You are on page 1of 2

Do libro "50 anos de pop, rock e malditismo na música galega".

Texto de Fernando Fernández Rego.


Editorial Toxosoutos SL

Generación 49
As orixes da música instrumental galega 

O grupo Generación 49 é unha das primeiras referencias -senón a primeira- de rock instrumental
galego. Para coñecer a súa historia temos que remontarnos o ano 66 a cidade da Coruña. Alberto
Morano -organo eléctrico- deixa Los Simples e Germán Peñalver -bateria- fai o propio con Los
Saurios para unirse a Xoan Piñón NHU, DOA / -guitarra eléctrica-, o seú unico antecedente é a rolda
dos Maristas da Coruña, e sacar adiante un proxecto efemero pero moi interesante. O nome do grupo
sae da data de nacemento de Peñalver.

No 1968 gravan un 7" de catro temas de autores galegos con instrumentos electrónicos, polo que o
podemos considerar como pioneiro e predecesor do que sería a música galega instrumental actual.

Comenzan a súa carreira cun estilo beat facendo versións dos grupos ingleses e españois da época
de finais do 60, con directos en discotecas, radios e festas de diversa índole en formato trío. O equipo
con que traballan é : un hórgano e aplificadores Farfisa de 20 e 60wp, guitarra eléctrica Hofner, baixo
e unha batería.

No ano 1968, preséntanse a o concurso "El Micrófono de Oro" que se celebra en Lugo; despois de
sucesivas eliminatorias, chegan a alcanzar o "Micrófono de Oro" ao mellor grupo do Festival e o
"Microfono de Prata" ao mellor grupo instrumental, xa que o de ouro xa o tiñan. Con estes premios na
vitrina asinan un contrato coa discográfica Belter de Barcelona, que supón a gravación de tres discos,
dos que só chegarían a editar o primeiro. Para este evento e como reforzo, chaman a Jesús Santos
Casal "Chapa" -baixó electrico- do grupo Piscis, interesados por estes premios o Ballet Galego Rey
de Viana da Coruña (ao que pertence Alberto Morano) convídaos a participar nos seus directos
facendo unha actuación previa a o espectáculo de danza con temas de autores galegos que o ballet
utiliza como base musical.

Co Ballet Gallego realizán varias actuacións en Ferrol, Pazo de Oca, Vigo e  O Berbés coa TV en
directo. A idiosincrasia do grupo no conecta ben coa disciplina do Ballet, polo que ambas as partes
deciden non continuar.

Trasládanse a Barcelona unha semana para gravar nos estudios da Belter, a o chegar comenta
Chapa que "facía moito calor, había un cheiro húmido e industrial... non o esquecerei nunca", no hotel
coinciden con Los Canarios.
Cunha presión considerable, instrumentos prestados e unha temperatura altisima dentro do estudio,
gravan todos á vez repetindo os temas ata que quedan ben. Xoan apunta que "O dono da Gipson
afinou a guitarra de oido en dez segundos escasos... entre o calor e os nervios suábanme as mans e
non daba feito". o resultado foi un son cunha boa calidade para a época, e un disco, Generación 49
del Ballet Gallego (Belter, 1968), que faría historia. O servizo militar e diversos problemas familiares
provocan a disolución da banda.

INFORMACIÓN XERAL
Formación: A Coruña
Tempo: 1960
Estilos: rock instrumental, folck

COMPOÑENTES
Alberto Morano -órgano eléctrico
Germán Peñalver -batería
Xoan Piñón -guitarra eléctrica
Jesús Santos Casal "Chapa" -baixo eléctrico

DISCOGRAFÍA
Generación 49 del Ballet Gallego (Belter, 1968)
Dúas estrelas e media.

Tan só saen ao mercado 500 exemplares deste 7", un disco pioneiro da música instrumental galega.
Aquí temos as súas orixes, podemos observar como o rock progresivo e o beat se achegan ao folk da
terra.

Catro cancións a golpe de Hammond repousado, catro instrumentais de autores galegos que
destacan pola súa estraña luminosidade. "O espantallo" -Inzenga e Rodrigo A. de Santiago- soa
melancólica. A imaxinación espértase e ao pechar os ollos vemos unha danza baixo o sol do
mediodía.

"La Alfonsina" -Canuto Berea- é unha muiñeira sifónica dedicada ao Príncipe Don Alfonso, composta
para piano, que a banda leva ao seu terreo con grande acerto. A orquestación principal corre a cargo
dun Hammond que brilla con luz propia.

"Poema da Chispa" -Rodrigo A.de Santiago- e "Belidas fiandeiras" -Inzenga- son cortes atemporais
que co paso do tempo se converteron en clásicos populares.

O grande interese deste disco radica no seu carácter precursor. Trátase dun dos primeiros intentos de
levar o folkclore musical galego a unha nova dimensión. Posteriormente formacións como Milladoiro
ou DOA tomarían o relevo con éxito.

1 - O espantallo
2 - La Alfonsina*
3 - Poema da Chispa*
4 - Belidas fiandeiras

You might also like