You are on page 1of 6

Antonio Cendn Rodrguez o Caudillo.

Naceu no concello de Ferrol o 6 de agosto de 1916. Era fillo de Jos Cendn Gabeiras (auxiliar de almacns do Arsenal) e de Evangelina Rodrguez Prieto. Formaba parte dunha familia numerosa e tia seis irmns maiores: Dolores, 10 anos; Manuel, 8 anos; Jos, 6 anos; Guillermo, 4 anos; Ricardo, 2 anos e Antonio, 1 ano. A sa nai tia s 26 anos cando deu a luz. Vivan no nmero 6 da ra Soto. O historiador ferroln Eliseo Fernndez, experto no movemento libertario, considrao militante de base da CNT. Cando os militares se sublevaron contra o goberno republicano, estaba destinado no cruceiro Miguel de Cervantes como marieiro. Case toda a informacin oral que temos sobre os acontecementos vividos por Antonio Cendn Rodrguez procede da sa viva Mara Perini. No cruceiro Miguel de Cervantes coincidiu con Joaqun Daz Castieira. Eran moi amigos e os dous foron feridos nun ataque da aviacin italiana, compartindo hospital en Barcelona e mis tarde cativerio no Stalag de Mauthausen. Despois estivo destinado nun buque de pequena tonelaxe en Port de la Selva, preto da fronteira francesa. Cando se derrubou a fronte republicana pasou a Francia e foi internado no campo de refuxiados de Argels-sur-Mer. En setembro de 1939 estalou a Segunda Guerra Mundial. Na alcalda desta localidade leron un papel onde pedan voluntarios para alistarse nas Compaas de Traballadores Estranxeiros. Decidiron apuntarse e estiveron a construr fortificacins na lia Maginot. Cando Francia se rendeu, Antonio Cendn Rodrguez e outros mis pasaron a Suza para pedir asilo poltico, pero as autoridades entregronos s SS. O seu primeiro Stalag foi o XVII-B de Fallingbostel, a metade de camio entre Bremen e Hamburgo. Al estivo seis meses ata que foi deportado a Mauthausen o 27 de Xaneiro de 1941, con nmero de matrcula 5.879, e foi liberado o 5 de maio de 1945. Era alcumado El Caudillo por nacer en Ferrol.

Fotografa area do Stalag de Fallingbostel.

Outro ex-preso, chamado Fermn Arce, foi testemua dun asombroso feito que cambiou a sorte de Antonio Cendn. A escena est recollida na obra de Oscar Luengo Fernndez, La colina de la muerte, e en resumo vn ser a seguinte. O 19 de marzo de 1942, ao regreso do traballo, Antonio Cendn Rodrguez foi separado dos demais e enviado fila dos que deban entrar nas cmaras de gas cicln co que as SS exterminaban os que tian un aspecto fsico moi deteriorado e eran considerados non aptos para render no traballo. Cando El Caudillo soubo o destino que lle esperaba botou a correr nun desesperado intento para escapar. Foi alcanzado e derrubado rapidamente por un Kapo, quen procedeu a levantar a maza para castigalo cando, ante o asombro dos demais presos, quedou inmbil e tras intercambiar unhas palabras (que evidentemente non puideron escoitar), o Kapo levantou o ferroln e o puxo baixo a sa proteccin. Fermn Arce nunca soubo o que falaron, pero relatou que o Kapo lle daba alimentacin extra e El Caudillo recuperou rapidamente a sade. O 1 de maio de 1972, escribiu unha carta de agradecemento a Fermn Arce, polo cario con que narrou este episodio. Non obstante, a sa viva deunos unha versin diferente: Antonio estaba moi enfermo e xa non serva para traballar, polo que o levaron enfermara para matalo coa inxeccin de gasolina no corazn. Soou a camp da comida, atrasando o momento da sa execucin. Entn, os compaeiros dixronlle que escapase e se escondese, que eles falaran para salvalo. Deberon de chegar a algn acordo, porque non o mataron e un amigo seu que traballaba na enfermara lle subministraba a medicacin e os coidados para que recuperase a sade, de maneira que puido reincorporarse ao traballo.

Esta versin menos asombrosa, pero mais entraable, porque demostra a solidariedade que haba entre os presos espaois. O cambio de fortuna de Antonio Cendn Rodrguez foi total. Mesmo entrou no equipo de ftbol dos espaois. Mara Perini explcanos o que lle contou o seu marido: Os espaois fixeron unha pelota de ftbol con papel e na hora de paseo que lles daban no patio, puxronse a xogar. Os SS que os vixiaban dende as torres non lles dixeron nada, senn que os retaron a xogar contra eles. Xogaron un partido e os espaois gaaron. Os SS enfadronse moito por perder pero non os mataron.

Ao comezo da mia investigacin, cra que era un dos nove superviventes do grupo de vinte e seis presos espaois que en 1941 sufriron experimentos mdicos perpetrados polo tristemente famoso mdico das SS Aribert Heim, alcumado "Doutor Morte". Os republicanos espaois alcumbano "O banderilleiro". Utilizou centos de presos como cobaias e sabemos polo libro de operacins de Mauthausen, que se conservou, que practicou 26 intervencins a presos espaois, dos cales sobreviviron Antonio Cendn Rodrguez (Ferrol), Manuel Fernndez Martnez (Madrid), Manuel Fernndez Canga (Mieres), Jos Abad Segura, Olegario Serrano Calero, Manuel Elena Hernndez, Juan Farr Rebola (Barcelona), Antonio Roig Llivi (Barcelona) e Joaqun Velilla Celma (Torre de Vilella - Teruel). Ariber Heim viviu na posguerra tranquilamente en Alemaa, exercendo como xineclogo e pediatra ata 1962 e logo escapou a Exipto ao sentirse inseguro, morrendo en agosto de 1992 por causas naturais.

Aribert Heim.

Cando o comisario alemn Aedtner abriu nos anos sesenta unha investigacin para deter a Aribert Hein, solicitou localizar estas nove persoas. A informacin aparecida en El Pas indicaba que os tres primeiros residan en Alemaa, os tres seguintes en Francia e os outros tres en Espaa. Outro expreso interrogado, Enrique Ruiz Torres, de Orihuela e residente na cidade austraca de Bregenz declarou que este mdico salvoume a vida. Non todas as operacins eran para experimentar. En 1976, de acordo con informacin aparecida no diario El Pas, a fiscala alem solicitou s autoridades espaolas que localizaran a Antonio Cendn Rodrguez para que puidese declarar, pero descoecemos se o fixeron. Porn, a sa viva quedou sorprendida ao coecer esta informacin: Non sei nada desa operacin. Antonio nunca me contou nada diso. As nicas feridas que tia no seu corpo eran as da guerra civil espaola, cando o seu barco foi bombardeado pola aviacin italiana e pasou cinco das nun hospital de Barcelona.

Antonio Cendn Rodrguez, de p, segundo pola dereita e sinalado por un garabato. Era titular no equipo de ftbol de Longwy, da primeira divisin francesa. Talvez se tratase dalgunha operacin intranscendente para curar algunha lesin deportiva. Unha foto publicada no libro Los cerdos del comandante, escrito por Mariano Constante e Eduard Pons Prados, retrata os espaois antes de iniciar un partido. A foto tomouse aos poucos das da liberacin e mostra a Antonio Cendn Rodrguez cun aspecto saudable. posible que fose un deportista suficientemente importante como para ser prominentem como o seu vecio Marcelino Pardal Pouso (Xelo), que est detrs sa. A diferenza de Xelo, non hai constancia documental de que Antonio Cendn Rodrguez fose futbolista en Espaa e tampouco aparece o seu nome nas crnicas deportivas ferrols durante a Repblica. Non obstante, Mara Perini sorprendeunos novamente contndonos que Antonio, no ano 1947, foi a Longwy-Haut porque o ficharon para xogar no equipo de ftbol, onde o fixo durante moitos anos na primeira divisin de Francia. O ftbol en Francia era naqueles anos o terceiro deporte nacional francs despois do rugby e do ciclismo, e a sa liga non era tan potente como na actualidade, nin era unha liga profesional. En Longwy-Haut, Antonio gaaba a vida traballando nun taller. bastante probable que elixise esta localidade conscientemente, porque estaban instalados nela algns dirixentes da CNT desde 1939 e as poda sentirse mis arroupado. O lder mis importante do anarquismo francs, Jules Sellenet, combatera na Columna Durruti durante a Guerra Civil.

Antonio Cendn en 1953. dereita, coa sa muller, Mara Perini, en 1961. A sa viva contounos que en Francia falaba da CNT con algns compaeiros, pero non participaba a outros niveis. O goberno francs condecorouno coa Medalla do Deber xa que durante 25 anos era o portaestandarte dos espaois deportados nos actos que se celebraban en Pars. A Guerra Civil separouno do resto dos seus irmns, que combateron nas filas do exrcito franquista. O seu irmn Guillermo formaba parte da tripulacin do acoirazado Espaa como cabo de marieira. A sa tripulacin mantvose fiel Repblica pero non poda facerse ao mar e cando os golpistas dominaron Ferrol, fusilaron corenta tripulantes e encarceraron o resto. Guillermo pasou dezaoito das no buque prisin Plus Ultra, que estaba ancorado na metade da ra de Ferrol. Despois, foi posto en liberdade e continuou con xito a sa carreira profesional na flota franquista. Chegou a ser contramestre de cargo do Sector Naval e Comandancia de Maria de Barcelona e foi nomeado o 18 de maio de 1968 instrutor de Tecnoloxa Naval da Escola Nutica de Barcelona. O 13 de marzo de 1971 recibiu a Cruz ao Mrito Naval en Barcelona e a prensa di que estaba tan emocionado que non puido pronunciar palabra ningunha. Finalmente, segundo a viva de Antonio Cendn, houbo reconciliacin: Antonio fixo as paces coa sa familia. Como el non poda entrar en Espaa con Franco vivo, foi o seu irmn Guillermo quen veu visitarnos a Francia e puidmonos ver en Pars. Eu si poda entrar en Espaa e fxeno acompaada polos seus familiares. Despois de morrer Franco, xa puido entrar en Espaa e visitaba os seus familiares con normalidade. Veraneabamos en Torremolinos, e tamn iamos en Nadal. Visitabamos tamn o seu irmn Jos que estaba na Comandancia Naval de Algeciras. A Ferrol fomos en das ocasins acompaados por un amigo que tamn estivera en Mauthausen. Chambase Julio Mesoneros e era dun pobo chamado Casares.

Efectivamente, Casares unha localidade das Hurdes, na provincia de Cceres, pero ao poernos en contacto co seu alcalde, informounos por correo electrnico que no padrn municipal xa non quedaban vecios con ese apelido. Un sobrio residente en Barcelona, Ricardo Cendn Blanco, explcanos como se produciu o contacto: - O meu to Antonio era coecido como O Toln e perdraselle totalmente a pista. Foi o nico da familia que loitou no bando republicano. Ningun saba que estivera en Mauthausen, nin sequera se saba que estaba vivo. Un da, a mia nai viu no xornal La Vanguardia, unha foto dun acto poltico que se celebrara en Londres e creu recoecer o meu to. Decidiu pedir informacin Cruz Vermella. Curiosamente, meu to nunca estivo en Londres, pero recibimos resposta e soubemos que estaba vivo e estivera preso en Mauthausen. Non veu a Espaa mentres Franco viviu, pero a sa muller si. Debeu de ser cara ao ano 1966, porque eu lle ensinei a cidade. Efectivamente, parece que as diferenzas polticas tan acentuadas non foron un problema para manter relacins. - O meu irmn Antonio, xa falecido, naceu en 1940 e levou o nome na sa honra pois os meus pais pensaban que falecera. Fixo unhas practicas durante os seus estudos en Metz. Elixiu esta cidade por estar prxima a Longwy, e pasaba as fins de semana na casa do noso to. O fillo do seu irmn Guillermo, do mesmo nome, estudou enxeara en Nancy e durante certos perodos de tempo viviu na casa do seu to, casando coa filla duns amigos de Longwy.

You might also like