You are on page 1of 8

O BOSQUE SAGRADO DE LUGO

Os bosques como lugar de encontro entre home, natureza e esprito

21 de xuo, Casa da Cultura de Begonte

O BOSQUE SAGRADO DE LUGO Os bosques como lugar de encontro entre home, natureza e esprito

Recollendo as conclusins extradas na primeira xornada dedicada aos bosques como memoria viva dos pobos, constatamos que o legado natural e o ecosistema dos concellos de Begonte e Outeiro de Rei posen unha rede harmnica de illas, ros, lagoas e bosques que o converten en Lugar de Interese Comunitario integrado na Reserva da Biosfera Terras do Mio, de incalculable valor ecolxico que convn recuperar, ampliar e protexer. Os restos arqueolxicos achados na zona, sumados ao patrimonio arquitectnico existente, aportan tamn un excepcional valor engadido que ampara e pon de releve a hiptese defendida polo Grupo de Traballo do Bosque Sagrado, que a considera antigo lugar de culto, cuxa conservacin e proteccin necesaria e urxente. O inmaterial, tanto no que se refire a un coecemento autctono gardado en antigos oficios, como o patrimonio oral, literario e ritual deste territorio, adquire na Terra Ch dimensins sobresalientes, profundas e arraigadas, cuxo coecemento e comprensin nos integran de cheo nas relacins ancestrais e de encontro entre home, esprito e natureza. Memoria, saberes, tcnicas, formas de organizacin social, celebracins rituais e festivas e mulleres da chaira supoen no seu conxunto unha actividade distintiva e de resultados plurais nun territorio concreto e identificable e que poen de manifesto a capacidade do home para transformar a natureza en cultura. Todo iso, co paso dos sculos, xerou un pequeno cosmos integrador destes elementos propios que nos obriga a emprender iniciativas que se encamien a conservar, protexer, promover e difundir os valores deste territorio, acompaando cada iniciativa dunha delicada actuacin que evite descompensar o equilibrio natural alcanzado. Nesta lia, o Grupo de Traballo propn unha segunda xornada para afondar no coecemento de ditos valores desde unha perspectiva humanstica que propicie o respecto e reencontro individual e colectivo da comunidade co seu medio natural.

21 DE XUO CASA DA CULTURA DE BEGONTE

Aforo limitado para as conferencias Inscricin obrigatoria no 659181971 ou bosquesagradolugo@gmail.com Almorzo Casa San Martn, Carral, Begonte (12 euros)

O BOSQUE SAGRADO DE LUGO

Os bosques como lugar de encontro entre home, natureza e esprito 10:00h. a 10:10h. Inauguracin Jos Ulla Rocha,
Alcalde de Begonte

Jos Pardo Lombao,


Alcalde de Outeiro de Rei

12:00h. a 13:00h. O Locus Amoenus, o paraso perdido en Galiza Felipe-Senn Lpez

Xulio Xiz

13:30h. a 14:30h. Almorzo

10:10h. a 11:00h. Presentacin da Ruta do Crculo de Donalbai Carlos Snchez-Montaa ngel Trabada

15:00h. a 20:00h. Inauguracin da Ruta Percorrido do tramo CarralPenas de Rodas

11:00h. a 11:50h. As arcaicas sacralizacins da pedra na simboloxa romnica Xos Lois Garca

20:00h. a 21:00h. Benvida ao solsticio de vern en Penas de Rodas

11:50h. a 12:00h. Pausa caf

21:30h. a 22:30h. Concerto acstico de Doa Presentacin de novo disco A fronda dos cervos

PONENTES

Felipe-Senn Lpez
Carballio 1948

Felipe-Senn Lpez

Fai seus primeiros estudos no Carballio e no Instituto de Ourense, onde se vincula como colaborador do Museo Arqueolxico, dirixido entn por Ferro Couselo. Estuda Filosofa e Letras, especialidade de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela, a un tempo que fai prcticas de museoloxa e arqueoloxa co historiador Manuel Chamoso Lamas, as como na creacin, instalacin e posta en funcionamento do Museo das Peregrinacins, e do Museo do Ribeiro; participando igualmente como supervisor de campo nas prospeccins arqueolxicas do Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo) e nas da ermida de San Guillerme de Fisterra. En 1975 pasa a reorganizar aspectos no Museo Arqueolxico da Corua, Castelo de San Antn, sendo nomeado director-conservador. Crea e dirixe dende o museo corus o Boletn Brigantium e unha serie de publicacins, a un tempo que coordina traballos de prospeccin arqueolxica submarina co Grupo de Investigacin e rescate Arqueolxico Subacutico (GIRAS), intervindo en aspectos relativos sensibilizacin sobre o patrimonio asolagado, lexislacin, competencias, cuestins tcnicas etc. Dende o Museo Arqueolxico corus inicia igualmente o traballo de supervisin e posta en valor do Castro de Elvia. Iniciando de 1978 a 1985 a consolidacin e limpeza da rea escavada a finais dos anos corenta por Luengo Martnez.Traballos que, pese s esforzos, paralzanse por falla de apoio institucional. Membro do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, numerario da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Seora do Rosario, numerario e secretario do Instituto Xos Cornide de Estudos Corueses. No 1996 pide excedencia no Museo Arqueolxico da Corua e pasa Deputacin Provincial da mesma cidade como Tcnico de Xestin Cultural, inspirando e coordinando plans de dinamizacin cultural, museoloxa e recuperacin do patrimonio cultural moble, inmoble e ideolxico, as como a posta en valor de ecomuseos.

Cunha importante labor na dinamizacin cultural galega: fundador da asociacin cultural Avantar do Carballio, de Alexandre Bveda da Corua, do semanario A Nosa Terra, da revista de pedagoxa o Ensino, coas que colabora con artigos de divulgacin e sensibilizacin sobre o patrimonio cultural de Galicia. Aspectos que ininterrompidamente trata en diferentes medios de comunicacin de Galicia e moi especialmente en conferencias. Creador e animador de Amigos do Museo Arqueolxico da Corua, que pola sa actividade recibe en 1994 o Premio Otero Pedrayo, inspiradora e base de Amigos dos Museos de Galicia. Preocupado pola linguaxe simblica na tradicin galega, as como pola posta en valor do patrimonio etnogrfico e arqueolxico. Con obra dirixida a diferentes niveis de comprensin, participa en mltiples publicacins, artigos nos medios de comunicacin de Galicia, folletos, guas, programas de radio, TV, autor de varios libros, sobre cuestins en relacin coa identidade cultural e recursos tursticos, entre moitos outros vinculados investigacin arqueolxica ou histrica, expostos en congresos, conferencias, etc

Xos Lois Garca


Chantada 1945.

XOS LOIS GARCA

Licenciado en Filosofa e Letras na rama de historia pola Universidade de Barcelona. Foi Director do Arxiu Histric Municipal e responsbel do Patrimoni Histric e Cultural do concello de Sant Andreu de la Barca (Barcelona). Autor de varios libros sobre simboloxa romnica, titulados: Simbologia do Romanico de Amarante (1990 e segunda edicin en 1996), publicado en Portugal, Simboloxa do Romnico de Pantn (1999) e Simboloxa do Romnico de Sober (2008). Ten publicado numerosos artigos sobre simboloxa do romnico galego e cataln en varios xornais e diversos estudos publicados en revistas especializadas en arte romnica. Participa asiduamente en congresos sobre varios contextos do romnico, semitica e iconografa.

Carlos Snchez-Montaa
Lugo 1959

CARLOS SNCHEZMONTAA

Arquitecto na especialidade de Proxectos, Historia e Urbanismo pola Escola Tcnica Superior de Arquitectura de Barcelona. Entre 2003-2005 realizou estudios de doutoramento na Universidade da Corua (Escola Tcnica Superior de Arquitectura curso Arquitectura en Galicia). Tese de doutoramento en curso: A forma urbana de Lucus Augusti. Desde 1994 traballa como arquitecto na realizacin dunha ampla mostra de proxectos de edificacin, rehabilitacin, urbanismo e interiorismo no mbito galego. Foi director da Escola taller San Eufrasio de O Incio, dos proxectos de ARQ Web e AEC Center, e das separatas sobre Arquitectura publicadas por El Progreso e La Voz de Galicia; e coautor da publicacin Mil preguntas sobre Lugo. Presidente da Comisin de Cultura da Delegacin de Lugo do Colexio de Arquitectos, e coordinador do programa de televisin Cosas y Casas sobre cultura e arquitectura de 13 captulos na Televisin Lugo e coguionista e copresentador do programa cultural de Localia Televisin-Lugo Lucus Intrngulis Algns traballos de investigacin: Interpretacin sobre la piscina cultual del yacimiento de San Roque en Lugo, De Lares y Julians. Los cruces de caminos en la Gallaecia, La moneda caetra de Lucus Augusti y su simbologa, Comparativa entre la arquitectura de Santa Eulalia de Bveda y Santa Maria de Augas Santas, Anasis arquitectnico de las salas de la domus Batitales en Lugo, Referencias a la diosa Isis en el territorio de la Gallaecia, El sello de Augusto en la Cruz de los ngeles de Oviedo, Pedras Formosas. Arquitectura antigua en la Callaecia, Oviedo romano. Un proyecto posible, Arquitectura y urbanismo en Asturia et Gallaecia Comunicacins: Congreso de murallas de ciudades romanas en el occidente del imperio: Lucus Augusti como paradigma: Anlisis geomtrico de la muralla bajo imperial de Lucus Augusti. Congreso Internacional de EGA, en Sevilla. Vitruvio versus Agripa.

Xulio Xiz
Vilalba 1947

XULIO XIZ

Licenciado en Ciencias da Informacin, director de Ophiusa e Galicia Dixital e funcionario da Consellera de Cultura. Traballou en Radio Popular de Lugo, na delegacin de El Ideal Gallego en Lugo e actualmente colabora en La Voz de Galicia e Radio Popular de Vilalba. Foi xefe do Staff da presidencia do Concello de Lugo e director do Padroado Municipal de Cultura, organizando neste perodo mis de mil actos culturais . Autor de das ducias de libros, e guionista/director de mis de medio cento de produccins en video. Xunto con Marcial Gonzlez Vigo obtivo unha vintena de premios nacionais e internacionais de radio e TV. En xuo de 2010 foi elixido, como Presidente de Fonmi, vogal de artes plsticas e escnicas da Federacin de Asociacins Culturais do Noroeste (FACNO).

ngel Trabada Gmez


Lugo 1956

NGEL TRABADA GMEZ

Presidente da Asociacin Amigos do Camio de Santiago, vicepresidente da Agrupacin Nacional do Camio Norte, membro da Xunta Directiva de Terras do Mio e funcionario da Deputacin Provincial de Lugo, desde onde realizou traballos de direccin de obras e coordinacin para o mantemento, conservacin e promocin do patrimonio natural da provincia. Organizou o descenso turstico do Mio desde o seu nacemento ata a sa desembocadura en Portugal, e as travesas mixtas de orientacin, mountain bike e piragua, nos Ancares, Caurel, A Maria e Ribeira Sacra; e Orientaventura en Quiroga e O Caurel en colaboracin con Coronel Tapioca. Deseou as rutas de: Miradores en Sober, Camio do Mio, Paseo do Rato, Enlace desde Outeiro de Rei co Camio Norte de Santiago, variante do Camio Norte interior desde Pontenova a Lugo e variante do Camio Francs desde Biduedo a Lugo. Foi director de Mio Aventura, empresa dedicada a organizar excursins en piragua para dar a coecer ros e embalses, directivo da Asociacin Aventura e Natureza, e coordinador das Aulas da Natureza dos Ancares.
7

Organiza:

Patrocina:
CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

CONCELLO DE BEGONTE

Colaboran:

Colaboracins especiais:

You might also like