You are on page 1of 1

https://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com/2019/04/encontro-de-mediacion.

html

VII ENCONTRO DE CONVIVENCIA POSITIVA

O pasado venres 26 de Abril eu mais outro compañeiro arrancamos


xa pola mañá cedo cara o colexio de Marín onde este ano tocou celebrar o
VII Encontro de Convivencia Positiva, ao que asistiron algúns
representantes de diferentes centros educativos de toda Galiza. Fixéronse
moitas e moi diversas actividades repartidas entre o venres 26 e o sábado
27.
Nada mais chegar acolléronnos moi ben, déronnos unas credenciais e
una carpetiña cunha libreta, un bolígrafo, una chaveiro e dous caramelos. A
continuación tivémonos que inscribir nas actividades que queríamos
participar cada día, xa que había moitas para escoller. E xusto despois de
comer tivemos unas actividades para coñecernos. Logo dispuxémonos a ir a
os obradoiros aos que nos apuntaramos, no que algúns alumnos/as nos
explicaban os proxectos que facían no seu colexio. De noite tamén tivemos
un contacontos moi entretido. E para rematar o día leváronnos aos
aloxamentos onde pasaríamos a noite, a algúns tocoulles ir a un hotel, e a
outros, como foi o meu caso, leváronnos a una escola naval militar. Foi una
experiencia nova para min, pero divertida.
Ao día seguinte despois de almorzar xa empezamos cos obradoiros
ata a hora de comer. Foron todos moi entretidos pero destacaría un que
trataba sobre a violencia sexual na parella e a eliminación da pornografía
como recurso de aprendizaxe, dirixido polas Towanda Rebels.
Despois de que acabaran os obradoiros, xantamos, e xa nos tivemos que
despedir das amizades que fixéramos eses dous días. Foi una experiencia
inesquecible e moi divertida, e sen dúbida para repetir.

Marta Fernández Sanjuán

You might also like