. En primeiro lugar [...] arar. Despois [...] formar regos

Pódense engadir palabras?


En ocasións, aos alumnos custaralles atoparlles sentido ás palabras
subliñadas dun texto, xa que por si mesmas poden resultar inconexas.
Nestes casos, suxíralles que, co mesmo lapis con que están traballando,
escriban sobre o texto o termo que dea significado ao que subliñaron.
É importante que isto non dificulte despois a lectura do subliñado.

Ao frutífero inventor Thomas Alva Edison


inventou
debémoslle a invención

do fonógrafo en 1877.

4. Estratexias: Subliñar partes do texto

Ao subliñar partes do texto, os alumnos están identificando


as ideas contidas nel. O que significa que comprenden
a información.
Para subliñar palabras clave non se poñen en xogo exactamente
os mesmos procesos mentais que para subliñar partes do texto.
A primeira técnica correspóndese cun nivel máis superficial de
comprensión, mentres que a segunda require un esforzo cognitivo maior.
Dito doutro xeito: é posible subliñar correctamente palabras clave
do texto e non comprender o que se está lendo; pero, con todo,
é practicamente imposible subliñar correctamente partes do texto
se non se comprende o que se está lendo.
Á marxe de que en ningún caso é desexable considerar unha técnica
de análise sen que haxa unha verdadeira comprensión do texto, esta
diferenza entre subliñar palabras clave e subliñar partes do texto merece
unha reflexión pedagóxica que pode serlle de utilidade nas súas clases.
Existen mecanismos meramente perceptivos que lle permiten ao alumno
identificar as palabras clave, antes incluso de que interiorizase algunha.
Por exemplo:

Técnicas de estudo 11
• A situación de aprendizaxe. Como o alumno se vai enfrontar
Boas ideas
a un texto instrutivo, predisponse a localizar termos difíciles, palabras
para subliñar
descoñecidas ou vocábulos precisos que identifica como palabras
1. Le dúas veces do libro. Aborda a tarefa sabendo que todos eses termos acabarán
o texto antes
de empezar
subliñados.
a subliñar. • O contexto. Cando toma o texto nas súas mans, forma unha idea
2. En primeiro
da área e do tema. A propia páxina proporciónalle moita información:
lugar, encontra
a idea títulos e subtítulos; fotografías e debuxos; termos en letra grosa ou
principal. en cursiva... Eses elementos fanlle evo­car as palabras relacionadas
3. Xa a atopaches? con ese contexto, tanto as que configuran o seu vocabulario activo
Pois márcaa coma as que conserva latentes no seu vocabulario pasivo.
ben; que Así, predisponse a recoñecer palabras clave que garden relación
se note que
co tema.
é máis
importante • O carácter illado das palabras clave. O cerebro percíbeas como illas
ca as demais.
no medio dun mar de palabras. En parte, é unha identificación intuitiva
4. Cada vez
que subliñes
por contraste, semellante á distinción fondo/figura.
unha idea, vólvea Con todo, os alumnos non dispoñen deste tipo de axudas cando
ler e asegúrate
de que non
teñen que subliñar ideas. As ideas encóntranse no texto, tecidas
che sobra nada. en forma de redes, próximas entre si e dependentes unhas das outras.
Se é necesario, Por esta razón, cumpriralles moita práctica e bos consellos.
borra parte
do subliñado. Como encontrar a idea principal?
Distínguense dúas estruturas textuais básicas:
• Texto analítico. Exponse ao principio a idea principal e,
a continuación, desenvólvense as ideas secundarias.
• Texto sintético. Expóñense os datos, as ideas secundarias
ou os argumentos (dependendo do asunto), e finalízase
Na clase
coa idea principal a modo de conclusión, de peche.
Evite cualificar
os exercicios O máis frecuente, sobre todo en textos escolares, é que a idea
de subliñado. principal apareza no primeiro parágrafo do texto. En ocasións,
O subliñado non hai un primeiro parágrafo que serve de introdución ou ben que
é un fin en
serve de marco de referencia antes de entrar de cheo no contido;
si mesmo.
O verdadeiro abondará seguir lendo para encontrar enseguida –case con
interese de seguridade– a idea principal.
aprender a subliñar
é desenvolver Título, tema ou idea principal?
a capacidade
de análise Responda as dúbidas máis frecuentes dos seus alumnos.
da información. Por exemplo:
• Subliño o título? Só se o título expresa o tema do texto.
• Como sei cal é o tema dun texto? O tema é aquilo de que trata
o texto. É unha expresión breve que contén un substantivo,
polo xeral un único sintagma.
• É o mesmo o tema ca a idea principal? Non. O tema exprésase
cun sintagma; a idea é unha oración. Por exemplo:
– Tema: Os barcos veleiros.
– Idea principal: Os barcos veleiros son máis inseguros para viaxar.

12 Técnicas de estudo
• Como vou lembrarme de cal é o tema e cal é a idea principal?
Resulta útil recadrar o tema para distinguilo de todo o que estea subliñado.
Tamén se pode destacar a idea principal subliñándoa
cunha cor distinta do resto.

Convén facer anotacións mentres se subliña?


Nos manuais de técnicas de estudo adoita suxerirse que cando
se subliñe un texto se anote na marxe a que se refire o subliñado.
Este sistema ten a vantaxe de que o alumno estrutura e xerarquiza
as ideas ao mesmo tempo. O inconveniente é que engade complexidade
ao proceso porque, por cada idea que o alumno encontra, ten que
determinar un tema ou un subtema.
A conveniencia ou non de sumar ambas as técnicas dependerá
das destrezas dos alumnos e do seu criterio docente. Con alumnos deste
nivel convén que sexa vostede quen tome esta decisión; eles adoptarán
o método que lles ofreza como modelo.

Técnicas de estudo 13
Ficha 1

Nome Data

1 Le o seguinte texto. Sabes que son os materiais


artificiais? E os naturais?
A orixe dos materiais
Todos os obxectos que temos ao noso arredor están formados por algún tipo
Subliñar palabras clave

de material. Por exemplo, unha mesa está feita de madeira, un bolígrafo está elaborado
con plástico, unha ventá é de cristal… A madeira, o plástico e o cristal son materiais.
Hai materiais naturais e outros artificiais.
Os materiais naturais. Os materiais naturais encóntranse na natureza. Poden ser
de tres tipos:
Os materiais de orixe vexetal obtéñense das plantas. Por exemplo, o algodón
e a madeira.
Os materiais de orixe animal proveñen dos animais. Por exemplo, o coiro
e a seda.
Os materiais de orixe mineral obtéñense de minerais e rochas. Por exemplo,
o ferro e o mármore.
Os materiais artificiais. A partir de materiais naturais, as persoas fabricamos
materiais artificiais. Por exemplo, coa madeira fabricamos papel e con area
fabricamos o cristal.

2 Volve ler o texto e subliña as palabras que responden as seguintes


cuestións.
1. Cantas clases de materiais hai?
2. De onde se obteñen os materiais artificiais?
3. E os naturais?
4. Cantos tipos de materiais naturais hai?
5. Nomea un material artificial e outro natural.

3 Responde as preguntas anteriores coas palabras subliñadas.


Pregunta 1:

Pregunta 2:

Pregunta 3:

Pregunta 4:

Pregunta 5:

14 Técnicas de estudo
Ficha 2

Nome Data

1 Le o seguinte texto. Onde expoñen os artistas


os seus cadros?
O Museo do Prado

Subliñar partes do texto


O Museo do Prado, aberto ao público desde 1819, converteuse
nunha das mellores e máis completas pinacotecas do mundo.
O Prado conta con case 9.000 obras, aínda que só algo máis de 1.000
están expostas ao público debido ás limitacións de espazo. Para mostrar
o maior número de obras posible, o museo organiza exposicións temporais
en que se ofrecen ao público obras que non collen na exhibición
permanente das súas salas.
O edificio Villanueva, sede principal do museo, foi construído
polo arquitecto Juan de Villanueva a finais do século xviii
e é de estilo neoclásico.

2 Cal é o tema do texto? Marca a resposta correcta.

 A pintura   O Museo do Prado

Subliña a parte que expresa o tema do texto e cópiaa.

3 Numera na marxe os parágrafos do texto. Cantos hai?

4 Subliña a idea máis importante de cada parágrafo e escríbea.


Parágrafo 1:

Parágrafo 2:

Parágrafo 3:

Técnicas de estudo 15
Ficha 3

Nome Data

1 Le. Visitaches algún mosteiro


da Idade Media?
Un día no mosteiro
Subliñar palabras clave

Na Idade Media hai moitos mosteiros. O día empeza cedo para os monxes.
Ás seis da mañá, as campás do mosteiro espértanos para que acudan
a facer as súas primeiras oracións. Dormen co hábito posto, porque tamén
se erguen para rezar durante a noite e non queren perder uns minutos de sono
en vestirse. Ademais, no mosteiro vai tanto frío…
Despois do rezo, almorzan no refectorio, que é como eles lle chaman ao comedor.
O almorzo non é moi abundante, pero abondo para comezar as tarefas do día.
Os monxes teñen distintos labores segundo as súas habilidades. Hainos que labran
a terra, outros preparan os alimentos ou administran as provisións e… tamén están
os monxes copistas. Os copistas traballan na biblioteca do mosteiro, onde escriben
os libros á man, copiándoos letra a letra. É unha tarefa tan lenta e laboriosa… Escriben
sobre pergamiños, que obteñen da pel dalgúns animais. Ademais, decóranos
cuns debuxos chamados miniaturas e con pan de ouro, unhas láminas moi finas
de ouro auténtico que pegan sobre o pergamiño.
Ao caer a noite, os monxes van descansar tras os últimos rezos.
Foi unha dura xornada!

2 Volve ler o texto e escribe o tema.


Tema do texto:

3 Subliña as palabras clave. Despois, contesta.

En que época hai moitos mosteiros?

A que hora empezan os monxes as oracións?

Que traballos realizan os monxes no mosteiro?

Que fan os monxes copistas?

Onde traballan?

Como se chaman os debuxos con que decoran os libros?

Que fan os monxes antes de iren durmir?

16 Técnicas de estudo
Ficha 4

Nome Data

1 Le. Viches algunha vez unha planta


de acivro? Onde?
Plantas protexidas

Subliñar
Subliñar
Do mesmo xeito que hai animais que están en perigo de extinción, existen plantas
que tamén están ameazadas. Por iso, a lei protéxeas.
Unha destas plantas protexidas é o acivro. Este arbusto é moi importante

partes
no bosque porque ten froitos no inverno, unha época en que escasea

partes
o alimento para moitos animais. O problema é que hai quen recolle
as súas ramas para facer adornos de Nadal.

dodo
Outras plantas están en perigo porque só medran nuns lugares moi concretos.

texto
A camariña, por exemplo, crece polo litoral atlántico da península ibérica e o seu hábitat

texto
natural son as dunas móbiles ou semimóbiles. De continuar deteriorándose estes lugares,
a planta acabaría por desaparecer.

2 Subliña as ideas máis importantes do texto. Despois, contesta.

Que significa a expresión plantas protexidas?

Escribe o nome de dúas plantas protexidas.

Cal é a maior ameaza para o acivro? E para a camariña?

Onde medra a camariña?

3 En que parágrafo atopaches cada resposta?

   

   

Técnicas de estudo 17
Ficha 5

Nome Data

1 Le. Di o nome dalgunha enerxía


alternativa que coñezas.
As enerxías alternativas
Subliñar palabras clave

As enerxías alternativas son diferentes das que utilizamos na nosa vida diaria.
Todas elas utilizan fontes de enerxía renovables: a luz do sol, o vento, o mar,
os ríos, etc., mentres que habitualmente utilizamos fontes de enerxía como
o petróleo ou o carbón que, máis tarde ou máis cedo, se esgotarán de continuarmos
co seu uso excesivo.
A enerxía solar. Hai unha forma de aproveitar directamente a enerxía do sol.
Para iso, inventáronse os chamados paneis solares. Cando chega a luz do sol,
xérase electricidade que se pode almacenar. Este método ten na actualidade
un custo excesivo, pero si se pode utilizar para apoio do consumo, por exemplo,
para a calefacción e a auga quente das vivendas e dos edificios.
A enerxía maremotriz. Nas costas, onde as mareas son moi fortes,
pódese instalar unha central maremotriz, que pode utilizarse para
producir enerxía eléctrica.
A biomasa. Con algunhas substancias de refugo, como o esterco
ou grandes cantidades de algas, obtéñense gases que poden utilizarse
como fonte de enerxía.
A enerxía eólica. Nas zonas onde adoita soprar vento pódese
instalar unha central eólica. Consiste nunha agrupación de decenas
de aeroxeradores que parecen grandes muíños. Ao xirar as aspas
polo vento, obtense a enerxía eléctrica.

2 Volve ler o texto e subliña as ideas principais.

3 Contesta coas palabras ou expresións que subliñaches.

Que son as enerxías alternativas?

Que tipos de enerxías alternativas hai?

Poden colocarse aeroxeradores en calquera lugar? E paneis solares?

Cal é a orixe da enerxía que ten a biomasa?

En que se basea o funcionamento dunha central maremotriz?

18 Técnicas de estudo
Ficha 6

Nome Data

1 Le os textos. Subliña as palabras clave Cando comeza


de cada un deles. Despois, responde a Idade Moderna en España?
copiando as palabras que subliñaches.

Subliñar palabras clave


A vida na corte A vida no campo
Os reis da Idade Moderna Os campesiños xa non estaban
gobernaban rodeados dunha corte, obrigados a servir un señor durante
formada por servidores, secretarios, toda a vida coma na Idade Media.
ministros, artistas e sabios. Pero habitaban en humildes casas
No século xvii estableceuse a capital e dispoñían de ferramentas moi
da corte en Madrid. elementais.

De que trata o texto? Escribe o tema. De que trata o texto? Escribe o tema.

Quen formaba a corte? Como vivían os campesiños?

A vida relixiosa A vida dos soldados


A vida relixiosa fíxose moi rigorosa. Durante a Idade Moderna as guerras
As ordes relixiosas reformáronse foron moi frecuentes, polo que se
e publicáronse catecismos para crearon exércitos permanentes
a instrución de nenos e adultos. ás ordes dos reis. Os soldados
Tamén se crearon moitos conventos, pasaban anos nas campañas
que recibían a protección dos nobres. de Europa ou América.

De que trata o texto? Escribe o tema. De que trata o texto? Escribe o tema.

Como era a vida relixiosa? Como eran os exércitos que se formaron?

Técnicas de estudo 19
Inferir implica   Inferir as ideas principais
• Observar.
• Comprender. 1. En que consiste inferir
• Interpretar.
• Conxecturar. Inferir é extraer unha consecuencia ou unha conclusión a partir de datos,
de informacións ou de indicios. Cando nos aproximamos a unha fonte
de información, resulta moi útil poñer en marcha procesos de inferencia.
No terreo da lóxica, non hai unha identificación total entre inferir
e deducir. Á dedución outórgaselle un carácter exacto: dunha premisa
ou da conxunción de varias premisas obtense unha conclusión inequívoca.
Pero a miúdo achegámonos ao coñecemento sen dispoñer desas
conclusións inequívocas. Cando non dispoñemos de premisas exactas,
cando nos faltan datos ou cando aínda non analizamos suficientemente
a información, non podemos deducir en sentido estrito, pero si podemos
inferir. Unha inferencia é a conclusión que un pode extraer
de acordo co que coñece.

2. Para que inferimos

Na construción das aprendizaxes, a inferencia convértese


nun procedemento moi eficaz, con múltiples posibilidades estratéxicas.

Inferir permite Exemplos de inferencias que realiza un alumno en situacións


de aprendizaxe matemática
• Comprender
a fondo. Inferimos para Ante un debuxo dunha torta que representa 1/4 e outro que
• Reflexionar anticiparnos representa 1/8, o alumno comprende con facilidade que
sobre o lido. a un proceso a fracción 1/4 é maior ca a fracción 1/8.
• Asimilar de comprensión
a información.
Inferimos para Se a clase dura unha hora e transcorreron corenta minutos,
completar un todo o alumno calcula que lle queda menos tempo do que xa
transcorreu.
A estimación, o cálculo por aproximación e o redondeo
baséanse neste mecanismo.

Inferimos para extraer Ao observar unha gráfica de liñas coa compra semanal de dúas
conclusións familias, o alumno sabe cal delas corresponde a unha familia
dun país desenvolvido e cal representa a unha familia dun país
menos desenvolvido.

Inferimos para Ante o problema «Lidia e os irmáns entran nunha zapataría,


determinar e todos saen con zapatos novos. Mercarían 2, 4 ou 8 zapatos?»,
consecuencias o alumno determinará que 8, xa que sabe que polo menos eran
tres persoas.

3. Estratexias: Detectar ideas antes de ler

Nos textos inclúense distintos elementos que poñen o lector sobre aviso
para empezar a buscar as ideas principais, antes incluso de facer
unha lectura a fondo. Algúns deses elementos son tan evidentes que
os alumnos non teñen dificultade en identificalos. Por exemplo:

20 Técnicas de estudo
Título principal A XEOSFERA
Definición A xeosfera é a parte sólida da Terra. Parte da xeosfera está debaixo
dos océa­nos, formando os fondos mariños, e parte emerxe e forma
os continentes e as illas.

Título AS PARTES DA XEOSFERA


A codia é a capa máis externa da xeosfera. Está composta por materiais
Palabras en grosa sólidos e é máis grosa nos continentes ca debaixo dos océanos.
O manto é a capa intermedia da xeosfera. A súa temperatura é máis
elevada ca a da codia. Nalgunhas zonas do manto encóntranse rochas Enumeración
fundidas, que reciben o nome de magma.
O núcleo é a capa máis interna da xeosfera. Componse de ferro
e doutros metais. Ten unha temperatura moi elevada. Divídese en dúas
partes: o núcleo externo e o núcleo interno.

AS ROCHAS E OS MINERAIS
As rochas son os materiais naturais que forman a codia
terrestre. As rochas están formadas por varios compoñentes,
que se observan como grans de diversos tamaños e cores. Estes
compoñentes son os minerais.

Subtítulo Tipos de rochas


Existen tres grupos de rochas segundo a orixe, é dicir, segundo como
se formaron:
• As rochas sedimentarias fórmanse a partir de materiais procedentes
doutras rochas ou de seres vivos. O carbón, o xeso ou a pedra de gra son
rochas sedimentarias.
Marcas gráficas • As rochas ígneas orixínanse pola solidificación do magma. O granito Clasificación
e o basalto son rochas ígneas.
• As rochas metamórficas orixínanse cando quecen ou se comprimen
outras rochas. O mármore e a lousa son rochas metamórficas.

É conveniente propoñer a aproximación en tres fases sucesivas e facer que


os alumnos efectúen inferencias a partir dos indicios.

Fases De que me informa?

1.º Ler o título principal, • O texto trata da xeosfera.


os títulos e os subtítulos. • Hai unha introdución e quizais explique o que é a xeosfera. Despois, hai dous apartados:
un sobre as partes da xeosfera, e outro sobre as rochas e os minerais; neste último
inclúense os tipos de rochas.

2.º Observar o parágrafo, • É probable que no primeiro parágrafo do texto e de cada apartado haxa unha idea principal.
as palabras en grosa e • As palabras en letra grosa serán conceptos clave.
as marcas gráficas. • Hai que interpretar calquera marca gráfica.

3.º Identificar as definicións, • As definicións de conceptos aparecen con construcións como: «X é...»,
as enumeracións «Chamámoslle X a…».
e as clasificacións. • As enumeracións expresan ordenadamente as partes dun conxunto.
• As clasificacións anúncianse con palabras como «hai X grupos de...»,
que terminan con (:).

Técnicas de estudo 21
Ficha 7

Nome Data

Durmir nun hotel de xeo


Durmiches algunha vez nun hotel? E nun hotel de xeo? Si, non te
estrañes…, nunha pequena localidade de Europa hai un hotel construído
Inferir as ideas principais

con bloques de xeo. Cada ano, cando o termómetro marca 30 graos


baixo cero, comezan as obras para construílo.
O hotel é unha especie de iglú xigante: ten cuartos suficientes para aloxar
unhas 100 persoas, un museo, saunas, un cine, un bar, unha capela…
Os cuartos son coma os de calquera outro hotel. Están amoblados
con cadeiras, mesas, candeeiros, sofás, chemineas… Pero, por suposto,
todo de xeo. Ata as camas!
O bar é tamén moi especial. Tras pasar unha porta de xeo con forma
de botella, chégase a unha enorme sala chea de columnas conxeladas.
Detrás da barra, os camareiros serven todas as clases de bebidas en vasos
feitos con pedras de xeo.
Dentro do hotel hai que ir ben abrigado, porque a temperatura oscila entre
4 e 9 graos baixo cero.
Todo o mundo di que pasar a noite neste lugar é unha experiencia moi
interesante. Cando vas para o teu cuarto, danche unha bolsa ou funda térmica para
durmir. A funda colócase sobre a cama de xeo, que ademais está cuberta
con peles de reno. Segundo parece, dentro da funda non sentes nada de frío.
O hotel só ten un inconveniente: non podes ir cando queiras. Cada ano
constrúese de novo a comezos de decembro, porque en abril todo
desaparece. Non queda nada!

1 Contesta.
Sinala onde está situado o hotel.

 No sur de Europa.   No norte de Europa.

Que peza de roupa tes que poñer para durmir a gusto no hotel? Por que?

Hai calefacción no hotel?

Podes aloxarte no hotel durante o mes de maio? Explica a resposta.

22 Técnicas de estudo
Ficha 8

Nome Data

Atraco frustrado
O comisario Luís Atento recibiu un aviso urxente do Cuartel Xeral
de Investigacións Importantes. Desde había meses seguían
a pista de Tony Trinca, alias Murillo, e da súa banda de ladróns de obras

Inferir as ideas principais


de arte. Por fin, conseguiran gravar unha conversación entre Murillo
e a súa man dereita, Laxeira.
MURILLO: Ola, Laxeira, como estás?
LAXEIRA: Ben, estou preparando os detalles para mañá.
1
Non esquezas afeitar o bigote.
MURILLO: Non o vou afeitar, non quero chamar a atención.
2
LAXEIRA: Como queiras, pero tes que recoller o pelo, eh?
MURILLO: Si, muller, non te preocupes. Por certo, o disfrace quédame
3
pequecho, os pantalóns de teu irmán quédanme cativos.
LAXEIRA: Pois mide máis de 1,80 m.
MURILLO: Pois xa ves…
O comisario sorría mentres escoitaba a gravación: «Esta vez non
4 nos poden escapar», pensaba.

1 Copia as oracións subliñadas. Despois, contesta.

Tiña Murillo bigote cando Laxeira pronuncia esas palabras?

Por que o sabes?

Como pensas que tiña Murillo o pelo?

Canto medía Murillo?

Para que se estaban preparando Murillo e Laxeira?

Técnicas de estudo 23
  Técnicas para sintetizar a información

Resumir
1. En que consiste resumir

Resumir consiste en reducir a información ao esencial e redactala.


Polo camiño, descártase o superfluo, o anecdótico, os exemplos,
as aclaracións...
Non é posible traducir a cifras cando un texto está suficientemente
resumido. Nos manuais ao uso adóitase dicir que un bo resumo
debe recoller arredor dun trinta por cento da extensión total do texto
orixinal, pero as medidas pouco importan nun nivel inicial como é este
dos alumnos de Primaria.
No resumo, a diferenza do subliñado, os nosos alumnos teñen
que procesar e reelaborar a información.

2. Para que resumimos

• Resumimos para comprender, pero, por outra banda, para resumir


é imprescindible comprender previamente.
Así pois, co resumo as capacidades de com­prensión e de síntese
retroaliméntanse. Os procesos forman un bucle que resulta moi eficaz
en calquera situación de aprendizaxe:

comprender

para para

resumir

• Resumimos para analizar a información. Por iso, a miúdo o resumo


aparece en combinación con outras técnicas de síntese:

Pode ser o paso É a antesala


Resumo
seguinte ao subliñado. do esquema.

• Resumimos para estudar e preparar máis facilmente un tema. Coa axuda


do resumo, o alumno supera as primeiras fases do estudo:

leu comprendeu seleccionou reelaborou

A partir de aquí, ao alumno só lle queda fixar a información e levar


a cabo os repasos pertinentes.

24 Técnicas de estudo
3. Estratexias: Buscar as ideas principais
Explique
Que nos libros Antes de resumir é necesario encontrar o tema e as ideas
de texto que principais.
manexan na clase,
case sempre Independentemente do procedemento elixido, a primeira tarefa antes
encontrarán de realizar un resumo debe ser detectar o tema e todas as ideas
unha idea por cada principais.
parágrafo.

Que fago? Que consigo?

Unha primeira lectura global. Entendo de que trata o texto.

Unha lectura profunda. Recoñezo as ideas principais.

Nova lectura profunda parágrafo Comprendo as ideas e relaciónoas,


a parágrafo. así que xa podo empezar a resumir.

Como buscar as ideas principais?


Pódese subliñar o texto e copiar as ideas nun borrador
ou pasar directamente da lectura profunda á formulación
das ideas principais.

De oca a oca
Para xogar ao xogo da oca hai que
ter un taboleiro especial. Poden
xogar dous ou máis xogadores.
O taboleiro do xogo da oca
representa un percorrido de 63 casas.
Para xogar cómpre ter un dado
e unha ficha de cor distinta para
cada xogador.

Subliñar as ideas ou copialas Formular as ideas directamente

Para xogar ao xogo da oca hai que ter Tema: O xogo da oca.
un taboleiro especial. Poden participar Ideas principais:
dous ou máis xogadores. O taboleiro • O taboleiro representa un percorrido
do xogo da oca representa un de 63 casas.
percorrido de 63 casas. • Dous xogadores ou máis.
Para xogar cómpre ter un dado • Xógase cun dado e cunha ficha
e unha ficha de cor distinta para de cor para cada xogador.
cada xogador.

Técnicas de estudo 25
4. Estratexias: Redactar o resumo
Ao resumir na clase
Fomente a Ao resumir hai que expresarse con moita claridade e con precisión.
colaboración entre Convén redactar con sinxeleza, evitar as oracións longas
os alumnos para ou excesivamente complexas e manter a orde sintáctica
resolver partes
concretas do
de suxeito-predicado.
resumo, pero
anímeos a non
copiar uns Redacción pouco recomendable Redacción recomendable
dos outros.

Nun segundo, un son O son percorre 340 metros


percorre 340 metros. por segundo.

Aos movementos sísmicos Un maremoto é un movemento


que se orixinan no mar sísmico que se produce no mar.
chámaselles maremotos.

Teño que copiar as mesmas palabras do texto?


Caben varias respostas:
• Non, non teño que copiar o mesmo que di o texto. Un resumo
é un texto propio. Canto máis personalizada sexa a linguaxe,
máis seguridade terei de que comprendín o texto.
• Si, si podo copiar o mesmo que di o texto cando previamente
subliñei as ideas principais. Nese caso, copiar o que
se subliñou pode servir de resumo ou, polo menos, para algúns
fragmentos do resumo.
• Si, si teño que copiar as palabras e as expresións que estean
relacionadas co tema. Nun resumo ten que aparecer
o vocabulario que haxa que aprender.
Para os alumnos de Primaria aínda resulta moi difícil encontrar o xusto
punto medio entre o resumo copiado e o resumo personalizado, porque
poden entender que o resumo é un fin en si mesmo e non un medio para
aprender mellor.

É conveniente copiar os resumos dun compañeiro?


A resposta é non:
• Non, porque o esforzo de compresión e de reelaboración non é
transferible dunha persoa a outra: «Eu comprendín o que lin
e agora redacto o que comprendín».
• Non, porque supón abordar o proceso de aprehensión dunha forma
incompleta, sen pasar polos estadios iniciais: «Se me prestas
o teu resumo, resultarame tan raro coma o texto inicial».
• Non, porque a ordenación das ideas e a exposición discursiva ten
moito de subxectivo: «O teu xeito de ordenar as ideas e de redactar
non ten por que coincidir co meu».

26 Técnicas de estudo
Cando está ben feito un resumo?
Un resumo é correcto se se recoñecen nel as seguintes condicións:
• Recolle todas as ideas importantes do texto.
• Está redactado de xeito claro e coherente.
• Contén o vocabulario propio do tema.
Velaquí tres exemplos de resumos correctos, que se diferencian tanto
na ordenación coma na redacción:

Texto
Cando as aves migratorias
viaxan, fano, na maioría
dos casos, en bandadas.
Non se trata dun capricho,
senón que existe unha
explicación científica: voan
agrupadas e así rompen
a resistencia ao vento e,
polo tanto, aforran enerxía.

Identificación de ideas Vocabulario

Cando as aves migratorias viaxan, • Aves migratorias.


fano, na maioría dos casos, • Bandada.
en bandadas. • Resistencia ao vento.
Non se trata dun capricho, • Aforrar enerxía.
senón que existe unha explicación
científica: voan agrupadas e así rompen
a resistencia ao vento e, polo tanto,
aforran enerxía.

Resumo I
As aves migratorias viaxan en bandadas. Así rompen
a resistencia ao vento e aforran enerxía.

Resumo II
Moitas aves, cando emigran, voan en bandadas.
Aforran enerxía porque rompen a resistencia
ao vento.

Resumo III
As aves migratorias voan xuntas (en bandadas)
para romper a resistencia ao vento. Así aforran
enerxía.

Técnicas de estudo 27
5. Adquirir o hábito
Axúdeos
O máis difícil
A resumir apréndese facendo moitos resumos.
para un alumno
inexperto é Resulta práctico elixir unha área e comezar propoñendo resumos só
redactar o primeiro
para os textos desa área. Así garántese unha certa homoxeneidade
parágrafo.
nos textos que, unida ás rutinas estratéxicas que cada docente aplique,
proporcionarán unha metodoloxía segura aos alumnos.

Nas primeiras ocasións, convén seguir un procedemento moi dirixido


para levar a cabo co grupo-clase:
1. Ler unha vez o texto enteiro (lectura silenciosa individual).
2. Preguntar de que trata o texto. Elixir a mellor formulación.
3. Ler detidamente un parágrafo (lectura oral colectiva).
4. Resumilo oralmente nunha oración.
5. Cada alumno copia o mesmo resumo no caderno.

Progresivamente, o profesor ou a profesora pode ceder parte do seu papel


aos alumnos:
1. Un alumno le en voz alta o parágrafo e os demais seguen a lectura.
2. Varios alumnos din o que entenderon, aínda que resulte incompleto.
O profesor axuda a completar e a matizar.
3. O profesor comeza a formular a idea e pídelles axuda para terminala.
4. Cada alumno copia o mesmo resumo no caderno.
Despois de varios meses de práctica, será posible chegar a unha fórmula
algo máis autónoma, pero igualmente sistemática:
1. Un alumno le en voz alta o parágrafo e os demais seguen a lectura.
2. Varios alumnos din o que entenderon, aínda que resulte incompleto.
O profesor axuda a completar e a matizar.
3. O profesor pídelle a un alumno que lea o seu resumo.
Tamén llelo pide a outros.
4. Cada alumno ou alumna redacta o seu propio resumo no caderno.
Para adquirir a técnica, cómpre facer resumos cada vez máis longos
e máis difíciles, pero non convén soltar amarradoiras demasiado axiña.
Só mantendo un método moi dirixido, colectivo e de rutina constante
se poderá garantir que os alumnos resuman cada vez mellor.

Estratexias + Hábito = Adquisición da técnica


Teña en conta
Afacéndoos
a resumir, estaos
preparando para Resumen os seus alumnos moi a miúdo?
aprender a coller
Se ten oportunidade, propóñalles tarefas de resumo aos seus alumnos;
apuntamentos
nun futuro. deste xeito, gañarán competencias de comunicación. Os resumos
son excelentes para:

28 Técnicas de estudo
• Mellorar a expresión escrita.
Resumir incítaos a redactar con claridade, a ser concisos e a utilizar
un vocabulario preciso.
• Mellorar a expresión oral.
Ao estaren obrigados a reelaborar a información, os alumnos son capaces
de explicar oralmente o que resumiron, de maneiras distintas;
o seu discurso oral resultará máis coherente e fluído.
• Mellorar a comprensión.
Os alumnos automatizan a lectura profunda dos textos informativos
e afanse a preguntarse polo verdadeiro sentido do que len.

Os resumos serven para estudar?


Algúns docentes aconsellan estudar a partir do resumo, porque contén
un discurso personalizado. O estudante, ao resumir, xa se separou
da linguaxe do autor e fixo seu o contido do texto; despois xa iniciou
a interiorización dos conceptos. Cando estude e repase co resumo
diante, poderá variar o xeito de explicarse, pero manterá constante
a orde e a xerarquía dos contidos que decidiu cando redactou o resumo.
En cambio, outros desaconsellan o uso do resumo para estudar. Sinalan
que ao tratarse dunha síntese discursiva –é dicir, totalmente condensada
e xa redactada–, o estudante tenderá a memorizala sen flexibilidade
ningunha (fronte ao esquema, que si o obriga a construír un discurso
mentres vai memorizando e que, polo tanto, facilita un verdadeiro estudo).
Por iso, son partidarios de que, aínda que se elaboren esquemas e
resumos, o estudo se apoie no texto íntegro orixinal.
Coma en todo, sempre é posible adoptar unha postura intermedia,
que aproveite as achegas duns e doutros. Por exemplo:
• Antes de estudar un tema, elabora resumos.
• Memoriza a información tal como che recomende o teu profesor
ou a túa profesora.
• Unha vez que memorizaches o tema, aproveita os resumos
para repasar.

Técnicas de estudo 29
Ficha 9

Nome Data

1 Le. Cantas clases


Os dicionarios enciclopédicos de dicionarios coñeces?
Localizar as ideas principais

Hai dicionarios que non soamente recollen as palabras e os seus significados,


senón que tamén ofrecen diversa información sobre as cousas, as persoas,
os países… Son os dicionarios enciclopédicos. Os dicionarios enciclopédicos
poden ter un ou varios volumes. Cando un dicionario enciclopédico ten
varios volumes, no lombo de cada volume adoitan aparecer escritas a primeira
e a última palabra que contén ese volume.

2 Le de novo e contesta.

Cal é o tema do texto? Marca a resposta correcta.


  As enciclopedias   Os dicionarios enciclopédicos

Que son os dicionarios enciclopédicos? Subliña a definición. Despois, explícaa


coas túas palabras.

3 Le.

A ficha bibliográfica
A ficha bibliográfica recolle os datos que permiten localizar un libro. Os datos máis
importantes dun libro son o autor, o título e a editorial. Nas fichas bibliográficas
adóitanse recoller tamén outros datos, como o ilustrador, o tradutor, o ano
de publicación. Estes datos encóntranse normalmente na portada do libro.

4 Le de novo e contesta.

Cal é o tema do texto? Marca a resposta correcta.


  As fichas da biblioteca   As fichas bibliográficas

Que son as fichas bibliográficas? Subliña a definición. Despois, explícaas


coas túas palabras.

30 Técnicas de estudo
Ficha 10

Nome Data

1 Le. Coñeces moitos animais


que vivan no deserto?
Un animal do deserto
Viches algunha vez un dromedario? É un animal moi grande e moi bonito. Ten

Redactar un resumo
unha xiba onde almacena graxa. Grazas a esa graxa, o dromedario pode prescindir
de tomar alimentos e auga durante varios días. Non hai ningún outro animal que sexa
capaz de facer iso!
O dromedario é, tamén, un animal moi resistente: pode andar moitos quilómetros
sen ter que parar para descansar. Ademais, non se afunde na area nin tampouco
esvara facilmente. É un grande andador!
E sabes por que outra razón é un animal perfecto para andar polo deserto? Porque
resiste moi ben as temperaturas altas. Aínda que vaia moitísima calor, o dromedario
non se esgota e segue camiñando. Realmente é unha xoia para os habitantes do deserto!

2 Volve ler o texto de novo e subliña a idea principal de cada un


dos parágrafos. Despois, cópiaa.

Parágrafo 1

Parágrafo 2

Parágrafo 3

3 Escribe o vocabulario máis importante.

4 Fai un resumo. Escribe ordenadamente e utiliza o vocabulario do tema.

Técnicas de estudo 31
Ficha 11

Nome Data

1 Le. Que pensas que vai contar


o texto?
Os canarios do Mississippi
Localizar as ideas principais

Quizais esteas pensando que este texto vai tratar sobre eses paxariños amarelos
que cantan tan ben, non si? Pois non; do que imos falar é dos habitantes da illa
do Mississippi, un grupo de persoas cuns devanceiros orixinarios das illas Canarias.
Como sabes, moitos europeos emigraron a Estados Unidos de América na procura
dunha vida mellor. Chegaban de todos os países e tamén de España. Precisamente,
e isto é o que importa, unhas dúas mil persoas das illas Canarias asentáronse
no delta do Mississippi (no estado de Luisiana) a finais do século xviii.
O viaxeiro que se achega a Delacroix Island, no sur de Nova Orleáns, pode aínda
escoitar as fermosas composicións narrativas que os habitantes da illa recitan
no seu antigo dialecto castelán. Podemos dicir, en definitiva, que conseguiron transmitir
de xeración en xeración a súa lingua e a súa cultura. E todo iso a pesar de que forman
unha comunidade moi pequena entre as diferentes minorías que existen
no estado de Luisiana.

2 Subliña a idea principal de cada parágrafo. Despois, cópiaa.

Parágrafo 1

Parágrafo 2

Parágrafo 3

3 Fai un resumo do texto. Para iso, escribe coas túas palabras


o que subliñaches.

32 Técnicas de estudo
Ficha 12

Nome Data

1 Observa o esquema. Sabes como se le un esquema?

Intensidade da calidade que expresa o adxectivo

Redactar un resumo
Non indica a intensidade:
Grao positivo
Can simpático

Compara con outros:


GRAOS
Grao • Inferioridade: menos simpático ca
DO Tres graos
comparativo
ADXECTIVO • Igualdade: tan simpático coma
• Superioridade: máis simpático ca

Grao A maior intensidade posible:


superlativo simpatiquísimo

2 Completa o resumo coa información que che proporciona o esquema.

Graos do

Os graos do adxectivo indican a

Podemos expresar un mesmo adxectivo en tres

O grao positivo

Por exemplo,

O grao

Por exemplo,

O grao

Por exemplo,

Técnicas de estudo 33
Ficha 13

Nome Data

1 Le. Sabes o nome dalgún río de España


O conxunto de terras con ríos que desembocan e do mar onde desemboca?
Localizar as ideas principais

no mesmo mar chámase vertente hidrográfica.


O relevo de España e a diferente inclinación das súas terras fai que existan tres vertentes,
cada unha delas leva as súas augas a un dos mares que rodean a Península.
• A vertente cantábrica, no norte, é de pequena extensión. Os ríos son curtos
e de caudal abundante, por exemplo, o Bidasoa e o Nervión.
• A vertente atlántica, no oeste, é a maior de todas. Son os ríos máis longos
da Península. O de maior lonxitude é o río Texo. Algúns dos seus ríos son
navegables nalgúns tramos, por exemplo, o Guadalquivir e o Douro.
• A vertente mediterránea, no leste, é extensa e os seus ríos son moi diferentes
entre si. Polo xeral, curtos e con pouco caudal. A excepción do río Ebro,
que é o segundo máis longo de España.

2 Escribe neste esquema a estrutura do texto.

3 Copia ou resume as catro definicións que ten o texto.

4 Escribe o nome de:

Un río curto e caudaloso

Un río longo

Un río navegable

34 Técnicas de estudo
Ficha 14

Nome Data

1 Le. Explica como pensas que se


arrefriaban os alimentos cando
Historias do frío non existían os frigoríficos.
No verán, a todos nos apetece tomar

Redactar un resumo
bebidas fresquiñas. Agora resúltanos moi fácil abrir a neveira e coller a botella
de auga. Pero non sempre foi así. Antes de que se inventasen os frigoríficos,
os seres humanos empregaban métodos moi diversos para manter frescos
os alimentos e os líquidos.
Os chineses foron os primeiros en utilizar o xeo e a neve para confeccionar
xeados. En Europa ese procedemento era descoñecido. Por iso, cando
Marco Polo visitou a corte de Kublai Khan, pareceulle prodixioso que nas rúas
de Pequín se vendese leite xeado con azucre.
O frío tamén serve para conservar os alimentos. No século xvi xurdiron
as primeiras neveiras ou armarios de neve, que utilizaban bloques de xeo.
O problema era que o xeo se derretía demasiado axiña.

2 Le cada parágrafo e escribe un título que resuma o contido.

Parágrafo 1

Parágrafo 2

Parágrafo 3

3 Escribe agora o resumo do texto, utilizando os títulos dos parágrafos


e engadindo os datos que consideres importantes.

Técnicas de estudo 35
Organizar   Organizar graficamente a información:
graficamente
a información
esquemas e táboas
require:
• Sintetizar. 1. En que consiste organizar graficamente a información
• Ordenar.
• Clasificar. Organizar graficamente a información significa representar
• Xerarquizar. os contidos fundamentais dun texto e mostrar as relacións
que existen entre eles.
É unha técnica de síntese que reduce o texto á súa mínima expresión.
As relacións lóxicas prescinden das palabras e quedan simplificadas
a marcadores gráficos e a códigos espaciais.
Outras técnicas
relacionadas son:
Representar a información nun gráfico esixe un maior grao
de abstracción ca o mero subliñado ou ca o resumo. De aí que
• Lectura global.
• Subliñado.
para os alumnos destes niveis aínda resulte un exercicio difícil (teña
• Anotacións en conta que apenas están comezando a desenvolver o pensamento
na marxe. formal). Non obstante, é o momento idóneo para proporcionarlles
estratexias e axudalos a adquirir bos hábitos.
Iniciarse con exercicios sinxelos e practicar con asiduidade permitiralles
enfrontarse ao estudo cunha actitude máis activa.

2. Para que elaboramos esquemas e táboas

Elaboramos esquemas e táboas para plasmar a información de xeito


inmediato, dun só golpe de vista. Para iso, a información debe quedar
reducida ao máis importante, o estritamente esencial e, ademais,
debe mostrarse ordenada de xeito lóxico.

O TEMA OS CONCEPTOS PRINCIPAIS OS CONCEPTOS SECUNDARIOS OS DATOS

Propoña elaborar esquemas:


• Para comprender exhaustivamente un texto.
Por exemplo, as informacións teóricas da área de Lingua.
• Para memorizar información complexa.
Por exemplo, como guión dun tema de Ciencias da Natureza.
O material
necesario
• Papel sucio, para Propoña elaborar táboas:
bosquexar un
• Para comparar dúas ou máis realidades.
primeiro borrador.
• Lapis de varias Por exemplo, animais ovíparos e animais vivíparos.
cores.
• Para establecer clasificacións.
• Regra.
Por exemplo, as figuras poligonais.

3. Estratexias: Elaborar esquemas

Aínda que é posible sinalar criterios para elaborar esquemas, a verdadeira


clave reside en adquirir un método propio ao longo da vida de estudante.

36 Técnicas de estudo
O primeiro paso é determinar o tema. Axude os alumnos a facerse
preguntas sobre o tema do texto: De que fala o texto? De que trata?
A resposta ten que ser un sintagma nominal: fala das bolboretas,
trata dos superheroes das películas, expón os tipos de rodas
de bicicleta...
Na representación gráfica, o tema convértese no título do esquema.

Esquema horizontal

• É polivalente e sinxelo de aprender.

Os alumnos • Moi recomendable para textos descritivos, para enumeracións


desanímanse e para clasificacións.
Se despois de
debuxar unha
• Permite aproveitar ben todo o largo do papel.
chave, non cabe • Permite que unhas partes teñan máis desenvolvemento ca outras.
dentro o contido.
• O trazado das chaves require certa pericia.


• •
• •



• • •

Esquema vertical

• É moi visual, pero ten limitacións de desenvolvemento.


Para calcular • Recomendable se só se precisan termos inde­pendentes ou expresións
ben o espazo
sucintas.
Recoméndelles que
no segundo nivel • Resulta máis claro se se enmarcan todos os textos.
escriban o texto da
esquerda, despois • Aos principiantes élles difícil distribuír os espazos de cada
o da dereita e, liña horizontal.
finalmente,
o do centro. • A partir do segundo nivel, non admite moitas sub­divisións de cada
apartado.

Técnicas de estudo 37
Subliñar antes de facer o esquema?

Algúns docentes consideran necesario subliñar as ideas fundamentais


dun texto antes de esquematizar a información. Deste xeito, intentan que
o alumno parcele en dous os procesos de síntese:
• Identificación da información relevante.
• Representación gráfica dos datos.

Lectura Subliñado Esquema


Ler minuciosamente Recoñecer Idear a representación
o texto a información gráfica

Texto subliñado Esquema

Existen distintos tipos de ángulos, de acordo


coa súa medida.
Se un ángulo mide menos de 90°, dicimos Tipos •A
 gudo: < 90°.
que é un ángulo agudo. •R
 ecto: = 90°.
de
O ángulo recto é aquel que mide 90°. Os dous •O
 btuso: > 90°.
lados do ángulo recto son perpendiculares. ángulos
•P
 lano = 180°.
Un ángulo é obtuso se mide máis de 90°.
O ángulo plano mide 180°, é dicir, que os seus
dous lados se encontran na mesma recta.

Nesa mesma liña, pódese engadir un paso intermedio que se produce


cando, despois de recoñecer unha idea e de subliñala, se escribe
na marxe esquerda do texto unha acotación sobre o contido
do subliñado, que pode referirse á idea central, a unha idea secundaria
ou ben á categoría á que pertence a información.

Lectura Subliñado Anotación Esquema


Ler Recoñecer Recoñecer Idear
minuciosamente a información o contido a representación
o texto gráfica

Texto subliñado Esquema

Ángulos Existen distintos tipos de ángulos, de acordo


coa súa medida.
Se un ángulo mide menos de 90°, dicimos •A
 gudo: < 90°.
Agudo Tipos
que é un ángulo agudo. •R
 ecto: = 90°.
O ángulo recto é aquel que mide 90°. Os dous de
Recto •O
 btuso: > 90°.
lados do ángulo recto son perpendiculares. ángulos
Un ángulo é obtuso se mide máis de 90°. •P
 lano = 180°.
Obtuso
O ángulo plano mide 180°, é dicir, que os seus
Plano dous lados se encontran na mesma recta.

38 Técnicas de estudo
Pódese facer un esquema sen subliñar?

A resposta é si. Hai docentes que prefiren adestrar os alumnos desde


o principio na esquematización, facéndoos pasar directamente da lectura
comprensiva á representación gráfica.

Lectura comprensiva

Ler minuciosamente o texto Esquema

Recoñecer a información Comprensión Idear a representación gráfica

Analizar a información Reflexión

Este modelo ten unha orientación máis intuitiva e pode parecer máis difícil
de ensinar porque é menos pautado. Tamén é certo que produce
unha sensación inicial de inseguridade nos alumnos. Con todo, é un
procedemento máis directo e, polo tanto, permite unha aprendizaxe por
inmersión: o alumno non necesita ser consciente de todo o proceso polo
que pasa a súa mente; simplemente, adquire unhas rutinas e déixase levar.
Cun adestramento sistemático baseado en textos moi sinxelos, chégase,
case sen darse de conta, á adquisición da técnica.
Optar por este modelo non significa deixar de lado as técnicas de estudo.
Xa sexa combinadas ou por separado, o subliñado, a anotación,
o esquema, as táboas e o resumo son técnicas básicas de síntese
de información que todo estudante debe chegar a dominar.

Como se pasa directamente da lectura ao esquema?


Se opta polo sistema directo do texto ao esquema, debe ter en
consideración que o máis importante é a constancia. Necesitará facer
moitos esquemas sinxelos cos alumnos directamente no encerado.
Aproveite textos que os alumnos xa traballasen; así, non necesitará
empregar moito tempo nas fases de comprensión inicial.
Busque as súas propias formulacións e repítaas sempre na mesma orde
e coas mesmas palabras, para transmitirlles aos alumnos unha rutina
de traballo. Velaquí unha proposta:

1.
1. Debuxe no encerado unha caixa rectangular. Pregunte polo tema:
De que trata o texto? Escriba o tema dentro da caixa.
2. 2. Pregunte pola forma do esquema: Cantas partes terá o esquema?
Trace, na caixa, tantas liñas como partes haxa.
3.
3. Pregunte polo contido: Que conta en cada parte? Ou ben, de que nos
fala en cada parte? Escriba algún termo básico en cada liña.
Sobre este sinxelo esqueleto pódese elaborar un gran número
de estruturas gráficas:
• Esquemas de chaves.
• Esquema de frechas.
• Táboa…

Técnicas de estudo 39
4. Estratexias: Elaborar táboas
Aprender
a elaborar táboas
Unha táboa é un esquema en que se establecen dúas liñas de lectura:
Será máis sinxelo de esquerda a dereita e de arriba abaixo. Vexamos un exemplo:
canto máis afeitos
estean os alumnos
a completar táboas
e a ler os datos Festexos escolares
que conteñen.
Primeiro trimestre Segundo trimestre Terceiro trimestre

Dentro Festa do Magosto Día da Paz Festa dos Maios


da escola Festival de Nadal Festa de San Xoán

Fóra Recollida de follas Sendeirismo


da escola

• Se lemos a táboa de esquerda a dereita, saberemos os festexos


escolares que se celebrarán no primeiro trimestre, no segundo
e no terceiro, tanto dentro da escola coma fóra dela.
• Se lemos a táboa de arriba abaixo, saberemos que festexos escolares
se celebrarán dentro da escola e fóra da escola, en cada un
dos tres trimestres.
Desde os primeiros niveis escolares, os nenos e as nenas completan
táboas, así que é un recurso que lles resulta familiar. Con todo, confeccionar
unha táboa para representar graficamente o contido dun texto é unha tarefa
complexa que lles esixe unha visión global da información.

Cando empezar unha táboa?


Existen dous requisitos mínimos nos que pode presupoñerse o acordo
de todos os docentes, sexa cal sexa o método que utilicen para ensinar
os alumnos a rea­lizar táboas e esquemas.
Antes de comezar, é imprescindible:
• Que se levase a cabo unha lectura global do texto.
• Que se identificase xa o tema:
– O texto fala de…
– O texto explica as fases de…
– O texto compara…

Cando están ben feitos un esquema ou unha táboa?


Corrixir Un esquema ou unha táboa é correcto cando cumpre dúas condicións:
É moi difícil facer
correccións 1.ª Contén toda a información imprescindible (ata o nivel
en táboas que determinásemos).
e esquemas. Anime
os alumnos: non 2.ª A organización dos elementos é correcta.
se trata de repetir
Unha vez garantidas estas dúas premisas, o demais debe ser avaliado
a tarefa, senón
de pasar a limpo. con flexibilidade, permitindo a iniciativa do alumno, aceptando outras
interpretacións ou distintas formas de plasmar razoablemente a información.

40 Técnicas de estudo
Neste nivel de Primaria é aceptable que as ideas non estean sintetizadas
ao máximo. É natural que aos alumnos lles custe prescindir da sintaxe
oracional.
Por último, debe terse en consideración a dificultade que implica
o debuxo da táboa en si: determinar as filas e as columnas, distribuír
as celas das cabeceiras, calcular o espazo para que caiban todas
as casas e para que caiba toda a información, etc. Sempre é recomendable
que utilicen regras e que os primeiros traballos os fagan
en papel cuadriculado.

Está mal se o fago doutro xeito?

No campo das técnicas de estudo poucas veces existen solucións únicas.


Esta circunstancia intranquiliza, en ocasións, tanto a docentes coma
a alumnos. Á hora de elixir un tipo de esquema ou de táboa, inflúen
múltiples factores:
• Como é a información. Se a información se compón de termos illados,
con pouco texto, teremos máis liberdade de elección; pero
se debe conter moito texto ou se necesita redactar algunhas partes,
as posibilidades redúcense e é mellor que as partes dun mesmo
nivel se vaian dispoñendo unhas debaixo doutras.
• A capacidade lóxico-espacial do alumno. Os alumnos que teñen
desenvolvida a súa capacidade de representación espacial enseguida
se mostrarán independentes para elixir un tipo de esquema; con todo,
a outros viralles mellor aprender un modelo polivalente (por exemplo,
o esquema de chaves) e aplicalo repetidamente para calquera tipo
de texto, ata que vaian sentíndose máis seguros.
Permita que os alumnos vaian decidindo o recurso que lles é máis útil para
organizar os esquemas. Incluso, se dispón de tempo, propóñalles que
proben con varias formas e comente con eles as vantaxes que lles ofrecen
os distintos modelos en cada caso.

Van gañando os meus alumnos en destreza?

Leve a cabo unha proba cos alumnos, unha vez que xa fixesen con vostede
algúns esquemas. Léalles este breve texto e pídalles que, de xeito individual
e espontáneo, trasladen a información a un esquema en que os datos
queden claramente representados.

Entre os personaxes máis importantes do final da Idade Media destacan


os seguintes:

•A
 fonso X o Sabio. Foi un rei de Castela. É coñecido como O Sabio
pola súa dedicación á cultura. Escribiu varios libros en galego e castelán.

•O
 marqués de Santillana. Naceu en Carrión de los Condes, en Palencia,
e era conde de Manzanares el Real, en Madrid. Era un gran poeta e político.

•B
 oabdil. Era o último rei de Granada.

Técnicas de estudo 41
Este sería o máximo de información que deberían recoller:

Personaxes da Idade Media


• Afonso X o Sabio.
– Rei de Castela.
– Escribiu varios libros en galego e castelán.

• O marqués de Santillana.
– Naceu en Carrión de los Condes (Palencia).
– Conde de Manzanares el Real, en Madrid.
– Poeta e político.

•B
 oabdil.
– Último rei de Granada.

Pero as representacións posibles son múltiples. Todas serán correctas


se a partir do título teñen tres elementos, e se de cada un deses elementos
derivan as informacións pertinentes.

42 Técnicas de estudo
Ficha 15

Nome Data

1 Le. Nomea algún obxecto que teñas


Unha liña poligonal pechada e o seu interior preto e describe a forma que ten.
forman un polígono.
Os elementos do polígono son: lados, vértices, ángulos e diagonais.

Elaborar esquemas
Os lados son os segmentos que forman a liña poligonal.
Os vértices son cada un dos puntos en que se unen os lados.
Os ángulos do polígono son os ángulos que forman os lados.
As diagonais son os segmentos que unen dous vértices non consecutivos.

2 De que trata o texto?

3 Copia o tema como título do esquema e completa o esquema.

Elementos

Definición Definición Definición Definición

4 Sinala neste polígono os seus elementos e escribe os nomes onde corresponda.

Técnicas de estudo 43
Ficha116
Ficha

Nome Data

1 Le. Sabes como medir unha mesa


No Reino Unido non miden as lonxitudes se non tes un libro ou un metro?
en metros ou en quilómetros, como facemos
nós. As unidades de lonxitude que empregan no Reino Unido,
Elaborar esquemas

diferentes das nosas, son as seguintes, ordenadas de menor a maior:


polgada, pé, iarda e milla.
O pé e a polgada xurdiron ao utilizar como unidades de medida partes
do corpo humano. Empréganse para medir lonxitudes pequenas.
Unha polgada equivale a 2,54 cm e un pé a 30,48 cm.
Para medir lonxitudes maiores, as unidades máis usadas son a iarda
e a milla. A iarda é lixeiramente menor ca un metro e a milla equivale
a case dous quilómetros.

2 Volve ler o texto e completa.

De que trata o texto?

Copia o tema como título do seguinte esquema e completa os datos.

�������������������������������������������

��������������� ��������������� ��������������� ���������������

Observa con moita atención a forma deste esquema e completa o título e os datos que
corresponden.

44 Técnicas de estudo
Ficha 172
Ficha

Nome Data

Di o nome da última película que viches.


1 Le.
Era de aventuras ou unha comedia?
De cine
Se es afeccionado ao cine, seguro que sabes que existen distintos

Elaborar esquemas
tipos de películas, é dicir, diferentes xéneros cinematográficos.
Algúns dos máis populares son as películas de aventuras, as comedias
ou as de ciencia ficción.
Un dos principais actores de comedias é Ben Stiller, que protagonizou
Noite no museo. No cine de aventuras dos últimos anos tiveron
grande éxito as películas sobre o personaxe de Harry Potter, o aprendiz
de mago protagonista das novelas da escritora J. K. Rowling.
A primeira da serie foi Harry Potter e a pedra filosofal. Todas elas
están protagonizadas polo actor británico Daniel Radcliffe. En canto
ao cine de ciencia ficción, Avatar, protagonizada por Sam Worthington,
foi un dos grandes éxitos, sobre todo polos seus efectos técnicos.

2 Volve ler o texto e subliña de cor vermella os xéneros cinematográficos.


Despois, cópiaos no esquema.

TIPOS DE

xéneros

���������������������� ���������������������� ����������������������

���������������������� ���������������������� ����������������������

���������������������� ���������������������� ����������������������

3 Subliña de cor azul os títulos das películas e cópiaos no esquema anterior.

4 Fíxate nos títulos das películas e subliña o nome do actor protagonista


de cada unha delas. Completa o esquema anterior con eses nomes.

Técnicas de estudo 45
Ficha118
Ficha

Nome Data

1 Le. Sabes cando se inventou


a bicicleta?
Sobre rodas
Millóns de persoas desprázanse todos os días na bicicleta para ir traballar,
para pasalo ben durante as vacacións, para competir nunha carreira
Elaborar táboas

ou para facer exercicio físico. Antes de ser e de chamarse bicicleta, a historia


deste medio de transporte está chea de inventos curiosos e de persoas
que traballaron neles.
Así, en 1792, un francés, o conde de Sivrac, inventou o celerífero. Este consistía
nunha barra de madeira sobre dúas rodas e que se impulsaba apoiando
no chan un pé despois do outro. Algúns anos máis tarde, entre 1813
e 1817, o alemán Karl Drais púxolle guiador ao celerífero e creou a draisiana.
Entre 1853 e 1860, o alemán Fisher e os franceses Lallement e Michaux,
cada un pola súa conta, inventaron o velocípede, ao engadirlle os pedais
á roda de diante.
Entre 1879 e 1884 xurdiu a bicicleta moderna, ao crearen os ingleses
Starley e Shergold un sistema de cadea desde os pedais á roda
posterior e ao cadro ríxido.
Desde entón, e a pesar dos numerosos cambios e da gran variedade
de modelos existentes, sempre se falou xa da «bicicleta».

2 Volve ler o texto e subliña:

Con cor vermella os nomes dos inventos.

Con cor azul os nomes dos inventores.

Con cor verde as datas dos inventos.

3 Completa a táboa cos datos que subliñaches.

INVENTORES INVENTOS DATAS

46 Técnicas de estudo
Ficha 192
Ficha

Nome Data

1 Le. Sabes cantas pezas


O xogo do xadrez componse dun taboleiro ten un xogo de xadrez?
e 32 pezas en total, divididas en dous grupos:
16 pezas brancas e 16 pezas negras. En cada grupo existen as seguintes
pezas: un rei, unha dama, dúas torres, dous alfís, dous cabalos e oito peóns.

Elaborar táboas
2 Elixe a táboa máis axeitada para representar as pezas do xogo
do xadrez e márcaa.

PEZAS DE XADREZ

BRANCAS NEGRAS

PEZAS DE XADREZ

BRANCAS

NEGRAS

3 Le o seguinte texto. Despois, elixe a táboa máis axeitada para recoller


os datos e complétaa.
Sabemos que o xadrez antigo era distinto do xadrez moderno. No xadrez
antigo xogaban catro xogadores e cada un deses xogadores dispoñía
dunhas dez pezas, mentres que na actualidade xogan dous xogadores
con 16 pezas cada un. Ademais, na Antigüidade xogábase con dados,
mentres que agora só se utiliza un reloxo que marca os tempos.

O XADREZ O XADREZ

Técnicas de estudo 47
Presentación
de traballos

49
A presentación de traballos
Preséntase este apartado como reflexión sobre as tarefas que os alumnos
deben levar a cabo para preparar un traballo, oral ou escrito, e as estratexias
máis adecuadas para facelo.

A presentación de traballos recolle os seguintes elementos:

Procura de información. Onde se propoñen cuestións relacionadas


coa fiabilidade das fontes que se consultan, o tipo de fonte, a relevancia
da información que se elixe para realizar un traballo e o proceso de reelaboración
da información para adaptala a un obxectivo determinado.

É probable que os alumnos sexan capaces de considerar de modo autónomo


algunhas destas cuestións, pero a sistematización do proceso contribúe
a mellorar notablemente a súa competencia para aprender a aprender.

Elaborar traballos escritos

Despois de facer unha boa selección e elaboración da información, cómpre


planificar con precisión o que se pretende co traballo, canta información debe
conter e como debe estar organizada.

Este proceso oponse en todo á improvisación, xa que unha das estratexias


fundamentais para garantir a calidade do traballo é a elaboración
de borradores, a creación de esquemas e a revisión do contido
e da forma antes de dalos por definitivos.

Presentar exposicións orais

Por último, as exposicións orais presentan os procesos polos cales


se poñen en xogo as estratexias anteriores e se tratan aqueles aspectos
estritamente orais. É importante que os alumnos comprendan que unha
exposición oral implica os mesmos procesos de elaboración ca un traballo
escrito, pois hai que seleccionar e organizar a información, planificar o contido,
facer esquemas e borradores, etc. Ademais, nesta modalidade,
o «ensaio» da situación será primordial.

Neste bloque, o foco ponse nos procesos de traballo, en oposición


aos traballos realizados de forma intuitiva, á reflexión sobre os obxectivos
e ao estudo das estratexias máis adecuadas para cada modelo.

50 Presentación de traballos
  Buscar información
1. En que consiste buscar información

Buscar información é unha tarefa planificada encamiñada a un fin.


Antes de comezar a buscar información, cómpre:

1.º Saber ben o que se busca. Que busco?

2.º Sopesar cal é a fonte máis conveniente. Onde o buscarei?

3.º Aplicar a estratexia máis eficaz. Como o buscarei?

2. Para que buscamos información

Os alumnos buscan informacións concretas para:


• Resolver actividades concretas que lles encargaron.
• Resolver dúbidas e adquirir coñecementos polos que se preguntan,
xa sexa de forma espontánea ou por encarga.
Ademais, a partir de 4.º curso, os alumnos inícianse na procura
de información sobre temas monográficos co obxecto de:
• Preparar e elaborar traballos escritos.
• Preparar e presentar exposicións orais.

3. Estratexias: Elixir boas fontes de información

Os alumnos de Primaria aínda non dispoñen de capacidade plena para


distinguiren entre información e opinión. Tampouco poden discernir de xeito
autónomo as informacións veraces e contrastadas das que non o son.
Para elixir correctamente as fontes de información, cómpre ter
en conta tres variables:
• Información Opinión e interpretación.
• Veracidade Imprecisión, intención tendenciosa ou recreación
subxectiva.
• Realidade Ficción.
En xeral distinguimos:
• Nun libro de texto encontramos a información ben diferenciada
de todo o que non o é.
• Nun documental televisivo, sobre todo se está avalado por unha empresa
de prestixio, adoitamos encontrar veracidade.
• Nunha novela atopamos ficción, aínda que pode ser ficción verosímil.

Presentación de traballos 51
Son fiables todas as fontes?

Cada vez que os alumnos e as alumnas teñan que realizar un traballo


monográfico é recomendable que leven a cabo unha sesión colectiva para
determinar cales son as fontes de información máis adecuadas.
Algunhas fontes de información ofrecen, a priori, un alto grao de fiabilidade
respecto aos seus contidos:
• Libros e enciclopedias, garantidos polo nome dos autores
e a empresa que os edita.
• CD e outras publicacións dixitais, editadas por empresas de recoñecido
prestixio.
• Documentais de televisión.
• Revistas especializadas.
• Folletos divulgativos editados por entidades recoñecidas
e administracións públicas.
• Páxinas web avaladas por institucións educativas de prestixio.
• Entrevistas en directo ou gravadas, con expertos, autores, investigadores,
personalidades...

A utilización doutras fontes de información require da axuda


dun adulto que oriente os menores e os aconselle se resultan
pertinentes para o tipo de información que buscan:
• Prensa escrita e prensa dixital.
• Programas informativos de radio e televisión.
• Programas de televisión que ofrecen entrevistas, parladoiros
e comentarios de noticias.
• Páxinas web, blogs, xestores de contidos.

E, finalmente, hai algúns formatos que convén poñer en dúbida antes de


deixar que os nenos deste nivel os utilicen como fontes de información:
• As fotocopias que carezan de identificación da fonte.
• As páxinas web, os blogs e os xestores de contidos que non estean
suficientemente identificados.
• Os sitios web onde os usuarios son os que verten espontaneamente
a información.
• Os programas de televisión de calquera tipo, que os pais ou docentes
consideren tendenciosos, inapropiados para a idade ou pouco edificantes.

Pódese obter información dunha película?

Unha película de ficción pode converterse nunha boa fonte


de información para traballar aspectos coma os que se enumeran
a continuación:

52 Presentación de traballos
• A ambentación dunha época e dun lugar: forma de vida, roupa, cultura,
costumes, tecnoloxía...
• Os feitos históricos relevantes, polo menos nas súas grandes liñas:
o que ocorreu, cando e onde.
• A biografía de grandes personaxes históricos: quen era, que fixo,
como viviu.
• A obra de grandes artistas, sexa cal sexa a súa disciplina: pintura, danza,
música, literatura...
• As grandes obras da literatura. Os alumnos poden mergullarse
na historia dunha gran novela pese a que aínda non teñan nivel
suficiente para afrontar a súa lectura directa.
• As figuras e as historias das diferentes culturas mitolóxicas:
familiarizarse cos grandes personaxes da mitoloxía grega,
da mitoloxía latina ou da mitoloxía do norte de Europa.
• Informacións científicas, avances tecnolóxicos, fenómenos
da natureza, etc.
• Os contidos xeográficos: onde están situados eses lugares,
de onde a onde viaxan os protagonistas...
• A descrición de situacións económicas e sociais.
• A presentación de problemas colectivos para promover a reflexión
ética: desigualdades, inxustizas, conflitos bélicos, problemas
ecolóxicos...
Non obstante, antes de utilizar unha película como recurso didáctico,
convén asegurarse do rigor dos seus contidos.

Que proporcionan as informacións gráficas?


Aínda que na actualidade imperan os formatos de información visual,
continúa sendo necesario recorrer á linguaxe verbal para procesar tanto
a observación coma a análise desa información visual.
Cando nunha mesma fonte aparece información escrita e visual,
é moi recomendable deterse a reflexionar sobre esta última: analizar
a información que proporciona e verbalizala.
Velaquí algúns exemplos cotiáns aos que se enfrontan os alumnos
de Primaria cando teñen diante un libro de texto ou un libro informativo
xeral, e o aproveitamento que poden facer deles.
Unha ilustración nun texto literario
É posible que reflicta o ambiente da historia cando no relato
non se di explicitamente, talvez porque é un fragmento dunha obra
máis longa: onde e cando se produce a historia.

Un retrato nun tema sobre política


Moi probablemente sexa unha das personalidades que protagoniza
o que se está explicando. Por exemplo, quen é o presidente do Goberno.

Presentación de traballos 53
Un cadro ou unha fotografía xunto a un texto de historia.
Durante a lectura
na clase Talvez reflicta unha situación concreta ou talvez sexa unha escena
Faga fincapé costumista. Por exemplo, nenos que traballan nas minas durante
en que os alumnos a Revolución Industrial.
observen
detidamente Un edificio ou un obxecto
as imaxes
e que as comenten. Pode tratarse dun elemento moi significativo dunha civilización,
Deste xeito, que axuda a fixar a información. Por exemplo, unha pirámide ou
afanse
un sarcófago do Antigo Exipto.
a verbalizar
as observacións
directas.
Unha gráfica nunha información matemática
Quizais sexa unha información autónoma, xunto co texto que apareza
no pé. A chuvia que caeu nunha rexión durante un ano pode ser exemplo.
Un debuxo esquemático xunto a un texto sobre plantas
O máis probable é que recolla a información que aparece descrita
no texto que acompaña. É posible que tamén conteña vocabulario clave.

Por onde se empeza a consultar?

Nun libro Repasando todo o índice. Consultar só as páxinas oportunas.

Tecleando o tema ou algunha palabra clave. Elixir


Nun buscador da internet
as propostas oportunas e descartar as non pertinentes.

Picando nas opcións da páxina de inicio. Entrar nos menús


Nunha páxina web
sucesivos.

Tecleando o tema ou algunha palabra clave.


Nunha enciclopedia dixital
Seguir as ligazóns que vaian aparecendo.

4. Estratexias: Seleccionar e organizar a información

A dificultade de seleccionar a información estriba en vencer a dúbida


Tranquilice
e decidir as informacións que interesan e cales se van descartar.
os alumnos
Suxíralles que
elixan só dúas
ou tres fontes
de información De toda a información que atopei...
(pero nunca unha
soa). Incluso así,
a tarefa
requiriralles
un esforzo
considerable. Con que quedo? De que me desfago?

54 Presentación de traballos
Para que os alumnos poidan levar a cabo esta selección necesitan, sobre
todo nos primeiros traballos, unha sesión colectiva en que reciban axuda.
Faga as grandes preguntas que permitan centrar o tema; como por
exemplo as seguintes:

Suxestións para axudar os alumnos Exemplo de como irán acoutando a información

Sobre que tema buscastes información? – Sobre seres monstruosos. Esta é a proposta
de traballo que recibiron.
En cantos «sitios» atopastes información? –N
 o libro Monstros e bruxas, Anote todos no encerado.
na enciclopedia Mundos
e culturas, na Wikipedia...
–E
 u teño unha película sobre os homes
lobo...
–E
 u teño un libro de dragóns...

En que decidistes centrarvos? –E


 u vou facer o traballo sobre monstros Dígalle a cada un que
mariños. anote o título do seu
–E
 u vouno facer sobre os homes lobo. traballo:
–E
 u vou facer o traballo sobre monstros Os monstros mariños;
en Roma e Grecia. Os homes lobo…

En que «sitios» atopastes información –N


 a Wikipedia e no libro Que cadaquén anote só
sobre ese tema concreto? No fondo do mar. as fontes que lle van
–N
 o libro Misterios do home lobo... servir para o seu traballo.

Como se organiza a información?


Para realizar un traballo monográfico hai que organizar a información
de que se dispón, e para facelo é imprescindible elaborar un guión:

• Delimita o contido do traballo. Axuda a seleccionar.


O guión • Marca as partes que van compoñer o traballo. Axuda a ordenar.
• Constrúe o esqueleto do traballo. Axuda a organizar.

Cando se elabora o guión?


Cando se ten experiencia en facer traballos, é posible elaborar o primeiro
guión nada máis coñecer o tema, pero para alumnos que se inician resulta
conveniente establecer o seguinte proceso:

Recibir a encarga 1.º Encárganme un traballo.


Seleccionar as fontes 2.º Miro onde podo encontrar información
de información e elixo diversas fontes.
Elaborar un guión 3.º Escribo o título dos apartados que vai ter
o meu traballo. E tamén penso se algún
deses apartados terá subapartados.
4.º Busco e anoto a información concreta,
Seleccionar de acordo co guión.
a información 5.º Se sobre a marcha vexo que me faltan
Perfeccionar o guión apartados ou que é mellor ordenalos
doutro xeito, vou cambiando o guión.

Presentación de traballos 55
Como se aprende a facer un guión?
Os alumnos, aínda inexpertos, necesitan axuda para afacerse a elaborar
AS LURAS
guións de traballo. Por iso:
1. Que son.
2. Onde viven. • Permita identificacións algo simplistas, pero eficaces:
3. Como viven.
a) Que comen. – Tema do traballo. Título.
b) Como se
relacionan.
– Guión do traballo. Índice.
c) Como se – Apartados. O que quero saber.
reproducen.
4. Que lendas • Manexe os termos apartado (grandes apartados) e subapartado (divisións
se contan dos grandes apartados).
sobre elas.
• O primeiro guión faise só con grandes apartados. Que os numeren
e que os escriban en maiúscula.
• Formule os grandes apartados con oracións interrogativas para
que parezan indicacións de traballo. Evite os sintagmas nominais
porque esixen máis abstracción.
• Estableza subapartados nun segundo momento e só se son
imprescindibles. Que marquen estes con letras e que os escriban
en minúscula.

56 Presentación de traballos
Os traballos   Elaborar traballos escritos
monográficos
fomentan:
• A curiosidade 1. En que consiste un traballo monográfico
por aprender.
• A autonomía Nun traballo monográfico, o alumno ou a alumna documéntase sobre
persoal. un tema e prepara un portafolio escrito.
• A procura
de recursos. Na práctica diaria poden aparecer dificultades. Algúns alumnos son
remisos a propostas demasiado libres e outros, sobre todo os que
son menos conscientes dos seus procesos de aprendizaxe, consideran
que a valoración dos seus traballos monográficos depende
da subxectividade do profesor máis ca do seu esforzo; nos dous casos
haberá que vencer resistencias.
Convén ter en conta que, para os alumnos, afrontar un traballo monográfico
a miúdo prodúcelles inseguridade:
• Porque a tarefa lles resulta longa.
• Porque deben buscar información nun extenso campo onde parece
non haber límites.
• Porque deben elixir opcións e tomar decisións durante todas as fases
do proceso.
• Porque, ao final do camiño, entregarán un traballo e sentirán que a sorte
está botada, sen posibilidade de marcha atrás.

2. Para que se encargan traballos escritos

Os docentes encárganlles aos alumnos traballos escritos para


que se exerciten na:
• Planificación de procesos.
• Procura, selección e organización de información.
• Redacción de discursos informativos extensos.
O alumno debe coñecer de antemán as fases que afrontará e distribuílas
nun calendario:

Data de 1.º Confeccionar un guión.


encarga 2.º Buscar información
e organizala.
3.º Elaborar un borrador. Copiar, resumir, explicar.
4.º Redactar o traballo final. Reinterpretar, personalizar.
Redactar definitivamente
e de forma personalizada.

Data de Corrixir.
entrega Incorporar elementos
gráficos.
Encadernar ou editar.

Presentación de traballos 57
3. Estratexias: Confeccionar o guión

Os alumnos e as alumnas, desde os primeiros niveis, poden aprender


a elaborar sinxelos guións de traballo.
A elaboración de guións pode converterse nunha actividade en si mesma,
ata que adquiran a suficiente destreza.
Abonda escribir unha proposta no encerado, por exemplo, «O bolígrafo»,
e a continuación facerlles a seguinte pregunta: «Que nos gustaría
saber sobre o bolígrafo?».
Despois, pódense anotar no encerado todas as interrogantes que xurdan
de xeito espontáneo, de forma que apareza un mosaico de puntos
que se vaian tratar, aínda desordenados:

Quen o inventou?
Que é un bolígrafo?
Os nosos avós utilizaban bolígrafo?
E os nosos pais?
Como cambiou a vida desde que se inventou o bolígrafo?

O BOLÍGRAFO
Como funciona un bolígrafo?
Onde se fabricou o primeiro bolígrafo?
Como escribía a xente antes de que houbese bolígrafo?
Desde cando existen bolígrafos?
Como funcionan os bolígrafos?

Chegado este momento, os alumnos poderán, con axuda, ordenar


as cuestións, agrupar as que sexan afíns e descartar as
que resulten repetitivas. Unha posible orde sería a seguinte:

O bolígrafo
• Que é un bolígrafo.
• Como funciona un bolígrafo.
• Quen o inventou, cando e onde.
• Como se escribía antes do bolígrafo.
• Como cambiou a vida desde que se inventou o bolígrafo.
O resultado é unha formulación clara e simple, pero tan rigorosa como
o sería o guión que podería preparar un alumno de Secundaria:

O bolígrafo
• Descrición.
• Funcionamento.
• Invención.
• Antecedentes.
• Repercusións.

58 Presentación de traballos
4. Estratexias: Elaborar un borrador

O alumno elabora o borrador coa información seleccionada e organizada,


e vaille dando forma. O borrador ha de ser un traballo persoal, pero debe
axustarse a informacións certas. Ese difícil equilibrio conséguese
recomendando algunhas pautas sinxelas:

Que transmitimos ao alumno? Como llo explicamos?

• Resúmese a información que aparece Leo unha información que ocupa dúas páxinas e eu resúmoa
moi extensa. nunhas poucas liñas.
• Reescríbense as informacións Comprendo o que quere dicir e redáctoo coas miñas palabras.
que non se poden resumir.
• Si se copian as táboas, os debuxos, Copio unha gráfica ou un esquema e indico de onde o copiei.
as listas de palabras, os datos concretos...
• Si se copia cando se quere citar exactamente Copio un parágrafo ou un fragmento moi breve, escríboo
o encontrado. entre comiñas e indico de quen o copiei.

• Non se copia aquilo que despois se mostrará As miñas opinións e as miñas conclusións son totalmente miñas.
como unha opinión persoal.

Como relacionar o guión e o borrador?


Boas prácticas
O importante é que
Os títulos dos apartados e dos subapartados son os que mostran
o resultado sexa como está organizado o traballo, e esa é a base do guión. O guión
un traballo ben axúdanos a ir construíndo o borrador; e, á súa vez, ao redactar o borrador
documentado, pero é posible que xurda a necesidade de modificar o guión: subdividir
nunca copiado. os apartados, cambiar a orde dalgunhas partes, etc. Durante toda a fase
A verdadeira
de borrador, os títulos deben estar correctamente indicados. Todos os
orixinalidade está
na redacción apartados dunha mesma importancia deben aparecer iguais. Por exemplo:
personalizada
e na parte de
opinión persoal 1. COMO O CONSTRUÍN
ou conclusións. 1.1. Os materiais
1.2. Paso a paso
GUIÓN DE TRABALLO
2. O QUE CULTIVEI
O MEU INVERNADOIRO
2.1. O que sementei
2.2. Diario dos cultivos
3. O QUE DESCUBRÍN

5. Estratexias: Redactar o traballo final

Ao redactar o traballo final, hai que ter moi en conta os seguintes


aspectos:
• Seguir fielmente o guión.
• Marcar correctamente os títulos de cada apartado e cada subapartado.

Presentación de traballos 59
• Intercalar ilustracións, gráficos...
• Expresarse con sinxeleza e con claridade.
Se o alumno manexou informacións non textuais, decidirá o que facer con
eses contidos:
• Se son gráficos ou debuxos, copiaraos.
• Se son imaxes que vai inserir, pegaraas ou escanearaas.
• Se son informacións redactadas, reescribiraas coas súas palabras.

Que se revisa antes de dalo por rematado?


Organice cos alumnos unha sesión para revisar os traballos, antes
de que compoñan o portafolio. Cadaquén terá o seu traballo diante.

Como llelo explicamos?

1.ª Revisión do meu traballo: Está todo? Comprobo que están todos os apartados e subapartados.
2.ª Revisión: A organización Comprobo que cada apartado e cada subapartado están
marcados segundo a categoría.

3.ª Revisión: Expresión e ortografía Comprobo que a redacción é correcta: expresión, signos
de puntuación, erratas. Reviso que non hai faltas de ortografía.

Unha vez ordenado Numerar as páxinas Confeccionar o índice

Como se compón o portafolio?


Tanto se o traballo se presenta en papel coma nun soporte informático,
existen unhas constantes:

• Título do traballo (con ilustración ou non).


A portada contén • Datos do autor ou autores.
• Outros datos que indicase o docente.
• O título de cada apartado e o número de páxina en que comeza cada un.
O índice recolle
• Pódese colocar ao principio ou ao final.
• Categorías dos títulos ben marcadas.
O discurso disponse • Títulos e números de páxinas acordes co índice.
• Presentación: limpeza, marxes, espazos, ortografía…
• Citar todas as fontes utilizadas.
A bibliografía
• Situala ao final do discurso.

60 Presentación de traballos
A exposición   Presentar exposicións orais
oral favorece
• O autocontrol. 1. En que consiste unha exposición oral
• A autoestima.
• A fluidez verbal.
• A memoria. Expoñer un tema oralmente require documentarse e organizar
o discurso arredor dun guión.
Agora ben, o esforzo e o traballo previo quedan supeditados ao resultado
final: a exposición ante o público. E nese momento da exposición,
os aspectos formais como a compostura e a dicción resultan decisivos.
É imprescindible:
• Manter unha postura erguida, o máis natural posible.
• Mover as mans con mesura, sen esaxeracións.
• Pronunciar correctamente e vocalizar.
• Controlar o volume de voz: falar alto, pero sen berrar.
• Axustar a entoación ao discurso e manter o ritmo.

2. Para que se encargan exposicións orais

Os docentes encargan aos seus alumnos exposicións orais con distintos


fins. Por exemplo:
• Para que se afagan a planificar traballos de certa importancia.
• Para que manexen fontes de documentación.
• Para que apliquen aprendizaxes desde un enfoque multidisciplinar.
• Para que sexan capaces de expoñer coñecementos de xeito organizado
ante un público.
Ao igual que ocorre coa elaboración de traballos escritos, para preparar
unha exposición oral é necesario que o alumno coñeza de antemán todas
as fases que deberá levar a cabo e que calcule os tempos necesarios para
completalas.

Data da 1.º Confeccionar un guión.


encarga

2.º Buscar información e organizala. • Completar o guión


con resumos
e esquemas.
• Preparar materiais
que se vaian
mostrar.

3.º Ensaiar a exposición. • Recitar varias veces


Data da a exposición.
exposición
4.º Expoñer.

Presentación de traballos 61
3. Estratexias: Tirarlle partido ao guión de traballo

O guión convértese no eixe de todas as demais actividades,


que son estas:
• Procura de información. O guión orienta a procura e a selección.
• Lectura comprensiva. Ler os textos informativos seleccionados
e comprendelos.
• Interpretación doutros códigos. Comprender gráficos, táboas, imaxes,
secuencias visuais... que van xurdindo durante a procura.
• Resumo e esquematización. Resumir informacións e elaborar esquemas
para completar o guión.
• Redacción argumentativa. Redactar argumentos, comentarios sobre
as informacións expostas e opinións persoais que despois formarán parte
da exposición.
• Memorización. Memorizar o guión e memorizar os datos
e as informacións pertinentes, para que durante a exposición
non se dependa en exceso dos papeis.

Vale cun pequeno guión?


Nun primeiro momento, para planificar a exposición é suficiente cun guión
básico, coma o que empregariamos para preparar un traballo escrito. Pero
para ensaiar a exposición cómpre incorporar toda a información que se vai
expoñer: en forma de esquemas e resumos para que ocupe o menos
posible.

Cando necesita axuda o alumno?


É razoable que o alumno ou a alumna necesite a axuda dun adulto
nalgún momento do proceso. Por exemplo:

1.º Ao confeccionar un guión.

Consultar co profesor se pode dalo por definitivo.

2.º Ao buscar información e organizala.

Consultar que fontes son fiables.

3.º Ao ensaiar a exposición.

Facer un ensaio diante doutra persoa.

4.º Ao expoñer.

Dispoñer de alguén para manexar medios tecnolóxicos.

4. Estratexias: Ensaiar a exposición

Antes de efectuar a exposición oral, o alumno debe ensaiala varias veces,


xa que con iso logrará:

62 Presentación de traballos
• Dominar a información, o que lle permitirá despois utilizar o guión
Durante
unicamente como axuda.
os ensaios
Resulta moi • Flexibilizar a expresión e non depender da memoria literal: se esquece
oportuno falar algo ou modifica lixeiramente o guión, saberá saír do paso.
diante dun espello;
así contrólanse • Non desviarse do tema nin dubidar: o público non se aburrirá.
mellor a postura,
os xestos e É importante que o alumno comprenda que durante os ensaios ten que
a mirada. atender simultaneamente tres aspectos:

Aspectos Como llelo explicamos?

O contido • Aprendo de memoria o guión.


De que estou falando? • Aprendo de memoria os esquemas.
• Aprendo a información.
A expresión •R
 epito unha e outra vez o discurso, para afacerme a contar o mesmo
Como o explico? de varias formas.

A postura e a voz • Ensaio diante dun espello e, se podo, ensaio diante doutra persoa.
Como estou falando?

Hai que preparar materiais?


Os materiais audiovisuais son un excelente complemento para calquera
exposición oral: debuxos, fotografías, murais, gravacións de son, imaxes
en pantalla...
Se se van presentar materiais ou calquera obxecto durante a exposición,
hai que preparalos e utilizalos durante os ensaios, e moi especialmente se
se trata de equipos de audio ou vídeo. Nos ensaios, o alumno mostraraos
ou poñeraos en funcionamento, coma se estivese ante o público; dese
xeito, evitará imprevistos durante a exposición.

5. Estratexias: Presentar a exposición


Cando chega o momento da exposición oral ante o público, ponse
a proba a planificación e a preparación que houbo antes.
Non só o protagonista da exposición ten un papel que desempeñar,
o contexto debe ser o adecuado e os demais participantes tamén teñen
algo que achegar para que todo saia ben.

•E
 spazo acondicionado.
Condicións físicas
•Z
 ona do relator / zona do público.

•A
 mbiente de acollida.
Adulto responsable
•A
 xuda con aparello, instrumentos.

• Boa acollida.
Compañeiros e compañeiras
• Público respectuoso.

Como empezar a expoñer?


É recomendable que os alumnos se presenten ante os compañeiros
e as compañeiras de xeito espontáneo e sinxelo. O obxectivo é que

Presentación de traballos 63
lles expoñan o tema do que van falar e, talvez, que dean unhas rápidas
pinceladas sobre a orde que van seguir.
É posible que algúns alumnos relatores prefiran explicar onde obtiveron
a información, antes de empezar coa exposición propiamente dita.
Outros poden querer anticipar ao seu público que ao longo da exposición
lles mostrará tal ou cal material, ou que lles mostrará como manexar
un instrumento, etc.

Como terminar?
O final debe estar previsto de xeito moi especial no guión e hai
Avaliación que preparalo ben durante os ensaios:
construtiva
Propóñalles • A última información ten que cerrar ben o tema.
aos alumnos que
forman o público • Ha de notarse pola entoación ao falar. Ten que dar sensación
que expresen de peche.
o que máis lles
gustou da • A expresión da cara e os xestos das mans deben indicar
exposición oral que a exposición rematou.
que acaban
de escoitar. Nas exposicións entre compañeiros, resulta interesante abrir unha rolda
de preguntas e comentarios dirixidos ao relator.

64 Presentación de traballos
Preparación
de exames

65
Preparación de exames
Este apartado do proxecto dedícase á reflexión sobre as probas
de avaliación e as técnicas e estratexias para preparalas e conseguir
unha maior eficacia á hora de resolvelas.

É importante distinguir o apartado de Preparación de exames do que aborda


as Técnicas de estudo, pois na preparación de exames móstranse estratexias
orientadas non ao xeito de aprender, senón ao modo máis axeitado de abordar
unha proba de avaliación. É dicir, é un apartado que ofrece técnicas orientadas
a estudar co obxectivo de responder de forma eficaz a un determinado
tipo de proba.

En relación co anterior, existen distintos tipos de probas de avaliación:

Probas orais. Inclúe exposicións en xeral, máis ou menos extensas.


Poden ter dous formatos: fórmula de pregunta-resposta, na que se busca
basicamente o recordo e a reprodución de conceptos, e fórmula exposición,
na que os alumnos terán que expoñer coñecementos, articulando
un discurso coherente.

Probas escritas. Están formadas por probas de resposta curta (test


e similares) e probas de composición, nas que os alumnos deben organizar
un texto escrito, gramaticalmente correcto, que demostre cal é o seu nivel
de coñecementos sobre un determinado tema.

Resolución de problemas. Son probas nas que os alumnos deben resolver


diferentes tipos de problemas seguindo un proceso de resolución ordenado.
Iso implica a aplicación de diferentes procedementos e estratexias en función
de cada un.

Algúns exemplos de probas de resposta curta son:

Elección múltiple. Este tipo de cuestionario é un dos máis utilizados dada


a facilidade de corrección e o alto grao de obxectividade que permite.

Dobre alternativa. Cada pregunta só permite dúas respostas probables.


A máis habitual é Verdadeiro-Falso, pero tamén se pode utilizar
Correcto-Incorrecto, Si-Non, etc.

66 Preparación de exames
Asociar parellas. Consiste en asociar por parellas os elementos de dous
conxuntos. Pódense relacionar conceptos, termos, definicións, afirmacións
(ou unha mestura de todos eles), etc.

Completar ou encher ocos. Consiste en completar espazos en branco


nunha oración ou nun parágrafo cun número limitado de respostas para
cada un dos ocos. Este tipo de exercicios é moi útil en cursos de idiomas
e gramática.

Identificar. Este tipo de cuestionario consiste en exercicios con debuxos,


fotografías, mapas, diagrama, obxectos, lugares, etc. Estes obxectos deben
ir enumerados con letras ou signos, co fin de que os alumnos poidan colocalos
nos seus lugares correspondentes.

Clasificar. Extráese a información dun texto e clasifícase e organízase.


Deste xeito a información pode ser interpretada e transformada en coñecemento.

Algúns exemplos de probas de composición son:

Redacción. Neste tipo de probas os alumnos elaboran textos de diferentes


tipos. Para iso teñen que procesar a información, facer inferencias, razoar,
integrar a información gráfica coa textual e finalmente escribir un texto
con orde, precisión, claridade e cun vocabulario adecuado.

Elaboración de proxectos. Na realización destas probas os alumnos poñen


en práctica de forma integrada as aprendizaxes lingüísticas, os coñecementos
sobre o medio, a cultura e a arte, as matemáticas, a súa conciencia social
e cidadá e o desenvolvemento da súa autonomía persoal.
Á súa vez, neste tipo de probas os alumnos son partícipes do seu propio
proceso de aprendizaxe.

Elaboración de portafolios. Conxunto de traballos realizados por un alumno


que dan unha idea global do traballo realizado nun determinado espazo e tempo.

Preparación de exames 67
  Repasar contidos

Antes de repasar 1. En que consiste repasar contidos


• Ler
minuciosamente. Repasar contidos consiste en volver á información que previamente
• Comprender. se procesou, é dicir, unha vez que se comprendeu e que xa
• Organizar se asimilou.
as ideas.
• Interiorizalas. Tanto os manuais de técnicas de estudo coma os docentes e os propios
alumnos utilizan o termo repaso con dous sentidos. As referencias
dos alumnos resultan esclarecedoras:

Preparar material • Repaso = Última fase do estudo. «Xa o sei e agora vouno repasar
Suxíralles aos varias veces para ter máis seguridade».
alumnos que, para
• Repaso = Cada bucle da memorización. «Repaseino unha vez mirando
repasar, teñan á
man papel e lapis. o libro, despois outra co meu resumo. Xa case o aprendín. Agora vouno
repasar en voz alta, co esquema diante para non perderme. E despois
repítoo en voz alta».

Rematamos o tema
2. Para que repasamos contidos
do substantivo e
teño que reunir
toda a información.
O repaso pode obedecer a distintas necesidades e, polo tanto, os fins
polos que se repasa tamén son diferentes. Velaquí dúas perspectivas
distintas para abordar os repasos.
1. O estudante pensa no que ten que facer cos contidos
Teño que aprender que vai repasar:
o tema 5:
O sistema solar. • Repasa para conseguir unha visión global do tema que se traballou
na clase.
• Repasa para memorizar un tema completo.
Teño que aprender • Repasa para memorizar contidos complexos que esixen exactitude.
as escalas de
unidades de 2. O estudante pensa en como demostrar que domina eses contidos:
lonxitude, masa
e capacidade. • Repasa para preparar unha proba escrita.
• Repasa para preparar unha exposición oral.
• Repasa para preparar unha posta en común.

3. Estratexias: Reler

Ante calquera tarefa de estudo e para a preparación dunha proba,


é indispensable reler os temas e os apuntamentos.
Os alumnos de Primaria poden aprender a repasar a partir dun modelo
sistemático, que deben practicar en actividades de grupo-clase.
O xeito máis simple de iniciar os alumnos nel é incorporalo á metodoloxía
das áreas de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais; unha vez
afianzado o método, pode facerse extensible a calquera
outra área.

68 Preparación de exames
Método para reler o tema no libro de texto ou nos apuntamentos

1.º Reler unha vez, todo seguido, o tema. (Ler)


Lectura silenciosa.
Serve para recordar a idea global do tema: de que trata, que partes ten.

2.º Reler de novo apartado a apartado. (Ler + fixar)


Lectura oral.
Serve para enunciar o título do apartado e fixar os contidos concretos desa parte.
É fundamental que o alumno asocie a cada título o contido preciso.

3.º Reler e arrastrar. (Ler + fixar + relacionar)


Lectura oral comentada.
Ao terminar de reler cada apartado, volver a vista atrás para saber que lugar ocupa
ese apartado na totalidade do tema e relacionalo co xa visto.
Serve para conectar cada información nun todo.

Un pequeno truco Como método de repaso, hai que aplicalo cando xa se traballou
Se habitualmente o tema e, polo tanto, os alumnos xa se achegaron antes
comeza a unidade á información e levaron a cabo as actividades.
lendo cos seus
alumnos A primeira relectura é individual e silenciosa, pero as outras dúas son
a información necesariamente orais e colectivas. É importante que o profesor reproduza
do libro, este en voz alta ese proceso mental que se orixina cando un lector intenta
método seralle fixar unha información e relacionala coas outras que contén
igualmente útil
o texto. Pola mesma razón, as intervencións dos alumnos enriquecen
nese proceso
inicial. Tanto se a experiencia dos compañeiros.
adoita pedirlles que
resuman o tema
coma se non, esta Hai que relelo todo?
rutina facilitaralles
Ata que os alumnos non adquirisen a suficiente autonomía,
a comprensión
e a asimilación. respóndalles sempre esta pregunta. Antes de considerar que reler,
teñen que saber en que momento de aprendizaxe se encontran
e con que finalidade están considerando a relectura.
Evite, no posible, experiencias desalentadoras como reler o tema enteiro
«Do tema A cando abonda con reler unha parte. A relectura completa dun tema ten
prehistoria, tedes utilidade para estudar, para pechar a unidade ou para preparar unha proba
que repasar os ou unha exposición. Lembre que a clave para que un estudante acabe
apartados que se
adquirindo un método de estudo propio é que comprobe que consegue
refiren á artesanía e
á arte, porque
mellores resultados con menos esforzo.
mañá imos ver
un documental
e así saberemos
Serve de algo reler os títulos?
de que trata». Nun libro de texto, a información aparece ordenada e organizada.
Os profesores, en xeral, invitan os seus alumnos e as súas alumnas a facer
resumos en que se sintetiza a información e se depura a organización
desta. Así pois, no resumo dun tema, os títulos e os subtítulos enuncian
os contidos sobre os que versa a información, por categorías. Por iso,
repasar os títulos:
• Permite ter unha idea completa do tema.
• Permite comprender en cantas partes se divide o tema e de que trata
cada unha.

Preparación de exames 69
Cando o alumno prepara unha proba en que ten que desenvolver contidos,
resulta especialmente apropiado:
• Reler todos os títulos do tema, coma se se tratase dun esquema.
• Reler o título de cada apartado e repasar en voz alta o que contén.
Incluso nalgúns temas de Matemáticas, nos que a información que hai
que aprender é moi concreta, é útil reler os títulos. Por exemplo,
ao repasar o tema «Área de figuras planas», o alumno pode revisar
as páxinas do libro do seguinte xeito:

Ler cada título do apartado E iso permítelle evocar…

Que é a área dunha figura? Que é a superficie que ocupa unha figura plana.
Unidades de superficie Que as unidades son o centímetro cadrado, o decímetro cadrado
e o metro cadrado. E que van de 100 en 100.

Área do rectángulo Que é igual á base pola altura.


e do cadrado Que é lado por lado.

Área do triángulo Que é igual á base pola altura, dividido entre dous.

3. Estratexias: Reelaborar a información fundamental

Repasar é un recurso para reelaborar a información. Reelaborar


a información é o método máis eficaz de repaso. Os dous, repaso
e reelaboración, son fases ineludibles do estudo.
Non se trata dun xogo de palabras, senón dun de tantos procesos
de retroalimentación que se dan no campo da aprendizaxe significativa.
O repaso é un instrumento moi potente que proporciona unha alta
rendibilidade intelectual.
Algunhas estratexias concretas para reelaborar a información fundamental
dun tema son as seguintes:
• Facer unha listaxe de preguntas posibles, incluso aínda que algunhas
se solapen con outras. Isto obriga o alumno a considerar a información
desde distintas perspectivas.
• Preguntar dúbidas na clase. Os alumnos que preguntan dúbidas
adoitan ter unha maior predisposición a reflexionar sobre o contido
da información e sobre os seus propios procesos de comprensión.
No mesmo sentido, os alumnos con pouca disposición estratéxica
teñen dificultades para presentar dúbidas, porque non saben concretalas.
• Responder as dúbidas de compañeiros. Os problemas entre iguais
son beneficiosos tanto para o alumno que ten algunha dúbida coma para
o compañeiro que o axuda a aclarala.
• Explicar o mesmo doutro xeito. Canto máis difícil sexa a información,
máis útil resultará esta estratexia de falar consigo mesmo. A clave está
en considerar que un debe explicar aquilo a alguén que non o coñece
ou que non o entende.

70 Preparación de exames
• Repetir esquemas e debuxos mentres se explican en voz alta as ideas
que representan.
• Repasar esborranchando con papel e lapis. Supón ir reproducindo
o discurso coa información, mentres se busca o apoio de bosquexos
que recordan debuxos ou gráficos, de trazos que representan esquemas,
da escritura rápida de nomes difíciles, etc.
• Apoiarse nun guión que conteña só os títulos e subtítulos. Serve
cando o alumno se conta a si mesmo a información, polo xeral
de xeito oral. Convén non utilizar esta estratexia ata que non se
memorizase suficientemente, posto que no guión non está
a información propiamente dita.
• Apoiarse nun esquema o máis conciso posible. Serve para construír
un discurso personalizado, pero mantendo unha organización fixa
e asegurando todas as informacións fundamentais. Potencia que
o alumno incorpore moitos conectores lóxicos, para que o seu discurso
tome corpo.

É conveniente repasar os exercicios resoltos?


Nas áreas de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais, resulta útil
Na clase repasar os exercicios feitos na clase e na casa, porque propoñen
Déalle moita cuestións que axudan o alumno a reelaborar a información. Axúdano
importancia a despegarse da literalidade do libro ou dos apuntamentos, e póñeno
a que as tarefas
queden totalmente
en disposición de aplicar o que aprendeu.
corrixidas. Así, Na área de Matemáticas, a forma máis eficaz de repaso é volver
non só se aclaran
dúbidas e se
resolver os mesmos exercicios que se fixeron na clase. Para que
resolven erros, o alumno poida repasar el só, é imprescindible que teña os exercicios
senón que ben resoltos no caderno.
os traballos serven
despois como Na área de Lingua, reler os exercicios de vocabulario e os de gramática
referente para pode ser de grande utilidade. O mellor é ler o enunciado tapando
os repasos. a solución e responder de forma oral.

É conveniente repasar as ilustracións do libro?


Aconséllelles aos alumnos que, durante os repasos, revisen as fotografías
e os gráficos que hai no libro de texto. Pódense apoiar nas imaxes
para repetir a información nunha orde distinta da do resumo. Ademais,
se reteñen a imaxe, asociarana coas ideas que acompaña e iso reforzará
a memorización.
Por exemplo, en Ciencias Sociais moitos contidos históricos
pódense apoiar en imaxes: as grandes obras arquitectónicas
dos romanos; unha catedral medieval; o cadro Os fusilamentos
do 3 de maio, de Goya; unha fotografía do Congreso dos Deputados;
etcétera.

Por que repasar en voz alta?


Repasar en voz alta obriga o estudante a reelaborar a información:
busca distintas formas de expresar a información fundamental e necesita
ir establecendo relacións lóxicas que conecten unhas ideas con outras.

Preparación de exames 71
Se o seu xeito natural de memorizar é repasar unha e outra vez o texto
orixinal en silencio, convirá aconsellarlle que faga polo menos un par
de repasos en voz alta, porque, se non, corre o risco de memorizar
literalmente.

Que teñen en común o resumo e os apuntamentos?


Tanto o resumo coma a toma de apuntamentos son métodos de reelaborar
a información que comparten as seguintes características:
• Rexistran a información importante do texto e o discurso de referencia.
• Presentan a información ordenada, organizada e xerarquizada.
• Recollen o vocabulario específico e, á vez, o discurso está
suficientemente personalizado.
O anterior xustifica que tanto o resumo coma os apuntamentos sexan
considerados con unanimidade dúas técnicas fundamentais nos distintos
procesos de comprensión, sexa cal sexa a extensión que queira darse
a este concepto.
Con todo, non existe unanimidade respecto a se son suficientes para
o estudo propiamente dito (memorización): os seus detractores alegan
que son reelaboracións restrinxidas, que deixaron no camiño exemplos,
matices e detalles e que, polo tanto, conducen o alumno a unha
memorización máis literal da que faría co propio libro de texto.

Repásase igual en todas as áreas?


Independentemente de que se vaian facer probas de avaliación ou non,
os alumnos necesitan pechar ciclos e repasar. O repaso de contidos ten
un esquema común en todas as áreas:

Que temas vimos? Que contén cada tema? Seino?

Como considerar os repasos na área de Lingua


• Reler os temas no libro, prestando especial atención ás partes
de información.
• Escribir unha listaxe dos contidos. Se son varias unidades, ordenalos
por disciplinas. Por exemplo, repaso de:
– Gramática: Os tempos verbais.
– Vocabulario: Palabras simples e compostas.
– Ortografía: Palabras con s e con x.
• Repasar o que se ten que estudar, é dicir, os contidos, tanto
co libro coma cos resumos e esquemas. Seino explicar
coas miñas propias palabras? Sei as definicións e as normas?
• Revisar as actividades escritas que se fixeron. Volver facer oralmente
as actividades de vocabulario e inventar oracións coas palabras
e expresións. Escribir listas de palabras que sigan as regras
de ortografía.

72 Preparación de exames
Como considerar os repasos na área de Matemáticas
• Reler os temas no libro, prestando especial atención aos títulos
e ás partes de información.
• Ir apartado por apartado, relendo a información. Reler o título
oralmente e explicar a información con palabras propias.
• Revisar os exercicios corrixidos e distinguir que tipos de exercicios
houbo. Repetir algúns de cada tipo, tapando a solución e despois
comprobando.
• Revisar os problemas. Volver resolver os máis posibles.

Como considerar os repasos na área de Lingua Estranxeira


• Reler os temas no libro e os apuntamentos do caderno.
• Confeccionar unha listaxe cos contidos traballados:
– Vocabulario: a cociña; a rúa; os números.
– Gramática: os verbos.
• Repasar as listaxes de vocabulario: tapar a palabra e escribila en papel
sucio, o máis axiña posible; destapar e comprobar; repetir a operación
con toda a listaxe varias veces. Facer o mesmo oralmente.
• Co libro aberto, falar en voz alta: ao fío dos títulos, aproveitar
as ilustracións para repasar as construcións aprendidas, para
describir o que se ve, para improvisar diálogos figurados entre varios
personaxes...

Como considerar os repasos nas áreas de Ciencias da Natureza


e Ciencias Sociais
• Reler cada tema no libro e ter os resumos e apuntamentos ao lado.
• Se non se fixeron anteriormente, confeccionar esquemas. Explicar
oralmente unha visión xeral do tema e das partes que contén.
• Repasar unha vez respondendo preguntas curtas (nomes, feitos,
características...).
• Repasar outra vez respondendo preguntas longas de desenvolvemento.

5. Estratexias: Memorizar

Reler, reelaborar a información e memorizar non son fases illadas durante


Fomente o estudo; trátase máis ben de procesos circulares conectados:
a autoestima
desde a primeira lectura, xa se inicia o proceso de memorización.
Non deixe oco para
manifestacións Para que a pegada da memoria sexa duradeira, deben existir tempos
fatalistas do tipo de aprehensión, tempos de fixación e tempos de reforzo. Eses tempos
«Eu teño moi deben ser complementados con intervalos de interrupción; por exemplo,
mala memoria.
entre un repaso e o seguinte, ou entre o último repaso e o momento en
A memoria hai
que exercitala». que demostrar o aprendido. Estas son condicións necesarias para que
a información se asente, se consolide.

Preparación de exames 73
Pois ben, se no proceso de memorización a xestión do tempo resulta
Estratexias de
fundamental, haberá que capacitar o alumno para que tome o control
estudante eficaz:
do seu tempo, e nada mellor que explicarllo desde unha perspectiva que
Prestar moita
lle resulte útil.
atención ás
explicacións na • Ocupar todo o tempo necesario en comprender. Non é tempo
clase e preguntar
perdido, porque unha vez que comprendín a información, hei tardar menos
calquera dúbida.
Aforrará tempo
en aprendela. Non se aprende o que non se comprende: pódese
e problemas cando memorizar de xeito literal, pero non serve para nada e bórrase facilmente
despois estea a da memoria.
soas fronte ao libro.
• Reservar tempo para sintetizar e organizar a información. Aínda que
 acer os resumos
F
e os esquemas
non mo pidan como exercicio obrigatorio, realizo subliñados, resumos,
sempre do mesmo táboas e esquemas; así, asegúrome de que comprendo ben todo e,
xeito (mesmo papel, case sen darme de conta, empezo a aprendelo.
mesmas cores,
títulos e subtítulos • Elixir ben o momento de estudo. Se digo que vou estudar, é que vou
sempre iguais). dedicar toda a miña atención a iso. O cansazo e as distraccións
Aforra tempo por conducen a malgastar tempo e esforzo.
partida dobre:
a rutina levarao • Marcar un plan de repasos. Case sempre estudo porque na clase
a ser cada vez máis me marcan unha meta (por exemplo, que teño unha proba escrita
rápido e o feito de o martes próximo), así que podo sinalar no calendario cantos días
sintetizar fará que
antes teño que empezar a repasar. Canto mellor se cubrisen as fases
empece o estudo
propiamente dito
de comprensión e síntese, máis eficaces serán os repasos.
coa información
xa asimilada.
Elixir
autonomamente
cando memorizar
e ser rigoroso;
os pais e os
profesores impoñen
condicións
a quen non obtén
bos resultados,
pero deixan marxe
de autonomía
a quen se mostra
metódico.
Facer moitos
repasos e que cada
un sexa o máis
breve posible. Pero
non hai que perder
de vista o
obxectivo: sabelo
todo e sabelo
moi ben.

74 Preparación de exames
  Repasar procedementos
1. En que consiste repasar procedementos
Repasar
procedementos
O alto contido procedemental da área de Matemáticas xustifica
garante:
que se dedique un apartado específico para reflexionar sobre
• Comprender
as estratexias e as técnicas que son propias desta área. Non obstante,
o que se está
facendo.
algunhas das suxestións que se inclúen son igualmente válidas
• Establecer rutinas noutras áreas.
de autocontrol.
• Verbalizar
Os alumnos con poucas habilidades estratéxicas non repasan
procesos un procedemento de xeito espontáneo. É importante tomar conciencia
mentais. deste feito para planificar as iniciativas didácticas que se
• Tomar conciencia emprendan.
dos procesos de
aprendizaxe. • Se un procedemento ten éxito, o neno non vai reflexionar se
o fixo ben ou mal. Abóndalle co resultado.
• Se un procedemento fracasa, o neno repetirao mecanicamente; e se
segue fracasando, talvez desista, talvez probe outro procedemento.
Polo tanto, a acción docente debe dirixirse a inculcar nos alumnos
hábitos de reflexión e actitudes de interese polo traballo ben feito,
para que tomen conciencia dos seus propios procesos de aprendizaxe.

2. Para que repasamos procedementos

O obxectivo último de repasar procedementos é ter a certeza de que


unha tarefa está ben feita. No terreo práctico, isto tradúcese
nunha dobre seguridade:
• Estar seguros de que non se cometeron erros.
• Estar seguros de que se empregou o mellor procedemento posible.

Para que repasamos Exemplos de situacións matemáticas


os procedementos en que o alumno repasa procedementos
Para comprobar resultados Non dá por terminada unha división ata que fai a proba (cociente 3 divisor 1 resto).
Para detectar erros Na clase, durante a corrección dunha serie de porcentaxes, ve que ten mal
no resultado un cálculo. En lugar de limitarse a copiar o resultado correcto, recalcúlao sobre
a marcha e anótao ben.

Para detectar erros Á súa compañeira sáelle outro resultado distinto no problema e compara os pasos
no proceso que seguiron un e outra.

Para mellorar Para calcular 2/3 de 150 antes realizaba todas as operacións (150 : 3 e 50 3 2).
procedementos Cando automatizou o procedemento, calcúlao mentalmente.

3. Estratexias: Reler e explicar o procedemento

Os alumnos de último ciclo de Primaria deben estar afeitos a enfrontarse


autonomamente ao libro de texto como fonte de información, incluso
nas Matemáticas.

Preparación de exames 75
Convén que se lean na clase, e tamén individualmente, todos os títulos
Evite medos (para que tomen conciencia do tema que están traballando) e todas
Os alumnos as informacións, tanto as referidas a conceptos coma as que describen
deste nivel
procedementos.
séntense aínda moi
inseguros cando se No mesmo sentido, paga a pena sacar partido a todas as propostas
lles presenta unha do libro de texto en que haxa indicacións gráficas directas.
dificultade nas
tarefas individuais. Cando xa o traballo da unidade didáctica está iniciado e os alumnos
Intente que non se enfrontan ás actividades colectivas ou individuais, é interesante que
consulten eles sós
o libro de texto.
o libro se converta nun verdadeiro recurso de consulta.
É recomendable
que vostede os Busco no libro onde se explica como facelo
acompañe na
consulta, pero non
para explicarlles,
senón para
axudalos a reler Releo as frases Explico coas miñas palabras
e interpretar. do procedemento o procedemento

Exemplo dun procedemento explicado verbalmente

A FRACCIÓN DUN NÚMERO


Calculamos 3/4 de 28.
1.º Dividimos o número entre o denominador. 28 : 4 = 7
2.º Multiplicamos o cociente obtido polo numerador. 7 × 3 = 21. Entón 3/4 de 28 = 21.

Como sacarlle partido a esta proposta:


• Ler o título e explicar o que se sabe xa sobre fraccións.
• Ler o enunciado e pensar sobre el. Que quererá dicir iso de 3/4
dun número? Que caia na conta de que si sabe calcular
1/2 dun número (a metade). E 1/3?
• Imaxinar a situación graficamente e debuxala. Pódese representar
1/2 de 28 en forma de torta? E 1/3?
• Ler, un a un, os pasos.
• Explicar o procedemento coas súas palabras e axudándose con debuxos.
Velaquí un exemplo semellante dun libro de Lingua, no programa
de expresión escrita:

O CARTEL
O cartel é unha mensaxe coa que se pretende facer chegar unha información a un bo
número de persoas. Ás veces, o cartel tamén intenta convencernos de algo.
As fases de elaboración dun cartel son as seguintes:
A. Planificación. Decide qué información vas incluír no cartel e fai un bosquexo.
B. Redacción. Confecciona o cartel tendo en conta que podes xogar co tamaño
das letras e que tes que dispoñer o texto de forma que destaques aquilo que sexa
máis importante.
C. Corrección. Revisa o cartel e asegúrate de que non contén faltas, de que non
esqueciches nada e de que ten un aspecto limpo e atractivo.

76 Preparación de exames
Exemplo dun procedemento explicado graficamente

CÁLCULO: DIVIDIR UN NÚMERO NATURAL ENTRE 100 E ENTRE 1.000

3.000 : 100 = 30 104.000 : 1.000 = 104

400 : 100 6.000 : 1.000


700 : 100 8.000 : 1.000
1.200 : 100 52.000 : 1.000
5.900 : 100 70.000 : 1.000
60.800 : 100 345.000 : 1.000

Como tirarlle partido a esta proposta:


• Ler o título e o enunciado e observar as cabeceiras.
• Explicar de que trata o exercicio; o que hai que facer; como di que hai que
facelo…
• Dicir os resultados seguindo o exemplo.
• Explicar como se divide un número entre 100. E entre 1.000.
Velaquí un exemplo semellante dun libro de Ciencias da Natureza:

DEBUXAR UNHA PLANTA

Trazar a liña do chan e debuxar


a liña xeral da planta Debuxar as raíces Debuxar o talo e as ramas Debuxar as follas e flores Colorear a planta

4. Estratexias: Inventar outras prácticas semellantes

A repetición dun procedemento garante que o alumno chegue


a executalo correctamente, pero o desexable é que vaia máis alá:
que o interiorice, que sexa capaz de discernir cando debe aplicalo
porque a situación é semellante e cando non debe facelo. Para este fin
é especialmente útil a invención de prácticas similares.
Os recursos didácticos que un docente pon nas mans dos seus alumnos
responden, a miúdo, a unha gradación. Por exemplo:
1. Exercítanse na suma de fraccións, con repetición
de exercicios semellantes.
2. Enfróntanse a problemas de sumas de fraccións, en situacións
verosímiles.
En cada un deses momentos, os alumnos aprenden e practican
procedementos concretos. Pero quedando neste nivel é moi posible
que os alumnos rexistren esta como unha aprendizaxe matemática
sen máis, sen conexión co resto da súa realidade cognitiva.

Preparación de exames 77
En cambio, se asiduamente lles propoñemos que inventen prácticas
similares, o proceso de aprendizaxe complétase.

Recurso didáctico Procedementos en que se exercita o alumno

Repetir moitos exercicios •S


 umar fraccións.
de suma de fraccións Memorizar e executar a mecánica do procedemento.
Resolver moitos problemas •P
 resentar o problema.
que esixen sumas Transcribir en termos matemáticos a situación real.
de fraccións •S
 olucionar o problema.
Identificar que modelo corresponde e aplicalo.
– Sumar fraccións.

Inventar outros problemas • Recoñecer os elementos que definen a situación.


que esixan sumas • Establecer equivalencias na vida real.
de fraccións • Xeneralizar o procedemento.
– Propoñer problemas de fraccións.
– Solucionar problemas de fraccións.
– Sumar fraccións.

Dito doutro xeito, se afacemos o alumno a inventar outras prácticas


onde reproducir un mesmo procedemento, aumentará as súas
competencias de xeito sólida.

Cando repite moitos exercicios Cando resolve moitos problemas Cando inventa outros problemas
de suma de fraccións que esixen sumas de fraccións que esixen sumas de fraccións

• Automatiza a suma de fraccións. • Recoñece o concepto de fracción • Incorpora o concepto


na vida real. de fracción á súa experiencia
• Razoa como resolver o problema real e á cognitiva.
matemático. • Recoñece o concepto.
• Suma fraccións. • Razoa a resolución.
• Suma fraccións.

Exemplo de propostas para inventar prácticas

• Na área de Matemáticas:

Mide o ángulo proposto, Nunha piscifactoría hai Inventa un problema


indica de que tipo é 12 estanques con 90 de suma e división
e debuxa outros dous troitas e 110 salmóns en relacionada con esta
ángulos do mesmo tipo. cada un. Formula ti unha ilustración.
pregunta de problema
de suma e multiplicación.

78 Preparación de exames
• Na área de Ciencias da Natureza:

Copia o esquema do aparello respiratorio


e indica o nome de cada órgano.
Despois, ponte de acordo co teu compañeiro
ou compañeira para traballar do mesmo xeito
outro dos aparellos que estudamos.

5. Detectar erros no procedemento

Os alumnos de Primaria precisan axuda, en xeral, para distinguir se


un erro no resultado se debe a un erro de procedemento. Por exemplo,
nun exercicio de potencias que está mal resolto, pode haber un erro
de cálculo ou un erro de procedemento:

9 elevado a 3 = 729 9 elevado a 3 = 27


9 3 9 = 81 81 3 9 = 729 9 3 3 = 27

Equivocouse ao multiplicar 81 3 9 Creu que elevar 9 ao cubo é


O procedemento é correcto. multiplicar 9 3 3
O procedemento é incorrecto.

Exemplos de rutinas para repasar procedementos


Se os alumnos se afán a establecer rutinas de comprobación, asumirán
de xeito natural a responsabilidade sobre a calidade das aprendizaxes.
Convén que sexan rutinas moi sinxelas e polivalentes:
• Cando escribo algo, reléoo.
– Comprobo que me expresei con claridade.
– Reviso se hai faltas de ortografía.
– Reviso que todo está correcto, en especial, se copio unha información
ou un enunciado de exercicio.
• Cando realizo unha operación matemática, repásoa.
– Se realizo restas ou divisións, aplico a proba correspondente.
• Se resolvín un exercicio, releo o enunciado.
– Fixen o que se me pedía? Sabía facelo ou consulteino?
– Expresei o resultado como se me pide?
• Se resolvín un problema, repásoo.
– Releo o problema: Anotei ben os datos?

Preparación de exames 79
– Releo a pregunta final: Que pedía? Que pasos dei para resolvela?
A resposta corresponde á pregunta?
– Repaso as operacións para asegurarme de que fixen ben
os cálculos.
• Se me trabuco varias veces no mesmo tipo de exercicio, consulto.
– Reviso no libro ou nos resumos como se facía.
– Explícolle ao profesor a miña dúbida para que me axude.
– Talvez o profesor me recomende que consulte outros compañeiros. 

80 Preparación de exames
Reflexionar sobre a propia aprendizaxe
1. En que consiste reflexionar
Reflexionar
proporciona: Na aprendizaxe, coma se dunha viaxe longa se tratase, convén deterse
• Aprendizaxe de vez en cando e consultar o mapa: de onde vimos, onde nos atopamos,
activa. cara a onde nos diriximos.
• Motivación
intrínseca. Nin os nenos nin os adolescentes senten a necesidade espontánea
• Autonomía. de reflexionar sobre as aprendizaxes conseguidas. Con todo, é
• Autocoñecemento.
incuestionable que os logros lles producen unha satisfacción íntima que
• Autoestima.
os fai sentirse a gusto consigo mesmos e que os anima a emprender novas
metas. Polo tanto, paga a pena mostrarlles o que van aprendendo, para que
se sintan gratificados e para que dean sentido á súa vida escolar.
Está nas mans dos adultos cultivar e estimular as actitudes reflexivas
e proporcionarlles mecanismos de autoavaliación, para que o feedback
redunde no seu propio beneficio.

2. Para que reflexionamos a aprendizaxe

A reflexión sobre as adquisicións admite orientacións diferentes en cada


A realidade momento do proceso de aprendizaxe:
é interpretable
Unha dificultade • Antes de rematar a unidade didáctica.
non é un obstáculo Reflexionamos para detectar
insalvable; • Antes dunha proba de avaliación.
as propias dificultades.
unha dificultade
é simplemente • Despois dunha proba de avaliación.
un obxectivo que
aínda non se • Ao pechar a unidade didáctica.
alcanzou.
• Despois dunha proba de avaliación. Reflexionamos para recoñecer
o que aprendimos.
• Ao cerrar un bloque de temas.
• Ao terminar un trimestre ou un curso.

3. Estratexias: Detectar as propias dificultades


Na clase
Reforce Con axuda, un alumno de calquera idade pode identificar aquilo
positivamente que aínda non lle sae, iso no que se equivoca, o que se lle dá mal...
aqueles alumnos
que son capaces Calquera instrumento é válido, porque o importante é que o alumno:
de identificar
as dificultades. • Tome conciencia de que aínda non ten a aprendizaxe conseguida.
Eses alumnos
contan
• Se sitúe no punto de partida para atallar a cuestión: só ou con axuda.
cun recurso
estratéxico Como aproveita o docente a reflexión?
do que poden
extraer unha alta Cando un alumno reflexiona para detectar as propias dificultades:
rendibilidade.
• É posible corrixir erros de contido e de procedemento.
• É posible emprender tarefas de reforzo ou de recuperación.

Preparación de exames 81
Para que se corrixe na clase?
As correccións colectivas poden converterse en reexplicacións, pero
coa vantaxe de que se producen cando o alumno xa se enfrontou
á dificultade: comproba que cometeu un erro, non soubo como facer
un procedemento, entendeu mal unha explicación, etc. Ademais, dan
a oportunidade de constatar varias solucións posibles para unha mesma
cuestión. Algunhas suxestións para facer da corrección unha situación
de aprendizaxe multidireccional (consigo mesmo, entre iguais,
profesor-alumno) son:
• Garanta un ambiente de seguridade e de confianza. Unha corrección
nunca debera converterse nunha ocasión para que un alumno se sinta
en evidencia, nin por parte dos compañeiros nin por parte do docente.
• Durante a corrección, estimule os alumnos a dicir en voz alta en que
se confundiron. O importante da corrección non é cantos erros
e cantos acertos ten un alumno, senón distinguir entre erros sen
transcendencia e dificultades que hai que abordar e solucionar.
• Realice a corrección cando o traballo estea feito. Non ten sentido
Non é un exame corrixir o que non se fixo; un exercicio que se deixou en branco
Intente non é unha oportunidade perdida, e non se recupera copiando un resultado.
converter cada
corrección • Convenza os alumnos para que completen sempre os exercicios,
nunha proba incluso aqueles que non comprenden ou que non saben resolver. A eles
de avaliación. pareceralles unha contradición, pero explíquelles que as súas mentes
Se os alumnos
comprenden mellor unha explicación se antes bateron coa dificultade;
teñen medo
a equivocarse que se esforcen por considerar unha estratexia e que aposten
nas tarefas diarias, por unha solución, aínda que despois resulte non ser a correcta.
recorrerán ao
engano ou á copia. • Asegúrese de que preguntan dúbidas. Ensínelles a non corrixir
un exercicio ata que non comprendesen onde estaba o erro.

Por que comentar un exame corrixido?


Unha proba oral e unha proba escrita non teñen por que ser o final
dun proceso: poden converterse nun instrumento para detectar
dificultades.
O máis recomendable é que, unha vez que o alumno realizou unha proba,
que a reciba xa corrixida o antes posible e que se habilite un tempo para
comentar os resultados e todas as correccións que o profesor puidera
marcar. Será máis enriquecedor se se abre a conversa a todos, porque
a maioría dos comentarios que xurdan serán de utilidade tamén a outros
compañeiros. Algunhas suxestións didácticas son as seguintes:
Axúdeos a diferenciar entre dificultades de contido e dificultades
de procedemento.
• Pase revista a estratexias básicas:
– Liches ao principio todas as preguntas para teres unha idea xeral?
– Seleccionaches primeiro as que che parecían máis simples?
– Reliches cada resposta antes de pasar á seguinte?
– Repasaches todo antes de entregalo?

82 Preparación de exames
• Interésese pola xestión do tempo:
– Deuche tempo a facelo todo con tranquilidade?
– Miraches o reloxo para calcular o tempo que che quedaba?
– Se atopaches dificultades nalgunha pregunta, que fixeches?
• Esixa unha análise dos resultados:
– Esperabas este resultado?
– Que podes mellorar?
– Que necesitas mellorar?

De que serve revisar un caderno?


Se de xeito periódico revisa os cadernos dos alumnos, estes estaranse
beneficiando por partida dobre:
• Por un lado, séntense incorporados a unha rutina de control que lles
dá seguridade: eles son constantes facendo as tarefas escritas
e o profesor interésase por iso e recoñécellelo en cada revisión.
Vense gratificados por seren responsables.
• Por outro lado, as anotacións que quedan tras cada revisión fanlles
caer na conta de dificultades que eles mesmos non
detectarían:
– Algúns exercicios de verbos están mal; repásaos.
– Por que non marcas o que corrixes na clase? Eu necesito saber
se te equivocas.
– Coidado, que ás veces non corrixes ben os exercicios.
– Coida máis a presentación, etc.

4. Estratexias: Recoñecer o que se aprendeu


Cando un alumno se detén para reflexionar para recoñecer
o que aprendeu:
• Recapitula sobre as aprendizaxes para darlles sentido.
• Toma conciencia dos avances.
• Constata o éxito das súas estratexias persoais e incluso
considera melloras.

Que miden as cualificacións académicas?


Nun informe de avaliación reflíctense os resultados do rendemento
escolar. Aceptando, como non pode ser doutro xeito, os requirimentos
que as instancias educativas lexislan sobre avaliación, o certo é que
a interpretación varía segundo a perspectiva que se adopte.
• Para os docentes, guiados pola normativa legal, eses resultados
proveñen da conxunción dos obxectivos alcanzados e das competencias.

Preparación de exames 83
A súa capacidade profesional permítelles distinguir entre resultados
puntuais e referencias globais de avaliación.
• Para os pais, eses resultados son a suma das capacidades
do fillo máis o esforzo que este realizou. A partir das cualificacións
manifestan actitudes de aprobación, de desaprobación ou de indiferenza;
proxectan unha imaxe de reforzo positivo ou de determinismo fatalista;
transmiten unha análise realista da situación ou enmascaran a realidade;
etcétera.
• Para o alumno, as cualificacións convértense na imaxe que proxectan
de si mesmos e son, á vez, o reflexo que a realidade lles devolve.
Poden utilizarse como un instrumento moi potente de reflexión
entre adulto e estudante.
Por iso, sexa cal sexa a corrente pedagóxica á que se adscriba
un docente, e sexa cal sexa a concepción que a familia teña do feito
pedagóxico, o certo é que para o verdadeiro protagonista da aprendizaxe,
é dicir, para o alumno, as cualificacións académicas deberían funcionar
como un recurso máis para recoñecer o que vai aprendendo e para reflexionar
sobre as súas actitudes e os seus hábitos.

84 Preparación de exames
Proba 1

Nome Data

Vas preparar unha proba escrita de Matemáticas. Para iso debes adestrarte
en organizar a información nunha táboa e representar os datos nun gráfico.

Representar datos graficamente


PREPARAR O EXAME
Sobremesas dun restaurante
María traballa nun restaurante e está revisando as sobremesas que serviu
nos últimos meses.
Xaneiro 70 flans, 80 iogures e 90 pezas de froita.
Febreiro 80 flans, 40 iogures e 90 pezas de froita.
Marzo 60 flans, 50 iogures e 90 pezas de froita.
Abril 50 flans, 60 iogures e 70 pezas de froita.
Maio 70 flans, 60 iogures e 90 pezas de froita.
Xuño 80 flans, 70 iogures e 80 pezas de froita.
Subliña en vermello o nome de cada tipo de sobremesa e en verde a cantidade
de cada unha delas.

Completa a táboa cos datos do texto. Despois, represéntaos no gráfico.

flans iogures froita


Xaneiro Flan Iogur Froita
Número de sobremesas

100
Febreiro 90
80
Marzo 70
60
Abril 50
40
Maio 30
20
Xuño 10
0
X F M A M X Mes
REVISAR O QUE SABES

Representaches todos os datos no gráfico? Fáltache algún?


Como pensas que o fixeches?


Por que o pensas?

Que pensas que podes mellorar?

Preparación
Técnicas de
de exames
estudo 85
Proba 2

Nome Data

Vas realizar unha proba escrita en que tes que completar os espazos
en branco que quedan nun texto.

PREPARAR O EXAME
Completar textos

As plantas fabrican o seu propio alimento

As plantas aliméntanse de forma moi diferente dos animais. As plantas


non necesitan tomar alimentos, porque os fabrican elas mesmas.
A alimentación das plantas realízase deste xeito:
Primeiro, as raíces toman da terra auga e sales minerais. A mestura da auga
e dos sales minerais que entra na planta chámase zume bruto.
Despois, o zume bruto ascende polo interior do talo e chega ás follas.
Nas follas, as plantas transforman o zume bruto en zume elaborado.
O zume elaborado está formado por auga e alimentos. Para facer esta transformación
as follas necesitan a luz solar.
Por último, o zume elaborado repártese desde as follas a toda a planta.

Le o texto con atención e subliña os datos seguintes.


Despois explica coas túas palabras como fabrican o alimento as plantas.

Con cor azul a definición de zume bruto.


Con cor vermella a definición de zume elaborado.
Con cor verde as substancias que forman o zume bruto e o zume elaborado.

FACER O EXAME

Completa o texto.

As raíces toman da terra .

Esa forma o bruto.

O ascende polo talo cara ás follas.

Nas follas as plantas transforman o zume bruto en ,

que contén e e que se reparte por toda a planta. 

REVISAR O EXAME


Tiveches problema en completar o texto?

86 Preparación de exames
Proba 3

Nome Data

Vas realizar unha proba escrita en que tes que completar un texto.

PREPARAR O EXAME

O artigo
Masculino Feminino

Completar textos
O artigo é unha clase de palabra que non ten
Singular o a
significado propio e que só serve para anunciar
a presenza dun substantivo. Por exemplo: Plural os as
o ouro, a canela, os conquistadores.
O artigo ten catro formas, segundo o xénero e o número do substantivo que acompaña.

Cando antes do artigo vai unha preposición: en, de, con, a e por, o artigo
contrae con estas formas, dando lugar ás formas no, na, nos...; do, da, das...;
co, coa...; á, ás, aos...; polo, pola, polos...

Le o texto e a táboa e responde.

Que é un artigo?

Con que palabras contrae?

Escribe catro substantivos comúns que leven diante cada unha das catro formas

do artigo.

FACER O EXAME

Completa o seguinte texto cos artigos que faltan e fai as contraccións que cumpra.

Cando conquistadores chegaron (a) desembocadura do río

e se introduciron (en) auga para vadealo, encontrábanse moi cansos.

Por fin expedición concluíra. cansazo reflectíase

(en) rostros, pero homes sentíanse satisfeitos.

aventura pagara pena!

REVISAR O EXAME

Completaches todos os ocos do texto?

Tiveches algunha dificultade?

Preparación de exames 87
Proba 4

Nome Data

Vas realizar unha proba oral de resposta curta sobre as células e o microscopio.

PREPARAR O EXAME
Le o seguinte texto e subliña as ideas máis importantes.
Responder oralmente

O microscopio e as células
Hai trescentos anos inventouse un aparello de grande importancia
para os científicos: o microscopio. Este aparello está formado por
unha ou varias lentes e emprégase para ampliar a imaxe do que se
está observando.
Cando os científicos comezaron a estudar co microscopio
os seres vivos, déronse de conta de algo: todos os animais e as plantas
están formados por un número enorme de partes minúsculas, que chamaron
células.
Unha célula, dun modo moi simple, é un pequeno saco cheo dun líquido
espeso.
Existen diversas clases de células, con formas moi diferentes. Os seus tamaños
son tamén distintos, aínda que a maioría son tan pequenas que non se
poden observar a simple vista. Nun milímetro poderíanse poñer en fila
cincuenta ou cen das nosas células. A súa característica principal é que
están vivas. É dicir, realizan as funcións de nutrición, relación e reprodución.
Aínda que son moi pequenas, as células teñen varias partes:
A membrana. É unha cuberta que rodea a célula e que a separa do exterior.
O núcleo. É a parte que controla o funcionamento da célula.
O citoplasma. É a parte que queda entre a membrana e o núcleo.
Está formado por auga con numerosas substancias disoltas. Ademais,
nel encontramos os orgánulos.

Sinala que preguntas se poden contestar coas palabras ou expresións


que subliñaches.
 Que é un microscopio?  Cal é a súa característica principal?
 Que é unha célula?  Cantas partes ten unha célula?

FACER O EXAME
Responde en voz alta as preguntas anteriores. Pensa ben as respostas. 

REVISAR O EXAME

Puideches contestar as preguntas coas palabras ou expresións subliñadas?

88 Preparación de exames
Proba 5

Nome Data

Vas realizar unha proba escrita en que tes que relacionar os coñecementos
que posúes sobre a materia e as súas propiedades.

PREPARAR O EXAME

Relacionar coñecementos
Os estados da materia
A materia pódese presentar en tres estados diferentes: sólido, líquido e gasoso.
Os corpos sólidos teñen un volume fixo e unha forma fixa.
Os corpos líquidos teñen un volume fixo pero non teñen unha forma fixa.
Os gases non teñen volume nin forma fixos.
Os corpos poden pasar dun estado a outro cando cambia a súa temperatura.
Isto denomínase cambio de estado.

Despois de ler o texto, ordena os datos na seguinte táboa.

Volume Forma
Si Non Si Non
Sólido
Líquido
Gasoso

Subliña a definición de cambio de estado.

FACER O EXAME
Tapa cun papel o texto e a táboa.
Le con atención os termos de cada columna.

Relaciona.
Os corpos sólidos Prodúcese cando a materia pasa dun estado a outro.
Os corpos líquidos Teñen un volume e unha forma fixos.
Cambio de estado Non teñen volume nin forma fixos.
Os gases Teñen un volume fixo pero non teñen unha forma fixa.

REVISAR O EXAME

Pensas que preparaches ben o exame?

Por que o pensas?

Preparación de exames 89
Proba 6

Nome Data

Vas realizar unha proba escrita que consiste en clasificar formas verbais.

PREPARAR O EXAME

A persoa dos verbos


Clasificar conceptos

Nas oracións: «Eu non levo nada» e «Nós levamos as canastras»,


as palabras levo e levamos son formas dun mesmo verbo: o verbo levar.
As formas verbais teñen número, poden estar en singular ou en plural.
A forma levo expresa unha acción que realiza unha soa persoa. Levo é unha forma
verbal que está en singular.
A forma levamos expresa unha acción que realizan varias persoas. Levamos
é unha forma verbal que está en plural.

Le o texto. Despois, escribe tres formas verbais de cada un dos seguintes verbos.

Pescar:

Correr:

Partir:

FACER O EXAME

Subliña a forma verbal de cada oración e pensa en cada caso quen realiza
a acción, un ou máis dun. Despois, completa a táboa coas formas verbais.
Eu teño sono.
Nós bailamos moi ben.
Singular Plural
Ti regarás as plantas.
Eles recollen a roupa.
Vós leredes un libro.
El dorme moito.
Gústame nadar.
Iremos ao campo.

REVISAR O EXAME
Pensas que colocaches ben todos os verbos?

Por que o pensas?

90 Preparación de exames
Proba 7

Nome Data

Vas realizar unha proba escrita de composición. Consiste en escribir


unha noticia sobre o descubrimento de América.

PREPARAR O EXAME

Compoñer un texto
Le o texto.

A chegada de Colón a América


Cando Colón chegou a América o 12 de outubro de 1492, pensou que dera case
a volta ao mundo e que se atopaba na costa oriental de Asia. Pero estaba equivocado,
o 12 de outubro chegou á illa de Guanahaní, á que lle chamou San Salvador.
Descubrira as terras dun novo continente: América. Saíra do porto
de Palos en Huelva o 4 de agosto de 1492 con tres carabelas: La Pinta, La Niña
e La Santa María. Ía na procura das especias, sedas, pedras preciosas e ouro
que se dicía que existían nas afastadas terras da India, China e Xapón.

Subliña os datos que responden as seguintes preguntas.


Que pasou? Quen é o protagonista? Cando ocorreu? E como ocorreu?
Onde ocorreu?

FACER O EXAME
Escribe unha noticia sobre o descubrimento de América.

Fai un borrador.
Redacta a noticia tendo en conta que debe responder as preguntas anteriores.
Pensa un título atractivo.
Escribe con claridade, brevidade e corrección.

REVISAR O EXAME


A noticia responde as preguntas anteriores?

Enténdense ben todos os datos?

Preparación de exames 91
Proba 8

Nome Data

Vas realizar unha proba escrita sobre un texto sobre as plantas.


Na proba terás que decidir cal é a resposta verdadeira ou falsa.
Responder verdadeiro ou falso

PREPARAR O EXAME
Le o seguinte texto e completa o esquema.

As plantas
As plantas son seres vivos pluricelulares que viven fixos á terra e fabrican o seu alimento.
Divídense en dous grupos: o das plantas con flores, que teñen flores e sementes,
e o das plantas sen flores, que non teñen flores e que se reproducen por esporas.
As plantas sen flores son os fentos e os musgos. As plantas con flores
reprodúcense mediante flores e sementes. Hai dous grupos de plantas con flores:
as ximnospermas e as anxiospermas.
As ximnospermas son árbores e arbustos, a maioría de folla perenne, coma os piñeiros
ou os abetos. As anxiospermas son a maior parte das plantas, tanto árbores coma
arbustos e herbas. Poden ser de folla perenne ou caduca. Son exemplos as aciñeiras,
as faias ou as papoulas.
As plantas fabrican o seu alimento mediante a fotosíntese. Necesitan auga, sales
minerais, dióxido de carbono e luz, e producen alimentos e osíxeno.
As flores son os órganos reprodutores das plantas. Comeza pola polinización,
que é o paso do pole dos estames ao pistilo. Tras iso, o óvulo transfórmase
na semente e o ovario no froito. As plantas tamén presentan reprodución asexual.

Ximnospermas
Árbores e
Plantas con flores
Teñen e
Anxiospermas
Arbustos,
Plantas e
Seres vivos pluricelulares
que fabrican o seu propio
alimento

Plantas sen flores


Non teñen e Musgos e
reprodúcense por

92 Preparación de exames
Proba 8

Nome Data

Completa.
Escribe o nome de dúas plantas con flores que coñezas.

Responder verdadeiro ou falso


Escribe o nome de dúas plantas sen flores que coñezas.

Escribe cinco preguntas que se poidan contestar cos datos do texto.

FACER O EXAME
Tapa cunha folla de papel o texto anterior.
Le detidamente cada oración antes de marcar.

Escribe verdadeiro (V) ou falso (F) en cada caso.

 Todas as plantas teñen flores.


 As plantas sen flores reprodúcense por esporas.
 As plantas anxiospermas producen flores e as plantas ximnospermas non.
 Os fentos reprodúcense por sementes.
 Os musgos son plantas moi pequenas con flores.
 O piñeiro e os abetos son árbores de folla perenne.
 Todas as plantas anxiospermas producen flores.
 As plantas fabrican o seu propio alimento mediante a fotosíntese.
 Para que unha planta se reproduza, o pole dunha flor ten que chegar ao pistilo.

REVISAR O EXAME


Marcaches ben todas as respostas?

Preparación de exames 93
Proba 9

Nome Data

Vas realizar unha proba escrita sobre acontecementos do século xix


en España. Terás que elixir a resposta correcta entre varias
posibles.

PREPARAR O EXAME
Elixir a resposta

Le con atención o texto e subliña os principais acontecementos que recolle.

O século xix
A Idade Contemporánea comezou en 1808 coa guerra
da Independencia, que enfrontou a España contra os franceses.
En 1812, durante a guerra da Independencia, aprobouse a primeira
Constitución española. Nela recollíanse os dereitos e deberes
dos cidadáns. A partir deste momento, o modelo de goberno
pasou de ser monarquía absoluta a monarquía constitucional. Con este
tipo de monarquía diminuíu o poder dos reis, que estaban obrigados
a cumprir a Constitución. No século xix tamén se crearon os partidos
políticos.
Na Idade Contemporánea, España perdeu os territorios que aínda conservaba
en América e en Asia. Este proceso comezou en 1810 coa independencia
dos territorios de América do Sur e finalizou coa perda de Cuba
e Filipinas en 1898. Nesta época, o territorio de España dividiuse
en rexións, que á súa vez estaban divididas en provincias.
No século xix a agricultura e a gandaría eran a base da economía.
A industria empezou a desenvolverse, pero menos ca nos países
veciños. As máis importantes foron a téxtil en Cataluña e a do ferro
no País Vasco.

Completa o esquema ordenando os acontecementos cronoloxicamente.

Ano Acontecementos

Século xix

94 Preparación de exames
Proba 9

Nome Data

FACER O EXAME
Le as preguntas con atención.
Contesta primeiro as preguntas das que sabes seguro a resposta.

1. Elixe a resposta correcta en cada caso.

Elixir a resposta
Cal destes feitos coincide co inicio da Idade Contemporánea en España?
  O descubrimento de América   A guerra da Independencia

Nunha constitución…
  Recóllense normas de convivencia  Recóllense os dereitos e deberes
dos cidadáns

En que ano se redactou a primeira Constitución española?


  En 1821   En 1812

Nunha monarquía absoluta…


  O poder do rei é limitado   O poder do rei é ilimitado

No século xix …

  Dividiuse o territorio español en provincias, que se agruparon en rexións


  Dividiuse o territorio español en rexións históricas

Na Idade Contemporánea…
  España perdeu un grande Imperio
 España perdeu os territorios de América e Asia

Que territorios perdeu España en 1898?


  Cuba e Perú   Cuba e Filipinas

A industria téxtil no século xix desenvolveuse…


  No País Vasco   En Cataluña

REVISAR O EXAME

Respondiches ben todas as preguntas?

Gústache este tipo de exame?

Por que?

Preparación de exames 95
Proba 10

Nome Data

Vas realizar unha proba de resolución de problemas. Tes que pescudar primeiro
o dato ou os datos que che faltan para resolvelos e inventalos.
Resolver problemas incompletos

FACER O EXAME

Le os problemas. Despois, completa a táboa escribindo os datos


que falten en cada caso.

María e Diego están fronte Ricardo comprou un ordenador.


ao escaparate dunha papelaría. Pagou 125 € de entrada e o resto
Queren comprar cadernos e lapis. vaino pagar en 4 mensualidades
Cantos cadernos e cantos lapis de 255 € cada unha.
poderán comprar?

Helena mercou tres bolsas O director xeral dunha empresa


de coches para o seu irmán. comprou unha cantidade de flores
Cada bolsa custoulle 12 €. para facer ramos diferentes.
Canto lle custaron tres bolsas Despois, entregará un ramo a cada
coma esta? Cantos coches un dos traballadores. Cantos ramos
comprou en total? entregará?

Un dato Máis dun dato A pregunta

Problema 1

Problema 2

Problema 3

Problema 4

96 Preparación de exames
Proba 10

Nome Data

Completa o que falta en cada problema e resólveo.

Resolver problemas incompletos


Problema 1:

Solución:

Problema 2:

Solución:

Problema 3:

Solución:

Problema 4:

Solución:

REVISAR O EXAME

Resolviches ben os problemas?

Tiveches algunha dificultade?

Preparación de exames 97
Proba 11

Nome Data

FACER O EXAME

Esta é a programación dun teatro. Lea detidamente.


Planificar estratexias

TEATRO TITIRITEIRO
  O alcalde de Zalamea   Cousas de papá e mamá
Sábado, día 29 de decembro Sábado, día 6 de outubro
Prezo: 12,5 euros Prezo: 11,5 euros

  Don Xoán   A princesa e o dragón


Sábado, día 27 de outubro Sábado, día 15 de decembro
Prezo: 21 euros Prezo: 6,25 euros

  Atraco ás tres Os vellos non deben


 
Sábado, día 17 de novembro de namorarse
Prezo: 12,5 euros ABONO: Hai Sábado, día 1 de decembro
un desconto Prezo: 12,5 euros
  Pedro e o lobo do 20 % coas
Sábado, día 10 de novembro entradas  O Gordo e o Fraco
Prezo: 9 euros da sesión van ao ceo
das 17:00 ou Sábado, día 13 de outubro
O soño dunha noite
  ao elixir cinco Prezo: 9 euros
de verán obras.
Sábado, día 20 de outubro   A historia de Cleta
Prezo: 11,5 euros Sábado, día 3 de novembro
Prezo: 21 euros
  Romeo e Xulieta
Sábado, día 22 de decembro A fiestra baldeira
 
Prezo: 12,5 euros Sábado, día 8 de decembro
Prezo: 11,5 euros
  Mambrú
Sábado, día 24 de novembro
Prezo: 12,5 euros

Tes que elixir os espectáculos aos que queres asistir atendendo


ao diñeiro que tes e ao tempo de que dispós. Para iso, debes
ordenar os datos e facer os cálculos necesarios.

98 Preparación de exames
Proba 11

Nome Data

Le a información con atención e sinala cunha cruz a resposta correcta.

 A información está desordenada e teño que ordenala.


 Interésame organizar os datos ordenando alfabeticamente as obras.

Planificar estratexias
 Interésame ordenar os datos por datas para poder elixir ben.

FACER O EXAME

Imaxina que queres sacar un abono, pero non queres ir ao teatro dous sábados
seguidos e só tes 48 euros.

1.º Calcula o desconto (o 20 %) que tería cada obra.

Don Xoán A princesa e o dragón


Os vellos non deben de namorarse Pedro e o lobo
O Gordo e o Fraco van ao ceo Atraco ás tres
A historia de Cleta Romeo e Xulieta
A fiestra baldeira Mambrú
O soño dunha noite de verán

2.º Completa o cadro cos datos necesarios.

Título Data por orde Prezo Desconto Importe final

3.º Escribe as funcións que incluirías no teu abono.

REVISAR O EXAME

Resultouche moi difícil confeccionar o abono de teatro?

Preparación de exames 99
NOTAS

100
NOTAS

101
NOTAS

102
NOTAS

103
Dirección de arte: Xosé Crespo.
Proxecto gráfico: Pep Carrió.
Xefa de proxecto: Rosa Marín.
Coordinación de ilustración: Carlos Aguilera.
Xefe de desenvolvemento de proxecto: Javier Tejeda.
Desenvolvemento gráfico: Raúl de Andrés, Olga de Dios, Julia Ortega e Jorge Gómez.

Dirección técnica: Ángel García.


Coordinación técnica: Ángeles Bárzano.
Confección e montaxe: Jesús Díaz e Victoria Lucas.
Asesoramento lingüístico: Antón Palacio e Luz Cures.

© 2014 by Santillana Educación, S. L./Edicións Obradoiro, S. L.


Entrecercas, 2
15705 Santiago de Compostela
Printed in Spain
Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou
transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos
ISBN: 978-84-680-8776-4 seus titulares, salvo excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro
CP: 618696 Español de Dereitos Reprográficos, www.cedro.org) se necesita fotocopiar
ou escanear algún fragmento desta obra.
Depósito legal: M-10040-2014

You might also like