You are on page 1of 2

FICHA

FOTOGRAFÍA ANTIGA FOTOGRAFÍA ACTUAL

DATA DATA
Agosto 1990 Febreiro 2019

LUGAR
Xardins de Mendez Nuñez - A Coruña

XEOLOCALIZACIÓN https://goo.gl/maps/8CWEuhbshy22

QUE QUE APARECE NA FOTOGRAFÍA


APARECE
NA Nesta fotografía aparece un dos cabaliños de carton que circulaban a pedais polos xardíns de
FOTOGRA Mendez Nuñez os domingos e festivos.
FÍA? O lugar é precioso, unha explanada situada entre o kiosko da música e a estátua de Daniel Carballo
y Codesido ao fondo, con palmeiras bordeandola a ambos lados.
Para os meus fillos era una alegría cando os domingos baixabamos polo centro e paseábamos polos
xardins. Corretaban por alí alegremente e xogaban e despos había que dar una volta nos cabaliños, eso
non podía faltar.
Habiaos de varios cores: marrons, verdes, brancos…. Todos trotaban alegremente polo paseo.
Cando viñan outros nenos de visita á Coruña era obrigatorio a visita aos cabaliños, porque cabalerias
así non as había por outros sitios ao parecer.
Hoxe os nenos pasean pola explanada cos seus xoguetes mais modernos, e xogan no parque infantil
que foi construido posteriormente. Pero xa nunca mais poderan galopar nos cabaliños de carton de
grato recordo……
QUEN QUEN APARECE NA FOTOGRAFÍA?
APARECE
NA
FOTOGRA Meu fillo e una amiga.
FÍA?

QUE CAMBIOS SE TEÑEN PRODUCIDO ENTRE AMBAS FOTOGRAFÍAS?

Na nova fotografía aparece a explanada dos xardíns, e, anos despois, apenas hai cambios no que se mira ao
fondo,que é o kiosko da música e o casino do hotel, pero xa non circulan os cabaliños a pedais.

OBSERVACIÓNS

A atracción dos cabaliños, despois de moitos anos de traballar, estes e outros modelos anteriores, desapareceu
casi da noite para a mañán no ano 1995, ao parecer cando o se xubilou o seu derradeiro propietario, e ainda que os
seus fillos intentaron poñerse en contacto co Concello para poñelos novamente en movemento, non tiveron éxito.

Seguramente considerouse que era xa algo obsoleto para os nenos dos nosos tempos, acostumados aos xoguetes
mecánicos, ordenadores e demais, pero para os meus fillos e os de outras xeraciones anteriores creo que constituen
un lindo recordó dos seus paseos polos xardins de Mendez Nuñez .

You might also like