You are on page 1of 10

Grupo de traballo de robótica 2018/19 CPI A PICOTA

MANUAL DE CONFIGURACIÓN IMPRESORA 3D

CONFIGURACIÓN DA IMPRESORA 3D, DOS AXUSTES EN REPETIER HOST E DO


LAMINADOR SLICE3

REPETIER

A impresora 3D é unha nova ferramenta que podemos incorporar ao mundo


educativo como elemento motivador e con didáctica na meirande parte das
materias. Esta esixe un manexo das tecnoloxías e posibilita a alfabetización
dixital e múltiple do noso alumnado.

Aquí pretendemos facer un manual básico de uso para principiantes e a partir


de aí poder sacarlle o máximo proveito.

Unha vez instalado o software : https://www.repetier.com/download-now/

O primeiro é cargar- importar un obxecto para o REPETIER (software que nós


usamos), para iso, na pestana de obxectos, facer clic no “+” de añadir,
incorporas o obxecto a imprimir, o cal debe estar en arquivo “.stl”
Grupo de traballo de robótica 2018/19 CPI A PICOTA

O segundo paso é duplicar, centrar, escalar, rotar, etc...en definitiva facer os


axustes precisos no obxecto, se o cremos necesario.

Unha vez que teñamos xa o obxecto preparado para imprimir como queremos,
pasamos a laminar. Prememos no rectángulo de Slice con slice3r, aínda que
previamente, podemos facer axustes de varios parámetros no laminador.

Xa laminado, danos a opción de imprimir directamente (sempre que teñamos a


impresora conectada vía USB ou WIFI ao ordenador) ou de gardar o arquivo na
tarxeta SD que cargaremos na impresora.

Para imprimir, debe estar o obxecto en formato “.gcode”, que xa o fai por
defecto seguindo estes pasos.
Grupo de traballo de robótica 2018/19 CPI A PICOTA

Para facer axustes en Slic3r, debemos premer en configuración e facer os


axustes que consideremos apropiados, aínda que para modificar estes datos xa
debemos ter unha experiencia previo e un coñecemento básico.

De tódolos xeitos, pasamos unha secuencia de imaxes coa configuración tipo,


coa que nós estamos imprimindo con boa calidade.
Grupo de traballo de robótica 2018/19 CPI A PICOTA

CONFIGURACIÓN TIPO DO SLIC3R

Capas e perímetros

Recheo
Grupo de traballo de robótica 2018/19 CPI A PICOTA

Brim

Soporte do material
Grupo de traballo de robótica 2018/19 CPI A PICOTA

Velocidade

Extrusores
Grupo de traballo de robótica 2018/19 CPI A PICOTA

Opcións avanzadas

Filamentos
Grupo de traballo de robótica 2018/19 CPI A PICOTA

Cooling

CONECTAR IMPRESORA POR USB

No Reptier, buscamos configuración_configurar impresora_ e buscar en que


porto está e seleccionar (en administrar dispositivos deberiamos tela
localizada).
Grupo de traballo de robótica 2018/19 CPI A PICOTA

ASPECTOS E CONFIGURACIÓN DUNHA IMPRESORA 3D

Na base quente, é dicir, no cristal debemos por algo de laca para que a peza
estea pegada e poida imprimir sen moverse as sucesivas capas que vai
soltando.

Despois, dentro do display (pantalla) recoméndase seleccionar as opcións de


FILAMENTO ( insertar o fío, probar como o extrúe) e sobre todo en CONTROL,
un aspecto que nos parece importantísimo é nivelar a base nos catro puntos,
para iso usamos unha tarxetiña xa para iso pero tamén nos vale cun folio que
debe pasar xusto entre extrusor e cama. Para subir ou baixar cama debe ter
unhas rodiñas nas bordes desta pola parte inferior.

Unha vez encendida, recomendamos imprimir coa tarxeta SD para evitar


calquera erro ou problema que poida haber no ordenador, sobre todo cando
hai moita xente diferente que o usa. Así pois, en encendida, insertarmos
tarxeta SD e bucamos o arquivo a imprimir e presionar ok.
Grupo de traballo de robótica 2018/19 CPI A PICOTA

VÍDEOS TITORIAIS

Con esta información, encadrada con títulos de configuración dunha impresora


3D, mantemento máis importante e manexo do software, editamos uns vídeos
para ter outro formato diferente onde se poida explicar máis gráfica e
rapidamente estes aspecto que consideramos básicos para un uso básico e
primeirizo das impresoras.

Configuración:

https://youtu.be/yL8X4w5ni-g

Mantemento

https://youtu.be/3y1oy3BKIAs

Software

https://youtu.be/SX47_MvJ9X8

You might also like