You are on page 1of 8

REVISTA CULTURAL A.C.

FRAICELLUS

Anotacións históricas sobre a pesca en Francelos


Frutos Fernández González

Introdución
Entre as fermosuras paisaxísticas do Ribeiro, que son moitas, ocupa un lugar senlleiro a do val de Francelos. Esa
fértil veiga orientada ó surleste; gardada dos fríos ventos do setentrión polos ramais do Faro de Avión; que
observa a poética entrega das nobres augas do Avia no pai Miño, diante do maxestoso fondo montañoso que
preside o coto de Novelle; que chega a imaxinar, cara ó sur, e sobre horizontes máis abertos, outros territorios
irmaus máis alá das terras da Arnoia e dos cumes do Leboreiro; esa fértil veiga de Francelos, digo, goza da
fermosura clásica das paisaxes agrarias que cantara Virxilio nas Xeórxicas. E non pode ser casualidade que leve
por segundo nome o de Valparaíso, pois o Paraíso non é outra cousa na tradición cristiá có mito do espazo e do
tempo ideais; e, por suposto, perdidos.

Pero, ademais das fermosuras paisaxísticas, ten Francelos outros atractivos menos coñecidos. Un deles, a súa
enigmática historia. Son múltiples as preguntas que se fai o historiador diante dos documentos e de todo o que se
ten publicado sobre Francelos. O significado exacto do topónimo, a correcta datación e clasificación artística dos
elementos arquitectónicos prerrománicos da ermida de San Xes, o misterioso mosteiro do que temos noticias no
século X e logo desaparece, a estraña conformación da parroquia, máis unida ó burgo de Ribadavia có lugar de
Francelos.... Son enigmas para os que a maioría das respostas dadas ata o de agora, cando non resultan
contraditorias, semellan incompletas.

Non obstante, neste traballo para a revista Fraicellus, non vou a escribir nin sobre as paisaxes de Francelos nin
sobre eses enigmas da súa historia que tanto me gustaría desvelar. Vou a escribir sobre algo do que se ten escrito
pouco: a importancia histórica da pesca en Francelos, da que quedou, como rastro, a tradición de comer as súas
afamadas anguías. Apostaría que, se preguntásemos ós ribeiraos polo máis destacado de Francelos, case
ninguén falaría da fermosura das súas paisaxes nin da importancia histórico-artística da ermida de San Xes; unha
maioría, eu incluído, decantaríase polas anguías. E iso a pesar de que Francelos non organiza ningunha festa
gastronómica na honra de tan saborosa especie e de que xa hai máis de corenta anos que, a consecuencia da
construción do encoro de Frieira, non se pescan anguías nas súas augas. E é que Francelos forma parte desde hai
moito tempo da particular xeografía gastronómica de tódolos riberaos, talvez unha das xeografías máis gozosas
e, desde logo, das que máis permanecen na memoria. Un remata por esquecer paisaxes que divisou, nomes de
pobos que visitou e ata de amigos que tratou, pero dificilmente esquece o lugar onde un día ben xantou.
Ademais, no meu caso, ese bo xantar non foi cousa dun día nin de dous senón verdadeira tradición durante anos
e anos. Francelos é para min sinónimo de noites de verán, de festas de San Xes, de troulas cos amigos da
mocidade e de noites moi felices arredor de mesas onde non faltaba o viño nin os pementos, pero nas que o
protagonismo sempre era para as anguías fritidas. Ben merecido ten Francelos, polo tanto, este meu pequeno
esforzo por afondar no coñecemento da súa tradición de pobo pescantín en xeral e anguieiro en particular.

As primeiras referencias
A primeira referencia que teño sobre a pesca en Francelos remóntase nada menos que ó ano 1166, ano no que o
Rei Fernando II concede ó mosteiro de Melón doazón de «illam veigam de Francelos que jacet contra Arnoiam,
quomodo dividit de Castrelo husque ad faucem Arnoia cum media Dareza -a veiga de Francelos que está do lado
da Arnoia segundo colle desde o linde con Castrelo ata a foz da Arnoia, coa metade de Reza-..., cum pratis,
pascuis, montibus, fontibus, rivis, molendinis, piscariis, vineis, arboribus, terris cultis et incultiis et cum
omnibus directis et pertinenciis suis... -cos prados, pastos, montes, fontes, regueiros, muíños, pesqueiras1, viñas,
árbores, terras cultas e incultas...-». O documento xa fai referencia, como vemos, ás pesqueiras do Miño, pero
ademais demostra algo moi importante: que a veiga de Francelos tamén se estendía ó outro lado do río, á parte

1
Estas piscariis „pesqueiras‟, do documento, de piscem+-aria, poden interpretarse de dous xeitos: coma „lugares abundantes en pesca
ou coutos de pesca‟, ou ben „construcción artificiais consistentes en diques ou presas de pedra, colocadas en diagonal co curso do río,
onde se pesca ou coas que se desvía a auga para poder pescar‟. Eu entendo máis ben o segundo, pero o segundo implica o primeiro.

A.C.FRAICELLUS 13
REVISTA CULTURAL A.C. FRAICELLUS

Zona coñecida como "A Barca". Ao fondo A Reza. Fondo do Museo Etnolóxico de Ribadavia.

de Reza, unha circunstancia que reforza a miña crenza de que Francelos foi na súa orixe o nome dunha paraxe
que se estendía ós dous lados do río e que nada ten que ver o topónimo con antigos poboadores Francos, aínda
que esa hipótese sexa a máis defendida entre os especialistas en toponimia e resulte impecable desde un punto de
vista estritamente lingüístico.

Dez anos despois da citada doazón do que logo se chamaría coto de Reza, en xullo do ano 1176, o mesmo rei
Fernando II, quen dous anos antes concedera ós hominis burgensis de Ripa Avie o seu famoso Fuero -o foral de
Ribadavia-, estende nova carta de doazón a favor do mosteiro de Melón, esta vez do territorio do reguengo de
Francelos, quomodo dividit per medium fluvium Minei, et quomodo dividit cum Mirancio, et cum burgo Ripe
Avie –conforme o separa polo medio o río Miño, e linda con Miranzo2 e co burgo de Ribadavia3-. De novo se
repite a mesma cláusula sobre a extensión do dominio concedido ós monxes de Melón: prados, pastos, montes,
fontes, regueiros... e por suposto ás pesqueiras do Miño.

Os sábalos4
Son numerosas as noticias, posteriores a esas dúas doazóns, referentes ás pesqueiras do Miño, tanto de Francelos
coma de Reza, na documentación medieval de Melón. Os foros referentes á pesca rexistran, en xeral, unha renda
común a pagar da cuarta parte do peixe pescado. Así, o dun tal Juan de Montes, datado no ano 1445, «da metade

2
Este linde indica que o reguengo de Francelos estendíase nun principio ata os marcos de Miranzo, á altura do antigo Porto a Miranzo,
onde cruzaba a barca de Meréns. Pero dado que na doazón do Couto de Melón ó mesmo mosteiro, o Couto comezaba no río Brul,
pasou a considerarse este río como linde de Francelos co Couto de Melón.
3
Ver a demarcación do Couto de Francelos con Ribadavia na reproducción das follas correspondentes do libro do Tombo Dourado de
Melón (1703-1706) (A.H.P.O. Clero, L 340).
4
Sábalo (Alosa alosa). Foi un dos peixes máis importantes do Miño en canto ó aproveitamento pesqueiro. Vive no mar e sobe a
desovar nos ríos. Escribía Eladio Rodríguez: «...se introduce en los ríos a principios de la primavera, y sólo se halla en el Miño y
algún otro río caudaloso porque no salta presas ni cascadas como el salmón y la trucha. La pesca del sábalo en el Miño empieza
hacia marzo en Tuy, y continúa por casi todo el río hasta junio y julio, tiempo en que se cogen con abundancia hasta Ribas de Sil, tres
leguas más arriba de Orense. Su carne es blanca y compacta, pero gustosa; y aunque se halla penetrada de espinas en forma de
horquilla, de todas maneras tiene muchos partidarios. Los sábalos* se desarrollan en el mar, suben por los ríos en la primavera para
el desove, y terminado este se dejan conducir por la corriente, que los lleva al mar de nuevo. Los hijos nacen en los ríos
permaneciendo poco en ellos, yéndose al mar para llegar a su desarrollo y reproducirse en la primavera del mismo modo que sus
padres...». Informa Cornide que «..La pesca del sábalo en el Miño empieza a principio de Marzo hacia Tuy, y continúa por todo el Rio
hasta Junio y Julio; en cuyo tiempo se cogen en abundancia hácia Ribas del Sil que está tres leguas más alto que Orense... ».

A.C.FRAICELLUS 14
REVISTA CULTURAL A.C. FRAICELLUS
5
dos naseiros de Voqueriño», establece «que
os armedes con redes do pescado en cada un
ano que se non perca o pescado et darnos e
des de cada un ano de foro a quarta parte do
pescado que Deus y der». Tamén resultan
comúns os conflitos co mosteiro de Celanova
polos dereitos da pesca no Miño, por iso en
data indeterminada do século XIV se fai
información moi extensa sobre os sábalos que
se collían na Reza. En tal información, as
numerosas testemuñas declaran que o
mosteiro de Melón recibira de sempre a
cuarta parte dos sábalos que se pescaban en
Reza. O conflito desembocou nun preito entre
os dous mosteiros no ano 1496. Resolveuse
coa mediación dun famoso abade de San
Clodio, Rodrigo de San Xes, bispo de
Laodicea. Na concordia entre os dous
Porta dos escoaleiros.
mosteiros establecíase, apoiándose en
6
escrituras antigas, que na «pustura da pesca
en a sazon7 dos sabalos» o mosteiro de Melón podía traer ata seis barcos con seis redes, mentres o de Celanova
traería un máximo de dous barcos con dúas redes. Os barcos de Celanova poderían levar os sábalos libres de
quintos e décimos a Deus sen pagar cousa algunha ó mosteiro de Melón, sempre que «o dito moesteiro de
Celanova llebare as relleiras8 dos veciños da Arnoya que vieren a pescar a dita postura que he en cada barco
con sua rede hun sabalo cada dia».

A porta dos escoaleiros9 de Ribadavia: escalos10 e lampreas11


Dun par de foros do século XV podemos deducir a importancia das capturas de lampreas e escalos nesa época. O
aforamento, en 1419, a Gonzalo Rodríguez das azeas12 do Moogo „as aceas do monxe‟, que estaban no río Avia,
«su a porta dos escoalleiros da dita vila (Ribadavia), et con os caneiros13 que estan en a calzada da dita azeña»,
establecía, ademais dunha renda anual de tres fanegas de centeo, tres de millo e seis de trigo, a obriga de que
«nos diades en cada un ano unha boa lamprea a quinze de abril». Outro foro outorgado a Gonzalo de Leirado

5
Naseiro. Lugar onde os pescadores colocaban as nasas. En Portugal o naseiro identifícase semánticamente cos canais e caneiros, e
aquí debe ter o mesmo significado. As nasas son aparellos de pesca en forma de cestos de forma cilíndrica, con boca ampla que se vai
estreitando, en forma de funil no interior, para apañar anguías e outros peixes. En Francelos as nasas das anguías facíanas os cesteiros,
normalmente de vergas de salgueiro, duns 50 x 15 cm. As máis grandes recibían o nome de nasóns. Tamén se podían construír de rede
ou de arame.
6
Postura. Acción de largar as redes.
7
Na sazón. No tempo axeitado.
8
Non atopei o significado claro de relleira aplicado á pesca. Pero, en todo caso, relleiras deben ser rellas, que non son máis que redes.
9
Escoaleiros. Os pescadores de escalos.
10
Escalo (Squalius carolitertii). Informaba Cornide que estes ciprínidos eran moi comúns no Miño e que se denominaban peixes para
distinguilos das troitas, «pero hacia Orense y Ribadavia se les da el nombre específico de Escalos, que sin duda tomaron de los
Portugueses...». A carne destes peixes é seca e de pouca substancia, pero por Agosto e Setembro, cando xa se produciu o desove,
resulta bastante agradable, e en todo o Miño consumíanse moitos, tanto fritidos coma cocidos. No Ribeiro co nome de peixes alúdese,
entre os non entendidos, tanto a escalos coma a bogas (Chondrostoma polylepis).
11
Lamprea (Petromyzon marinus). Outro dos peixes característicos da pesca tradicional nas nosas terras, tanto no Miño coma no
Avia, ata que a construcción do encoro de Frieira impediu a súa subida. Nace no río e de adulto vive no mar coma uns trinta meses,
logo volve para desovar ós riós entre decembro e abril, que é cando se pesca. A carne da lamprea é forte, pero o seu delicado gusto
faina moi apetecida. Adoita guisarse co seu propio sangue. No pasado, cando abundaban moito, as lampreas secábanse coma o congrio
e así conservábanse bastante tempo, preparandoas logo cocidas con verduras e sazonadas con aceite e vinagre.
12
Acea. Muíño situado dentro da corrente do río. Diferénzase do muíño común en que a acea móvese grazas a unha gran roda
hidráulica colocada verticalmente, que se move ó cae-la auga nas súas paletas.
13
Os caneiros son as canles que se fan no río para a pesca. Na Foz, en Ribadavia, aínda se poden observar restos de moitos destes
antigos caneiros, que foron utilizados ata mediados do século pasado.

A.C.FRAICELLUS 15
REVISTA CULTURAL A.C. FRAICELLUS

A.C.FRAICELLUS 16
REVISTA CULTURAL A.C. FRAICELLUS

Demarcación do Couto de Francelos segundo consta no Tombo Dourado de Melón (Arquivo Histórico Provincial de
Ourense, Sección Clero, Libro 340).

A.C.FRAICELLUS 17
REVISTA CULTURAL A.C. FRAICELLUS

no ano 1436, pola acea de su a porta dos escoaleiros, obrigaba a un pago de dezaseis fanegas de pan, metade de
trigo metade de centeo, e, polos caneiros, «dez lambreas boas e seis duzeas de escoallos en todo o mes de
Abril».

Sobre a importancia da pesca de escalos na Idade Media dános idea o salientable feito de que unha das portas da
vila de Ribadavia, é de supoñer xusto a que se atopa a carón da igrexa da Madanela, levase o nome dos que se
dedicaban á pesca desta especie: a porta dos escoaleiros. Un documento que rexistra Ferro Couselo na súa Vida
e fala dos devanceiros, relativo a unha avinza cos escoalleiros de Ourense, do ano 1438, que fixaba os prezos
dos cambos14 dese peixe na cidade de Ourense, non fai máis que reforzar a crenza na grande importancia que
tiña este ciprínido na dieta dos nosos devanceiros no século XV. Segundo me informa Secundino Lorenzo,
grande experto en todo o relacionado coa pesca nos nosos ríos, os escalos aínda son relativamente abundantes no
Miño, e vendíanse en grandes cantidades na praza de abastos de Ourense ata finais da primeira metade do
século pasado.

A pesca na Idade Moderna: troitas15, lampreas e anguías16


As noticias sobre a pesca en Reza e Francelos continúan repetíndose ó longo de toda a Idade Moderna na
documentación de Melón. Así, nunha información sobre os veciños do couto de Reza, do ano 1580, lemos:

« Derechos del Rio. Ansimesmo tienen derecho en el rrio y por el pagan de foro el quinto de todas las
lampreas y truchas y de todos los demas peces que se pescaren en la dha Jurisdicción y les a balido en
cada un año mill maravedies.».

E, con respecto a Francelos, nun libro do século XVIII da Granxa de Outeiro, o lugar no que Melón cobraba as
rendas do couto, aparece este curioso apunte:

« La pesca asi del molino como de los rios de Otero y Prexigueiro es de esta Granja enteramente todos los
viernes del año: y los pescadores tienen obligacion de traerla siempre en estos dias a la granja y si no lo
hiciesen el P. Prior les puede llebar la pena que quisiere; sin cuia lizencia ninguno puede pescar jamas.
Tengase mucho quenta con ellos que son grandes vellacos.».

Outra referencia do Tombo Dourado (1703-1706) aclara cal era a parte do Miño onde a pesca estaba baixo a
xurisdición do mosteiro de Melón e a función de policía que realizaban os gardas do mosteiro:

«…es dueño y señor del pedazo y tabla del rio Miño que ay desde la varca de Merens asta encima de la
varca de Porto Corbeira y por otro nombre de Riuadavia; y como tal siempre ha estado y esta en
posessión de prohibir, quitar y castigar por si y sus guardas a aquelesquiera perssonas ... que sin licencia
y permiso deste dicho Monasterio entraren publicamente a pescar en dicho rio Miño, castigándoles y
multandoles ad libitum ... ... si alguna perssona entrare a pescar sin licencia del Monasterio y siendo
cojidos por sus guardas, les puedan prender... ».

Información bastante cumprida sobre a pesca dánola tamén o Catastro de Ensenada (1753). Explica, ademais,
que o lugar e partido de Francelos tiña por esas datas cincuenta veciños e era de señorío do mosteiro de Santa
María de Melón, quen nomeaba xuíz que entendía nos casos de xurisdición civil e criminal. Nos asuntos de
concello, pertencían os veciños de Francelos á vila de Ribadavia, e no espiritual, á freguesía de Santa María

14
Cambos. Ristras de peixes –troitas, escalos, anguías...- que se enfían, un tras doutro, nunha pola cortada dunha árbore ou nun xunco.
15
Troita (Salmo trutta fario). Da familia dos salmónidos, foi o peixe máis característico dos nosos ríos e agora está en claro retroceso.
Recoñécese facilmente pola súa librea de pintas vermellas, negras ou das dúas cores. Ten carne delicada de moi bo gusto e pode
prepararse cocida, fritida ou en escabeche.
16
Anguía (Angilla anguilla). Peixe moi abundante en tódolos ríos galegos, ata que os embalses impediron que subisen augas arriba.
Antes desa desafortunada circunstancia, escribía don Eladio: «...Cógense las anguilas en la casi totalidad de los ríos de Galicia y con
más abundancia en el Miño... .». A anguía é un manxar exquisito. No Ribeiro consómese preferentemente fritida, con algo de pemento
picante, pero tamén se comen guidadas ou en empanada. No pasado, en Galicia, secábanse e salábanse e así consumíanse todo o ano,
sobre todo cocidas con coles.

A.C.FRAICELLUS 18
REVISTA CULTURAL A.C. FRAICELLUS

Magdalena. O mosteiro cobraba polo señorío varios dereitos xurisdicionais, entre eles, unha galiña por veciño ó
ano e unha cuarta de viño por cada un que tivera adega e lagar. E con respecto á pesca lemos:

«Mas percive de todas las personas que pescan en el rio Miño en el distrito que comprende de dicho
termino de Franzelos y en los meses que pescan anguilas seis docenas de ellas en los viernes de cada
semana y le regulan de utilidad al año sesenta reales de vellon. ».

É a única referencia explícita que atopei respecto das anguías de Francelos, pero moi significativa.
Evidentemente, as rendas das anguías debían ser bastante superiores –hai que ter en conta que o Catastro de
Ensenada foi elaborado con intencións fiscais e está comprobado que houbo importantes ocultacións nas
declaracións-. O feito de que se faga mención exclusiva das anguías, ademais de evidenciar a ocultación das
rendas cobradas por outro tipo de pescas, indica, baixo o meu punto de vista, que xa nesta época podían ser as
anguías as capturas máis importantes no couto de Francelos.

A través do Catastro de Ensenada podemos facernos unha idea da importancia que tiña a pesca en Ribadavia e
Francelos a mediados do século XVIII. Na resposta á pregunta 37 do interrogatorio correspondente, infórmase
de que algúns veciños tiñan barcos para pescar no Miño. Concretamente, cinco veciños, tres de Francelos e dous
de Ribadavia, posuían tales barcos, nos que levaban unhas redes «que llaman barrederas17 con las que cojen
muchos peces y suporte para la manutención». Tamén dá conta da existencia dun total de vintedúas pesqueiras
con canales „caneiros‟ nos que «arman redes para pescar truchas y pezes». Un deses caneiros estaba na presa
do muíño do Rial, no Avia, outros tres, na acea do mesmo río, que era propiedade do mosteiro de Melón, e os
restantes dezaoito debían ser caneiros independentes de calquera muíño ou acea. Todos eses caneiros tiñan os
seus propietarios, que declaraban unha utilidade media duns doce reás por caneiro, que tamén pode supoñerse
bastante por debaixo da rendibilidade real de cada pesqueira.

En última instancia, hai que entender que a importancia económica da pesca debía ser bastante superior á que
parecen indicar tanto o catastro de Ensenada coma os libros forais de Melón. Seguramente, un número
importante de veciños, tanto de Francelos coma de Ribadavia, realizaban algún tipo de actividade pesqueira, con
redes, con canas e incluso con fisgas, sen que tivesen foro algún, soamente coa licenza que lles estendería o
mosteiro de Melón.

A pesca na Idade Contemporánea


Unha vez desaparecidos os mosteiros, logo da desamortización, diminúen as noticias documentais sobre a
actividade pesqueira nesta zona do Miño e do Avia, . Seguramente haberá información abondosa nos protocolos
notariais da segunda metade do XIX e principios do XX, pero está por facer esa investigación. Non obstante,
temos algunhas referencias importantes do século XIX. O dicionario Miñano (1826-1829), no artigo
correspondente ó Avia, di: «Este río es el que da nombre al Rivero y abunda de mucha pesca, como son, reos ,
anguilas, truchas de mucho gusto, lampreas, etc,; siendo muy particulares y de estraordinaria estimación las
truchas grandes llamadas vicales...». Pouco máis tarde, no dicionario Madoz (1846-1850), na voz
correspondente ó río Francelos, Barcia ou Brul, lese: «Sus aguas fertilizan algunos terrenos, y abundan en
truchas salmonadas y comunes, buenas anguilas y otros peces menudos. ». E, por esa mesma época, Francisco
de Paula Mellado escribe sobre o val do Ribeiro na súa obra Recuerdos de un viaje por España (1850): «muy
fértil y delicioso, y notable por los excelentes vinos que produce... hay, además, mucho trigo, centeno, cebada,
maiz, frutas delicadísimas, caza menor y pesca de anguilas, truchas, lampreas, sábalos y algunos salmones».

17
Sobre as redes barredeiras escribe don Eladio: «Red de arrastre que se usa mucho en el río Miño, y tiene unos 37 metros de largo
por 2,40 de ancho. Esta red fluvial lleva en la parte superior una cuerda con flotadores de corcho, que llaman corda dos cortizos, y en
la inferior, denominada corda dos ferros, van sujetos los plomos, con los cuales se forma un seno, como en la CHUMBEIRA. A la
altura de los corchos amárranse dos LIÑÓS, que son cuerdas sólidas y largas, una de las cuales queda en el barco, recogiendo la otra
el pescador que queda en tierra para seguir la ruta de la embarcación, que lentamente penetra en las aguas, al mismo tiempo que el
PESCANTÍN suelta poco a poco la red; y cuando ésta queda totalmente tendida, traza una curva amplia hacia la orilla, hasta juntar
los dos cabos o LIÑÓS, para recoger la red y guardar en el barco los peces cogidos. ».

A.C.FRAICELLUS 19
REVISTA CULTURAL A.C. FRAICELLUS

Nasas a carón do río Miño ao seu paso por Francelos.

A memoria das persoas de máis idade permítenos saber que a pesca foi parte fundamental na economía da
maioría das xentes de Francelos e de moitos habitantes de Ribadavia ata mediados do século XX, e que quedou
reducida á súa mínima expresión, nunha faceta puramente deportiva, desde a construción do encoro de Frieira.
Esta presa, coma outras semellantes, eliminou todo o negocio da pesca da anguía e da lamprea e asolagou
tódolos caneiros do Miño e da desembocadura do Avia; coa presa foise tamén o
importante negocio da venda de peixes. Estes peixes pescábanse en grandes
cantidades, na súa sazón, coas redes que se armaban nos caneiros, denominadas
bogueiras. As vendas realizábanse a diario na vila de Ribadavia,
principalmente na saída da estrada de Carballiño, lugar de parada dos autobuses
que ían a tódolos pobos da comarca. Do mesmo xeito, coa construción da
presa, desapareceron definitivamente os sábalos e os reos, quedando as troitas
en grave perigo de extinción.

Frieira, Castrelo, Albarellos: foi moi alto o prezo que pagamos os ribeiraos por
un progreso do que pouco se beneficiaron os nosos pobos e as nosas xentes,
xentes que na súa maioría tiveron que buscar o seu progreso particular polo
mundo adiante. A desaparición da pesca como actividade económica rendible
non é máis ca un exemplo dese alto prezo pagado. Os ermos que inundan estas
Aínda se conservan bogueiras nas
terras noutra hora vizosas, outro. Pero nunca é tarde para cobrar unha débeda se
adegas de Francelos. hai memoria e constancia dela.

Agradecemento: A Secundino Lorenzo, gran coñecedor e defensor da pesca e dos nosos ríos, pola importante
información que me facilitou tanto sobre as técnicas de pesca coma sobre as especies de peixes. A maior parte
desa información está á disposición de calquera na súa fantástica web “a vida nos ríos galegos”
http://www.rios-galegos.com/vidario0.htm

A.C.FRAICELLUS 20

You might also like