You are on page 1of 2

FICHA

FOTOGRAFÍA ANTIGA FOTOGRAFÍA ACTUAL

DATA DATA
1955- 1960 2013

LUGAR LUGAR
Monte do Caxado. As Pontes (A Coruña) Lago artificial das Pontes.

XEOLOCALIZACIÓN foto antiga XEOLOCALIZACIÓN foto actual


https://goo.gl/maps/WPPtA5dknbJ2 https://goo.gl/maps/4HefzRjYqdk

QUE APARECE NA FOTOGRAFÍA? QUE APARECE NA FOTOGRAFÍA


Os montes do Caxado, perto de As Pontes de O lago artificial de As Pontes de García
García Rodríguez, antes de seren plantados Rodríguez
de piñeiros

QUEN APARECE NA FOTOGRAFÍA? QUEN APARECE NA FOTOGRAFÍA?


Unha cuadrilla da repoboación forestal no A miña familia, entre eles o meu pai, nunha
Monte Caxado, - As Pontes. O capataz, no visita ó lago
centro da foto, encucado e coa man no
queixo, era o meu pai
QUE CAMBIOS SE TEÑEN PRODUCIDO ENTRE AMBAS FOTOGRAFÍAS?

A foto antiga corresponde ós labores de repoboación forestal que se levaron a cabo en


distintos montes de Galicia por parte do Patrimonio Forestal do Estado, más tarde Instituto
para la Conservación de la Naturaleza, ICONA, na década dos sesenta. Plantaban pino e
tales accións xeraron as protestas dos veciños, que temían que rematasen co dereito de ter
o seu gando no monte, libre.
Co tempo, a ordenación avanzou no sentido de prepararlles pastizais, pistas, bebedoiros,
etc. Así ocorreu na Capelada, en Cedeira ou en Toques (A Coruña) e en moitos outros
lugares de Galicia
Foi a orixe dos bosques que vemos hoxe no monte público, pois no privado plantouse
moito eucalipto. Cambiou os costumes e a forma de explotación do monte, así como a da
madeira. Máis adiante asistimos á chegada do aproveitamento enerxético coa instalación
de centos de muíños eólicos que tamén mudaron a pasaixe considerablemente.

Os traballadores das cuadrillas eran xente do campo, neste caso viaxaban a maioría dende
as parroquias de Cedeira, que engadían un diñeiro ós ingresos familiares, escasos por regra
xeral. Pagábanlles cincuenta pesetas ó mes, unha boa parte das cales empregaban na
comida que levaban eles da casa.
Xa se ve na foto que había alguna muller e rapaces moi novos e que os traballos se facían á
man, con tanas, palas, picos e outros apeiros rudimentarios.

Na fotografía actual aparece o lago das Pontes, no marco doutro cambio na paisaxe e na
conservación da mesma zona
Trátase da rexeneración dunha mina de lignito, clausurada, que proveía dese mineral a
ENDESA. No seu lugar foi creado un lago artificial, coa súa praia e instalacións para a
práctica de deportes de vela e outras actividades.
Este proxecto enmárcase na liña de protección do medio ambiente e conservación sostible
do patrimonio, nunha zona gravemente afectada pola actividade mineira e da central
térmica.

OBSERVACIÓNS

You might also like