You are on page 1of 16

AS CRUCES DE PEDRA DO CAMIO VELLO DOS ARRIEIROS

Juan J. Burgoa

Eu ben sei que hai un misterio na nosa terra, mis al da nboa, mis al do mar, mis al da chuvia, mis al do bosque. Luis PIMENTEL

1. OS CAMIOS EN GALICIA
Dentro dun territorio como o de Galicia, que ten unha topografa contrastada, un variado manto vexetal e un poboamento disperso e repartido en numerosas entidades, a sa rede viaria dunha evidente complexidade anda que non se pode dicir que tea moita relevancia e categora. Moitos autores consideran que dende tempos prehistricos houbo en Galicia unha rede viaria de certa entidade, que foi continuada no tempo polas relativamente completas e coecidas vas romanas e mis tarde polos camios reais, xeneralizados a partir do sculo XVIII, mis abundantes os chamados de ferradura que os de rodas, e todos eles adaptados cambiante orografa galega. Unha variante singular dentro dos camios galegos foron os chamados Camios de Arrieiros, especialmente adicados ao transporte de diversas mercadoras como poden ser o peixe e o vio, caso dos que circulan pola Terra de Montes en Pontevedra ou polo Carballio en Ourense. Un destes ancestrais vieiros o coecido como Camio Vello dos Arrieiros que une a vila das Pontes co antigo Porto de Bares e que foi estudado especialmente por Federico Macieira e Ramn Bascoy.

2. A CRUZ, A PEDRA E O CAMIO


Dentro das numerosas mostras da arte popular de Galicia, o cruceiro o monumento mis abondoso, o que mellor se pode identificar coa paisaxe e quizais sexa o mis

306

CTEDRA. Revista eumesa de estudios


arraigado entre as xentes da terra. O amplo nmero de cruceiros que balizan a paisaxe galega pdese interpretar como o resultado da presenza coincidente dun elemento material, a verncula pedra de gra, dun smbolo relixioso universal, a cruz, e dunha serie de particulares factores etnogrficos, entre os que se debe salientar a existencia dos vellos camios e as encrucilladas como lugares de antigos cultos ou espazos de encontro co sobrenatural. Esta tripla conxuncin, dentro do marco constitudo pola peculiar relixiosidade, as devocins populares e as antigas crenzas do mundo rural galego, herdeiro de primitivas culturas, para moitos pode ser unha das causas desta abondosa presenza das cruces de pedra. Non obstante, a sa xnese evolutiva problemtica, bastante complexa e non est plenamente pescudada, pese a extensas e serias contribucins de diversos estudosos nos derradeiros anos. En especial, cmpre considerar a obra de Castelao, As cruces de pedra na Galiza, como obrigada referencia e rigorosa achega a este tema, obra onde se mesturan meritorias teoras con suxestivas intuicins e que at agora non foi igualada por ningun, expostas coa sa fermosa calidade literaria. Para Castelao, o cristianismo asimilou a cruz de cultos mis antigos para convertela no seu smbolo fundamental, aparecendo dende ese momento colocada sobre moitos monumentos megalticos, ofrecendo deste xeito variados exemplos de cristianizacin das pedras. Como ocorre con todo proceso de evolucin, posibelmente o nacemento do cruceiro non se deba a un desenvolvemento nico e lineal, se nn que se podera deber mestura dunha serie de procesos evolutivos que, modulados e conformados por diversos factores externos, algns deles mesmo de procedencia fornea, levrono ao longo do tempo e do espazo sa actual forma, de xeito tal que non existe un acordo unnime entre os estudosos das cruces de pedra sobre este proceso multisecular de nacemento e posterior evolucin desta obra de arte popular.

3. A PEDRA EN GALICIA
Neste contexto da xnese do cruceiro dbese ter en conta a grande importancia que tivo a pedra no noroeste peninsular dende a noite dos tempos, feito que anda persiste na memoria popular. A pedra estivo sempre presente e formou parte dos mis variados monumentos e paisaxes da realidade galega. A veneracin e adoracin cara as pedras e agrupacins lticas e rochosas provn dos antigos cultos pags dos primitivos poboadores de Galicia, para os que a pedra era o smbolo da intemporalidade e a inmutabilidade, a diferenza doutros elementos naturais suxeitos a cambios e caducidade, includa a propia

307
As cruces de pedra do Camio Vello dos Arrieiros

natureza humana. A pedra foi, e segue a ser, motivo de adoracin ou culto, non s por mor da sa propia morfoloxa, se non polo seu carcter de smbolo, ben pola sa forma e tamao ou a causa dunha serie de caractersticas que lle outorgan certa sacralidade. As, nunha terra onde a pedra se amosa tan abundante e de formas tan variadas, utilizndose coa maior profusin e con diversos usos dende os tempos mis remotos, orixinronse unha serie de ritos e crenzas arredor de numerosas pedras de diversa morfoloxa, dentro do imaxinario popular. Ao longo do tempo moitas destas pedras e rochas foron sacralizadas coa gravacin de sinais cruciformes ou co posterior coroamento de cruces de pedra. De xeito resumido, dentro das tradicins litoltricas galegas, pdense considerar as pedras antropo e zoomorfas, as rochas oscilantes adiviatorias e propiciatorias de sacrificios (as coecidas penas de embade ou abaladoiras), as pedras gravadas ou insculturadas, as pedras de fins medicinais, as penas de signo fertilizante, as pedras perforadas, as pedras de altar e asociadas a antigos cultos, as pedras de termo e, finalmente, as pedras levantadas con carcter funerario, entre as que se inclen as mmoas ou tmulos, os dlmenes, os menhires e os crmlechs, ademais dos amilladoiros ou montns de pequenas pedras colocadas nos camios.

4. O CAMIO E A ENCRUCILLADA
Por outra banda, os vellos camios de Galicia unen sa manifesta funcionalidade un sentido mxico e unha intencionalidade sagrada que quedou gravada de xeito material nas pedras e de maneira inmaterial na forma de tradicins, lendas e devocins. Sen necesidade de remontarmos a pocas anteriores, dentro da cultura castrexa peninsular foi en Galicia onde se manifestou unha maior presenza de divindades de proxenie celta nos camios e nas sas encrucilladas, considerados lugares de incerteza. Dende a orixe dos tempos os camios, no seu sentido ms amplo, engaden utilidade da sa funcin como nexo de unin entre lugares unha gran significacin dentro do mundo da simboloxa e da sacralidade. O paso do tempo foi embebendo os diferentes e vellos camios galegos dunha atmosfera mxica que quedou gravada de xeito material, na abundantes pedra do pas galego, ou plasmada de maneira inmaterial en forma dun conxunto de tradicins, ritos e lendas. As citadas divindades, herdeiras da mitoloxa indoeuropea, persistiron durante a posterior etapa de romanizacin e nun proceso de sincretismo xorden entn os Lares Viais, baixo os que se agochan determinados deuses protectores de orixe indxena, e que mis adiante evolucionarn para se converter en santos cristins. Sendo tan abondosas as

308

CTEDRA. Revista eumesa de estudios


dedicacins en Galicia s divindades dos vieiros e encrucilladas, e contando no seu territorio con tan gran nmero de cruceiros nos seus antigos camios rurais, non debe estraar que numerosos estudosos traten de relacionar estes feitos tan significativos. A cristianizacin de Galicia a partires do sculo VI, malia os esforzos do Concilio de Braga e do pulo dado por San Martio de Dumio, non borrou plenamente este sentido mxico e reverencial e o seu significado de temor e medo, persistindo unha serie de crenzas e ritos nos camios e, especialmente, nos lugares singulares dos mesmos, as sempre incertas encrucilladas, posteriormente sacralizadas e postas baixo a proteccin dos cruceiros. Outros antigos costumes eran os de poer velas acesas nos cruces de camios ou deixar pedras nos amilladoiros formados en ofrenda ao deus condutor dos mortos, Hermes ou Mercurio. Algns autores, sen deixar de recoecer o importante valor sacral das cruces nos cruces dos camios, non consideran que a encrucillada sexa un smbolo en si mesmo senn unha realidade funcional, sendo aproveitada a sa situacin favorabel para o levantamento duns smbolos relixiosos que dese xeito poderan obter a mxima difusin. Das mostras da arte relixiosa popular relacionadas co mundo mxico dos camios son precisamente os cruceiros e os petos de nimas, cristianizando antigos cultos e protexendo o camiante dos diversos males que lle poden esperar na sa ruta. No caso dos cruceiros, ademais da sa utilidade material como sinais indicadores do itinerario, axudados do alto varal que os fai visibeis na distancia e atraen cara altura os pensamentos devotos, fornecen nos seus graos un lugar de descanso ao viaxeiro e de oracin ao peregrino. Por iso pdese considerar un nacemento do cruceiro no mbito rural como fito santificador dos devanditos lugares, en certos casos cunha funcin de cruces altas de camio. Esta presenza da cruz podera servir para invocar a manifestacin divina, para guiar e protexer o camiante na sa ruta ou mesmo para anunciar e sinalar a proximidade dalgn templo. Non s as cruces levantadas nos camios teen esta funcin estrita de gua e proteccin dos viaxeiros que o percorren. As cruces de pedra colocadas ao longo dos vieiros unen a sa funcin de sacralizar o camio e as encrucilladas e marcar os lmites do territorio, a santificacin dos tmulos, necrpoles e monumentos funerarios orixinarios de pocas anteriores ao cristianismo, as como a sinalizacin, en algn caso, das chamadas malas mortes, falecementos repentinos ou ocorridos de xeito incidental ao longo do itinerario.

5. O CAMIO DOS ARRIEIROS


Ao principio deste traballo expxose a presenza en Galicia de diferentes camios dende os primeiros tempos, moitos deles mesmo de poca megaltica e castrexa. Co nome de Camio dos Arrieiros cocese unha vella ruta que une a conca do ro Eume, no lugar

309
As cruces de pedra do Camio Vello dos Arrieiros

que hoxe ocupa a localidade das Pontes de Garca Rodrguez, co codo do Porto de Bares, percorrendo o traxecto duns 50 quilmetros ao longo dos concellos das Pontes e Man, bordeando o de Ortigueira. Trtase dun ancestral camio de orixe comercial que discorre entre restos megalticos e fermosas paisaxes polos cumes das serras da Faladoira e da Coriscada. Este lendario e coecido itinerario est a ser posto en valor ultimamente por entidades como a Fundacin Ortegalia e utilizado como ruta de sendeirismo, entre outros, polo Club de Montaa de Ferrol. Esta vella ruta de comunicacin, que anda se conserva na memoria popular como lembranza do seu uso para asistir s feiras da comarca, foi considerada por moitos un Camio Real utilizado dende a Idade Media, de a o seu nome de Camio dos Arrieiros. Non obstante, segundo Federico Macieira, o maior investigador desta ruta a principios do sculo XX, realmente trtase dunha va de contrastada antigidade que serva de enlace entre o altiplano das Pontes e o devandito Porto de Bares, onde se exportaban o vio, os produtos agrcolas e os minerais do pas e a onde chegaban por mar o peixe e diferentes mercadoras. Posteriores investigacins confirmaron que se constata esta estreita relacin entre a ruta de trnsito e as necrpoles tumularias que a balizan, mesmo isto ocorre nas principais ramificacins que parten o Camio dos Arrieiros cara aos vales interiores e costa de Ortigueira. Trtase dunha va utilizada xa dende o ano 2000 a. C., que saa do porto de Bares, do que se discute a orixe fenicia do seu codo ou dique, e que levaba as mercadoras tradas polas naves tanto de pobos mediterrneos como do norte de Europa at a comarca do Eume, centro natural de distribucin ben cara costa de Ferrol, ben Terra Cha, no interior. Segundo xa fixo notar Federico Macieira, na sa parte mis montaosa faise o camio por zonas altas e despexadas onde a vexetacin non abundante, evitando deste xeito subir e baixar polas valgadas, cheas de maleza, das beiras do ro Sor, sendo o clsico camio da antigidade utilizado pola vella tribo que se asentaba na ampla depresin das Pontes nas sas relacins coa costa, tratndose dunha va sagrada que dende a sa orixe estaba balizada por numerosos tmulos prehistricos. Varios autores posteriores que estudaron este itinerario parecen confirmar a orixe do mesmo en poca neoltica, en especial polo desenvolvemento do camio que vai movndose entre as diferentes necrpoles tumularias existentes -ou realmente os tmulos estn colocados nos bordos dun camio que anterior aos mesmos- as como na existencia de ramais ou ramificacins que, dende a ruta principal, descenden a outros lugares e que tamn estn balizados das devanditas necrpoles, como ocorre co desvo dende o Forno dos Mouros cara s freguesas das Neves e Devesos cara ra de Ortigueira ou o ramal que leva dende o alto da Coriscada at o porto de Espasante. Tanto no caso da va principal como nos vieiros secundarios os devanditos tmulos en ocasins estn acom-

310

CTEDRA. Revista eumesa de estudios


paados de cruces de pedra erixidas en pocas moi posteriores para a sacralizacin do itinerario. En todo caso o Camio dos Arrieiros ten unha pequena dimensin material, sendo estreito e utilizabel unicamente por persoas e cabaleras, e non polos carros de rodas, tendo unha funcionalidade especfica de transporte de mercadoras e non tendo a consideracin dunha estrita va de comunicacin dos lugares da zona que atravesa. Estas caractersticas orixinan o seu pequeno coecemento e difusin escrita e explican a vulnerabilidade do seu trazado, que aparece descoidado polo pouco uso e esvaecido co paso do tempo. Este traballo non ten por obxecto o estudo e descricin da devandita ruta, ni tan sequera dar conta dos abondosos restos megalticos da mesma, como tmulos, necrpoles, menhires ou crculos lticos, que poden chegar a cen sen contar os castros prximos, moitos deles en mal estado e a maiora xa catalogados por diversos investigadores. Estas obras das que estamos a falar lle dan un carcter funerario ao camio, polo que no traballo se trata de facer referencia a unha serie de cruces de pedra levantadas en datas moi posteriores, coas que se pretendeu sacralizar este camio e que anda se atopan nun variabel estado de conservacin. O feito que durante o sculo XIX se ergueran varias destas cruces tamn unha referencia na continuidade do uso de mesmo. Estamos ademais diante dun vello camio que discorre polo cordal das serras da Faladoira e da Coriscada, cunha altitude media de 600 metros, frecuentado polas bestas dos arrieiros e acompaado polo rechiar das rodas das carretas, transitado por lugares inzados de historia e de lendas, desde os recorrentes temas da cidade asolagada e da muller maria do porto de Bares ou a simboloxa gravada nos rochedos da capela da Nosa Seora de Portas at a lenda da raa da Serra da Faladoira e as sas voces asubiantes, pasando polo lendario bandoleiro Toribio, o campo do Tesouro de Mogor, a galia cos polios de ouro do Forno dos Mouros, o encanto do Monte Caxado e a Santa Compaa de San Xon de Freixo. Dentro doutro tipo de lendas, as xurdidas por mor da loita dos paisanos da comarca contra os franceses na Guerra da Independencia, est a de que a cruz de pedra coecida como Cristo de Mouraz debe o seu nome a que se levantou no lugar dos Xuncos de Mouraz, preto da Ponte de Segade, onde tivo lugar una das ltimas batallas cos invasores franceses. Posibelmente o cruceiro se fixo coa finalidade de sacralizar o camio ou de cristianizar antigos ritos, estando colocado precisamente como marco divisorio das freguesas de Devesos e Couzadoiro do concello de Ortigueira e de Man e das Graas do Sor do concello de Man,

311
As cruces de pedra do Camio Vello dos Arrieiros

6. AS CRUCES DO CAMIO DOS ARRIEIROS


......................entonces brillar el sol de piedra sobre todas las piedras. Pablo NERUDA. Las piedras del cielo

Entre os elementos substantivos do Camio dos Arrieiros salientan unha serie de cruces de pedra, unhas veces altas e outras de curta altura, obras de sempre relacionadas co mundo mxico dos vieiros galegos, colocadas co dobre obxecto de sacralizar pedras e monumentos de antigos cultos e de protexer os viaxeiros dos diversos males e influencias negativas que poden atopar na sa ruta, e non tanto, neste caso, como sinais indicadores do itinerario. Cmpre tamn dicir que algunhas destas cruces baixas son simplemente cruces camieiras que sinalizan o itinerario ou cruces das chamadas cruces de mala morte, tamn frecuentes nos camios galegos para indicar que al tivo lugar unha morte repentina ou incidental. A maiora destas obras son de sculos moi posteriores propia creacin do camio e, por suposto, aos monumentos funerarios que se atopan no mesmo, sendo erguidas as mis antigas durante o sculo XVIII. O paso do tempo xunto co estado de abandono dunha ruta non utilizada dende hai moito tempo e certa sorte de barbarie cultural levou a que moitas destas obras da arte popular galega que balizan o Camio dos Arrieiros hoxe se atopan en mal estado, derrubadas e, mesmo, algunha delas practicamente desaparecidas. En todo caso, trtase de obras da arte popular, moitas delas cruces camieiras dun limitado valor artstico mais de grande interese etnogrfico.
Capela do Carmo

Comezamos este percorrido a carn dun tradicional cruceiro situado practicamente ao inicio do camio, ergueito na ampla praza fronte capela da Virxe do Carmo das Pontes: un interesante exemplar, de curiosas formas e orixinal decoracin. Sobre a mesa de altar ou pousadoiro leva un retablo de granito rosa, en forma de dobre fornelo de medio punto, coas pouco correntes imaxes en baixorrelevo da Virxe das Dores e a Madalena. O fuste de forma oitavada e o capitel da clsica orde xnica, adobiado con volutas e cabezas de anxos. As imaxes da cruz, de certa calidade, estn moi gastadas. O Cristo baixo letreiro de

312

CTEDRA. Revista eumesa de estudios


INRI, separado do madeiro, con amplo pano atado dereita e cravado de xeito tradicional con cravos metlicos. A efixie frontal e hiertica da Virxe do Carme con Neno no brazo esquerdo, amsase colocada sobre unha peaa, coroada, vestida de manto e tnica, semellando que perdeu o seu escapulario. A primeira parte do itinerario, dende a sada da vila das Pontes cara ao lugar de Uceira, atpase practicamente esvaecida, existindo unha alternativa entre a parte alta do mesmo e o embalse da Ribeira formado no ro Eume, que pasa a rentes da ermida dos Remedios en Marraxn. Preto do templo atpase unha cruz de pedra, sinxela e de boa feitura, chantada directamente no chan e posibelmente levantada con funcins de sinalizacin da ermida. A cruz ten forma esencialmente grega e paus de seccin rectangular, est feita do belido material autctono de toelo ou pedra serpentina e amosa unhas rsticas inscricins apenas lexibeis. Como triste exemplo da perda e desaparicin do patrimonio etnogrfico galego temos o caso da seguinte cruz de interese que podan atopar os camiantes neste itinerario. Tratbase do coecido como Cristo do Baal, unha meritoria cruz de pedra que se levantaba practicamente no primeiro tramo da ruta, dentro da parroquia de San Mamede e unha vez pasada A Casilla do Baal, no cruce coa estrada procedente de Marraxn. A cruz, ergueita ao bordo do camio, segundo varias informacins foi espoliada e levada fra de Galicia hai varios anos, anda que permanece na memoria histrica dos vecios. A seguinte cruz do itinerario a coecida como Cruz da Cabana, situada tamn ao bordo do camio. Trtase dunha cruz de pedra, sinxela e de curta altura, cos seus paus estreitos e de seccin oblonga, sendo o pau inferior dunha forma marcadamente trapezoidal. A cruz atpase colocada sobre unha ampla estrutura cuadrangular que fai de baseamento e a levanta do chan. Neste caso trtase dunha cruz das chamadas de mala morte, lembrando un falecemento accidental ou repentino. Na cara frontal

Cruz dos Remedios

Cruz da Cabana

313
As cruces de pedra do Camio Vello dos Arrieiros

amosa unha inscricin que informa que se levantou memoria de Juan Fraga, falecido idade de 62 anos o 8 de decembro de 1929. Entre as cruces de pedra que anda sobreviven nesta antiga ruta, situada moi prxima anterior, atopamos, unha vez deixado atrs o Alto do Caxado, nun cruce en plena estrada, dentro da parroquia de San Xon de Freixo nas Pontes, a Cruz de Prada chamada as polo nome de familia do seu construtor. Trtase dunha cruz alta e de bo tamao, feita de pedra de Moeche ou serpentina, levantada sobre un amplo pedestal cuadrangular feito de laxes de cachotera. Semellando carecer do capitel, sobre un varal relativamente curto coas sas arestas marcadamente oitavadas, vai colocada unha slida cruz de forma grega que ten os seus remates lixeiramente florenzados, aparecendo espida de imaxes.

Cruz de Prada

Seguindo a ruta polo camio que sube cara ao Chan de Armada pola Pena da Loba atopamos outra das singulares cruces de pedra deste percorrido dentro do concello das Pontes, a chamada precisamente Cruz do Chan de Armada, ergueita nunha desolada paisaxe a rentes dunha estradia, posibelmente colocada coa funcin de sinalizar e lembrar un lugar de antigos enterramentos. unha cruz alta de bo tamao e feita dunha soa peza, elaborada de pedra de granito, de gran rusticidade, forma latina irregular e labra moi ruda, cos seus paus de forma oblonga e remates afiados, tendo o brazo inferior mis longo firmemente chantado no chan.

314

CTEDRA. Revista eumesa de estudios


Facendo un desvo cara freguesa de San Xon de Freixo, na praza do lugar pdese ver un interesante exemplar, levantado o ano 1793 pola familia dos Montenegro, segundo amosa unha inscricin moi esvaecida. Levntase sobre unha plataforma de dous monumentais graos de bastas laxas de lousa e un curto pedestal resolto por unha escocia e unha moldura toroidal. A columna de arestas biseladas e o falso capitel soportan unha cruz de extremos bifurcados con remates de semiesferas. A imaxe de Cristo na cruz de formas esveltas, Cruz de Chande de Armada estando pegado ao madeiro e exposto como morto, cos ps cravados sobre una caveira, smbolo da morte. A efixie da Virxe, orante e de formas estticas, mis sinxela e pequena, colocada dentro dun fornelo. Unha nova cruz de pedra, neste intre derrubada e tirada do chan, a que se atopa nunha revolta do camio cara a Gosende, preto da vella capela de Pena de Francia. Neste caso trtase dunha basta e rechamante cruz de formas singulares e curta altura, con paus moi amplos e seccin moi estreita, no seu momento chantada fortemente no chan. Posibelmente fose levantada por mor dunha mala morte, levando gravada na sa fronte a data de 1837, seguramente o ano no que tivo lugar o falecemento dalgunha persoa nese sitio, seguindo o ancestral costume de moitos levantamento dunha sinxela cruz, normalmente de pedra, o falecemento accidental dalgn camiante.
San Xon de Freixo

Seguindo o Camio dos Arrieiros pdese contemplar a Cruz de Suapena ou de Bidueiro, que aparece colocada no alto dun outeiro, na parte superior dunha agrupacin de rochas de lousa, sacralizando un conxunto de tmulos que Francisco Macieira identificou como o grupo tumulario do Bidueiro. A rechamante cruz de pedra, que salienta recortada no horizonte, de forma

Cruz de Gosende

315
As cruces de pedra do Camio Vello dos Arrieiros

Cruz de Suapena

latina e boa feitura, ten o seus paus lisos e de seccin rectangular, aparecendo neste momento completa e ben conservada. Nun dos lugares mis emblemticos do Camio dos Arrieiros, na subida ao Alto da Faladoira, atpase a seguinte cruz de pedra, cristianizando un campo de abondosas mmoas balizadas de pedrafitas. O Cristo da Faladoira, que algns autores denominan Cruz de Alvar Gonzlez, unha cruz alta que se conserva completa, ten uns 2 metros de altura e atpase chantada directamente sobre un dos tmulos, estando situada nun ancesCristo da Faladoira

316

CTEDRA. Revista eumesa de estudios


tral cruce de camios antes do citado alto. Trtase dunha das cruces mis coecidas do itinerario, que abrolla directamente do chan, fermosamente arrodeada de matogueiras de queiruga, co brazo inferior longo facendo de varal. Ergueita nun lugar visibel e sobranceiro, est feita de boa pedra de granito, ten forma latina, os seus brazos son curtos e de seccin oblonga, e carece de efixies. Nun cruce de camios que leva s Graas de Sor, preto de Candedo, atopbase a coecida como Cruz ou Cristo dos Francos, outro dos exemplares da ruta, citada na sa obra por Federico Macieira e outros autores e que segundo diversas informacins foi espoliada nunha nova mostra de agresin ao patrimonio cultural. Facendo un desvo cara igrexa parroquial de Graas de Sor, trala bsida do templo de San Mamede rguese un atractivo cruceiro de formas primitivas. Sobre a plataforma de dous banzos de cachotera e o pedestal prismtico asntase un curto varal oitavado con biseis en punta de frecha. O capitel de caras lisas leva inscritos uns desgastados smbolos da Paixn, os tres cravos, a coroa e o martelo. No crucifixo de paus de remates irregulares aparece fronte a imaxe de Cristo coroado de espias, de labra arcaica e formas expresivas, amosando un marcado patetismo, e no reverso a da Virxe das Dores moi pequena e as penas Graas do Sor esbozada. A seguinte obra deste itinerario o coecido como Cristo de Mouraz que se atopa nunha ancestral encrucillada unha vez pasada a chaira de Penas Longas, noutra importante zona tumular do Camio dos Arrieiros. Esta mtica cruz de pedra estivo levantada nunha chaira a case 450 metros de altura, atopndose hoxe derrubada e esnaquizada, conservando tan s a parte baixa da groso mastro que faca de columna e algns restos illados do pedestal. Como xa se expresou, ten ademais o interese engadido de presidir o punto de converxencia de catro parroquias, das de Ortigueira (Devesos e Couzadoiro) e das de Man (As Graas do Sor e Man), sendo noutros tempos o punto de encontro e lugar peridico de reunin dos respectivos prrocos.

317
As cruces de pedra do Camio Vello dos Arrieiros

Cristo de Mouraz

Diante das continuas peticins para a restauracin desta coecida cruz de pedra de Mouraz, no seu lugar colocouse unha estraa construcin de pedra moi branca que algunha mente quenturenta imaxina que pode sela solucin dun novo atentado ao patrimonio. A singular cons-trucin non merece outro comentario que dicir que consiste nun piar cadrado, onde aparecen gravados os nomes das catro freguesas que converxen no lugar, unha mesa e catro bancos arrodeando o devandito piar central.

Monumento de Mouraz

A seguinte cruz que se pode ver neste Camio anda que fora da traza do itinerario, xa altura da Serra da Coriscada, a Cruz de Bostelo, situado no lugar dese nome dentro da freguesa de Santa Mara de Man, ao bordo dun camio. Trtase dunha tpica cruz camieira, situado na beira do vieiro, de pedra de gra de boa calidade, sinxela e ben traballada. Est colocada sobre un amplo e slido baseamento de pedra de lousa de forma cuadrangular, sendo a cruz de acusada forma latina cos seus paus laterais de curto tamao, traballados con visibeis chafrns nas arestas.

318

CTEDRA. Revista eumesa de estudios

Cruz de Bustelo

Unha nova obra do Camio dos Arrieiros, situada na parroquia das Ribeiras de Sor, atpase tamn neste intre esnaquizada, o Cristo de Pena Branca, situado preto dunha fonte e ao p da subida a un outeiro sacro, no cruce do camio co vieiro que leva a Pena Branca e Pastoriza, erCruz de Pena Branca gueita tamn noutra chaira que pose unha abondosa presenza de antigos tmulos. Carente dende hai anos da cruz de remate conservaba unha desencaixada plataforma de lousas, un curto varal oitavado por rebaixe das arestas e un slido capitel cuadrangular. Hoxe os restos desta cruz de pedra outro triste exemplo de desleixo do patrimonio, atopndose os seus elementos tirados no chan.

319
As cruces de pedra do Camio Vello dos Arrieiros

Unha das ltimas cruces de pedra pertencentes a este mtico Camio dos Arrieiros o cruceiro de Monteirn, levantado no lugar dese nome pertencente freguesa de Mogor, situado nunha encrucillada coa estrada que leva dende O Barqueiro s Ribeiras de Sor. O cruceiro, que se atopa revestido de liques de xeito fermoso, rguese sobre un pequeno pedestal de forma circular e est formado por das pezas de granito encaixadas altura dos brazos da cruz. O tramo longo inferior que fai de varal da obra de seccin cadrada mentres que os brazos da cruz estn traballados con chafrns. Finaliza este percorrido polas cruces de pedra do Camio dos Arrieiros fronte igrexa de Santa Mara de Mogor, no concello de Man. A cruz de pedra que adoba a entrada do adro parroquial levntase sobre unha plataforma de dous amplos chanzos de pedra que soportan o varal que comeza cun dado cadrado e contina logo de xeito octogonal. O cruceiro carece de capitel e remtase dunha boa cruz de forma latina, con chafrns nas sas arestas e remates de forma florenzada, aparecendo espida de imaxes.

Cruz de Monteirn Santa Mara de Mogor

7. BIBLIOGRAFA E DOCUMENTACIN
BASCOY PREZ, R. A Comarca del Ortegal en el II milenio antes de Jesucristo. Ortigueira, 1956. BELLO DIGUEZ, J.M. CRIADO BOADO, F. y VZQUEZ VARELA, J.M. La cultu-

320

CTEDRA. Revista eumesa de estudios


ra megaltica en la provincia de A Corua y sus relaciones con el marco natural. Deputacin Provincial de A Corua, 1987. BURGOA FERNNDEZ, J. J. Los cruceros, el parimonio etnogrfico y el arte popular. O Castro. Sada, 2003. BURGOA FERNNDEZ, J. J. Os cruceiros do Concello de As Pontes. Patrimonio Histrico de As Pontes de Garca Rodrguez (Coord. Vctor Alonso). Universidade da Corua, 2003. FERREIRA PRIEGUE, E. Los caminos medievales de Galicia. Boletn Auriense. Anexo 9. Orense, 1988. MACIEIRA PARDO DE LAMA, F. Bares. Puerto hispnico de la primitiva navegacin occidental. Santiago de Compostela, 1947. MACIEIRA PARDO DE LAMA, F. Notable grupo de crculos lticos y tmulos dolmnicos de la cuenca superior del Eume. Arquivos do Seminario de Estudios Galegos. Santiago, 1929. MARTN RUIZ, L. Cruceiros na provincia da Corua. Catro tomos. A Corua, 1999. NRDIZ ORTIZ, C. El territorio y los caminos en Galicia. Planos Histricos de la red viaria. A Corua, 1992. OTERO VILARIO, C. Una ruta cultural en Ortegal: O Camio dos Arrieiros. Traballos de Arqueoloxa e Patrimonio (TAPA 30). Santiago de Compostela, 2003. PIEIRO DE SAN MIGUEl, E. y GMEZ BLANCO, A. De lenda en lenda. Camios mxicos polo noroeste de Galicia. Ferrol, 1999. Mapas Topogrficos 1:25.000. INSTITUTO GEOGRFICO NACIONAL..As Pontes 23-I, Ambosores 8-III, Man 8-I, Ortigueira 2-III. http://www.clubmontanaferrol.es http://www.celtiberia.net http://camiodosarrieiros.blogspot.com
Agradecementos. De forma moi especial a Xan Ramrez, presidente do Club de Montaa de Ferrol, polas sas interesantes achegas ao traballo e o fornecemento de varias das fotografas do mesmo.

You might also like